Fútbol e patria en España no século XX: nacionalismo, política e propaganda (galego)

31
Fútbol e patria en España no século XX: nacionalismo, política e propaganda 1 FÚTBOL E PATRIA EN ESPAÑA NO SÉCULO XX: NACIONALISMO, POLÍTICA E PROPAGANDA Óscar Alejandro Rodríguez Fernández RESUMO O fútbol é o deporte máis popular do planeta, pero tamén un vehículo inmellorable para albergar mensaxes ideolóxicos co fin de construír, fomentar e asimilar unha idea de patria na sociedade. En España, a relación entre fútbol e patria é totalmente perceptible ao longo do século XX, combinándose elementos de nacionalismo, política e propaganda en cada un dos diferentes períodos de dito século. Ante estes feitos, o presente traballo ten como obxectivo analizar o uso do fútbol na construción e fomento de identidades nacionais, estudando cómo se promoveron distintos relatos e estereotipos nacionais españois, cataláns e vascos a través do fútbol. Móstrase a natureza cambiante de cada réxime no uso e implantación de ideas nacionais, a implantación da chamada cultura de evasión ou tamén cómo os cambios sociopolíticos foron moldeando narrativas futbolísticas que reforzan as identidades nacionais Palabras chave: fútbol, nacionalismo, política, propaganda, patria

Transcript of Fútbol e patria en España no século XX: nacionalismo, política e propaganda (galego)

Fútbol e patria en España no século XX: nacionalismo, política e propaganda

1

FÚTBOL E PATRIA EN ESPAÑA NO SÉCULO XX:

NACIONALISMO, POLÍTICA E PROPAGANDA

Óscar Alejandro Rodríguez Fernández

RESUMO

O fútbol é o deporte máis popular do planeta, pero tamén un vehículo inmellorable

para albergar mensaxes ideolóxicos co fin de construír, fomentar e asimilar unha idea de

patria na sociedade. En España, a relación entre fútbol e patria é totalmente perceptible ao

longo do século XX, combinándose elementos de nacionalismo, política e propaganda en

cada un dos diferentes períodos de dito século.

Ante estes feitos, o presente traballo ten como obxectivo analizar o uso do fútbol na

construción e fomento de identidades nacionais, estudando cómo se promoveron distintos

relatos e estereotipos nacionais españois, cataláns e vascos a través do fútbol. Móstrase a

natureza cambiante de cada réxime no uso e implantación de ideas nacionais, a

implantación da chamada cultura de evasión ou tamén cómo os cambios sociopolíticos

foron moldeando narrativas futbolísticas que reforzan as identidades nacionais

Palabras chave: fútbol, nacionalismo, política, propaganda, patria

Fútbol e patria en España no século XX: nacionalismo, política e propaganda

2

INTRODUCIÓN

30 de maio de 2015. O rei Felipe VI colócase en posición firme no palco presidindo

por primeira vez a final da Copa do Rei de fútbol. Á súa esquerda, Ángel María Villar,

presidente da RFEF, mira estupefacto o que está a acontecer nas bancadas; á dereita, Artur

Mas, presidente da Generalitat de Cataluña, sorrí. Nos primeiros compases da Marcha Real,

os afeccionados presentes no Camp Nou comezan unha atronadora pitada que deixa ao

himno español en segundo plano, mentres os xogadores albiscan a fronte como actores

secundarios nos prolegómenos do partido. Este acto era o símbolo da crítica ante ese rei,

ante os seus antepasados e ante un estado que non recoñecían. Nas bancadas estaban

representados, maioritariamente, seareiros do Athletic Club de Bilbao e do Fútbol Club

Barcelona, dous contendentes que sempre foron máis que simples clubs de fútbol. Non

xogaban só por e para as súas afeccións. Xogaban por anos de demostración de que as súas

comunidades autónomas eran nacións distintas á española.

Este é un só dos exemplos que nos explican como fútbol e nacionalismos están moi

próximos. Os dirixentes políticos sábeno bastante ben, mais non tanto os afeccionados,

pese ao que poida parecer. Na sociedade en si non existe un problema nacionalista, non no

sentido de comunidades de imposible convivencia como sucedeu, por exemplo, na antiga

Iugoslavia. É, máis que nada, un problema nacionalista entre elites políticas. Por iso un

vehículo tan popular como o fútbol é unha ferramenta moi eficaz para os nacionalismos no

seu afán de medrar, utilizalo e levalo á rúa. Dende días antes do partido, os medios de

comunicación levaban ás súas cabeceiras frases de políticos aludindo á liberdade de

expresión, sabendo xa o que ía ocorrer minutos antes de que o árbitro dese por comezado o

partido. Sen ningunha dúbida, o fútbol é, como dixo Jorge Valdano, ex xogador e ex

adestrador do Real Madrid, «o máis importante das cousas menos importantes». En medio

dunha crise económica que fai fornecer un futuro moi escuro, a meirande parte da

sociedade segue fiel a causas verdadeiramente antigas: fútbol e patria. Como dicía Albert

Camus, «patria é a selección nacional de fútbol».

Ante estes feitos, a idea fundamental do presente traballo é analizar a vinculación

entre nacionalismo, política e propaganda co fenómeno do fútbol na España do século XX.

Dito século, como ben sabemos, está composto por períodos moi diferentes entre si, polo

Fútbol e patria en España no século XX: nacionalismo, política e propaganda

3

que outro obxectivo do traballo é o de analizar o papel que tiveron os diferentes réximes

políticos e gobernos da España do século XX no uso do deporte e, en concreto, do fútbol,

como elemento de construción, fomento e asimilación da identidade nacional. A

continuación, analizarase a narrativa e estereotipos sobre a identidade nacional española

ligada ao fútbol, creada a través do estado e dos medios de comunicación, e a súa

pervivencia ao longo dos anos. Por último, convén analizar o fútbol como mecanismo

universal de creación e promoción de identidades nacionais periféricas —Cataluña e

Euskadi— en España.

En definitiva, este traballo reflexiona sobre tales asuntos dende unha perspectiva

histórica e sociolóxica. O contido combina tres análises: a historia do fútbol en España no

século XX, a construción da identidade nacional española, e o auxe e progreso dos

nacionalismos periféricos. Todos conflúen de maneira singular na fin do traballo, un fío

condutor que degraña os diferentes momentos chave do período contemporáneo. En

definitiva, a historia dunha patria imposible no que atinxe ao fútbol.

HISTORIOGRAFÍA, METODOLOXÍA E FONTES

En España, pese a importancia tanto do fútbol como da cuestión nacional, as

investigacións académicas sobre o deporte e as identidades nacionais apenas son

relevantes, ademais de ser moi tardías. Os escasos traballos realizados están dedicados a

períodos concretos, ámbitos territoriais ou temas específicos, nos que destacan

historiadores de certa sona. Por dar conta dalgunha destas investigacións, convén

mencionar os traballos promovidos por historiadores da escola inglesa, como o pioneiro de

Duncan Shaw (1987) sobre o fútbol na etapa franquista, ou o de Liz Crolley e David Hand

(2006), sobre a relación do deporte rei coa ideoloxía fascista e a comunista en ámbitos

europeos, tratando como un máis á ideoloxía franquista.

Sen embargo, a meirande parte dos estudos que se realizaron estudan zonas

xeográficas concretas. Convén ter en conta os traballos de Xavier Pujadas e Carles Santacana

en Cataluña, de Andrés Domínguez Almansa en Galicia ou de Ángel Bahamonde no que

atinxe a un tema concreto como é o Real Madrid. Da nova xeración de historiadores

sobresae Alejandro Quiroga, cuxa liña de investigación o levou a facer unha das obras de

máis importancia para a realización deste traballo. Non convén tampouco desprezar os

Fútbol e patria en España no século XX: nacionalismo, política e propaganda

4

artigos de numerosos xornalistas que afondan no tema dende a súa disciplina, como Carles

Torres ou Alfredo Relaño.

Sen dúbida, a bibliografía empregada para a realización deste traballo non é moi

ampla e limita a profundidade da investigación. Para un maior achegamento aos obxectivos

do presente traballo precisouse da busca de fontes primarias. Os filmes como Furia

Española ou Los Ases Buscan la Paz son fontes moi significativas para explicar a visión que se

quería dar naquel momento de diferentes episodios, ademais do NO-DO. Por outra banda,

realizouse un importante traballo da busca e compilación de artigos xornalísticos dunha

innumerable cantidade de xornais deportivos e xerais que inciden de forma fiable na

realidade do fútbol español durante o século XX.

A metodoloxía do presente ensaio combina o estudo dos discursos dos

nacionalismos central e periféricos, o significado dos textos dos medios de comunicación e o

análise histórico e circunstancias sociais que atinxen ao contexto. Ante isto, se preferiu

escoller unha secuencia histórica cronolóxica, co fin de ver detalladamente como os medios

teñen un efecto acumulativo na transmisión de narrativas futbolísticas e, en definitiva, na

creación de identidades nacionais, que posteriormente adoptarán os diferentes gobernos

ou réximes para un maior control das masas. Evidentemente, o século XX en España ten

numerosos puntos de ruptura que fan desta metodoloxía a máis utilizada e, do mesmo

modo, a máis preferible para analizar as diferentes fases.

