O programa Erasmus como iniciativa cívica e cultural. Unha lectura en chave de Educación Social

10
Este libro achégase nunha panorámica xrral ao significado e alcance do programa Erasmus nos proresos de constru- ción da cidadanía europea. a partir da experiencia da Universidadr de Santiago de f:omposlela. Ofrece a oporlunidade de coñecer diferentes opinións e perspectivas dos protagonistas. que permiten percibir as dificultades derivadas do dcsenvolvemento do programa no contexto da Llniversidade de Santiago, estimulando. ao mesmo lempo. analizar e aventurar rulas dP futuro para o programa Erasmus nos vindeiros anos. Ademais. a obra compleméntase con algunhas das experiencias reais que dende os centros e facultades da universidade, nomeadamente a súa Faeultade de Ciencias da Educación, se leñen impulsado. Estructurada en tres bloques temáticos («0 programa Erasmus como proxeeto l'or- mativo na articulación da Europa Socialn; uO programa Erasmus na Universidade de Santiago de f:ompostcla» e uO programa Erasmus na voz e na iniciativa dos seus esta obra representa unha valiosa oportunidade para resumir un labor de varios anos e. sobre esta experiencia, propoñer novos retos e estratexias para a apertma e proxeceión internacionais da universidade. Vicerreitoría de Política Internacional

Transcript of O programa Erasmus como iniciativa cívica e cultural. Unha lectura en chave de Educación Social

Este libro achégase nunha panorámica xrral ao significado e alcance do programa Erasmus nos proresos de constru­ción da cidadanía europea. a partir da experiencia da Universidadr de Santiago de f:omposlela. Ofrece a oporlunidade de coñecer diferentes opinións e perspectivas dos protagonistas. que permiten percibir as dificultades derivadas do dcsenvolvemento do programa no contexto da Llniversidade de Santiago, estimulando. ao mesmo lempo. analizar e aventurar rulas dP futuro para o programa Erasmus nos vindeiros anos. Ademais. a obra compleméntase con algunhas das experiencias reais que dende os centros e facultades da universidade, nomeadamente a súa Faeultade de Ciencias da Educación, se leñen impulsado. Estructurada en tres bloques temáticos («0 programa Erasmus como proxeeto l'or­mativo na articulación da Europa Socialn; uO programa Erasmus na Universidade de Santiago de f:ompostcla» e uO programa Erasmus na voz e na iniciativa dos seus protagonistas»)~ esta obra representa unha valiosa oportunidade para resumir un labor de varios anos e. sobre esta experiencia, propoñer novos retos e estratexias para a apertma e proxeceión internacionais da universidade.

Vicerreitoría de Política Internacional

O programa Erasmus na construción da cidadanía europea Unha mirada dende Compostela

Baixo a coordinación de

XESÚS RODRÍGUEZ RODRÍGUEZ

[ 201 O ] Universidade de Santiago de Compostela

O PROGRAMA Erasmus na construción da cidadanía europea : unha mirada dende Compostela 1 baixo a coordinación de Xesús Rodríguez Rodríguez. - Santiago de Compostela : Universidade, Servizo de Publícacións e Intercambio Científico, 201 O.- 246 p.; 24 cm. D.L. C 1838-201 O. -ISBN 978-84-9887-388-7

1. Erasmus (Programa). 2. Estudantes, Intercambio de. l. Rodríguez Rodríguez, Xesús, dir. 11. Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Publícacións e Intercambio Científico, ed.

Publicación financiada pala Vicerreitoría de Política Internacional

© UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

DESEÑO DE CUBERTA Servizo de Publícacións e Intercambio científico

MAQUETA E IMPRIME Imprenta Universitaria Campus universitario sur

EDITA Servizo de Publicacións e Intercambio científico Campus universitario sur 15782 Santiago de Compostela www.usc.es/publicacions

DEP. LEGAL C 1838-201 O

ISBN 978-84-9887-388-7

ÍNDICE

7 Presentación AGUSTÍN MERINO GARCÍA

9 Limiar Lms FERRADÁS BLANco

XEsús RoDRÍGuEz RoDRÍGUEZ

15 -l-

17

27

47

61

73

89

o programa Erasmus como proxecto formativo na articulación (cohesión, construción) da Europa Social

A formación para a cidadanía na Universidade: reflexións a o redor do programa Erasmus MaMAR LORENZO MOLEDO

A Dimensión Europea na formación dos futuros profesionais. O programa Erasmus: Un ha lectura curricular MIGUEL ZABALZA BERAZA E MARÍA A. ZABALZA CERDEIRIÑA

O programa Erasmus. Un ha oportunidade para reflexionar sobre a cultura e a lingua nunha cultura global RITA RADL PHILIPP

O programa Erasmus como iniciativa cívica e cultural: un ha lectura en chave de Educación Social JOSÉ ANTONIO CARIDE GóMEZ

Linguas e programa Erasmus LIDIA GóMEZ GARCÍA, PALOMA NúÑEZ PERTEJO E IGNACIO M. PALACIOS MARTÍNEZ

