A lingüística galega desde alén mar

441

Transcript of A lingüística galega desde alén mar

A lingüística galega desde alén mar

CURSOS E CONGRESOS DAUNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

N° 186

Instituto da Lingua GalegaDepartamento de Filoloxía Galega

Asociación Internacional de Estudos Galegos

A lingüística galegadesde alén mar

Edición a cargo de

Gabriel rei-Doval

2009UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

A LINGÜÍSTICA galega desde alén mar / edición a cargo de Gabriel Rei-Doval ; [promovido polo] Instituto da Lingua Galega, Departamento de Filoloxía Galega, Asociación Internacional de Estudos Galegos. – Santiago de Compostela : Universidade, Servizo de Publicacións e Intercambio Científico, 2009. – 439 p. : il. b. e n. ; 24 cm . – (Cursos e congresos da Universidade de Santiago de Compostela ; 186) . –D.L. C 3565-2009. – ISBN 978-84-9887-145-6

1. Lingüística-Galicia. 2. Sociolingüística-Galicia 3. Etnolingüística-Galicia. 4. Galego (Lingua)-Dialectoloxía. I. Rei-Doval, Gabriel, ed. II. Instituto da Lingua Galega (Santiago de Compostela). III. Universidade de Santiago de Compostela. Departamento de Filoloxía Galega. IV. Asociación Internacional de Estudos Galegos. V. Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Publicacións e Intercambio Científico, ed. VI. Título. VII. Serie.

806.99801

© Universidade de Santiago de Compostela, 2009

Deseño de cubertaAlejandro Vidal

EditaServizo de Publicacións e Intercambio Científico

Campus universitario sur15782 Santiago de Compostela

www.usc.es/publicacions

Maqueta e ImprimeImprenta Universitaria

Campus universitario sur15782 Santiago de Compostela

Dep. Legal: C 3565-2009ISBN 978-84-9887-145-6

índice

Introdución por Gabriel Rei-Doval ......................................................................... 7

SociolingüíStica, eStandarización e glotopolítica

A terminoloxía en lingua galega: un dicionario deportivoNoemí Álvarez Villar ............................................................................................... 15

O modelo de lingua como factor do progresivo distanciamento do público a respecto da produción teatral galegaCarlos Caetano Biscaínho Fernandes ..................................................................... 31

O debate lingüístico nos estatutos galego e catalán a través dos xornaisXurxo Fernández Carballido ................................................................................... 59

A lusofobia, modalidade da galegofobia (e viceversa)María Pilar García Negro ........................................................................................ 83

Três sócio-histórias: três línguasRosa Virgínia Mattos e Silva ................................................................................... 97

etnolingüíStica e pragmática

O marcador discursivo bueno na lingua galega: valores e alternativasMª Soraya Domínguez Portela ............................................................................... 109

A matanza: aproximación etnográfica e comunicativaEloi Gestido de la Torre & Ana Acuña Trabazo ..................................................... 133

Análise dunha práctica comunicativa tradicional galega desde a perspectiva da etnografía da comunicación: os lavadoirosEloi Gestido de la Torre ........................................................................................... 157

“No ximnasio”: análise quinésica do relato dun contacontosAitor Rivas Rodríguez ............................................................................................. 185

lingüíStica aplicada

Metodoloxía do ensino de linguas estranxeiras: o caso galegoNoemí Álvarez Villar ............................................................................................... 215

eStilíStica, Sintaxe e Semántica

A motivación de unidades fraseolóxicas: a metonimia. Exemplos do galegoPatricia Buján Otero ................................................................................................ 237

Introdución a unha estilística da lingua galega. Algúns trazos de estilo na obra de Manuel MaríaXosé Ramón Freixeiro Mato ................................................................................... 253

Para unha sintaxe do galegoXosé Manuel Sánchez Rei ....................................................................................... 273

HiStoria e dialectoloxía

A lingua dos galegos en textos portugueses dos séculos XVI-XIXRosario Álvarez ........................................................................................................ 295

Estudo comparado entre as línguas galega e portuguesa modernas: o sufixo –aria/–eriaValéria Gil Condé..................................................................................................... 319

Sobre algúns sufixos e a súa rendibilidade na Crónica TroianaXoán López Viñas .................................................................................................... 329

O Atlas Lingüístico Galego e o projeto Atlas Lingüístico do Brasil: Questões MetodológicasJacyra Andrade Mota & Suzana Alice Marcelino Cardoso .................................... 351

Fontes documentais en galego do s. XIII –ata 1260– nos arquivos de Santiago de Compostela. Descrición e estado da cuestiónRaquel Rodríguez Parada ....................................................................................... 359

Processos de composição nas Cantigas de Santa MariaAntónia Vieira dos Santos ...................................................................................... 391

lingua e eStudoS galegoS no exterior

Os estudos galegos no Rio de JaneiroMaria do Amparo Tavares Maleval ........................................................................ 407

Os estudos galegos mar por medio: os Estados Unidos e as Illas BritánicasGabriel Rei-Doval .................................................................................................... 425

Relación de autores/as de A lingüística galega desde alén mar .......................... 437

IntroducIón

O volume que presentamos tenta contribuír ó fecundo campo da lingüística ga-lega desde unha perspectiva ampla e multidisciplinar. Sen presupoñer unha defi-nición estrita nin limitada da lingüística, a publicación deste libro tenta poñer a disposición do público lector unha serie de traballos que tratan aspectos diversos da situación que algúns chamamos sociolingüística e que outros referirían, cunha etiqueta menos connotada, simplemente como lingüística, tal como reza o título desta publicación.

Unha versión preliminar dos materiais que compoñen o volume presen-táronse no marco do VIII Congreso da Asociación Internacional de Estudos Galegos, celebrado na Universidade Federal da Bahía (UFBA), Salvador (Brasil), do 12 ó 15 de setembro de 2006. Se por unha banda non tódolos traballos alí presentados aparecen recollidos neste libro, que ten como contrapartes outros dous editados pola Universidade de Vigo (na área de Tradución) e pola da Coru-ña (área de Literatura), por outra non tódolos traballos de corte lingüístico que formaron parte daquel evento aparecen nesta colectánea.

Como editor, quixera agradecer, en primeiro lugar, á Asociación Interna-cional de Estudos Galegos concederme a honra (e a responsabilidade) de editar este volume. En segundo lugar, a súa aparición non sería posible sen a xenerosa colaboración do Instituto da Lingua Galega e mailo Departamento de Filoloxía Galega da Universidade de Santiago de Compostela, que co-financian a publica-ción. Así mesmo, a boa disposición e ampla experiencia editorial do Servizo de Publicacións da Universidade de Santiago fixo posible que esta contribución che-gue ó público lector coa mellor calidade posible. Nun nivel máis persoal, quixera expresa-lo meu agradecemento a Rosario Álvarez (directora do ILG), Xosé Luís

8 a lingüística galega desde alén mar

Regueira (director do Departamento de Filoloxía Galega), e Antonio Azaustre e Juan Blanco (Servizo de Publicacións da USC), pola confianza e apoio recibidos para facer este proxecto viable.

De maneira propositada, como editor, situei en primeiro lugar neste volu-me a sección relacionada coas áreas de sociolingüística, estandarización e gloto-política, xa que coincido con autores como L. J. Calvet en que a lingüística é, en primeiro termo, unha disciplina social e esta –a sociolingüística– a dimensión máis relevante para unha cabal e completa comprensión do obxecto de estudo denominado lingua, aínda que, como tamén ten suxerido W. Labov, non pode existir unha lingüística que non sexa no fondo algunha forma de sociolingüística.

Ábrese a sección primeira pois cun traballo de Noemí Álvarez Villar que analiza aspectos fundamentais da terminoloxía lingüística galega en relación coa área dos deportes e os diferentes diccionarios e vocabularios sobre esa cuestión publicados na Galicia contemporánea. Carlos Caetano Biscaínho Fernandes, pola súa banda, critica o modelo de lingua galega estándar contemporánea xa que, na súa opinión, contribuíu ó distanciamento do público na produción teatral galega ó ser percibido como demasiado diferente do galego común. Xurxo Fernández Carballido recolle e analiza os discursos sobre as linguas a partir da repercusión mediática das reformas estatutarias propostas en Galicia e Cataluña na presen-te década. María Pilar García Negro, tomando como punto de partida algúns fragmentos do Sempre en Galiza de Castelao, debulla os discursos relacionados cos fenómenos da lusofobia e a galegofobia na Iberia contemporánea. No final da sección, Rosa Virgínia Mattos e Silva ofrece unha visión sintética da historia social do galego, o portugués continental e mailo brasileiro nun traballo que ten-ta deitar luz sobre as especificidades das tres variedades desde unha perspectiva global e comparada.

A seguinte sección, dedicada á etnolingüística e pragmática, ten tamén unha clara e evidente impronta social. A achega de Mª Soraya Domínguez Por-tela analiza os diversos usos do marcador bueno na lingua galega, tentando buscar alternativas precisas e discursivamente apropiadas a tal marcador, conxugando para iso a análise pragmática de actos de fala e textos escritos con propostas estandarizadoras axeitadas para o galego estándar. Eloi Gestido de la Torre e Ana Acuña Trabazo aproxímanse ó fenómeno sociocultural galego da matanza do porco desde un punto de vista etnolingüístico, nomeadamente seguindo os

9introduciónGabriel Rei-Doval

puntos de vista de Hymes e Gumperz ó respecto. A seguir, Eloi Gestido desen-volve desde unha perspectiva teórica similar unha análise das prácticas comuni-cativas dos lavadoiros tradicionais galegos, centrándose especificamente nunha aproximación desde a etnografía da comunicación. Pechando esta sección, Aitor Rivas Rodríguez asina un dos poucos traballos cos que contamos sobre a comu-nicación non-verbal en galego, a través da súa análise quinésica da maneira de relatar dun contacontos galego.

A terceira sección, centrada na lingüística aplicada tal como esta discipli-na é adoito entendida no noso contexto, conta cun traballo único, asinado por Noemí Álvarez Villar, sobre a metodoloxía do ensino do galego como lingua estranxeira, área tan necesitada de contribucións e propostas críticas. Non é de estrañar, aínda que si de lamentar, que esta noutros contextos lingüísticos vizosa área de estudo estea en boa medida inexplorada no contexto galego, razón pola que o editor do volume se sente especialmente compracido en incluir un traballo destas características.

Estilística, sintaxe e semántica únense nunha sección que inicia o traballo de Patricia Buján Otero sobre a metonimia na fraseoloxía galega e continúa coa achega de Xosé Ramón Freixeiro Mato sobre a estilística da lingua galega e o papel que nela xoga a obra do escritor Manuel María. A sección péchase coa contribución de Xosé Manuel Sánchez Rei, na que se avalían os criterios de es-colla entre diferentes alternativas para construcións sintácticas galegas e as súas implicacións para a construción do modelo de lingua estandarizada culta. Como podemos apreciar, mesmo cando a análise lingüística se realiza no marco da por algúns chamada lingüística interna é imposible obviar ou evita-la dimensión so-cial do fenómeno psicosocial chamado lingua.

A outra sección máis tradicional, polo menos cronoloxicamente, da lin-güística galega está porén abondosamente representada nesta colectánea. As achegas relacionadas coas área da historia e dialectoloxía ábrense cun traballo de Rosario Álvarez, importante para comprende-la visión sobre a lingua dos galegos en textos portugueses, o que sen dúbida ha servir para mellor coñece-la historia da lingua galega durante os chamados séculos escuros e asemade como eramos vistos desde Portugal durante o dito período. Valéria Gil Condé realiza un estu-do comparado da produtividade dos sufixos –aría/–ería en galego e portugués modernos utilizando como base para a súa análise material lexicográfico galego

10 a lingüística galega desde alén mar

e portugués. De interese e orientación morfolóxica é tamén a achega de Xoán López Viñas sobre a rendibilidade dalgúns sufixos na Crónica Troiana, que tenta deitar luz sobre os recursos léxicos internos con que conta o galego para a crea-ción de novas palabras a partir dese monumento medieval. Jacyra Andrade Mota e Suzana Alice Marcelino Cardoso, pola súa banda, debullan diversos aspectos metodolóxicos que a comparación do Atlas Lingüístico Galego e o Atlas Lin-güístico do Brasil suscita, constituíndo o seu o único artigo de corte claramente dialectolóxico que forma parte deste volume. A sección péchase coa contribución de Antónia Vieira dos Santos sobre outro aspecto de morfoloxía histórica: os pro-cesos de composición nas Cantigas de Santa María, no que se tentan atopa-los trazos diferenciais deste estadio da lingua respecto á lingua máter latina.

A sección final do volume está relacionada coa proxección exterior da lin-gua, a cultura e os estudos galegos nas Américas. Maria Amparo Tavares Male-val fai unha listaxe exhaustiva dos esforzos por promove-los estudos galegos no Rio de Janeiro e dos diferentes proxectos, iniciativas e actividades desenvolvidas nos últimos tempos. Gabriel Rei-Doval, pola súa banda, analiza desde un punto de vista crítico o desenvolvemento e vitalidade dos estudos galegos no ámbito académico anglófono ás dúas bandas do Atlántico: nomeadamente os Estados Unidos e as Illas Británicas.

Nunha publicación da heteroxeneidade e variedade temáticas da que pre-sentamos resultou necesario, como é natural, realizar unha importante unifica-ción de criterios, labor ó que se aplicou con criterio e dedicación Gabriel Pérez Durán nunha fase previa á organización deste volume. A colaboración e com-prensión dos autores resultou tamén fundamental para conseguir este fin, que esperamos que fose razoablemente atinxido. Por outra banda, cómpre indicar que non se realizaron correccións lingüísticas nin no galego nin no portugués en que está escrito o volume, aínda que se advertiu a algúns autores de que nalgúns casos non estaban seguindo a norma ortográfica e morfolóxica galega vixente á que eles e elas parecían estarse atendo. Como en certos casos os autores preferiron non segui-las recomendacións do editor, este quere indicar que son responsabilidade única e exclusiva de cada un deles as escollas normativas particulares. Non semella procedente, a piques de remata-la primeira década do século XXI, aplicar outro criterio nun volume de lingüística galega coma este, no que tódolos autores son ou especialistas consagrados ou prometedoras figuras da disciplina.

11introduciónGabriel Rei-Doval

É o noso desexo que esta publicación contribúa á expansión e consoli-dación dos estudos galegos desde esa perspectiva global e transatlántica na que probablemente foron xestadas as diversas contribucións, escritas nalgúns casos desde Europa e noutras desde as Américas do Norte e o Sur, mais que en tódo-los casos deberon recibi-lo aloumiño cálido da sempre inspiradora interacción galego-brasileira da Bahía e o agarimoso repouso posterior en Galicia ou, en todo caso, a morriña característica do devalar mar por medio. Só posuímos certeza de que ese elemento, o mar, únenos máis do que nos separa no interese por Galicia e a súa/nosa lingua propia, o galego.

Sociolingüística, estandarización e glotopolítica

A terminoloxía en lingua galega: un dicionario deportivo

Noemí Álvarez villar

Instituto da Lingua Galega-Universidade de Santiago de Compostela

RESuMO

Neste artigo faise unha revisión da importancia da terminoloxía en tódalas linguas. Destácase

a importancia desta ciencia en linguas en proceso de estandarización e analízase a realida-

de terminolóxica galega. Finalmente, enuméranse e coméntase os traballos terminográficos

realizados no ámbito dos deportes, e máis concretamente no do fútbol, e exponse o labor e

proceso seguido na elaboración do Dicionario plurilingüe de fútbol. Móstrase neste artigo cal

foi a metodoloxía empregada na elaboración desta obra (creación dunha árbore conceptual,

elección de linguas que figuran no dicionario, selección de conceptos e termos, ordenación e

presentación da obra...) e coméntanse exemplos extraídos deste repertorio terminográfico,

para mostrar, de forma práctica, o resultado deste traballo que pretende ser unha achega

importante á terminoloxía galega.

Palabras clave: terminoloxía, deportes, fútbol, lingua, galego.

1. introdución

Esta comunicación pretende expoñer a necesidade que teñen todas as lin-guas de posuír unha terminoloxía elaborada. Concretamente, ímonos centrar na

A LiNGüíSTiCA GALEGA DESDE ALéN MAR (iSBN 987-84-9887-145-6)

universidade de Santiago de Compostela, 2009

16a lingüística galega desde alén marsociolingüística, estandarización e glotopolítica

falta que presenta a lingua galega dunha terminoloxía deportiva. Podemos come-zar xustificando a importancia da existencia dunha obra destas características, en calquera lingua, a partir dunha tira cómica de Mortadelo e Filemón1.

Nela demóstrase que, en contra do que moitos poidan pensar, o léxico deportivo é un léxico específico que precisa dunha descrición e explicación deta-llada. Así, e centrándonos no fútbol porque é o deporte que imos traballar neste traballo con máis detalle, ao falar de medios pensan en xogadores que só posúen medio corpo, ao indicar que o árbitro sortea o campo, créase a imaxe dun árbitro sacando bólas dun bombo, como se da lotaría ou dun bingo se tratase, ao indicar que hai que marcar o contrario, parece que o marcan cun ferro ardente como se se marcase un cabalo ou unha vaca2...

Unha vez xustificada a elaboración dunha terminoloxía en lingua galega sobre o campo dos deportes, centrarémonos na descrición da metodoloxía que se vai empregar para confeccionar eses corpus terminográficos, con especial aten-ción ao do fútbol.

2. A terminoloxía en lingua galega

A terminoloxía constitúe un campo de estudo con notable importancia dentro das linguas. Ademais, hoxe en día está a vivir unha grande eclosión de-

1 F. ibáñez Talavera 1998.2 Por falta de espazo non podemos incluír as imaxes que se corresponden con cada exemplo. A modo de

exemplo amosamos a viñeta introdutoria, en que se presenta a polisemia de marcar o contrario.

17a terminoloxía en lingua galega: un dicionario deportivo

Noemí Álvarez Villar

bido, principalmente, á evolución e difusión da ciencia e a técnica na sociedade actual. Esta evolución vai parella á difusión que tiveron os medios de comunica-ción, que permiten distribuír e dar a coñecer todos eses avances que se están a producir (Cabré Castellví, 1993: 25-26).

Esta notoriedade da terminoloxía vese sensiblemente aumentada no caso de linguas minorizadas, xa que os termos empregados nos campos de linguaxes especializadas van estar tomados, case sempre, da lingua dominante. Nesta situa-ción o normal é que os gobernos realicen traballos de normalización da lingua minoritaria onde a terminoloxía vai ser un dos principais temas que se van desen-volver. A terminoloxía en lingua galega é un exemplo desta nova situación.

O avance que se está a producir na terminoloxía en lingua galega queda claro coa aparición, recentemente, de varios manuais sobre distintos campos: administración, economía, construción,3 etc. Igualmente, é moi importante o labor que realiza no desenvolvemento da terminoloxía o Termigal (Servizo de terminoloxía galega)4 ao resolver as consultas terminolóxicas de cada persoa que o precise.

3. A terminoloxía deportiva

Coa tira cómica inicial de Mortadelo5 pretendiamos, dunha forma gráfica, xustificar a necesidade de considerar o deporte unha linguaxe específica e, en consecuencia, amosar a importancia de crear unha obra terminográfica para ela. Son moitos os investigadores que defenden esta postura, pero á vez parece que existe unha falsa aparencia de facilidade neste campo que, de xeito intuitivo, pode levarnos a dubidar da súa especificidade. Esa simpleza dedúcese da utilización de termos propios da fala habitual, aínda que con significados que se apartan sensiblemente dela, e da frecuencia con que escoitamos moitos deses termos, pola repercusión que ten o deporte (e principalmente o fútbol) na sociedade actual. Os exemplos extraídos do cómic de Mortadelo6 (sortear campo, marcar o

3 González Rodríguez, coord. (2004), Giménez Fernández e Lores ínsua, coords. (2005).4 O Termigal está integrado dentro do Centro Ramón Piñeiro para a investigación en Humanidades, ao

que se pode ter acceso a través do enderezo www..cirp.es. 5 Vid. nota 1.6 Vid. nota 1.

18a lingüística galega desde alén marsociolingüística, estandarización e glotopolítica

contrario) son mostra da correspondencia de significantes con termos da lingua xeral e da falta de relación no significado. De feito, o autor xoga con esa polise-mia para provocar a risa no lector. Por outra banda, a repercusión que os depor-tes teñen na sociedade, e particularmente o fútbol, percíbese ao observar a cota de pantalla que teñen programas con temática deportiva, ou a simple existencia de xornais dedicados unicamente á información deportiva.

Pero no campo dos deportes non existe unha terminoloxía proposta en lingua galega. Só temos algunhas achegas, como tres artigos publicados na re-vista Educación en Galicia nos anos 1988 e 1989 (Fernández Salgado, 1988a, 1988b, 1989). Eses tres artigos abranguen tres deportes diferentes. Un é sobre a natación, outro sobre o baloncesto e outro sobre o fútbol. Destacan os dous primeiros, os dos deportes algo máis minoritarios, por incluír a equivalencia en francés. É dicir é bilingüe (castelán-galego) o «Vocabulario galego básico do fútbol» e son trilingües (castelán, galego, francés) o «Vocabulario do basquet» e «As palabras da natación». Quizais a ausencia das equivalencias en francés no léxico do fútbol estea motivada por ser a primeira publicación das tres que fixo o autor na revista. Ademais, cómpre destacar que é a colaboración máis ampla pois ten 226 entradas, fronte ás 147 da natación e ás 85 do baloncesto. É recha-mante ver como xa desde o primeiro momento se baralla a posibilidade de facer obras plurilingües. Ben é certo que non aparecen moitas linguas representadas, pero xa indica un primeiro achegamento a este tipo de obras como a que agora presentamos.

Co paso dos anos aparecen máis obras terminográficas no campo dos de-portes. En primeiro lugar, unha obra promovida pola Xunta de Galicia (Novo Folgueira, 1988) e publicada nun abano temporal similar ao dos anteriores arti-gos, en que se atende a varios deportes7. O número de entradas é pequeno para cada deporte, pero foi unha obra importante no seu momento, con atención a un importante número de actividades.

Despois, xa no ano 1998, apareceu a publicación de Edicións Lea (Novo Folgueira et al., 1998) onde tamén se lle presta atención a un bo número de deportes, en concreto a 19. Xa moito máis actuais son varias obras promovidas

7 Amosa un léxico xeral do mundo do deporte e despois trata polo miúdo dez deportes: fútbol, balon-cesto, balonmán, voleibol, ciclismo, boxeo, tenis, deportes do motor, atletismo e deportes do mar.

19a terminoloxía en lingua galega: un dicionario deportivo

Noemí Álvarez Villar

polo Concello de Vigo, acerca do hockey e do balonmán (Concello de Vigo & Universidade de Vigo, 2003), paracaídas (Concello de Vigo & Universidade de Vigo, s.d.), os deportes náuticos (Rodríguez Rodríguez, 2002) e do atletismo, baloncesto e ciclismo (Fernández Costas, 2002).

Non podemos esquecer outras publicacións existentes sobre deportes, aínda que non sexan propiamente terminográficas pero que podemos empregar para realizar baleirados de termos e incluílos á hora de realizar un glosario. Pode-mos mencionar moitas das publicadas por Edicións Lea sobre bodyboard e surf (Gómez Varela et alii, 1998), ximnasia rítmica deportiva (Bobo Arce, 1998), o tiro olímpico (González Chas, 1997), baloncesto (Rodríguez Piñón, 1998) ou fútbol sala (Rivas Casal, 1998).

Estas son algunhas das obras que temos na nosa lingua sobre o deporte e que cómpre coñecer e manexar para poder realizar axeitadamente un dicionario plurilingüe sobre esta linguaxe específica. A continuación observaremos o trata-mento que o fútbol en particular tivo na nosa lingua, xa que é o primeiro deporte sobre o que traballamos.

3.1. O fútbol

O fútbol é na actualidade un deporte de masas e, como tal, as palabras que sobre el se empregan están na boca de todos. De feito, o comentado no apartado anterior, acerca da falsa simplicidade é, se cabe, máis clara no campo do fútbol, xa que na actualidade é o deporte por excelencia, o que máis repercusión ten nos medios e na sociedade.

Pero moitos dos termos son palabras tomadas do castelán, xa que é a lin-gua teito, pois a maior parte da información do mundo dos deportes en xeral, e do fútbol en particular, chega a Galicia a través de medios de comunicación en castelán. No caso da prensa, basicamente chega a través do castelán, xa que non temos ningún diario deportivo publicado en lingua galega. Si temos dous xornais diarios en lingua galega8 que abordan algún tema deportivo, aínda que cun tratamento pequeno dentro do corpo da publicación. Igualmente temos un

8 Galicia hoxe é o único diario en lingua galega. Pódese consultar en www.galicia-hoxe.com. Parale-lamente é de recente creación (desde o 21 de decembro de 2006) un xornal gratuíto en galego: De luns a venres, que se pode consultar en http://www.l-v.es/index.asp.

20a lingüística galega desde alén marsociolingüística, estandarización e glotopolítica

xornal semanal9 e algunha revista10 que, puntualmente, poden tratar algún tema relacionado cos deportes, pero non é o seu acometido principal.

No mundo da televisión e mais da radio, non obstante, si temos informa-ción deportiva en lingua galega. Tanto a Radio Galega como a Televisión de Ga-licia están a desenvolver un importante papel na difusión desta lingua no eido do deporte. De feito, son moitos os termos que eles introduciron na linguaxe popu-lar e que mesmo callaron na poboación galega11. Porén, o traballo que iniciaron estes medios de comunicación precisa dun estudo feito con rigor, que contraste e revise os termos que xa estes medios propuxeron no seu momento e que vaia máis alá. Ten que ser un estudo amplo que cubra todos os ocos na terminoloxía deste campo para así poder realizar unha transmisión deportiva ou unha crónica dun partido cos termos axeitados para cada concepto.

As achegas terminográficas ao mundo do fútbol están incluídas dentro das obras mencionadas no apartado anterior, pois alí abordamos todos os depor-tes. Un dos artigos da revista Educación en Galicia (Fernández Salgado, 1988a) abrangue o tema do fútbol, aínda que de xeito moi breve. Esta obra constitúe un primeiro intento de facer un estudo terminolóxico do fútbol, mais con algun-ha proposta hoxe mellorable. A continuación, temos a publicación da Xunta de Galicia (Novo Folgueira, 1988), que tamén estuda o léxico do fútbol entre os demais deportes. O campo do fútbol aparece dividido en catro campos: campo de fútbol, participantes no xogo, accións de xogo, complementos deportivos. Na obra que aparece a continuación de Edicións Lea (Novo Folgueira et al, 1998), do mesmo autor da publicación anterior, xunto con outros investigadores, tamén se presenta outra achega ao mundo do fútbol. Todas son breves, pois contan só con 226 entradas, 130 e 96 respectivamente, polo que se fai necesario elaborar unha obra máis ampla que achegue termos para todos os conceptos deste campo léxico.

Xa moito máis actual é un vocabulario terminolóxico que podemos atopar en liña12, aínda que, como os anteriores, non presenta moitas entradas, só 78.

9 A Nosa Terra.10 Tempos novos.11 Son moitos os exemplos pero, de modo intuitivo, parece que dous dos que máis triunfaron foron

seareiro (persoa que sente unha grande afección por un determinado equipo deportivo, afeccionado) e bancada (conxunto de asentos nun estadio ou campo de fútbol).

12 Atopámolo na páxina http://www.galego.org/vocabularios/futbol.html. Aparecen divididos os termos en catro campos e un apartado chamado locucións e frases feitas que semella un dicionario bilingüe caste-lán-galego.

21a terminoloxía en lingua galega: un dicionario deportivo

Noemí Álvarez Villar

Esta obra divide as entradas en catro campos: material, participantes no xogo, campo de fútbol e accións do xogo.

Todas foron propostas importantes no seu momento, pero precisan ser melloradas, ampliadas e revisadas.

Polo tanto, un dicionario plurilingüe do fútbol é unha necesidade para a sociedade galega. Unha necesidade que abrangue desde o público xeral ata profesionais de diferentes áreas, nas que salientan principalmente os xornalis-tas (sobranceiramente deportivos) e tradutores, que precisan coñecer o léxico e expresións propios de cada deporte, para poder realizar correctamente o seu traballo, xa que a lingua é a base no seu labor diario e faise necesario que estea suficientemente elaborada e cos recursos precisos para artellar os seus comenta-rios, crónicas, transmisións ou traducións.

4. dicionario plurilingüe de fútbol

Ante o panorama exposto e tras a miña experiencia como bolseira do Ter-migal, elaborei como primeira fase da miña tese un dicionario plurilingüe de fút-bol (agora en fase de revisión) para continuar despois cos demais deportes13. Ese dicionario conta coa entrada en galego, por ser a nosa lingua de interese; o caste-lán, por ser a lingua oficial en todo o Estado; o portugués, por ser a lingua máis próxima ao galego; o catalán, por ser unha lingua que vive unha situación similar á do galego e que é un punto de referencia no labor terminolóxico; o francés, por ser a segunda lingua románica máis difundida no mundo e mais o inglés, por ser a lingua de referencia internacional por excelencia. A presenza de todas estas linguas contribúe a decidir con máis rigor cal é a solución máis axeitada para o galego unha vez que se observou a solución nas demais linguas.

Evidentemente, a elaboración deste dicionario parte dunha premisa cla-ra de intervención. Non constitúe unha descrición da realidade, senón unha proposta das solucións máis correctas e, polo tanto, máis recomendadas tras un estudo detallado de cada concepto e os posibles termos que lle poderían corres-

13 O Dicionario plurilingüe de fútbol foi presentado como TiT e aprobado polo tribunal correspondente na universidade de Santiago de Compostela o 6 de setembro de 2005, baixo a dirección do doutor Manuel González González, catedrático de Filoloxía Románica da universidade de Santiago Compostela.

22a lingüística galega desde alén marsociolingüística, estandarización e glotopolítica

ponder. Froito de todas as reflexións e estudos pertinentes elaborouse o diciona-rio plurilingüe de fútbol con arredor de 1700 entradas.

5. Metodoloxía e contidos

O primeiro paso do traballo consistiu na creación dunha árbore concep-tual do campo en que se ía traballar. Creouse unha árbore xeral para que tivesen cabida un alto número de termos14. A estrutura da árbore está caracterizada por unha distribución en dous niveis. No primeiro nivel unha denominación xeral (instalacións, persoal...) e, no segundo nivel, a especificación e clasificación desa denominación xeral. Esta estrutura ten unha motivación clara. Se deixabamos só enumeradas as denominacións xerais non era suficientemente transparente. De feito, esa falta de transparencia tería unha problemática dobre: no noso traballo de elaboración da obra, pois é fundamental ter claro en todo momento os cam-pos que estamos considerando e o que temos en conta dentro de cada nome xe-ral, e ademais no momento da publicación, pois complicaría a consulta do lector.

ÁRBORE CONCEPTUAL 1. Instalacións 1.1. Terreo de xogo 1.2. Arredores do terreo de xogo 2. Material 2.1. Material deportivo 2.2. Material non-deportivo 3. Persoal 3.1. Deportistas 3.2. Persoal oficial 3.3. Persoal técnico e auxiliar 4. Equipo 1.1. Organización 1.2. Cargos directivos 5. Xogo (partido e adestramento) 5.1. Desenvolvemento 5.2. Tácticas e accións do xogo 5.3. Arbitraxe 5.4. Tipos de xogo 6. Outros

14 Esta árbore está inspirada na que realiza o Termcat.

23a terminoloxía en lingua galega: un dicionario deportivo

Noemí Álvarez Villar

Para que quede clara a interpretación desta árbore imos dar un exemplo para cada unha das subdivisións. Terreo de xogo (área pequena), arredores do terreo de xogo (túnel de vestiarios), material deportivo (pantalón curto), mate-rial non-deportivo (almofada), deportistas (dianteiro), persoal oficial (árbitro), persoal técnico ou auxiliar (representante), organización do equipo (club), cargos directivos (presidente), desenvolvemento do partido (minutos do lixo), tácticas e accións do xogo (fóra de xogo), arbitraxe (lei da vantaxe), tipos de xogo (fútbol 7), outros (adestrador novo, vitoria segura).

O apartado 6, denominado outros, é un pouco o caixón de xastre onde cabe todo. Podería parecer que é un recurso fácil pero ten un valor e significado. Carece de sentido elaborar unha árbore moi extensa e detallada porque no canto de simplificar, complicaría o traballo, xa que non permite ter visible e clara a es-trutura. Ademais, determinadas expresións que caen case no campo dos refráns, como o que puxemos de exemplo nese apartado, é difícil colocalas baixo algunha outra denominación máis concreta.

A continuación, realizouse a selección de termos que se ían incluír na obra. Esta selección partiu dos termos recollidos nas obras terminolóxicas doutras lin-guas e para os que debiamos buscar unha solución na nosa lingua15. Unha vez feita esta, ampliouse o número de termos coas formas que se atopaban nas obras escritas en lingua galega. O proceso non foi ao contrario por dous motivos: a) o número de obras en lingua galega sobre este tema é escaso para poder facer un baleirado inicial amplo. b) Unha cuestión práctica: é moito máis sinxelo partir de obras que xa teñen termos seleccionados e decidir a partir delas cales interesan e cales non.

Unha vez introducidos todos estes termos búscanse os equivalentes nou-tras linguas. Durante a elaboración deste traballo aínda se engadiron novas en-tradas que non estaban presentes na selección inicial.

Feita a selección de termos procedeuse a introducir as categorías e a forma galega para cada entrada. A forma galega decidiuse en función das solucións tra-dicionais para cada termo e tras observar as solucións que presentaban as demais linguas para cada palabra. En paralelo á introdución en lingua galega íase incor-porando a definición de cada forma.

15 As obras consultadas para esta finalidade foron os dous dicionarios de fútbol do catalán: Termcat (1992): Diccionari de futbol, Barcelona: Enciclopèdia catalana. Ortega Robert, R. (2003): Diccionari de futbol, Barcelona: Edicions 62.

24a lingüística galega desde alén marsociolingüística, estandarización e glotopolítica

6. Presentación

O repertorio terminolóxico que se propón ten forma de dicionario pluri-lingüe. Aparece en primeiro lugar a entrada en lingua galega coa súa correspon-dente categoría, a súa definición e os sinónimos (cando os ten).

A seguir atópanse os equivalentes en castelán, portugués, catalán, francés e inglés. As equivalencias noutras linguas non aparecen en todas as entradas, xa que non sempre foron atopadas ou documentadas.

Igualmente, completarase este traballo no futuro coa introdución dun exemplo que permita entender mellor cada entrada. Necesariamente, terán que ser exemplos traducidos doutras linguas na maioría dos casos, xa que, como antes explicamos, non posuímos un corpus deportivo en lingua galega, ao non contar cun diario deportivo. Os textos deportivos da prensa diaria que podemos atopar están introducidos no diario Galicia Hoxe (antes O Correo Galego), de feito al-gúns xa poden ser consultados a través do CORGA16, e o recente xornal gratuíto De luns a venres. De xeito moi esporádico, La Voz de Galicia, tamén publica algún dos seus artigos en galego, aínda que localizalos é un pouco complicado, pola falta de regularidade na publicación17.

A equivalencia en cada lingua vai acompañada da indicación categórica e dos sinónimos, cando estes foron atopados.

Ao final do repertorio pódense consultar as entradas organizadas e ordena-das polas outras linguas. Aparecen as entradas en cada lingua coa correspondente forma en galego, pois ao buscar a forma en galego pódense atopar os equivalen-tes en todas as demais linguas. Polo tanto, faise innecesario introducir ao final, ao lado da entrada noutras linguas, as equivalencias en cada unha das linguas presentes no dicionario, porque xa aparecen no corpo da obra.

A orde dos termos é alfabética, xa que é a forma máis sinxela e rápida de localizalos. Ademais a orde é descontinua, de tal xeito que ao clasificar os termos formados por máis dunha palabra, tense en conta, en primeiro lugar, o primeiro

16 Corpus de referencia do galego actual que se pode consultar na páxina do Centro Ramón Piñeiro para a investigación en humanidades, no enderezo: http://corpus.cirp.es/corgamxl/.

17 Para localizar eses textos habería que facer un baleirado do xornal nun período de tempo e extraer todos os artigos publicados en galego. Con todo, é útil para localizar exemplos na rede. En ocasións, ao intentar localizar o uso dalgún termo deportivo en internet, o buscador remítenos a un artigo de La Voz de Galicia.

25a terminoloxía en lingua galega: un dicionario deportivo

Noemí Álvarez Villar

compoñente do sintagma, a continuación o nexo e finalmente o segundo ele-mento do sintagma. Os espazos en branco preceden aos signos non alfabéticos e os signos non alfabéticos preceden aos alfabéticos. Amósase como exemplo o que ocorre coa forma gol e seguintes:

gol s.m. gol anulado loc.s.m.gol cantado loc.s.m. gol da honra loc.s.m. gol da man de Deus loc.s.m. gol da tranquilidade loc.s.m. gol da vitoria loc.s.m.gol de falta loc.s.m gol de letra loc.s.m. gol de marca loc.s.m. gol de ouro loc.s.m. gol de Pelé loc.s.m. gol de prata loc.s.m. gol de Wembley loc.s.m. gol do coxo loc.s.m. gol do século loc.s.m. gol en fóra de xogo loc.s.m. gol en propia porta loc.s.m. gol fantasma loc.s.m. gol olímpico loc.s.m. gol psicolóxico loc.s.m. gol temperán loc.s.m. goleada s.f. goleador, -a s. golear v.t.

A ordenación descontinua ofrece unha gran vantaxe desde o punto de vis-ta terminolóxico, xa que permite agrupar os termos que pertencen a unha mesma serie léxica. Así, no exemplo, vese como aparecen antes todos os tipos de gol ca o substantivo goleada ou o verbo golear.

26a lingüística galega desde alén marsociolingüística, estandarización e glotopolítica

7. exemplos

A continuación imos comentar algunhas das entradas do dicionario. A primeira que imos comentar é unha das palabras máis empregadas ao

tratar o tema do fútbol.

terreo de xogo loc.s.m. Superficie rectangular de 90 a 120 m de longo e de 45 a 90 m de largo, delimitada polas liñas de banda e as liñas de fondo, destinada a xogar ao fútbol. SIN: campo, campo de xogo

SPA: terreno de juego loc.s.m. SIN: campo, campo de juego POR: campo s.m. CAT: terreny de joc loc.s.m. SIN: camp de joc, camp FRA: champ s.m. SIN: terrain de jeu, champ de jeu ENG: field s. SIN: pitch, field of play, ground

Falamos do lugar en que se desenvolve a actividade, o deporte rei. Como antes comentabamos aparece a entrada coa indicación categorial e a definición. A explicación neste caso céntrase na descrición do tamaño e na indicación do nome das liñas que marcan o perímetro dese lugar. Non se dan as características do te-rreo, non se di se é de céspede natural, artificial ou se mesmo é de terra, nin se mencionan todas as liñas que deben figurar pintadas sobre o campo. Non tería sen-tido entrar en todos eses detalles, xa que estamos dando unha definición lingüística ou propiamente lexicográfica, non unha definición enciclopédica (Porto Dapena, 2002: 277). Damos só os datos que caracterizan sempre un terreo de xogo, pois o tipo de terreo (céspede, terra) pode variar segundo certas circunstancias.

Despois da definición introducimos os sinónimos. Non para todas as en-tradas temos documentados sinónimos. Neste caso son dous: campo de xogo e campo. A seguir dos sinónimos aparecen as equivalencias nas demais linguas: es-pañol, portugués, catalán, francés e inglés. Igualmente para cada unha destas lin-guas poñemos os sinónimos, cando os coñecemos. Os sinónimos, tanto no caso da nosa lingua como no caso das outras linguas que aparecen recollidas na obra, aparecen despois da abreviatura SIN, como se observa no exemplo anterior.

Imos comentar outro dos exemplos do noso corpus:

bancada s.f. Fileira de asentos desde a que se ve un partido. SPA: grada s.f. SIN: graderío POR: bancada s.f. SIN: arquibancada

27a terminoloxía en lingua galega: un dicionario deportivo

Noemí Álvarez Villar

CAT: grada s.f. FRA: GRADIN s.m. SIN: tribune ENG: stand s.

Comentamos este exemplo, xa que é unha forma recoñecida por todos e que xa triunfou cos comentaristas da RTVG. Eles empezaron a empregar esta forma no canto do castelanismo grada e conseguiron que callase na poboación galega. A terminoloxía en linguas en proceso de estandarización ten que asignar termos a determinados conceptos. En ocasións, se se trata de terminoloxía dunha linguaxe especializada dun campo moi innovador, a sociedade tende a manter a palabra da lingua orixe mentres non hai unha proposta correcta na lingua de destino, neste caso o galego. É o que acontece no mundo da informática, pois escoitamos moitas veces formas como o password ou a contraseñal, no canto da forma xa proposta en galego contrasinal. No campo dos deportes, e sobre todo no do fútbol, non se trata de linguaxes recentes aparecidas polo avance da cien-cia, senón de linguaxes que xa estaban aí e que agora se difunden moitas veces a través do castelán, polos medios de comunicación. Eses medios de comunicación en castelán provocan a introdución de castelanismos, aínda que, como se observa no caso comentado, os medios de comunicación en galego poden conseguir o efecto contrario e repoñer unha palabra plenamente galega.

Unha proposta máis persoal é a que segue:

tombaxigantes s.m. Equipo modesto que chega a ganarlle a un ou máis equipos favoritos ou, en teoría, superiores. SIN: mataxigantes

SPA: matagigantes s.m. POR: tomba-gigantes s.m. CAT: matagegants s.m. FRA: trouble-fête s.m./f. ENG: giantkiller s.

Falamos de proposta máis persoal porque o termo máis difundido é aquel que coincide co español: mataxigantes. Evidentemente, non tería sentido non dar por válido ese termo, xa que se trata dunha construción válida no galego e que, ademais, aparece en moitas linguas (catalá, castelán e inglés). Falamos de construción válida no galego porque temos a posibilidade de crear palabras com-postas con verbo máis substantivo, como acontece en parabrisas, paracaídas ou

28a lingüística galega desde alén marsociolingüística, estandarización e glotopolítica

tirarrollas. Pero mesmo temos construcións co verbo matar, como o nome do dedo máis gordo da nosa man: matapiollos. Mais, paralelamente, parece igual de válido o termo con tombar, a construción é a mesma de verbo máis substantivo, o significado é moi transparente, é a solución do portugués e tamén resulta válida no galego. Estas son as razóns que levan a propoñer os dous termos para este concepto.

8. conclusións

Este artigo pretendía dar a coñecer o traballo realizado dentro da ter-minoloxía deportiva galega. Constitúe pois unha presentación do labor que se está a realizar, mostrando de xeito concreto como se realiza ese traballo, cal é a metodoloxía que se emprega e que se pretende seguir. Ata o momento está feito o Dicionario plurilingüe do fútbol e no futuro pretendemos amplialo a outros deportes. Entre os primeiros estarán seguro o baloncesto, balonmán, natación e ciclismo, xa que son os que parece que teñen máis seguidores e practicantes. Evi-dentemente, non podemos esquecer os deportes náuticos que en Galicia teñen unha importante pegada, un bo número de persoas que os practican, tanto como afeccionados como en competicións oficiais, así como abundantes afeccionados.

Referencias bibliográficas

Alpízar Castillo, R. (1997). ¿Cómo hacer un diccionario científico-técnico? Buenos Aires: Memphis.

Arntz, R. & H. Picht (1993). Introducción al trabajo terminológico. Hildesheim: Georg Olms.

Auger, P. & L. J. Rousseau (1984). Metodología de la recerca terminològica. Bar-celona: Departament de Cultura de la Generalitat de Catalunya.

Bobo, M. & E. Sierra (1998). Ximnasia rítmica deportiva (adestramento e com-petición). Santiago de Compostela: Lea.

Cabré, M. T. (1992). La terminologia. La teoria, els mètodes, les aplicacions. Bar-celona: Antártida/Empúries.

Cabré, M. T. (1996). Terminología. Selecció de textos d’E. Wüster. Barcelona: Universitat de Barcelona.

29a terminoloxía en lingua galega: un dicionario deportivo

Noemí Álvarez Villar

Cabré, M. T. (1999). La terminología: representación y comunicación. Elemen-tos para una teoría de base comunicativa y otros artículos. Barcelona: Universitat Pompeu Fabra/Institut Universitari de Lingüística Aplicada.

Cabré, M. T. (2002). “Terminología y lenguas minoritarias: necesidad, universali-dad y especificidad”. In M. X. Bugarín, J. Cajide, A. Dosil, X. Ferreiro, M. González & M. A. Santos (eds.), VIII Conferencia internacional de linguas minoritarias. Políticas Lingüísticas e Educativas na Europa Comunitaria. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia (Consellería de Educación e Or-denación Universitaria. Dirección Xeral de Política Lingüística), 89-102.

Cabré, M. T., R. Estopá & M. Lorente (1996). “Terminología y fraseología”. In Actas del V Simposio de la Red Iberoamericana de Terminología, México: RITerm, 67-81.

Cabré, M. T. & J. Feliu, (2001). La terminología científico-técnica: reconoci-miento, análisis y extracción de información formal y semántica. Barcelona: IULA.

Concello de Vigo & Universidade de Vigo (2003). ¿Xogas? En galego podemos. Hockey e Balonmán. Vigo: Concello de Vigo-Universidade de Vigo.

Concello de Vigo & Universidade de Vigo (s.d.). ¿Xogas? En galego podemos. O xogo do paracaídas. Vigo: Concello de Vigo-Universidade de Vigo.

Dubuc, R. (1999). Manual de Terminología. Santiago de Chile: RIL editores.Dubuc, R. (2002). Manuel Pratique de Terminologie. Québec: Linguatech.Fernández Costas, A. & Club Ciclista Vigués (2002). ¿Xogas? En galego podemos.

Atletismo, baloncesto e ciclismo. Vigo: Concello de Vigo-Universidade de Vigo.

Fernández Salgado, B. (1988a). “Vocabulario galego básico do fútbol”, Educa-ción en Galicia 0, 20-22.

Fernández Salgado, B. (1988b). “Xogando ó basquet. Vocabulario galego-caste-lán-francés de baloncesto”, Educación en Galicia 2, 19.

Fernández Salgado, B. (1989). “As palabras da natación”, Educación en Galicia 6, 22-23.

Giménez Fernández, E. L. e Lores Ínsua, F. X., coords. (2005): Vocabulario de economía, Vigo: Universidade de Vigo.

Gómez Varela J., P. Chacón Souto & G. Sanmartín Gil (1998). Bodyboard e Surf. Santiago de Compostela: Lea.

30a lingüística galega desde alén marsociolingüística, estandarización e glotopolítica

González Rodríguez A. (coord.) (2004): Dicionario visual da construción, San-tiago de Compostela: Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia.

González Chas X. (1997). Libro básico do tiro olímpico (pistola e carabina). San-tiago de Compostela: Lea.

Ibáñez Talavera, F. (1998). Mortadelo y Filemón. Mundial 98 (nº137). Barcelo-na: Grupo Zeta.

Novo Folgueira, P. (1988). Vocabulario elemental dos deportes. [s.l.]: DXPL-Xunta de Galicia.

Novo Folgueira, P., S. Pérez Froiz & J. M. Rivas Casal (1998). Vocabulario dos deportes. Santiago de Compostela: Lea.

Ortega Robert, R. (2003). Diccionari de futbol. Barcelona: Edicions 62.Porto Dapena J. A. (2002). Manual de técnica lexicográfica. Madrid: Arco libros. Rivas Casal, J. M., Probaos Casal, J. A. e Varela Guitián, A. (1998): Fútbol sala,

Santiago de Compostela: Edicións Lea.Rodríguez Piñón, A. (1998). Baloncesto: técnica e táctica básica. Santiago de

Compostela: Lea.Rodríguez Rodríguez, A. (2002). ¿Xogas? Os deportes náuticos. Vigo: Concello

de Vigo, Instituto Municipal de Deportes: Universidade de Vigo.Termcat (1992). Diccionari de futbol. Barcelona: Enciclopèdia catalana.

O modelo de lingua como factor do progresivo distanciamento

do público a respecto da produción teatral galega

Carlos CaetaNo BisCaíNho FerNaNdes

Universidade da Coruña

RESuMO

A opción decidida dos grupos teatrais de finais da década de sesenta e comezos de seten-

ta en favor do emprego da lingua galega fixo que gañasen o favor dun pobo secularmente

excluído dos eventos sociais e culturais –cando non directamente escarnecido nos palcos. No

entanto, unha serie de factores de diferente xinea fixeron que durante as seguintes décadas a

poboación deixase de percibir que a asistencia ás encenacións galegas lle reportase algún tipo

de beneficio, polo que desertou en bloque da actividade teatral autóctona.

Nesta comunicación analizarase –desde o paradigma teórico da Teoría de Polisistemas– o pa-

pel xogado polo modelo lingüístico incorporado á celebración dramática neste progresivo dis-

tanciamento do público. Atenderase á competencia lingüística dos traballadores das táboas,

á creación e extensión de novos preconceptos asociados ao estándar lingüístico consolidado

nos medios audiovisuais e a crecente resistencia popular á instalación social dos repertorios

alternativos galegos –comezando pola principal norma sistémica: a lingua propia. Apuntaran-

se, igualmente, as consecuencias negativas –en termos de cohesión socio-semiótica do grupo

social galego– que está a provocar este tipo de renuencia popular.

Palabras clave: teatro galego, modelo de lingua, sistema de produción teatral, resistencia pasiva,

repertorios teatrais alternativos galegos.

A LiNGüíSTiCA GALEGA DESDE ALéN MAR (iSBN 987-84-9887-145-6)

universidade de Santiago de Compostela, 2009

32a lingüística galega desde alén marsociolingüística, estandarización e glotopolítica

1. (Re)configuración do sistema teatral galego e definición da principal norma sistémica

A actividade escénica galega recuperouse en Galiza a finais dos anos se-senta1 no marco do movemento asociativo antifranquista de consecución dun espazo público de participación cidadá2 que até ese momento o réxime fascista impedira totalmente3.

Os colectivos teatrais que foron xurdindo polo país teimaron en ultrapasar as limitacións que impuña a Lei de Cámara e Ensaio4 e atinxir un teatro “realista e popular”5, que conectase coa realidade e atínxese todos os públicos. Aliás, o seu posicionamento anti-imperialista levou as agrupacións dramáticas da Galiza a loitar contra a “opresión nacional” (Lourenzo, 1978) e incluír entre os seus postulados a reivindicación do país6, comezando polo seu trazo máis distintivo: a lingua. Así, o que xurdira como un instrumento para obter un dominio cidadán para o intercambio de ideas, adquiría agora unha outra concreción: a defensa dun “espazo público galego”, idea que no terreo dramático se concretaba na creación dun “teatro nacional galego”.

Teatro Circo, fundado en 1965 na Coruña, foi o primeiro en dar o paso de se instalar definitivamente na lingua galega e o seu exemplo foi rapidamente

1 Após o golpe de Estado de 1936, a actividade escénica galega desenvolvérase nas cidades americanas que acolleran os nosos exiliados. No interior do país, a lingua desaparecera dos palcos, agás algunha excep-ción testemuñal.

2 O público que asistía as Mostras de Ribadavia –celebradas desde 1973– “atendía á representación como só pode atender quen fora durante moitos anos exiliado de toda participación activa” (Luca de Tena, 2002: 246).

3 A ditadura do xeneral Franco preocupárase desde o comezo de eliminar da sociedade española cal-quera espazo de intercambio de ideas, mais coa constitución na década de 1960 de gobernos integrados por tecnócratas –aos que se encomendou a superación da autarquía en que se instalara o Estado español–, a procura dun espazo público de participación xa non foi tan duramente reprimida.

4 Promulgada en 1945, a Lei de Cámara e Ensaio autorizaba unicamente unha representación dos es-pectáculos dos teatros de cámara, “espécimen lexislado polo Sistema para toda aventura teatral non basea-da no comércio” (Lourenzo, 1983); coa pertinente autorización gobernamental, podían alcanzarse as tres funcións.

5 “[…] porque “realista” se opuña simplemente a “idealista”, un adxectivo moi odiado…”, explica Lo-urenzo (2000). “idealista” vinculábase con elitista –o que implicaba, nesa altura, clasista e conti-nuísta–; e “realista”, con consciente, novo, vivo e popular.

6 Así o explicaba Manuel Lourenzo (1978): “La eclosión del actual movimento teatral coincide con la época de contestaciones masivas al fascismo. Teatro, canción, poesía, programas políticos nacionalistas y marxistas, extensión y movimiento de las asociaciones culturales, movilizaciones obreras y estudiantiles con-fluyen en la tarea de apurar la destrucción del Estado, criminal para todos, pero muy especialmente para los pueblos dotados de una personalidad nacional”.

33o modelo de lingua como factor do progresivo distanciamento do público

Carlos Caetano Biscaínho Fernandes

secundado por outros moitos colectivos; as agrupacións que se deron a coñecer nos anos centrais da década de setenta xa naceron instaladas no noso idioma.

A lingua foi sancionada, así, como o principal elemento definidor do sistema teatral que se estaba a configurar na Galiza a comezos dos anos setenta e o seu emprego servía como selo de adscrición ao mesmo, como baliza de diferenciación a respecto do correlato español. Foi na Mostra de Ribadavia –celebrada anualmente na capital do Ribeiro entre 1973 e 1980– onde se deron as máis importantes loitas simbólicas pola definición das regras de xogo especí-ficas que caracterizarían o sistema teatral galego. Xa na primeira convocatoria a participación viña condicionada polo emprego da lingua de Rosalía; na do-cumentación da segunda edición deixábase constancia de que o teatro galego debía ser realizado en lingua galega e, significativamente, desde 1975 a “Mostra de Teatro en Galego” de Ribadavia pasou a se denominar “Mostra do Teatro Galego”.