Así, o traballo está estruturado en cinco grandes categorías que abarcan a meirande

parte do século pasado. O primeiro apartado (1900-1939) explica como o fútbol conseguiu

ser o deporte referente na España antes da Guerra Civil, e as características propias que

xorden en cadanseu lugar; o segundo (1939-1947) trata os cambios que orixinou o

franquismo ata que, debido á presión internacional, comeza a desfascistización; a terceira

(1947-1967) é a etapa de máis éxitos deportivos no fútbol, da man da Selección e do Real

Madrid, e tamén do réxime; a cuarta etapa (1967-1975) explica a fin do franquismo e o auxe

dos nacionalismos periféricos; e, por último, a quinta etapa, a cal explica brevemente e a

modo de conclusión os anos do fútbol en democracia.

Fútbol e patria en España no século XX: nacionalismo, política e propaganda

5

1. O FÚTBOL EN ESPAÑA NAS ORIXES DA SOCIEDADE DE MASAS (1900-1939)

No primeiro terzo do século XX, o fútbol despega en España. Se no século anterior

era un deporte estranxeiro e ligado a puntos concretos da xeografía española, en poucos

anos o fútbol collerá pulo e chegará a ser un deporte de masas propiamente dito, axudado

por unha prensa que mitificará os logros dos nosos. Miles de espectadores gozarán nas

bancadas do football que trouxeron os ingleses, xa apoiasen a un club ou a unha selección

rexional ou nacional. Sen embargo, a Guerra Civil supuxo un punto de ruptura xa que a

organización, infraestrutura e obxectivos mudarán completamente.

a. O BERCE DO FÚTBOL EN ESPAÑA

Ata o século XIX, a meirande parte da xente habitaba en pobos ou aldeas lonxe das

grandes aglomeracións. Eran núcleos rurais illados entre si, unidos só por sendeiros ou

camiños de carros. Moi lonxe atopábanse as capitais administrativas onde unha pequena

parte da poboación, normalmente burguesía e clases dirixentes, vivían sen contacto coa

xente do rural. Moi pouca importancia lle daban os habitantes rurais a iso das patrias e das

nacións, eles procuraban gozar das festas locais, lonxe dos modernos espectáculos

deportivos de masas. Pero como en España, pasaba o mesmo nos numerosos pobos de

Europa.

Non foi ata o último terzo do século XIX cando a poboación comezou a sentirse

habitante dun estado nacional. A modernización industrial e económica favoreceron a

decadencia dos localismos e o auxe das nacións: unha comunidade política imaxinada,

dotada máis tarde de Estado e convertida en patria1.

Ao mesmo tempo que se creaban patrias, formalizábanse regras para que os xogos

de sempre se converteran en deportes. De aí xurdiron clubs fundados por, normalmente,

altos burgueses, gustosos do deporte en xeral. O primeiro club fundouse en 1857, o

Sheffield FC, en Inglaterra. Co paso das décadas, fundáronse máis equipos na illa británica

ligados a empresas ou sectores, como o West Ham United á siderurxia ou o Manchester

United ao ferrocarril2. A extensión foi moi rápida, e de Inglaterra pasou ao continente

1 ANDERSON, B., (1993), Comunidades imaginadas, Fondo de Cultura Económica, México, pp. 23-24

2 DE LA MADRID, J. C. (2013), Una patria posible. Fútbol y nacionalismo en España. Trea Ensayos, Gijón, p. 49

Fútbol e patria en España no século XX: nacionalismo, política e propaganda

6

europeo por medio de estudantes, comerciantes, traballadores ou militares que partían a

países como España, Italia, Alemaña ou Francia.

En España, o fútbol chegou polos portos. O resultado foi a implantación do novo

deporte en vilas e cidades mariñeiras como Bilbao, Xixón, Tarragona ou, no caso galego,

Vilagarcía de Arousa. A imitación dos ingleses, comezarían a fundarse clubs nestas vilas,

como o Athletic Club en Bilbao ou o Foot-ball Club Barcelona en dita cidade, de aí os

anglicismos nos nomes dos equipos. Por outra banda, cidades como Madrid tamén

fundaron clubs pola súa situación de capital do reino e os ideais de rexeneración e

modernización que traía o novo deporte, como foi o Madrid Football Club en 1902 ou o

Athletic Club de Madrid un ano despois, sendo nun primeiro momento sucursal do equipo

bilbaíno; ou Huelva, onde a Rio Tinto Company Limited levou traballadores e costumes

ingleses, favorecendo a creación do Huelva Recreation Club en 1878, o primeiro club

español3.

A unión da prensa e de boa parte da aristocracia, como o propio rei Afonso XIII, fixo

que nacese a Copa do Rei no ano 1902. Anos despois, e tras moitas dificultades, creouse en

1909 a Real Federación Española de Fútbol, que aínda está vixente a día de hoxe. É o berce e

implantación dun novo deporte na península, que pouco a pouco florecerá coa creación de

moitos clubs deportivos.

b. A NARRATIVA DA FURIA E DO FRACASO

A narrativa da furia española nace coa Selección. A popularización definitiva do

fútbol na sociedade española deuse na Olimpíada de Amberes de 1920, onde a participación

española foi un éxito. Pese ao amateurismo dos propios xogadores, a selección conseguiu a

medalla de prata tras vencer a países como Dinamarca ou Holanda, claros favoritos ao

título. Neste torneo acúñase o termo furia por parte de diferentes medios de comunicación

estranxeiros, definindo o xogo brusco e pouco sofisticado da selección, facilitada pola imaxe

que tiña España de ser un país con xente apaixonada e impulsiva, seguindo os estereotipos

que proviñan do século anterior4.

3 Ibid., p. 53

4 QUIROGA FERNÁNDEZ DE SOTO, A. (2004), Goles y banderas. Fútbol e identidades nacionales en España,

Marcial Pons Historia, Madrid, pp. 39-40

Fútbol e patria en España no século XX: nacionalismo, política e propaganda

7

O concepto de furia trasladouse da esfera internacional á nacional por medio de

diferentes publicacións na década dos anos vinte, culminando na creación dun semanario

deportivo en Barcelona en 1929 chamado «Furia Española»5. Sen embargo, a violencia e o

xogo brusco da selección pasaron a ser coraxe, valentía e afouteza para a prensa española.

A furia era considerada un espírito de loita heroico que levara á selección a vencer nas

Olimpíadas de Antwerp, un fito histórico que se utilizará a partir de entón como

propaganda, sobre todo pola narrativa franquista. Malia que durante este período os

medios de comunicación non usarán con moita frecuencia o termo furia, a palabra

consolidarase nos vindeiros anos.

En relación á narrativa da furia, foi xurdindo a chamada narrativa do fracaso. Este

fatalismo baseábase na crenza de que unha combinación de mala sorte, malos arbitraxes e

calquera inclemencia excepcional actuaban en contra de España e impedía que a Selección

desenvolvera todo o seu potencial. Esta narrativa comezou xa nas Olimpíadas de Amberes,

pero aparecerán tamén nas Olimpíadas de París de 1924 ou nas de Ámsterdam en 1928. Sen

embargo, o caso máis sangrante foi o ocorrido en 1934.

A apaixonada exaltación do público influíu decisivamente na vitoria que conseguiu

onte Italia sobre España, en Florencia, pola diferenza mínima dun “goal” a cero. Todo

o “match” transcurriu baixo a coacción da violencia deportiva e o escándalo público,

que os españois resistiron heroicamente. […] A mala sorte acompañounos de novo

nesta xornada. […] A selección española recuperou todo o seu prestixio merced aos

heroicos esforzos dos seus xogadores.6

Igualmente, pese ás grandes diferenzas ideolóxicas entre El Debate e El Socialista, na

Copa do Mundo de 1934 ambas crónicas eran moi semellantes, ao igual que a do ABC,

citada anteriormente. Por unha banda, o xornal de dereitas loubaba o «heroísmo e a

caballerosidade», que resistira aos italianos e aos árbitros «contra vento e marea»7. Por

outra banda, El Socialista mostrou unha clara conciencia do potencial manipulador do fútbol

e acusou a Mussolini de amañar o torneo subornando os árbitros, pero tamén sacaba

orgulloso recalcando o «entusiasmo grande da loita española» que pouco puido facer ante

5 Íbid., p. 41

6 ABC, 2 de xuño de 1934, pp. 47-48

7 El Debate, 2 de xuño de 1934

Fútbol e patria en España no século XX: nacionalismo, política e propaganda

8

un árbitro que «quería a todo transo que gañase u once azul» 8. Os medios de comunicación

da época comezaron a mostrar as causas: o fatalismo, a mala sorte e a inxustiza, en

definitiva, a desgraza dunha nación por malas intencións9. Unha páxina máis na Lenda Negra

de España.