Incidencia do programa Erasmus na inserción e mobilidade profesional Luis SoBRADO FERNÁNDEZ, ANA CaucE SANTALLA E SILVIA V ÁZQUEZ BARGIELA

5

103 -11-0 programa Erasmus na Universidade de Santiago de Compostela

105 «lnternacionalization at home» da Universidade de Santiago de Compostela: análise da situación ENRIQUE LóPEZ VELOSO

113 O intercambio Erasmus como movemento turístico e o seu impacto económico: o caso da Universidade de Santiago de Compostela EwA PAWLOWSKA E FmEL MARTÍNEZ RoGET

129 O programa Erasmus na Facultade de Ciencias da Educación. Un ha alfada dende a súa coordinación XEsús RoDRÍGUEZ RoDRÍGUEZ

143 A lingua galega, problema ou oportunidade nos programas de mobilidade do alumnado? ISABEL VAQUERO QUINTELA

157 III O programa Erasmus na voz e na iniciativa dos seus protagonistas

159 Conversas coas responsables da unidade de apoio á xestión de centros e departamentos (RUACD). Unha figura clave no programa Erasmus RAQUEL MARIÑO FERNÁNDEZ E LAURA REGO AGRASO

173 A figura dos "acompañantes": a dimensión humana e socializadora do programa Erasmus FRANCISCO JAVIER SANJIAO ÜTERO

177 A mobilidade no programa Erasmus dende a perspectiva dos coordinadores CooRD. CRISTINA CEINos SANZ E REBECA GARCÍA MuRIAS

193 As voces do alumnado Erasmus: as pegadas do programa na vida académica e persoal dos estudantes BELÉN CABALLO VILLAR

225 Avaliación do alumnado universitario sobre a súa información do programa Erasmus REBECA GARCÍA MuRIAS E Ma CRISTINA GEINOS SANZ

6

O programa Erasmus como iniciativa cívica e cultural: unha lectura en chave da Educación Social

JOSÉ ANTONIO CARIDE GóMEZ

Universidade de Santiago de Compostela

RESUMO. Percibimos Europa como un escenario xeográficoe humano de suxestivos percorridos paisaxísticos, culturais, académicos, intelectuais, universitarios ... Neles as ensinanzas e as aprendizaxes semellan non rematar nunca, brindándonos a fermosa oportunidade de habitar un espazo de convivencias múltiples. Na súa diversidade, o programa Erasmus representa unha iniciativa cívica, formativa e cultural estimable, da que facemos unha lectura pedagóxica e social dalgúns dos significados inherentes á mobilidade dos seus estudantes e profesores.

RESUMEN. Percibimos Europa como un escenario geográfico y humano de sugerentes recorridos paisajísticos, culturales, académicos, intelectuales, universitarios ... En ellos, las enseñanzas y los aprendizajes no concluyen nunca, brindándonos la hermosa oportunidad de habitar un espacio de convivencias múltiples. En su diversidad, el programa Erasmus representa una iniciativa cívica, formativa y cultural estimable, de la que hacemos una lectura pedagógica y social acerca de algunos de los significados inherentes a la movilidad de sus estudiantes y profesores.

ABSTRACT. We perceive Europe as a geographical and human scene of suggestive landscape, cultural, academic, intellectual, university ... In them, the teaching and learning do not end ever, giving us the beautiful opportunity to inhabit a space of multiple livings together. In its diversity, the Erasmus Program represents a civic initiative, formative and cultural appreciable, doing a pedagogical and social reading about so me of the meanings inherent to mobility of its students and teachers.

lntrodución

Percorrer os camiños de Europa foi, durante séculas, un ha experiencia reservada a poucos

e, ás veces, moi escollidos poboadores das súas imprecisas fronteiras. Entón, o dereito a despra­

zarse estaba asociado, inevitablemente e cando menos, a un ha dobre posibilidade: dunha ban-

61

r O programa Erasmus na construción da cidadanía europea

da, nas condicións de riqueza e benestar, aos beneficios que deparan o negocio (a actividade

empresarial, comercial, financeira, etc.) e o ocio o u lecer (a viaxe, o divertimento, o turismo, etc.).

Doutra banda, nas condicións da pobreza e do malestar, ás necesidades que se procuraban

satisfacer a través da emigración, de índole fundamentalmente económica e laboral.

Entre unhas e outras, distintas prácticas de natureza relixiosa (singularmente, as pere­

grinaxes, nas que son salientables as que tiñan como destinos Roma e Compostela), militar,

política, cultural ... foron sementando ao longo do tempo un ha variada gama de mobilidades

e intercambios, de estadías ou asentamentos, de traxectos persoais e colectivos, etc. de moi

diferente calado e significado. Europa fíxose mestiza ao mesmo tempo que, un tanto para­

doxalmente, se salientaban algúns dos seus sinais de identidade máis excluíntes, mesmo coa

ambición de dotarse -parcial e temporalmente frustrada nos inicios do presente milenio­

dunha Constitución propia, na que a pesar do esquecemento no que semella estar instalada,

se afirmaba literalmente que a Unión está fundada sobre o respecto á dignidade humana, a

liberdade, a democracia e igualdade, consonte aos principios básicos aos que se remiten os es­

tados de dereito e o respecto aos dereitos humanos, incluídos os das minorías. Ademais, preci­

sa, as sociedades dos estados membros caracterízanse polo pluralismo, a non discriminación,

a tolerancia, a xustiza, a solidariedade e a igualdade entre mulleres e homes. Neste contexto, a

Constitución garante a libre circulación de persoas, mercadorías, servizos e capitais.