O comportamento dos que a partir de 1977 comezaron a regresar de Madrid após a súa aventura no teatro independente da capital do Estado7 –que adoptaban sen excepción o galego como lingua vehicular dos seus espectácu-los– representa toda unha evidencia do valor central que se concedía á lingua no campo galego de produción teatral e da presión que o sistema exercía sobre os que desexaban se incorporar ao mesmo, esixindo a aceptación das regras de xogo que se tiñan definido.

O compromiso coa construción nacional dos participantes no proceso de recuperación da actividade dramática en Galiza levounos a se mobilizaren contra calquera tentativa asimilacionista ou de subalternidade da cultura galega diante da española. Por iso, reaxiron contra a eventualidade de que se considerase que o siste-ma teatral español se producía tanto en castelán como nas demais linguas hispánicas –estas últimas para os rexistros máis costumistas. Entenderon que para facer fronte a esta ameaza debían ser absolutamente consecuentes e non caer en tentacións digló-sicas nin –formal ou tematicamente– en costumismos decimonónicos. Aliás, foron conscientes de que a pervivencia e fortalecemento do sistema teatral galego depen-día da confirmación da cultura galega como sistema autónomo. Isto é, que se os

7 Entre os que regresaron de Madrid figuran nomes como Xulio Lago, Antonio Simón, Dorotea Bárcena, Eduardo Alonso, Luma Gómez ou Manuel Manquiña.

34a lingüística galega desde alén marsociolingüística, estandarización e glotopolítica

repertorios culturais alternativos8 non eran sancionados e adoptados como propios pola cidadanía galega, a actividade dramática de Galiza sería facilmente absorbida como zona periférica do sistema teatral español. Por iso, non foi invulgar que os protagonistas do movemento de recuperación da actividade dramática en Galiza se envolvensen igualmente no proceso de consecuención de autonomía sistémica para a cultura galega.

2. O papel da lingua na aceptación popular durante as etapas incipientes do sistema teatral galego

O proceso de cristalización dun novo repertorio cultural –o teatro, lem-bremos, estaba exposto á sanción da poboación conxuntamente co resto de re-pertorios alternativos da emerxente entidade galega– acostuma comprender tres accións (Even-Zohar 1998): a fabricación do mesmo, a creación de entidades socio-políticas en que este poda prevalecer e o feito de propiciar que coa adhe-sión ao novo repertorio os individuos teñan acceso a recursos9. Se a cidadanía non visualiza esa accesibilidade prodúcese un fenómeno de resistencia que frus-tará as iniciativas de planificación cultural. Dito noutras palabras: se o pobo non percebe que vai obter beneficios coa asistencia ao teatro –e coa súa defensa como actividade socio-semiótica–, non acudirá10. Por este motivo, cultivar o público equivale a garantir o seu acceso a vantaxes.

8 Denomínase “repertorio” ao agregado de opcións que organizan as interaccións dun grupo social, unha colección de hábitos, técnicas e estilos lexitimados cos que os individuos constrúen “estratexias de acción” (Even-Zohar, 1995 e 1999). A teoría do polisistema explica a cohesión social a partir do éxito na introdución de repertorios culturais alternativos: “[…] unidades como “pobo”, “nación” non son obxectos “naturais” […], senón que se configuran mediante a acción de individuos ou de pequenos grupos que to-man iniciativas e acertan na mobilización dos medios necesarios para tales fins. O elemento clave entre estes medios é un repertorio cultural que fai que o grupo que se esforza en introducir os cambios proporcione, non só modelos efectivos, senón a xustificación da existencia (separada e distinta) da entidade” (Even-Zo-har, 1998: 481).

9 Even-Zohar (1998: 483) introduce o termo “riqueza” para indicar “a relación entre a enerxía socio-cultural e accesibilidade dos recursos, primeiro e sobre todo no nivel colectivo, pero tamén no plano indi-vidual”. O teórico hebreo apunta como concepto decisivo da súa aproximación “o acceso ós recursos nun sentido global” e propón que se teñan en conta entre os elementos de riqueza “as posicións que poden ser adquiridas, a axuda mutua entre os membros do colectivo, o nivel de actividades de todo tipo posibles, o sentido da confianza nun mesmo, o acceso a determinadas iniciativas, e máis”.

10 O mesmo acontece coa lingua: decantámonos por aquela cuxa utilización nos reporta máis beneficios. Ora ben, os beneficios poden ser de moi variada xinea –o pracer estético, o relacionamento social…– e de moi diferente atractivo. Mais van ser os ligados co desprazamento de posicións marxinadas a outras máis centrais –aqueles que supón “mellorar” socialmente– os que con máis facilidade alcancen a mobilizar as persoas.

35o modelo de lingua como factor do progresivo distanciamento do público

Carlos Caetano Biscaínho Fernandes

Mediada a década de setenta, as representacións de teatro galego alcanza-ban xa un número de espectadores que sorprendía aos comentaristas. Un factor absolutamente determinante nesa aceptación representouno, sen dúbida, a elec-ción lingüística –para alén do tratamento que se lle deu á realidade da Galiza.

O pobo galego, secularmente marxinado e afastado dos lugares prestixia-dos da sociedade española, tiña interiorizado que só podía ascender socialmente se renunciaba aos trazos distintivos da súa orixe. A lingua, así, supuña un dos maiores obstáculos na procura de recursos. Aliás, os individuos caracterizados como galegos nunca protagonizaban manifestación artística ningunha, se non era para seren ridiculizados. Neste contexto, durante o franquismo o teatro vi-víase nas cidades e vilas galegas como unha vía de instalación nos repertorios españois dominantes, no intento de abandonar as posicións máis periféricas do tecido social. A inmensa maioría do pobo –non vilego e instalado na lingua gale-ga– sentíase absolutamente excluído dos eventos culturais.

Inesperadamente, as aldeas e vilas máis pequenas comezaran a recibir co-mediantes que se expresaban na lingua popular e que, ademais, non se asañaban coa figura do galego. As persoas advertiron que sumándose a esa manifestación estaban a reforzar a súa auto-estima, sentíanse menos desautorizados na nova estrutura cultural e apreciaban na celebración unha fórmula de dignificación, de enfrontamento á secular marxinación11. Loxicamente, superado o receo inicial, adheríronse entusiasticamente ao novo repertorio, asistindo en bloque ás fun-cións dos grupos galegos12.

A loita contra esa discriminación foi a motivación máis importante para que o colectivo teatral estabelecese a lingua como principal norma sistémica e por iso se esixiron a eles propios unha total identificación co idioma. Paradoxal-mente, os integrantes das agrupacións teatrais eran maioritariamente urbanos e instalados na lingua española e tiñan que realizar certos esforzos por conseguir unha prosodia que reproducise a lingua viva. Esta circunstancia colocaba o públi-

11 Aínda así, o auto-odio e os preconceptos interiorizados sobre a lingua e o pobo galego –fomentados permanentemente polos sectores máis asimilacionistas– ameazarían constantemente a asunción dos reper-torios culturais alternativos.

12 Manuel Lourenzo recoñecería nunha entrevista que “o millor que temos no teatro galego oxendía é o púbrico” (Gómez, 1979). No mesmo sentido declararía Pillado “el público es lo más serio del teatro en Galicia” (Lorenzo, 1980).

36a lingüística galega desde alén marsociolingüística, estandarización e glotopolítica

co galego-falante nunha posición privilexiada nas novas formas socio-semióticas: os que sempre foran desprezados polos seus usos lingüísticos –ou imitados para encarnar personaxes escarnecidas– eran agora tomados como referente para a creación teatral. No novo repertorio, a súa maior competencia lingüística apor-táballes capital.

Como xa se sinalou, a actividade dramática recuperada na década de se-tenta nacera comprometida cunha reconstrución nacional que conducise á digni-ficación de Galiza e supuxese unha mudanza positiva na vida dos galegos13. Ese compromiso coa mellora do estándar vital dunha cidadanía marxinada no sistema español era o principal garante para a asunción por parte do pobo dos reperto-rios alternativos que se sometían á súa sanción. Non admira, por tanto, a falta de apoio firme por parte do Ministerio e a Administración Central na instalación destes novos modelos de produción e consumo teatral –e, por extensión, cultu-ral–, pois estas accións de reconstrución nacional implicaban para os centralistas a perda en Galiza dos lugares privilexiados do sistema, que serían ocupados pola parte da poboación autóctona non “convertida” aos modelos españois que se fixese con maior capital cultural e simbólico nas novas redes de relacións.

O colectivo teatral viuse así nunha circunstancia comprometida: por un lado, pretendíase dotar a Galiza dun teatro que respondese os novos retos dunha sociedade moderna e que instalase o país no mundo contemporáneo, lonxe da marxinalidade en que o colocara o sistema imperante até entón; doutro lado, encontrábanse cunha lingua –norma sistémica e principal recurso da poboación para se defender na nova realidade da discriminación á que se vira sometida du-rante moito tempo– reducida a usos domésticos, defectiva canto a certos rexis-tros, deturpada por séculos de dominación cultural do castelán e pouco dúctil para encerrar sen estrañamento os mundos que se tencionaban recrear nos palcos.

Os grupos que lideraban o movemento (re)fundacional asumiron logo que o paradoxo debía ser resolvido cun delicado equilibrio entre tradición e

13 Así se recollía no proxecto dun teatro estábel realizado en 1978 por Teatro do Estaribel: “De presente, o movemento teatral galego, está conformado por un número variable de grupos ou equipos de traballo espallados por toda a nosa xeografía, que […] asumen como tarefa fundamental a creación dunha activida-de teatral galega normalizada, capaz de dar respostas, coerentes aos problemas e necesidades da sociedade prá que xurden, facilitando o acceso a prática teatral a aquiles sectores tradicionalmente marxinados dil, e percurando o achegamento dunha lingoaxe teatral propia, que confirme nos eidos do teatro, a nosa iden-tidade como pobo capaz de crear unhas formas culturais autóctonas e diferenciadas, que supoñan unha contribución eficaz na loita polo recoñocemento dos nosos dereitos como Nación”.

37o modelo de lingua como factor do progresivo distanciamento do público

Carlos Caetano Biscaínho Fernandes

modernidade, de maneira que se permitise ao pobo galego o acceso aos novos repertorios con moita máis facilidade que ao repertorio que os marxinalizaba, sen por iso ter que renunciar á incorporación da cultura galega á realidade con-temporánea. A concesión que non estaban dispostos a realizar era confinar o teatro galego nas formas do realismo costumista –ou o naturalismo tosco que se lle espallara co antigo réxime– que negaba á cultura calquera tipo de evolución e freaba, ademais, a adhesión das camadas urbanas14. Traballábase para que o o pobo non desertase do seu apoio inicial á recuperada actividade escénica galega e percibían que a adhesión popular se viría reforzada se se propiciaba o seu acceso a capital cultural a través do teatro.

Case todas as intervencións do colectivo teatral dirixidas ao cultivo do público irían dirixidas fundamentalmente neste sentido; a renovación escénica e a extensión de horizontes que se desexaban non deberían envolver para o pobo dificultades especiais de acceso ás novas propostas. A loita contra a discrimina-ción á que o sistema cultural español sometera os galegos non podía conducir a unha outra discriminación en favor de elites cultas urbanas, pois isto condenaría ao fracaso calquera iniciativa de planificación dos novos repertorios.

O grande reto ao que se enfrontaban era alcanzar a “anosar” ou “tornar doméstica” calquera realidade que se recrease en escena cunha lingua involuída, fragmentada e desprestixiada. A amplificación e modernización do galego de maneira abrupta relegaría máis unha vez a posicións periféricas os grupos sociais con menor acceso á aprendizaxe da lingua estandarizada e a maioría do pobo distanciaríase dun produto teatral que non lle facilitaría o acceso a recursos e que sentiría de novo alleo. Mais non por iso ían aceptar un outro reducionismo: o que atinxía o nivel lingüístico. Sabían que a lingua dos espectáculos non podía resultar agresiva, artificial ou distante –por elitista– ao pobo que a conservara du-rante séculos de marxinación –a maioría galego-falante tiña que manter a vantaxe sobre os que se instalaran na lingua castelán se non se quería que se resistisen ao novos repertorios–, mais o teatro galego non ía permitir que se estabelecesen limitacións simplificadoras que impedisen a ampliación e modernización do idio-ma; o galego debía servir para expresalo todo.

14 Nesta vontade anti-realista debe enmarcarse tamén o valor concedido ao soporte textual dos espec-táculos, que non se quería limitar ás formas máis cotiás da fala.

38a lingüística galega desde alén marsociolingüística, estandarización e glotopolítica

Dentro do total compromiso co idioma, a preocupación pola lingua foi desigual entre as agrupacións teatrais e non todos visualizaron da mesma maneira o papel que xogaba na pervivencia dos novos repertorios que o sistema incorpo-raba. Por outro lado, até os máis conscientes do seu valor sabían que o alarga-mento e modernización do idioma ultrapasaba as súas posibilidades: eles podían facer moito desde os palcos na expansión de novos rexistros, mais precisábanse institucións lingüísticas que estandarizasen e puxesen en circulación a lingua re-novada que demandaban os tempos. Tamén a respecto deste tema se depositaban moitas esperanzas no auto-goberno co que se estaba a dotar Galiza.

3. A lingua dos palcos na primeira etapa autónomica (1981-1984): repercusións no público

A pesar da importancia da lingua para o triunfo dos repertorios alterna-tivos, o teatro galego iniciou a década de oitenta sen ter corrixido as carencias idiomáticas dos seus actores, feito que comprometía gravemente a súa aceptación por parte do pobo15.

Algúns traballadores da escena emigraran para estudar disciplinas artísticas fóra de Galiza, mais o feito de se formar en escolas do sistema de oposición –en que a cultura galega era considerada algo subordinado e marxinal, cando non di-rectamente desprezado– supuxera un importante elemento de distorsión á hora de que o aprendido revertese no sistema teatral galego, nomeadamente no que tiña a ver coa transcendental cuestión da lingua16.

15 A situación non pasaba desapercibida a Alonso Montero (1980), quen asinou un artigo titulado “un problema capital do teatro galego: o idioma dos actores”: “unha chea de actores, que en ocasións transmi-ten un galego de léxico enxebre e gramaticalmente axeitado, teñen pouca praxis lingüística galega (falan moi pouco o galego nas distintas manifestacións da vida diaria e da cultura), i eso, profesionalmente, págase. Quen non está instalado, ben instalado, nun idioma, recítao artificialmente; quen non está ben instalado nunha lingua, ainda tendo talento de actor e condicións de recitador, é incapaz de arrincar da canteira fónica deste idioma as modulacións, a expresividade e os rexistros que constitúen o capital esencial dos grandes utilizadores da palabra artística. ¿Qué facer? Hoxe, como noutras parcelas da nosa cultura, non abonda con empregar o galego. Os actores teñen a obriga de faceren unha utilización non artificial da lingua coa que es-tán comprometidos. Algún día haberá –teríamos que esixilo xa– un instituto de Teatro no que, entre outras, habería estas dúas asignaturas: unha cátedra de Gramática Galega e unha cátedra de Fonética e Ortofonía (recta –e axeitada e xeitosa– pronunciación). Mentras non exista este instituto, os nosos actores, si de certo teñen vocación e compromiso, deberían propoñerse convertir o galego na lingua da súa instalación”.

16 A instrución recibida en centros do sistema español polos que se decidiren a emigrar reforzaba a visión pexorativa da lingua galega e non axudaba a loitar contra a diglosia tan fortemente interiorizada nos seus falantes.

39o modelo de lingua como factor do progresivo distanciamento do público

Carlos Caetano Biscaínho Fernandes

No interior do país, algúns grupos –como a Escola Dramática Galega– mantiveron unha especial preocupación pola formación dos participantes na ce-lebración dramática e organizaron cantos cursos estivo na súa man promover, convidando diferentes especialistas. No entanto, a formación lingüística tivo de ser adiada: o idioma galego continuaba a ser deficitario canto a estudos e espe-cialistas17. Tampouco era contemplada a capacitación en lingua galega no único centro que a comezos da década de oitenta ofrecía formación actoral continuada –a Escola Municipal de Teatro de Narón. A mellora na competencia lingüística dos actores continuaba a depender fundamentalmente do contacto coa lingua viva que proporcionaba a itinerancia dominante.

Nestes primeiros anos oitenta18, aliás, o mundo que rodeaba a produción teatral en Galiza transmitiu á sociedade a idea de conflito, de precariedade, de desolación19…, termos todos que distanciaron ao pobo da celebración dramáti-ca. Con efecto, ningún espectador se sentiu “excepcional” por acudir ás salas e a participación na celebración dramática acabou por non reportar ningún tipo de capital. Á escasa atracción que provocaban estes espectáculos entre a poboación urbana –resistente a adoptar a lingua galega como trazo diferencial do sistema cultural20–, sumábase o progresivo distanciamento dos habitantes do rural, cada vez menos interesados nunha actividade dramática que inicialmente os seducira, mais que agora ía perdendo atractivo –entre outras cousas, porque non se pres-taba atención á competencia lingüística dos actores.

17 O instituto da Lingua Galega –dependente da universidade de Santiago– nacera en 1971 e desde 1978 existía a Asociación Sócio-Pedagóxica Galega (AS-PG), mais o sistema non contaba aínda con especialistas que formasen os actores na prosodia galega ou outros aspectos lingüísticos. A bibliografía a este respecto era igualmente limitada.

18 Durante os primeiros anos da lexislatura inaugural, o teatro foi practicamente ignorado. Ao des-coñecemento case absoluto do sistema teatral configurado nos últimos anos, uníanse os preconceptos conservadores asociados á figura dos “teatreiros” e o perigo que supuña para un goberno conservador e continuísta unha actividade caracterizada polo súa dimensión social e nacida da reivindicación nacional e da loita contra a ditadura.

19 Nun controvertido texto publicado no suplemento dominical do Faro de Vigo (23-1-1983) –onde se chegaba a afirmar que o teatro galego non existía– acumulábanse estas asociacións: “Tampoco la desnutri-da escena gallega ha sido, por lo general, proclive ni a la alegría ni al cachondeo. Aún diría más: la risa ha sido siempre vista con recelo dentro de la profesión, como algo sospechoso que convenía evitar. […] nues-tros profesionales son tristes (las excepciones, si las hay, ademas de honrosas son semiclandestinas porque apenas se les ve el pelo). Son tristres y mediocres.”

20 Na súa maioría, tratábase de persoas que abandonaran a lingua galega no intento de mellorar social-mente e non era fácil que se convencesen da utilidade da inversión do proceso.

40a lingüística galega desde alén marsociolingüística, estandarización e glotopolítica

Este desleixo coa lingua empregada nos palcos21 tiña enormes repercu-sións entre o público galego-falante, que ademais de sentir que deixara de ser un referente para a creación escénica –coas vantaxes que isto lles reportaba nos novos repertorios–, interpretaban que o teatro xa non era unha arma tan útil na loita contra a discriminación.

A norma sistémica que representaba a lingua galega tampouco experimen-taba un fortalecemento real na sociedade galega, fóra dun recoñecemento su-perficial e ritualizante, tal e como denunciaba a Compañía Luís Seoane na súa Memoria 1980-198322.

Tras o Decreto de bilingüismo, a normativa en materia de lingua non tivo desenvolvemento até a Lei de Normalización Lingüística (LNL)23, aprobada en xuño de 1983. Previamente, a principal política lingüística24 consistiu na incor-poración do galego á actuación gobernativa, elemento de enorme importancia pola proxección social deste tipo de comportamentos. Porén, as manifestacións realizadas en idioma galego estaban fortemente condicionadas polos limitados coñecementos dos políticos e os preconceptos diglósicos instalados na sociedade galega –moi presentes nas fileiras dos partidos conservadores que venceran nas eleccións de outubro de 198125. Estas declaracións transmitían con frecuencia a sensación dunha lingua subordinada e distanciada dos usos cotiáns, impresión que se facía extensiva ás outras celebracións sociais que incorporaban os novos repertorios. De aí a considerar igualmente distantes os repertoremas alternativos

21 Moitos actores só falaban galego na escena e acostumáronse a un uso limitado e artificial do mesmo, de tal maneira que a lingua oral cotiá deixou de ser un claro modelo a imitar. As especiais circunstancias que vivía o sistema tampouco favorecían o investimento en aprendizaxe, incluído o lingüístico.

22 Na publicación da Luís Seoane podía lerse: “Non, a normalización talvez non sexa cousa dunha déca-da. Quizaves que ainda haxa que recordar aquel principio que animara ás irmandades da Fala no primeiro terzo dete século: salvar a língua. Porque o noso galego, despois de ser maltratado coa escusa da rendabi-lidade política, volve á catacumba literária e ao discurso institucional, sen ter conquistado o vigor de língua en pleno uso”.

23 As verdadeiras accións normalizadoras non comezarían até o desenvolvemento normativo da LNL nos diferentes ámbitos –ensino, educación, etc–, feito que tivo lugar na segunda metade da década de oitenta.

24 “En todo caso, non podemos falar con propiedade de política lingüística ata que non se dota de ferra-mentas e instrumentos xurídico-políticos: o Estatuto de autonomía de Galicia e o seu posterior desenvolve-mento normativo en política lingüística, nomeadamente na Lei de normalización lingüística” (Monteagudo e Bouzada, 2002: 56).

25 “Nestes intres de ledicia…” comezaba reiteradamente os seus discursos públicos o presidente Fernán-dez Albor, evidenciando o ancilosamento do idioma empregado nunha dimensión fosilizada e ríxida. Os galego-falantes non se recoñecían nesa lingua sen alma.

41o modelo de lingua como factor do progresivo distanciamento do público

Carlos Caetano Biscaínho Fernandes

había poucos pasos, principalmente se a súa asunción non reportaba ganancia ningunha26.

Por outro lado, suspendida a contestación antifranquista, a escena deixaba de funcionar como plataforma de participación cidadá27. Ademais, a irregular programación –realizada sen un criterio recoñecíbel– impedía que se adaptase ás exixencias da nova dinámica da sociedade democrática. A reivindicación nacio-nal, moi presente na (re)fundación da actividade teatral galega, perdera unha par-te da súa razón de ser após o recoñecemento da Comunidade Autónoma galega e un sector importante da sociedade non sentía a necesidade de reclamar un maior grao de cohesión social a partir duns repertorios diferenciados, instalándose así nunha indolencia inmobilizante. Finalmente, esta indiferenza diante do reper-torio proposto representaba unha notábel resistencia pasiva28 á súa instalación.

En xullo de 1984, a colección dos Cadernos da Escola Dramática Galega incluía no seu número corenta e cinco o ensaio Teatro e Nacionalismo, asinado por Daniel Cortezón, en que o autor de Ribadeo repasa o papel da actividade dramática na reconstrución nacional e foca con clareza a dramática situación en que vive a lingua –núcleo central dos repertorios alternativos–, esmagada pola diglosia, o auto-colonialismo e a interiorización do odio aos trazos distintivos, fenómenos con enormes consecuencias na celebración teatral29. Na súa análise, Cortezón pon á vista a verdadeira disxuntiva que se lle presentaba á cultura gale-ga: converterse nunha “reserva” ou ultrapasar eses límites30.

26 O aseguramento de acceso a bens a través do emprego do idioma –ligar lingua e prosperidade– supón a máis decisiva intervención normalizadora; así o expresaba Manuel Lourenzo (Hoja del Lunes, 6-4-1981): “En Galicia, xa non é tanto o problema do idioma, como a normalización social e económica. Nestes últimos anos a implantación do galego no teatro non provocou ningunha resposta en contra, a grandes rasgos”.

27 “impagable cuando se trataba de trasladar a espacios de libertad la reflexión política que la dictadura prohibía, el teatro apareció como un vehículo anacrónico cuando esa reflexión podía hacerse ya en su lugar natural” (Fernández Torres, 2000: 36).

28 “Coa resistencia pasiva, non é que a xente se conxure en secreto contra as novas opcións. Simplemen-te non lles fan caso. Se xa non poden evitar as opcións propostas para o dominio público ou mesmo xa están dentro delas, polo menos tratan de evitar que tales propostas entren na casa. Por exemplo, a xente pode aprender a falar unha linguaxe en público, pero non necesariamente facer o mesmo no ámbito familiar” (Even-Zohar, 1998: 484).

29 Estes complexos impiden, por exemplo, a fluencia natural do sotaque galego dos actores na escena, de maneira que a lingua se ve sometida a un proceso de neutralización e aseptización que a desvirtúa.

30 “Trátase, a remate de contas, de si a cultura se “conforma” coa supervivencia ou si se plantexa en ter-mos de universalizarse como realidade político-social capaz de ser aportada e “traducida”” (Cortezón 1984: 4). A opción pola que se decanta o dramaturgo rexeita calquera tipo de subalternidade dos repertorios teatrais galegos a respecto dos españois: “igual que na literatura en xeral, temos que vixilar a posibilidade

42a lingüística galega desde alén marsociolingüística, estandarización e glotopolítica

Fose ou non unha coincidencia no tempo, o certo é que as súas reflexións resultaban decididamente oportunas nun momento en que se estaba a pór en andamento a compañía institucional galega.

4. creación do Centro Dramático Galego e definición dun estándar lingüístico desnaturalizado a través do audiovisual

Tras dous anos en que o teatro case non tivo cabida dentro da política cultural do primeiro goberno autonómico, o 27 de marzo de 1984 –coincidindo coa celebración do Día Mundial do Teatro– Luís Álvarez Pousa, director xeral de Cultura, presentou publicamente a política teatral do equipo do conselleiro Víctor Vázquez Portomeñe. Un dos puntos do programa de actuación –en que non se incluía ningunha medida que incidise na capacitación lingüística dos tra-balladores dos palcos– levantou enormes espectativas dentro do panorama teatral galego: a creación dun Centro Dramático Galego.

As dúas primeiras producións propias do cdg –Woyzeck31 (1984) e Aga-sallo de sombras (1984)– representaron unha grande oportunidade de introducir fórmulas de consumo teatral practicamente inéditas no panorama galego. Coa institucionalización que o CDG representaba, a actividade dos palcos deixaba de ser unha plataforma en que expresar o compromiso na construción nacional para abrirse a un público máis diverso, incluíndo camadas sociais que até entón se mostraran indiferentes diante desta actividade social. Estábase a propiciar un consumo burgués dos produtos escénicos –máis acorde coa nova realidade do

de crear un teatro residual, un teatro que sexa un subproducto, un teatro que refuxie sua incapacidade creadora en formas parateatrais e folclóricas, un teatro no que o compromiso social perda de ollada á proxección histórica e que, endebén, o compromiso deixe valeiro de contido nacionalista –na alianza po-pular político-rexionalista de gaita, muiñeira e queimada– a finalidade superior da expresión artística no campo da cultura “universal”.” (Cortezón, 1984: 11).

31unha das características de Woyzeck máis criticadas foi o feito de se tratar dunha tradución, algo que desde certos sectores nacionalistas non foi ben aceptado, até o punto de promoveren o boicot (M. Veiga, 1984). Sen chegar a estes extremos, Fernán-Vello (1984a) facía cuestión sobre a elección: “Sen dúvida, hai un grande coñecimento do teatro universal e contemporáneo na persoa ou persoas que decidiron neste maravilloso drama do poeta revolucionário alemán obra ideal e indicada para apresentar ao público o milagre dunha produción inicial de trascendéncia tanta. é acertado comezar asi a andadura do Centro Dra-mático Galego? Resposte o público e o teatro mesmo, resposte o país e resposten Cunqueiro (non escrevia mais teatro porque non se representava), Castelao, D. Ramón Otero, Cabanillas, etc. Contodo, benvido sexa o autor de Dantons Tod a enriquecer o noso panorama teatral, sobretodo se é através dunha versión ao galego de Manuel Lourenzo, efectuada directamente do alemán, tan cuidada na forma (língua) e no fondo (amor ao texto teatral)”.

43o modelo de lingua como factor do progresivo distanciamento do público

Carlos Caetano Biscaínho Fernandes

país– e con el a masiva sanción social dos repertorios teatrais e culturais galegos32. As funcións non se programaban para os excluídos do sistema español ou os mi-litantes dunha causa: a nova entidade era de todos33.

Porén, o público recibiu nestas primeiras encenacións unha forte puñada na cara: sen pretendelo, os creadores do CDG deixaron en evidencia aos espec-tadores, tornando patentes as súas carencias culturais, e excluíronos dunha cele-bración para a que cumpría estar iniciado34. Despois de tanto tempo de penurias e limitacións, a xente do teatro tivo á súa disposición os medios para realizar espectáculos que até ese momento ficaran fóra das súas posibilidades e isto fixo que se esquecesen de golpe todas as estratexias coas que se tentara alcanzar un equilibrio entre innovación e a atención ao público35. Con estas propostas está-base a por en perigo as novas fórmulas de consumo e a propiciar que os termos negativos asociados á actividade dramática galega que se querían superar fosen substituídos por outros igualmente contraproducentes –seriedade estrema, te-dio, pesadume, fastío…–, que podían provocar unha resistencia pasiva por parte do público potencial. A vontade dos creadores de repertorio de superar as mi-serias anteriores levábaos a adoptar fórmulas teatrais “graves”, que relacionaban inconscientemente con “respectábeis” e “grandes”.

32 A prensa facíase eco desta pretensión na estrea da primeira encenación do CDG: “Este estreno apare-ce repleto de expectativas e ilusiones, miedos y sombras, porque, en definitiva, el proyecto del Centro Dra-mático trata de establecer las pautas iniciáticas de un alternativa cultural” (El Ideal Gallego, 19-8-1984).

33 A estrea de Woyzeck no Teatro Rosalía da Coruña foi, neste sentido, absolutamente indicadora desta nova dimensión social do teatro: asistir a estes actos reportaba prestixio e capital cultural, daba crédito –como se da ópera ou os concertos de música culta se tratar. A presenza dos membros do Goberno conser-vador da Xunta representaba unha verdadeira revolución para un teatro que nacera ligado ás posicións nacionalistas e de esquerdas e supuña un paso enorme na súa definitiva instalación na sociedade galega. Desaparecía desta maneira o pesado lastro que supuña a ligación entre teatro galego e miseria, disputas, tristeza, desolación… A celebración teatral convertíase nun auténtico acontecemento social e o público agradecía a magnificencia das montaxes.

34 “Houbo xente que se dormiu, outros aos que se lle abria a boca; alguns que aguantaron a duras penas toda a representación e outros que non andaron con remilgos, que non tiveron medo a pasar por incultos, ali onde estaba toda “a tona da intelectualidade galega” (ou os pretendidos intelectuais en moitos casos); e abandonaron o teatro. E non se trata de quitarlle importáncia a esta obra, mais si parece indubidábel que nunha situación tan problemática como a do teatro en Galiza, Woyzeck non pode estar entre as prioridades. […] cántas representacións se poderán facer en Galiza de Woyzeck? Contadas. unicamente nas cidades a para contadas persoas afeitas ao teatro e unha ampla formacion. Ainda que haberá tamén alguns máis que quererán amostrar a sua cultura, asistindo á sua representación con cara de estar metidos de cheo na obra. […] este non é o camiño cara potenciar o noso teatro, para voltarlle ao povo o gosto e o interés polas representacións” (A. E. 1984).

35 Algunhas recensións críticas non podían ser máis elocuentes: “Demostrar que aqui pódese facer “tea-tro de altura” pode ser importante, pero eo moito máis que o povo vaia ao teatro” (A.E. 1984).

44a lingüística galega desde alén marsociolingüística, estandarización e glotopolítica

Tamén no que ten a ver coa lingua se estaba a abandonar pouco a pouco a difícil equidistancia –procurada nos anos setenta– entre a ampliación e moder-nización do idioma e a vontade de o manter accesíbel –e recoñecíbel– para o conxunto do pobo galego-falante. As encenacións do Centro Dramático presen-taban unha lingua culta, ampla e moderna que ultrapasaba os usos defectivos aos que se vira reducido o idioma até había moi pouco36, mais a prosodia dos actores non mereceu unha atención especial37 –feito que non pasou desaparecibido á poboación instalada na lingua do país.

O elitismo do que foron acusadas as primeiras encenacións do Centro Dramático foi rapidamente proscrito desde as instancias gobernativas38 e ligou-se directamente o éxito de público co xénero cómico. Este razoamento non tiña en conta que a comezos da década de setenta a poboación galego-falante se sumara á celebración teatral non porque fose máis ou menos amena, senón porque era unha vía de dignificación que o rescataba das posicións máis periféri-cas dun sistema agresivo que facía escarnio dos seus trazos distintivos e porque esa actividade social lle reportaba unha posición privilexiada no sistema desde o momento en que uns actores fundamentalmente urbanos e instalados na lingua española tomaban os galego-falantes como valioso referente –cando menos no nivel lingüístico.

A política cultural do Goberno autonómico non pretendía unha interven-ción real en favor dos repertorios galegos –entre eles, os teatrais–, pois encubría a intención contraria. O partido que exercía o poder nunca tivo entre os seus obxectivos a consolidación en Galiza dun sistema diferenciado, mais tampou-co podía desatender a lingua e os demais trazos culturais galegos, posto que o novo poder descentralizado se vería privado dun dos seus principais elementos

36 Tras eles estaban dous dos dramaturgos galegos máis preocupados pola dignificación do idioma galego nos palcos: Manuel Lourenzo, responsábel da tradución de Woyzeck, e Roberto Vidal Bolaño, autor de Agasallo de sombras.

37 A formación foi unha das tarefas encomendadas ao CDG desde a súa fundación, mais o primeiro curso non se celebraría até a primavera de 1985 e non foi contemplada no mesmo a capacitación dos actores en lingua galega.

38 As camadas dirixentes estaban dispostas a malograr calquera tentativa de colocar a actividade dra-mática galega en posicións que puidesen ameazar a prevalencia da cultura española como vía de acceso ás vangardas e de obtención do valioso capital cultural. unha actividade marxinal –museística, anecdótica, folclórica ou populista– non molestaba á ideoloxía da elite no poder; no entanto, un teatro diversificado que non se vise reducido a un ghetto protexido que o distanciase do groso da poboación batía directamente cos intereses non confesos da Xunta.

45o modelo de lingua como factor do progresivo distanciamento do público

Carlos Caetano Biscaínho Fernandes

lexitimadores. Aliás, unha posición contraria reforzaría o movemento reivindica-tivo e provocaría a perda de base electoral. Por iso, tras as demorar todo o que estivo nas súas mans, a Xunta foi presentando –condicionada polo que sucedía nas outras nacionalidades históricas– unha serie de medidas destinadas á promo-ción e defensa da cultura galega que, na verdade, non eran máis do que unha fachada coa que anular as demandas dunha parte do tecido social e desactivar a planificación que viñan realizando até entón os colectivos de creadores e outras organizacións cidadáns.

Un dos exemplos máis evidentes –para alén do Centro Dramático Galego–, represéntao a canle autonómica de televisión (TVG), que se presentaba como unha excelente plataforma desde a que consolidar un sistema cultural diferen-ciado. Nacida da iniciativa persoal do vicepresidente Xosé Luís Barreiro, o 25 de xullo de 1985 iniciaba a súa emisión coa intención de que esta fose integra-mente en lingua galega. Porén, as bondades que este novo ente brindaba para a expansión dos repertorios alternativos víronse rapidamente anuladas por unha intensa campaña de desprestixio e deslexitimación –apoiada pola pasividade da Administración– que tivo a súa máxima expresión no cualificativo de “telegaita”, un termo que atacaba directamente o principal dos seus fins negándolle aos seus espectadores o acceso a recursos –a adhesión á súa programación non lles repor-taría nada positivo.

A política lingüística foi igualmente pérfida39, pois aparentando posicio-namentos favorábeis á recuperación social do galego, estabeleceu un marco de connivencia coa diglosia asimilacionista que tivo a súa expresión no “bilingüismo harmónico” perpetuador do desequilibrio. Aplicado á televisión, por exemplo, impediu a definición dun modelo de lingua estándar que incorporase trazos fó-nicos e prosódicos decididamente diferenciados do correlato español40 –algo que

39 A Xunta non estaba disposta a promover unha mudanza que tería enormes repercusións non só culturais, senón tamén políticas e económicas: “En efecto, unha lingua propia pode converterse nun factor de creación de novas actividades e de desenvolvemento económico con importantes consecuencias no eido social e político coa configuración de novos grupos de poder e novas elites políticas converténdose nun elemento de cambio e mobilidade social. Velaí a importante conflitividade que se produce arredor destes factores identitarios dado que non se está a falar de sentimentos ou emocións individuais senón de ele-mentos desencadeantes de procesos de cambio político, económico e social que afectan a todo o colectivo social” (Cao, 2005: 166).

40 A creación do estándar oral –un elemento de tanta transcendencia– recaeu na propia TVG sen que existise outra institución especializada que interviñese de maneira directa: “Pola forza dos feitos e da

46a lingüística galega desde alén marsociolingüística, estandarización e glotopolítica

si fixo a televisión catalá–, de maneira que aos efectos positivos que tivo para a normalización do idioma escoitar falar a lingua de Rosalía aos protagonistas das series americanas, por exemplo, opúxose un progresivo alienamento da lin-gua empregada no medio41, circunstancia rapidamente advertida polos galego-falantes. A TVG fomentaba así a interiorización de que para os rexistros cultos ou coidados da lingua había que adoptar fonética e entoación españolas –tal e como se facía no telexornal. O galego oral real –con sotaque galego– continuou asociado ás camadas máis desfavorecidas ou ignorantes da sociedade polo que mantivo todas as connotacións negativas que arrastrara até entón e viuse excluído dos contextos máis formalizados.

A TVG abriu, ademais, un novo campo de traballo para os profesionais da escena: a dobraxe. Atraídos polos ingresos que esta nova faceta actoral reporta-ba, moitos intérpretes centraron o seu labor nos estudos de dobraxe, de maneira que o conglomerado de creadores viviu nesta altura unha verdadeira revolución froito do transvase de activos ao Centro Dramático e á dobraxe e a consecuente desactivación das compañías –feito que propiciaría o relevo de creadores escéni-cos a través da incorporación de novos grupos profesionais.

Como durante estes anos non se deu ningún outro tipo de iniciativa de-cidida que procurase o melloramento da competencia lingüística dos actores –principalmente nos niveis fónico e prosódico– e, no xeral, a política en materia de difusión do idioma concentrábase no apartado léxico e morfolóxico42, a dobraxe

necesidade, correspondeu na nosa historia recente ao departamento lingüístico da TVG o duro labor de ter que ir dando solucións sobre a marcha ás amplas áreas non lexisladas e aplicar unha fonética normativa, exercendo así unha autoridade parcial (non se estendía, nin moito menos, a todas as emisións) e para a que só estaba facultada polo poder económico da TVG como pagadora das dobraxes que encargaba ou das pro-ducións que adquiría (mais case non hai dobraxe nin produción en lingua galega se non as compra a TVG) […] Ora, o que nunha fase inicial podía explicarse con carácter transitorio, acabou prolongándose sen cabo, creando unha situación tan anómala como a que supón que sexa exclusivamente un departamento da TVG e non os profesionais lexitimados para facelo (os titulados pola universidade en Filoloxía Galega) a autori-dade encargada de certificar a calidade lingüística das producións ou as dobraxes” (R. Veiga, 2004: 323).

41 Raúl Veiga (2004: 321) comenta algúns dos trazos desta desnaturalización: “Se os rexistros da dobraxe podían resultar por veces non aceptables, o problema non estaba (non podía estar) no galego. Radicaba no obvio carácter de traducións que tiñan os textos (cando o procedente é unha reescrita), nos castelanismos fonéticos e prosódicos, nos manierismos herdados da dobraxe castelá, en rexistros lingüísticos incoherentes, escasamente diferenciados, ou que non se daban emancipado do padrón da escrita para ofreceren unha imaxe da lingua oral viva e verosímil”.

42 A pesar do valor que se lle recoñecía ao teatro e os medios audiovisuais –incluída a TVG– na consoli-dación do galego como lingua nacional, as institucións galegas –Consellaría de Educación e Cultura, univer-sidade, instituto da Lingua Galega…– non programaron ningún curso especialmente dirixido á capacitación idiomática dos actores e locutores. As consecuencias foron gravísimas.

47o modelo de lingua como factor do progresivo distanciamento do público

Carlos Caetano Biscaínho Fernandes

axudou a propagar entre os traballadores da escena o modelo de lingua oral que se estaba a instaurar na televisión, fenómeno que provocaría o distanciamento do público galego-falante da actividade dos palcos –perda que se unía ao malogro do consumo burgués, maioritariamente español-falante, que se deu após as pri-meiras estreas do CDG. Na segunda metade da década de oitenta, o coidado pola lingua a todos os niveis converteuse nun trazo tan infrecuente nas ence-nacións galegas que as escasas excepcións chamaban poderosamente a atención de público e crítica43. O desleixo lingüístico e a diglosia presidían os procesos creativos44.

5. A deserción popular intensifícase na última década do século vinte

A finais da década de oitenta, o público urbano mostrábase indiferente á oferta teatral galega e non achaba motivos para asistir ás funcións dos grupos do país –non se gañaba prestixio, nin posición social, nin capital cultural, nin nada45, e relacionábase con demasiada frecuencia a actividade escénica ora coa “telegai-ta”, ora co conflito, a penuria, etc.

O rural, aínda maioritariamente galego-falante, fora quen sancionara a (re)fundación dun sistema teatral que incorporaba como principal norma sistémica a lingua galega, mais nesta altura non se sentía identificado con ese tipo de ce-lebración e xa non percibía –como sucedera anos atrás– que a adhesión a estes repertorios lle reportase o acceso a ningún tipo de recurso: resultaba moi eviden-te que deixaran de ser referentes lingüísticos para uns actores que violentaban o galego encorsetándoo en modelos prosódicos e fonéticos españois e que os

43 Os comentaristas, por exemplo, salientaban como unha auténtica rareza a lingua empregada por Manuel Lourenzo en Mozart e Salieri (1986), da Escola Dramática Galega: “[…] ha sabido […] ofrecernos un gallego de limpia dicción y armónica impostación, tan inusual en muchos actores de nuestra tierra” (Alvarado, 1987).

44 Así o advertía Miguel Pernas (1985): “A diversidade é grande, mais o noso idioma une á xente do teatro. Se este feito é unha realidade louvábel, non é tan digno de mérito o galego que se escoita en boca de moitos actores e actrizes. Non se trata de dicer un texto nun idioma concreto para que a interpretación sexa orgánica e comunique en eséncia co público; todo o proceso de criación do espectáculo debe respirar as maneiras da nosa xente”.

45 Xosé Luis Vilela (1987) enunciábao con total rotundidade: “¿E tal o desleixamento e a preguiza dos cidadáns galegos, que seguirían a se engaiolar exclusivamente coas grandes creacións “madrileñas” –permítaseme utiliza-lo adxectivo sen ánimo despreciativo ningún– se poideran obter espectáculos tanto ou máis gratificantes en galego?”.

48a lingüística galega desde alén marsociolingüística, estandarización e glotopolítica

novos repertorios volvían a os marxinar –a partir do sotaque, un dos principais trazos caracterizadores– como xa fixeran os repertorios españois.

Finalmente, as camadas comprometidas na construción nacional tiñan agora outras plataformas en que canalizar a súa reivindicación e tamén deixaron de parte o teatro. A actividade escénica ficaba así sen destinatario.

No xeral, os profesionais do teatro non chegaban a distinguir con total clareza a renuencia aos repertorios alternativos galegos que se estaba a estabe-lecer entre a cidadanía galega e aínda consideraban que a consolidación dun sistema teatral autónomo do español pasaba exclusivamente pola mellora das circunstancias laborais dos traballadores dos palcos e o patrocinio público dun número suficiente de funcións. Así, cando en 1987 os creadores dramáticos se mobilizaron para reclamar o apoio das institucións públicas46, non figuraban entre as prioridades da súa reivindicación a capacitación profesional dos acto-res ou a posta en andamento dunha planificación cultural decidida e coherente que xerase cohesión social á volta duns repertoremas distintivamente galegos –nomeadamente a lingua.

A deficiente competencia lingüística dos actores para se desenvolveren en galego –factor de enormes consecuencias para a aceptación popular– non era tomada en consideración nesta altura, de maneira que o colectivo profesional en ningún momento demandou oportunidades para mellorar o seu coñecemen-to do galego. Nun panorama dominado polo autodidactismo, os escasísimos cursos de voz que se celebraron nesta altura estiveron encomendados a espe-cialistas españois47 e, como é lóxico, non atenderon ás particulares prosódicas galegas.

En 1988, no entanto, a situación pareceu mudar un pouco e cando, no seo do I Encontro do Teatro Profesional celebrado en Ferrol, se analizou a rela-ción do teatro galego coa cidadanía e as causas polas que o público non acudía ás encenacións do país –por fin parecía que os profesionais comezaban a intuír a renuencia social aos repertorios alternativos que se fora espallando na cidadanía

46 Este momento reivindicativo tivo a súa primeira expresión nunha orixinal cea-protesta celebrada o día 21 de febreiro no Centro Cultural García Barbón de Vigo.

47 En agosto de 1986, por exemplo, a Asociación de Actores, Directores e Técnicos organizou –co apoio da Consellaría de Cultura– un curso de voz impartido por Jesús Aladrén, profesor da Real Escola Superior de Arte Dramático de Madrid que xa fora convidado a comezos da década pola Escola Dramática Galega.

49o modelo de lingua como factor do progresivo distanciamento do público

Carlos Caetano Biscaínho Fernandes

galega–, a cuestión do modelo de lingua empregado nos palcos foi xa contem-plada48.

Mais non era apenas a desatención con que os actores trataban a lingua o que levaba ao público a se distanciar da principal norma sistémica que definía o teatro galego: a resistencia a asumir o idioma propio como elemento de cohesión social nacía tamén dunha política cultural neglixente –interesadamente negli-xente– que non permitiu que a adopción dos repertoremas galegos alternativos envolvese o desprazamento cara lugares máis centrais do espazo social –noutras palabras, que non aumentase de maneira real o peso socio-cultural do individuo que se decidise por falar galego.

Aínda que os dous anos de goberno tripartito (1987-89) supuxeron “un avance na autonomización de Galicia tanto dende o punto de vista político como social” (Cao, 2005: 217) e o desmantelamento da secular estrutura caciquil fi-gurase entre os obxectivos da súa acción á fronte da Xunta, en ningún momento as formacións políticas que o integraban –Partido Socialista Obreiro Español, Coalición Galega e Partido Nacionalista Galego– abrigaron o desexo convencido de traballar pola definitiva configuración na Galiza dun sistema cultural indivi-dualizado en que se integrase unha actividade teatral definida por uns repertorios diferenciados dos imperantes no resto do Estado español.

A longa etapa de Executivos liderados por Manuel Fraga (1990-2005) caracterizouse por unha singular “galeguización” centrada na apropiación sim-bólica dalgúns referentes do galeguismo e nunha difusa filiación emocional aos valores máis tópicos e inmobilistas de pertenza á Galiza, desvinculada de calquera pretensión real de alcanzar a cohesión nacional á volta duns repertoremas cultu-rais propios. No terreo teatral, dúas foron as grandes liñas que definiron a falaz intervención normalizadora destes Gobernos: o férreo control institucional e a vontade decidida de retirar a actividade dramática do primeiro plano da actua-lidade, aquietando e desactivando calquera tipo de polémica ou loita simbólica –factores tremendamente vivificadores para o sistema. Ambas compareceran xa cos executivos anteriores, mais será agora cando se intensifiquen e acaben por

48 No relatorio “A lingua galega no teatro: aptitudes-actitudes”, Cándido Pazó puña en destaque os comportamentos diglósicos dos traballadores da escena e o desleixo xeneralizado pola lingua galega que invadía o teatro do país.

50a lingüística galega desde alén marsociolingüística, estandarización e glotopolítica

caracterizar plenamente a relación dos dirixentes autonómicos coa actividade dramática galega.

Unha das vías de control que afectou á produción teatral foi a que derivou da imposición dunha norma lingüística non consensuada49 e a aplicación por parte de persoas sen verdadeira competencia neste idioma –e até agresivamente contrarios á súa normalización social– de medidas represivas máis preocupadas por fanaren eventuais tentacións reintegracionistas que por sanearen o discur-so de castelanismos deturpadores. Un dos principais campos de actuación desta “policía lingüística” constituíuno a dobraxe, desde onde se espallaba ao teatro a través da interiorización que da represión facían os actores que traballaban en ambos medios50.

A conxunción do crecente desinterese dos actores pola lingua galega –e aínda dos dramaturgos– coa interiorización da represión das variantes “perigo-sas” provocou un empobrecemento xeneralizado do idioma dos palcos, cada vez máis ritualizado e distanciado dun modelo lingüístico extenso e dúctil.

A lingua galega era un dos elementos que espertaba maior renuencia entre unha cidadanía que entendía que a súa asunción non lle reportaría ningún beneficio –antes ao contrario, representaría un enorme lastre. Os preconceptos diglósicos non diminuíron nestes anos e até certos círculos universitarios preocupados polo futuro da lingua se mostraron permeábeis a este tipo de opinións51.

49 As Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego, redixidas en 1982 polo instituto da Lingua Galega (iLG) e a RAG, foran consagradas pola Xunta como normativa oficial en 1983, mais foi a finais da década de oitenta cando se fixo máis virulenta a represión das outras opcións.

50 Manuel Lorenzo, un destes profesionais, protestaba enerxicamente –xa en tempos do Goberno tri-partito– contra este tipo de censura castradora que representaba un obstáculo máis para quen defendía a dignificación do galego empregado no audiovisual: “Os atrancos, contra o que se di, non veñen exclusiva-mente da situación de domínio que a língua galega padeceu sempre ao longo da história. Moitos atrancos proceden tamén doutros motivos máis interiores e máis vergoñentos como os que está a haber actualmente: a imposición por parte da burocracia dun sistema sobre o que, a miudo, o ignora todo. […] A Administración é unha servidora dos cidadáns e o único que ten que facer é velar para que as cousas cumpran co fin para o que foron feitas; e o fin dunha língua é que se fale e que se escreba. Por isto é polo que hai que velar” (Castelo, 1988).

51 Como exemplo, reproducimos o posicionamento de Alonso Montero con motivo da tradución de Yerma para o galego: “A traducción galega de Yerma […] sería un capítulo máis dese tipo de promocións do idioma galego que, por seren superficiais ou anecdóticas, convértense en contraproducentes. A Filo-loxía (que é amor á palabra auténtica) ten motivos de abondo para estar desacougada. Traduci-las palabras de Lorca ó galego implica, para nós, oílas sen unha parte da súa música e da súa maxia. Comprendo ben que esta obra se ofreza, en Portugal, en portugués (como xa a ofreceu hai anos o director do Centro Dramáti-co), pero a nós non hai que roubarnos certos matices da lingua e da poesía das escenas de Lorca” (Alonso Montero, 1990).

51o modelo de lingua como factor do progresivo distanciamento do público

Carlos Caetano Biscaínho Fernandes

Os comportamentos diglósicos espalláronse tamén entre os envolvidos na creación de espectáculos, que interiorizaron que o galego só resultaba útil como “lingua funda”52 (Pazó, 1988). Fernán-Vello lamentaba o “descoñecimento gla-cial” do idioma que mostraban impudicamente moitos profesionais das táboas e non dubidaba en considerar esquizofrénica a súa maneira de traballar53.

A ausencia de compromiso co idioma propio e o desexo de ampliar hori-zontes de mercado levou ás compañías a facer uso da dupla versión dos espec-táculos54 –a galega e a española–, de maneira que no resto do Estado xa non se deron funcións na lingua de Rosalía. Rompeuse así a práctica instaurada polos grupos (re)fundacionais de empregar unicamente o galego nas súas encenacións, con independencia do lugar onde fosen exhibidas. Este foi outro dos factores que repercutiu negativamente na calidade da lingua empregada nos palcos, pois a diglosia fortemente interiorizada –unida á tendencia natural a non redobrar esforzos– levaba aos actores que participaban nestes espectáculos a extremar os coidados na versión española e desleixar a realizada na lingua da Galiza55, que así aparecía cada vez máis desnaturalizada nos palcos. Por outro lado, con estes comportamentos se retroalimentaba a subalternidade da cultura galega a respec-to da española.

52 “A lingua que un se bota ó lombo para se enfrentar ó estrado ou ó micrófono. iso si, todo o que non é estrictamente libreto ou guión faise en castelán” (Pazó, 1988: 18).

53 “Mesmo nalguns ensaios de obras galegas se utiliza, coas consabidas excepcións, o maravilloso, por outra banda, idioma de San Juan de la Cruz. Aqui a conciéncia ética e a conciéncia estética funden-se admi-ravelmente nun só plano desta particular realidade patolóxica: a esquizofrénia. Vexamos. O actor ten que interpretar en galego, mais o director dirixe-se a el en castellano. O actor cando deixa de interpretar fala en castellano, mais na sua cabeza e no seu corazón aínda resoan as anteriores frases en galego. O director con-funde-se e agora dirixe-se a todos en galego, mais axiña se decata e cámbia ao castellano, co conseguinte relax de dous, tres ou catro actores que dez minutos máis tarde volverán a interpretar en galego. Como se pode traballar asi? é isto posível? Vai ir adiante o teatro galego con esta falta absoluta de conciéncia ético-estética da língua?” (Fernán-Vello, 1990).

54 Eis un dos moitos exemplos: ““Mullieribus”, orixinal da devandita D. Bárcena […] será exhibida, ver-tida ó castelán, en escenarios do País Vasco, Asturias, Aragón, Murcia, Alicante e Huelva. Segundo a actriz, o interés despertado por “Mullieribus” no resto do Estado pode abrir novas vías para o teatro galego en xeral” (El Correo Gallego, 3-3-1988).