Pese a súa utilización posterior na época republicana, esta narrativa da furia e do

fracaso está intrinsecamente relacionado co réxime de Primo de Rivera e as intencións que

tiña o goberno de promover unha imaxe nova e positiva de España contra o nacionalismo

pesimista da Xeración do 98. A narrativa do século anterior perdera autoestima, unidade

nacional e mitos. Aquelas narracións da patria común que comezaba cos celtas e iberos e

seguía con Roma, visigodos, a Reconquista ou os Reis Católicos, aqueles heroes e iconas

como Sagunto, Numancia ou o 2 de maio comezaban a ter lagoas. A idea de nación española

apoiábase nun estado sumido nunha grave crise política, económica e social. Ante isto, o

goberno de Primo de Rivera decidiu mostrar un carácter dunha España festiva. Fronte á

icona da Mater Dolorosa do século anterior, o novo réxime promoveu un proceso de

«andalucización»10 coa figura dunha moza andaluza de beleza e felicidade inusitada; fronte

á crise e o drama de fin de século, os primorriveristas retrataron a figura dunha nación

rexuvenecida. Pode parecer que coa proclamación o 14 de abril de 1931 da Segunda

República esta narrativa ía mudar. Nada máis lonxe da realidade,

Destacable foi nesta época como o fútbol comezou a experimentar un crecemento

moi forte, convertido xa na década dos vinte nun espectáculo de masas. A culminación

deste feito foi, quizais, a vitoria do combinado español fronte a Inglaterra en 1929 ante

50.000 espectadores no Estadio Metropolitano de Madrid. Este fito foi, sobre todo,

glorificado en época franquista, e que terá unha importancia en 1950 cunha nova vitoria

ante Inglaterra, como se explicará posteriormente.

c. SELECCIÓNS REXIONAIS E NACIONALISMO

En España, o fútbol chegou no mesmo momento que os nacionalismos periféricos

disputaban con España as súas ideas nacionais e as receitas para conseguir vigor escapando

dos vellos tempos. A vinculación entre nacionalismo e clubs de fútbol serve para entender o 8El Socialista, 2 de xuño de 1934

9 QUIROGA FERNÁNDEZ DE SOTO, A. Op. Cit. p. 43

10 Íbid., p. 45

Fútbol e patria en España no século XX: nacionalismo, política e propaganda

9

crecemento de ambos polo apoio mutuo. Destacan dous casos que nacerán a comezos do

século: o Athletic Club, vinculado ao nacionalismo vasco; e o Fútbol Club Barcelona,

vinculado ao nacionalismo catalán.

Por unha banda, o Athletic Club de Bilbao, un dos máis antigos equipos do país,

sempre representou fielmente á cidade. Dende a súa fundación en 1899, o Athletic tivo

directivos vinculados ao Partido Nacionalista Vasco (PNV), que buscaban a través do uso do

fútbol adoutrinar á clase traballadora en postulados abertzales11. Tamén tivo, dende a súa

orixe, unha importancia económica na base dunha cidade en auxe, como foi o presidente

Alejandro de la Sota entre 1913 e 1918, avogado e membro dunha das familias máis

preeminentes da burguesía bilbaína12. En 1919, a imaxe fortaleceuse tras a decisión da

xunta directiva de crear un equipo formato totalmente por vascos, excluíndo a xogadores

doutros territorios de España. A chegada da II República aumentou a identificación entre o

Athletic Club e o nacionalismo vasco, apoiando incluso a campaña a favor da autonomía

vasca.

Convén destacar dúas matizacións sobre a unión do nacionalismo vasco e o fútbol.

En primeiro lugar, o apoio do PNV ao fútbol non foi pleno. Nas décadas dos vinte e trinta, os

sectores máis moderados do PNV, hispanofalantes e urbanos, apostaron por este deporte

como instrumento de nacionalización; non obstante, os sectores das zonas rurais, máis

conservadores, consideraban o fútbol como un deporte liberal e estranxeiro, non apto para

o pobo vasco. En segundo lugar, a utilización por gran parte da sociedade de identidades

vascas e españolas á vez, sen aparentes problemas. Obsérvase isto no recibimento da

selección española a Irún tras o bo papel nos Xogos Olímpicos de Amberes ou as

manifestacións populares en San Sebastián ou Bilbao.

En Cataluña, máis do mesmo. A Mancomunitat de Catalunya estivo en mans dunha

Lliga Regionalista que sempre tratou de catalanizar os deportes como o fútbol. Destacaba

dende había anos un club fundado por un suízo chamado Hans Gamper, o FC Barcelona,

apoiado pola potente burguesía catalá e que chegou a apoiar a campaña proautonomía de

11

QUIROGA FERNÁNDEZ DE SOTO, A. Op. Cit. p. 49 12

DíAZ NOCI, Javier (2000): "Los nacionalistas van al fútbol. Deporte, ideología y periodismo en los años 20 y 30", en ZER Revista de Estudios de Comunicación, nº9, Bilbao, UPV/EHU, pp. 357-394.

Fútbol e patria en España no século XX: nacionalismo, política e propaganda

10

1919 organizada por Francesc Cambó13. Durante a época de Primo de Rivera, o conxunto

catalán atópase nun preludio do que acontecerá con Franco. A prohibición da senyera no

estadio de Les Corts e a pitada dos afeccionados ao himno español en 1925 provocou o

peche do estadio durante seis meses14. Esta lexislación autoritaria e centralista era sinónimo

dun ataque directo a Cataluña, facendo que moitas persoas se converteran en socios do

club, aumentando o prestixio e, á vez, a oposición ao réxime militar. A chegada da República

favoreceu a un FC Barcelona que mostraría o seu apoio ao estatuto de autonomía de

Cataluña, manténdose vinculado en todo momento ao movemento catalanista. Á vez, a

vinculación do nacionalismo catalán e o FC Barcelona favoreceu a que o outro equipo da

cidade condal, o Espanyol, fora considerado un equipo de casteláns, os cales escolleran un

nome deliberadamente que era unha ofensa e unha provocación para os cataláns15. A

rivalidade que nacerá entón perdurará ata os nosos días.

O certo é que, nos primeiros anos do século XX, os seareiros vinculáronse

emocionalmente aos clubs da súa cidade ou pobo, antes que as seleccións rexionais e

nacionais fixeran a súa aparición. En Galicia, o nacionalismo non se apoiou en ningún

conxunto de fútbol de forma tan decidida como en Barcelona ou Bilbao.

Non obstante, e como explica o historiador Alejandro Quiroga en numerosas

publicacións, nos primeiros momentos do fútbol en España existían identidades múltiples16.

Unha persoa podía ser dun equipo de fútbol, apoiar á Selección Española, pero tamén

apoiar á súa rexión nos amigables que se disputaron ao longo das décadas, como

anteriormente mencionamos coa recepción en Euskadi da Selección das Olimpíadas de

Antwerp. Esta compatibilidade de identidades locais, provinciais, rexionais ou nacionais

estaba relacionada co marco flexible no que se desenvolveron as competicións deportivas.

Os clubs xogaban en campionatos rexionais, a Selección en Mundiais e Xogos Olímpicos,

mentres que as seleccións rexionais xogaban amigables contra outras seleccións. Agora ben,

podíanse dar casos peculiares. Un caso foi como en 1912 a selección catalá xogou ante

Francia en París, e anos despois, en 1924, xogouse un Cataluña contra España en

13

DE LA MADRID, J. C. (2013), Op. Cit. p. 91 14

RODRÍGUEZ PARDO, J. M. (2009), “Historia de dos abucheos” en Cuadernos de fútbol, 1 de diciembre de 2009, nº 5, 15

SHAW, Duncan (1987), Fútbol y franquismo, Madrid, Alianza, pp. 22-23 16

QUIROGA FERNÁNDEZ DE SOTO, A. Op. Cit. pp. 51-52

Fútbol e patria en España no século XX: nacionalismo, política e propaganda

11

Barcelona17, algo impensable a día de hoxe. Por outro lado, convén sinalar a creación da

Copa Príncipe de Asturias, xogada por primeira vez en 1915, onde os participantes

representaban a distintas federacións: Cataluña, Centro, Asturias, Norte, Galicia…18 As

identidades múltiples eran algo perfectamente existente antes da Guerra Civil, pero coa

chegada do franquismo esta concepción deixará de existir.

d. DO ESTADIO Á TRINCHEIRA

O golpe de estado de xullo de 1936 colleu desconcertado á meirande parte da

poboación. Neste mesmo momento íase celebrar a Olimpíada Popular de Barcelona entre o

19 e o 26 de xullo de 1936, a «experiencia máis relevante de internacionalización do

deporte popular e obreiro durante a Segunda República19». Se ben todo quedou suspendido

polo alzamento militar e o conseguinte inicio da guerra, este evento deportivo víase como

un rexeitamento dos Xogos Olímpicos de Berlín e unha unión dos movementos deportivos

antifascistas. En si, era a concreción do deporte popular onde terían lugar 18 disciplinas,

entre elas o fútbol, e agardábase a participación de nacións con recoñecemento – URSS,

Francia ou Estados Unidos – ou por exiliados das mesmas – Alemaña e Italia – e de

combinados rexionais, como Galicia, Cataluña, Euskadi, Palestina ou un equipo de xudeus

emigrados20. Non obstante, a chegada da Guerra Civil dividiu en dous España e con ela o

fracaso de tódalas tentativas de progreso deportivo xurdidas durante a Segunda República.

Coa guerra non só ráchase a unidade territorial do campionato, senón que a batalla chegaría

ao interior dos propios clubs, sendo moitos deles incautados e perseguidos.