Europa no horizonte intelectual e pedagóxico

A viaxe intelectual, motivada polas ansias de compartir información e formación, de do­

cumentarse e adquirir novas aprendizaxes, de intercambiar ensinanzas e descubrimentos ... ,

é desde antigo un dos principais soportes da vontade de transitar polo Continente. Mesmo

polo mundo, sobre todo a partir do Renacemento. Nela teñen inserido os seus logros cien­

tíficos e académicos, docentes e discentes, centos de milleiros de persoas que desde a orixe

das universidades, a principios do século XIII, comprenderon e -moito máis aínda- sentiron

a fonda inquietude -feíta necesidade- de desprazarse a outras realidades e de compartir,

noutras paisaxes e linguaxes, os coñecementos e os avances científicos e tecnolóxicos, da

reflexión e do estudo, da conversa e do diálogo intercultural, alí onde emerxían ou habitaban

os seus creadores e promotores.

Especialmente significativa será, nos inicios do pasado século, a capacidad e de mobiliza­

ción de persoas e saberes dos que se dotará España, a partir da promulgación do Real Decreto

do 11 de xaneiro de 1907 mediante o que se creaba a Junta de Ampliación de Estudios e Investi­

gaciones Científicas, como «Un logro tardío da Institución Libre de Ensino, protagonizado pola

xeración de 1914» (Cacho Vi u, 1998: 4). O seu labor, ata a incivil guerra que transcorre entre

1936 e 1939, tendo como figura clave ao seu secretario, José Castillejo, xogará -segundo

62

O programa Erasmus como iniciativa cívica e cultural: unha lectura en chave de Educación Social JosÉ ANTONIO CARIDE J

testemuña o profesor Antonio Viñao (2007)-, un papel fundamental na formación inicial do

profesorado e doutros intelectuais, nun contexto aberto ás navidades, ideas e correntes pe­

dagóxicas que estaban a experimentar outros países, habilitando a tal fin un «programa de

pensións» do que se beneficiarían varios centos de mestres, mestres-directores, inspectores

de ensinanza primaria, profesores de Escalas Normais, etc.

Nos seus itinerarios por diferentes países europeos -singularmente por Francia, Bélxica

e Suíza, dos que fora un pedagogo avanzado Manuel Bartolomé Cossío no período compren­

dido entre 1880 e 1889-, os bolseiros da Junta de Ampliación de Estudios tomarán contacto

directo coas principais reformas educativas, coñecendo in situ os seus promotores. Aoque se

engadirá o feito de poder participar en distintas expedicións coa finalidade de que coñecer

as mellares escalas e universidades de Europa, proporcionándolles unha alta formación, da

que aflorarían un has novas xeracións de mestres e profesores que espallaron pola xeografía

española «un ha cultura pedagóxica innovadora que inspiraría cambios no seu quefacer pro­

fesional e que, pouco a pouco, desembocaría nun potente movemento educativo, ben visible

na 11 República» (Otero, 2007: 65).

Para os saberes pedagóxico-sociais e as oportunidades que brinda a europeización dos

coñecementos e das prácticas educativas, terían un ha gran transcendencia as leccións apren­

didas por un notable conxunto de intelectuais (filósofos, pedagogos, mestres, etc.) que se

desprazan a Alemaña nos primeiros anos do século XX, desenvolvendo unha activa convi­

vencia académica con profesores tan prominentes como Paul Natorp (a quen consideramos

como o primeiro autor que sistematiza a Pedagoxía Social) o u Hermann Cohen, figuras clave

do neokantismo localizadas na Universidade de Marburgo, das que toman nota do valor que

se lles debe concederás comunidades e á democracia na educación, engadindo á preocupa­

ción social unha atraínte pedagoxía humanista e dos valores (Fernández Soria, 2007).