55 Os actores galegos entendían que se nas súas viaxes alén Miño se expresaban nun español incorrecto, agromarían logo os tópicos máis denigrantes sobre a figura do galego e iso repercutiría negativamente no seu traballo. No entanto, non consideraban que tivese a máis mínima transcendencia empregar nos palcos nun galego deturpado. Lembremos, ademais, que a competencia dos intérpretes en ambos idiomas non era comparábel.

52a lingüística galega desde alén marsociolingüística, estandarización e glotopolítica

Desta maneira, o teatro realizado en lingua galega foi percibido polo groso da sociedade como unha celebración artificial, ritualizada56, lonxincua e comple-tamente allea á realidade cotiá –caracterizada pola crecente asunción dos reper-torios españois como elemento de cohesión social.

A deserción popular produciuse, no xeral, dunha maneira silenciosa e dis-creta, sen ostentosas desaprobacións ou críticas que suscitasen unha vitalizante disputa sobre os modelos de produción e consumo dos espectáculos galegos. O pouco interese que mostraba a cidadanía polas encenacións dos grupos galegos57 levaba ás cámaras municipais –na inmensa maioría desentendidas da sorte dos repertorios alternativos aos españois– a ignorar o teatro; aliás, como a programa-ción de creacións dramáticas galegas ficaba fóra da actividade cultural dos conce-llos, o público tampouco recibía estímulos que o animasen a consumir produtos teatrais feitos en Galiza. Pechábase, así, un círculo vicioso que excluía o teatro propio da vida dos galegos.

6. A situación hoxe

Nos primeiros anos do novo século, os traballadores dos palcos –así como os do audiovisual– continúan a mostrar, no xeral, moi pouca atención polo mo-delo de lingua empregado e o estándar lingüístico que espallan perdeu xa cal-quera conexión coa prosodia real da lingua viva. Nas reportaxes dos telexornais, por exemplo, chegouse ao extremo de os galegos que se expresan na súa lingua semellaren falantes dun idioma estranxeiro nun contexto xeral de lingua castela-nizada e desnaturalizada. Algo semellante acontece co groso dos políticos, cuxas

56 Cándido Pazó (1991: 28-32) consideraba que non se tiña chegado aínda á ritualización, mais advertía das nefastas consecuencias que ese fenómeno provocaría: “[…] o teatro é un dos estrados onde o uso do galego, de seguir no camiño polo que imos, pode comezar a ser un acto litúrxico. […] aceptemos que o feito de facermos teatro en galego está aínda lonxe de ser un simple ritual, pero aceptemos tamén que de persis-ti-la actitude desleigada, no tocante á lingua, da meirande parte dos que fan teatro en galego, máis tarde ou máis cedo chegariamos a esa situación. unha situación que acabaría sendo prexudicial para o memos teatro, pois todo acto litúrxico é, case por definición, frío e distante. […] incomodidade, desacougo, angus-tia e molestia, e outras moitas sensacións negativas máis (desconexión, artificialidade, distanciamento, etc.) pode producilas un actor que ten problemas coa lingua na que fai o seu teatro”.

57 Eis un exemplo: “O Centro Dramático Galego estreou antonte na Coruña a sua primeira producción desta tempada: “O arce do xardín” […] O teatro Colón tiña un valeiro de público inmenso –non se chegaba nin a tres ducias de persoas […] (Tristán de Montenegro, 1989)”.

53o modelo de lingua como factor do progresivo distanciamento do público

Carlos Caetano Biscaínho Fernandes

declaracións non precisan ser lexendadas nos medios españois –a diferenza dos labregos e mariñeiros do país, que si deben ser traducidos.

Entre os intérpretes máis novos, a lingua é aceptada como un pequeno incomodo que hai que sufrir para se incorporar ao campo de xogo, unha for-malidade que non chega a ser un obstáculo importante –posto que non se lles vai exixir un dominio real da mesma. A diglosia invade así todos os procesos de creación. No cinema, a situación aínda resulta máis sangrante58.

Por moi incríbel que pareza, en vinte e cinco anos de Goberno autónomo non se deu ningunha iniciativa importante que procurase a mellora da compe-tencia lingüística dos intérpretes galegos. Calquera comparación con Cataluña faise dolorosa.

Canto á lingua empregada da dobraxe, a prosodia continúa a ser en moitos casos pouco galega, até o extremo de un comentarista se preguntar recentemente “U-la a fonética?” nunha crónica en que daba conta da estrea dunha nova serie59.

A falta de exixencias no que a lingua se refire ten unha importante conse-cuencia sobre os falantes da lingua viva, que ven como a súa competencia idio-mática non reporta ningún tipo de vantaxe, isto é, que falar galego –o galego real– non propicia un desprazamento cara lugares máis centrais do espazo social. A lingua galega, en definitiva, non está relacionada coa prosperidade. Desta ma-neira, consérvase a idea de que para ascender socialmente é preciso se desfacer dos signos diferenciadores, nomeadamente o sotaque.

Até datas moi recentes, a intervención promovida polos sucesivos gober-nos autonómicos procurou abortar calquera proceso de recuperación cultural e dedicou unha especial atención a sancionar a subsidiariedade dos repertorios

58 “A língua galega só se utiliza quando subvençons obrigam (autoridades: tomem nota). Mas trata-se de um uso litúrgico e forçado, um pequeno contratempo que se há de suportar. Os filmes rodam-se em castelhano (Finisterre, El lápiz del carpintero, este último “baseado no romance publicado por Alfagura”, segundo os seus próprios créditos) para a continuaçom ser dobrada para o galego (Campoy, Pagán & Costa, 2006)”.

59 “Non é soportábel a continuidade dunha dobraxe ancorada nos primeiros tempos da cadea nos que a opción por unha prosodia castelanizante foi tomada como unha clara estratexia política. Que aínda hoxe se opte por doblar con voces inspiradas en Sautier Casaseca e a escola radiofónica de Radio Madrid dos anos sesenta do século pasado é unha ofensa á nosa lingua. Voces como as adosadas ás actrices maduras desta serie circulan na liña de Matilde Conesa e Juana Ginzo e calquer semellanza coa fonética galega queda en espellismo (Aboal, 2006)”.

54a lingüística galega desde alén marsociolingüística, estandarización e glotopolítica

galegos a respecto dos españois, ou, noutras palabras, a prevalencia –tras unha importante capa de maquillaxe– da cultura estatal sobre a específica do país, feito que fai que careza de sentido para os que desertaron do idioma da Galiza –ou os que nunca o falaron– se incorporaren á lingua galega. Na verdade, resulta absur-do para o groso da cidadanía asumir o galego ou o resto dos repertorios culturais diferenciados como elementos de cohesión social.

A pregunta agora é se tras as recentes mudanzas políticas se están a por os medios para que esta situación se modifique.

Referencias bibliográficas

Aboal, L. (2006). “Dólmen, unha serie para unha pregunta: U-la a fonética?”, A Nosa Terra 1229, 29-6 a 5-7-2006.

A. E. (1984). “Unha má eleición”, A Nosa Terra 253, 13-9-1984.Alonso Montero, Xesús (1980). “Un problema capital do teatro galego: o idio-

ma dos actores” Faro de Vigo. Vigo. 17-10-1980 (recollido en Alonso Montero (1981) Escritores, desterrados, namorados, desacougantes, des-acougados… Sada (A Coruña): Ediciós do Castro, 123-124).

Alonso Montero, Xesús 1990) “Traicións evitables”, La Voz de Galicia, 28-7-1990.

Alvarado (1987). “Escola Dramática Galega puso en escena “Mozart e Salieri”, de Alexander Puschkin”, La Región, 15-3-1987.

Álvarez Pousa, L. (1989). “Os teatreiros, esa “troupe””, La Voz de Galicia, 28-4-1989.

Beiras, X. M. (1987). “Hanalfabetos” El Correo Gallego, 25-10-1987.Campoy, C.; A. Pagán, & X. Costa (2006). “Misérias do audiovisual galego.

Do compromisso com a língua (III)”, Novas da Galiza 40, 15-3 a 15-4-2006.

Cao, M. (2005). A política económica da Xunta de Galicia. Vigo: A Nosa Terra.Castelo, M. (1988). “O sistema lingüístico oficial utiliza-se represivamente sobre

os escritores”, El Correo Gallego, 15-2-1988.C. L. (1975). “O teatro galego hoxe” La Voz de Galicia, 9 e 16-3-1975.Cortezón, D. (1984). Teatro e Nacionalismo. Cadernos da Escola Dramática Ga-

lega, 45. A Coruña: EDG.

55o modelo de lingua como factor do progresivo distanciamento do público

Carlos Caetano Biscaínho Fernandes

Even-Zohar, I. (1995). “Planificación da cultura e mercado”, Grial 126, 181-200.

Even-Zohar, I. (1998). “Planificación cultural e resistencia na creación e super-vivencia de entidades sociais”, A Trabe de Ouro 36, 481-489.

Even-Zohar, I. (1999). “Factores y dependencias en la Cultura. Una revisión de la Teoría de los Polisistemas”. In M. Iglesias Santos (comp.), Teoría de los Polisistemas. Madrid: Arco-Libros, 23-52.

Fernán-Vello, M. A. (1984a). “A estreia de Woyzeck de Xúlio Lago”, A Nosa Terra 253, 13-9-1984.

Fernán-Vello, M. A. (1984b). “Compañía Luis Seoane: un “Fausto” máis que poético” A Nosa Terra 256, 24-10-1984.

Fernán-Vello, M. A. (1990). “Teatro, opinión e silencio” A Nosa Terra 436, 14-6-1990.

García-Bodaño, S. (1993). “Menos tramoia e más candeas”, El Correo Gallego, 30-5-1993.

García Negro, Mª P. (1988). “Dez anos de defensa, dez anos de represión do noso idioma”. In A Nosa Terra. A Nosa Historia. Decenário. Vigo: A Nosa Terra. 159-165.

Fernán-Vello, M. A. (1991). O galego e as leis. Vilaboa (Pontevedra): Edicións do Cumio.

Gómez, X. (1979). “Manuel Lourenzo: “O millor que temos no teatro galego oxendía é o púbrico””, La Región, 29-6-1979.

González, Leoncio M. (1985). “El ser o no ser del teatro gallego” El Ideal Ga-llego, 13-1-1985.

González-Millán, X. (1994). Literatura e Sociedade en Galicia (1975-1990). Vigo: Xerais.

Guede Oliva, M. (1991). “¿Qué teatro demanda a sociedade galega?”. In Pri-meiro Encontro do Teatro Profesional. Compostela: Dirección Xeral de Cultura, 19-25.

Guisan Seixa, João (1997). “Prólogo para se ler (Contém instruções de uso)”. In Teatro para se comer. Santiago de Compostela: Laiovento, 9-22.

Lamapereira, A. (1988). “Informe, cuase dramático, da dramática galega”, A Nosa Terra. A Nosa Historia. Decenário. Vigo: A Nosa Terra. 228- 234.

56a lingüística galega desde alén marsociolingüística, estandarización e glotopolítica

Lorenzo, I. A. (1980). “Pillado: El público es lo más serio del teatro en Galicia”, El Ideal Gallego, 11-6-1980.

Lourenzo, M. (1978). “La salida del callejón”, Pipirijaina 6, 27-29.— (1980). “Por los espacios de Galicia”, Pipirijaina 15, 12-19.— (1983). “Aquela xeira de 1965” La Voz de Galicia, 8-12-1983.— (2003). A larva furiosa – Adeus, Madelón. A Coruña: Espiral Maior. Luca de Tena, G. (1979). “La “Escola Dramática Galega” presentó “O incerto

señor Don Hamlet”, de Álvaro Cunqueiro”, La Voz de Galicia, 15-6-1979.— (2002). “O teatro era máis importante que a política”. In I. López Silva

& D. Vilavedra, Un abrente teatral. As Mostras e o Concurso de Teatro de Ribadavia. Vigo: Galaxia. 246-149.

Marinhas del Valle, J. (1979). Importancia do público na revelación teatral. Sada (A Coruña): Ediciós do Castro.

Martín, J. M. (1992). “Dualidades del teatro gallego”, Faro de Vigo, 23-9- 1992.

Martín, P. (1980). “O chamado “Decreto de bilingüismo””. In Galicia no ano 79. Por 41 autores. Vigo: Colexio Universitario, 143-145.

Molinero, Felipe (1989). “Damián Villalaín, director del Centro Dramático Ga-lego: “No es fundamental ser un profesional del teatro para acceder a la dirección del CDG””, El Correo Gallego, 24-1-1989.

Monteagudo, H. & X. M. Bouzada (coord.) (2002). O proceso de normalización do idioma galego (1980-2000) vol. I. Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega.

Montenegro, T. de (1989). ““O arce do xardín” ou a estilización da mediocrida-de nunha escea de melodrama”, La Voz de Galicia, 9-6-1989.

Nogueira, C. (2006). “Tratade ben o galego”, Vieiros 18-4-2006 (http://www.vieiros.com/opinion/opinion.php?id=49300&Ed=1).

Pazó, C. (1988). “Os actores e o galego”, Congostra. Revista de Ciencia, Arte e Pensamento 0, 18.

— (1991). “A lingua galega no teatro: aptitudes-actitudes”. In Primeiro En-contro do Teatro Profesional. Santiago de Compostela: Dirección Xeral de Cultura, 27-34.

Pernas, M. (1985). “O teatro galego hoxe, desde a perspectiva do actor”, Gali-cia viva 7.

57o modelo de lingua como factor do progresivo distanciamento do público

Carlos Caetano Biscaínho Fernandes

Pisón, X. (1994b). “Só o teatro nos leva ao paraíso”, A Nosa Terra 644, 20-10-1994.

Regueiro, C. (1993). “O Centro Dramático Galego dez anos despois”, El Correo Gallego, 7-4-1994.

Rodríguez, S. (1990). “Paso al teatro gallego”, Faro de Vigo, 4-2-1990.Salgueiro, R. (1992). “Escola superior galega de arte dramática”, El Correo Ga-

llego, 19-11-1992.Teatro do Estaribel (1978). Un Teatro Estable Galego. Compostela.Ulloa, X. A. (1989). “Damián Villalaín: “A sociedade galega aprecia pouco o

traballo intelectual e artístico”, La Voz de Galicia, 15-6-1989.Uriarte, G. M. (1984). “A loita dramática pola normalización teatral”, La Voz de

Galicia, 29-3-1984. Cuaderno de Cultura.Veiga, M. (1984). “Desacertado chamamento do BNG”, A Nosa Terra 256,

25-10-1984.Veiga, Raúl (2004). “A lingua do noso audiovisual”. In Libro branco de cine-

matografía e artes visuais en Galicia. Compostela: Consello da Cultura Galega, 311-330.

Vieites, M. F. (ed.) (1998). Do Novo Teatro á Nova Dramaturxia (1965-1995). Vigo: Xerais.

Vilas, G. (1988). “Cine galego: ulo?” A Nosa Terra. A Nosa Historia. Decenário. Vigo: A Nosa Terra. 157-158.

Vilela, X. L. (1987). “Maraballa e maravilla na traxicomedia do teatro galego” La Voz de Galicia, 14-5-1987.

Yusty García, L. (1982). “Realidade, alternativas e responsabilidade do teatro galego” La Voz de Galicia, 26-8-1982.

O debate lingüístico nos estatutos galego e catalán a través dos xornais

XurXo FerNÁNdez CarBallido

Universitat Oberta de Catalunya

RESuMO

As distintas reformas estatutarias centraron o debate social no Estado español durante moitos

meses do período 2005-2006, con especial virulencia no caso do Estatut catalán, xa aprobado,

con maior discreción no caso do Estatuto galego.

un dos puntos máis polémicos, debatidos e o que espertou todo tipo de sensibilidades, mesmo

extremas, foi o do status legal para o catalán e o galego no articulado dos estatutos.

unha das principais ágoras para este debate foron os medios de comunicación, como xornais,

os distintos canais de televisión ou internet. Este traballo céntrase nas distintas análises e polé-

micas suscitadas nos principais xornais a través dos artigos de opinión e as cartas ao director e

faise unha análise comparativa entre os artigos recollidos co obxectivo de avaliar cales son as

características, as semellanzas e as diferenzas á hora de tratar a cuestión lingüística a respecto

de Cataluña e Galiza entre os emisores de opinión e entre os lectores, que a través das cartas

ao director estabelecen, dalgunha maneira, a liña editorial dos xornais.

Así, realízase unha escolma dos artigos máis interesantes centrados na cuestión da lingua,

analízanse as liñas argumentais e avalíanse as cuestións ideolóxicas, lingüísticas e culturais para

intentar ofrecer unha visión de conxunto de cales son as ideas forza que se expoñen nas súas

publicacións.

Palabras clave: galego, catalán, estatutos, sociolingüística, xornais.

A LiNGüíSTiCA GALEGA DESDE ALéN MAR (iSBN 987-84-9887-145-6)

universidade de Santiago de Compostela, 2009

60a lingüística galega desde alén marsociolingüística, estandarización e glotopolítica

1. introdución

O obxectivo deste traballo é analizar de maneira urxente o debate que se produciu no ámbito xornalístico da prensa escrita sobre o papel da(s) lingua(s) nos procesos de reforma dos estatutos de autonomía que tiveron e que están a ter lugar no Estado español. O ámbito de estudo é amplísimo, por iso se decidiu reducir a análise aos xornais en papel e excluír así toda a información que a este respecto se produciu na radio, na televisión e, sobre todo, na internet, onde nos últimos anos proliferaron portais de carácter xornalístico e onde a lingua ten unha ampla presenza, quer como información quer como artigos de opinión ou como debates nos seus foros, entre as máis coñecidas están Vieiros, Vilaweb, Libertad Digital, Minuto Digital e un amplo etcétera.

Dentro dos xornais analizáronse os apartados coñecidos como formadores de opinión, é dicir, as páxinas dedicadas á opinión e representadas polos editoriais e por asinaturas, que en certa medida marcan a liña ideolóxica do xornal en cues-tión e lle dan prestixio entre os seus lectores, é o caso do defenestrado Calaza, Roberto Blanco Valdés ou Xosé Luís Barreiro Rivas no La Voz de Galicia, ou Méndez Ferrín no Faro de Vigo1.

Por outra banda, as cartas ao director serven de indicador para tomar o pulso aos temas e cuestións que máis preocupan aos lectores nun determinado momento. Fícase, entón, con estes dous apartados dos xornais e exclúense os numerosos artigos, reportaxes e entrevistas que ao longo de dous anos se veñen producindo arredor das reformas dos estatutos no que á cuestión da(s) lingua(s) se refire, por exemplo ás polémicas sobre as linguas no ensino −con especial agresividade cando se produciu a proposta das galescolas−, na Administración, na xustiza, no ámbito militar, arredor das lápidas ou a relación entre o galego e o lume2, aínda que é certo que estas polémicas, mesmo desde Galiza, sempre tiveron o catalán e a súa política lingüística como principais protagonistas.

1 Nalgúns casos, como pode ser o de Méndez Ferrín, un xornal de liña editorial fortemente centralista e belixerante con as cuestións lingüísticas que fan referencia ao galego, pode ser simplemente un contrapun-to, un intento de aparente diversidade de opinións.

2 Lémbrese a ampla polémica que houbo arredor dos certificados de galego esixidos aos traballadores forestais durante a vaga de lumes do mes de agosto de 2006 e como esta foi creada, exprimida e rendabili-zada ao máximo non só nos medios de comunicación madrileños, senón, e principalmente, nos galegos.

61o debate lingüístico nos estatutos galego e catalán a través dos xornais

Xurxo Fernández Carballido

Outra cuestión que houbo que resolver previamente á elaboración do tra-ballo foi avaliar a utilidade dunha comparación entre a situación en Cataluña e Galiza en relación aos seus respectivos estatutos e ás súas posíbeis reformas. A intuición confirmouse coa praxe, e despois de estudar os xeradores de opinión mediática existe unha relación unidireccional, do caso galego en relación co caso catalán. En Galiza o que acontece en Cataluña é unha referencia insalvábel, quer nos artigos de opinión quer nas cartas ao director3.

2. contexto histórico e social do traballo

O PSOE gaña as eleccións en marzo de 2004 nunhas circunstancias de especial tensión. Esta vitoria supón, por unha banda, a radicalización do PP, que sente que lle roubaron unhas eleccións que segundo esta formación tiña gañas, e, por outra, un período de colaboración entre o PSOE e outras forzas políticas nacionalistas, que tiña como un dos seus piares fundamentais da acción de gober-no a redacción de novos estatutos e o recoñecemento explícito de España como unha realidade plurinacional, pluricultural e plurilingüística.

A este período uns denominárono −con certo optimismo− a II Transi-ción, outros −con grande catastrofismo interesado− a desaparición e desmembra-mento de España ou a súa balcanización4. Estes dous extremos confírmanse no ambiente de crispación que se viviu nos últimos dous anos, cunha agresividade dialéctica por parte de políticos −Acebes, Zaplana, Aznar, José Blanco− e medios de comunicación, en destaque a Radio COPE e o xornal El Mundo. As reformas estatutarias, a tregua e posíbel negociación con ETA, a chamada Lei de memo-ria histórica, o recoñecemento das parellas homosexuais foron e son motivo de grandes enfrontamentos políticos e sociais, e as diferentes linguas non fuxiron deste furacán.

3 Cómpre informar sobre as dificultades técnicas á hora de recompilar a información, mentres que en Cataluña o Centre de Documentació da Secretaría de Política Lingüística da Generalitat permite obter información desde calquera parte do mundo, o Centro de Documentación de Sociolingüística de Galicia do Consello da Cultura Galega leva máis dun ano sen facer baleirado de prensa, o que dificulta enormemente o traballo do investigador. Neste sentido quero agradecer á Mesa pola Normalización Lingüística me teren permitido traballar no seu fondo de documentación.

4 é de moito interese a lectura do libro de Enric Juliana (2005) La España de los pingüinos: una mirada antibalcánica del porvenir español: La concordia es posible, onde se fai unha lectura humorística mais ao mesmo tempo moi fundada desta traxicomedia que se deu en chamar a “balcanización de España”.

62a lingüística galega desde alén marsociolingüística, estandarización e glotopolítica

No que respecta a Cataluña e Galiza producíronse dous procesos electorais que tiveron como resultado dúas mudanzas históricas. En Cataluña o fin da hexe-monía de CiU e a constitución dun tripartito −PSC, ERC, ICV− e en Galiza a derrota de Manuel Fraga e a chegada a San Caetano dun bipartito PSdeG-BNG. Nos dous casos a redacción dun novo Estatuto eran as máximas prioridades do traballo de Goberno. No caso catalán non sen terremotos políticos, o texto esta-tutario foi aprobado en referendo polo pobo catalán no mes de xuño de 20065.

No caso galego todo parece indicar que non haberá novo Estatuto nesta lexislatura, porque a aritmética parlamentaria obriga a que dous terzos do Hó-rreo apoie a reforma, e iso implica o apoio do PP, forza maioritaria do Parlamen-to galego. Aínda así, en sede parlamentaria existe unha comisión do Estatuto que está a realizar os traballos previos, con comparecencias das principais entidades do tecido social galego, como a RAG, o Consello da Cultura Galega, os repre-sentantes dos xuíces, dos empresarios e un longo etcétera.

A respecto do papel das linguas neste proceso, aínda que as cuestións lin-güísticas sempre tiveron un papel destacado no debate político e social do Estado español, as novas circunstancias e a necesidade de resituar o lugar da(s) lingua(s) no articulado dos respectivos estatutos acordou todo tipo de sensibilidades nes-te debate. Todos os xornais ocuparon as súas capas, os seus cabezallos, os seus editoriais, as súas páxinas de opinión con informacións sobre este tema. No caso catalán con grande violencia e agresividade, no caso galego con maior acougo, de executarmos algúns exemplos, e entre a anécdota, o temor ou esixencia a que as normas legais sobre a lingua galega se cumpran na Administración, no ensino ou na xustiza, e, por último, o dilema: “queremos ser como Cataluña/non que-remos ser como Cataluña”.

Nesta altura cómpre diferenciar entre a prensa galega e catalá e a de ámbito estatal, como El Mundo, ABC, El País ou La Razón. Para estes xornais o debate sobre o papel da(s) lingua(s) nos estatutos centrouse exclusivamente no caso ca-talán. A posibilidade e confirmación de que no Estatut aparecese o catalán como lingua de deber e obriga para os cidadáns fixo saltar todas as alarmas nos xornais madrileños, especialmente El Mundo, onde non hai nin referencias á situación

5 Artigo 6 do Estatut de Catalunya, parágrafo 2: “El català és la llengua oficial de Catalunya. També ho és el castellà, que és la llengua oficial de l’Estat espanyol. Totes les persones tenen el dret d’utilitzar les dues llengües oficials i els ciutadans de Catalunya tenen el dret i el deure de conèixer-les.”

63o debate lingüístico nos estatutos galego e catalán a través dos xornais

Xurxo Fernández Carballido

galega no período analizado. Así temos amplos espazos de análise e opinión denominados “La imposición del catalán”. Mesmo temos o posicionamento por escrito do líder do Partido Popular, Mariano Rajoy, sobre o catalán no daquela futuro Estatut.

Daquela, no ámbito catalán o debate realizouse cunha grande autonomía e centrado en exclusiva nas súas propias cuestións, xa para o caso galego este de-bate tivo perspectivas comparativas, en relación con Cataluña, importantísimas.

3. Análise dos textos

De todo o amplo repertorio bibliográfico revisado pódense sinalar catro bloques temáticos principais.

3.1. Artigos de opinión e cartas ao director nos xornais galegos referentes a Cataluña e á súa relación co caso galego

Esta comparación entre Galiza e Cataluña ocupa grande parte dos argu-mentos dos opinadores, sexa a favor ou en contra de estabelecer o catalán –ou o galego− como lingua obrigatoria nos respectivos estatutos de autonomía.

He aprendido a falar un pouco galego –porque quería yo–, pero entiendo casi todo. Entonces, me pregunto, ¿qué es lo que quieren normalizar algunos? ¿Será que la normalización tiene por fin catalanizar Galicia? Karl-August. Ames. “Nor-malización”, El Correo Gallego, 24-05-2006.Ahora el Estatut, artículo 6, establece que las lenguas catalana y española son de conocimiento obligado en Cataluña y añade un bla, bla, bla que deja claro por dónde y cómo van a seguir los tiros cotidianos del boletín oficial y del pesebre y demás apaños para pasar lista y para que se sepa quién sale en la foto. Juan J. Mo-ralejo, “Lenguaraces das silveiras”, La Voz de Galicia, 28-10-2005.

Este debate público sobre o articulado estatutario implicou a todos os xornais de ámbito galego, catalán e español, e as liñas editoriais, para alén das reportaxes, enquisas ou artigos, veu determinada polos numerosos editoriais que se redactaron a este propósito.

Sin embargo, quienes se encargaron de la redacción del texto prefirieron [...] poner que la obligación de conocer el catalán afectaba a todos los residentes. El problema radica en que hay quienes quieren convertir el uso del idioma en mo-tivo de conflicto. Por suerte, en Galicia, el nivel de conocimiento de su lengua es

64a lingüística galega desde alén marsociolingüística, estandarización e glotopolítica

muy elevado [...]. Pese a ello, cualquier medida que sirva no sólo para conservar el idioma, sino para propiciar su uso y garantizar su futuro tiene que ser apoyada sin ambages por la sociedad gallega, puesto que ningún pueblo puede renunciar a la riqueza que supone tener una lengua y una cultura diferenciadora, propia y singular. Editorial, Diario de Ferrol, 3-02-2006.

Se no ámbito español foi o xornal El Mundo o que máis páxinas dedicou á cuestión do catalán no daquela futuro Estatut, La Voz de Galicia fixo des-de o ámbito galego un grande seguemento á cuestión lingüística, quer sobre o proxecto do Estatut quer sobre os debates arredor do que podería ser o Estatu-to galego. Neste sentido cómpre destacar a falta de pluralidade de opinións no principal xornal galego, onde, por exemplo, a raíz dunha noticia6 relacionada co tema inclúe un apartado denominado “La opinión de los expertos” onde figura a opinión redactada de Pedro González-Trevijano −“Inadecuada inmersión”−, Roberto Blanco Valdés −“Política lingüística”−, Xaquín Álvarez Corbacho −“Se ama, no se impone”− e Pedro Puy Fraga −“Monolingüismo”−7. Non hai nin un só opinante a favor do proxecto de Estatut e ningún deles é sociolingüísta, que sen ser unha opinión transcendental tamén pode e debería ser interesante e necesaria.

Tamén se estabeleceron no medio da opinión pública vellos debates que había anos que estaban, en certa medida, esquecidos ou silenciados8, porque as circunstancias políticas eran outras9.

6 A noticia titúlase “El proyecto de Estatuto impone el «deber» de conocer el catalán”. La Voz de Galicia, 28-01-2006.

7 Esta falta de pluralidade tamén se recolle na case totalidade de presuntas enquisas-entrevistas, así nunha do Faro de Vigo preséntase como encabezamento: “En cuanto puedan, impondrán el deber, ya no el derecho, de conocer el gallego” (04-05-2006). No xornal La Opinión de A Coruña (17-06-2006) faise a seguinte enquisa coa pregunta: “¿Qué le parece que el Estatuto obligue a los jueces a utilizar el gallego?”, tres persoas dan unha resposta negativa e unha, positiva. Noutra enquisa deste mesmo xornal pregúntase: “¿Cree que se debe imponer a los ciudadanos el conocimiento del gallego?” As catro persoas preguntadas din que non. Repárese no ton das preguntas “obligue”, “imponer” e todas son vehiculadas en castelán, o mesmo ocorre coas respostas, sen saber o lector en que lingua foron contestadas, deste xeito o lector fica obxectivamente “informado”.

8 é de interese ollar como os mesmos argumentos a favor ou en contra da normalización das linguas mi-norizadas se repiten ciclicamente: as barreiras da lingua, a imposibilidade de atopar traballo fóra, o empo-brecemento intelectual e económico de falar unha lingua “minoritaria”, a utilización política da(s) lingua(s). Sobre este tema é interesante a lectura da obra de Carme Hermida (1992). Os precursores da normalización (Defensa e reivindicación da lingua galega no Rexurcimento, 1840-1891). Vigo: Xerais.

9 Lémbrese que na última etapa felipista e na primeira do aznarismo, Ciu e o PNV apoiaron de maneira máis ou menos activa ambos os dous gobernos.

65o debate lingüístico nos estatutos galego e catalán a través dos xornais

Xurxo Fernández Carballido

Na práctica non se está a favor do bilingüismo senón da eliminación da lingua oficial de España.¿Que vai pasar se se extende esa actitude a Euskadi e Galicia? Pois que un espa-ñol que non sexa escolarizado en galego, catalán ou vasco non poderá instalarse profesionalmente cun traballo medio alto en Cataluña, Valencia, Baleares, Galicia ou Euskadi. Tal como se está a xestionar en Cataluña, a obligatoriedade significa que a posibi-lidade que o castelán ofrecía a todos os españois de traballar e moverse por todo o territoriao nacional está a punto de desaparecer [...]. Marina Mayoral, “A barreira do idioma”, La Voz de Galicia, 12-02-2006.

No caso galego sorprende a grande cantidade de cartas ao director e arti-gos de opinión que fan referencia ao debate arredor do catalán, é dicir, persoas que escriben desde Galiza sobre o que eles opinan sobre a situación de Cataluña, facendo ou non pararelismos coa situación galega.

Un bo anaco desta Lei de leis vén confirmar o que xa se estaba facendo na evoluti-va praxe. Dun xeito non moi ortodoxo, buscando no seu percorrido unha anoite-cida presión. Sae cinguido duns feitos un pouco sorprendentes ou sospeitosos: as institucións oficiais oprimían, dunha maneira irrespetuosa, para que a fala fora en exclusiva catalá. Magín Fernández Fernández. Santiago. “O Estatut”, El Correo Gallego, 03-07-2006.

Cataluña situouse como o centro do debate lingüístico en Galiza, e neste sentido non fuxiu ás polémicas suscitadas desde os diferentes grupos políticos −PP, principalmente− e dos grandes grupos mediáticos, con grande protagonismo dos grupos xornalísticos galegos, que non tiveron unha óptica moi diferente da que se elaboraba desde Madrid. Non obstante, Cataluña, nunha tentativa de imitación positiva, tamén foi referente dos defensores da reforma do estatus do idioma galego no Estatuto galego.

Pensan numerosos cidadáns que, tal como foron as cousas no Estatuto de Cata-luña, a lingua de Galicia quedará a anos luz do catalán. Agás o BNG, os outros dous partidos presentes no Parlamento do Hórreo non están suficientemente concienciados sobre o gravísimo problema que entraña, ademais, a garantía de supervivencia. O problema reside, fundamentalmente, en se o coñecemento da lingua é un deber ou un dereito, cando han de ser as dúas simultaneamente. Un deber, unha obriga, un compromiso para todos ou, pola contra, un dereito, unha prerrogativa, un privilexio.

66a lingüística galega desde alén marsociolingüística, estandarización e glotopolítica

¿Estatuto de quen ou de que, se non se dignifica e honra a lingua de Galicia? ¿Acaso pode sobrevivir este país sen lingua? Avelino Abuín de Tembra, “As leilías da lingua”. Galicia Hoxe. 19-02-2006.

Penso que introducir no novo Estatuto de Galicia que “o coñecemento do galego “é un deber” non vén ser máis ca unha debida corrección e subseguinte rectifica-ción dunha indigna discriminación histórica cometida polos mandaríns delegados do centralismo mesetario [...].De xeito que se o coñecemento do castelán é un dereito e un deber en todo o territorio nacional, tamén o galego en Galicia debe gozar deses mesmos dereito e deber no seu coñecemento. ¡Como en Cataluña, eah! Xa saíu o referente catalán. A ver cando Galicia é referente de algo positivo, e non só de estar á cola de case todo. Manuel Dourado Deira, “Compromiso coa lingua”, Galicia Hoxe, 22-04-2006.

3.2. A opinión dos políticos galegos

Dentro do debate é de interese analizar as intervencións dos distintos grupos políticos a través dos seus representantes, neste sentido, aínda sen seren numerosos os artigos publicados, cómpre sinalar que se recollen artigos do por-tavoz de Política Lingüística do grupo parlamentario dos socialistas de Galicia, Francisco Cerviño10, que se centra no Plan xeral de normalización da lingua ga-lega e no seu papel para a promoción do galego; de Manuela L. Besteiro, voceira de Educación do Grupo Parlamentario Popular de Galicia11, quen fai unha de-fensa da actuación neste ámbito levada a cabo durante os 16 anos dos diversos gobernos populares. En ambos os dous casos non hai ningunha referencia directa aos debates estatutarios que se estaban a levar a cabo en Galiza e Cataluña.

A conselleira de Cultura, Ánxela Bugallo, do BNG, con motivo da asina-tura do acordo no que se fixaban os criterios que deberían guiar a redacción do futuro Estatuto para Galiza, fai as seguintes reflexións sobre a importancia desta norma para a lingua galega:

Logo de remover o ficticio desinterese pola súa reforma, agora agroman as opi-nións maioritarias, e a necesidade de consagrar a oficialidade da lingua galega e o deber de coñecela.

10 “Gañar aliados, gañar hexemonía, gañar falantes”, El Progreso, 3-05-2005.11 “Política lingüística: un barco sen rumbo”, El Progreso, 28-04-2006.

67o debate lingüístico nos estatutos galego e catalán a través dos xornais

Xurxo Fernández Carballido

Ao meu entender, cinco son os retos esenciais que o Estatuto deberá abordar e resolver: O primeiro é, sen dúbida, a esencia mesma da nosa identidade nacional, a lingua. Pese á lexislación vixente desde o ano 1983, a lingua galega segue a retro-ceder socialmente en uso, sen avanzar en prestixio e, en definitiva, sen normalizar-se no seo da sociedade. O Estatuto debe apostar pola plena equiparación xurídica co castelán −eis a razón de defendermos a proclamación do deber de coñecer o galego, pois tal obriga só se lle recoñece hoxe ao castelán− e debe ser valente na ampliación das ferramentas destinadas tornar real a igualdade dos falantes en ga-lego.” Ánxela Bugallo, “O novo Estatuto, unha necesidade para a cultura galega, La Opinión, 25-06-200612.

Máis interesante para o estudo é reparar nas análises realizadas por outras dúas figuras do BNG, Carlos Aymerich, portavoz do grupo parlamentario do BNG e Francisco Jorquera, coordinador executivo do BNG, que publicaron ca-danseu artigo onde poñen de manifesto a atracción positiva e o referente intenso do caso catalán para por comparación acordar un certo espírito de imitación ou envexa para favorecer os obxectivos normalizadores da lingua galega.

O pasado 17 de Xuño, o BNG e o PSOE asinamos o Acordo de Criterios para un Estatuto de todos. Trátase dun paso cara adiante na pretensión do nacionalismo galego de dotar a Galiza dun Novo Estatuto, e non unha mera reforma do actual. É un paso cara adiante porque o acordo parte do recoñecemento do carácter nacional de Galiza e coloca o país á altura das outras nacións do Estado, Euskadi e Catalunya.O acordo garante a plena oficialidade da nosa lingua [...].O relevante é que, en todo caso, partimos da base de que ese recoñecemento colocará Galiza no mesmo nível que Catalunya e Euskadi. Nen máis nen menos.Sabe perfeitamente Núñez Feijoo que os galegos e as galegas queren para o seu país non menos do que xa teñen conquistado bascos e cataláns.Xa ninguén se alporiza por que se defenda que Galiza é unha nación ou se pos-tule que o galego se debe equiparar en dereitos e obrigas ao castelán. Todas elas son conquistas innegábeis do nacionalismo galego. Carlos Aymerich, “Un acordo para un Estatuto de Nación”, Faro de Vigo, 24-06-2006.

Esta liña argumentativa de equiparación de dereitos con Cataluña, incluí-dos os lingüísticos, chega a ser o principal argumento exposto.

12 Por se é de interese, este artigo foi colocado nunha páxina interior, fóra do espazo de “opinión”, na área de “Galicia”, xusto debaixo dunha noticia titulada: “Grupos radicales colocan tres bombas en obras de autovías en Santiago”.

68a lingüística galega desde alén marsociolingüística, estandarización e glotopolítica

O acordo asinado solemnemente o pasado 17 de xuño en Santiago de Composte-la polos máximos dirixentes do BNG e do PSdeG-PSOE [...].Trátase basicamente de que no proceso de reestruturación do poder territorial en marcha no Estado, Galiza faga valer a súa consideración constitucional de nacio-nalidade histórica, a carón de Euskadi e Catalunya [...].Un acordo no que se recoñece o carácter nacional de Galiza, no que se acorda que o galego debe equipararse en dereitos e obrigas co castelán.” Francisco Jorquera, “Cara a un novo Estatuto de nación, La Voz de Galicia, 25-06-2006.

3.3. Artigos e cartas centradas no debate dialéctico: lingua/nación; lingua propia/lingua materna; lingua no estatuto/lingua na consti-tución

A relación entre lingua e nación é dun forte debate, quer no caso catalán quer no galego, é dicir, cal é o papel que xogan as respectivas linguas na identifi-cación do concepto de nación e as súas relacións coa identidade nacional. Xunto con este tema tamén estiveron enriba da mesa cuestións como a do concepto de lingua propia, tan importante á hora de xustificar xuridicamente as respectivas leis de normalización lingüística, e o papel que as linguas deben xogar no articu-lado dos estatutos e a súa relación coa Constitución de 1978.

Se falta a lingua, non hai nación. Non hai Galicia, nin galeguismo, nin galegui-dade. Algúns dirixentes non parecen comprender que a lingua é o noso sinal de identidade básico. Ante a lingua, os outros elementos constitutivos de Galicia son secundarios, accidentais e adxacentes [...]. Fíxense se haberá dúbidas e sospeitas, que se presenta agora o aberrante problema de se a lingua galega deberá ser dereito ou deber no futuro Estatuto de Galicia. Se será dereito e non deber ou se será deber e non dereito. ¿Como pode haber escrúpulos e incertezas sobre que a lingua é un deber de todos os galegos? Unha obriga, unha responsabilidade. Desa consideración, dese proxecto asumido e compartido depende a estima que a propia Galicia teña no mundo. Avelino Abuín de Tembra, “A lingua sen conflitos”, Galicia Hoxe, 01-05-2006.

Un asunto que desacouga é a consideración con que a lingua galega apareza re-flectida no Estatuto. Na propia Xunta son ambiguos. Están dubidosos e vacilantes. Uns, a prol do dereito e do deber. Outros, que só dereito e non deber. No fondo da liorta radica a supervivencia da lingua e o seu futuro inmediato. Sorprende que a estas alturas da civilización, o coñecemento e a defensa da lingua dun país non sexa deber dos cidadáns.

69o debate lingüístico nos estatutos galego e catalán a través dos xornais

Xurxo Fernández Carballido

Se non se recoñecen no Estatuto o deber e dereito de coñecer e usar a lingua ga-lega, necesariamente e á par iguais, somos numerosos os cidadáns dispostos a dicir ‘non’ no referendo da alta norma. Eu son un deles. Avelino Abuín de Tembra, “As leilías da lingua (26)”, Galicia Hoxe, 14-05-2006.

A idea de que a igualdade xurídica entre dúas linguas é algo necesario para asegurar o futuro da lingua minorizada é defendido por numerosos articulistas:

Os novos tempos obrigan a que nos plantexemos novos retos, e un deles é a necesidade de que a lingua galega sexa considerada como “dereito e deber” no proceso de reforma estatutaria que estamos a vivir; porque non deixa de chamar a atención o preocupante feito de que nos últimos anos disminuira o número de galego falantes, especialmente entre as xeracións máis novas. Moncho Paz, “Un dereito e un deber”, El Progreso, 17-05-2006.

Precisamos recoñecer que o galego é a nosa lingua propia e que temos o dereito “efectivo” de usala en calquera circunstancia, o que non é posíbel se non se recolle o deber individual e colectivo de coñecela. Normas que habemos de inserir no novo Estatuto como único xeito de igualar xuridicamente o galego co castelán, equilibrando deste xeito o seu deber constitucional de coñecemento.” Xoán An-tón Pérez-Lema, “O futuro da lingua”, El Ideal Gallego, 17-05-2006.

Algunhas reflexións avanzan dúbidas sobre se a simple situación normativa garante unha completa normalización lingüística do galego:

A reforma do Estatuto debe contemplar os mecanismos que garantan non só o dereito ao coñecemento e utilización da lingua galega senón ademais un escenario onde eso sexa posíbel na situación de privilexio que lle corresponde. Claro que non abonda coa normativa se despois aqueles que deben velar pola súa aplicación e desenvolvemento non o fan, non teñen iniciativa e atrevemento, ou sexa, fálta-lles vontade política. Porque, non debemos ignorar, que mesmo coas limitacións actuais pódese facer moito máis pra potenciar o uso do galego. Manuel Mera, “Lingua e poder”, La Región, 17-05-2006.

A definición da nación galega a través da lingua galega é o piar fundamen-tal para a defensa ou non do articulado do futuro Estatuto onde figure o deber e obriga:

É sabido que a lingua, o idioma, é un elemento definitorio e característico da nación. [...] A nosa lingua, a lingua da nación galega, vive nun contexto de anor-malidade por mor da coexistencia doutra lingua, a castelá, que serve para dar presenza aos intereses nacionais españois. No eido estritamente político, o pobo

70a lingüística galega desde alén marsociolingüística, estandarización e glotopolítica

galego está na obriga de tentar a plena normalización da súa lingua, de dignificala e restaurala como símbolo práctico da nosa vontade de acadar o autogoberno na Galiza de xeito pleno [...].Agora estamos en tempos de debate dunha ampla reforma estatutaria, temos que tentar acadar que o galego definitivamente sexa, sen dúbida, a lingua propia de Galicia sen ningún tipo de impedimento e así se recoñeza abertamente no novo Estatuto de todos. En definitiva, que a frase “vivindo en galego” se converta nunha realidade nas nosas vidas. Alberte Brenlla, “Vivindo en galego”, Galicia Hoxe, 19-05-2006.

“Emilio Pérez Touriño asegurou que a reforma estatutaria era unha oportunidade para fixar o deber dos galegos de seren capaces de expresárense en galego [...]. As declaracións do presidente asumen algo tan obvio que miro perplexo que pasaran 25 anos sen que se recoñecese esa obriga. Non creo que ninguén poida imaxinar os redactores da Constitución Española debatendo se explicitaban o deber de co-ñecer o español en España.” Jaureguízar, “Galicia, a Eurovisión”, Galicia Hoxe, 21-05-2006.

Moitos opinadores ven no debate arredor do galego e catalán nos respec-tivos estatutos unha procura de problemas:

Y si el Estatuto, nuestra ley de leyes, establece ese deber coercitivo del conoci-miento del gallego, se produciría una situación bien complicada y, por otra parte, absurda. Crear un problema donde no lo hay es del género tonto. En los 25 años hemos convivido lingüísticamente en paz y armonía. Ahora parece que estamos empeñados en quebrarla. Todo el mundo está de acuerdo en considerar un deber su conocimiento, pero no en sentido preceptivo, sino como algo cívico, aconse-jable, pero que no pueda ser en ningún caso objeto de sanción o discriminación. Luis Pérez, “El gallego en jueces y militares”, El Correo Gallego, 16-06-2006.

Yo quisiera decir que no me gustan las imposiciones y hoy en día es algo que se está haciendo: imponer el gallego. Y quiero matizar que yo siempre fui gallego parlante, incluso en los años en los que muchos que ahora hablan gallego lo ha-cían en castellano. Miguel Paz. Mondoñedo. El Progreso, 27-04-2006.

Aínda que outros articulistas sinalan que o do Estatuto é un tren que non se pode perder:

A posta en marcha de reformas estatutarias aprobadas polos parlamentos de Eus-kadi e Cataluña, asumindo con determinación o seu carácter de nacións sen esta-do, coas importantes consecuencias que isto implica para a súa soberanía, finan-ciamento e calidade de vida da súa cidadanía [...].

71o debate lingüístico nos estatutos galego e catalán a través dos xornais

Xurxo Fernández Carballido

Nesa encrucillada é onde se atopa agora o noso debate estatutario. Un dilema que vai moito máis alá das posicións de cada partido sobre a definición identitaria, o deseño do marco competencial, a articulación dun poder xudicial análogo ao lexislativo e executivo, a obrigatoriedade de coñecer o idioma, a necesaria autono-mía financieira e responsabilidade fiscal ou sobre a débeda histórica que o Estado ten con Galicia. Cuestións centrais sobre as que, en caso ningún, as posicións galegas poden ser inferiores ás aprobadas xa para Cataluña. Os dirixentes do PP de Galicia, como os do PSdeG-PSOE e BNG, débense só as razóns de Galicia e a procurar o benestar e o progreso da súa cidadanía. Manuel Bragado, Faro de Vigo, 02-07-2006.

3.4. O caso catalán: o referente tan distante

No caso catalán pódese dicir que o discurso foi de maior autonomía na perspectiva catalá, por unha banda, e de claro enfrontamento entre as visións ca-talás e centralistas españolistas, por outra, mais en ningún caso houbo referencia á situación vivida en Galiza, é dicir, no debate sobre o Estatut, Galiza non é nin citada. As referencias diríxense ou ben a nacións pequenas con Estado −Chequia, Eslovenia, Eslovaquia− ou ben a nacións sen estado mais cunha autonomía supe-rior á catalá como é o Québec ou Flandres.

A veces, la imposición de una lengua es coactiva y se hace a costa de otra u otras. En la hoy dividida Checoslovaquia la dictadura nacional-comunista impuso el checo en detrimento del alemán, más poderoso [...]. En Rumanía, la dictadura deseslavizó a la fuerza el rumano.

El concepto de lengua territorial es, lisa y llanamente, hitleriano. Sólo, pues, el fanatismo nacionalista puede querer convertir en lengua nacional de todos la de una parte de la población.” Ivan Tubau, “Fanático, necio e inútil”, El Mundo, 12-01-2006.Porque el catalán es un bien cultural de España no puede imponerse a los espa-ñoles hablar catalán en Cataluña. Hay, pues, cientos de razones democráticas para decir «no» a esta imposición [...].Una lengua no aceptada conscientemente y deliberadamente es el peor instru-mento de represión. Sería la coronación de la miseria nacionalista [...].Imponer, ni más ni menos, por imperativo derivado de una «moral de Estado», como pretende el Estatuto de Cataluña, que los españoles hablen sólo en catalán en Cataluña es terminar con la riqueza cultural del bilingüismo. Su muerte es el mayor atentado cultural de los nacionalistas contra Cataluña. Agapito Maestre,

72a lingüística galega desde alén marsociolingüística, estandarización e glotopolítica

profesor de Filosofía e escritor, “La obligatoriedad daña la dignidad de una len-gua”, El Mundo, 15-01-2006.

Tamén diferente foi o papel xogado polos políticos á hora de analizar o disposto polo Estatut a respecto da lingua catalá, porque espertou todo tipo de enfrontamentos políticos, sobre todo por parte dos responsábeis do PP.

Si a día de hoy, se impone a la Generalitat la garantía del uso normal y oficial de ambos idiomas, el futuro Estatuto desplaza el castellano como lengua de uso nor-mal y convierte el catalán en la lengua preferente de las administraciones y de los medios de comunicación públicos en Cataluña.Es decir, que si el actual Estatuto garantizaba un «bilingüismo equilibrado», el nuevo alienta como principio inspirador «un monolingüismo excluyente» que to-lera en ocasiones el castellano como mero derecho individual. Soraya Sáenz de Santamaría, deputada e secretaria executiva de Política Autonómica e Local do Partido Popular, “Estatuto y lengua: la cuenta atrás para el castellano”, El Mundo, 23-01-2006.

Foron escasas as oportunidades que tiveron políticos ou cidadáns cataláns de dar outra visión desta cuestión no xornal que encabezou todo tipo de campa-ñas arredor da cuestión lingüística no novo Estatut:

Lo que pretende el nuevo Estatut es garantizar por primera vez la igualdad jurí-dica del catalán y el castellano reconociendo «el derecho y el deber de conocer las dos lenguas oficiales», sin que prevalezca ninguna. El mismo Estatut recoge el derecho de opción lingüística, en el que cualquier ciudadano tiene derecho a «no ser discriminado por razones lingüísticas» y a «utilizar la lengua oficial que elija» [...]. No veo, sinceramente, qué es lo que justifica tanto debate, tanta polémica, tanta tinta, tanto anticatalanismo. Marina Llansana, deputada no Parlamento de Cataluña de ERC “Lengua de encuentro”, El Mundo, 15-01-2006.

Os xornais estatais estabeleceron unha relación directa entre o catalán e o nacionalismo catalán, así todo o debate sobre o Estatut foi presentado como unha imposición dos partidos nacionalistas a un Goberno central cativo, e que en calquera caso nin os estatutos nin as lexislacións lingüísticas eran preocupacións para a cidadanía.

El presidente del Gobierno, con su visto bueno al nuevo Estatuto, ha aprobado que se perpetúe tal discriminación por la vía del Derecho. Y lo ha hecho no en función de una ideología, como hacen los nacionalistas, sino por mera convenien-

73o debate lingüístico nos estatutos galego e catalán a través dos xornais

Xurxo Fernández Carballido

cia coyuntural. Se trata de un gran error, pues hay cesiones coyunturales destina-das a perpetuase. Como el número dos de CiU, Duran Lleida, destaca hoy en EL MUNDO, casi todo en el Estatuto es revisable en años o en una generación, pero en lo que respecta al deber de conocer y utulizar el catalán, éste «es un Estatuto para toda la vida». Editorial “La imposición del catalán se extiende a la universi-dad”, El Mundo, 30-01-2006.El sujeto pasa de ser «todas las personas en Cataluña» a «los ciudadanos catala-nes», pero se mantiene intacto el «deber de conocer el catalán» y su imposición como «lengua vehicular» en todos los niveles de la enseñanza, incluida la univer-sitaria. Son dos de las innovaciones más graves y con mayores consecuencias prác-ticas de todo el texto. Su aplicación desplazaría al castellano, dentro de un sistema lógico y aceptado de bilingüismo, y otorgaría al catalán un estatus hegemónico y preponderante en todos los ámbitos. Lo cual entraría en flagrante contradicción con el artículo 3 de la Constitución, que establece que la única lengua obligatoria es el castellano, como ya ha venido a advertir el Tribunal Constitucional en su sentencia 82/86 [...]. Estamos, por tanto, ante un precepto absolutamente in-aceptable, que rompe la igualdad de todos los ciudadanos ante la ley y que ningún Gobierno puede aceptar sin violar los principios esenciales en los que se basa su legitimidad. Editorial, “El deber de conocer el catalán rompe con la igualdad de todos los españoles ante la ley”, El Mundo, 15-01-2006.

Idea apoiada por intelectuais que sinalan “o carácter bilingüe de Cataluña”:

Se supone que el estatuto de una comunidad autónoma recoge el espíritu y la letra que informa al conjunto de esa sociedad. El presente Estatuto catalán posee un vicio originario que, a la larga, deberá ser corregido: no asume ni acepta uno de los primeros rasgos que cualquier forastero, o historiador, advierte en Cataluña: se trata de una sociedad que es –y ha sido siempre– de natural bilingüe, en la que no hay problema alguno en relación a la lengua que se habla, y en la que es continuo y constante el trasvase entre las dos lenguas principales, el español y el catalán.Por eso era magnífica la interveción que proponía el colectivo Cataluña en positi-vo [...]: la sustitución del solemne pronunciamiento estatutario de que «Cataluña posee como lengua propia el catalán» por un párrafo bien distinto: «Los catalanes tienen como lengua propia el catalán y el castellano». Eugenio Trias, “Cataluña y los Catalanes”, El Mundo, 30-03-2006.