A división do terreo de xogo tamén pasou ás trincheiras. Son numerosos os casos de

xogadores e, en definitiva, persoas ligadas ao fútbol, que quedarían no territorio peninsular

e loitarán na fronte de batalla, tanto por un bando coma polo outro, sobre todo dos lugares

con forte compoñente nacionalista. Convén subliñar célebres personaxes como o presidente

do FC Barcelona e deputado de Esquerra Republicana de Catalunya, Josep Sunyol, fusilado

nas proximidades de Madrid a comezos de agosto de 1936, ou Rafael Sánchez Guerra,

17

El Mundo Deportivo, 14 de marzo de 1924 18

EIRÉ, A., (1998), O fútbol na sociedade galega, Edicións A Nosa Terra, Vigo, pp. 95-104 19

DOMINGUEZ ALMANSA, A., “Estadios y trincheras. Deporte y retaguardia en la Guerra Civil (1936-1939)” en PUJADAS, X., (2010), Atletas y Ciudadanos. Historia social del deporte en España (1870-2010), Alianza Editorial, Madrid, p. 162 20

Íbid., 166-167

Fútbol e patria en España no século XX: nacionalismo, política e propaganda

12

presidente do Real Madrid, que foi encarcerado e posteriormente exiliado21. No bando

nacional, personaxes como Santiago Bernabeu loitarían na fronte de batalla, creando unha

figura que o vinculará durante toda a súa vida co franquismo, ademais doutras figuras como

Ricardo Zamora ou Vicente Calderón. Por outra banda, os estadios deportivos foron

utilizados polos diferentes bandos, como o de Mestalla, o cal servira como campo de

concentración e tivo que ser reconstruído unha vez finalizada a guerra22.

Mención especial merece, pola súa repercusión posterior, as xiras polo estranxeiro

de dúas seleccións, unha vasca e outra catalá. Tras percorrer Europa, ambos conxuntos

fixeron as Américas xogando amigables en países coma Arxentina, Cuba ou México, lugar

onde moitos quedarán no exilio. Outros moitos permanecerán na zona república, pero

ningún aceptaría pasar á zona franquista.

Convertémonos en vellos errantes – lembraría Zubieta anos máis tarde – e a nosa

arma era a calidade deportiva. Éramos como unha compañía de artistas sometida ao

mellor postor. Se ben ninguén podería queixarse de que faltasen contratos.

Comezábamos, sen sabelo, unha nova vida sen posible coñecemento do final e creo

que cando deixamos a fronteira para adentrarnos en territorio francés, non houbo

desalento entre nós, pois agardábamos retornar pronto. Sen embargo…23

Máis alá da fronte de batalla, na retagarda tiveron lugar numerosas competicións,

sobre todo torneos rexionais. No bando nacional impuxéronse os sublevados, os cales

comezarán a exercer unha autoridade militar modificando os vellos postulados do deporte,

xerme do que acabaría no novo réxime unha vez gañada a guerra, e que se explicará máis

en profundidade no seguinte epígrafe. Na España republicana creáronse, sobre todo,

competicións internas, a meirande parte delas de modo benéfico, como o campionato de

Catalunya, a Liga Mediterranea ou a Copa da España Libre. A caída dos últimos bastións

republicanos remataron con estes eventos, implantándose o réxime impulsado por

Francisco Franco en todo o territorio nacional.

21

DE LA MADRID, J. C. (2013), Op. Cit. pp. 106-107 22

Íbid., 116 23

GONZÁLEZ AJE, T., (2002), Sport y autoritarismos: la utilización del deporte por el consumo y el fascismo, Alianza Editorial, Madrid, p. 179

Fútbol e patria en España no século XX: nacionalismo, política e propaganda

13

2. AS MUDANZAS NO FÚTBOL NO “PERÍODO AZUL” (1939-1947)

«No día de hoxe, cautivo e desarmado o exército vermello, alcanzaron as tropas

nacionais os seus últimos obxectivos militares. A guerra terminou». Así o 1 de abril de 1939

proclamaba o xa Xeneralísimo Francisco Franco a través de Radio Nacional de España o

último parte da Guerra Civil. Comezaba a implantación en todo o territorio nacional do

experimento que xa fixeran dende anos anteriores nas zonas conquistadas. A fascistización

do deporte non será allea ao fútbol, cunha transformación das estruturas e un uso da

censura e da propaganda que se amplificarán nos primeiros anos do réxime franquista.

a. A TRANSFORMACIÓN DAS ESTRUTURAS DEPORTIVAS

O 21 de decembro de 1938, a escasos meses para a finalización da guerra civil, o

xeneral José Moscardó, heroe da resistencia do Alcázar de Toledo, foi nomeado máximo

responsable da Delegación Nacional de Deportes, organismo que supeditaba o deporte ao

novo Estado controlado, a súa vez, por Falange, dentro do partido único, o Movemento

Nacional. Que a súa máxima figura fose un militar falanxista non é casualidade, xa que o

novo Estado quería facer do deporte, e especialmente o fútbol, unha ferramenta de

proxección excepcional para o novo réxime e impor lazos de amizade cos réximes amigos do

Eixe, ademais dun medio de nacionalización de masas nunha sociedade eminentemente

rural e con profundos déficits educativos24.

Os primeiros anos de posguerra foron de represión e depuración de todo aquilo con

matiz republicano, e o fútbol non ía ser menos. Todo o deporte foi analizado no Tribunal de

Responsabilidades Políticas antes de transferilo ao Movemento. As competicións disputadas

durante a Guerra quedarían anuladas, e os campionatos rexionais suprimíronse en 1940, co

fin de unir á única e indisoluble España e, á vez, loitar ante os nacionalismos.

A Falanxe penetrou non só nos organismos e estruturas deportivas, senón nos

propios equipos, obrigándoos a incluír nas xuntas directivas a dous falanxistas. O Exército

tamén quixo protagonismo, e accedeu a través do Atlético de Madrid, convertido no

Atlético Aviación entre 1939 e 1946. Esta etapa foi, sen dúbida, na que houbo unha maior

profusión de símbolos e ideoloxía fascista. A depuración ás veces alcanzaba o absurdo,

24

QUIROGA FERNÁNDEZ DE SOTO, A. Op. Cit. pp. 53

Fútbol e patria en España no século XX: nacionalismo, política e propaganda

14

obrigando a moitos equipos a castelanizar os nomes prescindindo de calquera son ou grafía

inglesa nas denominacións das asociacións. Así, o Athletic Aviación Club pasou a ser Club

Atlético de Aviación, o Fútbol Club Barcelona pasou a ser Club de Fútbol Barcelona, etc. Os

censores tamén aplicaron esta imposición nos medios de comunicación, extraendo todos os

anglicismos como corner ou match por saque de esquina ou partido. Igualmente, clubs

como o Madrid CF ou o Deportivo puideron recuperar os títulos e distintivos monárquicos

prohibidos durante a II República, engadindo en moitos o termo “Real”.

b. OS SÍMBOLOS PROPAGANDÍSTICO NO FÚTBOL

Do mesmo modo que na Alemaña nazi e na Italia fascista, o novo réxime utilizou o

fútbol como ferramenta de adoutrinamento patriota. No caso español, os instrumentos

propagandísticos, así como as estruturas deportivas, fóronse creando durante a Guerra Civil

nos territorios caídos, para implementalos en todo o territorio unha vez rematase a guerra.

O exemplo máis claro é o da creación do xornal Marca. O 21 de decembro de 1938

saíu á rúa o primeiro número do semanario deportivo que, convertido logo en xornal, será

un dos que teña máis tirada durante a época franquista. A súa portada é significativa: unha

muller rubia de aspecto xermánico saudando e un titular: “Brazo en alto a los deportistas de

España”25. Dentro del, numerosos artigos de diferentes deportes, pero un moi interesante

de Jacinto Miquelarena, onde bota a culpa á Segunda República dos males do fútbol

español.

O fútbol era durante a República unha orxía vermella das máis pequenas pasións

rexionais e das máis viles. Díxeno claramente. Case todo o mundo era separatista –e

grosero – fronte a un match para o Campeonato de España. O bizcaitarrismo dábase

tanto nos graderíos de San Mamés como na tribuna de Chamartín. Na meirande

parte dos casos, o madridista era un bizcaitarra de Madrid; é dicir, un localista, un

retrasado mental fronte aos límites nacionais26.

Sen embargo, unha diferenza clara entre o réxime de Franco e os de Alemaña e Italia

foi a non disposición de Franco a gastar sumas enormes de diñeiro no deporte. A economía

española non era boiante despois de tres anos de guerra civil, polo que a fascistización do

25

Marca, 21 de decembro de 1938. 26

Marca, 21 de decembro de 1938. Extraído de GONZÁLEZ AJE, T., (2002), Op. Cit., p. 180

Fútbol e patria en España no século XX: nacionalismo, política e propaganda

15

fútbol só se deu ata a caída das potencias do Eixe e sempre no chanzo superior do deporte.

Esta fascistización consistía en pequenos signos que denotaban o sentir do novo réxime,

como o obrigatoriedade de facer o saúdo fascista antes de cada partido mentres se entoaba

o Cara al Sol ou, por parte da selección nacional, a utilización de camisetas azuis no tocante

a vermella. Non lle deu moita sorte á Selección, posto que unicamente ata 1945

organizáronse seis partidos sen bos resultados ante conxuntos que exemplifican ben os

aliados do franquismo: dúas veces contra a Portugal de Salazar, un partido ante a neutral

Suíza, dous ante a Alemaña nazi e a Italia fascista e o último contra a Francia

colaboracionista de Vichy. Neste marco, os partidos da selección utilizáronse para remarcar

o vínculo entre a ditadura e a nación española, ademais dun vehículo de exaltación fascista

internacional. Como sinalou Hans von Tschammer und Osten, director de Deportes do

Reich, o partido escenificaba nun terreo de xogo a “fermosa e fiel amizade entre os dous

pobos que estaban unidos no combate contra o inimigo mundial dos campos de batalla de

Rusia”27.