Lembremos nesta senda europea a persoeiros do nivel académico e filosófico de José

Ortega y Gasset, Fernando de los Ríos, María de Maeztu, Manuel García Morente, Ángel

Sánchez Rivero, Francisco Viqueira ou María Zambra no. Todos confluíndo nunha época na

que -como interpretaba o mozo Ortega y Gasset- a rexeneración era o desexo, mentres

que a «europeización é o medio para satisfacelo», de xeito tal que «observar a España como

problema e a Europa como solución» serviría de argumento a Jacques Delors para acoller

en acto solemne no Pazo Real de Madrid, o 15 de maio de 1985, a adhesión de España ás

Comunidades Europeas (Caride, 2005: 233). Xa antes, pero de xeito notable desde entón,

nas universidades que ternos e queremos, esta incorporación ademais de prolongar as mi­

radas sobre Europa, permitirán observar as súas realidades como territorios xeográficos e

humanos que incorporamos -espiritual e materialmente- á nosa condición cidadá, brin­

dando a fermosa oportunidade de liberarnos dalgunhas das pesadas cargas que viñamos

soportando historicamente.

r O programa Erasmus na construción da cidadanía europea

Porque como nunca antes acontecera/ a mellara da mobilidade e da liberdade para des­

prazarse pola súas variadas culturas tivera tantas motivacións anexas/ entre as que se teñen

mencionado as que son inherentes ás transformacións dos modos de vida e da percepción

que as persoas e os pobos fan de si mesmos/ sobre todo cando median nestas transforma­

cións procesos de ensino e aprendizaxe como os que alentan programas formativos como o

Comenius/ Leonardo/ Erasmus ou Grundvig. E que/ como se vén poñendo de relevo nos últi­

mos anos é un dos principais piares dos obxectivos sociopolíticos da Unión Europea/ «desde

o desenvolvemento persoal e dun sentimento de cidadanía ata o fomento do pensamento

innovador e os coñecementos lingüísticos»/ tal e como o ten expresado Odele Quintin (2008:

3L en tanto que directora xeral de Educación e Cultura no seo da Comisión Europea.

Neste sentido/ a mobilidade/ máis que unha deslocalización xeográfica temporal pro­

movida con fins formativos/ representa un dos activos máis apreciables no diálogo cultural

e sociat no que se dilúen as fronteiras nacionais/ potenciando a cooperación e os saberes

compartidos/ nun escenario que incrementa as opcións para un ha educación e formación de

mellor calidade/ na que ademais dos contidos propios de cada ámbito curricular e profesional

teñen un especial protagonismo os idiomas/ nas súas diferentes variantes. Un labor formativo

en que mais aló de sensibilizar os cidadáns co dominio doutras linguas/ motívaos a recoñece­

las e facer uso delas como un patrimonio inmaterial de notable interese para a información/

a comunicación e o intercambio de coñecementos.

Todas as testemuñas coinciden en salientar que cursar un período de estudos no es­

tranxeiro pode resultar altamente beneficioso nos planos persoal/ académico e social. O con­

tacto cun país distinto ao seu permítelle ao estudante desenvolver as súas capacidades de

adaptación e comunicación interculturat así como os seus coñecementos sobre temas euro­

peos/ sendo susceptibles de prestar o seu apoio á construción cotiá dunhas sociedades máis

abertas e plurais. Non debe desatenderse/ nesta óptica/ que un dos grandes retos da Unión

Europea segue sendo espertar un maior sentimento de cohesión e solidariedade entre os ha­

bitantes dos seus países membros/ facendo posible que a poboación interiorice e se socialice

en conceptos como os de cidadanía europea e democracia/ así como na histor~a común que

comparten. Unhas metas nas que a Pedagoxía Social e a Educación Sociat nos seus persis­

tentes empeños por socializar educando e educar socializando/ proxectan boa parte das súas

concepcións e prácticas/ adscribindo de xeito decidido as súas actuacións aos obxectivos e

iniciativas que se contemplan no Programa Integrado de Acción no ámbito da Aprendizaxe

Permanente/ a favor dunha sociedade educadora e dunha condición cidadá máis plena (Ca­

ride/ 2007).

O programa Erasmus como iniciativa cívica e cultural: unha lectura en chave de Educación Social JosÉ ANTONIO CARIDE

As universidades e a Educación Superior como soportes da cidadanía europea

J

Pascal Fontaine (2003L antigo colaborador de Jean Monnet e profesor do Instituto de Es­

tu dos Políticos de París especializado en temas europeos/ nas súas breves Doce Jeccións sobre

Europa/ resumía maxistralmente o potencial pedagóxico e social dos programas educativos

e formativos que as Comunidades Europeas veñen promovendo desde os anos oitenta do

pasado século: contribuír á formación dunha conciencia común/ sustentada no sentimento

de pertencer a un ha mesma colectividad e sendo partícipe activo da construción dun destino

compartido. Un propósito que autores como Robertson e Dale (2008) traducen na posibili­

dade de facer unha Europa que sexa algo máis que un mercado interno/ lembrando a tal fin

un dos principios reiteres da Unión Europea: fomentar e impulsar o concepto de cidadanía

europea/ situando nun lugar prioritario a educación e/ con ela/ un diversificado elenco de ac­

tividades «transversais» nos ámbitos da información/ a comunicación/ a formación/ a cultura/

a investigación/ o emprego ... nun escenario sociopolítico cada vez máis aberto ás continxen­

cias internacionais e ás decisións que arredor das mesmas se adopten.