El nuevo Estatut [...] se orienta claramente hacia el monolingüismo en lugar de propugnar el bilingüismo en coherencia con lo establecido en la Constitución. Así pues, discrimina y no integra. Aparte de su más que probable inconstitucionali-dad, este precepto (el art. 6.1 del nuevo Estatut) hace algo todavía peor: olvida la situación social[...].

74a lingüística galega desde alén marsociolingüística, estandarización e glotopolítica

El legislador debe tener en cuenta, antes de nada, la realidad social y nuestra rea-lidad social indica que las lenguas de los catalanes [...] son para unos el catalán y para otros el castellano.El nuevo Estatut consolida una mala política lingüística y la empeora. Se ha perdi-do una ocasión de rectificar. Francesc de Carreras, catedrático de Dereito Consti-tucional da UAB, “La lengua en el nuevo Estatut”, La Vanguardia, 18-05-2006.

Outra diferenza destacábel entre o debate galego e o catalán é que no caso do galego, políticos, articulistas ou opinadores dan como teito máximo o estabe-lecido no futuríbel Estatuto, en Cataluña son numerosas as persoas que advirten que o Estatuto non pode ser un teito definitivo para a total normalización do catalán.

Designat per la Constitució espanyola com el lloc on es concreta l’organització lingüística de cada comunitat autònoma, l’Estatut ha de regular sàviament aquests aspectes tot conciliant els diversos interessos presents en la perspectiva d’assegurar un futur mínimament digne per a la llengua nacional i pròpia dels catalans [...] L’actual redactat cau en una excessiva i freda formalitat i, en canvi, no aposta clarament per un pacte de la societat plural catalana a favor de l’ús del català com a llengua habitual general de comunicació, es vingui d’on es vingui i es tingui l’origen que es tingui. Albert Bastardas, Catedrático de lingüística xeral e director do Centro Universitario de Sociolingüística e Comunicación (CSUC) da Univer-sidade de Barcelona, “Societat, llengua i Estatut”, Avui, 01-06-2005.

De moment, el primer text ja conté elements prou inquietants. Per exemple, en l’àmbit de la llengua catalana es podria fer un gran avenç per la via d’apujar les lleis actuals a l’Estatut. No obstant, no només no es fa un blidatge d’aquest tipus, sinó que es volen estatuir alguns principis que significarien un clar retrocès respecte de la llei de política lingüísitca i, fins i tot, de l’Estatut vigen quant a la protecció dels drets dels catalanoparlants a Catalunya. Si bé s’hi incorporaria el deure, sim-bòlic, de conèixer el català, també s’hi inclourien disposicions que forçarien els catalanoparlants a parlar en castellà i que hipotecarien la catalanització precària de l’ensenyament i de l’administració en general [...].

Per tant, si el tema de la llengua és la tònica general d’aquesta reforma, val més deixar les coses com estan. Però si no hi ha canvis en l’actual redactat, els catala-nistes haurien de votar en cotra de l’Estatut, encara que només fos per tractament del català.” Jordi Argelaguet i Argemí, “El nou Estatut i el català, Avui, 29-06- 2005.

75o debate lingüístico nos estatutos galego e catalán a través dos xornais

Xurxo Fernández Carballido

En canto ás cartas ao director estas son máis viscerais e teñen maior refe-rencias políticas:

Con el Estatut, el racismo se legalizará en Cataluña. ¿Dónde está aquí el Estado de Derecho? ¿Para qué vale? Antón F. Canales. Tarragona. “Con el Estatuto llega el racismo”, ABC, 26-04-2006.

Estoy muy alejada del PP. Tanto, que mi voto vacila entre ICV y PSC. Deseo más autogobierno para Catalunya, pero votaré no en el referéndum del Estatut. No a la imposición de la lengua en la vida pública, comercios, enseñanza o negocios. La lengua pertenece a la esfera de lo privado y el afán por preservarla (con argumen-tos como defender la diversidad, la minoría, la identidad) divide a los ciudadanos. Nos hace pequeños como pueblo: industrias obligadas a etiquetar en catalán, ne-gocios que no quieren venir, comercios obligados a contratar dependientes que hablen la lengua, intelectuales que no quieren establecerse aquí.” M. Jesús Rovira. Barcelona. “La lengua en el Estatut, La Vanguardia, 21-05-2006.

La obligación por ley de que todo el mundo conozca el catalán es la única pieza que le falta al separatismo de esta región para erradicar por completo al español del territorio geográfico de Cataluña. Ángeles Calderón Goñi. Gerona. “Obliga-ción de saber catalán”, ABC, 20-02-2006.

El bilingüisme ens matarà com a nació (també prohibida a l’Estatut retallat). El castellà a Catalunya és una llengua estrangera. Per tant, l’única llengua oficial hau-ria de ser el català, per ser un país normal. Acceptarien els castellans que el català fos oficial i obligatori en el seu territori lingüístic? Enric Garriga Trullols, “Català, llengua pròpia? Doncs no”, El Ripollès, 16-02-2006.

En la era de la globalización no tiene sentido que los nacionalistas catalanes im-pongan el uso de la lengua como un arma exclusivista de identificación casi étnica. David García. Madrid. “Un sinsentido”, El Mundo, 15-01-2006.

Desde la llegada del nuevo Gobierno se han empezado a aplicar leyes que multan a los negocios que no utilicen el catalán, y la última es que en el nuevo Estatut quieren incluir un apartado que diga que toda persona residente en Catalunya está obligada a hablar catalán [...].Ahora que se va a redactar el Estatut, propongo que se incluya realmente a to-dos los habitantes de Catalunya y que castellano y catalán tengan la paridad que merecen. Pablo Tenés. Cerdanyola del Vallès. “Paridad para el castellano en el Estatut”, La Vanguardia, 22-03-2005.

Actualment, a Catalunya, la llengua própia está per dessota del castellà, ho diu la Constitució, Títol Preliminar, article 3er. Per tant, si es fes el mateix tractamen-te del castellà a Catalunya «deure de conèixer l’idioma i el dret d’usar-lo», tots

76a lingüística galega desde alén marsociolingüística, estandarización e glotopolítica

contents, petita diferència legal que no pot passar per alt els redactors del nou Estatut per a Catalunya. Jaume Vallès Muntada. Sant Adrià de Besòs. “El català i l’Estatut”, El Punt, 11-11-2004.

Diuem que amb el nou Estatut serem una nació i tindrem més competències i diners: tot això està molt bé, però encara no he sentit a parlar d’un tema molt important, penso que per a la majoria de catalanoparlants, com és el dret a viure en català a casa nostra [...].

Si no es fa així, els nostres drets com a catalanoparlants seguiran sent paper mullat. Jordi Vives i Pons. Sant Andreu de Llavaneres. “El català i l’Estatut”, Avui, 04-09-2005.

Veig que l’Estatut ha passat el primer examen (encara que retallat a Madrid). Jo, com molts, penso que Catalunya es mereix més del que s’ha aprovat a Madrid [...].Per tant, comento l’article 6 del projecte d’estatut aprovat pel Parlament el 26/09/05: Sols aprovo els punts 1 i el 5. Amb l’altre punt, on diu que la llengua oficial de Catalunya també és el castellà, no hi estic gens d’accord; de cap manera ho accepto, ni s’habia d’haver escrit al nostre Estatut. Joan Claverol Molist. Rio de Janeiro. “En defensa de las nostra llengua”, El Punt, 11-04-2006.

El català continua sent una llengua discriminada dins Catalunya, és un altre fet consumat i objectiu. La gent veritablement bilingüe és la gent que parla català, perquè es veu obligada a utilitzar el castellà de forma contínua en molts àmbtis de la vida social, perquè els interlocutors no saben o no entenen una de les llengües pròpies de Catalunya i la que històricamente sempre s’ha parlat, però ha estat pro-hibida, perseguida i anul·lada en molts àmbits. D’aquí que al nou Estatut quedi reflectit que no només és un dret com l’anterior deia, sino ara serà un deure, i nin-gú s’ha d’estranyar, és una qüestió de reparació i justícia històriques, i no cal ser independentista o nacionalista per afirmar tal cosa. Antoni Arrebola Fernández. Les Roquetes. “Catalunya nació, Espanya nació de nacions”. Diari de Vilanova, 16-06-2006.

4. conclusións

Non é doado facer unha conclusión fechada dun tema aínda aberto social-mente, pero como adoita ocorrer na sociolingüística as conclusións son avaliati-vas e interpretativas dos datos recollidos, por iso é constatábel a importancia que para o galego ten o referente catalán, sexa este entendido de forma negativa ou positiva polos opinantes.

77o debate lingüístico nos estatutos galego e catalán a través dos xornais

Xurxo Fernández Carballido

• Constátase a persistencia dos vellos prexuízos polos cales galego e cata-lán poden illar ou non son máis ca linguas minoritarias.

• Ponse en cuestión o concepto de “lingua propia” xa supostamente asumi-do na Constitución de 1978 e nos primeiros estatutos catalán e galego.

• Estabelécese unha relación directa entre lingua e nación con resultados diferentes segundo a perspectiva ideolóxica: i) a morte da lingua é a des-aparición da nación; ii) a lingua é a esencia da nación; iii) a defensa do catalán e/ou galego é unha imposición nacionalista.

• No caso catalán téñense en conta factores como o da emigración e a complexidade das redes sociais urbanas, ignorados no caso galego.

• En Cataluña detéctase un maior posicionamento de persoas cualificadas inte-lectualmente, desde o ámbito da lingüística, do dereito, da historia, da eco-nomía, do mundo universitario, ao nos achegaren dúbidas e propostas sobre o Estatut a respecto da(s) lingua(s), algo que non ocorre no caso galego.

• Detéctanse posicionamentos interpretativos extremos sobre o concepto de bilingüísmo en Galiza e Cataluña e como este se debería reflectir nos respectivos estatutos.

En definitiva, o elevado volume de artigos recollidos constatan a impor-tancia e transcendencia que as cuestións lingüísticas teñen nas sociedades galega, catalá e española. Todos asumen que o debate estatutario foi –e é– un momento de encrucillada para as respectivas sociedades, onde se xogan moitas cousas, entre elas grande parte do futuro da lingua galega e catalá, os estatutos marcarán os ca-miños das nosas sociedades nas vindeiras décadas, é por iso que ninguén debería ficar sen protagonismo.

Referencias bibliográficas(Artigos de opinión e cartas ao director recollidos e distrubuídos segundo territorios, Galiza e Cataluña, e xornais)

Artigos de opinión Galiza:

El Correo GallegoBaltar, Ramón. “No trabarse con la lengua”, 01-07-2006.Rodríguez, Carlos Luis. “¿Y el gallego de Eibar?”, 25-04-2006.

78a lingüística galega desde alén marsociolingüística, estandarización e glotopolítica

El ProgresoCerviño, Francisco. “Gañar aliados, gañar hexemonía, gañar falantes”, 03-05-

2006.López Besteiro, Manuela. “Política lingüística: un barco sen rumbo”, 28-04-

2006. Paz, Moncho. “Un dereito e un deber”, 17-05-2006.

Faro de VigoAymerich, Carlos. “Un acordo para un Estatuto de Nación”, 24-06-2006.Bragado, Manuel. “O Estatuto na encrucillada”, 02-07-2006.

Galicia HoxeAbuín de Tembra, Avelino. “As leilías da lingua (25)”, 19-02-2006.Abuín de Tembra, Avelino. “A lingua sen conflitos”, 01-05-2006.Abuín de Tembra, Avelino. “As leilías da lingua (26)”, 14-05-2006.Abuín de Tembra, Avelino. “Puntos básicos de Galicia”, 26-06-2006.Brenlla, Alberte. “Vivindo en galego”, 19-05-2006.Cea, Xavier. “A lingua como deber e como dereito”, 03-02-2006.Dourado Deira, Manuel. “Compromiso coa lingua”, 22-04-2006.Jaureguízar. “Galicia, a Eurovisión”, 21-05-2006.

La OpiniónBugallo, Ánxela. “O novo Estatuto, unha necesidade para a cultura galega”, 25-

06-2006González Macías, Fernando. “Galescolas, el fin de la pax lingüística”, 14-05-

2006.Lizancos, Plácido. “Os cataláns. O galego non esmorecerá”, 10-05-2006. Portero Molina, José Antonio, “¿Deber de conocer o deber de usar?”, 21-05-

2006.

La RegiónMera, Manuel. “Lingua e Poder”, 17-05-2006.Pavón, Lalo. “Defender o galego”, 18-05-2006.

La Voz de GaliciaÁlvarez Corbacho, Xaquín. “Se ama, no se impone”, 28-01-2006.

79o debate lingüístico nos estatutos galego e catalán a través dos xornais

Xurxo Fernández Carballido

Blanco Valdés, Roberto. “Política lingüística”, 28-01-2006.Corral, Jorge del. “Por el monolingüísmo hacia la pobreza”, 11-09-2005.González-Trevijano, Pedro. “Inadecuada inmersión”, 28-01-2006.Jorquera, Francisco. “Cara a un novo Estatuto de nación”, 25-06-2006.Mayoral, Marina. “A barreira do idioma”, 12-02-2006. Moralejo, Juan J. “Lenguaraces das silveiras”, 28-10-2005. Puy Fraga, Pedro. “Monolingüismo”, 28-01-2006.

Cartas lectores Galiza:

El Correo GallegoFernández Fernández, Magín. Santiago. “O Estatut”, 03-07-2006. Karl-August. Ames. “Normalización”, 24-06-2006.

El ProgresoCalderón, Antonio. Barcelona. “Carta a Molares do Val”, 03-02-2006.Carballo, Gabino. Barcelona. “Catalán”, 03-02-2006.Novo, María. Lugo. “La riqueza de dos lenguas”, 29-04-2006.Paz, Miguel. Mondoñedo. “Gallego sin imposiciones”, 27-04-2006.

Faro de VigoLópez Conde, Luis Miguel. Vigo. “Contestación a Manuel Fandiño Rodríguez”,

22-06-2006.

La OpiniónGonzález, Juan. A Coruña. “Galescolas. Quen ameaza a pax lingüística?”, 18-

05-2006.

Artigos de opinión Cataluña:

AvuiArgelaguet i Argemí, Jordi. “El nou Estatut i el Català”, 29-06-2005.Bastardas, Albert. “Societat, llengua i Estatut”, 01-06-2005.

Diai d’AndorraPrats i Segarra, Llorenç. “La llengua i l’Estatut”, 18-09-2004.

80a lingüística galega desde alén marsociolingüística, estandarización e glotopolítica

El MundoEsteban, Jorge de. “La lengua y el nacionalismo totalitario”, 13-12-2005.Llansana, Marina “Lengua de encuentro”, 15-01-2006.Maestre, Agapito. “La obligatoriedad daña la dignidad de una lengua”, 15-01-

2006.Sáenz de Santamaría, Soraya. “Estatuto y lengua: la cuenta atrás para el castella-

no”, 23-01-2006.Trias, Eugenio. “Cataluña y los catalanes”, 30-03-2006.

El 9 NouFreixanet, Josep M. “Nou Estatut per una nova etapa històrica”, 10-10-2005.

La RazónNebrera, Montserrat. “Una inmersión en toda regla”, 17-10-2005.

La VanguardiaCarreras, Francesc de. “La lengua en el nuevo Estatut”, 18-05-2006.

Cartas lectores Cataluña:

ABCCalderón Goñi, Ángeles. Gerona. “Obligación de saber catalán”, 20-02-2006.Canales, Antón F.. Tarragona. “Con el Estatuto llega el racismo”, 26-04-2006.Garrido Arilla, Luis. Barcelona. “Reforma del Estatut”, 15-02-2005. González, Manuel. Barcelona. “Cuestión lingüística”, 15-10-2006.Lozano, Maite. Barcelona. “Maragall pide el voto en español”, 17-05-2005.Palacios, María. Barcelona. “Parlamento catalán monolingüe”, 02-06-2006.

AvuiSatorras Català, Meritxell. Barcelona. “El nou Estatut i el català”, 01-11-2004, Vives i Pons, Jordi. Sant Andreu de Llavaneres. “El català i l’Estatut”, 04-09-

2005.

Diari d’IgualadaMas i Castañé, Francesc. Masquefa. “El deure del coneixemente del català al nou

estatut”, 24-03-2005.

81o debate lingüístico nos estatutos galego e catalán a través dos xornais

Xurxo Fernández Carballido

Diari de VilanovaAntoni Arrebola Fernández. Les Roquetes. “Catalunya nació, Espanya nació de

nacions”, 16-06-2006.

El MundoA. M., P. “La traición de los políticos a favor del .cat”, 17-04-2006. Bouzas, Ester. “Evitar el éxodo”, 15-02-2006.Cuesta, Martín. “No es tan grave”, 15-02-2006.García, David. Madrid “Un sinsentido”, 15-02-2006.Garrido, Luís. “Un Estatuto tolerante protegería el castellano”, 25-02-2006.Gil de Paz, David. “Si Cataluña es nación... ¿qué es Baleares?”, 2006-05-04.Gómez, Esteban. “Divulgar lenguas”, 15-02-2006.Janer, María. “Rotger se siente más catalán que mallorquín”, 26-04-2006. Pozo González, José Manuel del. “Necesitamos políticos como Delgado y Ci-

rer”, 19-04-2006. Quijano, Vicente. “Derechos que chocan”, 15-02-2006.Serrano, Andrés. “Cataluña en catalán”, 15-02-2006.

El Ripollès Garriga Trullols, Enric. “Català, llengua pròpia? Doncs no”, 16-02-2006.

El Periódico Herrero, María. Santa Coloma. “En essència”, 23-01-2006.Vidal Badía, Isidro. Canals (València). “L’Estatut i la UE”, 16-01-2006.

El PuntClaverol Molist, Joan. Rio de Janeiro. “En defensa de la nostra llengua”, 11-04-

2006.Mas i Castañé, Francesc. Masquefa (Anoia). “El català i el nou Estatut”, 21-03-

2005.Satorras Català, Meritxell. Barcelona. “El català i el nou Estatut”, 06-11-2004. Vallès Muntada, Jaume. Sant Adrià de Besòs. “El català i l’Estatut”, 11-11-2004.

La Gaceta de los NegociosFernández, Carmen B.. Barcelona. “Los jueces se van de Cataluña”, 09-06-

2006.

82a lingüística galega desde alén marsociolingüística, estandarización e glotopolítica

López, Carmen. Barcelona. “El defensor catalán discrimina”,10-03-2006.

La RazónLozano, Maite. Barcelona. “Pedir el voto en español”, 17-05-2006.

La VanguardiaGonzález, María. Barcelona. “Ley discriminatoria”, 28-03- 2006.Justo, Eloisa. La Garriga. “De carreras acierta”, 25-05-2006. Llorens, Josep Lluís. Massachusetts. “Sociedad bilingüe”, 28-02-2006.Román, Juan José, Sant Esteve Sesrovires. “Mi derecho a discrepar”, 18-01-

2006. Rovira, M. Jesús. Barcelona. “La lengua en el Estatut”, 2006-05-21. Tenés, Pablo. Cerdanyola del Vallès. “Paridad para el castellano en el estatut”,

22-03-2005.

20 MinutosC.A., M. “El catalán”, 15-06-2006. Valls, Joan. “Cualquier idioma”, 28-02-2006.

A lusofobia, modalidade da galegofobia (e viceversa)

maría Pilar GarCía NeGro

Universidade da Coruña

RESuMO

A galegofobia á española arrinca e procede do desprezo ao vencido. A lusofobia, da ansia im-

perial de Castela-España por non dar arredondado a posesión unitaria, baixo a mesma éxide,

de toda a Península. Na actualidade, una e outra fúndense, na Galiza, como consecuencias

especulares do proceso histórico de hiato ou ruptura Galiza-Portugal. A superación de unha

e de outra, como modalidades complementares da des-identificación e da desinstitucionaliza-

ción galegas, só será posíbel nunha clara e decidida rectificación da historia, en virtude da cal

a Galiza poida re-encontrarse co seu pasado, reubicar o seu papel político dentro do Estado

español e definir libremente, sen alfándegas, a súa bilateralidade con Portugal e os países de

lingua portuguesa no mundo.

Palabras clave: lusofobia, galegofobia, reencontro preciso, bilateralidade.

1. As orixes do desencontro

Viaxemos por uns momentos ao pasado remoto. Farémolo acompañados dun guía excepcional, Castelao. Servímonos del non como citación reveren-cial, como precioso antecedente histórico que, á maneira dos mellores clásicos,

A LiNGüíSTiCA GALEGA DESDE ALéN MAR (iSBN 987-84-9887-145-6)

universidade de Santiago de Compostela, 2009

84a lingüística galega desde alén marsociolingüística, estandarización e glotopolítica

explicou o seu tempo e coexplica o noso, senón por ser un dos autores da con-temporaneidade galega que con máis acerto se aplicou a desentrañar a historia da Galiza en clave materialista. Subliño o adxectivo –na súa acepción filosófica, claro está– para me afastar decididamente de calquer interpretación idealista e/ou esencialista que da súa ideoloxía e praxe política se teñen feito. Moi polo contrario, o noso escritor preocupouse –case, diríamos, obsesivamente– por do-cumentar todo canto xuízo formulou e por amarralo á materialidade histórica, sen veos nen ocultacións. É ben coñecida, e multicitada, a súa caracterización da lingua galega, nas páxinas de Sempre en Galiza:

¿Ten Galiza un idioma proprio?Estamos fartos de saber que o povo galego fala un idioma de seu, fillo do latín, irmán do castelán e pai do portugués. Idioma apto e axeitado para ser vehículo d-unha cultura moderna e co que ainda podemos comunicarnos con máis de sesenta millóns de almas.O galego foi instrumento maravilloso da grande e única poesía lírica de Hispania e n-él escrebían os enxeños peninsuares –tanto de dentro como de fora de Gali-za–, cando a lingoa de Castela non tiña categoría literaria. O galego é un idioma estenso e útil, porque –con pequenas variantes– fálase no Brasil, en Portugal e nas colonias portuguesas. O galego rexurdeu no século pasado con poetas tan esgrevios como Rosalía, Curros e Pondal. O noso idioma ten tal fremosura que un poeta andaluz como García Lorca –o poeta mártir– non foi quén de resistir o seu engado e compuxo poemas en galego. O galego –somentes refugado pol-os señoritos ou por traballadores que quixeran ser señoritos– é hoxe o idioma que prefiren os inteleituaes como vehículo da nosa cultura; pero ainda que carecera de tantos méritos contraídos, abondaríalle ser a fala do povo traballador para estar diñificado de por sí, pois o galego é unha executoria viva do traballo e unha cédula honrosa de cibdadanía e democracia. Non esquezamos que si ainda somos galegos é por obra e gracia do idioma1.

De modo e maneira que, nesta declaración, temos enunciados os ingre-dientes constitutivos da lingua galega: unha sorte de documento de identidade e, tamén, de pasaporte: orixe, xinea, brillo histórico, validade actual, definición de clase e utilidade extraterritorial. Reteñamos, aos efeitos que nos interesan agora, unha verdade que Castelao –como toda a tradición cultural galega e os seus colegas de xeración– endexamais discutiron: a consanguinidade de galego e

1 Castelao (1977), pp. 41-42. Todas as citas do autor faranse por esta edición.

85a lusofobia, modalidade da galegofobia (e viceversa)

María Pilar García Negro

portugués e, por aquí, a posibilidade de reencontro, en ben das necesidades do galego.

Falamos dunha viaxe remota que aínda non iniciamos. Ela comeza coa recordación dunha antepasada ilustre, Inés de Castro, de quen se cumpriron no ano 2005 seiscentos cincuenta da súa morte, aniversario profusamente celebra-do en Portugal e practicamente ignorado na Galiza2. Xa no Libro Primeiro de Sempre en Galiza (escrito en 1937), no capítulo II, Castelao vai mencionar a nosa personaxe, e a súa irmá e o seu irmán, nun relatorio en que o autor renega da historia de Galiza, “porque o pasado sóio nos deixou desilusións de vida e nin tansiquera sabemos cal foi o seu mellor propósito (p. 35). Este repudio, este escepticismo, non é nihilista, xa que o autor proclama a súa profisión de fe na rectificación da historia, na confianza no papel do aleccionador do pasado para evitar as defeccións e os erros e, en fin, na seguranza en que a autonomía moral, insubornábel e intransferíbel, da Galiza ha selar o direito á súa soberanía. Neste inventario de decepcións e frustracións, o autor anota:

¡Qué importa que Inés de Castro reinase en Portugal, dispois de morta; que Xo-hana de Castro fose raíña de Castela, tan sóio n-unha noite de vrán; que Fernando de Castro merecera no desterro este epitafio: “Aquí yace toda la lealtad de Espa-ña”! Na desventura dos tres irmáns galegos revélase o símbolo das nosas desven-turas coleitivas. Trunfamos en Portugal, dispois de mortos –pol-a lingoa, o arte e o esprito–; e sóio Portugal pudo comprir a misión do Alén, creada nas lonxanías que descobrira o noso Fisterre. A partir de Galiza e de Asturias fóise gañando aos mouros o que dispois sóio valeu para engrandecer a Castela; pero en canto se cerrou a Reconquista fomos aldraxados e repudiados. E hoxe o centralismo sóio lle oferece â lealdade de Galiza un epitafio de can… (p. 37).

2 Declaración de “Ano inesiano” con profusión de actos culturais de todo tipo (teatro, conferencias, música, recitais poéticos, coloquios e tertulias, arte na rúa; intervención especial das cámaras municipais de Alcobaça , Coimbra e Montemor-o-Velho; estrea, por vez primeira, para teatro de marionetas, da peza A culpa foi da Inês. institucións envolvidas na magna celebración foron o Ministerio de Cultura, as Cámaras ci-tadas, a Quinta das Lágrimas (onde Camões sitúa o asasinato de inés de Castro), diversos organismos culturais públicos e privados e, mesmo, con extensión ao Brasil. O centro temático, en todas estas conmemoracións, é a recordación dunha paixón maiúscula que razóns de Estado afogaron, o cal xerou unha cantidade inmensa de produtos artísticos, como demostra, a partir do século XVi no relato camoniano n´Os Lusíadas, a fertilidade enorme que o motivo dos amores de D. Pedro e D. inés provocou en teatro, novelas, música…, non só da cultura portuguesa, senón doutras europeas. Na documentación que nos coubo examinar, non achamos a menor referencia á condición de galega de Dona inés, agás no programa da obra de marionetas, en que se referen a ela como “fidalga galega”; tampouco ao conflito político de fundo, con estes tres actores nacionais en escena: Galiza, Portugal, Castela. Na Galiza, a Agrupación Cultural da Coruña “Alexandre Bóveda” cele-brou un ciclo de conferencias e mais un espectáculo teatral, dirixido por Lino Braxe, sobre esta figura, que abordaron tanto aspectos históricos como literarios. Non sabemos de nengunha outra celebración.

86a lingüística galega desde alén marsociolingüística, estandarización e glotopolítica

Que o tema era recorrente no noso autor demóstrao que volverá a el en libros seguintes da mesma obra itinerante. No cap. XXIII do Libro Segundo, utilizando a fábula dun observador imparcial que contemplase a historia da Ga-liza, aponta:

Se o catador é un galego doblará todal-as follas de hestoria e ficará en tristura, per-guntándose a si mesmo por qué Galiza non foi un Estado independente no intre da súa groriosa eclosión cultural. Nunca comprenderá as indecisións de Galiza, antre Castela e Portugal, e a división do noso territorio en dous Condados. Este catador cicáis se deteña a meditar encol de dúas figuras femeninas, en dúas irmáns desventuradas, que simbolizan a indecisión amorosa de Galiza: en Inés e Xohana de Castro (p. 237).

E, aínda, no cap. XVIII do Libro Terceiro e no hoxe chamado Libro Cuar-to (destinado a ser o primeiro dun segundo volume de Sempre en Galiza que o autor, por falecer en 1950, xa non puido continuar), no cap. I, redixido o 25 de Xullo de 1947, en que, para curar a saudade patriótica, compón a base do seu discurso “Alba de groria”.

Usemos o noso caderno de viaxe particular e anotemos: naufraxio canta-do da Galiza, esgallada de Portugal e atraizoada por Castela, con vocación, xa a aquela altura, de ama e señora. As perguntas, claro está, acumúlanse: ¿quen promoveu as mortes de Inés e Xoana de Castro? Ou, mellor dito: ¿a quen e a que benefician directamente? ¿Por que se cortou de raíz a posibilidade dunha extensión do Reino de Galiza ou, por mellor dicer, dunha dinastía galega, tanto en Portugal como en Castela? ¿É casual que estas mortes se produzan poucos anos despois de a Galiza ver roubado o voto en Cortes (1348: transferencia do voto a Zamora)?. Á luz do devir histórico, ¿que beneficios reportou á Galiza o estabelecemento dunha fronteira artificial que endexamais existira entre ela mesma e os territorios do Sul, isto é, Portugal? E, aínda, ¿pode viver a Galiza das saudades dunha historia interrompida? E, xa chegándomos ao presente: ¿é sen-sato, con todo, ignorar esa historia para reforzala aínda máis, para sobreexcitar unha negatividade herdada?

Ofuscados pola vertixe devoradora do presente, que todo o fai efémero, talvez nos sintamos tentados a pensar que nada desta historia remota nos ex-plica hoxe. Coido que erraríamos gravemente. Se examinarmos sumariamente a historia posterior da Galiza (exame que Castelao demora en facer ao longo

87a lusofobia, modalidade da galegofobia (e viceversa)

María Pilar García Negro

da obra citada), rexistaremos novos episodios sintomáticos do negativo daquel hiato e das consecuencias lesivas que tivo para a Galiza e, aínda, para Portugal. Lembraremos só algúns, cuxas características analisa o noso autor: a transferencia do voto en Cortes a Zamora, co que o Reino de Galiza pasa a non existir nen simbolicamente; o fracaso das revolucións dos Irmandiños; a decapitación (nun-ca mellor dito, se pensamos en Pardo de Cela) da nobreza galega e, sobre todo, a súa extravasación para cometidos políticos, convenientes aos Reis Católicos e, despois, á monarquía dos Austrias, fóra da Galiza; os millóns de ducados pagos para resgatar aquel voto, douscentos setenta e cinco anos máis tarde (1623) de ser erradicado e cando a súa efectividade, en pleno apoxeu do absolutismo mo-nárquico, era nula, e, en fin, a dependencia de Portugal a España, no período 1580-1640, en que aquel reino pasa a ser unha especie de Comunidade Autó-noma da monarquía española, como último revival dunha ansia voraz de Castela por uniform(iz)ar politicamente toda a Península.

É así como “Galiza ficou sometida a un réxime de colonia conquistada e indina de exercer dereitos políticos. Os Reis Católicos domaron a nobreza e cas-traron ao povo para trocaren d-este xeito unha forza de touros en forza de bois” (p. 373). É así como o absentismo da súa nobreza e a ferreña política centraliza-dora dos Reis Católicos e os seus descendentes levan directamente a convertela nunha nación sen clases dirixentes. E é así, en suma, como se fabrica a imaxe dunha Galiza submisa e entregada, que paga a altísimo prezo o seu dominio, compra onerosamente direitos que nunca van xer exercidos e denuncia, a través de certos elementos nobres e ilustrados (Conde de Gondomar, Pedro Fernández de Castro…) os agravios que, en memorial incesante, se lle inflixen: entrega de dignidades civís e eclesiásticas a estranxeiros; abuso da carga fiscal; desprezo das peticións dos rexedores; papel colonial da Chancelaría de Valladolid e doutras instancias; imperio depredador dos señoríos eclesiásticos, a través dos frades e os seus poderosos mosteiros…, e un longo etcétera.

Naturalmente, todo isto conleva –nunha política colonizadora sistémica– o imperio dunha lingua, o castelán ou español, e a deriva dun galego oral a cada paso máis lonxe das súas orixes e da súa modernización. Será ben ilustrativo comprobar nas letras portuguesas do período filipino3 a diglosia literaria inducida

3 Vid., fundamentalmente, Vázquez Cuesta (1989).

88a lingüística galega desde alén marsociolingüística, estandarización e glotopolítica

polo dominio do español, como correlato visíbel da semente xa plantada na Gali-za e da súa agudización posterior. Nesta liña, Castelao lamenta que a Galiza non fose capaz de erguerse en rebeldía e revirar a súa historia, como si fixo Portugal e como o fixo Cataluña, aínda que esta fose domeada no comezo do século XVIII, xa coa dinastía borbónica inaugurada na persoa de Felipe V.

Portugal agárrase, para alimento mítico-espiritual de grande eficacia no consumo popular e mais no ilustrado, á figura de Don Sebastián, o que había de voltar algún día para devolver á patria o reino perdido. “O sebastianismo foi o motor patriótico dos portugueses, o que os salvou do cautiverio en 1640, na hora en que Felipe IV, obedecendo â política centralista do Conde-Duque de Olivares, quixo trocar o reino portugués en provincia hespañola” (p. 340). Mais esta variante de saudosismo (ou ben o seu adianto histórico) tamén existiu na Galiza, a respeito de Portugal, até ben entrado o século XVII, en plena descom-posición da monarquía absoluta dos Austrias. En 1656-1657, Barrionuevo (por Maravall considerado xornalista da oposición), nos seus Avisos, informa aos leito-res da frecuencia e mordacidade dos papeis anónimos, pasquíns, cartaces… que aparecían en prazas, rúas, muros de igrexas, mesmo en Palacio, que maldicían o goberno e criticaban e ridiculizaban o rei (Felipe IV). “En Galicia –di tamén Barrionuevo– se dice han puesto en varios lugares otros muchos pasquines como por acá [Madrid] y con las mismas quejas, y que si no las remedian, dicen que tienen cerca a Portugal”4. Acrecenta Maravall: “La protesta en este caso se une a una grave amenaza de secesionismo”5. De modo que en pleno século XVII, ao que se ve, a solución Portugal existía e esgrimíase como tal.

Porque no XVIII, e no XIX, Portugal e Castela, Castela e Portugal, volven ser planetas do satélite Galiza, mais, nesta volta a cargo da emigración a estes destinos de nacionais galegos, que mesmo desperta alarma nos gobernantes do despotismo ilustrado. Así, en 1764, o Conde de Campomanes informa:

En el incluso Dictamen sobre el informe del Marqués de Croix acerca de evitar el pasage de gallegos a Portugal procuro en resumen fundar:1º Que es inútil, y aun perjudicial, publicar ley sobre esta materia por la imposi-bilidad actual de cumplirla, y aunque se propone por el Capitán General la confis-cación de los bienes, es cosa inútil, porque los que salen a Portugal no los tienen.

4 Maravall (1980), p. 99.5 Ibidem.

89a lusofobia, modalidade da galegofobia (e viceversa)

María Pilar García Negro

2º Que contribuyen a la expatriación el mal trato en Castilla tasándoles el jornal, e incluso en las quintas a que nos están obligados.3º Que el remedio está en dar actividades a Galicia fundando Hospicios en las Capitales; estableciendo la hilaza del algodón, fomentando la pesquería de la sar-dina; erigiendo un consulado de comercio en La Coruña y concediendo a Galicia, como lo tiene pedido, el libre Comercio de Indias, en cuio caso, en tiempo de guerras, por la abundancia de excelentes puertos bastarán los Corsarios gallegos para interrumpir el comercio de Lisboa a Brasil […].Galicia está muy poblada y tiene a la verdad sobra de habitantes, porque carece de artes, de comercio y de navegación en que exercitarse.Establézcase estos tres ramos y al punto quedará remediado el mal” (“Informe de Campomanes sobre la emigración gallega y las formas de combatirla. Madrid, 1764”)6.

É tan elocuente este Informe a respeito daquela sincronía galega, nas mar-cas perfeitamente frías e obxectivas con que descrebe a situación, no intento de utilización da privilexiada xeografía galega para mellor continuar a retesía comer-cial con Portugal, no enunciado de carencias clamorosas…, que sobra calquer comentario. De que a Galiza estaba moi poboada dá fe, efectivamente, o facto de, a teor do censo xeral de 1787, representarmos o 13´5% da povoación total do Estado, cifra que baixará en 1860 ao 11´4%, para continuar descendo vertixi-nosamente até os nosos días. A sangría con destino a Portugal completarase coa que ten Castela e Andalucía como receptoras de traballadores galegos, como de forma maxistral vai reflectir Rosalía de Castro, antes de que se impuxese a moda (¡!) de recrutar galegos para serviren como carne de cañón ou ben como carne de emigración nas colonias e ex-colonias americanas, de que se fará eco a mesma autora.

2. As consecuencias da ruptura

Estaban sentadas as bases, como se ve, para unha castelanización-españo-lización acelerada da Galiza; se utilizarmos a horrorosa expresión capital huma-no, tan cara ao seu inventor, o capitalismo, falaremos dunha Galiza claramente descapitalizada. Se nos séculos medios, o trasego Galiza-Portugal era común e corrente por os grandes señores pusuíren terras e facendas aquén e alén Miño, no

6 VV. AA. (1980), p. 217.

90a lingüística galega desde alén marsociolingüística, estandarización e glotopolítica

remate da Idade Media, a morte violenta de Pardo de Cela e a leva dos señores galegos para campañas militares en dominios da monarquía castelá ou ben para a súa instalación na Corte deixaron a Galiza son clases dirixentes e a mercé da rapina civil-eclesiástica de estranxeiros. Esta primeira drenaxe demográfica que conta, por suposto tamén, co transterramento de miles e miles de plebeus, forza-dos a embarcárense, por exemplo, nas delirantes aventuras bélico-imperiais dos Austrias, vaise ver continuada pola saída en masa do país de centos de miles de nacionais emigrados, como xa se dixo, a Portugal, Castela e América. A primeira das citadas é unha emigración-asento, facilitada polo idioma común, por moito que no Portugal capitalino, a cada paso máis abducido pola influencia inglesa e, despois, francesa, o substantivo-adxectivo galego (anfiboloxicamente, tanto gale-go da nosa Galiza como galego do Norte de Portugal, en suma, nativo da Galiza histórica) cárgase con todas as tintas negativas do desprezo e a xenofobia, como aínda fica patente en dicionarios portugueses de hoxe7, en retesía vil, poderíamos dicer, con escandalosas acepcións racistas de gallego que, con moita máis gravi-dade, campan hoxe no canónico, autorizado e copagado por galegos Diccionario da Real Academia Española, na súa última edición8, onde podemos contar coa fortuna de que a sétima acepción, que recolle a definición de “lengua de los ga-llegos” preceda á definición dunha lagartixa, tamén en países centroamericanos. Podía ser pior!

A segunda, a emigración a Castela, é unha emigración-andoriña, no caso dos segadores ou das amas de cría, mais definitiva noutros oficios (aguadores, mozos de corda, criadas…) e, desde logo, na fuga de cerebros, nas clases al-tas, comprometidas funcionarialmente co Estado e/ou nos elementos ilustrados (Galiza, capital: Madrid) cuxa meca ineludíbel era a integración na política e na cultura españolas (o ronsel de nomes faríase interminábel: virreis, embaixadores, altos cargos na Corte, confesores do monarca correspondente; de Pastor Díaz a Montero Ríos; do Marqués de Riestra a Besada; de Emilia Pardo Bazán a Valle Inclán…, só por citarmos nomes ben coñecidos e influentes). O caso é que o país se descapitaliza (por seguirmos a usar o verbo odiento, aplicado a persoas)

7 Definición de Galego no Dicionário de Porto Editora (5ª edición, 1977): “da Galiza ou a ela relativo; habitante da Galiza; dialecto da Galiza; o. m. q. parda (ave); fig. moço de fretes; indivíduo grosseiro, incivil”. Ou Galegada: “ajuntamento de galegos; acçao ou dito proprio de galego; grosseria”.

8 Acepción número 5: “en Puerto Rico, tonto, falto de entendimiento o razón. 6: en El Salvador, tarta-mudo. 7: lengua de los gallegos”.

91a lusofobia, modalidade da galegofobia (e viceversa)

María Pilar García Negro

humanamente, extravasa a súa potencia: eventuais clases dirixentes que desertan de seren tais no país en que naceran, trocando o goberno en mando caciquil, por un lado; masa de traballadores-as, por outro, nun proceso que chega –e padece-mos– até os nosos días.

Con tal estado de cousas, non é estraño o cadro que pinta Castelao, refe-ríndose aos primeiros anos do século XX. Retornemos ao noso guía de viaxe e comprobemos a exactitude do retrato, con trazos ben familiares, aínda hoxe, cen anos despois do descrito:

Deica fai pouco tempo as relacións de Portugal e Galiza reducíanse a visitas aca-démicas de tunos e profesores. A Universidade castelán, que o Estado hespañol sostén en Sant-Iago de Compostela, ben podía entenderse coa Universidade de Coimbra […] sen comprometeren o artificio cultural e político en que vivíamos. Os estudantes universitarios do alén-Miño esmerábanse en falarnos n-un castelán risible, i endexamáis deixaron un soio libro portugués posto â venda nas nosas libreirias. Consideraban natural que os galegos sóio poidéramos mercar obras por-tuguesas traducidas infamemente ao castelán, porque non sabían que podíamos leelas no idioma de orixe. Lémbrome que no ano 1906 fun eu a Coimbra n-unha Tuna académica e os estudantes lusitanos asañábanse cando eu lles falaba en gale-go, coma se con eso lles lembrase calquera orixe bastarda […].Emparellados co torpe arredismo que os portugueses sostiñan frente a Galiza, nós oferecíamos un cadro moito máis lamentable que o d-eles. Os estudantes galegos –señoritos educados na iñorancia de sí mesmos– bulrábanse da melurosa cortesía dos portugueses, de importación francesa, e da música bisbiseante do seu lingoa-xe, e ao voltaren das Tunas puñaban uns cos outros no arremedo da oratoria e da xentileza con que foran agasallados en Portugal […]. Pero non todos éramos estudantes da Casa da Troya. Algúns volvíamos de Portugal cos ollos preñados de fremosura e co corazón fendido de saudades, moi ledos de termos visto alí o noso proprio xenio en liberdade. Tamén algún de nós traía libros de versos e de-prendíaos de memoria. E non era raro que de volta de Portugal un estudante, que ben podía ser o autor d-este libro, ficase máis galego que antes e con ánimos para desentoller as posibilidades d-unha Galiza ceibe (pp. 357-358).

3. A socialización do descrédito

Con estes vimbios, o queipo resultante non vai ser, loxicamente, moi alentador. Face a pequenas illas de (re)coñecemento mutuo, o continente de ignorancia recíproca Galiza-Portugal segue hipertrofiado. En boa parte da súa

92a lingüística galega desde alén marsociolingüística, estandarización e glotopolítica

superestrutura intelectual, Portugal construiuse negando a Galiza (como ele-mento derrotado, esquecíbel e falto de Estado); nesta, a popularización do cas-trapo “portuxés” é só indicativo dunha síndrome psicanaliticamente analisábel: a repulsión do idéntico e, simultaneamente, a compensación da inferioridade real face ao español en simulación de superioridade face ao Outro, que neste caso é o semellante, que aínda se conceptúa máis abaixo. Sendo, na realidade, españois de novena categoría, a existencia, ao lado, de viciños que nen sequer o poden ser consola e gratifica. Neste panorama, está servida, pois, a ración abundante de descoñecemento, desprezo entreverado de certa simpatía polo que é aínda máis pobre, ignorancia supina da súa cultura e perpetuación de todos os estereotipos rotineiros, ignorantes e falsificados. Que a prensa galega e a española sigan, in-cribelmente, escrebendo Oporto para designaren a cidade que leva o Douro ao Atlántico; que emisoras de radio e de TV sigan a pronunciar Rio de Janeiro con “j” de “jamón”, que se españolice até extremos de analfabetismo total a foné-tica portuguesa, é ben ilustrativo, tamén, dunha sofisticación nada inocente da ignorancia popular9. Sintomática de como, na Galiza e na España actuais, segue a ser funcional a ruptura, o divorcio, a política de non-reconciliación, en suma. ¿Funcional a que? Aclararémolo axiña.

4. As posicións do pensamento galego histórico. A súa ruptura no derradeiro terzo do século XX

Face a aquel cadro desolador que Castelao debuxaba, referíndose ao co-mezo do século XX, o proprio autor proclama como o reencontro, a anagnóri-se Galiza-Portugal, o relacionamento en beneficio mutuo, é, pola parte galega, obra exclusiva e froito filial do despertar da conciencia identitaria e, por tanto, do nacionalismo galego, súa expresión política e cultural, nos anos 20 do pasado século:

9 un exemplo máis, que atribuiríamos á astracanada, se tal subxénero existise na literatura galega. No xornal El Correo Gallego, na sección “Pólvora. Magnolias”, a primeira, que recolle feitos e elementos atacá-beis e ridiculizábeis, aparece, no 23 de Xuño de 1995, a seguinte pérola: “Pólvora. Para Pilar García Negro, diputada bloqueira, que va por ahí instando a todo bicho viviente a utilizar la lengua gallega y luego ella utiliza en sus intervenciones públicas un galaico lusista versión baixo Miño que no lo entienden ni los paisas de Oporto hartos de vino. Bien está defender la lengua gallega, pero con un poco de sentidiño normativo. Y con más razón los parlamentarios”. Sen comentarios.

93a lusofobia, modalidade da galegofobia (e viceversa)

María Pilar García Negro

A enorme laboura realizada pol–a revista “Nós”, o Seminario de Estudos Galegos e as numerosas obras literarias e de investigación que se publicaban en idioma ga-lego, non sóio galeguizaron o clima inteleitual da nosa Terra senón que, ademáis, ergueron orgulosamente o natural galeguismo do noso povo. Foi entón cando en Galiza se produxo un grave e sentido intrés pol-as cousas de Portugal (p. 359).

E, aínda, en breve repaso histórico, podemos engadir como todos os tex-tos do nacionalismo galego, desde a súa emerxencia como tal, abundaron na idea da consanguinidade galego-portugués, da definición deste como o galego mo-dernizado e convertido en oficial, e na necesidade, derivada destes axiomas, dun reencontro ou anagnórise, que só beneficios podía reportar para a lingua matriz, o galego, precisado de normalización social e pública e de institucionalización política. Desde Murguía a Castelao, desde os irmáns Antón e Ramón Vilar Ponte a Xoán Vicente Viqueira, de Vicente Risco a Ricardo Carvalho Calero ou Jenaro Marinhas del Valle…, os clásicos do pensamento galego non só non puxeron nunca en dúbida estes principios, senón que fixeron defensa activa deles e das súas consecuencias. Xa Rosalía de Castro se sentía parte dunha tradición que incluía Camões, e os Precursores (mesmo non tendo constancia documental até 1886, grazas a Teófilo Braga, dos inmensos tesouros da lírica medieval) sabíanse continuadores dun esplendor literario que alumaran os séculos medios e de que Galiza non pudera tirar proveito ao se torceren malfadadamente os seus destinos históricos.

Esa común pertenza ao mesmo tronco lingüístico tamén non foi posta en cuestión por nengún mestre da romanística ou da hispanística, Menéndez Pidal incluído. Se o galego era reputado como dialecto, face ao portugués lingua, era na connotación daquel termo como sinónimo de lingua non oficial, de fala non desenvolvida nos usos sociais e públicos, en definitiva, de lingua non protexida por un Estado e uns poderes públicos que a oficializasen e garantisen o seu vigor. A escisión galego-portugués e a decorrente política aillacionista son moi recen-tes, en termos históricos. Cabe a dubidosa honra á Universidade de Santiago de Compostela de iniciala, dando corpo académico e administrativo a unha incríbel cesura, que chegou a bifurcar os estudos de Filoloxía Galega e mais de Filo-loxía Portuguesa (bifurcación que chega aos nosos días, no sistema universitario galego e español), nunha lamentábel e anti-económica, en todos os sentidos, división, que non conleva máis que estrañamento e evidente perda de oferta

94a lingüística galega desde alén marsociolingüística, estandarización e glotopolítica

laboral. No terreo filolóxico-normativo, as primeiras publicacións, por exemplo, do “Instituto da Lingua Galega” (1971) chegaron a considerar “lusismos” solu-cións máis que aceitadas desde hai moitos anos pola normativa vixente, como a do sufixo –ales, por non falarmos do léxico, submetido decote a un proceso de pretensa “limpeza de sangue”, que penalizaba formas portuguesas plenamente válidas para o galego actual e compuña un modelo de bon galego castelanizado desnecesariamente, dialectalizado e sempre atento a evitar a tanxente, isto é, a comunidade de solucións entre a variante septentrional e a variante meridional do sistema.

Esta política de favorecemento dun suposto independentismo do galego fracasou estrepitosamente, porque nen sequer conseguiu mínimos de fortalece-mento do pretenso elemento independente, o galego. Á vista están os exiguos resultados que se derivan de vinte e cinco anos de política autonómica, cuxo bra-zo científico se alimentou destes presupostos. Mais, como en tantos outros eidos, esta avaliación nunca foi realizada polos seus responsábeis e promotores: ¡sobran motivos e razóns na sociedade galega e no seu comportamento lingüístico para atoparen coarctadas para o desuso do galego e a alarmante perda de falantes!

5. necesidades e conveniencias actuais

Vimos como Castelao non se declara filoportugués por nengún resorte saudosista, arcaizante ou abstracto. Pendura a afinidade de idioma e cultura dun-ha razón histórica e, sobre todo, dunha necesidade obxectiva da Galiza, canto á normalización da súa lingua e a vitalidade da súa cultura. Engadamos que o noso autor, aliás, vincula esta necesidade a unha outra netamente política: a necesidade da autonomía integral da Galiza, para se federar cos demais “povos de Hespaña”, como primeiro paso para a constitución da “República Confederal Hespañola para confederarse con Portugal” e da “Confederación Ibérica para ingresar na Unión Europea” (p. 477).

Na mesma liña material(ista), nós hoxe formulamos a clásica pergunta do xénero detectivesco: Cui prodest? ¿A quen e a que aproveita a escisión cultural Galiza-Portugal? Desde logo, a calquer axente menos á Galiza mesma. Serve, por suposto, ao mantemento do statu quo españolizado e españolizador. Serve ao furto da nosa historia e, por aquí, a estabilizar o complexo de inferioridade e

95a lusofobia, modalidade da galegofobia (e viceversa)

María Pilar García Negro

a rebaixar arreo o teito das reivindicacións colectivas. Serve, en fin, a favorecer a anestesia falsamente bilingüe, a que aumente a naturalidade con que se viven as condicións da diglosia en que aínda vive o idioma galego. Contrariamente, todas as evidencias, diacrónicas e sincrónicas, apontan á conveniencia, abonada por to-dos os factores favorábeis, dun relacionamento e dun diálogo bilateral (sen pasar pola alfándega española ou a europea), dunha restauración da historia verdadeira, en beneficio mutuo, do trafego fluído aquén e alén Miño e dunha e outra beira do Atlántico. Diálogo en pé de igualdade, non entreguismo nen mimetismo do superior. Reintegración, non fusión, como covariantes que se saben membros natos do mesmo sistema e non estraños que nunca se sentan á mesma mesa. Re-forzo galeguizador, en definitiva, cando tan preciso é para a causa da lingua, que non é outra que a causa da persistencia do país como tal.

6. conclusión

Rematamos a viaxe. Como de todas as viaxes se obtén un aprendizado, desexaríamos que desta tirásemos algún proveito. Coidamos que nen Portugal debe seguir descatalogado na Galiza nen a Galiza debe seguir a ser unha des-coñecida en Portugal. A vaporización non debe chegar a tanto, nunha política extremosa e extremista que a nada favorece máis que á ignorancia e ao desprezo mutuos. A política desde a Galiza do noli me tangere, aplicada ao portugués, é absurda, resesa e necia. Pode que unha cativa comenencia aponte á separación, á política de costas viradas (comenencia, naturalmente, inclinada á españolización e a un statu quo en que o galego leva sempre as de perder). A conveniencia, con maiúsculas, visa (re)estabelecermos relacións, en todos os ámbitos, en pé de igualdade, de nación a nación, nunha bilateralidade privilexiada, como os nosos clásicos querían e practicaron.

Calquer outra posición, hoxe, coidamos que apontoará a situación cativa da lingua galega e, por aquí, da Galiza toda. Cativa no duplo sentido: pequena e cautiva. Contra a pequenez inducida e contra o cativeiro se ergueron aqueles vultos históricos de que falamos antes. Deles descendemos e a eles nos debemos, pois deles vivemos.

96a lingüística galega desde alén marsociolingüística, estandarización e glotopolítica

Referencias bibliográficas

Maravall, José Antonio (1980): La cultura del barroco. 2ª ed. Ariel, Barcelona.Costa, J. Almeida & A. Sampaio e Melo (1977). Dicionário da Língua Portugue-

sa. 5ª ed. Porto: Porto Editora.Rodríguez Castelao, A. D. (1977). Sempre en Galiza. Madrid: Akal.Vázquez Cuesta, Pilar (1989): A língua e a cultura portuguesas no tempo dos Fi-

lipes. Lisboa: Publicaçoes Europa-América.VV. AA. (1980): Historia de Galiza. Madrid: Caixa de Aforros de Galicia/ Edi-

torial Alhambra.