Mentres, en territorio nacional a competición volveu en 1939. Convén mencionar

como o Oviedo non puido participar dado que o seu estadio rematara destruído pola Guerra

Civil, dándolle a oportunidade ao Osasuna polo incondicional apoio da cidade de Iruña ao

conflito bélico28. Ao contrario que o FC Barcelona e o Athletic Club, sinónimos de

separatismo, tanto o Osasuna como o Espanyol ían ser sinónimo de todo o contrario. Os

principais equipos da década dos corenta serán dous: Atlético Aviación, como

anteriormente se mencionou, o equipo do Exército, e o Athletic Club. Pese ao apoio que fixo

o equipo vasco durante o conflito ao réxime republicano, o franquismo loubará a súa

disposición e filosofía de xogo como súa: forza, entusiasmo, enerxía ou virilidade. Neste

senso, o xornal Marca describía ao Athletic como un club “genuinamente español” á vez que

denunciaba o “despojo” dos seus xogadores por marchar do país coa fin da República29. En

síntese, a furia española de anos atrás estaba encarnada polo Athletic Club, tanto que no

propio Estadio de San Mamés se podía ver a frase “Franco, Franco, Franco” nun dos tellados

da tribuna.

27

LARA, M. A., Un Alemania-España para la División Azul, [web en liña] Diario Marca, [Consulta 1 de xuño de 2015] 28

GONZÁLEZ AJE, T., (2002), Op. Cit., p. 179 29

QUIROGA FERNÁNDEZ DE SOTO, A. Op. Cit. pp. 55

Fútbol e patria en España no século XX: nacionalismo, política e propaganda

16

Mais, sen dúbida, a imaxe na que máis se observa a idea de fútbol como vehículo das

actitudes e a propaganda fascista é a ocorrida o 25 de xuño de 1939. A primeira final da

Copa do Xeneralísimo ía ter como contendentes ao Sevilla e ao Racing de El Ferrol, o equipo

do propio Franco. Ambos equipos se alinearon antes do comezo do partido e elevaron o

brazo dereito para facer o saúdo fascista, mentres polos altofalantes do estadio comezaba a

soar o Cara al sol. Os xogadores comezaron a cantar – ou facer que cantaban – ao igual que

os afeccionados nas bancadas do vello estadio de Montjuïc.

3. OS ANOS DOURADOS DO FÚTBOL EN ESPAÑA (1947-1967)

Dende 1945, coa derrota do Eixe, a situación en España comezou a mudar. O

dominio da Falanxe comezou a minguar e, con iso, os diferentes símbolos fascistas que

aínda perduraban nos campos de fútbol. Neste ano, a selección española abandonara o

brazo en alto; ao ano seguinte, o Atlético de Aviación, recuperaba o seu anterior nome de

Atlético de Madrid; e, en 1947, abandonábase a cor azul da selección volvendo ao vermello

tradicional. No fútbol só perduraron dende entón a esixencia de dous falanxistas nas

directivas de cada equipo ata 1967, e a castelanización das denominacións dos clubs ata a

caída do franquismo. Comeza, por tanto, en 1947, un novo período onde o réxime

comezarase a abrir ao mundo co fútbol como ferramenta, mentres que no interior o

deporte rei se utilizará como cultura de evasión.

a. A «DROGA SOCIAL» OU CULTURA DE EVASIÓN

«Ogallá o fútbol aparvase ao país e ogallá pensaran no fútbol tres días antes e tres

días despois do partido. Así non pensarían en outras cousas máis perigosas»30. Son verbas

de Vicente Calderón, presidente do Atlético de Madrid, que explican de forma irrefutable o

fútbol como droga social. Esta teoría é aceptada comunmente e evoca a todo o período

franquista: o fútbol foi utilizado sistematicamente polo réxime de Franco para manter ao

pobo despolitizado. Tal cultura existiu practicamente en tódolos países, pero asumiu unha

significación peculiar en España pola miseria que existía, a dura represión e a obrigada

ausencia do debate político. Esta droga social non foi a única ferramenta que utilizou o

30

ALCAIDE HERNÁNDEZ, F., (2009), Fútbol, fenómeno de fenómenos, Lid Editorial, Madrid, p. 36

Fútbol e patria en España no século XX: nacionalismo, política e propaganda

17

franquismo, senón que o réxime impulsou a propaganda a través do cine, das festas

populares e dos touros.

A popularidade do fútbol aumentou notoriamente despois da guerra civil. A isto

axudou a información a través dos medios de comunicación, radiando os partidos

internacionais e o NO-DO, o cal incluía reportaxes sobre os partidos da selección e levaba as

mensaxes a miles de espectadores en cines de todo o país. A combinación entre prensa,

radio e NO-DO mantiña un partido de fútbol durante semanas na mente de calquera

español.

Neste senso, o seguimento mediático dos partidos de España comezou na Copa do

Mundo de Brasil en 1950, onde os medios trataron de unir selección, réxime e nación. A

prensa volcouse e o exemplo claro foi o gol de Telmo Zarra ante Inglaterra, inmortalizado

por Matías Prats nunha retransmisións radiofónica que aínda pervive nos recordos de

moitos anciáns. O mesmísimo xeneralísimo chegou a mandar un telegrama ao equipo

español que foi reproducido ao día seguinte en tódolos xornais do país. A partir de aí, a

emisión radiofónica e as imaxes foron utilizadas polo NO-DO para unha película e

proxectada nos cines de toda España durante meses. A épica era tal que o xornal El Alcázar,

dous días despois de derrotar a Inglaterra, presentaba o partido como un novo episodio «na

histórica loita hispana contra a Pérfida Albión» e reivindicaba a «época dourada do Imperio

español fronte a Lenda Negra»31.

O franquismo tamén utilizaría o éxito dun club de fútbol coma o Real Madrid para

mitigar o illamento internacional, mentres o club se beneficiaba das simpatías do réxime,

grazas ao seu presidente. Santiago Bernabeu desenvolveu un mandato paralelo ao de

Franco (1943-1978 Bernabeu e 1939-1975 Franco), mantendo un apego claro pola ditadura.

O éxito do Real Madrid (cinco Copas de Europa entre 1955 e 1960) favoreceu a que o club

madrileño se considerase “embaixador” de España32.

O réxime axudou a aumentar o nivel de «droga social» sen paliativos. Basicamente

obsérvase esta afirmación nas axudas económicas por parte da Delegación Nacional de

Deportes a diferentes conxuntos para construír estadios de maior tamaño. Así, hai axudas

31

El Alcázar, 3 de xullo de 1950 32

GONZÁLEZ AJE, T., (2002), Op. Cit., p. 193

Fútbol e patria en España no século XX: nacionalismo, política e propaganda

18

para a construción do Estadio Santiago Bernabeu (1947) ou Camp Nou (1957) co fin de

aumentar o número de espectadores e, así, que máis espectadores poidan abstraerse co

fútbol33.

Sen embargo, o mellor exemplo da implantación da cultura da evasión era o partido

previo ao 1 de maio. A Delegación Nacional de Deportes programaba sempre para o 30 de

abril o partido máis importante do ano, co fin de quitarlle importancia ás posibles

manifestacións que se puideran dar ao día seguinte nas rúas españolas. Ademais de

televisar o partido íntegro en directo, a semana previa se ofrecían diferentes programas

deportivos, sobre todo na década dos sesenta, coa chegada da televisión á meirande parte

de fogares34.

b. O ANTICOMUNISMO FUTBOLÍSTICO

A apropiación franquista das vitorias españolas foi máis alá da Selección. A ditadura

utilizou a figuras internacionais que viñeron xogar a España nos anos cincuenta como ídolos

e heroes para os españois, sendo os casos máis coñecidos os de Ladislao Kubala ou Alfredo

di Stefano. Se o fútbol e o cine eran dous ámbitos que o réxime explotaba para amplificar a

cultura da evasión, máis o é o feito de que numerosas estrelas futbolísticas participaron en

filmes, con gran éxito, e cunha mensaxe detrás: a promoción do anticomunismo e os valores

franquistas e o fútbol como un medio de ascenso social. É o caso de Alfredo di Stefano, coa

película La Saeta Rubia (1956) ou de Ladislao Kubala con Los Ases Buscan la Paz (1954)35.

O oportunismo e quizais a astucia do réxime tamén se observou no momento no

que, en Hungría, os tanques da Unión Soviética penetraran en Budapest en 1956. Xogadores

como Puskás, Kocsis e Czibor chegarían a España e serían nacionalizados neste contexto

como refuxiados políticos. Eran anticomunistas e católicos, polo que pouco tardou a prensa

en erixilos como ídolos de masas. Sen embargo, algo que non se trata suficiente é o tema de

que en 1962 se prohibiu contratar xogadores estranxeiros, quizais un posible rexurdimento

da influencia fascista sobre o fútbol español36. Pensábase que o fútbol español, e sobre todo

tras o fracaso de 1962, só podía medrar con xogadores da terra; non obstante, a finais da

33

SHAW, Duncan (1987), Op. Cit., pp. 109-110 34

Íbid., pp. 106-108 35

Íbid., pp. 145-151 36

Íbid., p. 89-90

Fútbol e patria en España no século XX: nacionalismo, política e propaganda

19

década dos sesenta a Delegación Nacional de Deportes fixo a vista gorda e entraron moitos

xogadores sudamericanos con documentos falsos.

c. DA CRISE COA URSS AOS XXV ANOS DE PAZ

A apertura do réxime dende mediados da década dos corenta ía provocar, a súa vez,

unha apertura no ámbito deportivo. Logo dos éxitos internacionais dos clubs na década dos

cincuenta, presumíase que a década dos sesenta ía ser de éxitos para a Selección. Non

obstante, a primeira parte da década ía estar tinxida de luces e sombras, estas últimas

motivadas en última instancia por Francisco Franco.