Pola súa propia natureza universal e universalizadora/ as universidades están chamadas

a xogar un papel clave neste traxecto/ mobilizando o seu potencial institucional e intelectual

a favor dunha sociedade que precisa incrementar significativamente os seus niveis de cohe­

sión social e solidariedade/ que sexa plenamente respectuosa cos dereitos fundamentais dos

seus cidadáns nun mundo en profunda transformación. Un ha tarefa que recoñece e reivindi­

ca sen ambaxes Francisco Michavila (2008: 113) ao situar as universidades «no corazón de Eu­

ropa»/ toda vez que falar do futuro desta «é1 en bastante medida/ fa lar da súa Universidade»

e dos variados proxectos que alentan o proceso de creación do Es pazo Europeo de Educación

Superior (EEESL como un territorio común para o fluxo dos coñecementos/ dos saberes e das

aprendizaxes. E tamén das persoas/ que co amparo que lles proporciona o dereito a circu­

lar libremente/ poderán viaxar/ estudar e traba llar en calquera dos 27 Estados membros que

actualmente a compoñen. Unha liberdade para desprazarse/ que aínda estando suxeita a

condicionantes/ ten mudado os modos de vida e as percepcións que os europeos e as euro­

peas teñen sobre si mesmos e as interaccións que poderán manter en distintos planos da súa

actividade/ por moito que aínda pesen nas súas apreciacións as notorias desigualdades que

existen entre os países e as persoas/ as discrepancias mantidas arredor das súas políticas -in­

tegrais ou sectoriais- ou o dispar entusiasmo que concita dotarse dun Tratado Constitucional

referendado polos estados e/ou a cidadanía.

Con todo/ e na perspectiva que destaca a posibilidade de trasladarse dun país a outro/

hai abundantes indicios de que lonxe de supor unha barreira na educación ou formación

profesional de calquera dos seus cidadáns/ trátase máis ben dunha oportunidade estima­

ble/ posta ao seu alcance coa intención de ampliar os seus horizontes mediante a forma-

r O programa Erasmus na construción da cidadanía europea

ción e a aprendizaxe, nos termos en que se reflicte nas Declaracións da Sorbona (1998) ou

Boloña (1999L ao salientar a necesidade de dotar os cidadáns das competencias, valores e

actitudes que se necesitan para avanzar na procura dunha identidade feíta de diversidades,

tantas como representan as linguas e culturas, as paisaxes ou os case cincocentos millóns de

habitantes que están rexistrados no interior das súas fronteiras. Así o entende tamén Micha­

vila (2008: 120) ao incidir na formación dos universitarios como cidadáns europeos, a raíz do

aumento considerable da súa mobilidade xeográfica e temática, no presente e de cara ao

futuro: «a educación universitaria -afirma- debe contribuír á consolidación dunha cidadanía

europea activa, coa extensión e o exercicio .dos valores europeos: a democracia e a diver­

sidade impregnada do humanismo e racionalidade. A universidade contribuirá á cohesión

política da Unión Europea e á extensión dos valores que comporta a cultura e a forma plural

de entender a vida en Europa». Coincidimos, neste sentido, con Guy Haug (2008L en que a

creación programada do EEES é un dos acontecementos de maior transcendencia na historia

da universidade moderna europea, aoque se asocia un vasto cambio de paradigma, tanto no

que atinxe ás misións que deberán cumprir as universidades na sociedade europea como no

marco lexislativo e regulador dentro do cal funcionan. O crecente impulso do que se iría do­

tando a iniciativa europea -apuntará Haug- foi deseñando unha axenda de modernización

da Educación Superior, na que sen existir instrumentos xurídicos vinculantes para os estados

membros, dun o u doutro xeito aceptarán incorporarse a un axenda marcada pola vontade de

formalizar un novo contrato social entre a universidade e a sociedade, que se beneficie das

potencialidades, dos recursos e valores dun contorno cada vez máis aberto e complexo.

O informe da UNESCO (1998) sobre o que deberá ser a Educación Superior no século XX,

lembra que a misión principal das universidades -aínda tendo en canta as súas funcións máis

convencionais de formar, investigar, expandir a cultura e prestar servizos á comunidade- é a de

educar cidadáns responsables, proporcionando un es pazo aberto a os saberes e para a aprendi­

zaxe a o longo de toda a vida, no marco dunha sociedade democrática, civilizada e cohesionada.

Para Martí March (2007: 41) isto pasa inevitablemente por un ha aposta educativa-universitaria

na construción europea á que a Educación Social debe estar convidada, co obxectivo de «posi­

bilitar a creación dunha conciencia europea e duns circuítos educativos de carácter europeo»,

se de verdade se desexa «potenciar un ha Europa do coñecemento, de posibilitar a libre circula­

ción de profesionais universitarios e de apostar por una universidade competitiva e líder, capaz

de dar un ha resposta á globalización universitaria ... respectando, non obstante, as diversidades

universitarias existentes na actualidade nos diversos países europeos e dentro destes mesmos

países, a través dunha converxencia universitaria europea, real e non puramente formal». Un

desafío no que, segundo March, hai que situar a problemática que supón a crecente competen­

cia entre as universidades no marco da sociedade do coñecemento e das aprendizaxes, con to­

das as dificultades que supón a «converxencia» non só nas políticas educativas e universitarias,

senón tamén a institucionalización dunha política social común en Europa.