Três sócio-histórias: três línguas

rosa virGíNia mattos e silva

Instituto de Letras/UFBA/CNPq

RESuMO

Parte-se, nesta comunicação, do princípio de que língua não é um conceito estritamente lin-

güístico, mas, fundamentalmente, político. Desta maneira, buscar-se-á nesta comunicação

traçar a sócio-história do galego, do português europeu e do português brasileiro. Sabe-se

que, para existir uma língua histórica, há necessidade de um território delimitado e de um es-

tado/nação definidos. O problema que então se coloca é o de que, se o português europeu tem

um território e um estado/nação definidos desde o século Xiii, o galego, contudo, está ainda

dependente do território e do estado/nação espanhóis, e o português brasileiro, embora tenha

um território delimitado e um estado/nação independente, não é considerado uma língua, já

que, ainda na última Constituição Federal a língua oficial do Brasil é a língua portuguesa.

Palabras clave: Lingüística histórica. História da língua. Sociohistória.

1. introdução

Em 1985, Noam Chomsky dizia que língua é um conceito político e ex-trapola o âmbito lingüístico. Nada melhor para ilustrar essa assertiva que a sócio-história do galego, do português europeu e do português brasileiro. Nascido

A LiNGüíSTiCA GALEGA DESDE ALéN MAR (iSBN 987-84-9887-145-6)

universidade de Santiago de Compostela, 2009

98a lingüística galega desde alén marsociolingüística, estandarización e glotopolítica

no Noroeste Peninsular, o futuro galego-portugês tem uma sócio-história, na origem, comum: mesmo substrato, o designado de proto-vasco; mesmo tipo de romanização: na Gallaecia Romana se encontraram as duas correntes de ro-manização, a da Bética, conservadora/culta e a da Tarraconense, inovadora/rural; quanto aos germânicos, os Suevos, vindos pelo norte da Península Ibérica, instalam seu reino na Bracara Romana, só depois absorvidos pelos visigodos; os muçulmanos chegaram a Compostela, mas se concentraram abaixo dos Montes Cantábricos e do vale do rio Douro. É no processo histórico da Reconquista que vão se definir os destinos da Galícia e de Portugal.

Como se sabe, a sociedade hispano-goda irá empenhar-se num processo expansionista, defendendo e alargando o seu território à custa não só de áreas reconquistadas mas também de expansão sobre os reinos vizinhos. Conseqüente-mente, a constituição de reinos distintos implica a criação de fronteiras políticas. As fronteiras políticas transformar-se-ão em fronteiras lingüísticas. O romance do norte vai se compartimentando em dialetos diferenciados pela ação de substratos e superstratos. Galícia e Portugal, Astúrias e Leão, Castela, Navarra e Aragão e Catalunha afirmam-se como entidades políticas distintas e, conseqüentemente, como núcleo lingüísticos diferentes –galego-português, asturo-leonês, castelha-no, navarro-aragonês e catalão. Características lingüísticas diferenciadoras vão tomando forma. Defende-se que a queda do <f-> inicial e a síncope do <-l-> e <-n->, no galego português, se deve ao substrato proto-vasco; a mudança do <-pl->, <-cl-> e <-fl-> iniciais do latim, em palatais, deve-se ao substrato celta, entre outros fatos. Antes de Portugal, antes do galego-português, nos inícios do século X, constituía-se um romance que veio a ser chamado pelos filólogos por-tugueses, na virada do século XX, de galego-português. Vejam-se, por exemplo, as Lições de Leite de Vasconcelos e de Carolina Michaëlis de Vasconcelos.

No início do século XI, Afonso VI, rei de Leão e Castela, reúne num só condado os territórios de Portucale e Coimbra e concede-os a D. Henrique, ca-sado com D. Tereza, sua filha. O Conde D. Henrique torna-se então senhor da região ao sul do Minho e de duas cidades no Reino de Leão, Astorga e Zamona; a D. Raimundo, casado com outra filha de Afonso VI, foi entregue a Galícia. A fronteira entre os dois condados, o Rio Minho, continua uma antiga divisão ro-mana em conventos jurídicos, a região ao Sul do Minho, secularmente integrada na Gallaecia Romana, passa a ser designação própria, ou seja, Portucale (Car-

99três sócio-histórias: três línguas

Rosa Virgínia Mattos e Silva

deira, 2006: 39-40). Galícia e Portucale, no correr da história, terão destinos distintos sócio-históricos e, conseqüentemente, lingüísticos.

2. O galego

Pode-se inferir que, nos inícios do século XI, as duas variantes români-cas, em formação, não teriam diferenças lingüísticas significativas, que permi-tiriam designar de galego e de português, o que se falaria ao norte e ao sul do Minho.

Ramon Lorenzo, na Conferência intitulada Breve história da língua gale-ga, diz:

Os séculos XI e XII são decisivos e neles assistimos a duas concepções distintas de territorialidade e do estabelecimento da configuração histórico-política definitiva. No século XI, depois do desaparecimento de Almançor, segue-se o florescer de Compostela e se remodela o “caminho de Santiago”... pôde-se chegar à união de todo o Ocidente e à criação de um reino de Galícia (1065-1071) primitiva, isto é, de todo o território galego atual e de toda a zona reconquistada ao sul do Minho até aquele momento. Se as circunstâncias fossem favoráveis, este reino de Galícia, que chegava ao Mondego, seguiria avançando... Contudo esta divisão não triunfou porque o primogênito não estava de acordo com ela e arrebatou aos dois irmãos [Sancho II e Garcia I] os seus respectivos reinos, reunificando todos os territórios reconquistados... Afonso VI será o único rei dos três reinos [Leão, Castela e Galícia]. (1996: 35-36; tradução minha).

Caberá assim a Afonso VI dividir o antigo território da Galícia, como já visto, no condado galego, doado a sua filha Urraca e o condado de Portugal, à sua filha Tereza, casadas, respectivamente, com os condes de Borgonha, Raimun-do e Henrique.

Segundo José António Souto Cabo, a submissão social e cultural galega a um poder sediado fora da terra galega, tem o evidente paralelismo lingüístico. A Galícia passa a ser o espaço aberto para a língua da monarquia que, ao longo da Idade Média, despreza o galego. Segundo o Autor, entre a segunda metade do século XIII e finais do século XV instalam-se ali elites forâneas monolingües em castelhano e a conversão mimética e crescente dos galegos a essa língua. Daí decorrem dois fatos interelacionados: i) intromissão de castelhanismos na

100a lingüística galega desde alén marsociolingüística, estandarización e glotopolítica

documentação e ii) aparecimento de textos em espanhol redigidos no país, o que culminará com a extinção paulatina do idioma autóctone, nos usos isentos da Galícia, durante o segundo quarto do século XVI. Considera Souto Cabo três estamentos no avanço do castelhano na Galícia: prelado, cabido e clero. Destaca, ainda, que, na Baixa Idade Média, há a existência de documentos híbridos, que fundem os dois sistemas lingüísticos (cf. 2001: 157).

Citarei, ainda, Souto Cabo:

A tradicionalmente conhecida como Crónica de Santa Maria de Íria... ocupa um lugar simbólico dentro da história literária galega... fechou o percurso do primeiro período, sendo portanto o último representante de uma Galícia cultural e lin-güisticamente “normal”, ou pelo menos muito próximo daquilo que na Europa medieval foi habitual a nível idiomático (2001: 13; tradução minha).

Não se pode deixar de destacar, a importância cultural do Caminho de Santiago (nos séculos XII e XIII), como o faz Henrique Monteagudo no artigo, O Camiño, as línguas e a emerxencia do galego. Destaca o Autor, o plurilingüismo e o intercâmbio cultural que ocorreu no auge do fenômeno jacobeu (século XII e XIII) (cf. 2004: 52).

Segundo o Autor, nessa época,

Introduziu-se na Hispânia, além de outras, duas novidades, uma lingüística e ou-tra cultural. Com a primeira, referindo-nos à modificação do tipo de letra: deixa-se de utilizar caracteres que hoje conhecemos com o nome de visigóticos, para utilizar caracteres carolinos (difundidos na época de Carlos Magno... mudam os ritos religiosos... do chamado rito moçárabe... para o romano... essa mudança veio acompanhada do uso de outro tipo de letra e do manejo de usos novos manuais para os rituais recém introduzidos... A segunda inovação... viria como conseqüência da anterior, que é a inovação que agora nos parece muito natural, mas, sem dúvida, foi muito trabalhosa: a escrita dos falares romances (2004: 57-58; tradução e adaptação minhas).

Destaca ainda Monteagudo, o que considerei de muito interesse, o surgi-mento de guias poliglotas e diz:

Temos aqui um dos primeiros exemplos na Europa (se não o primeiro) de uma espécie de guia plurilingüe (2004: 61; tradução minha).

O Caminho trouxe a Compostela e à Galícia muitas gentes, deu oportu-nidade para o encontro de línguas e para a introdução de novidades idiomáticas.

101três sócio-histórias: três línguas

Rosa Virgínia Mattos e Silva

E a questão da língua galega hoje?Segundo o lingüista galego Francisco Fernandez Rei,

Discutir se hoje o galego é língua diferente do português... parece-me questão bizantina de uma perspectiva estritamente lingüística; mas não o é de uma pers-pectiva sociolingüística nestes momentos em que se está a elaborar um galego estandartizado, depois de vários séculos de prostração e marginalização (1991: 106; tradução minha).

Quanto à normativização do galego, diz Fernandez Rei, segundo o lin-güista, também galego, Anton Santamarina que

Entre as duas posições analisadas (autonomismo vs. reintegracionismo), pessoal-mente, considero mais acertada a consideração do galego moderno como uma lín-gua autônoma em relação ao atual português padrão (1991:108; tradução minha).

Do outro lado do mar, concordo com os dois lingüistas galegos, referidos anteriormente.

3. O português europeu

Em 1143, Afonso Henriques, filho de D. Tereza e do Conde D. Henrique de Borgonha, no Tratado de Zamora, intitula-se rei de Portugal. Seu reinado é reconhecido em 1179 pelo Papa Alexandre III. O território do novo reino fica traçado, tendo como limites os reinos vizinhos, tanto em direção ao norte como ao leste. Empenha-se o novo rei na Reconquista e, libertando Faro aos muçulma-nos, já no reinado de Afonso III, delineiam-se as fronteiras reconhecidas como as mais antigas e estáveis da Europa.

Segundo Esperança Cardeira,

O traçado do mapa lingüístico de Portugal continental espelha até hoje, estas diferentes estratégias de repovoamento. A norte, a fronteira política imposta a uma população antiga, estável e densa, não conseguiu quebrar uma antiga unida-de lingüística nem nivelar a riqueza dialectal que a estabilidade, a densidade e a antigüidade justificam. A nordeste, o Mirandês testemunha a ligação a Leão. No Centro e Sul, territórios de colonização, e mistura de populações, vindas quer de norte quer de oeste, transportando consigo uma diversidade de variedades lin-güísticas, materializa-se no nivelamento dialectal e na apetência para a inovação” (2006: 42).

102a lingüística galega desde alén marsociolingüística, estandarización e glotopolítica

A partir de 1415, com a tomada de Ceuta, Portugal começa a expandir-se: em 1418 chega a Porto Santo e coloniza a Madeira. O objetivo maior dessa expansão foi chegar às Índias pelo cabo das Tormentas, depois cabo da Boa Esperança. Avança, assim, Portugal para o Oriente e, de permeio, “acha” ou “descobre” o que virá a ser o Brasil em 1500, numa expedição capitaneada por Pedro Álvares Cabral e tão belamente relatada na Carta de Pero Vaz de Caminha.

Como se sabe, o motor principal dos descobrimentos dos portugueses era de natureza econômica, mas não apenas também foi de natureza religiosa –“difundir a fé e o império”. Para difusão da fé, contaram com a decidida e dedi-cada colaboração da Companhia de Jesus. Difundia-se, além da fé e do império, a língua portuguesa, que, nesse processo, de longa duração, enriqueceu, pelo menos, o seu acervo lexical com empréstimos tomados a línguas da África e da Ásia. Começaram a formarem-se os crioulos, que têm como basileto a língua portuguesa. Ao iniciar-se o século XVI, Portugal teria pouco mais de um milhão de habitantes, tornara-se um dos mais prestigiados estados da Europa. “E se mais mundo houvera lá chegara”, como disse o Poeta maior, na epopéia “Os Lusía-das”, em que Camões canta os feitos dos “barões assinalados”.

Vê-se, por esse esboço histórico, que a sócio-história do português euro-peu é muito distinta da sócio-história da língua galega.

4. O português brasileiro

O que falamos no Brasil? Língua portuguesa ou língua brasileira? Costu-mo dizer que, enquanto a nossa Constituição legislar no sentido de que a língua do Brasil é a língua portuguesa, será a língua portuguesa e não a língua brasileira, a língua do Brasil.

Nação com território e estado definidos, no Brasil a língua oficial, de es-tado e majoritária é a língua portuguesa, por força da lei. Mas uma coisa é a lei, outra coisa é a realidade lingüística brasileira. O hoje designado português bra-sileiro difere, e muito, sobretudo nos seus usos falados, do português europeu: possui aspectos fonéticos próprios, como, por exemplo, a realização das vogais pretônicas e também as postônicas; aspectos prosódicos ou supra-segmentais que, de imediato, distinguem um brasileiro de um português; aspectos sintá-ticos, amplamente estudados por sociolingüistas e gerativistas, sobressaindo-se,

103três sócio-histórias: três línguas

Rosa Virgínia Mattos e Silva

nessa sintaxe, a colocação dos pronomes clíticos, e o sistema pronominal em geral; aspectos discursivos, ainda pouco estudados, que caracterizam modos de dizer próprios aos brasileiros e não aos portugueses. Para não falar das diferenças lexicais (Mattos e Silva, 2004: 140-146).

Por que razão a língua portuguesa, que chegou ao Brasil em 1500, distan-ciou-se tanto da língua matriz? Certamente são fatores de natureza sócio-histó-rica que permitem interpretar esse distanciamento, tais como: o multilingüismo característico do território brasileiro e a demografia histórica; a mobilidade popu-lacional, sobretudo a dos africanos e afro-descendentes e a escolarização ou sua ausência ao longo da história do Brasil. Examinemos, de maneira sintética, cada um desses fatores:

Quanto ao multilingüismo e à demografia histórica, os especialistas de-monstram que persistem cerca de 180 línguas indígenas, extintas 85% nos 500 anos de nossa história, concentradas hoje, na sua maioria, na Amazônia e no Brasil norte-central, mas também dispersas por vários pontos de nosso território. Hoje perfazem os indígenas 0,2% da população brasileira, estimada no Censo de 2000 em 165.544.443 habitantes. Além das línguas indígenas, somem-se as africanas chegadas com o tráfico negreiro, iniciado, oficialmente, em 1549 e, oficialmente, encerrado em 1835. Somem-se ainda as línguas dos emigrantes europeus e asiáticos, sobretudo, a partir da segunda metade do século XIX. Até à primeira metade do século XIX, a etnia branca - portugueses e luso-descendentes –perfez, entre 1538 e 1850, apenas 30% da população. Nos outros 70% estão, sobretudo, os africanos e afro-descendentes, já que os indígenas morreram ou por extermínio internacional ou por epidemias (Mattos e Silva, 2004: 148-151).

Quanto à mobilidade populacional, sobretudo a dos africanos e afro-des-cendentes, pode-se interpretar, com base na historiadora Katia Mattoso, no seu livro Ser escravo no Brasil, de 1979 e no brasilianista Robert Conrad, Os últimos anos de escravatura no Brasil: 1870-1888, de 1972, que os escravos eram obriga-dos a migrar: das lavouras de cana de Pernambuco, Bahia e Rio de Janeiro (sécu-los XVI e XVII) para a mineração de ouro e de diamantes nas Minas Gerais, Mato Grosso e Goiás (séculos XVII para o XVIII); atraída depois para o litoral, onde ocorre novo impulso açucareiro no Rio de Janeiro e depois São Paulo (século XIX), concentrando-se na área cafeeira do Vale do Paraíba e abrangendo áreas de São Paulo e de Minas Gerais. Também foram os escravos para o cultivo do fumo

104a lingüística galega desde alén marsociolingüística, estandarización e glotopolítica

e do algodão, no Maranhão, para a colheita de especiarias em áreas amazônicas e para imensas regiões pastoris do Brasil, nos interiores nordestinos, desde o século XVI, e no XIX para as charqueadas do Rio Grande do Sul. Diante desses fatos históricos, pode-se interpretar que os africanos e afro-descendentes escravizados difundiram pelo território brasileiro a língua portuguesa, na sua heterogeneida-de brasileira. Heterogeneidade que é mais de natureza diastrática ou social que diatópica ou social (cf. Mattos e Silva, 2004: 100-103).

A esses fatores sintetizados, some-se a escolarização ou sua ausência, ao longo da história brasileira, que, sumariamente, pode ser assim delineada: ao fim do século XVIII, haveria 0.5% de letrados no Brasil; no primeiro censo oficial de 1872, na população de 6 a 15 anos, 16% freqüentavam a escola; havia, então, menos de 12 mil, dos 4.600.000 habitantes, em colégio de nível secundário, chegando a 8.000 indivíduos com educação superior, realizada, é claro, fora do Brasil, sobretudo em Portugal. Entre 1890 e 1920 há um relativo salto na es-colarização: na segunda década do século XX haveria 25% de escolarizados. A situação atual mostra que menos de 20% da população brasileira atinge o 2º grau de escolaridade (Mattos e Silva, 2004: 130-131).

Tais fatores favorecem a interpretação de que o português usado no Brasil é não só plural, mas também polarizado –normas vernáculas e normas cultas– conforme o sociolingüista Dante Lucchesi, distanciando-se por esses fatos, pelo menos, do português europeu.

4. Palavras finais

Do romance que se constituiu, há séculos, no ocidente da Península Ibé-rica, nasceram duas línguas: o galego e o português. A primeira tem o seu te-rritório integrado no território espanhol; a outra, de um pequeno território, expandiu-se pelo mundo, e nesse mundo, inclui-se o Brasil. Do Brasil, com um imenso território, estado/nação independente desde 1822, não se pode ainda dizer que falamos/escrevemos a língua brasileira, o que poderá ocorrer no fu-turo. Com suas especificidades, essas três línguas e suas próprias sócio-histórias são inter-compreensíveis, desde que haja empenho dos que as falam e as ouvem. Parece-me!

105três sócio-histórias: três línguas

Rosa Virgínia Mattos e Silva

Referências bibliográficas

Cardeira, E. (2006). História do português. Lisboa: Caminho.Fernandez Rei, F. (1991). “Posición do galego entre as línguas românicas”. In I.

Castro, Curso de História da Língua Portuguesa: leituras complementares. Lisboa: Universidade Aberta, 79-107.

Lorenzo, R. (1996). “Breve história da língua nacional da ABRALIN” en Atas do 1° Congresso Internacional da Associação Brasileira de Lingüística. Sal-vador: ABRALIN/FINEP/UFBA, 37-48.

Mattos e Silva, R.V. (2004). Ensaios para uma sócio-história do português brasi-leiro. São Paulo: Parábola.

Monteagudo, H. (2004). “O Camiño, as línguas e a emerxencia do galego”, Grial 161, 52-61.

Souto Cabo, J. A. (2001). Crónica de Santa Maria de Íria de Rui Vasques: estudo e edizón. Santiago de Compostela: Cabido de S.A.M.I. Catedral/Seminá-rio de Estudos Galegos.

Etnolingüística e pragmática

O marcador discursivo bueno na lingua galega:

valores e alternativas

mª soraya domíNGuez Portela

Universidade de Santiago de Compostela

RESuMO

Bueno preséntase na lingua galega como un castelanismo cun alto uso, incluso en situacións

comunicativas formais e en emisores coidadosos nas súas escollas lingüísticas. En particular na

lingua oral, vese que para o falante a súa substitución non é sinxela sen que haxa unha perda

na transmisión da intención comunicativa.

Esta exposición pretende facer un achegamento –dentro do eido da análise do discurso– ó

comportamento semántico, sintáctico e pragmático do castelanismo bueno na lingua galega a

través da análise dun corpus para poder fornecer despois alternativas ó seu uso.

bueno en todos os rexistros deste corpus funciona como un marcador discursivo, isto é, o

seu labor non é a nivel da oración senón do discurso: modaliza o conxunto da mensaxe ou é

empregado para organizala. Partindo desta idea, establécese unha proposta de valores de

bueno con vistas de saber o máis acertadamente que transmite o emisor ó usar este marcador

discursivo para poder, deste modo, procurar formas propias do idioma sen que haxa perda

comunicativa.

Palabras clave: bueno – marcador discursivo – valores – equivalencias propias

A LiNGüíSTiCA GALEGA DESDE ALéN MAR (iSBN 987-84-9887-145-6)

universidade de Santiago de Compostela, 2009

110a lingüística galega desde alén maretnolingüística e pragmática

1. Os marcadores discursivos

A análise do discurso é unha tendencia lingüística máis ben recente. Nela abandónase a consideración da palabra ou da oración como entes illados e atén-dese o conxunto do discurso como un todo que se condiciona. Esta mudanza de perspectiva deu varios froitos, mais aquí atenderei un deles: o novo interese xurdido por unha serie de partículas que contan cun comportamento singular no acto discursivo en que se insiren, isto é, os marcadores discursivos1 (MMDD).

Os MMDD son formas que presentan un moi alto uso no discurso pero que, ó analizalas, as etiquetas da sintaxe tradicional non son válidas. E isto é así porque non cobren unha función sintáctica dentro da oración. O seu labor sitúase no nivel pragmático e pode ser de dous tipos. Ora organizan o discurso –presentan a orde dos elementos ou xerarquizan a información transmitida– ora modalízano –transmitindo a intención comunicativa do emisor. Fóra do dito, hai moi poucos trazos que sirvan para definir o conxunto dos MMDD, o que trae consigo moitas dificultades para a súa análise.

Unha das máis importantes dificultades ó enfrontarse ó estudo dos MMDD ou dun determinado MD son os diversos posicionamentos ou falta de acordo dos diferentes lingüistas a respecto destas palabras. Estas diverxencias parten desde puntos moi básicos; nesta breve presentación só referirei dous.

É moi discutida a consideración que merecen os MMDD. Pertencen a diferentes categorías gramaticais –mentres pois é unha conxunción, bueno é un adxectivo, por exemplo–, pero cando funcionan como MMDD todos perden as propiedades que lles serían inherentes segundo esa clasificación gramatical. Ante isto xurdiron dous posicionamentos: establecer unha nova categoría gramatical, fronte a considerar os MMDD unha categoría pragmática sen crear mudanzas pouco rendibles nos postulados gramaticais tradicionais. A razón básica da vitoria do segundo postulado foi a pluralidade e falta de límite que aínda hai ó tratar o funcionamento dos MMDD, polo que falar dunha nova categoría gramatical non solucionaría nada.

Tamén levantou moita controversia decidir se os MMDD contan con va-lores semánticos de seu ou se son valores que lle fornece o contexto comunica-

1 Neste traballo empregouse a etiqueta marcador discursivo (MD) por ser a máis habitual na bibliogra-fía, pero outras que tamén circulan neste tipo de traballos son organizador do discurso, marcador pragmá-tico...

111o marcador discursivo bueno na lingua galega: valores e alternativas

Mª Soraya Domínguez Portela

tivo. O discurso condiciona moitos matices de significado destas partículas, mais algúns autores demostraron que un mesmo discurso non transmite a mesma información estando un determinado MD presente ou ausente. Isto decide que os MMDD contan con valores intrínsecos. Como se pode ver no título deste relatorio, aquí sitúome nesta liña.

2. Bueno

O interese de bueno está no alto uso deste MMDD español no noso idio-ma. É tal que parece formar parte da nosa lingua case dun modo irremediable. As sospeitas de que a súa substitución significaría en moitos casos perda ou mudanza na información trasmitida, provoca reticencias á hora de propor a súa substitu-ción. Por esta razón o coñecemento de como funciona e dos seus valores son fe-rramentas fundamentais para a procura da existencia –ou non– de formas galegas equivalentes sen que haxa perda na transmisión da información.

2.1. Proceso de traballo

Este é un estudo de corpus. Isto é, os resultados aquí presentados son tirados dun corpus elaborado para esta investigación que conta con dúas fontes: o Tesouro Informático da Lingua Galega (TILG) e tres programas da televisión nacional. Os criterios de selección dos programas televisivos foron a formalidade da situación comunicativa e mais a súa espontaneidade, isto é, que o discurso se desenvolvera sen demasiada limitación por un guión totalmente pechado e revisado por un lingüista e, polo tanto, que non deixara espazo para a lingua dos falantes. Os escollidos foron: A chave (nº 223: 2005), Somos unha potenzia (10/07/06) e Libro aberto (17/05/06). Finalmente o conxunto do corpus su-mou un total de 2182 rexistros útiles, quérese dicir, despois de eliminar aqueles casos en que bueno non funcionaba como un MD2.

O feito de esta ser unha investigación baseada nun corpus débese ter en conta en todo momento. Por unha banda, porque as conclusións ou resultados expostos resultan dese corpus e non de intuicións ou valoracións subxectivas e,

2 Cando bueno non funcionaba como un MD, era por ter o rol de obxecto metalingüístico ou por fun-cionar como un adxectivo cun valor enfatizador da calidade ou cun uso irónico.

112a lingüística galega desde alén maretnolingüística e pragmática

pola outra, porque un corpus é sempre limitado e, polo tanto, non recolle nunca a totalidade da riqueza dun idioma.

2.2. Principais características de bueno

2.2.1. Data de entrada. Se observar a integración do uso do MD bueno no noso idioma pódese pensar que é unha forma introducida no galego dende hai tempo. Pola contra, a obra máis antiga recollida no TILG en que bueno aparece como MD é de 1836 (Diálogo en la Alameda de Santiago entre Cristovo, Farru-co, Bartolo e Freitoso) nun dos moitos diálogos do século XIX onde se tentaba reflectir a lingua habitual do pobo para crear verosemellanza.

Mais este MD non é aínda habitual neste século: na base só 64 rexistros pertencen ó século XIX. Mentres, da primeira metade do XX son 254 e da segun-da 1863 rexistros. A partir de datos semellantes, Freixeiro Mato (Freixeiro Mato, 2005) tirou a conclusión de que o paso desta partícula do español ó galego litera-rio deuse no século XX, xa que ata a segunda metade do XIX non era tampouco habitual o uso de bueno como MD no español falado.

Pero pódese afinar aínda máis e afirmar que ese asentamento é definitivo na segunda metade do século XX, como acontece con moitas das características discursivas importadas do español, xa que é na segunda metade do século pasado cando o sistema estatal conta con ferramentas moi rendibles para a extensión das modas propias. Estoume a referir en especial ós medios de comunicación e, en menor medida, á extensión do sistema educativo. Polo tanto, esta é unha forma recente no galego.

2.2.2. Tipo de discurso. Segundo imos avanzando no tempo non só se emprega máis bueno senón que tamén se emprega nunha maior diversidade de discursos, como se pode ver no Gráfico 13. De tódolos modos o discurso dialo-gado (ora en formato conversa ora en entrevista) é o máis habitual, sendo o 75% do total dos rexistros.

3 Neste gráfico, como en todos os que presente, haberá sempre tres aros. O interior representa o sé-culo XiX, o intermedio o fragmento temporal que vai dende 1900 a 1950 e o exterior dende 1951 a 2006. Mantiven esa división temporal porque, aínda que as diverxencias non son radicais, si son interesantes as tendencias que reflicte.

113o marcador discursivo bueno na lingua galega: valores e alternativas

Mª Soraya Domínguez Portela

Tamén ten unha alta presenza o discurso narrativo no século XX, en espe-cial na segunda metade. Quizais sexa froito dun bo número de obras que com-poñen o TILG neste período; son estudos feitos por filólogos ou estudantes de filoloxía que gravaban distintas persoas por toda a xeografía do país para analizar a súa lingua. Deste modo, o importante era conseguir que o entrevistado falara e que o fixera sen consciencia de ser gravado. Para iso o discurso narrativo é moi útil. Aínda así, o que reflicten estes documentos é que este MD non é exclusivo do diálogo.

Finalmente, o resto dos tipos discursivos, en especial o expositivo e o argu-mentativo, aínda tendo un uso moito menor, son de interese porque nos sitúan en ámbitos da formalidade, en confronto coa opinión moi estendida de que este españolismo é exclusivo da coloquialidade.

2.2.3. Estilo de lingua. Como se ve no Gráfico 2, bueno aparece nos tres grandes niveis de lingua que se establecen tradicionalmente, mais é evidente que este parece ser un MD propio da coloquialidade. Alén disto, non é raro escoitar nos nosos medios, en situacións plenamente formais ou, inclusive, en programas onde o obxecto de atención (por seren xogos, etc.) é o código, o uso deste MD sen case conciencia de que é unha forma allea e, polo tanto, desaconsellable nesa situa-ción comunicativa. Porque, como se ve, o seu uso no ámbito formal é importante.

gráfico 1

Tipo de discurso

texto argumentativo

composición fixa

narrar

diálogo (conversa/vista)

descrición-expor

monólogo

entre

114a lingüística galega desde alén maretnolingüística e pragmática

2.2.4. Lugar de bueno. Bueno é unha partícula que emprega o emisor/a introducindo ben a intervención (47% do total) ben a oración (39%). Se non o fai é porque antes hai outro bueno iniciando o discurso en fórmulas como bueno, bueno; bueno, home, bueno; bueno, pois, bueno; bueno, vocativo, bueno, etc.

De eliminarmos estas dúas posibilidades, resta unha porcentaxe residual de situacións plurais (gráfico 3).

En moi poucos casos bueno posponse ó verbo ou finaliza a oración. Estas posibilidades aparecen con valores moi determinados. No primeiro caso –só se recollen exemplos na segunda metade do século XX–, dáse sobre todo cando bueno marca unha corrección ou unha aclaración; e no segundo cando pecha o acto comunicativo ou a acción.

Máis habitual é que a bueno o precedan outros MMDD (pois, vaia...) ou conxuncións (en especial e e pero). Con isto non quero dicir que bueno presente un uso perifrástico con estas partículas, aínda que nun 49% dos rexistros totais apareza acompañado por algunha delas. A respecto da combinación de bueno con outros MMDD, o uso acumulativo destas partículas para modalizar ou organizar o texto dun mesmo modo é moi común. Un caso máis complexo é a xuntanza de pero e bueno. De primeiras amosan un maior vencello có resto e quizais si me-recería unha revisión máis afondada noutro traballo.

gráfico 2

Estilo de lingua

popular

coloquial

formal

115o marcador discursivo bueno na lingua galega: valores e alternativas

Mª Soraya Domínguez Portela

2.2.5. Outras características. Outras características do funcionamento de bueno son o seu illamento da liña entoativa do discurso e, polo tanto, o seu des-vencello sintáctico con este.

Bueno aparece na liña entoativa apartado do conxunto da estrutura á que modaliza na grande maioría dos rexistros. Só nun 3% non hai ningún tipo de corte ou pausa coa estrutura, mais hai que ter en conta que todos os que se presentan así están incluídos en textos escritos onde é difícil comprobar se o que hai é unha au-sencia na representación gráfica dunha pausa entoativa efectiva. Polo tanto, pódese afirmar que o seu illamento é unha constante funcional. Á súa vez, este explica que bueno non condicione sintacticamente a estrutura que modaliza ou organiza. Nin lle afecta á orde dos elementos –unha boa mostra é que non produce nunca a pro-clise a pesar de que nalgúns casos funciona como unha chamada de atención, isto é, como un focalizador do conxunto do texto ou dalgún dos seus elementos– nin tampouco afecta o núcleo verbal, nin no tempo nin no modo. De tódolos xeitos, de recordarmos o tipo de discursos máis habituais en que se emprega este MD, en-téndense que o tempo máis empregado no total da base sexa o presente e o modo o da realidade, isto é, o indicativo (38% do total). Pero só é unha tendencia froito do tipo de discurso, porque, pola contra, o modo máis empregado no século XIX é o imperativo, modo que decrece segundo imos avanzando na centuria seguinte.

gráfico 3

comezo deintervención

comezo de oración

combinatoria conoutro bueno

outros

116a lingüística galega desde alén maretnolingüística e pragmática

2.3. Funcións e valores. Á hora de establecer os valores de bueno aparecen os problemas xa anunciados ó falar das dificultades de análise dos MMDD: a polisemia e a polifuncionalidade, alén da dependencia do contexto da situación comunicativa. Mais como a ausencia de bueno muda o sentido da información do texto, débese entón procurar cales son os valores fundamentais que carreta a súa presenza.

En primeiro lugar, bueno, como a maioría dos MMDD, ten dúas funcións básicas: a) organizar o discurso e b) modalizar o discurso.

O Gráfico 4 amosa que, aínda sendo a función máis habitual a de modali-zador, o uso de bueno como organizador do discurso vai en aumento co tempo. Pasa do 16% no século XIX, a un 25% na primeira metade do XX e chega ó 45 % na época máis recente. Este é, pois, un rol cun asentamento progresivo.

2.3.1. Organizador do discurso. Este MD non organiza o discurso sempre dun mesmo modo, e dentro da pluralidade, tampouco teñen todas as posibilida-des un uso equiparable. Como organizador pode: a) introducir o acto comuni-cativo, b) pechar a acción, o tema, ou un aspecto dese, c) recuperar un tema ou un aspecto dese, d) funcionar como estratexia de corrección.

Mais nestes catro casos hai unha constante que tamén aparecerá nalgúns valores do bueno modalizador: todo se fai dun modo non abrupto, suavízase a

gráfico 4

Organizar o discurso

Modalizar o discurso

117o marcador discursivo bueno na lingua galega: valores e alternativas

Mª Soraya Domínguez Portela

acción. Polo tanto, este MD emprégase cando o emisor quere ser delicado ou coidadoso co outro, aínda nunha situación de enfado, rebaixando a transmisión dese estado.

Hai que ter en conta que o bueno organizador representa o 30% do total do corpus, polo tanto é fácil de entender que, aínda funcionando como tal, non deixa de reflectir a intención comunicativa do emisor, por exemplo, cando se quere mostrar modesto, irónico, humilde...

2.3.1.1. Introducir o acto comunicativo. Bueno introduce o acto comuni-cativo, é dicir, a conversa, a narración ou a intervención. É máis habitual dende mediados do século XX e usándoo o emisor non comeza dun modo abrupto a comunicación, senón que é como se o enlazara con algún aspecto anterior. Por exemplo, ó comezar a contar un conto, normalmente é o resultado dunha petición, ou, se non o é, o uso de bueno indica un modo modesto de comezar a facelo. Unha paráfrase do seu sentido podería ser: “cóntoo porque vós queredes, non porque o queira eu”.

O fuxido Curuxás Bueno, vouche contar a historia de Curuxás, Curuxás, de nom-bre Ramón Rodríguez Varela, esta familia, veu aquí ó término de Palas de Rei (Xerardo Pereiro Pérez (1995): Narracións orais)

Nunha porcentaxe pequena (1% do total) tamén pode introducir un reto, unha proposta ou unha orde feita polo emisor mais con bueno é presentada dun modo máis educado ou sutil que se non aparecera.

O xués colleu o libro dos casados e dixolle: -Bueno, se fan o favor, deanme os datos dese señor. (Asunción Antelo Suá (1999): As penurias dun amor)

maldita a falla que facía. Afrontando ó Claudio, dixolle: -Bueno, vostede dirá, pois penso que está aquí para falar... (Xerardo Díaz Fernández (1985): Contos)

Ou tamén é unha estratexia para comezar unha conversa ou unha interven-ción como se fora a continuación doutra, porque os participantes xa se coñecen.

I afetivamente, pasei e dixenlle a Sabel, digo: -Bueno, prepar’ a cea pra min e pra Barcia a tal hora. (Antón Santamarina (1975): Testos dialectais de Negueira)

Porque o uso de bueno como marca de primeiro contacto entre descoñe-cidos é inhabitual, aínda que se atopan algúns exemplos.

118a lingüística galega desde alén maretnolingüística e pragmática

e botou pa aló. E foi. Ós sete días saliulle un home ó camiño: -BUENO, -dixo-lle- ¿a onde vas? (Ofelia Carnero Vázquez et alii (1998): Polavila na Pontenova)

Noutros casos pode ser empregado como unha pausa para pensar a respos-ta a unha pregunta do outro ou a unha retórica.

ENT. ¿Cánto tempo lle levaba facer un par de zocas? {M}.Bueno, un par de zocas, eu fací’o, esmaltab’as, un par de zocas esmaltab’os nunha hora, e noutra, e noutra escavab’as. (Xosé Luís Vázquez (1986): O galego en Zolle)

Ie logho qué máis así había daquiala época, bueno, iou por eghemplo acordome que tamián ór dumingos, iou (Helena Pousa Ortega (1987): A fala de Goián (textos dialectais))

Hai unha grande diversidade de situacións, mais hai outros MMDD que pertencen ó noso sistema lingüístico e que contan cos mesmos valores ou mati-ces. Vou dar algunhas propostas:

Algúns exemplos que demostren esa equivalencia son:

O fuxido Curuxás Ben/A ver/Mira, vouche contar a historia de Curuxás,

maldita a falla que facía. Afrontando ó Claudio, dixolle: -En fin/ben, vostede dirá, pois penso que está aquí para falar...

Dentro da casuística de bueno introducindo unha resposta, hai unha situa-ción particular. É cando a resposta que se dá non corresponde exactamente co que se pregunta, senón que é unha explicación da resposta esixida.

{A}-Bueno, pois a auga búsca-na elas adonde a encontran; -¿E cand’ un bicho lle vai á colmea? {A}-BUENO, poden ir ratos, ratos se van máta-nas, acaban con elas (Helena Sánchez (1983): A fala da parroquia de Seteventos)

Neste caso o MD propio equivalente que eu propoño é si.

MMDD propios - a ver - ben - en fin - entón - mira/mirade - nese caso - si*

119o marcador discursivo bueno na lingua galega: valores e alternativas

Mª Soraya Domínguez Portela

A}-Bueno, pois a auga búsca-na elas adonde a encontran; -¿E cand’ un bicho lle vai á colmea? {A}- Si, poden ir ratos, ratos se van máta-nas,

2.3.1.2. Pechar a acción, o tema ou un aspecto dese. Este é o modo máis habitual de organizar o discurso por bueno (26% do total); é máis, é o uso máis habitual de bueno na franxa temporal de 1950-2006 cun 28%. Nestes casos o MD pecha un asunto ou unha acción sen máis, ou para comezar con outro asunto ou acción. Son moitos os casos en que a pechazón dun asunto carreta a introdución dunha conclusión ou dun outro tema, ou, como no exemplo, a introdución da despedida.

Il caíu de xeonllos deixando fuxir o sangure libremente (...) Ela (...) apoiou a cara na man e fitou pra aquil home, sin amor, sin piedade. -Bueno-dixo somentes-. Adiós. (Eduardo Moreiras (1972): Follas de vagar)

Mais tamén pode incluír a introdución dun novo aspecto do mesmo tema ou narración.

Qu’ eu non sei por que era, eu tiña suerte que alí... había quen... quen me quixera pr’ ás... pr’ ásistente de moi buena gana. Entrei coa boa alí. Naquela compañía entrei coa boa. Si ho. BUENO, e ¿envitastes estes homes? -Esperate, esperate; espérate un momento. Séntat’ un pouco, ho (Xosé Luís Regueira (1989): Textos da Terra Cha)

MMDD propios equivalentes son:

Il caíu de xeonllos deixando fuxir o sangure libremente (...) Ela (...) apoiou a cara na man e fitou pra aquil home, sin amor, sin piedade. –En fin -dixo somentes-. Adiós.

And.}.- Calarei porque a cousa non ten importancia. (..) ¡Tanto segredo para unha cousa que non ten importancia... {Antº}.- Xa che dixen que é tan somente pra min. {And.}.-Xa está/ está ben/ é igual, abonda xa.

MMDD propios

- é igual - en fin - está ben - ó final - xa está

120a lingüística galega desde alén maretnolingüística e pragmática

2.3.1.3. Recuperar un tema ou aspecto dese. Tras unha interrupción, excurso ou mudanza de tema pódese querer retomar un asunto anterior. Neste caso, a necesidade de advertir o receptor/a desa volta atrás é evidente. Bueno é unha das ferramentas empregadas con ese fin. Aínda así este valor do organizador é o menos habitual, ó representar un escaso 3% do total.

-¿E non contou os catro mil reás que, según se dixo, lle prestou a vosté sen di-comento e sen rédetos pra mercar o agro de Forcadelos?... -¡Quén fai caso de mermuraciós e de contos!...Bueno, pois ó qu’iba. Pra que vexades se Mingos era home (Manuel Vidal Rodríguez (1920): Contos galegos d’antano e d’hogano)

O MD galego máis común empregado con esta función é:

-¿E non contou os catro mil reás que, según se dixo, lle prestou a vosté sen dicomento e sen rédetos pra mercar o agro de Forcadelos?... -¡Quén fai caso de mermuraciós e de contos!...Ben, pois ó qu’iba. Pra que vexades se Mingos era home

2.3.1.4. Estratexia de corrección. Este valor sitúase como ponte entre as funcións de organizador do discurso e de modalizador do discurso. Organiza cando é un dos indicativos de que se vai reformular o discurso propio por di-ferentes razóns: vólvese comezar o discurso porque se considera que o anterior non foi unha boa introdución da información,

Francisco.- Temos o caso do Prestige (...) As sanciós, pois, non hai delito penal. BUENO, que cada estado, é dicir, que se ahora hai calquera accidente desto agora a Comunidade Europea ten vetado considerar eso como un tema de dereito penal pero que cada estado (...) (2005: A chave)

ou reformúlase a orde dos acontecementos presentada antes por sopesar que non era a acertada,

o jefe colleu e marchou tras do, do criado, e dixo, bueno foi tras del, entonces viu que o criado cheghaba a un (Xerardo Pereiro Pérez (1995): Narracións orais do concello de Palas de Rei)

MMDD propios

- ben

121o marcador discursivo bueno na lingua galega: valores e alternativas

Mª Soraya Domínguez Portela

ou introdúcese unha corrección do dato anterior,

A obra iba muito pra Galicia, bueno, pra Galicia iba todo, porqu’en Orense e por ei (José Antonio Fernández Vior (1997): El habla de Vegadeo)

ou a matización deste.

-¿Sabes cantas pontes hai deica Vilafranca? Pontes e túneles... Uns bos cartuchos de dinamita, e hai cen sitios pra lles cortar o camiño. ¡Mai que os pariu! Se fose eu quen mandara...-Non fai falla que digas animaladas, que agora non te oe o Gar-cía. -Bueno, pensandoo ben, tamén case dá risa. Estes militares de (Darío Xohán Cabana (1994): O cervo na torre)

A situación é diferente cando o corrixido é o outro membro do acto co-municativo. Neste caso non se xerarquiza a información, non se indica que a comunicación importante é a que vén despois de bueno. Polo tanto, non se orga-niza o discurso. O que se fai nestes casos é corrixir o outro dun modo educado, considerado, non brusco.

C.Blanco.- (...) do seu bo gusto prá roupa. Pero din que en realidade é súa nai quen lle merca a roupa! Bugallo.- Bueno, en parte é certo pero non é que me merque ela a roupa. (2006: Somos unha potenzia)

¿Como ve o panorama político que comenza a ferver? -Bueno, sempre que hai unha campaña hai esa fervenza que Vde. di. (1997: A Peneira)

Achégase nesta situación a un dos valores do bueno modalizador, ‘aclarar, advertir’.

Formas galegas que presentan un mesmo valor:

Francisco.- Temos o caso do Prestige (...) As sanciós, pois, non hai delito penal. Vamos, que cada estado, é dicir, (...)

A obra iba muito pra Galicia, realmente/na verdade, pra Galicia iba todo, porqu’en Orense e por ei

MMDD propios

- aínda que - home... Exclusivos para corrixir o outro - mira/e... - na verdade - eh, mira! - pola contra - vamos - non é para tanto - realmente - que va, home!

122a lingüística galega desde alén maretnolingüística e pragmática

-¿Sabes cantas pontes hai deica Vilafranca? (...) –Aínda que, pensandoo ben, ta-mén case dá risa.

¿Como ve o panorama político que comenza a ferver? –Mire/Non é para tanto, sem-pre que hai unha campaña hai esa fervenza que Vde. di.

2.3.2. Modalizador do discurso. Como modalizador establecín sete valo-res básicos, cheos de matices engadidos polo contexto en que están inseridos: 1) aceptar ou afirmar, 2) aclarar ou advertir, 3) introducir unha conclusión, 4) introducir unha consecuencia, 5) marcar elisión informativa, 6) quitar credibili-dade ou importancia, 7) indicar sorpresa.

O hábito de uso destes tamén é moi variado. Mentres ‘aceptar ou afirmar’ é o valor máis común no conxunto do corpus, ‘introducindo unha conclusión’ ou unha ‘consecuencia’ non pasan do 5% cada un.

É de interese indicar que na revisión da bibliografía española –ver biblio-grafía– sobre os valores de bueno non hai ningunha correspondencia cos valores ‘marcar elisión informativa’ ou ‘quitar credibilidade ou importancia’. Non quero con isto dicir que estes valores non existan no español, mais ten importancia que non foron recollidos en ningún deses traballos.

2.3.2.1. Aceptar ou afirmar. A rotundidade que amosa o adverbio afir-mativo por antonomasia si pérdese ó usar este MD. Con bueno o falante pode mostrar a súa conformidade ou asentimento ante unha determinada situación ou cara á versión do outro, e antes ou despois de que ese outro dera os seus últimos argumentos para convencelo.

Ben craro llo dixo a Rosa. Eu escoitei con atención a conversa dela coa miña mu-ller. Victoria desexa un home de carreira, e non un pequeno negociante como ti. -Bueno... pois que o leve, e ogallá teña sorte. (Arturo Romaní (1992): Barlovento)

Mais tamén pode aceptar unha determinada proposta, petición ou reto ou afirmar unha pregunta. E todo isto pódese facer indicando non absoluto acordo, ironía ou humildade cara ó interlocutor, mais sempre sen mostrar a decisión ou rotundidade do uso do adverbio afirmativo si.

-Señor, -dixo esta toda trembante- eu.. xa ve... -Caráspeta, acabarás dunha vez, si, ou non? Os gastos i o demais corro eu co’eles. -Si é así... entón...bueno...; pro haberíalle que perguntar ó rapaz (Heraclio Pérez Placer (1891): Contos, leendas e tradiciós)

123o marcador discursivo bueno na lingua galega: valores e alternativas

Mª Soraya Domínguez Portela

{ENT}.- ¿E outra vez non di que pariu un pequeno? {J}.-Bueno outra vez si, vin parir ou nacer un pequeno (María López Castro (1990): A fala de Sarria)

Noutro nivel, mais aínda neste valor, bueno pode ser a marca que indica comprensión da información dentro dunha conversa. E pode facelo de dous modos diferentes. Nun o receptor da información, usando este MD, comunícalle ó emisor que recibiu a información satisfactoriamente, que houbo comprensión desta.

-E tu pra qué a queres, Francisco. -Parece mentira, que me pregunte pra qué a quero. -Ai BUENO, bueno; xa comprendo. Preparada. (José María López (1928): Contos de polavila)

No outro, o propio emisor, a través de bueno, confirma que o receptor entendeu o que lle está a dicir ou tentar explicar.

fillo que se chama Isaá, e Iolanda, é o...é o...o home da [...]. Bueno, pois esa era unha prima carnal de meu padre. (Xosé Luís Regueira (1989): Textos da Terra Cha)

Este valor de bueno, aínda sendo o máis presente no conxunto, foi perden-do importancia relativa co paso do tempo. Mentres no século XIX é o uso máis habitual dun modo notable (57%), na primeira metade do XX baixa ata o 34% o seu uso e na segunda metade queda no 21% do total.

A respecto dos MMDD galegos equiparables, ó haber unha gran plurali-dade de matices tamén hai unha boa pluralidade de substitutos, todos roldando a conformidade e o asentimento.

MMDD propios - aínda que - aínda ben - ai... pois - ai, si - alá ti - (si), bah - ben - claro... - claro que si - como vou...? - dá igual - é certo - éme igual - en fin - está ben - home... - iso - non exactamente - non te/ se preocupe(s) - non ten importancia - pois... - por suposto - realmente - se é así... - será... - si, claro - si, tamén - si, vale - tamén - tranquilo/a - vale - veña - veña, pois - veña, vai - verbo... - xa está - xa estou listo - xa veremos

124a lingüística galega desde alén maretnolingüística e pragmática

-Señor, -dixo esta toda trembante- eu.. xa ve... -Caráspeta, acabarás dunha vez, si, ou non? Os gastos i o demais corro eu co’eles. -Si é así... entón... vale/está ben/aínda ben...; pro haberíalle que perguntar ó rapaz

2.3.2.2. Aclarar ou advertir. Durante unha exposición ou discurso pode-mos necesitar aclarar ou explicar en distintos momentos. Unha das ferramentas usadas para facelo é bueno. Este introduce aclaracións a respecto da información anterior,

De moler deixouse hai seis anos, que nos déramos de baja. Bueno... porque se molía menos i había el papeleo i (José Antonio Fernández Vior (1997): El habla de Vegadeo)

datos fundamentais para o sentido do que se está a dicir,Carlos.- (...) A consistencia coa que conta o Partido Popular en Galicia é extraor-dinaria. (...) Podería obxectarse, podería... “BUENO, é que a súa capacidá de mobilizar determinados votos (...) é grande”. (2005: A Chave)

ou tamén evita mal entendidos co receptor.- (...) Cando se traballaba i mau pois había que ter todo eso. Es’ e moitas más cou-sas. Si. -Bueno, había que cerrá-las obras, facíanse muebles, facíanse... e facíanse casi, BUENO, más feitos ou más non, menos, pero... facíase todo, o qu’ hai hoxe case se facía daquela. (Xosé Luís Regueira (1989): Textos da Terra Cha)

A aclaración pode ser valorativa (engadir unha valoración do que está a contar), ou pode procurar (auto)tranquilizar; ou todo o contrario, a aclaración é unha ameaza ou un intensificador dramático. Tamén pode ser unha aclaración retranqueira.

En moitos casos, bueno suaviza o ton de enfado do emisor, seguindo coa liña de cortesía moi común como se viu funcionando como organizador do dis-curso. As opcións de substitución tamén son varias, como variados son os matices de significado.

MMDD propios - aínda así - eh - mira ti! - mira que... - nese caso - para aí - e vamos - vamos que (...) - mellor non falar diso - non é tanto como parece - non todo era así - xa non é para tanto

125o marcador discursivo bueno na lingua galega: valores e alternativas

Mª Soraya Domínguez Portela

Carlos.- (...) A consistencia coa que conta o Partido Popular en Galicia é extraor-dinaria. (...) Podería obxectarse, podería... “Mira que, é que a súa capacidá de mobilizar determinados votos (...) é grande”.

2.3.2.3. Introducir unha conclusión. Este valor está relacionado co organi-zador ó pechar o acto comunicativo, mais coa diferenza de que neste caso fócase a conclusión coa que se finaliza. Outra das diverxencias entre estes dous valores é o hábito de uso, pois este só representa o 5% do corpus.

A conclusión introducida pode ser unha toma de decisión ou o resultado presentado como lóxico:

Fun e deixeino delgadiño com’ un ghizo e dispois dixen: bueno, pos, vou mirar s’ o inxerto eu, se prende prende e (Helena Sánchez Rodríguez (1983): A fala da parroquia de Seteventos)

outros hasta que matou un ie os outros heriuos, e escaparon e bueno, non lle comeran ningúa ovella. (Fanny López Valledor (1999): Literatura de tradición oral nos Coutos (Ibias))

e sitúase despois dunha determinada acción, situación, argumentación ou expo-sición, descrición ou simple reflexión propia:

asi mesmo cho reza no articalo vinte e nove: pois meu amiguiño de Dios, ainda non che hay dous meses, funche eu a unha consilasion ¨e ti sabes canto me leva-ron? vinte reasiños: unha peseta por cada parte e outra por cada testigo sin contar un vaso de viño que tiven que pagarlle ó home bueno: con que xa ves ti, si teñen de estos xueces non che é milagre que os preitos vayan adiante; (Anónimo (1836): Diálogos en la Alameda de Santiago)

Ó mesmo tempo a conclusión tamén pode incluír un matiz de advertencia ou orde:

E as ovellas baixaban e dixo o cura: -E o ganado baixa; ¿e que pa onde o mandas? -E mandoo, como sempre, pó monte. -Pero meteráas por aí nun sitio ou qué. O ganao non come, o ganao baixa. Bueno, seguía igual. Bueno, dixo un día o cura: -BUENO, mandao pa tal sitio que vou eu pa alí. (VVAA.(1998): Polavila na Pon-tenova: lendas, contos e romances)

MMDD propios - ben - en fin - é dicir - mira... - ó final - uf - veña - vamos - xa está

126a lingüística galega desde alén maretnolingüística e pragmática

fuxe unha muller que leva xa de vida medio siglo, pois partanse as diferencias polo xusto e polo lícito, pois xa está/en fin/ben/vamos, acabouse, buscanse dúas mozas de vintecinco.

Había dous lobos nunha montaña, ghordos e vizosos, moi bos, estaban de comer bestas e ghado; comían as vacas pequenas. É dicir/vamos, estaban brizosos. E taban cansados de pasar boa vida e

2.3.2.4. Introducir unha consecuencia. Está estreitamente relacionado co valor anterior e tamén comparte unha frecuencia de uso semellante (o 4% do total).

Normalmente é o dito polo outro (que aceptara algo que se lle propuxo, que propuxera un reto...), o momento ou a situación o que provoca a conse-cuencia introducida por bueno.

