Urb 03 Elementos do urbanismo

20
PRINCIPIOS DO MESMO. 03 Elementos do urbanismo.

Transcript of Urb 03 Elementos do urbanismo

PRINCIPIOS DO MESMO.

03 Elementos do urbanismo.

Formación e elementos do espazo urbano.

Urbanismo: paso do solo de rural a urbanizado. A división entre rural e urbanizado implica diferenzas de actividades, de densidade de poboación, de cantidade de construción, de intensidade de fluxos de tráfico, de grao de transformación do territorio.

Con todo, existe unha diferenza clave entre estes solos.

Formación e elementos do espazo urbano.

Solo rural.

Formación e elementos do espazo urbano.

Solo urbano.

Formación e elementos do espazo urbano.

O espazo rural pódese considerar indiferenciado. Salvo camiños e cursos de auga, o espazo rural componse de solos de propiedade privada, pero cunha privacidade que poderíamos cualificar de débil. Son áreas de solo abertas e con escasas barreiras artificiais, polas que se pode transitar case libremente.

O espazo urbano está claramente diferenciado en dous dominios, público e privado, que corresponden a dúas categorías de solo: Rúas, prazas e espazos públicos. Solares edificables.

A privacidade de solares e edificacións é forte: están pechados e non son de libre acceso. En contrapartida, rúas, prazas e espazos públicos son totalmente públicos.

Formación e elementos do espazo urbano.

O espazo urbano fórmase por transformación do espazo rural, nun proceso que denominamos urbanización.

Por outra parte acabamos de dicir que o espazo urbano está formado por dúas categorías de solo, o solo público (continuo) e o solo privado (parcelado). Logo o solo urbano está constituído por dúas categorías que podemos considerar complementarias e excluíntes.

Formación e elementos do espazo urbano.

Agora ben, a formación do solo urbano implica tamén, logo, a creación dunha combinación de espazos libres (acceso público) e espazos parcelados (sometidos a privacidade). A súa disposición leva a crear o que denominamos tecido ou trama urbana.

Formación e elementos do espazo urbano.

Formación e elementos do espazo urbano.

Formación e elementos do espazo urbano.

Formación e elementos do espazo urbano.

Formación e elementos do espazo urbano.

Poderíamos definir a “trama urbana” como a morfoloxía peculiar dunha área da cidade que resulta do xeito en que están dispostos entre si os espazos públicos (rúas) e os espazos privados (casas).

Xa dixéramos que os espazos públicos (baldeiros e continuos) forman unha rede que tradicionalmente designamos como “rede viaria”, se ben máis modernamente fálase de “rede de espazos públicos”, xa que os mesmos abarcan máis facetas aparte da simple circulación.

Agora ben, a formación do solo urbano implica tamén, logo, a creación dunha combinación de espazos libres (acceso público) e espazos parcelados (sometidos a privacidade). A súa disposición leva a crear o que denominamos tecido ou trama urbana.

Definición de “trama urbana”.

Formación e elementos do espazo urbano.

Tipo edificatorio. Os edificios que se constrúen nunha cidade teñen unhas características resultantes do seu emprego, procedementos construtivos e factores culturais da poboación: a casa de mariñeiro, a casa con arco, a adosada de ladrillo para traballadores... son tipos históricos.

Fotografía da vila de Muros, A Coruña.

Observar as vivendas con arco, antigamente empregadas para gardar as lanchas de pesca.

Formación e elementos do espazo urbano.

Tipo edificatorio. Os tipos edificatorios actuais correspóndense cos seguintes:

Vivenda unifamiliar illada. Edificio residencial entre medianeiras. Bloque illado. Casa plurifamiliar en parcela illada, etc.

Cada tipo edificatorio implica un xeito de ocupar e empregar a parcela.

En consecuencia, os tipos edificatorios son unha referencia fundamental á hora de delimitar as áreas a edificar.

Formación e elementos do espazo urbano.

Tipo edificatorio.

Formación e elementos do espazo urbano.

Sistema de ordenación. Se nos fixamos nos tipos de agrupación dos corpos edificados apreciamos o que se denomina como sistema de ordenación, que seguen determinados parámetros que forman a súa lei de ordenación. Atendendo a estes parámetros distinguimos tres sistemas de ordenación.

Por aliñacións de rúa. Por edificación illada en parcela. Por definición de volumetría.

Formación e elementos do espazo urbano.

Sistema de ordenación. Por aliñacións de rúa. Marcado por parámetros de aliñación, profundidade, altura e retranqueos de fachada, etc.

Formación e elementos do espazo urbano.

Sistema de ordenación. Por edificación illada en parcela. Marcado por parámetros de tamaño de parcela, ocupación, volume edificable, distancias a lindeiro, etc.

Formación e elementos do espazo urbano.

Sistema de ordenación. Por definición da volumetría. Marcado por parámetros de características xeométricas do volume.

Formación e elementos do espazo urbano.

A cidade como feito histórico e colectivo.