En 1960 daba comezo a primeira edición da Copa de Europa de Nacións —actual

Eurocopa— coa non participación de seleccións do nivel de Italia, Alemaña Occidental ou os

equipos británicos. A fortuna quixo reunir, en cuartos de final, á Unión Soviética e a España,

un réxime comunista contra outro cun matiz fascista. Nese momento emerxeu a figura de

Franco e, en vésperas da eliminatoria, o goberno franquista prohibiu toda mención ou

alusión en xornais e emisoras sobre o partido37. Tan só se dedicou unha pequena nota nos

xornais nacionais aludindo a un simple “quedan suspendidos” co fin de calar a decisión do

mesmísimo Franco de que un equipo comunista non xogase en territorio español. A

Federación enviou unha nota na que desviaba cara a URSS a responsabilidade da renuncia

por non ter aceptado xogar en campos neutrais contra España, algo obviamente falso.

É, sen dúbida, un exemplo claro de censura. En diferentes telegramas da época

obsérvase como a UEFA intentou, en diferentes momentos, contactar coa Federación

Española para confirmar a súa participación, ofrecéndolles diferentes posibilidades38. Non

obtiveron resposta e, tras a non participación, España foi eliminada, clasificándose a Unión

Soviética á fase final da Eurocopa na que, finalmente, vencerían. Ningún xogador puido

facer declaración algunha sobre o ocorrido. Os xogadores, concentrados por se ían viaxar

finalmente a Moscova, foron informados horas antes por parte do presidente da

Federación, cun simple “os partidos suspéndense e regresan vostedes aos vosos

domicilios”39.

37

RAMOS, R. (2012), ¡Que vienen los rusos!, Comares, Granada, p. 11 38

RAMOS. R., (2012), Op. Cit. 211 39

Íbid., p. 107

Fútbol e patria en España no século XX: nacionalismo, política e propaganda

20

Finalmente, a Federación non foi castigada por autoexcluirse. Catro anos despois, e

baixo o lema dos XXV anos de paz onde se celebraba o vinte e cinco aniversario do último

parte da Guerra Civil en 1939, o réxime franquista viu a oportunidade da repercusión e

mobilización do fútbol e non dubidou en traer a Eurocopa a España, pese a que dous países

do outro lado do pano de aceiro participaran nel: Hungría e a temida Unión Soviética.

De novo a fortuna fixo que España e a URSS se reencontrasen na final. A bandeira

vermella coa fouce e o martelo ondearon no maior santuario futbolístico español, o vello

Chamartín, mentres os acordes do himno soviético atronaban polos altofalantes co público

en pé. Francisco Franco asistiu á final para ver a unha selección que recuperou, para dito

partido, o uniforme azul, mentres que a URSS utilizou o vermello, sinónimo do comunismo

imperante no estado soviético40. Ao contrario que o hermético silencio que catro anos antes

impúxose sobre os medios de comunicación, desta vez os titulares de prensa e as portadas

explotaron nas súas crónicas a vitoria de España fronte a Unión Soviética por 2-1, con

argumentos a favor da vitoria nacional, aproveitando nun ton épico a adhesión

inquebrantable ao Caudillo e ao espírito do réxime. A censura foi tal que a xogada do

segundo gol español foi modificada no NO-DO co fin de que fose máis “espectacular”, un

segredo a voces que perdurou durante corenta anos sen que ninguén falase diso41.

4. OS ÚLTIMOS ANOS DO FRANQUISMO (1967-1975)

A década dos sesenta e a primeira metade dos setenta foi un período que serviu de

catalizador dos nacionalismos periféricos, en especial do catalán e o vasco. Esta etapa

tamén se presentou en diferentes ocasións como un período no que o uso do fútbol como

vehículo para transmitir a mensaxe nacionalista oficial diminuíu tras a lei de prensa de 1966,

na medida en que en Euskadi e Cataluña medraban as identidades alternativas cos estadios

do Athletic e o Barcelona como altofalantes. Nada máis lonxe da realidade, o nacionalismo

imposto polo franquismo a través do deporte estivo lonxe de diminuír durante os primeiros

anos da década dos sesenta e continuou ata o seu colapso en 1975.

a. CAMBIOS E CONTINUIDADES

40

Íbid., pp. 167-169 41

El gol de Marcelino, un montaje del NO-DO, [En liña ], RTVE, [Consultado o 1 de xuño de 2015] Dispoñible en http://www.rtve.es/deportes/20080828/gol-marcelino-montaje-del-do/145655.shtml

Fútbol e patria en España no século XX: nacionalismo, política e propaganda

21

Despois da vitoria na Eurocopa de 1964, a Selección Española arrastrouse polos

campos do mundo, dando unha imaxe que non cadraba co que quería retransmitir o réxime.

Fracasou no campionato de Inglaterra 1966 e nin participou nos de México 1970 e Alemania

Occidental 1974. Iso si, durante a segunda metade da década dos sesenta e os primeiros

anos dos setenta, a ditadura seguiu facendo un uso político do deporte. A programación en

TVE non deixa lugar a dúbidas, programando partidos ou recopilacións das mellores xogadas

todos os trinta de abril e primeiro de maio, nun intento de contrarrestar as mobilizacións de

protesta obreira do Día do Traballo, ademais das xa destacadas corridas de touros. A pegada

de Fraga como Ministro de Información e Propaganda foi notable, deixando citas

importantes que explican ben a súa labor42.

Non obstante, o franquismo da década dos sesenta quixo abrir España ao mundo e

aproveitar o crecemento económico. Ante isto, un tema que pouco trascendeu foi a

candidatura que presentou o COE aos Xogos Olímpicos de Madrid no ano 1972. En dito ano,

pese as dificultades que entrañaba, a capital española estivo a piques de vencer a Múnic nas

votacións, mais as críticas cara o réxime e cara a falta de infraestrutura, planificación e

modernización económica por parte dos países europeos trastocaron os plans de Franco. En

1924 xa se pediran os Xogos Olímpicos de Barcelona, sen sorte, ao igual que desta vez43.

Por outra banda, ante o fracaso da selección española de fútbol, o réxime tivo que

buscar novos deportes para proxectar a súa narrativa nacionalista. Os tenistas Manolo

Santana e Manuel Orantes, o esquiador Paquito Fernández Ochoa, o ciclista Javier Ocaña, os

boxeadores Pepe Legrá, Pedro Carrascro e Urtain ou o motociclista Ángel Nieto serviron á

ditadura para continuar a narrativa que o fútbol deixara baleiro, logo das dificultades no

ámbito internacional tanto de clubs coma de seleccións. Non obstante, a narrativa do

fracaso que tanto se utilizara a comezos de século ía seguir perdurando. As dúas opcións

que se daban era a dos complots das nacións estranxeiras cara España ou, pola contra, o

infortunio da selección. Na derrota de 1968 ante Inglaterra, o adestrador Domingo

Balmanya declarou que o resultado «era inxusto» e acusou ao árbitro de axudar aos ingleses

pese a impor «coraxe e vontade para facerse co partido que, por verdadeira mala sorte,

42

SHAW, Duncan (1987), Op. Cit., pp. 104-108 43

GONZÁLEZ AJE, T., (2002), Op. Cit., p. 171

Fútbol e patria en España no século XX: nacionalismo, política e propaganda

22

perdemos»44. Outro exemplo característico deuse na clasificación para a Eurocopa de 1972,

onde o equipo nacional tiña que vencer á URSS para clasificarse e, finalmente, tan só puido

empatar. O xornal deportivo As utilizou o clásico argumento da mala sorte.

Necesitábase gañar […] mais, desgraciadamente e nunca mellor empregada a

palabra no campo do balompé, o balón non quixo entrar nas redes de Rudakov, un

gardameta que non só emulou ao lendario Tachin, senón que se aliou da forma máis

descarada que imaxinarse poida coa deusa Fortuna, que foi a que cando aquel se viu

batido colocouse entre os seus tres paus para reforzar a xa de por si poboada muralla

dos seleccionados soviéticos45.

b. MÁIS QUE DOUS CLUBS

A teoría da relación entre fútbol e nacionalismos periféricos é simple. A causa da

adhesión republicana de vascos e cataláns durante a Guerra Civil, Franco tratou de destruír

sistematicamente todos os trazos de separatismo: linguas, bandeiras, encarcerar líderes…

para evitar a actividade política. Nos anos sesenta e setenta, xunto coa emigración, creouse

un amplo movemento de oposición de carácter cultural e político, máis forte nestas zonas,

que encontrarían un altofalante no fútbol. O deporte sempre foi un medio para que unha

cidade ou rexión se proxecte, sobre todo cando loita para conservar a identidade separada

fronte a un réxime centralista e autoritario46. Así, os campos de FC Barcelona, Athletic Club

e, en menor medida, da Real Sociedade, demostraron ser un excelente medio para

transmitir identidades nacionais contrahexemónicas.