66

O programa Erasmus como iniciativa cívica e cultural: unha lectura en chave de Educación Social JosÉ ANTONIO CARJDE

Na filosofía que ampara o proceso de Boloña, os estudantes están chamados a ocupar

un lugar central na edificación dese espazo social e, máis específicamente, do denominado

Espazo Europeo da Educación Superior (EEESL como socios activos e participativos, non só

das aprendizaxes que deberán promoverse, senón tamén da cultura e das prácticas democrá­

ticas que lles permitan converterse en cidadáns conscientes e comprometidos coa sociedade

na que se insire a súa vida cotiá (Michavila e Parejo, 2008). Unha dimensión na que incidiría

especialmente a Declaración de Goteborg de 2001, The National Unions ofStudents in Europe

(ESIBL cando atribúe ás universidades funcións relacionadas coa articulación social e cívica

no continente europeo, sempre dentro do pleno respecto á idiosincrasia de cada pobo. Un

labor ao que se espera contribúa de xeito significativo a mobilidade estudantit concibida

moito máis como un dereito con garantías que como un privilexio fixado aos recursos dos

estudantes e das universidades nas que desenvolven a súa formación. Que a universidade

contribúa á consolidación dunha cidadanía europea activa, coa extensión e o exercicio dos

valores europeos, no marco dunha multiculturalidade e multiétnica, no marco dunha nova

sociedade europea «que deberá estar impregnada de tolerancia, de humanismo e de racio­nalidade» (Michavila, 2008: 1 07).

A vocación formativa da mobilidade no escenario dunha aprendizaxe permanente

Sen dúbida, como veñen expresado reiteradamente boa parte dos responsables políticos

e institucionais que teñen vinculado o seu quefacer aos organismos europeos, a identidade

europea non poderá erixirse á marxe dunha maior implicación da sociedade nos asuntos pú­

blicos, así como dun efectivo desenvolvemento de competencias e capacidades orientadas

á convivencia, do compromiso da mocidade e dunha mobilidade que atenda a motivacións

de distinta índole (económica, culturat lúdico-recreativa, cooperativa, formativa, etc.). Entre

outras, a que, desde os seus vacilantes comezos en 1987 -e despois dunha complicada con­

frontación xurídica entre a Comisión Europea e os Estados membros por definir a base legal

sobre a cal se podía apoiar a súa realización e orza mento- o denominado programa Erasmus.

Un ha iniciativa orientada á cooperación e mobilidade entre universidades de distintos países

da Unión, na que participaron inicialmente uns 3000 estudantes e que vinte anos despois

forma parte da historia vital de mais de 1) millóns de alumnos universitarios, implicando

a máis do 90 por cento das institucións universitarias localizadas en Europa (Comunidades

Europeas, 2008); antes de 2012 a cifra debería acadar os 3 millóns de bolseiros, segundo as previsións realizadas pola Unión Europea.

Nas apreciacións feítas por Ján Figet comisario europeo responsable de Educación, For­

mación, Cultura e Xuventude, no preámbulo da publicación referida, queda claro que o progra­

ma Erasmus ten evolucionado cuantitativa e cualitativamente, ata converterse nun verdadeiro

r O programa Erasmus na construción da cidadanía europea

fenómeno social, cultural e pedagóxico, que non se limita a accións de mobilidade individual,

ao connotar outras circunstancias de índole académica, formativa e vivencia!: «Erasmus -si­

nala Fingel- foi e segue sendo un factor clave na internacionalización e a 'europeización' da

ensinanza superior na UE. Eses meses de estadía no estranxeiro tamén representan un mo­

mento decisivo nas vidas de miles de persoas: o 80 % dos participantes son os primeiros nas

súas familias que estudan no estranxeiro». Aoque engade un ha valoración na quemáis aló de

expresar que Erasmus deixou de ser só un programa educativo, pon de relevo que «constitúe

un magnífico exemplo do que se pode lograr coordinando as accións europeas no ámbito da

educación e encarna a crenza de que as accións concertadas europeas resultan máis beneficio­

sas que a suma das diversas iniciativas independentes, aínda que sexan excelentes».

Os relatos de 20 historias de éxito, a partir dun listado no que figuran as 100 mellares

universidades en número de estudantes e profesores recibidos e enviados no programa Eras­

mus, presentando centros que destacan no ámbito da mobilidade duns e outros, así como de

proxectos excepcionais de desenvolvemento curricular ou de redes temáticas, testemúñano

con maior o u menor profusión. Con outros baluartes, o camiño emprendido no século XV por

Erasmo de Rotterdam -exemplo de intelectual cosmopolita, humanista e teólogo neerlandés

que ensinou en París, Lovaina e Cambridge- ten agora a súa continuidade nas particulares

singraduras de centos de miles de mozos e mozas que buscan noutras cidades, universidades

e países, novas can les para ampliar a súa experiencia formativa e de cualificación profesional,

co alicerce que proporcionan outras linguas, sistemas de ensino e métodos de aprendizaxe.