{A xente} -¡Non ll’é alta pol’altura! {Eu} -Bueno: será pola baixa. (Enrique Labar-ta Posse (1889): Bálsamo de Fierabrás. Colección de versos en gallego y castellano)

¿Cómo é eso?... qu’inda me parece habé-lo visto onte...-Pois si señor... estase morrendo... e sosmente vosté o pode salvar...-¡Qué me dice!... Vamos, cada vez comprendo menos... -Bueno, pois oigame con pacencia e despois verá se teño ou non teño razón (Manuel Vidal Rodríguez (1920): Contos galegos d’antano e d’hogano)

arriba, ó lousado, e taban abaixo, sintían ó neno berrar; e bueno, ó día siguiente colle, vai buscá-lo e dice, taba (Fanny López Valledor (1999): Literatura de tra-dición oral nos Coutos (Ibias))

{A xente} -¡Non ll’é alta pol’altura! {Eu} –Entón/daquela: será pola baixa.

arriba, ó lousado, e taban abaixo, sintían ó neno berrar; e entón/ claro, ó día si-guiente colle, vai buscá-lo e dice, taba

2.3.2.5. Marcar elisión informativa. É un valor máis habitual nas últimas décadas4. Con esta etiqueta refírome a aqueles casos en que o emisor empre-ga bueno como un enunciado independente para as situacións comunicativas en

MMDD propios - daquela - (e) claro - entón

4 Como xa foi dito, non se atopou constancia deste valor nas fontes españolas consultadas.

127o marcador discursivo bueno na lingua galega: valores e alternativas

Mª Soraya Domínguez Portela

que non pode ou non quere explicitar a información. As razóns desa elisión son varias.

Cando o que se procura é indicar que algo é incontable, innumerable por ser unha cantidade moi abondosa ou para parar unha enumeración xa demasiado longa, aparece bueno.

duques, esto xa, foi, como che digo, aquí habíache máis duques, BUENO, esto, había duques cando fixeron, no ano quinientos a (Xerardo Pereiro Pérez (1995): Narracións orais do concello de Palas de Rei)

cantiles, martillos, mechas, un birbiquí ou dous, taladros...¡Bueno, así unha sin-finidá de cousas! Metro, regla, compás (Xosé Luís Regueira (1989): Textos da Terra Cha)

Se a información é indicible por non querer tratala ou polo grao extremo da calidade... está no seu lugar bueno.

Presentador.- E non digamos nos dez novos membros. Roberto.- BUENO, xa non digamos nos 10 novos membros. (2005: A chave)

Tamén se fai uso deste MD se os datos son indiscutibles pola súa certeza:

E se coma min foran os máis, xa fai tempo que non tiñamos no país esta zu-mezuga. ¡Hombre bueno!... ¡Olla qu’hai cada nomeada! {Antón}.-E saíu agudo ist’home. (Xavier Prado (1928): Farsadas.)

E aquel ano polo San Ramón, ¡bueno, había unha festaza de miedo! O que pasa é que choveu (Xosé Luís Regueira (1989): Textos da Terra Cha)

ou se é unha información imaxinable, fácil de supor e explicitala sería redundan-te, pouco económico:

C.Blanco.- (vendo outra foto) e que sosos eles, eh! Bugallo.- BUENO... que queres? É dicir... (2006: Somos unha potenzia)

e marchou, marchou alí con outro veciño, e marchou pa América, logo des-pois pasaron, moitos anos, ben ghrandes, i o veciño veu, pero el como estaba tan aburrido dos pais, estaba tan cheo deles, non veu, e cheghou un día o, o veciño cando veu, e foi por onda os pais, pero os pais estaban seghando os dous na herba seca e dixolles: -Ola e tal, bueno, BUENO pois. Non lle preghuntaban polo fillo (Xerardo Pereiro Pérez (1995): Narracións orais do Concello de Palas de Rei).

128a lingüística galega desde alén maretnolingüística e pragmática

As formas propias, xa que a casuística de situacións é variada, tamén son moitas:

C.Blanco.- Eso é moi de muller. (...) Tirar para adiante con todo: dunha casa, dunha familia, dun traballo... e aínda botar unhas risas! Ramona.- Brava e estar ca-breada! Por suposto/vamos/ Si, claro... E mais tirar para adiante e seguir peleando.

Presentador.- E non digamos nos dez novos membros. Roberto.- Uf/ non fales!, xa non digamos nos 10 novos membros.

2.3.2.6. Quitar credibilidade ou importancia. É o terceiro valor5 máis habi-tual no corpus e mantén un semellante hábito de uso nas tres franxas temporais establecidas neste traballo.

Nestes casos bueno é, por un lado, o MD co que o emisor pode indicar non só a súa descrenza cara á mensaxe recibida, senón que tamén pode destrozar a credibilidade da fonte, contrapóndoa coa opinión propia.

-¡Como non parrafee con miña nai, ou cos bois! {Tío Xaquín}. -Bueno, bueno. -Do voso tempo, perguntalle á túa nai o que (Ricardo Frade Giráldez (1925): Vaites, vaites. Pasatempo cómico)

-¡Un meigallo!... BOENO, boeno ¡ora o diabro! todo aquel que moito come (Heraclio Pérez Placer (1895): A vendimia)

Despois preguntoulle, a meu primo, e dixolle meu primo: -BUENO, bueno, ¿quen che fai caso ho, quen che fai caso? (Xerardo Pereiro Pérez (1995): Narra-cións orais do Concello de Palas de Rei)

MMDD propios - apóstoche/lle - claro que si - de sobra - de todo - era o que faltaba! - en fin - indiscutiblemente - etc. - moitísimo(s) - non fales! - por suposto - si, claro - se che/lle contara... - seguro - uf - unha chea de veces - vamos - xa verás

5 Este, como o anterior valor, tampouco se recolle na bibliografía española consultada.

129o marcador discursivo bueno na lingua galega: valores e alternativas

Mª Soraya Domínguez Portela

Polo outro lado, tamén se emprega para quitarlle a importancia a unha información, á situación ou ó asunto con distintas finalidades. Nuns casos para ser correcto cara ó interlocutor desdramatizando unha situación incómoda,

-¿E tíos ou irmáns tampouco tes? -Non señor. -Boeno, enxuga esas bagoíñas (Ma-nuel Martínez González (1883): Poemas gallegos seguidos d’un tratado sobr’o modo de falar é escribir con propiedade ó dialeuto).

ou dando algo por válido, por satisfactorio e mostrar un carácter conformado co que hai para evitar situacións desgostosas:

-Vamos, que non queres decir o nome... éche un misterio ben raro... Bueno, apro-veitalle o mesmo. ¿Ti eres o que dás a limosna? (Manuel Vidal Rodríguez (1920): Contos galegos d’antano e d’hogano)

Noutros casos funciona como unha marca eufemística, xa que procura suavizar a introdución dun dato ou comentario que se entende inadecuado...

meterlle a man, e tal, pa fóra, e tal. Non podía dar do corpo. Bueno, a non poder caghar..., caghar e caghar (Xosé Luís Couceiro Pérez (1976): El habla de Feás).

As situacións son moi plurais, mais a finalidade é sempre a mesma: restarlle importancia á información.

MMDD propios Quitar credibilidade Quitar importancia - era o que faltaba! - aínda ben/así - (pero) bah - si... si - ben - claro - si, home... - dá igual - en fin - si, home, si - deixémolo así - é o que hai - non ha de ser para tanto - vale - está ben - mira... - xa verás - non é para tanto - pero en fin - non queda outra - non vas/vai morrer! - que se lle vai facer! - tranquilo (, ho!)

130a lingüística galega desde alén maretnolingüística e pragmática

2.3.2.7. Indicar sorpresa Aínda sendo un valor do modalizador non moi usado (representa o 3’5% do total), o ton desa sorpresa pode ser variado: dende indicar ofensa ou aldraxe, pasando polo despectivo ata a incredulidade.

-¡Boeno, boeno! Polo visto pensas que non sabemos quen é o que ch’acompaña é o que che axuda co gado (Francisco Álvarez Nóvoa (1894): Beira o Barbaña. Paisaxes)

-¡Boeno, boeno! Polo visto pensas que non sabemos quen é o que (Francisco Álvez Novoa (1894): Beira o Barbaña. Paisaxes)

(Erguese e dá un longo abrazo a Pilara.) {Pilara}.-Bueno! ¿E a que vén agora esto? (Manuel Lugrís Freire (1906). Esclavitú: drama en dous actos en prosa)

Carlos.- Que diríamos do Parlamento de Galicia, cada deputado votar en función da súa provincia (...) Diríamos, pero BUENO!, Galicia politicamente é unha en-telequia! (Fanny López Valledor (1999): Literatura de tradición oral nos Coutos)

E que metan cada unha seu dedo por elí. I eu hei meter este que me falta unha pinta de sangre que perdiche. Despois xa, xa me conoces e xa eliges. Bueno, chegou á casa. BUENO hombre, ahora sabemos qu’eres listo verdá. (Martine Roux (1982): Fala o fistor e faise o día. Algúns aspectos da tradición oral galega na

parroquia do Cebreiro)

E que metan cada unha seu dedo por elí. I eu hei meter este que me falta unha pinta de sangre que perdiche. Despois xa, xa me conoces e xa eliges. Bueno, che-gou á casa. Pois si/ mira ti! hombre, ahora sabemos qu’eres listo verdá.

4. conclusión

Como se viu, o comportamento de bueno é bastante harmónico e encá-drase perfectamente no funcionamento xeral dos MMDD a través da súa plu-rifuncionalidade e da súa variedade semántica. Pero o que máis me interesaba neste traballo era demostrar que, a pesar da riqueza e diversidade de matices que o uso deste MD español ten no noso idioma, en tódolos casos é substituíble por

MMDD propios - como?! - é imposible! - mira ti! - pois si - non me diga(s) que...? - vaia! - que di(s)? - que é isto? - que quere(s) dicir)

131o marcador discursivo bueno na lingua galega: valores e alternativas

Mª Soraya Domínguez Portela

MMDD propios que xa se empregan nesas mesmas situacións. E recalco esta idea porque a procura de solucións únicas que algúns autores dan (Freixeiro Mato, 2005) en moitos casos parece artificial e pouco rendible, fronte á facilidade de usar instrumentos que xa tódolos falantes usan no seu día a día.

Tendo en conta que cando un sistema lingüístico está no proceso de esta-blecer un estándar é necesario determinar unha xerarquía de prioridades, xunto co feito de que este tipo de partículas discursivas son foco de estudo recentemen-te, é fácil de entender a falta de atención que se lles deu. Mais na actualidade a lingua galega conta xa cun estándar definido e tamén posúe ferramentas útiles para a súa extensión (das que destacan os medios de masas e o ensino), polo tan-to, é este o momento de substituír estas formas alleas por propias. Os MMDD, como indiquei no comezo deste relatorio, empréganse moito tanto no discurso oral coma no escrito e en tódolos niveis de lingua. Polo tanto, o uso e abuso de formas alleas empobrece o noso código dun modo evidente. Por iso a revisión do uso de formas como o MD bueno perfectamente elidible do noso sistema é máis que necesario.

Referencias bibliográficas

Alonso Estravís, I. (1995). Dicionário da Língua Galega. Santiago de Compos-tela: Sotelo Blanco.

Calvi, M. V. & G. Mapelli (2004). “Los marcadores del discurso ‘bueno’, ‘pues’, ‘en fin’ en los diccionarios de español e italiano”, Artifara 4. [última con-sulta: 18/03/2005] <http://www.artifara.com/rivista4/testi/marcado-res.asp>

Carballeira Anllo, X. Mª, coord. (2000). Gran Diccionario Xerais da Lingua. Vigo: Xerais.

Cortés, L. & Mª M. Camacho (2005). Unidades de segmentación y marcadores del discurso. Madrid: Arco Libros.

E. Travis, C. (2005). Discourse Markers in Colombian Spanish: a study in Polyse-my. Berlin/Nova York: Monton de Gruyter.

Fernández Salgado, X. A. (1992). “Actos de reformulación conversacional: a corrección”, Cadernos da lingua 6, 65-76.

132a lingüística galega desde alén maretnolingüística e pragmática

Freixeiro Mato, X. R. (2003). “Na procura de mellorarmos o uso do galego: os marcadores discursivos” In A Nosa Terra 1103, 20-22.

Freixeiro Mato, X. R. (2005). Os marcadores discursivos: conectores cotraargu-mentativos no galego escrito. A Coruña: Universidade da Coruña.

Martín Zorraquino, Mª A. & E. Montolío Durán, coord. (1998). Los marcado-res del discurso: teoría y análises. Madrid: Arco Libros.

Moliner, Mª (1987). Diccionario de uso del español. Madrid: Gredos.Pessoa de Barros, D. L. (1989). “Mecanismos de correção da fala”. In Actas do

XIX Congreso Internacional de lingüística e filoloxía románicas. Santiago de Compostela: Universidade de Santiago de Compostela, 355-369.

Poblete B., Mª T. (1999). “Los marcadores discursivo-conversacionales de más alta frecuencia en el español de Valdivia (Chile)”, Estudios Filológicos 33, 93-103.

— (1999). “La cohesión de los marcadores discursivos en distintos tipos de discurso”, Estudios Filológicos 34, 165-180.

Serrano, Mª J. (2006). “Acción e interacción social en variación sintáctica y discursivo-pragmática” In Discurso y sociedad: contribuciones al estudio de la lengua en contexto social. Castellón de la Plana: Servicio de Publicacio-nes de la Universida Jaume I, 121-142.

Sihvonen-Hautecoeur, P. (1989). “Paricules discursives et auto-reprise” In Actas do XIX Congreso Internacional de lingüística e filoloxía románicas. Santia-go de Compostela: USC, 435-448.

A matanza: aproximación etnográfica e comunicativa1

eloi Gestido de la torre

aNa aCuña traBazo

Universidade de Vigo

RESuMO

No presente traballo describiremos as características principais (etnográficas, comunicativas,

sociais e culturais) da práctica tradicional que constitúe a matanza do porco. En primeiro lu-

gar, definirémola desde o punto de vista etnográfico xeral e, a continuación, analizaremos os

aspectos comunicativos máis relevantes baseándonos nos principios teóricos propostos pola

etnografía da comunicación (Hymes, 1962, 1964; Gumperz e Hymes, 1964), considerando esta

práctica como un evento comunicativo de matanza e definindo e describindo os factores cons-

titutivos máis característicos da mesma (espazo, tempo, participantes, secuencia do acto, clave

interpretativa, etc.).

Palabras clave: matanza do porco, etnografía da comunicación, modelo sPeakiNG, evento comu-

nicativo.

A LiNGüíSTiCA GALEGA DESDE ALéN MAR (iSBN 987-84-9887-145-6)

universidade de Santiago de Compostela, 2009

1 Eloi Gestido de la Torre (perspectiva etnográfica da comunicación, apdo. 3): Ana Acuña Trabazo (pers-pectiva etnográfica xeral, apdo. 2).

134a lingüística galega desde alén maretnolingüística e pragmática

Do porquiño aprovéitase todo, menos a vida. [Informante anónimo]

A matanza é unha manifestación cultural e social dun modo de vivir pro-pio do medio rural. Esta actividade tradicional: a) asegura un ano enteiro de alimento variado, b) atinxe á unidade familiar e ó grupo, pois pon en marcha un sistema de axuda mutua, e c) predispón á festa, á celebración (o mesmo ca outros traballos).

Todos estes trazos irémolos desenvolvendo a continuación, pero antes cómpre referirse á especial relación que a poboación rural galega mantén co porco.

1.1. O porco como animal totémico

A matanza, malia ser unha morte violenta (de aí que, na actualidade, moi-tos membros da sociedade galega a cuestionen), revela a importancia que o por-co ten na economía campesiña e a auténtica veneración polo santo da freba, pois el vénnos matando a fame dende o tempo do Ferro, e nós, ingratos, a ferro e lume matámolo a el (Álvarez Blázquez, 1972: 8).

A galega é unha cultura da porcofilia. Así, tamén entre nós, o amor ós por-cos inclúe crialos como membros da familia, durmir xunto deles (antes o cortello estaba dentro da casa, normalmente ó lado da cociña), falarlles, acariñalos, cha-malos polo seu nome (na casa onde realizamos a gravación chámaselle “chino, chiniño”), conducilos (por exemplo, o porco de San Antón), chorar por eles e alimentalos cos nosos restos e con bocados escollidos.

Pero o amor ós porcos inclúe tamén o seu sacrificio obrigatorio e o seu consumo en acontecementos especiais (antano era habitual que o porco criado na casa se vendese enteiro ou por partes, quedando para a casa un resto mínimo) coma os sinalados por Taboada Chivite (Álvarez Blázquez, 1972):

Sobervivenzas do culto ao porco poden se considerar as comidas ritoales de certas partes do animal: o bandullo, no Aninovo; as chourizas, en San Antón; o paiolo (botelo, pedro) no Antroido; o lacón, en San Vicente; a cachucha, na trilla; o fígado, na desfeita, etc., protocolo aínda inalterábel en moitos sitios. A matanza do porco, o orde estabrecido no escoartizamento, as fórmulas máxicas que se dín sobor da carne, certos entreditos e prohibicións alimenticias, todo isto proba

135a matanza: aproximación etnográfica e comunicativa

Eloi Gestido de la Torre/Ana Acuña Trabazo

unha especie de caráuter sagro que o porco conserva da súa vella siñificación mito-lóxica.(...) Supersticións ligadas á carne diste animal, favorables unhas e contrarias outras, poden se considerar coma manifestacións da maxia animal; eisí, o caráuter mediciñal do fel; e de senso contrario, a prohibición de comer os homes determi-ñada parte do porco, próusima ás derradeiras vértebras, chamada cega maridos, porque se a comen os varóns perderán a vista.

O mesmo X. Taboada Chivite e X. Lorenzo (1982: 210) situaron xa o carácter sagrado do porco na cultura dos verracos e a súa presenza nos castros.

E como as crenzas e as conviccións íntimas se manifestan na tradición oral (Aparicio Casado, 2002: 94), velaí que os habitantes míticos dos castros tamén queiran un porco:

Os seres míticos, fieis imaxes dos de carne e óso, amosan idénticas preferencias cu-linarias. Non é pois de estrañar que as nosas mouras devezan pola carne de cocho. Con todo, había un problema: os mouros, en principio, non tiñan porcos. Fanse con eles mercándoos na feira ou recíbenos como moeda de cambio en pagamento de favores e riquezas que outorgan ós humanos. Unha vez os quinos no seu po-der, engordábanos de xeito prodixioso, como se a comida que lles proporciona-ban os encantos tivese, ó igual que estes, propiedades máxicas.

Seguindo a M. Harris (2001: 49) o amor ós porcos proporciona unha perspectiva máis ampla da comuñón entre homes e bestas (máis cá do hindú e a vaca). E o clímax dese amor ó porco é a incorporación da carne de porco ó anfi-trión humano e do espírito do porco ó espírito dos antepasados.

Vista xa a consideración especial que a sociedade tradicional galega sente polo porco, volvemos ás características da matanza.

1.2. A matanza como fonte de autoabastecemento e actividade económica

O porco constituíu durante moito tempo a base da alimentación en Gali-cia. Xa para a vila medieval (Castiñeiras, 1995), tanto a súa cría como o seu apro-veitamento resultaban fáciles e rendibles. De aí que seguise sendo fundamental na vida campesiña ó resolver gran parte da mantenza da xente, especialmente durante o inverno (Lorenzo, 1982: 210).

Os informantes de M. Mandianes (1990: 95) sinalaron as solucións que o porco ofreceu durante os difíciles anos da guerra civil: a manteiga de porco

136a lingüística galega desde alén maretnolingüística e pragmática

(pingo) substituíu perfectamente o aceite, e o touciño era sinónimo de carne. Aínda hoxe,

A razón da importancia do porcino parece clara: o porco produce máis carne a menor custo. E aínda por riba aliméntase cos restos da comida da casa. Están, pois, mellor adaptados a unha sociedade de agricultores preindustrais onde os recursos escasean sempre. O elevado consumo de carne de vaca propio da socie-dade actual só é posible gracias ós altísimos rendementos da agricultura moderna. (Mariño Ferro, 2000: 181)

O feito de ser unha base alimenticia esencial (proteínas e graxa) e, en oca-sións, supoñer uns poucos ingresos económicos explica o interese e os coidados que lle dedican as nosas xentes (sobre todo a preocupación cando o porco non come de todo). A fraseoloxía popular é unha mostra do que acabamos de comen-tar, pois aínda que non se teña dó da muller, hai que telo do porco e quen nunca tivo un porco e agora ten un porquiño anda curri currichiño.

1.3. A matanza como actividade familiar e comunitaria

A matanza é unha actividade familiar exercida nunha casa, por iso casa e familia son sinónimos. En Galicia máis que de familia, fálase de casa, concepto abondo importante, pois:

A casa cos seus habitantes, campos e gando constitúe unha unidade económica. Ademais de unidade residencial, núcleo de dereitos, unidade produtora e de con-sumo, é unha condensación de valores. Proporciona a base para unha dicotomiza-ción moral: o interno e o externo a ela. (Lisón Tolosana, 1982: 102-103)

A casa é autosuficiente, co gando como base da súa economía (tanto para o consumo como para a venda). Pero ás veces necesita doutras casas, por iso un membro da familia debe participar nos traballos colectivos e nos de axuda mutua, maiormente cando a casa non conta con suficientes membros.

Estas axudas (coñecidas como rogas, xeiras, axuda, emparza) existen porque moi-tos labores requiren unha concentración de man de obra que supera as posibi-lidades da familia. Resulta imprescindible en labores que esixen participantes e son inaprazables. Exemplo: matanzas, enterros, vodas. (...) As casas piden axuda ós parentes e ós veciños máis próximos. A necesidade de man de obra obriga a reforza-las relacións cos parentes e cos veciños, sobre todo nos veciños de porta. (Mariño Ferro, 2000: 260-262)

137a matanza: aproximación etnográfica e comunicativa

Eloi Gestido de la Torre/Ana Acuña Trabazo

Se antes o sistema de axuda mutua obedecía a necesidades económicas (sociedade campesiña, de pequenos propietarios, con escaseza de man de obra, falta de cartos), actualmente o sistema de axuda mantense aínda que non se poida devolver esa man de obra. En efecto, algúns agarradores asisten á matanza por lazos de amizade fortes, non porque pensen en que se lles devolva axuda nese traballo (por iso se intentará devolver en forma de especie).

Por outro lado, a casa debe compartir cos veciños parte dos seus bene-ficios. Dado que a matanza era sinal da riqueza da casa (cantos máis porcos se matase, máis poder tiña a casa), o acto de regalar alimentos trala matanza séntese como un deber por medo á envexa, por gardar as aparencias e tentar non sobre-saír demasiado, etc.

Antes comíase moito na festa da matanza pero tamén había que pensar en gardala para todo o ano, porque certamente había persoas que mataban tres ou catro porcos pero outros non mataban máis ca un. E había que lucila para poder comer unha lisca de vez en cando. (Mariño Ferro,1986: 92)

A literatura popular volve amosarnos o sentimento da xente “se non matára-mos porco, aínda habían decir que pasamos fame na casa” (Álvarez Blázquez, 1972).

Na matanza, os veciños cos que se partilla son aqueles máis necesitados (“pobres”) e aqueles dos que se recibiu a “proba” (de alimentos: o pan da en-fornadura, o porco da matanza...) noutras ocasións (ademais da familia). Esa política de regalos coas casas amigas da aldea e cos personaxes importantes da comunidade reforza as relacións entre grupos distintos e entre grupos iguais cuxo punto de partida é a matanza do porco.

Pero existen un par de aspectos máis. Por un lado, xera un sistema de intercambio de carne fresca. Como na sociedade rural non se coñecen métodos para conser-var en bo estado as vísceras, ó compartilas con parentes e veciños, que á súa vez devolverán a invitación cando maten, conseguen comer carne fresca non só na propia matanza, senón na de cada un dos parentes e veciños invitados. (Mariño Ferro, 2000: 265)

1.4. A matanza como actividade festiva

Os traballos de compañía e os de axuda mutua implican un certo ambiente festivo. A pesar da tristeza pola morte do animal, predomina a alegría pola fartu-ra, presentida para o resto do ano co alimento acumulado.

138a lingüística galega desde alén maretnolingüística e pragmática

Antano había festa, comida e viño. A festa era a recompensa polo esforzo, pero tamén consolidaba os lazos entre os participantes.

A xente compara a festa da matanza coa patronal, porque tamén están presentes os familiares e porque a comida, especialmente a carne, abunda. Como a festa patronal, revivifica as relacións entre parentes. (Mariño Ferro, 2000: 265)

Xa indicamos como o día da matanza era especialmente esperado polos alimentos2 que xa se empezaban a consumir frescos. Podiamos considerala:

Una ceremonia prodigiosa que facilitaba una o dos jornadas de hartura. El mismo día de la matanza, se comía el hígado, encebollado, que es un verdadero manjar. (…) Con un poco de suerte, el segundo día se comían unos bistecs de raxo (...). Y punto. Porque ese bendito cerdo tenía que dar las proteínas básicas de todo el año para la familia: unto para el caldo, grasa para las tortillas y guisos, touciño de freba para los cocidos de Navidades o Carnaval, según las fechas de salida de la carne de la sal; cachola e ósos da soá para hacer algún convite con gentes e alas que se de-bieran favores; tocino grueso para torreznos y para acompañar a la libra de jarrete y el chorizo en los minicocidos de algún día señalado. Quedaban los ilustrísimos y reverendísimos lacóns e xamóns que, si no había mayor compromiso (abogado, médico, maestro, cura, cacique, señorito), que lo había, serían concienzudamente pasados a mejor vida en la fiesta de la patrona, en la boda, el bautizo o la primera comunión... (J. V. Sueiro: 2004. 34)

2. A matanza como evento comunicativo. descrición etnográfica da comunicación

Desde a perspectiva sociocultural tradicional, a matanza supón, como vi-mos, unha actividade fundamental para a economía do grupo familiar porque asegura a existencia de alimento dun período anual completo, entre unha e outra matanza. Hoxe en día, enténdese asociado a estilos de vida ancestrais, que man-tén aínda a súa vixencia en comunidades de fala de hábitats rurais. Nestes contex-tos, a matanza é un ritual sociocultural institucionalizado; repítese anualmente

2 Nalgunhas partes de Galicia aínda se mantén unha comida pantagruélica trala matanza. Chama a atención ós non galegos ese exceso nas celebracións, que ten como mellor mostra os casamentos en que se suceden os pratos durante horas. Xa García Sabell (1966: 86) sinalara que “en Galicia o se come poco, o se come con exceso: Esto último es como un símbolo de la primitiva necesidad”.

139a matanza: aproximación etnográfica e comunicativa

Eloi Gestido de la Torre/Ana Acuña Trabazo

como un ciclo, sempre seguindo as mesmas pautas de realización e cumprindo os mesmos obxectivos. Para a etnografía da comunicación, é unha actividade interaccional culturalmente definida e asentada –ofrece un mesmo contexto de situación (a modo de cerimonial, de ritual)– e, por este motivo, concibímola como situación comunicativa (‘speech situation’)3.

Esta unidade social que constitúe a situación comunicativa de matanza abrangue distintas experiencias culturais e interactivas (merca do animal, ceba, preparación da matanza, sacrificio, salga, etc.). En termos do propio Hymes (1967, 1972), cada unha destas interaccións distintas e sucesivas poderían ser definidas como eventos comunicativos (‘speech events’)4. De todas elas, a máis relevante (a máis esperada, celebrada, de maior laboriosidade e dificultade) é a que constitúe o sacrificio en si mesmo do propio animal, que nós denominamos evento comunicativo de matanza, obxecto deste estudo.

Os datos que ofrecemos parten da gravación audiovisual dun evento co-municativo vivido en decembro de 2005 nunha parroquia do concello de Marín. Para a descrición dos eventos comunicativos, temos en conta o método de aná-lise proposto por Hymes (1967, 1972), coñecido como o modelo speaking, que ofrece un conxunto de factores de natureza social, comunicativa e cultural (tales como espazo, tempo, participantes, códigos, temas, normas, etc.) que vemos desenvolvidos nunha versión revisada e actualizada (Gestido de la Torre, 2005) a partir de diversas disciplinas como a pragmática, a análise do discurso e a análise conversacional5.

De acordo cos principios metodolóxicos que ofrece a perspectiva etnográ-fica da comunicación, os eventos comunicativos de matanza reúnen as caracterís-ticas principais seguintes:

3 unha das particularidades da situación comunicativa é “within a community one readily detects many situations associated with (or masked by the absence of) speech. Such context of situation will often be naturally described as ceremonies, fights, hunts, meals, lovemaking and the like” (Hymes, 1967: 19).

4 un evento comunicativo defínese como aquela unidade social que se supedita xerarquicamente ás situacións comunicativas e que comprende as interaccións que teñen regulados os usos dos códigos comu-nicativos: “the term speech event will be restricted to activities, or aspects of activities, that are directly governed by rules for the use of speech” (Hymes, 1967: 19).

5 Cada compoñente será definida a medida que se presente a propia descrición.

140a lingüística galega desde alén maretnolingüística e pragmática

2.1. S setting (ambientación e escena psicosocial)

2.1.1. Ambientación: espazo e tempoNeste apartado, de acordo con Duranti (1994: 46), consideramos os con-

ceptos de fronteiras, tanto espaciais como temporais, nas súas modalidades exter-nas (observables polo investigador, obxectivables) e internas (menos evidentes; relaciónase coa distribución espacial e temporal que establecen os propios parti-cipantes de acordo cos roles que asumen).

2.1.1.1. Fronteiras espaciais externas. O evento comunicativo de matanza desenvolveuse nunha vivenda particular do lugar da Grela, na parroquia de San Xulián, concello de Marín (Pontevedra). Trátase dun espazo privado da zona rural que presenta as características dunha casa tradicional galega con edificación típica, eirado e cortes. O espazo situado entre as cortes e a propia casa era abon-do amplo como para dar cabida ós participantes e situar todos os utensilios de traballo (banco, palla, caldeiros, auga corrente, etc.).

2.1.1.2. Fronteiras espaciais internas. A posición que ocupan os participan-tes no espazo ten que ver co rol conversacional que xoga cada un deles. Como veremos (cfr. P), neste tipo de eventos o rol dominante é o do matador, que é quen controla as diversas secuencias que constitúen o evento comunicativo (cfr. A), e del depende a posición dos outros participantes, que normalmente xiran ó seu redor e tratan de non interrompelo (cfr. N).

Nestes eventos comunicativos pódense recoñecer distintos tipos de rexións (Goffman, 1981: 117), que manterían unha correlación co interior e o exterior da casa; en termos deste mesmo autor, coas rexións anteriores e posteriores. O desenvolvemento do evento prodúcese na rexión anterior, neste caso o eirado, onde os distintos participantes expoñen a súa imaxe fronte os demais, onde man-teñen as aparencias (ser corteses, obedientes, realizar o que se espera de acordo co seu rol, etc., cfr. P e N). Existe outra rexión, de tipo posterior, que só pode ser franqueada pola patroa ou os membros do mesmo núcleo familiar, en que os participantes desenvolven unha serie de accións que expoñen a imaxe dos parti-cipantes (no caso analizado é a cociña, onde pode haber desorde, tratarse temas comprometedores –manifestar mareo, medo, desagrado, etc., ante a matanza–, etc.).

141a matanza: aproximación etnográfica e comunicativa

Eloi Gestido de la Torre/Ana Acuña Trabazo

2.1.1.3. Fronteiras temporais externas. Culturalmente, o momento ideal da matanza considérase a partir de novembro e coa lúa minguante6. Respondendo a esta tradición, o evento comunicativo de mata foi realizado o 17 de decembro de 2005. Comezou ás 10 h e tivo unha duración de pouco menos de unha hora e media. Adoita comezar pola mañá cedo, de acordo coa disposición do matador. Realizouse en sábado, día non laborable, para poder contar co maior número posible de axudantes (obsérvase, neste caso, o influxo dos roles sociolaborais de cada participante), como veremos (cfr. 2.3).

2.1.1.4. Fronteiras temporais internas. As fronteiras internas describen as distintas secuencias (en termos de Calsamiglia e Tusón, 1999: 104-105) en que se pode organizar o evento; a evolución das mesmas garda relación directa co rol máis importante. No noso evento comunicativo, de feito, antes de aparecer o matador, os membros do clan que viven no propio núcleo familiar tan só ini-cian as actividades preparatorias do evento comunicativo (materiais, útiles, etc.). Normalmente, os participantes adoitan presentarse sempre antes da hora esti-mada para o comezo do evento, que é á que chega o matador. Se cando chega o matador existe un número suficiente de axudantes, o evento comunicativo dá comezo aínda que non o fixesen todos os previstos, como foi o caso que anali-zamos (caso 1).

Caso 1. Exemplo de chegada do axudante 3 (A3), cando xa empezara o evento comu-nicativo.

[11.05 – 11.14]01 A3 bor días [entrando]02 A2 olá03 M buenos días [mirando para A3]04 ho ↑05 {[f][a] faltábasme ti} →06 carallo ↓07 {[dc][f] caghon dió::s}

6 Por exemplo, existen enunciados fraseolóxicos do tipo a todo o porco lle chega o seu San Martiño (o mes de novembro, época da matanza é tempo frío –facilita a conservación dos alimentos– e coñécese tra-dicionalmente como San Martiño) e ir a lúa para abaixo ou non ir a lúa de forsa (ambos os dous referidos á capacidade negativa da lúa crecente –popularmente, con ela estragaríase a carne).

142a lingüística galega desde alén maretnolingüística e pragmática

08 A3 {[ac]eu ando ghodido →09 ando ghodido do menisco} ↓10 M tranquilo11 {[ac] non te preocupes por iso eh} ↑12 non te apures moito 13 que sobra xente

O evento comunicativo de matanza que analizamos está composto por 10 secuencias, coas características que sinalamos no seguinte cadro:

2.1.2. Escena psicosocialO evento comunicativo de matanza, como dixemos ó inicio deste traba-

llo, forma parte das situacións comunicativas xerais de matanza. Estas prácticas culturais son tradicionais e, polo tanto, cada participante recoñece o espazo e o tempo como característicos en función da súa experiencia: identifica os distintos roles conversacionais que interveñen no evento e asume a súa posición dentro do mesmo (cfr. P), sabe como actuar comunicativamente e como interpretar as intervencións dos demais participantes, xustifica o sacrificio que vai ter lugar, etc.

Secuencia Descrición Duración aproximada 1 Chegada de todos os participantes. Preparación do evento. Recoñecemento do animal, do espazo, dos 10 min útiles e dos axudantes por parte do matador. 2 Amarrado e sacrificio 2 min 3 Traslado á zona de traballo e lavado 5 min 4 Chamuscado 16 min 5 Lavado 8 min 6 Evisceración 15 min 7 Lavado 5 min 8 Colgado 5 min 9 Lavado e recollida dos útiles, aseo dos participantes 5 min 10 Aperitivo 10 min

143a matanza: aproximación etnográfica e comunicativa

Eloi Gestido de la Torre/Ana Acuña Trabazo

Para todos, é unha experiencia, en principio, desagradable; malia ser así, enténdese e recoñécese a súa realización como unha necesidade. Antes de em-pezar o propio evento, percíbese certa tensión e mágoa pola perda do animal. Afloran sentimentos como a resignación e aceptación do sacrificio como medio para conseguir alimento (lei de vida, A3, 13.11). O ambiente non é fúnebre pero tampouco excesivamente festivo (cfr. 2.4). Unha vez que se consumou o sacrificio, percíbese que a tensión vai acadando unha relaxación relativa (cfr. K).

2.2. P, participants (participantes)

No evento comunicativo analizado houbo 7 participantes, cunha idade media de 49 anos (idade máis nova: 34; idade máis avanzada: 73). A maioría de-les son de sexo masculino, fronte a dous de sexo feminino; todos os participantes son de procedencia social rural agás un caso (de procedencia social urbana).

Os participantes deste evento comunicativo posúen diversos roles sociola-borais (ama de casa –xubilada–, profesora, carpinteiros e outros relacionados). Desde o punto de vista sociocultural, posto que nos situamos no dominio fami-liar, as relacións que se van establecer entre eles son, sobre todo, familiares (pais, fillos, irmáns, cuñados, etc.), pero non exclusivamente pois participan tamén membros do dominio veciñal (veciños e amigos). Os eventos comunicativos de matanza constitúen espazos predominantemente masculinizados. Os participan-tes asumen que os homes realizan as tarefas máis complexas e de maior esforzo físico; fronte a eles, as mulleres desenvolven os labores máis miúdos.

Desde o punto de vista pragmático e conversacional, posto que se trata dunha actividade comunitaria, cada individuo vai utilizar en diferente medida o poder sociocultural que lle atribúe a institución familiar para desenvolver, dentro do evento comunicativo, roles conversacionais negociados cos restantes partici-pantes (a posición de cada participante negóciase no propio evento). Conside-rando o marco de participación do evento comunicativo de matanza do noso corpus, obtemos a seguinte distribución7:

7 De maneira tradicional, recoñécense outros roles conversacionais que, por non detectárense no noso evento comunicativo, non analizamos. é o caso do pai de familia (ó lado da patroa, encárgase de supervisar a evolución do evento e toma as decisións de maior importancia ou transcendencia para o evento) e o dos miróns (persoas, sobre todo nenos, que só observan).

144a lingüística galega desde alén maretnolingüística e pragmática

Matador: experto (espérase por el para comezar a mata en si mesma, é quen real-mente ten o peso no evento, a peza clave; a patroa delega nesta figura nos momen-tos clave a responsabilidade do evento). Leva a súa propia ferramenta, vai tipica-mente vestido (funda, botas, gorra), pero necesita da asistencia da patroa (pídelle trapos, fontes, onde levalo, etc). Véxase o seguinte exemplo (casos 2 e 3):

Caso 2. M, o matador, explícalles ós axudantes o proceso que van seguir para amarrar o animal, no cal se percibe a negociación da tarefa en función dos roles (liña 07).

[09.24 – 9.37]

01 M {[ac] ó tirar un pouquiño [preparando o lazo]02 despois méteselle o laso03 e xa está} ↓04 A2 si si [mirando para M]05 (XXX) non?06 M si si home claro07 {[p] [dc] iso é cousa miña} [dándolle as costas, amarrando o lazo]08 despois tiras un pouquiño09 tiras así por aquí10 tiras por aquí un pouquiño ↑ [imitando o movemento]11 e xa está12 A2 como vas poñelo [mirándose A2 e M]13 cabesa pa abaixo? →14 tamén? ↑15 A3 si

Caso 3. Exemplo do control que exerce o matador sobre o evento. Repárese no carácter e continuidade dos enunciados (mandatos, ordes).

43.06 – 45.45M bótalle aghuaA1 abro?M abre abre de todo que aora → espera un momento pa serrar (...) ventee::A3 {[f] vente compañero}A2 doulle máis pa aca?

145a matanza: aproximación etnográfica e comunicativa

Eloi Gestido de la Torre/Ana Acuña Trabazo

M e logho antes abriches de todo? [mirando para A1] {[ac][f] non tiña forsa} ↑ un pouquiño máis {[ac] bueno bueno vale vale} (...) {[f][dc] non te me poñas tan delicado} [A1 non mira para M, que lava] {[ac] ponte bo corpo} {[dc][f] atuasión} → {[ac] que carallo é isto} ↓

Patroa: encárgase da supervisión do evento e toma o mando dos asuntos máis miúdos (subministración de panos, fontes, canastros, auga, etc.) e dos que teñen que ver co desenvolvemento xeral (ten preparados os aperitivos para despois do evento, pon a man as cousas que se poidan utilizar, vela pola comodidade dos participantes, etc.). Ademais, encárgase de controlar a preparación e distribución das distintas pezas ou produtos derivados do animal. Asóciase este control ó que ten asumido como rol de ama de casa (control da comida).Axudantes: poden ser outros da casa (familiares), amigos, veciños ou mesmo axudantes levados polo matador. Basicamente axudan nos labores máis com-plexos.

2.3. E, ends (fins)

Duranti (1994: 41-45), baseándose en Hymes (1972), establece unha dis-tinción entre os fins sociais ou xerais (os que persegue globalmente o evento comunicativo) e os subxectivos ou particulares (os que persegue cada participante asistindo ó evento comunicativo); tales fins, á súa vez, poden ser declarados (co-ñécense) ou latentes (non declarados, supóñense, de interese particular para cada participante).

2.3.1. Fins sociais ou xerais (declarados e latentes). Este evento comunica-tivo de matanza é o máis transcendente de todos os que constitúen a situación comunicativa xeral de matanza, precisamente porque ten como fin a consuma-ción do sacrificio do animal; tal fin está recoñecido (é declarado). Existen outro tipo de fins que motivan a realización do evento comunicativo e que non están

146a lingüística galega desde alén maretnolingüística e pragmática

recoñecidos (polo tanto, latentes): matanza como medio para procurar a carne do animal (economía de subsistencia), para manter as tradicións da familia, etc.

2.3.2. Fin individual ou particular (declarados e latentes): cada partici-pante decide intervir no evento comunicativo por distintas razóns, que poden ser tamén latentes e declaradas:

2.4. A, act sequence (secuencia do acto)

2.4.1. Forma. o evento comunicativo de matanza non se considera ini-ciado ata que chega o participante protagonista, o matador, como dixemos (cfr. S). A súa chegada anúnciase cun celebrado recibimento, como recoñecemento social de figura fundamental (caso 4). O primeiro contacto entre os participantes realízase a través de saúdos prototípicos (caso anterior, 1).

Caso 4. Chegada do matador.[03.09 – 03.13]01 A2 {[b][p][dc] aí vén o (XXX)} 02 M {[ac] buEnos días} ↓ 03 A2 ola → 04 {[a][f][dc] HOMBRE::} →05 que:: →

Participante Fins individuais (latentes e declarados) Matador Matar o porco (declarado); gañar cartos, facer ou devolver un favor, por exemplo (latentes). Patroa O fin declarado é axudar no labores de realización do evento comunicativo. No noso caso analizado, son latentes dirixir e controlar a evolución do evento (condicións hixiénicas, asistencia nos útiles, recollida dos produtos obtidos…), e garantir que o proceso saia ben, asegurar a comodidade dos participantes e pagar os favores dos axudantes. Tradicionalmente, só se encargaría de dirixir as operación desde que o animal está sacrificado. Axudantes Colaborar nas tarefas do evento (declarado); conseguir unha remuneración (económica ou parte do produto) e facer ou devolver un favor, por exemplo (como fins latentes).

147a matanza: aproximación etnográfica e comunicativa

Eloi Gestido de la Torre/Ana Acuña Trabazo

O esquema básico deste tipo de eventos comunicativos é o seguinte:

2.4.2. Contido. Observamos que este evento comunicativo, condicionado pola súa escena psicosocial (cfr. S), non se caracteriza por ter variedade temática. De maneira fundamental, as conversas limítanse a constantes enunciados directi-vos de exhortación (ordes, mandatos) por parte do matador que reclama axuda, solicita utensilios, organiza a distribución do espazo, a situación dos participan-tes, etc., e que se atopan sobre todo concentrados nas primeiras partes do evento (exemplo: casos 2 e 3).

Na segunda parte do evento, despois do sacrificio e do lavado, percíbese un relaxamento da tensión que mesmo leva a que se produzan bromas por parte do matador ós axudantes (caso 5 e 6), feito que provoca o seguinte comentario dos axudantes (caso 7):

Caso 5: exemplo de broma entre os distintos participantes como recurso de alivio da tensión.

1.05.55 – 01.05.5901 A2 vaia operasión ↓02 isto é unha operasión →03 do estómagho ↓04 A3 si05 unha operasión →06 {[f] total}07 do estómagho non ↓08 de todo ↑

Secuencia - Saúdos (fórmulas organizadoras do discurso de apertura; de apertura anuncio da chegada do matador, recibimento do matador) 2 partes principais (con repercusión noutras compoñentes, Secuencia por exemplo, K):

de 1- Antes do sacrificio: constitúeno (cfr. S) as secuencias de desenvolvemento recoñecemento, amarrado, sacrificio e lavado. 2- Despois do sacrificio: chamuscado, lavado, evisceración, lavado, colgado e aperitivo.

Axudantes de prepeche e peche Despedidas (fórmulas organizadoras do discurso de peche) conversacional

148a lingüística galega desde alén maretnolingüística e pragmática

Caso 6: reacción ante as bromas que produce M.1.06.4901 A3 a este::02 {[f] a #nome# moito lle ghusta enredar} ↓

Caso 7: exemplo de broma entre os distintos participantes.01 A2 {[ac] mira mira}02 nin se move ↓03 disías ti que era malo ↓

Tamén se producen algunhas secuencias narrativas que se caracterizan por desenvolveren temas relacionados co propio evento (sobre o tamaño e compor-tamento do animal) ou co proceso da matanza do porco en xeral (experiencias pasadas e anécdotas do matador, consellos, experiencias dos axudantes, etc.). Ademais, atopamos secuencias narrativas que conteñen temas doutra natureza como, por exemplo, problemas comúns da veciñanza (falan sobre a ampliación dunha estrada), problemas actuais (obra que está a realizar un dos axudantes na súa casa) e sobre o clima.

2.5. K, key (clave interpretativa)

O marco de interpretación depende do posicionamento dos falantes (cfr. P) e das intencións comunicativas. Para avaliar as intencións comunicativas de-bemos reparar nos indicios de contextualización presentes no evento comunica-tivo de matanza, que poden ser de natureza lingüística, prosódica, quinésica e proxémica.

Na conversa que analizamos, unha das características máis destacables é a escasa presenza de alternancias de código, malia esta comunidade de fala estar en situación de contacto lingüístico co castelán. Coidamos que o marco discursivo en que se encadran, dentro do contexto de matanza, non se presta a que sexa frecuente pragmática e funcionalmente recorrer á indireccionalidade que pro-porcionan este tipo de usos comunicativos, como si resulta frecuente noutros contextos coloquiais familiares (Gestido de la Torre, 2005).

Polas características psicosociais do evento comunicativo (cfr. S), as inte-raccións baséanse en relacións directas (ordes, mandatos) e bromas explícitas. Os poucos exemplos de alternancia que atopamos no noso corpus realízanse

149a matanza: aproximación etnográfica e comunicativa

Eloi Gestido de la Torre/Ana Acuña Trabazo

fundamentalmente en estruturas fixadas no discurso que constitúen enunciados fraseolóxicos (Corpas Pastor, 1996); son fórmulas rutineiras como as seguintes:

nunca te acostarás sin saber una cosa más (A3, 62:58)hombreee, buenos días! (M,03:12)bueno, vamos allá (M, 55:44)

En función dos indicios de contextualización presentes no noso corpus (características prosódicas como ritmo, ton, altura, timbre, velocidade, etc., en-tre outros), podemos distinguir dúas secuencias dentro do desenvolvemento do evento, que xa sinalamos (cfr. A). Na primeira parte, percíbese un ritmo e unha velocidade de elocución predominantemente rápida e un volume alto, que se corresponde co sentido funcional do momento (caracterizado polos mandatos do matador para dirixir os movementos dos axudantes). Na segunda parte, en cambio, logo do sacrificio do animal prodúcese un volume baixo, un ritmo lento e a diminución da frecuencia de intervención (aumento dos silencios); a medida que vai evolucionando esta parte, introdúcense bromas coas que se consegue distender a situación, que aumentan a frecuencia das intervencións, a velocidade de elocución, o volume e o ritmo.

En xeral, observamos unha primeira parte de tensión, seriedade, atención, concentración, rapidez de movementos e decisión; non se bromea nin se realiza ningún comentario alleo ás circunstancias. Despois da consumación do sacrificio, e durante uns vinte segundos, non se produce ningunha intervención e, pasado este tempo, o matador realiza diversas bromas cos axudantes, que serven como recurso efectivo para a relaxación e distensión.

2.6. I, instrumentalities (instrumentos)

2.6.1. Canle. as interaccións entre os distintos participantes dos eventos comunicativos de matanza desenvólvense a través da canle oral, visual e auditi-va, e non está mediatizada por ningún instrumento de comunicación. De feito, correspóndese tipicamente co modo de produción oral, espontáneo (cfr. G), co diálogo en copresenza física.

2.6.2. Código. Os falantes do noso corpus posúen un repertorio comunica-tivo bilingüe constituído polas variedades de galego e castelán, como se evidencia

150a lingüística galega desde alén maretnolingüística e pragmática

nos exemplos de alternancia, antes comentados (cfr. K), e pola presenza de inter-ferencias de natureza gramatical e léxica. En tanto que o castelán só se limita a estes usos, o galego é a variedade que realmente domina. As características dialec-tais desta variedade son as propias do territorio analizado (cfr. S, espazo) que, de acordo con Fernández Rei (1990), pertencen ó bloque occidental da área pon-tevedresa, da subárea Ulla-Umia e da microsubárea Morrazo-Fragoso. Os trazos máis destacables son a presenza de seseo (laso, 9:24; cabesa, 9:35; braso, 10:36) e de gheada con realización fricativa faringal xorda [h] (ghripe, 65:30; neghra, 19:58; estómagho, 65:59); en contexto postnasálico, esta gheada ten tendencia á realización oclusiva velar xorda [k] (sankre, 63).

Os préstamos e interferencias prodúcense nos distintos niveis gramaticais. Por exemplo, sinalamos os castelanismos (persona, 65; cuchillo, 72:18; manteni-miento, 74:8). Son destacables tamén outros fenómenos que se caracterizan por incluír o trazo estilístico [+ coloquial] en formas como (chisme, 7:40; aseghún, 61:20), ou a pronuncia relaxada en casos de rotacismo, por exemplo (bor días, 11:05), o uso de repeticións, titubeos, onomatopeas e formas expresivas do tipo bueh, boh, ah, catapumba, ho.

2.7. N, norms (normas de uso)

Tradicionalmente, existe un conxunto de normas que, de maneira implí-cita, se deben respectar no propio evento comunicativo e que os participantes xa coñecen (cfr. S). Son normas do evento comunicativo aquelas que teñen que ver co propio rol conversacional que cada participante desenvolve (por exemplo, os axudantes deben atender as ordes do matador), co animal (non alimentalo nas horas previas, coidar que non sufra, etc.) e co evento en xeral (época do ano, secuencias que se deben seguir, etc.) (cfr. A, secuencia do acto), etc.

Conversacionalmente, existen unha serie de normas que regulan este tipo de interaccións de natureza espontánea, dialogal (cfr I, canle) e coloquial (cfr. G), xa descritos por Sacks, Schegloff e Jefferson (1974) e que nós detectamos caracteristicamente no noso corpus. En concreto, para este estudo partimos de perspectivas analíticas máis recentes ofrecidas por outros autores (Gallardo Paúls, 1996, 1998; Kerbrat-Orecchioni, 1998: 184), que resumimos a continuación: 1, prodúcese alternancia de veces ou quendas entre os falantes; 2, a orde de inter-vención dos participantes é variable, e existe a tendencia de que cada un replique

151a matanza: aproximación etnográfica e comunicativa

Eloi Gestido de la Torre/Ana Acuña Trabazo

o comentado polo anterior; 3, a duración das quendas é variable e o interlocutor é quen interpreta e decide o momento en que iniciar a súa vez; 4, o contido das quendas non está predeterminado (factor máis característico); 5, o número de participantes no evento comunicativo é variable, pero as quendas conversacionais organízanse a cada dúas persoas (e o falante seguinte pode intervir por autose-lección ou por heteroselección); 6, a lonxitude do evento comunicativo non está predeterminada, aínda que se pode estimar unha duración e prever o fin do mesmo na medida en que se van consumindo as distintas secuencias (cfr. A); 7, a construción xeral da conversa é miúda, realízase quenda por quenda, e cada vez condiciona a seguinte (conversas no planificadas, pero o marco discursivo orienta o tipo de intervencións).

2.8. G, genre (xéneros)

As conversas que se producen nos eventos comunicativos de matanza per-tencen ó protoxénero de conversas coloquiais, de acordo coa terminoloxía de Briz Gómez (2000: 41), polas seguintes características básicas:

- non existe planificicación da conversa- o ton é informal e a finalidade básica é fática- entre os participantes establécese unha relación social e funcional de

igualdade (en termos xerais)- existe entre eles unha relación vivencial de proximidade- trátase unha temática non específica - o marco discursivo é cordial

Ademais, en tanto que se sitúan no contexto institucionalizado da familia (Fishman, 1972), as conversas está funcionalmente condicionadas polos facto-res socioculturais, psicolóxicos e comunicativos dese marco discursivo, feito que permite constatar a existencia dun xénero característico de conversa familiares.

Finalmente, polas características particulares que acabamos de describir a través das anteriores compoñentes do Speaking, podemos recoñecer (Calsamiglia e Tusón, 1999: 260) que os eventos comunicativos de matanza constitúen un subxénero de conversas con trazos singulares dentro das conversas familiares.

De maneira salientable, a diferenza doutros eventos comunicativos de rexistro conversacional similar (Gestido de la Torre, 2005), observamos que nos

152a lingüística galega desde alén maretnolingüística e pragmática

eventos comunicativos de matanza non é característica a existencia de xéneros incrustados (Tusón, 1997).

3. conclusión

Do punto de vista etnográfico xeral, como tentamos mostrar, a matanza do porco ten un valor funcional dentro da cultura galega, un valor relacional dos participantes cos familiares, cos veciños e co seu medio, ademais dun valor eco-lóxico (do porco todo se aproveita; aquelas partes que non serven para o alimento utilízanse como remedios caseiros).

Con todo, estes valores están a mudar, pois a sociedade galega atópase nun escenario de cambio como consecuencia da modernidade (Gondar Portosany, 1993: 231), e o porco está deixando de ser: (1) fonte de autoabastecemento e re-serva de carne e graxa das aldeas (e de venda nas feiras e mercados); (2) produto de hospitalidade e de regalo para familiares, veciños e necesitados; (3) elemento para equilibrar o mundo visible co invisible dos santos e espíritos a través das promesas, ofrecementos... (como é o caso do porco de San Antón).