No caso do Barcelona, a chegada de directivos ligados ao catalanismo político dende

1970 repolitizaron ao club como fixeran durante a Segunda República. Anteriormente,

Narcís Carreras dixo na súa toma de posesión como presidente en 1968 que o Barcelona era

«més que un club»47. A frase, que aínda é utilizada hoxe en día en numerosos actos do

conxunto catalán, demostra o feito de que o FC Barcelona trascende do terreo deportivo e

alcanza unha dimensión social que ningún outro club de España ten. Dende entón, a

catalanización continuou: en 1972 sumouse á campaña polo uso do catalán nas escolas; no

44

La Vanguardia, 4 de abril de 1968 45

As, 28 de outubro de 1971 46

SHAW, Duncan (1987), Op. Cit., pp. 181-183 47

QUIROGA FERNÁNDEZ DE SOTO, A. Op. Cit. pp. 66

Fútbol e patria en España no século XX: nacionalismo, política e propaganda

23

ano seguinte comezaron a facer anuncios por megafonía en catalán e ondearon a Senyera e,

en 1975, meses antes da morte de Franco, o Barcelona volveu declarar o catalán como

idioma oficial do club48. Non obstante, a catalanización do club non implica un sentimento

antiespañol. Enténdese mellor unha diferenciación da nación española política,

representada polo franquismo e rexeitada maioritariamente, e unha nación española

entendida en termos culturais, á que moitos cataláns e simplemente seareiros doutros

territorios de España se sentían vinculados.

O mesmo ocorre en Euskadi. Nas últimas décadas dos sesenta e principios dos

setenta, o Athletic Club gañouse a imaxe de equipo de clase obreira e a súa política de non

pagar grandes soldos aos xogadores deulle moitas simpatías en todo o territorio español.

Tanto o equipo de Biscaia como a Real Sociedade, de Guipúscoa, mostraron por medio dos

seus directivos o carácter nacionalista vasco a través de medidas, moitas simbólicas. Un

caso que exemplifica isto foi a impresión das entradas para o campo de Atocha, en

Donostia, en castelán e vasco, en 1972; mentres que en Bilbao algúns espectadores

comezaron a tocar o txistu nas gradas de San Mamés como protesta á ditadura49.

Sen embargo, a recuperación dos símbolos nacionais levaría máis tempo. A ikurriña

cada vez víase máis nas gradas de San Mamés, pero a bandeira permaneceu prohibida ata

1977. Nunha mostra de rexeitamento ao franquismo, en outubro de 1975, unha figura como

José Ángel Iríbar, próximo á esquerda abertzale, convencería aos seus compañeiros para

que lucisen un brazalete negro en protesta polo fusilamento de dous membros de ETA e

tres de FRAP. Se ben Iríbar declarou que era para conmemorar o cabodano de Luis Albert,

un ex xogador e directivo do Athletic, o certo é que todo o mundo sabía que o detalle ía

contra a brutalidade do franquismo no chamado «proceso de Burgos». Como no caso de

Cataluña, o franquismo perdera a batalla ante os nacionalismos periféricos e a súa idea de

nación única e indisoluble.

Na contraposición deste sentimento, segundo moitas persoas, estaría o Real Madrid.

Foi o club madrileño o equipo do réxime franquista? A resposta da para acalorados debates

entre historiadores —e de toda a sociedade— dependendo do seu apego e ideoloxía. O

certo é que o Real Madrid obtivo moitas facilidades por parte do Réxime, pero foi este quen 48

Íbid. 49

Íbid., 68

Fútbol e patria en España no século XX: nacionalismo, política e propaganda

24

se favoreceu dos seus éxitos deportivos, sobre todo a escala internacional. Os beneficios

que tivo foron semellantes a outros clubs como o FC Barcelona, pero a súa situación de

equipo na capital do estado e o apego de numerosos ministros ao equipo lle fai dar ese

alcume50.

O certo é que, pese a que o franquismo quixo impor unha unión entre Selección e

réxime, moitas persoas desenvolveron un sentimento de afinidade deportiva cara a nación

española que non necesariamente conlevaba asumir postulados franquistas. Da mesma

maneira que no Mundial de 1978, miles de arxentinos distinguiron entre a alegría pola

vitoria da albiceleste de manipulación política do réxime militar, en España moitos

diferenciaron entre a nación cultural española relacionada co fútbol e unha nación política

relacionada co franquismo. O impacto da propaganda franquista nos españois foi limitada

nas últimas décadas da ditadura. Se ben a gran maioría da poboación recibía a información a

través da televisión, radio e prensa franquista, moitos españois desenvolveron puntos de

vista democráticos e antiautoritarios no ámbito privado ou en espazos públicos non oficiais.

Moitos españois aprenderon, finalmente, a distinguir entre a propaganda oficial e aquela

información que estaba máis en sintonía coas experiencias do día a día, ademais de

aprender a ler entre liñas. Sobre isto, convén destacar a un dos medios de comunicación

deportivos máis importantes dende entón, Don Balón, o cal na súa primeira editorial

utilizaba alegorías e ironía como ferramentas de contestación contra a ditadura.

Pensamos que podemos informar coa seriedade e honestidade que require o lector

español, ese lector ao que incluso no deporte ás veces se lle da gato por lebre, aínda que

xa está o suficientemente maduro para saber diferenciar o gato da lebre, pese a que

algúns continúen, erre que erre, pensando que en deporte estamos a un nivel

subdesenvolvido51.

5. FÚTBOL E DEMOCRACIA

Trala morte de Franco o 20 de novembro de 1975, España quedou paralizada. O

falecemento supuxo alivio para moitos españois, pero tamén incertidume e temor, xa que o

resultado final non estaba claro. Juan Carlos I xurou defender os principios do réxime

50

SHAW, Duncan (1987), Op. Cit., pp. 60-62 51

Don Balón, nº 1, 7 de outubro de 1975

Fútbol e patria en España no século XX: nacionalismo, política e propaganda

25

franquista e os pequenos cambios cosméticos dos primeiros meses deron lugar a protestas

populares a favor da instauración dun réxime democrático. A favor destas folgas non só

estarían traballadores, senón xogadores do fútbol como Vicente del Bosque, José Ángel

Iríbar ou Amancio Amaro, buscando cambios e unha mellora nas súas condicións ou

participando e colaborando coas folgas52.

A creación dun réxime político democrático tivo un impacto directo no fútbol

español. No período entre 1975 e 1982, as estruturas deportivas franquistas

desmanteláronse e creáronse novas institucións descentralizadas e máis democráticas. A

Real Federación Española de Fútbol e os clubs profesionais tamén pasaron por unha serie de

cambios, cambiando as súas estruturas ou detalles como a recuperación dos nomes de clubs

sen importar a súa grafía estranxeira. A utilización do fútbol na promoción e a presenza en

España a nivel internacional non mudará, seguirase utilizando como fixo o franquismo, mais

sen embargo nesta etapa búscase que o fenómeno deportivo español a nivel internacional

reflicta o proceso de cambio que se estaba a dar coa chegada da democracia.

Ao longo da década dos oitenta e os noventa, o fútbol continúa o proceso de

mercantilización que comezara na década anterior, culminando no século XXI. Sen embargo,

poucas vitorias se conseguiu a nivel internacional. O fracaso —como ocorreu ao longo de

todo o século XX— seguía sendo un tópico, ata tal punto que no ano 2001, Jose Ignacio

Wert, exministro de Educación, Cultura e Deporte, falaba dunha «certa anorexia patriótica»

no combinado nacional que «lles fai perder nervio competitivo, ilusión e bravura na

pelexa»53.

Sen embargo, xa no século XXI, España gañou o que nunca gañara. A xente pola rúa,

caras e edificios pintados de cor vermella e amarela, berros de «Yo soy español, español,

español»… Por fin encaixaba a peza que nin sequera a propaganda franquista conseguira

moldear. É así como o fútbol se converteu nun recurso eficaz para integrarse á sociedade

cunha bandeira, cunha nación. O que conseguira o fútbol nunca o conseguira ninguén antes,

nin décadas de franquismo, nin gobernos de diferentes cores. Só o fútbol, o encargado de

unir a unha patria imposible e, ademais, nun clima de crise económica abafante, con

problemas secesionistas tanto en Euskadi coma en Cataluña. Hobsbawn xa o deixou escrito: 52

QUIROGA FERNÁNDEZ DE SOTO, A. Op. Cit. pp. 77 53

WERT, Jose Ignacio, Anorexia Patriótica, El Pais

Fútbol e patria en España no século XX: nacionalismo, política e propaganda

26

«a imaxinada comunidade formada por millóns semella máis real se adopta a forma dun

equipo de once persoas con nomes e apelidos.»54

CONCLUSIÓNS

A unión entre fútbol e patria é moi complexa na España do século XX. Como vimos

ao longo do ensaio, o nacionalismo, a política e a propaganda son tres ferramentas

fundamentais para que as diferentes ideoloxías que perduran ao longo do pasado século,

dunha maneira máis forte nunhas que noutras, o utilicen para a construción dunha patria.

Convén precisar que cada período está determinado por tres compoñentes: o réxime

político, os grandes medios de comunicación e a sociedade. No caso de España, observamos

claramente como os réximes autoritarios —sobre todo o franquismo— utilizaron

ferreamente as súas armas para expor a súa idea de nacionalismo, política e propaganda.