No caso español, cen anos despois, volvendo a percorrer Europa cunha renovada vocación

pedagóxica e social, da que haberá que agardar nos medios e long os prazos a súa verdadeira

pegada.

Neste sentido, non debe obviarse -como xa adiantamos- que o modelo europeo de so­

ciedade ten depositados moitos dos seus esperanzados obxectivos na conformación dunha

cidadanía europea que sexa máis sabedora dos seus dereitos e deberes, facendo valer os ins­

trumentos xurídicos, políticos e sociais dos que se ten ido dotando a Unión, e que, á luz dos

procesos electorais recente mente desenvoltos o u do euroescepticismo que ten aflorado en dis­

tintos países, colectivos, partidos políticos ou movementos populares, ten un ha complicada re­

solución. De aí, acaso, a necesidade desa pedagoxía social e/ou política á que tanto aluden nas

súas alocucións públicas un ha heteroxénea cohorte de dirixentes políticos e de representantes

institucionais e de plataformas cívicas, insistindo na importancia de que as persoas teñan un ha

maior capacidade de discernimento sobre aspectos fundamentais da Unión que afectan ás súas

vidas. Para, de seguido, facer un chamamento a unha participación máis activa da poboación,

non só nos procesos electorais senón tamén naquelas dinámicas e procesos que contribúan

decisivamente a unha Europa máis plena e inclusiva; unha dinámica na que se ben a Comisión

Europea -un organismo no que se combinan funcións lexislativas e executivas, responsable

68

O programa Erasmus como iniciativa cívica e cultural: unha lectura en chave de Educación Social JosÉ ANTONIO CARIDE J

dunha ampla gama de ámbitos políticos, que traballa en estreita colaboración co Parlamento

Europeo, o Consello de Ministros, as organizacións sociais e os gobernos nacionais- representa

a forza impulsora, a auténtica forza motriz debe radicar nos cidadáns.

Na procura desta maior implicación e participación da cidadanía, unha importante liña

de actuación promovida pala Unión Europea concéntrase nos programas de educación e

formación que teñen como obxectivo prioritario a aprendizaxe permanente, estimulando o

intercambio, a cooperación e a mobilidade entre os sistemas de educación e formación den­

tro da Comunidade, consonte aos acordos que definen a Estratexia de Lisboa do ano 2000.

Un ha mobilidade que no programa Erasmus deberá incidir non só na construción dun Es pazo

Europeo de Educación Superior, senón tamén no reforzo das achegas que esta educación e

a formación profesional avanzada terán que facer nos procesos de innovación, adoptando

enfoques cooperativos e multilaterais, xerando opcións de apertura, flexibilidade, respecto

e comprensión entre as diferentes culturas da Unión Europea. De aí que un dos principais

logros derivados da mobilidade dos estudantes e dos profesores se asocie habitualmente á

procura dun crecente sentimento de pertenza a un ha Europa unida, expoñente dunha identi­

dad e que valora e recoñece, en todas as súas potencialidades, a diversidade que atesoura.

Con esta aspiración, xunto a outras iniciativas que non só insisten en que toda persoa

que desexe desprazarse ten o dereito a facelo, a Unión Europea non só trata de garantir que

así sexa para todos os cidadáns, senón que incluso fomenta activamente a mobilidade, que

nas universidades e como se fixo constar nos obxectivos primixenios do programa Erasmus,

debe ter por obxecto mellorar e reforzar -como vimos argumentando- a dimensión europea

do ensino superior, fomentando a cooperación transnacional entre centros de Educación Su­

perior, promovendo a mobilidade dos estudantes e do persoal docente, así como a transpa­

rencia e o recoñecemento académico dos estudos e das cualificacións no seu seo.

N este quefacer, tamén merecen destacarse pala seu inequívoco perfil pedagóxico-social

os «programas prioritarios», de carácter intensivo, que responden a unha concepción mul­

tidisciplinar, que inciden no diálogo, a cooperación e o entendemento interculturais entre

Europa e as súas rexións veciñas, prestando atención a determinados problemas emerxentes:

sostibilidade, igualdade de xénero, asistencia social contra o racismo e a xenofobia, atención

educativa a grupos desfavorecidos, educación para o consumo, etc. Así como as chamadas

«redes temáticas», que teñen como principal obxectivo definir e desenvolver unha dimen­

sión europea dentro dunha disciplina académica ou dunha área de estudo concretas, ou en

relación con outros temas de interese común (xestión universitaria, asegurar a calidade, etc.)

mediante a cooperación entre facultades ou departamentos universitarios.

Que as universidades europeas sexan quen de valorizar as súas potencialidades no co­

ñecemento, transferindo as súas achegas á formación da mocidade e á construción dunha

cidadanía máis integral e inclusiva, forma parte das opcións que a mobilidade a través do

O programa Erasmus na construción da cidadanía europea

programa Eras mus vén ofrecen do desde os seus comezos, contribuíndo a o desenvolvemento

persoal, a aprendizaxe dos idiomas, o pensamento independente, a expresión cultural e ar­

tística, facendo que a súa interacción con diferentes culturas axude a «descubrir os puntos en

común que existen entre os europeos e as diferenzas que nos fan únicos», dirá Odile Quintin,

apelando ás vantaxes que isto comporta nunha economía do coñecemento e nunhas socie­

dades suxeitas a rápidos e complexos cambios.