Un dos aspectos máis evidentes deste cambio é a desaparición do porco como elemento básico na alimentación. As novas xeracións prefiren comprar os produtos xa elaborados (e non crialos), mesmo desaconsellan comer este tipo de carne. Isto provoca que xa non se aproveite todo o animal ou que se deixe de realizar a matanza (ningún dos axudantes doutras casas que participaban no evento analizado realizan na actualidade a matanza). Nesta situación, tamén as axudas mutuas parecen ter os seus días contados.

Do punto de vista da etnografía da comunicación, esta práctica tradicional constitúe un evento comunicativo propio. Polas súas características, as conversas poden ser descritas como subxénero discursivo pertencente ó xénero de conver-sas familiares; á súa vez, insírense no protoxénero de conversas coloquiais.

O evento ten un obxectivo claro (a matanza do porco), e require para o seu cumprimento da máxima atención e cooperación, polo que non é frecuente que se produzan secuencias narrativas (e, se se producen, son breves) nin tam-pouco se recoñecen caracteristicamente xéneros incrustados. É sinalable o carác-ter masculinizado do evento, que distribúe os roles en diversas figuras recoñe-cibles tradicionalmente (matador, patroa, axudantes, etc.). O rol conversacional

153a matanza: aproximación etnográfica e comunicativa

Eloi Gestido de la Torre/Ana Acuña Trabazo

salientable é o do matador, que é o experto recoñecido, seguido da patroa, que actúa como supervisora do evento.

4. Apéndice

4.1. Identificación dos códigos lingüísticos: en redonda, para o galego; en negriña, para o castelán; en cursiva, para os fragmentos de recoñecemento ambiguos.

4.2. Organización das secuencias:Solapamento de voces: voice overlapping voice overlapping

4.3. Pausas de máis dun segundo: <aquí o número de segundos ou minutos>

4.4. Prosodia e entoación:Segmento de afecta ó fenómeno: {fenómeno}Rexistro melódico: alto ou agudo [a], baixo ou grave [b]Volume: relativamente fortis [f], relativamente piano [p] Tempo: relativamente acelerado [ac], relativamente decelerado [dc]Tons ou grupos melódicos finais: última ou dúas últimas sílabas ascen-

dentes (↑), última ou dúas últimas sílabas descendentes (↓), dúas últimas sílabas sostidas (→), subida final máis marcada (↑↑), baixada final máis marcada (↓↓).

4.5. Realce de certos tipos de sons: Elevación do volume nun determinado segmento (MAIÚSCULAS) Son alongado con dous puntos para longo (:), máis longo (::), moito máis

longo (:::)Son, palabra ou segmento reconstruído: (entre parénteses)Sílaba, palabra ou segmento inintelixible: (XX)

4.6. Sinais quinésicos, proxémicos e outros comentarios: entre corchetes [risos]

4.7. Outros: omisión de transcrición de veces (…), substitución de antro-pónimos e topónimos #nome#, #lugar#.

154a lingüística galega desde alén maretnolingüística e pragmática

Referencias bibliográficas

Álvarez Blázquez, X. M.ª (ed.) (1972). O libro do porco. Vigo: Castrelos.Aparicio Casado, B. (2002). A sociedade campesiña na mitoloxía popular gale-

ga. Santiago de Compostela: Servizo de publicacións da Universidade de Santiago.

Briz Gómez, A. (2001). El español coloquial en la conversación. Barcelona: Ariel.Calsamiglia Blancafort, H. & A. Tusón Valls (1999). Las cosas del decir. Manual

del análisis del discurso. Barcelona: Ariel. Castiñeiras M. A. (1995). Os traballos e os días na Galicia medieval. Santiago de

Compostela: Servizo de publicacións da Universidade de Santiago.Corpas Pastor, G. (1996). Manual de fraseología española. Madrid: Gredos.Duranti, A. (1994). Etnografía del parlare quotidiano. Roma: La Nuova Italia

Scientifica.Fernández Rei, F. (1991). Dialectoloxía da lingua galega. Vigo: Xerais.Fishman, J. (ed.) (1972). Readings in the Sociology of Language. París/A Haia:

Mouton.Gallardo Paúls, B. (1996). Análisis conversacional y pragmática del receptor. Va-

lencia: Ediciones Episteme.García-Sabell, D. (1966). Notas para una antropología del hombre gallego. Ma-

drid: Península.Gestido de la Torre, E. (2005). Perspectiva etnográfica para a análise do galego colo-

quial. Revisión teórica e aplicación do modelo Speaking ós eventos comunicati-vos de sobremesa; consideracións sobre as fórmulas. Tese de licenciatura inédita. Vigo: Facultade de Filoloxía e Tradución da Universidade de Vigo.

Goffman, E. (1981). La presentación de la persona en la vida cotidiana. Amo-rrortu Editores: Buenos Aires.

Gondar, M. (1993). Crítica da razón galega. A Nosa Terra: Vigo.Gumperz, J. J. & D. Hymes, eds. (1964). “The Ethnography of Communica-

tion”. American Anthropologist 66, No. 6, Part 2 (Special Publication). Washington, DC: American Anthropological Association.

Harris, M. (2001). Vacas, cerdos, guerras y brujas. Madrid: Alianza Editorial.Hymes, D. (1962). “The Ethnographic of Speaking”. In B.G. Blount, ed.

(1995), Language, Culture and Society. A book of readings. Illinois: Wave-land Press, 248-82.

155a matanza: aproximación etnográfica e comunicativa

Eloi Gestido de la Torre/Ana Acuña Trabazo

Hymes, D. (1964). “Toward Ethnographies of Communication: The Analysis of Communicative Events”. In P.P. Giglioli (1972), Language and social context. Hardmonswordth: Penguin Books, 21-44.

— (1967). “Models of the Interaction of Language and Social Setting”, Journal of social issues 23, 2, 8-28.

Hymes, D. (1972). “Models of the Interaction of. Language and Social Life”. In J.J. Gumperz & D. Hymes (eds.) (1982), Directions in Sociolinguistics. The Ethnography of Communication. Oxford: Basil Blackwell, 35-71.

Kerbrat-Orecchioni, C. (1998). Les interactions verbales, vol 1: Approche interac-tionnelle et structure des conversations. París: Armand Collin.

Lisón Tolosana, C. (1981). Perfiles simbólico-morales de la cultura gallega. Ma-drid: Akal.

Lorenzo, X. (1982). A terra. Vigo: Galaxia.Mandianes Castro, M. (1990). Las serpientes contra Santiago. Barcelona: Sotelo

Blanco.Mariño Ferro, X. R. (1986). Autobiografía dun labrego. Vigo: Xerais.Mariño Ferro, X. R. (2000). Antropología de Galicia. Vigo: Xerais.Méndez, L. (1988). «Cousas de mulleres» Campesinas, poder y vida cotidiana

(Lugo 1940-1980). Barcelona: Anthropos.Sacks, H., E. Schegloff & G. Jefferson (1974). “A simplest Systematics for the

organization of turntaking for conversation”, Language 50, 696-735.Sueiro, J. V. (2004). Comer en Galicia. A Coruña: La Voz de Galicia.Taboada, J. (1969). “La matanza del cerdo en Galicia”, Revista de Dialectología

y tradiciones populares, 25, 1-2, 89-105.Tusón, A. (1997). El análisis de la conversación. Barcelona: Ariel.

Análise dunha práctica comunicativa tradicional galega desde

a perspectiva da etnografía da comunicación: os lavadoiros

eloi Gestido de la torre

Universidade de Vigo

RESuMO

En xeral, o noso interese de estudo oriéntase cara á descrición e análise dos principais factores

(de tipo social, cultural e comunicativo) que interveñen nas interaccións cotiás producidas en

diversos contextos de situación dentro da nosa comunidade de fala. En concreto, no presente

traballo centrámonos naquelas que se producen entre os usuarios dos lavadoiros públicos tra-

dicionais, e ofrecemos algunhas valoracións sobre as implicacións socioculturais que comportan

tales actividades.

Para sistematizar estas prácticas comunicativas, adoptamos a perspectiva que ofrece a etno-

grafía da comunicación (Hymes, 1962, 1964; Gumperz & Hymes, 1964). Consideramos estas

interaccións contextualizadas en función dos conceptos de situación e evento comunicativo,

recoñecemos a existencia duns eventos comunicativos de lavadoiro (como subxénero discursi-

vo) e realizamos a súa descrición a partir do modelo de análise etnográfica proposta por Hymes

(1967): o modelo sPeakiNG.

Palabras clave: etnografía da comunicación, evento comunicativo, análise etnográfica, lavadoiro,

modelo SPEAKiNG.

A LiNGüíSTiCA GALEGA DESDE ALéN MAR (iSBN 987-84-9887-145-6)

universidade de Santiago de Compostela, 2009

158a lingüística galega desde alén maretnolingüística e pragmática

1. introdución

Os lavadoiros son pequenas construcións de carácter popular e de titula-ridade pública, construídas nas aldeas e vilas, que lles permiten ós seus usuarios desenvolver un labor de primeira necesidade: o lavado de roupa. Precisamente por seren públicos, con frecuencia concorren diversas persoas –na maioría dos ca-sos, xa coñecidas por pertenceren á mesma comunidade (de veciños, de amigos, de familiares, etc.)– entre as cales se producen interaccións constantes, obxecto do noso estudo.

A práctica do lavado de roupa realizábase tradicionalmente nos ríos de lavar1. Hai pouco máis dun século, estes lugares foron acondicionados coas construcións que hoxe coñecemos2 e que constitúen propiamente os lavadoiros. Hoxe por hoxe, e dende hai aproximadamente medio século, estes espazos deixa-ron de utilizarse de maneira xeneralizada, en parte pola revolución tecnolóxica que vivimos durante este tempo, que modificou os nosos hábitos de comportamento e a nosa percepción do mundo. A tendencia deste tipo de prácticas oriéntase, cada vez máis, á desaparición3; de feito, como mostra do carácter residual que cada vez máis adquiren estas actividades, obsérvase unha percepción social que identifica o uso do lavadoiro público con estilos de vida non urbanos, baseados culturalmente en hábitos de comportamento tradicionais e con estratificacións sociais de escasos recursos económicos.

1 Segundo contan as propias entrevistadas, con anterioridade ó recente levantamento dos lavadoiros, as mulleres xa se axeonllaban no chan aproveitando as chamadas augas libres (Rivas Quintas, 2000): as propias marxes dos ríos, regatos, regos, mananciais, pequenas lagas ou poceiras formadas con pedras, etc. Diversos autores constatan esta práctica na nosa comunidade polo menos desde a idade Media (Rivas Quintas, 2000; Vega Cerqueiro, 2002).

2 Nas vilas e cidades da nosa comunidade, non foi ata pouco antes do século xix cando se empezaron a construír os lavadoiros propiamente ditos (Rivas Quintas, 2000: 210-211), entendidos como construcións que facilitaban ou acondicionaban o lavado. Nas zonas rurais houbo que esperar ó século xx, en moitos ca-sos mesmo ós anos de 1930 ou posteriores, para que se coñecesen este tipo de adiantos. A construción dos lavadoiros favoreceu e mellorou de maneira esencial as condicións da rutina do lavado, e por este motivo se lle recoñece a súa importante función social.

3 Na nosa comunidade, a pesar disto, aínda se continúan a utilizar os lavadoiros públicos. De feito, de trinta e sete lavadoiros visitados na península do Morrazo (provincia de Pontevedra), manteñen o seu funcionamento trinta e tres, malia que non a pleno rendemento (a maioría de maneira circunstancial, durante o verán ou só para roupas de gran volume); dous foron restaurados na actualidade (con intereses turísticos e de conservación etnográfica); en cambio, non foi construído ningún lavadoiro novo recente-mente.

159análise dunha práctica comunicativa tradicional galega

Eloi Gestido de la Torre

2. Os lavadoiros desde a etnografía da comunicación

A etnografía da comunicación propuxo desde 1962 unha serie de princi-pios teóricos e metodolóxicos (Hymes, 1962, 1964; Gumperz & Hymes, 1964) que consideramos axeitados para o desenvolvemento do noso traballo. Interé-sanos neste momento destacar a proposta de Dell Hymes sobre as chamadas unidades sociais, conceptos cos cales trata de segmentar ou descompoñer analiti-camente a realidade sociocultural, que é abstracta, en elementos recoñecibles ou identificables –e, polo tanto, analizables– para o investigador.

Unha das primeiras propostas é a situación comunicativa (Hymes, 1967), que se pode definir como aquela entidade de natureza social e cultural (de ca-rácter abstracto e amplo) que identifica parcelas da realidade institucionalizadas tradicionalmente como, por exemplo, unha voda, un bautizo (e cerimonias si-milares), unha comida, etc. De acordo con esta definición, en termos xenéricos entendemos que a tradición do lavado nos lavadoiros públicos se pode considerar como unha situación comunicativa de lavadoiro4.

Unha situación comunicativa, por definición5, alberga no seu interior actividades de tipo interaccional. Considerando as situacións comunicativas de lavadoiro, estas prácticas desenvolven unha función sociocomunicativa impor-tante ó permitiren establecer o contacto entre os membros da comunidade (ó lado, por suposto, da práctica cultural inherente do lavado de roupa). Cada unha das frecuentes interaccións producidas no interior dos lavadoiros a etnografía da comunicación coñéceas como eventos comunicativos6 (Hymes, 1967), e en

4 Para a designación deste tipo de situacións recorremos á denominación de lavadoiro, mellor ca de lavado, para evitar posibles confusións coa acción xeral do lavado (en fogares, lavanderías, industrias de la-vado, etc.). utilizamos como parte da denominación o lavadoiro, ademais, polas implicacións socioculturais que posúe ese espazo tradicional.

5 Para Hymes (1967: 19) “within a community one readily detects many situations associated with (or masked by the absence of) speech. Such contexts of situation will often be naturally described as ceremo-nies, fights, hunts, meals, love-making and the like”.

6 Un evento comunicativo (speech event) defínese como aquela unidade social que se alberga no inte-rior dunha situación comunicativa e que comprende aquelas interaccións que teñen regulados os usos dos códigos comunicativos: “The term speech event will be restricted to activities, or aspects of activities, that are directly governed by rules for the use of speech” (Hymes, 1967: 19). Os eventos comunicativos teñen implícitas, polo tanto, unhas normas que controlan de maneira directa os usos comunicativos. Entre elas, podemos situar aquelas que regulan a fala, ora para que esta se produza (entrevistas, conversas telefónicas, conferencias, conversas coloquiais, etc., onde o código oral é primordial), ora para que non se produza (exame escrito, funeral, partida de xadrez, etc., onde os códigos fundamentais son outros).

160a lingüística galega desde alén maretnolingüística e pragmática

tanto que nos situamos no contexto sociocomunicativo e psicolóxico do lavadoi-ro, denominarémolas eventos comunicativos de lavadoiro.

Para analizar os eventos comunicativos, aplicaremos o modelo Speaking de Hymes (1967, 1972), que recolle un conxunto de factores descritivos que, ó xuí-zo do propio autor, sitúan e condicionan estas unidades sociais: S (ambientación e escena psicosocial), P (participantes), E (fins), A (aspectos secuenciais da fala), K (clave interpretativa), I (instrumentos), N (normas de uso), G (xénero).

A recollida do material obxecto de estudo realizouse a través de obser-vación participante (Duranti, 1994: 20; 2000: 131), con gravación consentida (en audio nalgúns casos e en vídeo noutros). Para iso, delimitamos como área de traballo o territorio peninsular do Morrazo, no cal visitamos 37 lavadoiros; deles, seleccionamos en concreto dous polo seu carácter representativo: o lava-doiro da Grela (lavgre, zona rural de Marín) e o lavadoiro do Carregal (lavcar, zona semiurbana de Marín). De cada un obtivéronse dúas gravacións en vídeo, que se realizaron entre os meses de outubro e novembro de 2005 (lavgre1 e lavgre2, lavcar1 e lavcar2). O material audiovisual foi procesado segundo as técnicas usuais (Cardona, 1976: 237-248; Duranti, 2000: 173-223, 455-465; Raga Gimeno, 2005: 17-72).

3. os eventos comunicativos de lavadoiro

Para a descrición dos eventos comunicativos de lavadoiro, partimos do modelo de Hymes na súa versión de 1972 e incorporámoslle conceptos for-mulados con posterioridade desde disciplinas como a pragmática, a análise do discurso ou a análise conversacional (Gestido de la Torre, 2005, 2006, 2007). As principais características dos eventos comunicativos de lavadoiro presentámolas de acordo coa estrutura que marca o propio modelo Speaking (Bachmann et al., 1981: 60; Baylon, 1991: 272; Cots, 1998: 54).

3.1. Ambientación e escena psicosocial (S, setting)

3.1.1. Ambientación (marco espacial e temporal). Consideramos os con-ceptos de fronteiras (Duranti, 1994: 46), tanto espaciais como temporais, nas súas modalidades externas (observables polo investigador, obxectivables) e in-

161análise dunha práctica comunicativa tradicional galega

Eloi Gestido de la Torre

ternas (menos evidentes, distribución que establecen os propios participantes de acordo cos roles conversacionais que asumen).

3.1.1.1. Fronteiras espaciais externas. Os dous lavadoiros analizados sitúan-se na parroquia de San Xulián, no concello de Marín: o lavadoiro da Grela (en zona rural) e o lavadoiro do Carregal (en zona semiurbana). Ambos os dous delimitan as fronteiras espaciais de maneira moi clara en tanto que posúen muros que cercan o espazo –os participantes, polo tanto, saben cando entran e cando saen do lavadoiro, quen está fóra e quen dentro7– e que se manteñen a unha altura distinta (inferior) á que marca o nivel do camiño. No lavadoiro da Grela (rural), o espazo presenta algunhas deficiencias que contrastan co remate deta-llado do lavadoiro do Carregal (que mesmo posúe na fronte da fonte a data de construción en relevo, malia que ilexible)8. O lavadoiro do Carregal destaca pola súa capacidade de cabida, pois o seu tamaño aproximado é de 15 m de longo (de 15 persoas de cabida), fronte ó da Grela, de catro (de oito persoas de cabida); o lavadoiro do Carregal aproveita o lavado por un lado do tanque, mentres que o da Grela o fai polos dous lados máis longos.

3.1.1.2. Fronteiras espaciais internas. Os participantes dispóñense a carón do tanque, situados de pé pero inclinados lixeiramente cara adiante, atendendo a tarefa en cuestión. No caso do lavadoiro do Carregal, por non aproveitar os dous lados do depósito de auga, os participantes manteñen durante as conversas unha posición en paralelo entre si, o cal non impide que en moitas ocasións se deteña a actividade do lavado e haxa un momento –breve– en que se interactúe cara a cara, de pé. No caso do lavadoiro da Grela, o feito de utilizar os dous lados do tanque permite unha interacción máis fluída cara a cara co participante ou participantes situados en fronte.

7 é curioso sinalar o feito de que as lavandeiras non nos prestaron demasiada atención ata que fran-queamos as fronteiras do lavadoiro. Malia ser un espazo público, nalgúns casos sentíanse invadidas pola nosa presenza e mesmo preguntaban o porqué da nosa visita (recoñecíannos como elementos alleos ó evento comunicativo).

8 Polo demais, están constituídos por un tanque acumulador de auga construído en pedra do país con for-ma cúbica, de base rectangular, en cuxos laterais, de media altura, se sosteñen unhas lousas (laxas) inclinadas contra dentro, sobre as cales se frega a roupa; están alimentados da auga corrente procedente dos ríos (río do Campo Carmelo para o lavadoiro da Grela, río do Carregal para o lavadoiro do Carregal), e van cubertos (o da Grela por unha placa de construción ruda, e o do Carregal por tellado). Adicionalmente, os dous posúen o servizo de fonte e o chan está empedrado (características distintivas en que repara Lorenzo, 1982).

162a lingüística galega desde alén maretnolingüística e pragmática

En principio, en tanto que o lavadoiro é público e non existe, como vere-mos (apartado P), unha distinción de roles entre os participantes, ningún usuario ten lexitimado, predisposto ou asignado un espazo concreto. Polo tanto, cada lugar escóllese por autoasignación na medida en que van chegando os propios participantes. Con todo, si podemos constatar a existencia duns espazos preferi-dos: son espazos privilexiados que se sitúan próximos ó caudal de auga que enche constantemente o tanque (é a zona que goza de auga continua e limpa), onde se concentran normalmente os participantes. No corpus de conversas analizado percibimos que se producen pequenas secuencias de negociación esmerada e coi-dada do territorio, quizais para evitar posibles enfrontamentos entre os usuarios, que se activan ou xeran coa chegada de cada novo participante9.

No lavadoiro da Grela, quizais pola condición de situarse en zona rural (con menos usuarios e máis coñecidos), percíbese a existencia de participantes que acoden asiduamente e teñen un espazo asignado, institucionalizado. De fei-to, no seguinte exemplo (caso 1) os propios participantes comentan este feito.

331 C eu sempre lavo aí onde lava #nome# ↓332 (XXX)333 E {[ac] eu sempre lavei aquí eh} ↑ 334 C {[a][ac][f] onde está #nome# eu estou aí →335 D {[a][f] [dc] si tamén eu →336 eu tamén me poño aí} ↓337 e #nome#(…) [continúan sinalando coa man espazos e asignándoos a outros P coñecidos]342 D EU {[dc] que sei} ↓343 eu sempre lavo344 (XXX)345 C eu collín o costume de ir pa aí346 (XXX)347 aquí lava #nome#(…)

9 Outros lugares preferentes poden establecerse en función da propia morfoloxía das lousas de lavado (respecto da altura, inclinación, aspereza, desgaste e amplitude da área de fregado), aspecto non detectado no noso corpus, pero comentado por algúns entrevistados.

163análise dunha práctica comunicativa tradicional galega

Eloi Gestido de la Torre

349 C {[a][dc] cada uno tiene su sitio} [ton conclusivo, apoiado pola alternancia de código] 350 D cada un ten o seu sitio [intervención ecoica, ton conclusivo]

Caso 1. LAVGRE2. Os participantes comentan a distribución cotiá dos seus lugares de lavado. Obsérvese que se produce unha alternancia de código (liña 349, cfr. K) por parte de C coa que procura concluír as intervencións repetitivas das outras participantes. Faino en castelán para manter un distanciamento con aquilo que di, tratando de mitigar a imposición da súa quenda (por autoselección) e o carácter exhortativo do seu enunciado.

No lavadoiro do Carregal, pola súa forma excesivamente alongada, cun só lado de lavado e corredor estreito, obsérvase un interese polo espazo preferido ou privilexiado, antes comentado, o cal orixina un trato sumamente delicado cada vez que se produce a chegada dun novo participante e trata de achegar-se ó surtidor facéndose oco entre os outros usuarios, xa situados. Nos exem-plos seguintes, vemos como piden permiso as mulleres para pasar polo corredor que se abre entre o tanque e o muro, e para que as demais lles fagan un oco (casos 2, 3 e 4). Dada a proximidade que existe entre os participantes, as ne-gociacións realízanse tendo en conta o espazo que ocupa o territorio espacial (o espazo de lavado), o corporal (a proximidade cos outros P) e o territorio material (o uso do meu cepillo, do meu xabón, etc.), seguindo a terminoloxía de Goffman (1981).

184 D ola: ↓ [entra un novo participante e saúda]185 C ola: ↓186 colles ↑ [C mirando a D, referido ó paso polo corredor]187 D habemos de coller ↓188 B marchamos nós de aquí → [botándose a un lado]189 D na190 tranquila191 que a min non me molestades ↑192 C quito de aquí a carreta

164a lingüística galega desde alén maretnolingüística e pragmática

Caso 2. LAVCAR1. Chegada de novo P con conversa iniciada, negociación de paso e de espazo de lavado.

788 G {[f] que mosa} [entra un novo participante e saúda]789 C olá [C xira a cabeza, mirando para G, mentres lava}790 <7> [G pousa o canastro e pon o mandil}791 G xa acabache o mono? ↑ [mirando para C]792 C que?793 G xa terminache? ↑794 C no795 no796 {[ac] estou terminando797 xa estou terminando} [G vaise situar onde estaba C]798 pódese poñer aí799 o que pasa é que te-la aghua desteñida ↓

Caso 3. LAVCAR1. Chegada de novo P con conversa iniciada, negociación de espazo de lavado.

804 F aquí estou eu805 daquí parriba podes ir806 G que dis807 #nome# [saúda a H]808 I que queres que che digha ↓ [saúda a G]809 <2>810 isto tamén é teu? ↑811 G tamén ↓

Caso 4. LAVCAR1. Chegada dun novo P con conversa iniciada. Negóciase o espazo de lavado.

3.1.1.3. Fronteiras temporais externas. O evento comunicativo de lavadoi-ro ten a característica principal de se desenvolver a calquera hora do día, de luns a sábado, sempre en función dos horarios persoais dos seus participantes (que dependen, sobre todo, das tarefas domésticas ou laborais respectivas). De feito, no exemplo seguinte unha das participantes comenta que quere rematar pronto de lavar porque ten que atender os animais domésticos (caso 5).

165análise dunha práctica comunicativa tradicional galega

Eloi Gestido de la Torre

2293 A {[p] [dc] e ás oito non se mira nada eh?} ↑ [mirando para E]2294 non se mira2295 pero ↑2296 E aora han se-las seis ↓2297 {[ac] polo menos} →2298 C {[p] menos vinte} ↓2299 E {[ac] aora hai que ir a buscarlle comida} pás ghaliñas ↑2300 e boTArlle →(…)2648 E mira [E acaba de lavar]2649 {[b] [dc] eu tiña que deixarvos meu fillos} ↓2650 C si2651 E eu teño que deixarvos ↑↑2652 porque:: →2653 A XXX2654 E porque XXX bota pás ghaliñas2655 A nós tamén2656 E nós temos que faser →2657 a ver se apañamos unha pouca palla ↑

Caso 5. LAVGRE1. E explica o que vai facer logo de rematar de lavar.

Pero esta liberdade horaria é relativa: o lavado no lavadoiro non se produ-ce a todas as horas do día senón que existe unha limitación natural condicionada pola presenza da luz solar10, aspecto que se comentou no exemplo anterior (caso 5, liñas 2293-2294). Existen tamén limitacións culturais que fan considerar de-terminadas horas do día como non apropiadas para este tipo de actividades, e que se sitúan no mediodía (por razóns de preparación do xantar e por descanso despois da comida, tal e como temos comprobado). Así pois, podemos sinalar con carácter aproximado as horas do día en que acoden as lavandeiras ó lavadoiro entre as 9 ou 10 h da mañá e as 12 h do mediodía, e de 16 a 19 h (no inverno) ou 16 a 20-21 h (no verán).

10 Malia que non son obxecto de análise para este traballo, temos un caso dun lavadoiro semiurbano (en Mogor, Marín) e outro urbano (en Cangas) que teñen luz eléctrica e a xente acode con maior flexibilidade horaria porque se supera este inconveniente.

166a lingüística galega desde alén maretnolingüística e pragmática

A duración concreta de cada evento comunicativo, de cada interacción, depende do tempo en que se desenvolva a práctica do lavado. Os catro eventos comunicativos analizados nos lavadoiros da Grela (lavgre1 e lavgre2) e do Ca-rregal (lavcar1 e lavcar2) foron gravados pola tarde, nos sábados dos meses de outubro e novembro de 2005 (outono). A hora media de comezo é as 17 h e a duración media aproximada dos eventos é de 40 min.

3.1.1.4. Fronteiras temporais internas. No evento comunicativo de lava-doiro cada muller vai lavar segundo a súa libre disposición e organización, como comentamos; de acordo con isto, non existen máis secuencias temporais có feito de que as mulleres (1) cheguen, (2) laven e (3) marchen. O evento comunicativo de lavadoiro, pois, convértese nunha rutina que cumpre directamente os obxec-tivos (véxase E), sen procesos ritualizados nin control por parte de roles cultu-rais institucionalizados (como pode ser un sacerdote nunha misa ou un profesor nunha aula, por exemplo). Non obstante, si se observan unha serie de normas de obrigado cumprimento que regulan o comportamento dos participantes e a orde de lavado como, por exemplo, o feito de que primeiro se lave a roupa branca e despois a menos delicada (cfr. N).

3.1.2. Escena psicosocial. O lavadoiro representa típica e tradicionalmente un espazo feminizado (como tamén o é, por tradición, un salón de peiteado ou unha mercería), fronte ó espazo masculinizado que supón unha taberna, un ta-ller de coches, etc. As actividades do lavado están adxudicadas ó rol da muller e ama de casa, e este espazo, por extensión, percíbese socioculturalmente do seu dominio, como constatan diversos investigadores (Rivas Quintas, 2000; Vega Cerqueiro, 2002), polo menos xa desde a Idade Media.

Os participantes recoñecen e adáptanse ás características da ambientación: asumen comodidades e incomodidades (condicións climáticas, temperatura da

Conversa Hora de comezo (aprox.) Duración (aprox.) LAVGRE1-011005 17 h 60 min LAVGRE2-191105 16 h 35 min LAVCAR1-221005 18 h 47 min LAVCAR2-121105 17 h 15 min

167análise dunha práctica comunicativa tradicional galega

Eloi Gestido de la Torre

auga, distancia da vivenda co lavadoiro, dificultade do lavado, transporte da roupa, etc.), saben que elementos van atopar nel (outros participantes, auga, lousado para a frega, etc.), que elementos deben levar para realizar o labor (xa-bón, cepillos, indumentaria, etc.), a que horas do día lavar (en función do seu traballo, das labores domésticas, etc.) e poden calcular o tempo que van tardar, por exemplo. En definitiva, a escena psicosocial do evento comunicativo de la-vadoiro, en función do coñecemento cultural previo dos participantes ou da súa experiencia como usuarios, orienta un comportamento prototípico, ritualizado (actitudinal, comunicativo, etc.) característico: cada un sabe como relacionarse cos outros (véxase P e N) e existe unha disposición previa ó contacto; enténdese que durante o lavado é posible a interacción entre eles (mesmo estaría mal visto que non se producise se son coñecidos); sábese que temas tratar (véxase A) e como vai ser recibido e entendido algo que se comente (por exemplo, ante unha queixa, saber se se obterá o apoio do outros, comprensión ou consello, cfr. K), por exemplo11.

3.2. Participantes (p, participants)

Nos eventos comunicativos analizados interveñen un total de 18 parti-cipantes. As súas características principais son as seguintes: todos son de sexo feminino e de procedencia social rural, da propia localidade; a media de idade sitúase nos 40 anos (a idade máis avanzada é de 72 anos e a máis nova de entre 25 e 30 anos)12. O número medio de participantes por evento comunicativo é de sete persoas, tanto para o lavadoiro da Grela como para o do Carregal. Todos levan unha indumentaria característica: mandilón, mandil, calzado impermeable, etc., e tamén utensilios necesarios para o desenvolvemento da actividade: xabón, cepillos, baldes, canastros13, poden levar carretas, etc.

11 Malia que todo está contextualizado e xustificado (lavar a roupa, pedir algo, saudar tanto ó chegar como ó marchar, falar, bromear, etc.), tamén se demostra que durante estes eventos comunicativos, a través dunha negociación previa (na propia interacción), se poden alterar os parámetros establecidos e permitir que se realicen outras actividades distintas (como, por exemplo, ser gravados por unha videocámara, como foi o caso; iniciarse unha discusión entre distintos P, etc.).

12 Non contamos para este cálculo unha nena duns catro anos de idade do lavadoiro da Grela nin outra dun ano de idade aproximada do lavadoiro do Carregal por non desenvolveren un papel activo dentro do evento comunicativo de lavadoiro.

13 é característico unha maneira tradicional de levar os canastros ou caldeiros, que aínda se ven neste tipo de situacións comunicativas levados á cabeza, sobre unha rolla.

168a lingüística galega desde alén maretnolingüística e pragmática

Desde a perspectiva dos roles sociolaborais, a ocupación maioritaria é ama de casa (contando tanto as mulleres en idade de xubilación, maiores de 65, como as máis novas), pero participan tamén outro tipo de roles: profesora universitaria, estudante e varredora. Obsérvase que as relacións entre os participantes non van estar rexidas por este rol sociolaboral (que si sería transcendente noutros eventos comunicativos, como por exemplo nunha entrevista de traballo)14.

Atendendo o punto de vista dos roles socioculturais, as relacións man-téñense no ámbito veciñal (son coñecidas, amigas, veciñas, familiares). Non se identifican uns roles característicos do evento comunicativo de lavadoiro; tan só podemos comentar caracteristicamente que o espazo está ocupado en exclusiva por mulleres (cfr. 3.1: S)15. Relacionado con estes roles, analizamos a relación conversacional (funcional e pragmática) que se establece entre os par-ticipantes (roles conversacionais). En tanto que nin sociolaboral nin sociocultu-ralmente se producen conflitos, desigualdades, xerarquías, etc., a relación entre os participantes no contexto dos lavadoiros ten a peculiaridade da harmonía. Conversacionalmente, a interacción sucédese entre nais, fillas, veciñas, amas de casa, varredoras, xubiladas, etc., e todas participan en igualdade de condicións no lavadoiro.

3.3. Fins (e, ends)

Todos os eventos comunicativos que existen nunha comunidade de fala teñen xustificación social e cultural en tanto que desenvolven unha función no seu interior. Para a análise dos eventos comunicativos, Duranti (1994: 41-45), baseándose en Hymes (1972), establece unha distinción entre os fins sociais (os que persegue globalmente o evento comunicativo) e os subxectivos (os que per-segue cada participante asistindo ó evento comunicativo); tales fins, á súa vez,

14 Tradicionalmente, existía un rol sociolaboral exclusivo deste tipo de eventos comunicativos de lavado-iro: a lavandeira, muller que lavaba a roupa a cambio dun salario (Lorenzo 1983: 176 e ss.; Vega Cerqueiro, 2005). Hoxe é inexistente, polo menos no corpus de conversas que analizamos.

15 Por exemplo, nun evento comunicativo de sobremesa si debemos considerar relevante o rol sociocul-tural de nai, pai, filla, avó, etc., porque ten repercusións no propio comportamento entre os participantes (cfr. Gestido de la Torre, 2005, 2007). Aínda observando que en dous casos distintos participa unha nai que lava ó carón da súa filla, non se observa que unha relación sociocultural (familiar) oriente ou condicione a marcha do evento comunicativo nin a relación entre estes P; máis ó contrario, o trato entre eles é moi igualado –quizais pola idade de cada unha das fillas, xa adultas (de 34 e entre 30 e 35 anos) ou quizais por estaren en contexto público, fóra do ámbito familiar.

169análise dunha práctica comunicativa tradicional galega

Eloi Gestido de la Torre

poden ser declarados (coñécense ou supóñense) ou latentes (non declarados, de interese particular para cada participante).

O lavado de roupa é o fin social declarado que xustifica tradicionalmente o evento comunicativo dos lavadoiros. De maneira secundaria, os usuarios poden recoñecer que, mentres lavan a roupa, pasan o tempo charlando coas veciñas, amigas ou familiares que acudan tamén, cos cales poder intercambiar informa-ción, contar problemas, ofrecer novas sobre terceiras persoas. En definitiva, so-cializarse ou ter contacto social16 constitúe, desde o noso punto de vista, o fin social latente do evento comunicativo.

De acordo co plano subxectivo, a inexistencia de roles conversacionais dis-tintos fai que o fin declarado do lavado sexa común e coincida co fin social: to-dos os participantes manifestan que acoden ó lavadoiro porque teñen roupa que lavar. Lavar no lavadoiro favorece o contacto social con outras veciñas, amigas ou familiares; isto ameniza e entretén o proceso laborioso de lavado, feito que se converte no fin subxectivo latente principal. Outros fins subxectivos latentes de-bemos imaxinalos: supoñamos que unha veciña vai unha tarde lavar ó lavadoiro, que utiliza como escusa porque sabe que vai estar outra veciña coa que pretende intercambiar certo tipo de información (novas sobre terceiras persoas, historia de queixa, rexoubas, etc., cfr. A); supoñamos que outras persoas acoden con re-gularidade ós lavadoiros para abandonar por un tempo a monotonía do traballo doméstico e contactar con outras persoas; supoñamos que alguén se introduciu no evento comunicativo porque pretendía servir de gancho para realizar un es-tudo sobre os lavadoiros (introducirnos a nós na escena, como foi o caso), etc.

3.4. Aspectos secuenciais da fala (a, act sequence)

3.4.1. Forma. A neutralización ou equiparación de roles sinalada no apar-tado precedente (cfr. P) condiciona as relacións espaciais (cfr. S) e, desde o punto de vista conversacional, a interacción evoluciona sen estar orientada nin dirixida por ningún participante. Cada participante entra de maneira libre (sen ningún trámite, como solicitar permiso) e pode decidir introducirse na conversa existen-te, iniciar outra conversa con outro ou outros P á marxe dalgunha xa iniciada,

16 Este fin secundario dos lavadoiros válelle a Rivas Quintas (2000: 213) como escusa para recoñecer este espazo como “ágora femenil de repaso local”.

170a lingüística galega desde alén maretnolingüística e pragmática

non manter ningún tipo de contacto con ninguén (aínda que neste suposto é inevitable que, por razóns de cortesía, saúde cando entre ou saia), etc. Tampouco existirá un rol lexitimado para interromper unha conversa, para mandar cambiar de sitio ou mesmo ordenar silencio, por exemplo. A diferenza doutros eventos (como unha sobremesa, unha clase, unha misa, unha entrevista, etc.), nos lava-doiros observamos que non é necesaria a fala para que o evento comunicativo inicie (precisamente, o feito de non producirse fala sería unha das características do evento).

Nos lavadoiros analizados, atopamos diversas situacións: en lavcar1 dúas mulleres lavan no lavadoiro e non falan entre elas ata que entran outros partici-pantes (o cal demostra que non falaban simplemente porque non se tiñan nada que dicir); en lavgre1 e lavcar2 vemos o exemplo dunha participante que lava soa e comeza a conversa cando chegan outras mulleres; por último, en lavgre2 hai dúas mulleres conversando entre elas e, ó chegaren outros participantes, inté-granos na súa conversa. En calquera dos casos, os eventos comunicativos de lava-doiro están constituídos por unha conversa central e, segundo o momento, pode que unha ou varias conversas subgrupais (cando dúas persoas –ou máis– falan á marxe). Nós, no presente traballo, atendemos aquelas conversas que se producen de maneira centralizada, que abranguen o máximo espazo de interacción.

Xa dixemos (cfr. S) que neste tipo de eventos comunicativos de lavadoi-ro, polas súas características (dispoñibilidade horaria dos usuarios, duración da práctica do lavado, etc.), non é posible prever nin o inicio exacto da conversa nin a duración da mesma. De maneira xeral, un participante vai lavar ó lavadoiro e tarda un tempo relativamente breve en desenvolver a acción –no noso corpus, é de 40 min de media– e, durante este tempo, conversa coas outras mulleres. Este é o evento comunicativo de lavadoiro en si mesmo e o seu esquema básico co-rrespóndese coa estrutura habitual das conversas espontáneas:

Esquema básico (eventos comunicativos de lavadoiro)

inicio Secuencias de apertura: saúdos, petición de información, comentarios fáticos, queixas, etc.

desenvolvemento Secuencia intermedia

final Secuencia de peche

171análise dunha práctica comunicativa tradicional galega

Eloi Gestido de la Torre

Para os casos en que uns participantes se atopan desenvolvendo o evento comunicativo e se incorporan outros, prodúcense saúdos tamén tipificados (de feito, para estes usuarios que acaban de chegar inicia en si mesmo o evento comunicativo e, polo tanto, os saúdos coinciden cos prototípicos). Vemos exem-plos de saúdos nos casos 2, 3 e 4 antes sinalados. Baseándonos en autoras como Corpas Pastor (1996) e Álvarez de la Granja (2002), os saúdos tipificados uti-lizados nas catro conversas de lavadoiro analizadas poden ser clasificados como fórmulas organizadoras do discurso (Gestido de la Torre, 2005, 2006), e recoñé-cense varios tipos segundo o seu valor funcional sexa de apertura ou de peche: – De apertura: ola (lavcar1, 184-185, 789; lavcar2,1; lavgre1, 30; lav-

gre2, 358), ola, que tal? (lavgre1, 28-29, lavgre2, 9-10), buenas tardes (lavgre1, 1, 2; lavgre1, 2010; lavgre2, 31), ola buenas (lavcar1, 18), boas tardes (lavgre2, 356). Son frecuentes saúdos non tipificados, que consisten en breves secuencias ou períodos cos cales a intencionalidade do acto de fala é procurar a diversión, a modo de broma, pero á vez recibir abertamente a quen entra e consolidar os lazos de relación: vós vindes cedo (lavcar1, 634), que, mosa (lav car1, 788), e un terceiro exemplo (caso 6) en que o interlocutor participa do xogo respondendo de maneira literal a pregunta, feito que causa un momento de distensión.

806 G que dis 807 #nome# [saúda a H]808 H que queres que che digha? ↓ [saúda a G]

Caso 6. lavcar1. Fórmula organizadora do discurso de apertura e réplica.

– De prepeche e/ou peche conversacional: ala, hasta loghiño (lavcar1, 839-840; lavgre1, 904-905), talogho (lavcar1, 841; lavgre1, 907), bueno, vamos alá (lavcar2, 177-179), adios ghuapa (lavcar 2, 182).

3.4.2. Contido. É característico que haxa unha disposición para tratar diversidade de aspectos (cfr. S, escena psicosocial), que se introduzan novos te-mas e que se cambien de maneira espontánea e sen xustificación17. Esta situación

17 Esta situación dista moito, por exemplo, de eventos comunicativos formais como a clase, as entre-vistas ou os xuízos, nos cales os temas se planifican con anterioridade e se inician de maneira controlada e xustificada.

172a lingüística galega desde alén maretnolingüística e pragmática

derívase da natureza espontánea das interaccións, do seu estilo coloquial (cfr. G), da clave interpretativa coa que se desenvolven (K) e tamén dos fins que perseguen (E), sempre en relación co marco que ofrece a escena psicosocial (cfr. S).

As nosas conversas foron segmentadas en secuencias narrativas de acordo cos temas tratados en cada unha delas. En xeral, os máis frecuentes son: o clima, o propio lavadoiro (estado da auga, conservación da construción, a roupa, o sitio, etc.), a saúde (enfermidades), terceiras persoas (familiares, veciños, coñeci-dos), problemas comúns da veciñanza, labores do campo, o tempo (incerteza do futuro, reconstrución do pasado –recente e remoto–, contraste pasado-presente, etc.), anécdotas, etc. Considerando estes casos, non podemos dar conta da exis-tencia dun tipo específico e exclusivo de temas para os eventos comunicativos de lavadoiro, aínda que si comprobamos que se introducen temas que, desde o punto de vista da compoñente G, poden considerarse caracteristicamente como propios de rexistros comunicativos coloquiais e dominios institucionais concre-tos, como a veciñanza (cfr. G).

3.5. Clave interpretativa (K, key)

A clave interpretativa depende do posicionamento (cfr. P) dos falantes así como das súas intencións comunicativas. Os indicios de contextualización que nos dan pistas sobre as intencións comunicativas poden ser de diferente natureza: lingüísticos, paralingüísticos, quinésicos e proxémicos.

Entre os indicios de natureza lingüística, debemos destacar o emprego de alternancias de código (Gumperz, 1982) na medida en que son elementos de natureza pragmática que transmiten (indirectamente) as intencións dos propios participantes e contribúen a constituír a clave interpretativa do evento comuni-cativo18. Un exemplo de alternancia de código vímolo no caso 1; outros son os seguintes (casos 7, 8 e 9):

436 E {[ac] chámanlle ó sitio::} →437 á veigha esa →

18 Polas alternancias constituíren un recurso multifuncional (e polo carácter flexible da sistematización que ofrece o Speaking), poderían situarse tamén noutras compoñentes como, por exemplo, en i por alte-raren os códigos mesmos ou en N porque o manexo destes recursos funcionais implica un grao elevado de competencia comunicativa dos usuarios.

173análise dunha práctica comunicativa tradicional galega

Eloi Gestido de la Torre

438 donde:: {[ac][f] eso} ↓439 <2>440 {[dc][f] a:i} dios mio!441 <1>442 {[a] xa terminastes todos os traBAllos?} ↑ [mirando para A e C]

Caso 7. lavgre1. A falante, logo dun breve período de conversa, fai unha pausa de 2 segundos (liña 439) e conclúe expresivamente en castelán (liña 440) o período anterior para, ela mesma e volvendo ó galego, iniciar unha nova secuencia da con-versa con cambio de tema (liña 442).

381 C {[a] [f] vinistes tú SOla} →382 o quién te trajo ↓ ┐ [mirando para G]383 G no:: ┘ [sentada no lavadoiro, mirando para C]384 {[dc] vine con mi padre} ↓

Caso 8. lavgre2. C fala durante todo o evento comunicativo en galego pero pasa ó caste-lán cando interacciona, nunhas poucas intervencións, cunha nena, G, en castelán (liñas 381 e 382). Asocia o uso do código castelán coa identidade conversacional da nena (e, xa que logo, co seu estilo conversacional).

416 C hai unha aí na miña →417 unha rapasa na miña (XXX) →418 {[f] #nome#} ↑↑419 que ten catro aniños ↓420 e a nai MÉtelle →421 {[ac] mira pues así} ↓422 {[dc] esa es tu abuela pero no es tu abuela} ↓423 porque quen é teu pai non é teu pai →

Caso 9. lavgre2. C fala en galego todo o tempo, pero pasa ó castelán para recrear as palabras que mencionou supostamente outra persoa (liñas 4221 e 422), e faino en castelán co fin de darlle credibilidade á súa mensaxe.

A prosodia engloba aspectos diversos como o ton, o volume, a altura, o timbre, a velocidade de elocución, o ritmo e curva melódica ou entoación; o ma-nexo destes trazos colabora de maneira moi directa na creación conversacional

174a lingüística galega desde alén maretnolingüística e pragmática

do marco interpretativo de cordialidade e distensión que caracteriza este tipo de conversas de lavadoiro. A clave interpretativa xeral é moi participativa, existe unha gran relaxación nas relacións entre os interlocutores, prodúcese un trato de ele-vada confianza con algúns temas (mesmo de carácter persoal) e teñen cabida pe-quenas bromas entre os participantes (como vimos en A). En xeral, prodúcense abertamente os risos, a velocidade de elocución é rápida, mesmo ás veces moi rápida, e é moi recorrente o uso da entoación e o volume alto con fins expresivos, sobre todo marcando con esaxeración os tonemas finais (prosodia característica desde o punto de vista dialectal).

Non hai un comportamento medido respecto da quinésica nin da proxé-mica. Polo xeral, a distancia interpersoal é reducida, de acordo coas característi-cas do propio lavadoiro. Os brazos están en constante movemento e ocupados coa roupa e, polo tanto, cando se pretende sinalar ou indicar o tamaño ou forma de algo, esaxéranse de maneira moi marcada os movementos. Para comprobar un participante que os interlocutores lle están prestando atención, realiza un xiro de cabeza, a modo de panorámica, cos cales os vai recoñecendo, e isto retroali-menta a súa vez ou quenda; é posible que un interlocutor que teña a quenda de fala deixe de lavar e realice un movemento contra atrás do corpo para erguerse e procurar amplitude de campo, buscando a separación co lavadoiro e concentran-do mellor as miradas dos interlocutores, espazo no cal pode mesmo escenificar algunha situación narrada. Podemos poñer como exemplo o caso 10.

803 C o tourón804 E o tourón →805 así ↓ [deixa de lavar; indica o tamaño coas mans]806 máis ou menos →807 <2>808 era o que nos comía todo809 <2> 810 {[ac][a] súbeche pola palleira} →811 e tíracha

Caso 10. lavgre1. E narra os problemas que lle causan os animais salvaxes nas colleitas. Mentres fala, separada do lavadoiro e erguida, sinala coas mans o tamaño do animal.

175análise dunha práctica comunicativa tradicional galega

Eloi Gestido de la Torre

3.6. Instrumentos (i, instrumenalities)

3.6.1. Canle. Os eventos comunicativos de lavadoiro desenvólvense a tra-vés dunha canle oral, visual e auditiva, non mediatizada. De feito, correspóndese tipicamente co modo de produción oral, espontáneo, co diálogo en copresenza física.

3.6.2. Código (formas de fala). En xeral, a maioría dos falantes do noso corpus posúen un repertorio comunicativo bilingüe constituído polas variedades de galego e castelán. Os usuarios utilizan o galego case en exclusiva e o castelán queda relegado ás alternancias de código (cfr. K) e a dous participantes non re-levantes conversacionalmente. O galego atópase caracterizado polos fenómenos dialectais típicos do territorio analizado (cfr. S, espazo) que, desde o punto de vista dialectal, Fernández Rei (1991) define como bloque occidental da área pontevedresa, da subárea Ulla-Umia e da microsubárea Morrazo-Fragoso. De acordo con este autor, os trazos máis significativos son:

Gheada: con realización fricativa faringal xorda [h] (lavgre1: aghua, 239; amigho, 36; salgheiro, etc.); en contexto postnasálico, ten tendencia á realización oclusiva velar xorda [k] (lavgre1: mankeira, 2163; tanko, 2354; dominkos, 2407, etc.).Seseo prenuclear (lavgre1: baghaso, 552; onse, dose, 818) e posnuclear (lavcar2: rapás, 136; des, 1610). O seseo non é predorsal.Despalatalización da fricativa palatal xorda, con caída da vogal seguinte (lavcar1: peis, 412). Non se observou palatalización do fricativo apicoalveolar xordo en posición pos-nuclear total.Ti como pronome suxeito.Plural en -ns dos nomes rematados en –n. (lavcar2: vacasións, 55; lavgre1: cans, 723, masáns, 1656).Terminación án sen distinción de xénero en irmán/á: (lavgre1: o meu irmán, 345; lavcar1: á túa irmán tampouco).Uso do arquilexema mirar (indistinción entre ver e mirar). lavgre1: mirar no a miro, desde logho, 911; miras un poco [a TV], 2270; lavcar1: da ghusto mirar tanta xente, 680).Formas con acentuación etimolóxica nas P4 e P5 de IPimp (lavgre1: lavabámola, 1458; erámolos, 1483).Radical trui- como tema de perfecto do verbo traer (lavgre1: truien, 883, 2212, 2330).Ditongo -oi- en moito (lavcar1: 116).

176a lingüística galega desde alén maretnolingüística e pragmática

Desde o punto de vista estrutural e diacrónico, esta variedade preséntase interferida pois posúe graos distintos de incorporación de préstamos e interfe-rencias nos diferentes niveis gramaticais, dos cales sinalamos como exemplo, por abundantes, o emprego de castelanismos (lavcar1: costumbres, 56; lavaderos, 203; lavgre1: pueblo, 654; escuela, 1505). Son destacables outros fenómenos que se caracterizan por incluír o trazo estilístico [+ coloquial] en formas como (lavgre2: ghoder, 1004; aghora falaches 1011; é o que hai, 1009), a pronuncia relaxada de palabras en casos de caída de segmentos finais (lavgre2: pa por para, 966; relús por reluse, 1059), o uso de repeticións, titubeos, onomatopeas e for-mas expresivas do tipo bueh, boh, ufff, mimá, ah, tristristris.

3.7. Normas de uso (n, norms of interaction and interpretation)

Esta compoñente describe as regras do xogo comunicativo19. Nos eventos comunicativos de lavadoiro distinguimos dous tipos de normas grupais de uso: normas ligadas á práctica de lavado e normas relevantes conversacionalmente.

Respecto das primeiras, podemos sinalar como características aquelas nor-mas que regulan o uso do propio lavadoiro. Se se cumpren estes requisitos mí-nimos, asegúrase un correcto desenvolvemento do evento comunicativo. Así, percibimos no lavadoiro da Grela que o primeiro tipo de roupa que deben lavar as mulleres é a branca (a máis delicada e menos lixada), fronte a outra máis lixada (alfombras, roupa de traballo, etc.). Se fose ó revés, a roupa de traballo deixaría a auga do depósito inservible para o lavado da outra roupa (caso 11).

1080 E estás a lavar roupa branca non? ↑ [mirando a A]1081 vou lavar esa estela logho [collendo a peza de roupa]1082 A vou lava-la sábana namais ↓ [sen deixar de lavar]

(…) [empezan a lavar a roupa sucia mentres continúan falando]

2023 A non temos roupa ↑ [sen lavar, diríxese á filla]2024 C no: → [mirando para a nai]

19 Hymes non ofreceu unha sistematización desta compoñente, que é enormemente complexa pois contén todos aqueles elementos implícitos e explícitos (segundo terminoloxía de Boix e Vila, 1998: 127) com-partidos que constitúen a competencia comunicativa da comunidade de fala dos usuarios dos lavadoiros, e que se manteñen en conexión coas normas de actuación e de interpretación.

177análise dunha práctica comunicativa tradicional galega

Eloi Gestido de la Torre

2025 A deixamos na casa dous edredóns aínda2026 E {[ac] bueno aora a aghua está limpa →2027 pero pudeches lavar os edredóns antes} ↑↑ [segue a lavar]2028 C outro día [escusando a nai, dirixíndose a E]2029 A outro día [interveción ecoica: a nai mostra apoio á filla] 2030 E iso pudéchelo lavar antes ↑

Caso 11. LAVGRE1. Negociación entre A e E. E pide permiso para poder lavar roupa escura (liñas 1080-1082). Unha vez que E empeza a lavar a roupa sucia, A dáse de conta de que non acabara coa roupa branca, e E escúsase por manchar a auga culpando a A (liña 2027).