Dende o peche do estadio de Les Corts na década dos vinte pola pitada ao himno, pasando

polo rexeitamento a que a URSS xogase en España en 1960 ou a propaganda anticomunista

logo da vitoria na final da Eurocopa fronte a Unión Soviética. Nacionalismo, política e

propaganda obsérvanse en moitos exemplos ao longo dos réximes de Primo de Rivera e de

Franco, axudados por uns medios de comunicacións afíns —ou mesmo controlados polo

propio goberno— para inculcar valores á sociedade.

Mentres, na II República e na transición democrática posterior ao franquismo, o

nacionalismo, a política e a propaganda non teñen unión tan clara. Certo é que, pese a non

tratalo no presente traballo, tanto os Gobernos centrais como autonómicos mostraron unha

gran tendencia a manipular os medios de comunicación públicos e incluso privados,

mostrando ideas propias no fútbol, mais non acadan o nivel dos períodos anteriormente

mencionados. Ademais, politicamente o réxime democrático supuxo unha maior inversión

económica no deporte, modificando as actitudes sociais. As inversións e o interese popular

no fútbol fixeron que os medios de comunicación levasen a voz cantante dende entón,

cunha independencia e liberdade bastante ampla.

Por outra banda, é evidente que neste século se intentou construír, fomentar e

asimilar a identidade nacional. De diferentes formas e de diferentes ideas, ao longo do

54

DE LA MADRID, J. C. (2013), Op. Cit. p. 204

Fútbol e patria en España no século XX: nacionalismo, política e propaganda

27

século o estado central se propuxo crear un novo nacionalismo español, dende Primo de

Rivera e, sobre todo, durante o franquismo. Sen embargo, unha vez falece Franco no ano

1975, os símbolos utilizados ata entón son sinónimo de antidemocráticos para gran parte da

sociedade, o que provoca un certo nivel de desafecto cara todo aquilo que supoña o

nacionalismo español. Comparando con outros países, podemos ver como o 14 de xullo en

Francia se engalana París coa drapeau tricolore, mentres que en España o 12 de outubro é

considerado practicamente un día máis. Tan só cos títulos internacionais da Selección xa no

século XXI houbo un amago efémero de nacionalismo español que, sen embargo, a día de

hoxe custa observar.

O certo é que a unión entre fútbol e patria só se conseguiu por medio de once

xogadores trala vitoria en varios torneos internacionais. Nun clima de crise económica

abafante, con problemas nacionalistas en Cataluña ou Euskadi, a Selección Española de

fútbol vence en varios torneos e a xente comeza a identificarse cuns símbolos que

anteriormente non lles representaba. Sen embargo, o fútbol é unha patria fugaz, algo

epidérmico que se ve arrastrado pola voráxine do triunfo en grandes acontecementos, pero

que no político ten unha dimensión menos profunda. O certo é que a consideración, o uso e

a estima dos símbolos do estado-nación español viron modificada a forma en que son vistos

por unha boa parte da sociedade, sobre todo da máis moza.

Ao lado deste decaemento do nacionalismo español na etapa franquista, nos últimos

anos do réxime medraron considerablemente os nacionalismos periféricos. Xa existían no

período democrático prefranquista, mais, como se sinalou, existían o que se chamaba

identidades múltiples, onde un individuo podía sentirse parte e apoiar a diferentes

seleccións. Neste traballo, no que aludimos ao catalán e vasco, medran co fútbol como

símbolo de oposición ao franquismo, pero tamén como construción e promoción das

identidades rexionais vasca e catalá. Os estadios convértense en lugares de liberdade, os

xogadores en actores e, os equipos, en directores. Dende entón son máis que simples clubs.

Un caso concreto é o do Barcelona, o cal nos últimos anos tivo figuras que proclamaban o

dereito a decidir —Joan Laporta, Gerard Piqué ou Josep Guardiola— e que proclamaban

ideas alleas ao fútbol. Un exemplo deuse en decembro de 2012, onde o Barcelona

redactaba un comunicado contra a proposta de «españolización de Cataluña» lanzada polo

exministro Wert.

Fútbol e patria en España no século XX: nacionalismo, política e propaganda

28

No caso de Galicia, pese a que unha idea inicial previa á formación do traballo era

encontrar a relación entre nacionalismo galego e fútbol nos últimos anos do franquismo

como ocorreu en Cataluña ou Euskadi, a información recollida é nimia. Non se encontrou

unha relación clara sobre isto. O galeguismo só comeza a interesarse polo fútbol unha vez

chegada a democracia a través da Selección Galega, mais daquela non houbo apenas

interese nin fortuna. Non será ata os últimos anos do século XX cando esta unión sexa

importante, primeiro a través de colectivos como Seareiros Galegos e, xa no século XXI, a

través de partidos de goberno.

En definitiva, despois dun século XX de complicada definición nacional, imposta por

uns e repudiada por outros, os cinco anos entre 2008 e 2012 demostraron que en España a

patria do fútbol é fugaz, pero posible. O resto, unha patria —ou patrias— imposibles.

Fútbol e patria en España no século XX: nacionalismo, política e propaganda

29

BIBLIOGRAFÍA

LIBROS, CAPÍTULOS E ARTIGOS

ALCAIDE HERNÁNDEZ, F., (2009), Fútbol, fenómeno de fenómenos, Lid Editorial, Madrid

ANDERSON, B., (1993), Comunidades imaginadas. Reflexiones sobre el origen y la difusión

del nacionalismo, Fondo de Cultura Económica, México.

BAHAMONDE, Á., (coord) (2000), Historia de España Siglo XX, 1875-1939), Cátedra, Madrid.

CROLLEY, L. e HAND, D., (2006), Football and European identity: historical narratives through

the press, Routledge, New York.

DE LA MADRID, J. C. (2013), Una patria posible. Fútbol y nacionalismo en España. Trea

Ensayos, Gijón.

DELGADO IDARRETA, J. M., “Prensa y propaganda bajo el franquismo”, en LUDEC, N. y

DUBOSQUET LAIRYS, F., (coords) (2004), Centros y periferias: prensa, impresos y territorios

en el mundo hispánico contemporáneo: homenaje a Jacqueline Covo-Maurice, Madrid,

PILAR.

DíAZ NOCI, Javier (2000): "Los nacionalistas van al fútbol. Deporte, ideología y periodismo

en los años 20 y 30", en ZER Revista de Estudios de Comunicación, nº9, Bilbao, UPV/EHU, pp.

357-394.

EIRÉ, A., (1998), O fútbol na sociedade galega, Edicións A Nosa Terra, Vigo.

FERNÁNDEZ SANTANDER, C. (1990), El fútbol durante la guerra civil y el franquismo, San

Martín, Madrid.

GARCÍA LUQUE, X., y FINESTRES, J. (2006), El caso Di Stéfano. Toda la verdad sobre el caso

que marcó una época, Península, Barcelona.

GONZÁLEZ AJE, T., (2002), Sport y autoritarismos: la utilización del deporte por el consumo y

el fascismo, Alianza Editorial, Madrid.

MARTÍNEZ, J. A. (coord), (1999), Historia de España Siglo XX, 1939-1996, Cátedra, Madrid.

Fútbol e patria en España no século XX: nacionalismo, política e propaganda

30

PRESTON, P. (1994), «Preparándose para la inmortalidad: 1964-1969», Franco, Caudillo de

España, Griljalbo, Barcelona.

PUJADAS, X. e SANTACANA, C., (1997) L’esport és notícia. Història de la Premsa Esportiva a

Catalunya (1880-1992), Collegi de Periodistes de Catalunya, Barcelona.

PUJADAS, Xavier (coord.), Atletas y ciudadanos. Historia social del deporte en España (1870-

2010), Madrid, Alianza Editorial, 2011.

QUIROGA FERNÁNDEZ DE SOTO, A. (2004), Goles y banderas. Fútbol e identidades

nacionales en España, Marcial Pons Historia, Madrid.

RAMOS, R. (2012), ¡Que vienen los rusos!, Comares, Granada.

RELAÑO, A. (2004), Memorias en blanco y negro. Historias del deporte en los tiempos del No-

Do. Corner, Barcelona.

SEVILLANO CALERO, F. (1998), Propaganda y medios de comunicación en el franquismo,

Universidad de Alicante, Alicante.

SHAW, Duncan (1987): Fútbol y franquismo. Madrid, Alianza.

TORRES, C. (2013), La Historia oculta del Real Madrid, Planeta, Madrid.

XORNAIS E PUBLICACIÓNS PERIÓDICAS

ABC

Don Balón

El Alcázar

El Debate

El Mundo Deportivo

El Pais

El Socialista

La Vanguardia

Marca

RECURSOS WEB

Real Madrid. <www.realmadrid.com>

FC Barcelona. <www.fcbarcelona.es>

Fútbol e patria en España no século XX: nacionalismo, política e propaganda

31

RTVE. <rtve.es>

Cuadernos de Fútbol. Revista en liña do Centro de Investigacións de Historia e Estatística do

Fútbol Español. <www.cihefe.es/cuadernosdefutbol>

DOCUMENTAIS E FILMES

Communism and Football (2006)

Fascism and Football (2003)

Furia Española (1975)

La Saeta Rubia (1956)

Los ases buscan la paz (1954)