Tanto en canto a Educación Social está comprometida con eles, coadxuvando a que poi­

damos vivir nun mundo moito máis congruente co respecto aos dereitos cívicos, pouco ou

nada do que ese descubrimento traia consigo lle resulta alleo. Un ha sensación, feita opinión,

nas palabras de Joan Petruta Bejanaru, un estudante romanés que despois da súa estadía na

Universidade de Coimbra -unha das «historias de éxito» do Erasmus (Comunidades Europeas,

2008: 1 0)-, resumía a experiencia vivida nas seguintes palabras: «Eras mus é un ha oportunida­

de única que me axudou a desenvolverme. Aprendín que os países non só posúen culturas di­

ferentes, senón tamén actitudes diferentes fronte á vida e aos plans de futuro. Comprobei que,

a pesar de ser tan diferentes os uns dos outros e de falar idiomas diferentes, pódese atopar

xente coa mente aberta ecos mesmos obxectivos. Os estudantes que estamos no estranxeiro

impulsamos a mudanza do mundo. A través do programa Erasmus, convertinme en cidadán

do mundo. Tal vez no futuro todos os estudantes Erasmus logremos que o mundo sexa un

lugar mellar ande vivir». Dificil mente se pode expresar, desde os propios sentimentos, todo o

que pode chegar a significar o programa Erasmus como un ha iniciativa cívica e cultural, con­

notada por un ha latente -mesmo ás veces explícita- intencionalidade pedagóxica-social.

Bibliografía

CAcHo V1u, V. (1988). La JAE, entre la Institución Libre de Enseñanza y la generación de 1914. En

Sánchez Ron, J. M. (coord.). 7 907-7 987. La Junta de Ampliación de Estudios e Investigaciones

Científicas 80 años después. Madrid: Consejo de Investigaciones Científicas, vol. 11,. 3-26.

CARIDE, J. A. (2005). Las fronteras de la Pedagogía Social: perspectivas científica e histórica. Bar­

celona: Gedisa.

CARIDE, J. A. (2007). La Pedagogía Social ante el proceso de convergencia europea de la Educa­

ción Superior. Pedagogía Social. Revista interuniversitaria, no 14 (terceira época), 11-31.

CoMUNIDADES EuROPEAS (2008). ERASMUS: Historias de éxito, Europa crea oportunidades. Luxem­

burgo: Oficina de Publicaciones Oficiales de las Comunidades Europeas.

FERNÁNDEZ SoRIA, J. M. (2007). Fundar la ciudadanía, formar el hombre, construir la demo­

cracia. Europa como solución para las escuelas de España. Revista de Educación, número

extraordinario 2007, 241-263.

FoNTAINE, P. (2003). Doce lecciones sobre Europa. Luxemburgo: Oficina de Publicaciones Oficia­

les de las Comunidades Europeas.

70

O programa Erasmus como iniciativa cívica e cultural: unila lectura en cilave de Educación Social JosÉ ANTONIO CARIDE J

HAUG, G. (2008). Legislación europea y legislaciones nacionales. Revista de Educación, núme­

ro extraordinario: «Tiempos de cambio universitario en Europa», 285-305.

MARCH, M. (2007). La Educación Social en el marco de la construcción del Espacio Europeo

de Educación Superior. Pedagogía Social. Revista interuniversitaria, no 14 (terceira época),

33-52.

MICHAVILA, F. (2008). La Universidad, corazón de Europa. Madrid: Tecnos.

MICHAVILA, F. e PAREJO, J. L. (2008). Políticas de participación estudiantil en el Proceso de

Bolonia. Revista de Educación, número extraordinario, 85-118.

OTERO, E. (2007). Las primeras expediciones de maestros de la Junta para la Ampliación de

Estudios y sus antecedentes: los viajes de estudio de Cossío entre 1880 y 1989. Revista de

Educación, número extraordinario 2007,45-66.

QuiNTIN, O. (2008). Europa: hacia una mayor movilidad. El Magazine, no 30, 3-4.

RoBERTSON, S. e DALE, R. (2008). Las tecnologías de la información y la comunicación como

medio, objetivo, referencia y consecuencia para el aprendizaje en Europa y la educación

del futuro. En Arostegui, J. L. y Martínez, J. B. (coords.). Globalización, Posmodernidad y

Educación. La calidad como coartada neo/ibera/. Madrid: Akai-Universidad Internacional

de Andalucía, 143-166.

UNESCO (1998). Summary of the World Oec/aration on Higher Education for the Twenty First

Century. Paris: UNESCO.

VIÑAO, A. (2007). Reformas e innovaciones educativas en la España del primer tercio del siglo

XX. La JAE como pretexto. Revista de Educación, número extraordinario 2007,21-44.

71