Outra das normas observadas é que cada muller ten que deixar limpo o espazo que utilizou unha vez rematado o seu lavado. A ocupación que se fai do espazo de traballo, ademais, debe ser axustada, sen excesos, mesmo cando hai pouca xente no lavadoiro; tamén se observa que cada unha das mulleres coida es-pecialmente que os seus utensilios non molesten a ningunha das outras mulleres (carreta, caldeiros, etc.), que non queden atrancando o corredor nin o resto dos lousados (casos 2, 3 e 4, xa comentados).

Conversacionalmente, para o conxunto de interaccións de natureza es-pontánea, dialogal (cfr. I, canle) e coloquial (cfr. G), Sacks, Schegloff e Jefferson (1974) presentan unha serie de características que regulan os usos que posibi-litan o funcionamento e permiten acadar o éxito do evento comunicativo. A interacción concíbese como unha sucesión de intervencións, como un sistema de toma de quendas que responde a unha serie de principios que actúan de maneira conxunta e regulan o desenvolvemento da mesma. Para a nosa análi-se, partimos de perspectivas analíticas máis recentes que ofrecen outros autores (Gallardo Paúls, 1996, 1998; Kerbrat-Orecchioni, 1998: 184), de acordo coas cales evidenciamos nas nosas conversas as seguintes normas básicas: 1, prodúcese alternancia de veces ou quendas entre os falantes; 2, a orde de intervención dos participantes é variable, e existe a tendencia de que cada un replique o comen-tado polo anterior; 3, a duración das quendas é variable e é o interlocutor quen interpreta e decide o momento en que iniciar a súa vez; 4, o contido das quendas non está predeterminado (factor máis característico); 5, o número de participan-

178a lingüística galega desde alén maretnolingüística e pragmática

tes no evento comunicativo é variable, pero as quendas conversacionais organí-zanse a cada dúas persoas (e o falante seguinte pode intervir por autoselección ou por heteroselección); 6, a lonxitude do evento comunicativo non está prede-terminada (pero ten unha duración media aproximada, cfr. S); 7, a construción xeral da conversa é miúda, realízase quenda por quenda, e cada vez condiciona a seguinte (conversas non planificadas, modificación constante das estratexias discursivas dos participantes).

O respecto destes trazos reguladores básicos posibilita a marcha das con-versas e, ó abeiro delas, os falantes constantemente interaccionan co medio. Pos-to que estes puntos constitúen a norma para este tipo de conversas, a violación dalgún deles, precisamente, sería percibido polos interlocutores como un fenó-meno marcado, suxeito a un proceso de interpretación para xustificar ou explicar o cambio20.

3.8. Xéneros (g, genre)

Desde o punto de vista xenérico discursivo e de acordo coa sistematización ofrecida por Briz Gómez (2000: 41), as conversas que se producen nos eventos comunicativos de lavadoiro son coloquiais de tipo prototípico (pertencen ó pro-toxénero de conversas coloquiais)21.

Por canto que se entende como característico un dominio institucional da veciñanza (xunto con outros como a familia, o traballo, a escola e a relixión), e está definido por un conxunto de factores psicolóxicos, sociais, contextuais e co-municativos propios (Fishman, 1972; Moreno Fernández, 1998: 163), podemos constatar a existencia dun xénero discursivo propio da veciñanza que permite re-coñecer entre os veciños a existencia de prácticas comunicativas funcionalmente condicionadas por factores sociais ou contextuais similares, tales como os roles dos participantes, os temas tratados, os escenarios de contacto, etc.

20 Outros fenómenos que poderían ser sinalados nesta compoñente son as alternancias de código (xa tratadas en K), a valoración do cumprimento do principio de cooperación de Grice (1975), as estratexias discursivas (Briz Gómez, 1998/2000), a intencionalidade xeral dos actos de fala, a cortesía, as presuposicións e o coñecemento compartido, a transgresión das normas, etc., que non tratamos por razóns de espazo.

21 Entre outros motivos, porque se establece entre os participantes unha relación social e funcional de igualdade, unha relación vivencial de proximidade, trátase unha temática non específica, todo dentro dun marco discursivo de complicidade; non existe planificación do evento comunicativo, o ton é informal e a finalidade básica é fática (Briz Gómez, 1998/2000: 41).

179análise dunha práctica comunicativa tradicional galega

Eloi Gestido de la Torre

Baseándonos nos argumentos de Calsamiglia & Tusón (1999: 260), polo conxunto de características dos eventos comunicativos de lavadoiro definidas a través do speaking (sobre todo das compoñentes S, P e E), estamos en condi-cións de poder recoñecer os eventos comunicativos de lavadoiro como consti-tutivos tipicamente dun grupo de conversas que se situarían dentro do xénero discursivo da veciñanza, como subxénero de conversas de lavadoiro.

Finalmente, ademais, en función da escena psicosocial (cfr. S) e en relación cos temas (cfr. E), no noso corpus observamos que os falantes van desenvolver unha serie de xéneros incrustados (segundo terminoloxía de Tusón, 1997) carac-terísticos: fala sobre terceiros (rexoubas), historias de queixa (sobre problemas comúns da veciñanza e persoais de cada participante), historias de vida (relato sobre a vida de diversas persoas, coñecidas ou non), xéneros narrativos e recons-trutivos (historias relacionadas con experiencias pasadas).

Graficamente:

4. conclusión

Desde o punto de vista da etnografía da comunicación, os lavadoiros, ade-mais de construcións que aproveitan a auga do río para posibilitar o lavado de roupa, constitúen un espazo que agocha unha actividade sociocultural e comuni-cativa tradicional de elevado interese etnográfico e comunicativo, hoxe en perigo

A C B **

*

… onde A representa o protoxénero de conversas coloquiais, B o xénero de conversas de veciños e C o subxénero de con-versas de lavadoiro; os asteriscos (*) representan os xéneros incrustados.

180a lingüística galega desde alén maretnolingüística e pragmática

de extinción. As interaccións que se producen nestes contextos definíronse no noso traballo como eventos comunicativos de lavadoiro e, como trazos salien-tables, comprobamos que estes encontros se desenvolven nun marco interactivo coloquial, non formal, encadrado no ámbito institucional dos veciños. De todos os aspectos sinalados, son importantes os factores espaciais (pola concreción físi-ca e o marco psicosocial, dotado da exclusividade da participación feminina), os conversacionais (pola ausencia dunha xerarquía de roles, pois todas actúan como lavandeiras), a finalidade clara do evento comunicativo (lavado de roupa pero, secundariamente, conversa ou reunión social), a diversidade de temas tratados, a clave interpretativa distendida e amena, etc. Estas características, en conxun-to, permítennos considerar a existencia dun subxénero propio de conversas de lavadoiro (situadas dentro do xénero de conversas dos veciños, integrantes do protoxénero de conversas coloquiais).

5. Apéndice

5.1. Identificación dos códigos lingüísticos: en redonda, para o galego; en negriña, para o castelán; en cursiva, para os fragmentos de recoñecemento ambiguos.

5.2. Organización das secuencias:Solapamento de voces: voice overlapping voice overlapping

5.3. Pausas de máis dun segundo: <aquí o número de segundos ou minutos>

5.4. Prosodia e entoación: Segmento de afecta o fenómeno: {fenómeno} Rexistro melódico: alto ou agudo [a], baixo ou grave [b] Volume: relativamente fortis [f], relativamente piano [p] Tempo: relativamente acelerado [ac], relativamente decelerado [dc]

Tons ou grupos melódicos finais: última ou dúas últimas sílabas ascen-dentes (↑), última ou dúas últimas sílabas descendentes (↓), dúas últi-mas sílabas sostidas (→), subida final máis marcada (↑↑), baixada final máis marcada (↓↓).

181análise dunha práctica comunicativa tradicional galega

Eloi Gestido de la Torre

5.5. Realce de certos tipos de sons: Elevación do volume nun determinado segmento (MAIÚSCULAS) Son alongado con dous puntos para longo (:), máis longo (::), moito máis longo (:::)Son, palabra ou segmento reconstruído: (entre parénteses)Sílaba, palabra ou segmento inintelixible: (XX)

5.6. Sinais quinésicos, proxémicos e outros comentarios: entre corchetes [risos]

5.7. Outros: omisión de transcrición de veces (…), substitución de antro-pónimos e topónimos #nome#, #lugar#.

Referencias bibliográficas

Álvarez de la Granja, M. (2002). Aproximación ó estudio das unidades fraseolóxi-cas en galego: as locucións verbais. Universidade de Santiago de Composte-la. Tese de doutoramento inédita.

Bachmann, Ch., J. Lindenfeld & J. Simonin (1981). Language et communica-tions sociales. París: Hatier-Credif.

Baylon, C. (1991). Sociolinguistique. Societé, langue et discours. Poitiers: Éditon Nathan.

Boix i Fuster, E. & F. X. Vila i Moreno (1998). Sociolingüísica de la llengua ca-talana. Barcelona: Ariel.

Briz Gómez, A. (2001). El español coloquial en la conversación. Barcelona: Ariel.Calsamiglia Blancafort, H. & A. Tusón Valls (1999). Las cosas del decir. Manual

del análisis del discurso. Barcelona: Ariel. Cardona, G. R. (1976). Introduzione all’etnolingüística. Boloña: Società editrice

il Mulino.Corpas Pastor, G. (1996). Manual de fraseología española. Madrid: Gredos.Cots, J. M. (1998). Teaching by chating. A pragmatic analysis of instructor-stu-

dent conversations at american university. Quaderns de Sintagma, 1. Llei-da: Universitat de Lleida.

182a lingüística galega desde alén maretnolingüística e pragmática

Duranti, A. (1994). Etnografía del parlare quotidiano. Roma: La Nuova Italia Scientifica.

Duranti, A. (2000). Antropología Lingüística. Madrid: Cambridge University Press.

Fernández Rei, F. (1991). Dialectoloxía da lingua galega. Vigo: Xerais.Fishman, J., ed. (1972). Readings in the Sociology of Language. París/A Haia:

Mouton.Gallardo Paúls, B. (1996). Análisis conversacional y pragmática del receptor. Va-

lencia: Ediciones Episteme.Gallardo Paúls, B. (1998). Comentario de textos conversacionales. I. De la teoría

al Comentario. Madrid: Arco Libros.Gestido de la Torre, E. (2005). Perspectiva etnográfica para a análise do galego

coloquial. Revisión teórica e aplicación do modelo Speaking ós eventos comu-nicativos de sobremesa; consideracións sobre as fórmulas. Tese de licenciatu-ra inédita. Vigo: Facultade de Filoloxía e Tradución da Universidade de Vigo.

Gestido de la Torre, E. (2006). “Outro café? Aproximación ó estudo do ofrece-mento en contexto de sobremesa”, Madrygal 9, 53-62.

Gestido de la Torre, E. (2007). “O modelo SPEAKING de Hymes: posta a punto teórica e aplicación ás situacións comunicativas de sobremesa”. In P. Cano López et al., ed. Actas do VI Congreso de Lingüística General. Vol. III, Santiago de Compostela: Universidade de Santiago, 3257-3273.

Goffman, E. (1981). La presentación de la persona en la vida cotidiana. Buenos Aires: Amorrortu Editores.

Grice, P. (1975). “Logic and conversation”. In D. Davidson & G. Harman (eds.), The logic of Grammar. California: Dickenson, 64-74.

Gumperz, J. J. & D. Hymes (eds.) (1964). “The ethnography of communica-tion”. Special publication. American Anthropologist 66 (6), part 2.

Hymes, D. (1962). “The Ethnographic of Speaking”. In B.G. Blount (ed.) (1995), Language, Culture and Society. A book of readings. Illinois: Wave-land Press, 248-82.

Hymes, D. (1964). “Toward Ethnographies of Communication: The Analysis of Communicative Events”. In P.P. Giglioli (1972), Language and social context. Hardmonswordth: Penguin Books, 21-44.

183análise dunha práctica comunicativa tradicional galega

Eloi Gestido de la Torre

Hymes, D. (1967). “Models of the Interaction of Language and Social Setting”. Journal of social issues 23, 2, 8-28.

Hymes, D. (1972). “Models of the Interaction of Language and Social Life”. In J. J. Gumperz & D. Hymes (eds.) (1982), Directions in Sociolinguistics. The Ethnography of Communication. Oxford: Basil Blackwell, 35-71.

Kerbrat-Orecchioni, C. (1998). Les interactions verbales, vol 1, Approche interac-tionnelle et structure des conversations. Paris: Armand Collin.

Lorenzo, X. (1983). Os oficios. Vigo: Galaxia.Moreno Fernández, F. (1998). Principios de sociolingüística y sociología del len-

guaje. Barcelona: Ariel. Raga Gimeno, F. (2005). Comunicación y cultura. Madrid & Frankfurt: Ibe-

roamericana & Vervuet.Rivas Quintas, E. (2000). Rega e outros servicios. Léxico rural do noroeste hispá-

nico, 19. Ourense: Grafo Dos.Sacks, H., E. Schegloff & G. Jefferson (1974). “A simplest Systematics for the

organization of turntaking for conversation”, Language 50, 696-735.Tusón, A. (1997). El análisis de la conversación. Barcelona: Ariel. Vega Cerqueiro, Mª (2002). As lavandeiras. Vigo: A Nosa Terra.

“no ximnasio”: análise quinésica do relato dun contacontos

aitor rivas rodríGuez

Universidade de Tübingen

RESuMO

Por que sorrimos? Quen nos aprendeu a acenar? Todas as persoas facemos os mesmos xestos?

Cando dicimos algo, coincide a nosa intención coa dos xestos e movementos que facemos co

noso corpo?

As nosas producións comunicativas son moi complexas e é ben sabido que a linguaxe é só unha

parte, pois tamén son importantes outros temas coma a paralinguaxe e a quinésica.

O traballo que presentamos céntrase na análise quinésica da gravación en video dun relato que

nos contou un narrador oral. Faremos unha detallada descrición para unha posterior análise

de tres fragmentos dese monólogo co obxectivo de observarmos como funciona a quinésica

dunha persoa –neste caso un contacontos– dentro dos mecanismos da narración.

Seguindo a metodoloxía de análise empregada por Birdwhistell (1979, 2005), Poyatos (1994a,

1994b, 2003) e Bouvet (2001) e despois da transcrición da conversa, creamos unhas fichas de

representación que nos sirvan para individualizar as unidades quinésicas máis representativas.

O conxunto da nosa análise quere ser tamén unha pequena achega para describir e contextua-

lizar, social e interaccionalmente, un repertorio quinésico da comunidade lingüística galega.

Palabras clave: Comunicación non verbal, quinésica, xestualidade, narración.

A LiNGüíSTiCA GALEGA DESDE ALéN MAR (iSBN 987-84-9887-145-6)

universidade de Santiago de Compostela, 2009

186a lingüística galega desde alén maretnolingüística e pragmática

1. introdución

Por que sorrimos? A quen lle chiscamos un ollo? Para quen contamos his-torias? Que significan os silencios? Cando dicimos algo, coincide a nosa intención coa dos xestos e os movementos que facemos co corpo?

Estas e moitas outras preguntas deste tipo non foron obxecto de estu-do dos investigadores até hai ben pouco. Particularmente sempre nos chamou a atención todo aquilo que rodea á comunicación e que non pertence á orali- dade, é dicir, todo o que poderiamos incluír dentro do comportamento non verbal.

A investigación lingüística tratou de dar explicación durante moitos anos a cantos fenómenos relativos á lingua había. Tivéronse en conta, funda-mentalmente, os aspectos sintácticos, morfolóxicos, ortográficos, lexicais, histó- ricos, etc., é dicir, case sempre cuestións descritivas e cunha longa tradición filo-lóxica.

A aparición da sociolingüística, unha disciplina que xurdiu nos anos sesen-ta, así como a crecente importancia para a propia lingüística das denominadas ciencias do discurso, permítennos encadrar o estudo da comunicación non verbal dentro do marco xeral do interese pola interacción humana, ben sexa esta abor-dada a través da análise da fala (é dicir, os usos da lingua), ben a través doutros mecanismos comunicativos.

Podémonos preguntar que sería da maior parte das nosas interaccións de non termos presente a comunicación non verbal. Non obstante, os estudos sobre a comunicación non verbal estiveron condenados a un segundo plano durante bastante tempo. Tivo que ser Ray L. Birdwhistell quen introduciu, cos seus tra-ballos da década dos cincuenta, a investigación lingüístico-quinésica.

O traballo que desenvolvemos céntrase na análise da gravación en vídeo dun relato que nos contou Fran Rei, un narrador semi-profesional de Lugo. Trátase dun monólogo titulado “O ximnasio” onde o narrador se expresa como o fai perante o seu público nunha das súas actuacións. Aínda que o relato estea máis ou menos preparado, a súa xestualidade é practicamente espontánea.

Acheguémonos, daquela, á quinésica, ese nivel que vai máis alá das palabras.

187“NO XIMNASIO”: ANÁLISE QUINÉSICA DO RELATO DUN CONTACONTOS

Aitor Rivas Rodríguez

2. A comunicación non verbal

Fernando Poyatos define a comunicación non verbal como:

As emisións de signos activos ou pasivos, constitúan ou non comportamento, a través dos sistemas non léxicos somáticos, obxectuais e ambientais contidos nunha cultura, individualmente ou en mutua coestruturación.Poyatos (2003: 283)1

Despois desta definición podemos incluír algunhas nocións introdutorias que, sobre este mesmo tema, nos achega Knapp (1992). Este autor observa que hai unha dimensión oculta da comunicación que se desenvolve a través dos ritos corporais, a aparencia, a distancia interpersoal e os xestos e observa tamén que ten tanta ou máis importancia ca a palabra. A falta dun nome máis axeitado, de-nomínase comunicación non verbal.

Seguindo a Ricci Bitti e Santa Cortesi (1980: 24), o comportamento non verbal está baseado nos movementos do corpo, da cara, das mans, na disposición espacial dos interaxentes, na entoación da voz, no ritmo e nas inflexións do dis-curso. Estas son, xa que logo, as principais características que postulan estes dous autores para designar esta parte da comunicación.

Como podemos observar, a linguaxe do corpo deixa ver moitas cousas para nós e para quen nos rodea. O corpo é, sobre todo, un centro de informacións e, moitas veces, aquilo que menos coñecemos de nós mesmos é o noso princi-pal vehículo de comunicación. Un observador atento podería ver nunha persoa case todo aquilo que ela está a agochar –conscientemente ou non–. Por iso todo aquilo que non se di con palabras pódese atopar no ton de voz, na expresión do rostro, na forma do xesto ou na actitude de cada individuo.

2.1. Linguaxe non verbal vs. comportamento non verbal

Se nos referísemos, como facían os primeiros investigadores neste eido até a década dos oitenta, á comunicación non verbal, estariamos a pór en relación a linguaxe –verbal– cunha outra linguaxe “non verbal”. Pois ben, para esta lin-guaxe non verbal Birdwhistell (1979) e Poyatos (1994a) propuxeron unha serie de quinemas, que definiron como as unidades mínimas do movemento do corpo

1 A tradución das citas realizada ó galego é miña.

188a lingüística galega desde alén maretnolingüística e pragmática

con significado e serían equivalentes, xa que logo, aos fonemas e grafemas na linguaxe verbal (oral e escrita).

Hoxe a psicoloxía non ve con bos ollos a denominación de linguaxe non verbal e substituíuna pola noción de comportamento non verbal. Pode parecer unicamente un problema de nomenclatura, mais no fondo cremos que hai unha cuestión a discutir: é unha linguaxe stricto sensu ou será soamente un conxunto de accións que formarían parte dun comportamento non verbal máis amplo?

Aínda que poidamos afirmar que o comportamento non verbal e a lingua-xe verbal teñen semellanzas, non comparten as mesmas estruturas nin os mesmos elementos básicos. Preferiremos, entón, de aquí en diante, empregar a denomi-nación de comportamento non verbal.

2.2. A estrutura tripla básica: linguaxe-paralinguaxe-quinésica. A máis destacada contribución de Poyatos (1994a, 1994b) é a presentación da súa con-cepción da comunicación. Para el, a comunicación interpersoal consta dunha tripla estrutura básica indisolúbel, artellada arredor dos seguintes piares: a lin-guaxe, a paralinguaxe e mais a quinésica.

A novidade desta proposta reside en que foi primeiro en estudar estes tres sistemas dentro do que denominou contínuum verbal-paralingüístico-quinésico.

2.2.1. A paralinguaxe. Segundo Poyatos (1994a, 1994b) unha definición de paralinguaxe podería ser máis ou menos así: “as cualidades non verbais da voz e os seus modificadores e mais as emisións independentes producidas ou condi-cionadas nas zonas comprendidas nas cavidades supraglóticas, a cavidade larínxea e as cavidades infraglóticas, así como tamén os silencios momentáneos que em-pregamos consciente ou inconscientemente para apoiar ou contradicir os signos verbais, quinésicos, proxémicos, químicos, dérmicos e térmicos, simultaneamen-te ou alternando con eles, tanto na interacción coma na non-interacción”.

2.2.2. A quinésica. Para Knapp (1992: 17) o comportamento quinésico –que el identifica nun primeiro momento co movemento do corpo – comprende os xestos, os movementos corporais, os das extremidades, as mans, a testa, os pés, as expresións faciais, a conduta dos ollos e mais a postura. Poyatos (1994a: 139) engade, alén diso, que os referidos movementos poden ser conscientes ou inconscientes, illados ou combinados, aprendidos ou espontáneos, de percepción

189“NO XIMNASIO”: ANÁLISE QUINÉSICA DO RELATO DUN CONTACONTOS

Aitor Rivas Rodríguez

visual, audiovisual ou quinestésica –é dicir, táctil. A quinésica é, en resumo, o conxunto dos movementos e posicións que teñen valor comunicativo.

Todo aquilo que responda a esta definición pertencerá, tanto para Knapp como para Poyatos, á quinésica. No noso traballo entendemos, xa que logo, esta definición de quinésica como a máis válida e será este o senso no que emprega-remos o termo.

2.2.2.1. A quinésica: xestos, maneiras e posturas. Para Poyatos (1994b: 186) a quinésica estaba definida como “os movementos corporais e posicións resultantes ou alternantes de base psicomuscular, conscientes ou inconscientes (...) que, illados ou combinados coas coestruturas verbais e paralingüísticas e cos demais sistemas somáticos e obxectuais, posúen un valor comunicativo intencionado ou non”.

Unha vez definida a quinésica, é importante a distinción que fai máis adiante (1994b: 201) entre xestos, maneiras e posturas.

2.2.2.1.1. Os xestos. Os xestos son movementos conscientes ou inconscien-tes (fundamentalmente da testa, a cara ou as extremidades), dependentes ou independentes da linguaxe verbal-paralingüística, que alternan con ela ou simul-taneamente que constitúe unha forma principal de comunicación. Por exemplo: os sorrisos cómplices e as chiscadelas de ollos.

2.2.2.1.2. As maneiras. As maneiras son máis ou menos conscientes e máis ou menos dinámicas, principalmente aprendidas e ritualizadas socialmente, po-den alternar coas palabras ou ser simultáneas a elas. Por exemplo: o xeito de tusir, coa man diante da cara e o xesto facial que van ligados.

2.2.2.1.3. As posturas. As posturas son estáticas, conscientes ou inconscien-tes, ritualizadas (se se movesen, serían maneiras), e non ritualizadas. Poden co-municar, igual ca os xestos e as maneiras, o sexo, a posición social, a orixe cultural e o estado de ánimo entre outras cousas. Por exemplo, a postura que temos ao estar en pé ou sentados, etc.

3. Marcas posturo-mimo-xestuais

Bouvet (2001: 9-26) preséntanos a súa proposta, que consideramos moi válida para a análise quinésica, e que consiste en estudar todos os movementos

190a lingüística galega desde alén maretnolingüística e pragmática

dos ollos, das cellas, da testa, do tronco, da boca e das mans que observa no transcurso dun relato. Son o que ela chama marcas posturo-mimo-xestuais, en alusión á postura, á mímica e aos xestos. Velaquí as diferentes posibilidades de movementos que descubrimos.

3.1. O movemento dos ollos

Os ollos, do mesmo xeito que o afirma Bouvet (2001), son esenciais para entender a información que se nos transmite coa produción oral. Pódennos in-dicar moitísima expresividade, ou ningunha, en función de cada persoa e de cada cultura. Por exemplo, un mesmo movemento dos ollos, entenderémolo só se formamos parte dunha determinada comunidade e compartimos os criterios po-los que se rexe. Os movementos dos ollos estabelécense en dous planos:

3.1.1. Orientación dos ollos. Dentro das posibilidades de orientación da ollada que se nos presentan, distinguimos fundamentalmente tres: a) a ollada dirixida cara ao interlocutor, b) a ollada dirixida cara a un punto concreto, c) a ollada dirixida cara a unha dirección para executar algún movemento.

3.1.2. Abertura dos ollos. Moitas veces esta abertura está ligada ao move-mento das pálpebras que, á súa vez, tamén dependen da forma e dos movemen-tos das pestanas.

3.2. O movemento das cellas

Este movemento resúmese en dous tipos fundamentais: o de elevación e o pregamento.

3.2.1. Elevación das cellas. De facermos unha transposición ao nivel lin-güístico, a elevación das cellas amosa distintos significados que se reparten en dous campos semánticos ben distinguidos: a deíxe anafórica e mais a sorpresa (con todas as modalidades que esta pode adoptar).

Dentro dos movementos de elevación das cellas, hai dúas posibilidades: a) que o movemento de elevación das cellas vaia acompañado doutras mudanzas do rostro. Calquera variación da produción mímica conleva outra variación na expresión da emoción. O significado que se pretende transmitir pode ir dende

191“NO XIMNASIO”: ANÁLISE QUINÉSICA DO RELATO DUN CONTACONTOS

Aitor Rivas Rodríguez

unha forte sorpresa até unha expresión máis moderada, b) que o movemento de elevación das cellas non estea acompañado de mudanza ningunha na expresión.

3.2.2. Pregamento das cellas. Os movementos de pregamento das cellas poden representar tres campos semánticos diferentes: ora malestar, ora esforzo, ora reflexión. Por exemplo, os máis cativos indican con estes movementos os seus estados de insatisfacción, malestar e cólera. A maior parte das veces, cando se pregan as cellas, os ollos tenden a pecharse.

3.3. O movemento da testa

3.3.1. Inclinación e elevación vertical. A testa adoita elevarse a miúdo. Os movementos que facemos coa testa cara arriba (sen adiantala nin retrasala) re-marcan a idea de seguir engadindo cousas (p.ex. nunha enumeración).

3.3.2. Inclinación lateral. Os movementos que observou Bouvet (2001: 9-26) sobre a inclinación lateral son unha proxección metafórica que ten a súa orixe nas experiencias do desprazamento de persoas ou obxectos. Tamén poden indicar a duración e mais unha actividade do pensamento (como a consecuencia, a dedución e tamén a intención).

3.4. O movemento do tronco e dos ombreiros

3.4.1. Arriba ou abaixo. Acompaña o movemento da testa de arriba-abaixo e ten o mesmo significado ca os anteriores movementos descritos para a testa.

3.4.2. Adiante ou atrás. Estes movementos indican un rexeitamento e unha oposición ao que se di, ao que se oe, ou a reaccións doutro tipo.

3.5. O movemento da boca

Úsase sobre todo para facer acenos, imitacións esaxeradas, pechar con for-za os beizos ou para sorrir.

3.6. O movemento dos brazos e das mans

Estes movementos clasifícanse en concretos ou abstractos. Os movemen-tos concretos chamámolos tamén icónicos e os abstractos, metafóricos. Os xestos

192a lingüística galega desde alén maretnolingüística e pragmática

icónicos teñen sempre unha forte relación formal co contido das palabras e po-den achegar unha expresión paralela ao que se está a dicir ou dar un significado diferente e complementario do discurso lingüístico. Os xestos metafóricos, do mesmo xeito ca os icónicos, ofrecen unha imaxe, pero neste caso referida a un obxecto abstracto.

4. Por que tratamos da quinésica no noso estudo?

Se falamos das nosas relacións cotiás sabemos que os xestos transmiten moito máis do que dicimos, reforzan as nosas intervencións orais e ás veces mes-mo poden contradicir o que dicimos coas nosas palabras.

A quinésica ten tamén unha funcionalidade ben práctica: axúdanos a expli-carnos, soluciona conflitos verbais e sérvenos para estabelecer relacións nalgúns casos onde as palabras non abondan para expresar os nosos sentimentos.

Por estes ou outros factores, xestualizamos moito máis cando sabemos que nos están a observar ou, por exemplo, cando precisamos facernos entender por alguén que fala (ou pensa) dunha maneira diferente da nosa. Vexámolo nas seguintes palabras de Díaz-Corralejo:

(...) Os xestos veñen determinados polo primeiro principio da antropoloxía me-dieval que define o home como composto de alma e corpo, principio que non é máis ca unha aplicación concreta do concepto xeral da orde social do universo, baseado na dialéctica do interior e o exterior. (...) Amosan no exterior os move-mentos internos da alma. E á inversa, pódese soster que a disciplina do xesto acaba por disciplinar tamén a alma. (...) Por outra banda, os xestos fanse sempre para alguén, coa intención de que alguén os vexa, e, polo tanto, serven para estabelecer relacións entre persoas.

Díaz-Corralejo (2004: 13)

Se “a cara é o espello da alma”, de que serán espello todos os demais xestos que facemos acotío? Pensamos que se lle debería prestar máis atención á quinésica nas relacións interpersoais porque en moitas comunidades –tamén na comunidade lingüística galega– hai comportamentos quinésicos que aprende-mos (e precisamos aprehender) para podermos formar parte da devandita comu- nidade.

193“NO XIMNASIO”: ANÁLISE QUINÉSICA DO RELATO DUN CONTACONTOS

Aitor Rivas Rodríguez

5. Análise de tres fragmentos do corpus

Seguindo as indicacións feitas por Duranti (2000) e por Calsamiglia e Tu-són (1999), en novembro de 2003 realizamos nun bar de Carnota dúas sesións de gravación en vídeo co contacontos Fran Rei, das que escollemos a denomina-da “No ximnasio” para o noso traballo.

A gravación completa dura aproximadamente quince minutos, pero a par-te que estudamos ten unha duración de seis minutos e doce segundos (6’12’’). É un monólogo onde o narrador fala para un público e conta o que lle aconteceu cando se apuntou a un ximnasio. Pareceunos moi interesante por varios aspectos: a) Introduce varias voces e personaxes. b) É un relato moi rico en canto ao com-portamento non verbal (paralingüístico e quinésico). c) Aínda que o narrador poida ter o relato máis ou menos preparado, a súa xestualidade é espontánea e improvisada.

Cada un dos tres fragmentos desta gravación que presentaremos dese-guido ten dúas partes: a descrición e a análise. Na descrición presentamos unha transcrición quinésico-conversacional onde incluímos as anotacións quinésicas e paralingüísticas que completan o fragmento.

En canto á análise, interpretamos os datos segundo a súa ficha (paralin-güística e quinésica) e tratamos de dar explicación aos fenómenos quinésicos concretos que complementan a comunicación verbal.

O sistema de fichas que empregamos en cada fragmento funciona coma un heptagrama, é dicir, sete liñas onde representamos os movementos dos diferentes niveis: as cellas, a ollada, a boca, a fala, a testa, os ombreiros e os brazos.

Tamén escollemos unha serie de fotogramas do vídeo que nos axudan a relacionar a enunciación verbal coas imaxes, e que ofrecemos reproducidos ao longo da análise. O número de fotogramas escollidos en cada caso variará en función dos comportamentos non verbais que se produzan e da súa complexida-de. Cada fotograma irá acompañado, ao pé da foto, dun número e dunha letra que o identifican. O número indica a ficha de análise á que pertence; a letra, a orde cronolóxica na que se producen. Alén diso, aparece na parte dereita do pé, marcado en negra, o treito conversacional co que se corresponde.

194a lingüística galega desde alén maretnolingüística e pragmática

Fragmento 1: (muitísimos pósters .. non? ↑) 9’08” – 9’10”

Transcrición do Fragmento 1:

52 chegas alí joder i o primeiro que:53 <1>54 que ves é: é: no:55 .. no recibidor56 .. é::57 .. muitísimos pósters58 .. non? ↑ 59 ... pósters de::60 .. de unhos tíos aí pero.. súper

DESCRICIÓN:Neste treito o que máis chama a

nosa atención a primeira vista é o move-mento que fai a man dereita do narrador dende a parte inferior dereita até a supe-rior esquerda. O percorrido non é unha liña recta, senón que vai dando pequenos golpes xestuais coa palma da súa man de-reita que nos sitúa os pósters aos que se refire co enunciado. Esta man, que pre- Fotograma 1-A (55) no recibidor

195“NO XIMNASIO”: ANÁLISE QUINÉSICA DO RELATO DUN CONTACONTOS

Aitor Rivas Rodríguez

viamente estaba a xogar na cara, sepárase e móvese xunto coa outra cun aceno que parece indicar que está a situar a acción. Entón as mans fan un círculo coas dúas palmas cara abaixo (fotograma 1-A).

Inmediatamente despois a man dereita define unha liña lixeiramente on-dulada cara arriba á esquerda e indícanos o lugar onde estarían os pósters.

A ollada está vacilante ao comezo, mira á dereita, logo volta ao centro, logo novamente á esquerda e despois acompaña fixamente os movementos das mans (fotograma 1-B).

O ombreiro esquerdo do narrador está caído e lixeiramente retrasado con respecto do outro. O tronco está centrado, en posición normal e non observa-mos ningún movemento estraño.

Na boca tampouco hai nada extraordinario que mereza ser comentado, alén de que o narrador retrae os beizos cara atrás e ensina todos os dentes na pronuncia de muitísimos, como podemos observar no fotograma 1-C.

ANÁLISE:En “muitísimos pósters” (liña 57) hai unha metaforización do espazo, or-

denado e distribuído en diferentes partes. Trátase do emprego de marcaespazos (Poyatos, 1994a: 195) que sinalan espazos ou obxectos ausentes. Con este xesto que funciona como distribuidor espacial escenifícase e visualízase o espazo onde se desenvolve a historia. Así a audiencia fica introducida, dalgún xeito, no cadro físico da acción narrada. O recibidor do ximnasio aparece representado mediante este movemento das mans.

Fotograma 1-B (57) .. muitísimos Fotograma 1-C (57) muitísimos

196a lingüística galega desde alén maretnolingüística e pragmática

Teñamos en conta, dun xeito máis detido o seguinte fragmento:

57 .. muitísimos pósters58 .. non? ↑

Hai unha inspiración audíbel no momento inmediatamente posterior a fa-cer a pregunta “non?” (liña 58). Esta ins-piración sérvelle ao narrador para pensar o que vai lanzar á súa audiencia despois. É un momento de atención ao fío con-

dutor do relato, e coa micropausa posterior a “non?” (liña 58), pode seguir coa súa tarefa. Pero tamén ten unha función física, pois serve para coller máis aire, respirar con máis vagar e manter o control respiratorio (Poyatos, 1994a). Esta é unha habilidade moi importante para un narrador oral, e o que analizamos nós desenvólvea e emprégaa con éxito.

Interpretámola, xa que logo, como unha das destrezas do bo narrador: visualización da escena narrativa e ubicación dos elementos do decorado, unha especie de deseño do local para o público ou contextualización espacial ad hoc. O narrador tranporta metaforicamente a cada un dos asistentes a un lugar diferente (neste caso a entrada do ximnasio, con todos os pósters) para crear así verosimili-tude na percepción da historia. El entra no ximnasio de novo. O narrador debuxa o ambiente da súa propia narración. Contribúe así a recrear a escena, como fai co brazo neste caso (fotograma 1-D).

Nalgúns casos danse xestos en sus-penso coma este, que fican no aire. Seme-lla que non teñen ningún significado apa-rente. Aquí a ollada está detida no ángu-lo superior esquerdo, sen ollar para nada en concreto (fotograma 1-D e 1-E). De calquera xeito, podemos interpretar estes xestos –que non teñen unha coñexión aparente co anterior– como un momento de desconexión co resto do relato, é dicir,

Fotograma 1-D (57) pósters

Fotograma 1-E (57) pósters

197“NO XIMNASIO”: ANÁLISE QUINÉSICA DO RELATO DUN CONTACONTOS

Aitor Rivas Rodríguez

o contador da historia necesita algún tempo para imaxinar o que vai seguir e a retomar a planificación do seu monólogo. Acontece moi poucas veces ao longo do texto que analizamos.

A ollada vai atrás das mans –que se moven ao redor, facendo case un se-micírculo–, seguindo o movemento destas (fotograma 1-E). É coma se as mans estivesen fóra do seu corpo, fosen alleas, mentres os ollos observan o que hai ao seu redor (é dicir, o decorado recreado polas mans).

Isto é coherente co que dixemos anteriormente sobre o deseño da escena e a creación dun espazo para os seus personaxes.

Fragmento 2: (nÁ: .. si a mí como estos no::) 9’26” – 9’29”

Transcrición do Fragmento 2:75 .. i tú inxenuamente dices76 .. nÁ:77 .. si a mí como estos no::78 .. no me apetece79 .. no80 .. no te jOde vamos81 .. {[f][f] aunque estén sanos}82 .. tío te vas poñe:r83 .. te vas poñer así

198a lingüística galega desde alén maretnolingüística e pragmática

DESCRICIÓN:Aquí o narrador comeza mirando

á audiencia, pero no momento de dicir “nÁ:” (liña 76) prodúcense unha serie de movementos que logo analizaremos polo miúdo: a ollada desvíase á nosa esquerda, perdida nalgún punto do espazo; a boca está ladeada cara á esquerda; a testa ta-mén se vai cara a ese lado (acompañando o movemento dos ollos); os ombreiros érguense con ese xesto tan habitual de quen non se implica; os brazos, abertos cara atrás, despregados do corpo dende os cóbados, dannos unha idea de como poderían estar as mans: seguramente ben abertas e coas palmas mirando cara a fóra, como intuímos á vista dos fotogramas 2-B e 2-C.

75 ... i tú inxenuamente dices76 .. nÁ:77 .. si a mí como estos no::78 .. no me apetece

Todos estes movementos danse simultaneamente na primeira sílaba da liña 76. A seguir, a ollada vén de novo cara á fronte, a boca arquéase cara abaixo e o ombreiro dereito retrocede cara atrás. Estas mudanzas na posición do narrador son significativas, pois todos os xestos se producen acompañados doutros, é dicir,

hai tres momentos moi marcados dentro do fragmento que son os que seguen:

1º.- “.. nÁ:” (liña 76)

Este primeiro momento vén de-finido polos xestos que xa describimos: ollada perdida na esquerda, boca ladeada, cabeza lixeiramente inclinada á esquerda, ombreiros cargados e brazos estendidos e separados do tronco (coas mans aber-tas).

Fotograma 2-A (75) inxenuamente

Fotograma 2-B (76) nÁ:

199“NO XIMNASIO”: ANÁLISE QUINÉSICA DO RELATO DUN CONTACONTOS

Aitor Rivas Rodríguez

2º.- “.. si a mí como estos” (liña 77)

Este treito central caracterízase pola curvatura da boca, a centralización da ollada na audiencia e mais o atraso do ombreiro dereito, cun movemento on-dulante de todo o tronco. A boca, arqueada cara abaixo, vaise manter así durante todo o fragmento.

3º.- “no::” (liña 77)

Este alongamento vocálico vai levar a ollada a un punto afastado, centrado no público pero máis lonxe do anterior. Hai tamén un intento dunha pequenísi-ma elevación dos dous ombreiros que non chega a se producir.

Durante case todo o fragmento as cellas están na posición base, relaxadas, polo que non inflúen na nosa percepción da xestualidade. Porén no fotograma 2-B hai un lixeirísimo arqueamento das mesmas.

Os brazos ábrense ao comezo de “.. nÁ:” e permanecen así varios segun-dos. De todos os xeitos, van ter máis movemento despois do fragmento analiza-do (liñas 78, 79 e 80).

ANÁLISE:Neste treito que imos analizar hai unha detención do xesto moi notoria.

É un xesto en suspenso que aparece despois do alongamento de “nÁ:”. Estas detencións do xesto adoitan ter unha característica común: danse despois dunha enunciación verbal, aproveitando o momento de silencio cando hai varios xestos que conflúen e que fican no aire, detidos e sen continuidade, ao mesmo tempo.

Nesta detención do xesto, o narrador mira cara a fóra, á esquerda –como xa dixemos– e neses intres, hai unha me-taforización da busca, é dicir, o narrador semella procurar a liña do relato perdido nalgún lugar ao lonxe, fóra do espazo da historia que nos conta.

Coa ollada delimítase un plano, que o narrador sitúa máis lonxe ca o plano da audiencia (inmediatamente anterior a este) e que non pertence á historia, senón á rea-lidade e ao momento da enunciación. Fotograma 2-C (77) como estos

200a lingüística galega desde alén maretnolingüística e pragmática

Teriamos, segundo isto, dous planos: o primeiro, que se corresponde co espazo onde se moven os personaxes da narración; e o segundo, onde acode o narrador nalgúns momentos coma este para buscar algo máis, cousas que lle fal-tan e precisa para continuar a narración.

No primeiro plano, onde o narrador tenta representarnos o local están os personaxes e os espazos onde acontecen os feitos que se contan. Estes poden ser reais ou fantásticos.

No outro plano, onde só pode acceder o narrador, están todos os recursos que ten ao seu dispor para elaborar a historia. Por iso é frecuente que a ollada pareza perderse ao lonxe, fóra do local. Case sempre son pequenas “viaxes xes-tuais” que fai o narrador a ese seu plano, onde só el pode ir e de onde tirará o que precise para incluír na súa narración.

A curvatura da boca indica unha actitude de pasotismo e de menosprezo fronte ao que acontece. Neste caso, o protagonista indica a súa autosuficiencia e o seu desprezo polos personaxes que van ao ximnasio (de feito o narrador hase laiar despois por facer o mesmo).

Inmediatamente despois disto, hai un diálogo entre o narrador e o perso-naxe. Neste momento da narración prodúcese o que se chama “desdobramento de voces”, e que agora explicaremos: entre as liñas 76 e 78 (no fragmento ana-lizado) aparece unha voz (a do propio personaxe) que non se corresponde coa anterior voz (a do contador da historia). O narrador fala aquí coa voz do seu personaxe; deixa o seu papel durante uns segundos para actualizar para nós a situación e as palabras que están na mente do protagonista da historia. Convér-

tese, pois, na voz que sae da mente do personaxe.

Previamente (na liña 75), intro-duciuno na narración, presentouno, creou un marco da escena para que este puidese expresarse. Hai un xesto moi claro, que se corresponde co texto oral, onde se marca o espazo externo, delimítase o “ambiente” no que se pode mover ese personaxe. Isto é po-síbel grazas á capacidade do narrador Fotograma 2-D (77) no::

201“NO XIMNASIO”: ANÁLISE QUINÉSICA DO RELATO DUN CONTACONTOS

Aitor Rivas Rodríguez

para desdobrarse e pórse na situación na que está metido o seu propio perso-naxe.

79 .. no80 .. no te jOde vamos81 .. {[f][f] aunque estén sanos}82 .. tío te vas poñe:r83 .. te vas poñer así

No segundo momento, entre as liñas 79 e 83, é o narrador quen retoma a palabra para replicar. Fai un comentario co que pretende ridiculizar o personaxe. Neste desdobramento, o narrador fai unha réplica paródica do que está a dicir o personaxe. Ese diálogo paródico márcase tamén cun incremento do volume de voz, un ton desprezativo e unha gran seguridade no que se di.

Fragmento 3: (6 segundos de silencio) 13’09” – 13’15”

Transcrición do Fragmento 3:

312 <2>313 bueno314 .. un espetÁculo [ingresión de aire despois de 314]315 <6>316 i donde me vou eu?↑317 .. ah ↑ [abre os brazos, á busca dunha resposta]318 .. adonde vou eu?↑

202a lingüística galega desde alén maretnolingüística e pragmática

DESCRICIÓN:O ombreiro dereito está lixeira-

mente caído, como acontece durante case todo o relato.

A boca está esbozando un peque-no sorriso durante os primeiros tres ou catro segundos, pero case non se percibe porque ten a man diante, pegada ao bei-zo inferior.

A man esquerda, cos seus dedos índice e polgar, deslízase polo queixo, “repenando”, arranxando ou simple-mente xogando coa barba, nun xesto que semella darlle interese á persoa que fala. É moi coñecida esa posición da man que se emprega nas imitacións e paro-dias para significar que alguén se dá aires de seriedade.

Destaquemos a ingresión de aire polo nariz, cun lixeiro ruído que se pro-duce despois de dous segundos, pois é o único son que se aprecia neste treito.

Pero, sen dúbida, o que marca a difererenza neste treito é a ollada: está perdida, ao lonxe, na parte inferior no primeiro momento, pasando a conti-nuación a fixarse directamente no cen-tro da cámara, como querendo enxergar toda a audiencia e disposto a lle contar a nova máis importante do mundo, prepa-rándoa para recibir un gran consello. É coma a ollada dalgúns políticos: directa e interesante.

Cara ao final do treito, hai un le-vantamento da testa, co que se rompe o silencio e o momento de tensión xestual. Isto acontece cando o silencio acada o seu cumio. É o momento en que o silencio adquire o seu valor deíctico máis representativo.

Trátase dunha descrición ligada aos momentos, temporalizada. Hai va-rios momentos moi marcados, que podemos distinguir. Son os seguintes:

Fotograma 3-A (315) <6>

Fotograma 3-B (315) <6>

203“NO XIMNASIO”: ANÁLISE QUINÉSICA DO RELATO DUN CONTACONTOS

Aitor Rivas Rodríguez

1º.- Repena a barba.2º.- Desliza polo queixo os dedos índice e polgar.3º.- Movemento que fai coa man.4º.- Dedos embaixo da boca.5º.- Xesto cos dedos e ollada cara ao público.

ANÁLISE:Ao longo deste fragmento onde non fala, o narrador consegue un abso-

luto control do silencio que el mesmo crea. Procura o mantemento da atención da audiencia mediante os seus xestos. E conségueo, pois mantén a audiencia á expectativa. Trátase dunha función de suspense, para facer agardar ao público. Esta é unha das destrezas dun narrador: ser quen de engaiolar aos seus ouvintes e provocar neles unhas determinadas sensacións. Consegue emocionar porque as palabras, os silencios e os xestos dan vida ás accións dos personaxes.

Na parte final (fotograma 3-C), co levantamento da testa, a tensión xes-tual rómpese e dá en falar. O levantamento da testa e a introdución da fala son os dous elementos que rompen con esa tensión. O narrador creou un silencio que mantivo durante seis segundos e el mesmo vai ser quen o rompa. Así conse-gue captar a audiencia e facer que estea pendente del. Todo o que faga a conti-nuación será seguido con moita atención polos espectadores.

Entre todas as destrezas do narra-dor, esta é unha das máis importantes: o control do silencio e da tensión xes-tual. Un bo narrador, especialmente un contacontos, controla estes aspectos con moita precisión. Para iso é preciso que o narrador saiba atopar os momentos axeitados. Non terá sentido un silencio nunha altura da historia na que non hai nada interesante. Do mesmo xeito, estes silencios poden servir para reforzar e dignificar os mellores momentos das narra-cións.

Fotograma 3-C (315) <6>

204a lingüística galega desde alén maretnolingüística e pragmática

6. conclusións

De xeito xeral, a noción proposta por Poyatos (1994a, 1994b) da tripla es-trutura básica da comunicación humana (lingüística, paralingüística e quinésica) atopa plena xustificación na micro-análise que vimos de facer. Como acabamos de ver nos doce treitos analizados, non cabe realizar unha interpretación autó-noma de elementos pertencentes a niveis que, na práctica comunicativa, se dan sincronizadamente.

Como se ten sinalado na tradición investigadora da etnografía da comu-nicación, a competencia comunicativa dun falante inclúe a súa competencia en cada un dos niveis comunicativos e, xa que logo, tamén nos niveis paralingüístico e quinésico. Máis en concreto, a arte verbal dun narrador oral (neste caso un contacontos semi-profesional) supón unha considerábel destreza en cada un dos tres niveis e fará del un bo contador de historias.

Os elementos paralingüísticos e quinésicos danse (do mesmo xeito que sucede cos feitos de fala) nun contexto discursivo. Con moita frecuencia, na aná-lise dos treitos seleccionados, botamos man do contexto inmediato anterior e posterior para podermos interpretar axeitadamente os valores dos recursos para-lingüísticos e quinésicos. Disto podemos concluír que, igual que sucede co nivel verbal, os mecanismos paralingüísticos e quinésicos son recursos contextualiza-dores, é dicir, creadores do propio contexto de discurso. Por outras palabras, son ao mesmo tempo o medio e o produto.

Na análise mostrouse a alta capacidade metafórica e metonímica dos pro-cedementos quinésicos. Estes poden crear e distribuír espazos, ou tempos, den-tro do relato. Poden revelarlle á audiencia o seu papel, poñela nun primeiro plano, ou ben agachala pasando a ocupar ese primeiro plano o narrador; por isto podemos afirmar que a quinésica ten unha importancia non menor ca a do nivel verbal na vertebración interaccional entre un narrador oral e o seu público.

Como xa sinalara Roman Jakobson a propósito da función emotiva da linguaxe, as componentes emotivas da comunicación resultan omnipresentes. A análise dos niveis non verbais da comunicación semella afortalar esa afirmación de Jakobson, pois resulta moi difícil (e seguramente imposíbel) atopar un só fragmento dos analizados que estea desprovisto dalgunha intención por parte do narrador, cando non da súa actitude ou do seu sentimento máis ou menos mani-

205“NO XIMNASIO”: ANÁLISE QUINÉSICA DO RELATO DUN CONTACONTOS

Aitor Rivas Rodríguez

festo. No caso dun contacontos, os recursos non verbais deveñen en ferramentas expresivas da meirande importancia.

A análise demostrou que existen xestos comúns á nosa comunidade de fala galega e, xa que logo, doadamente interpretábeis polo analista como membro da mesma. Estes xestos poderían ser repertoriados. Esta sería unha das posíbeis vías de investigación do noso traballo futuro: repertoriar os xestos da comuni-dade de fala galega, incidindo como posibilidade particular na xestualidade rural fronte á xestualidade urbana, na xestualidade dos vellos fronte á dos novos, na xestualidade de persoas bilingües fronte ás monolingües... ou outros criterios que consideremos interesante.

206a lingüística galega desde alén maretnolingüística e pragmática

APÉNDICEConvencións de transcrición conversacional

As convencións de transcrición que empregamos para transcribir os textos son as seguintes:

a) Numeramos todas as liñas entoativas. Cada número indica un segmento de fala unita-rio dende o punto de vista entoativo.

b) No transcurso da análise remitímonos constantemente ás liñas entoativas correspon-dentes. Tamén marcamos con letra negra aqueles fragmentos que analizamos.

c) Marcamos as pausas e os silencios do seguinte xeito:.. Indica unha pausa curta (entre 0 e 0,5 segundos)... Indica unha pausa longa (entre 0,5 e 1 segundo)<1,5> Indica unha pausa máis longa (indicamos o número de segundos)

d) A prosodia e a entoación:{ } Entre chaves marcamos o segmento ao que afecta o fenómeno[a] Marcamos así os rexistros máis altos ou agudos[b] Marcamos así os rexistros máis baixos ou graves[f] Marcamos así unha enunciación fortis (máis forte)[p] Marcamos así unha enunciación piano (máis suave)[ac] Marcamos así un fragmento acelerado ou máis rápido[dc] Marcamos así un fragmento decelerado ou máis lento[st] Marcamos así un ritmo en staccato

e) Os grupos melódicos finais aparecen representados así:↑ Última ou dúas últimas sílabas ascendentes↓ Última ou dúas últimas sílabas descendentes→ Última ou dúas últimas sílabas sostidas– Ton truncado (xeralmente por interrupción)

f) Signos non lingüísticos e paralingüísticoshhh Exalaciónhe he Risos[ ] Outros comentarios que incluímos

Estas convencións de transcrición están adaptadas do traballo de Celso Álvarez Cáccamo (1990): The institutionalization of Galician: Linguistic Practices, Power and Ideology in Public Discourse, Tese de Doutoramento [inédita].

207“NO XIMNASIO”: ANÁLISE QUINÉSICA DO RELATO DUN CONTACONTOS

Aitor Rivas Rodríguez

Alén destas convencións formais, hai outros detalles máis especificamente lingüís-ticos que queremos salientar:

1.- Na transcrición do texto seguimos a normativa ortográfica vixente, pero con algunhas particularidades propias dos textos orais.

2.- A primeira consoante dos grupos cultos non a representaremos nos casos en que non se pronuncie (i.e. xinasio, espetáculo). De igual xeito, respectaremos a oralidade do texto e transcribiremos a conxunción copulativa e como i onde teña esa pronuncia

3.- Como norma xeral non hai indicación tipográfica para os castelanismos. Res-pectamos o emprego de g e j nas palabras castelás que o precisen (i.e. gilipollas, joder).

208a lingüística galega desde alén maretnolingüística e pragmática

Convencións quinésicas empregadas nas fichas de análise

CELLAS

Pregadas

En posición normal

Cella esquerda erguida

Cella dereita erguida

Cella esquerda baixa

Cella dereita baixa

OLLADA

Chiscadela do ollo esquerdo

Chiscadela do ollo dereito

Arriba

Abaixo

Esquerda

Dereita

Arriba esquerda

Arriba dereita

Abaixo esquerda

Abaixo dereita

Ollos moi abertos

Ollos entreabertos

Ollos pechados

Palpebrexar voluntariamente

Ollada cara ao interlocutor (audiencia)

Ollada cara ao lonxe

209“NO XIMNASIO”: ANÁLISE QUINÉSICA DO RELATO DUN CONTACONTOS

Aitor Rivas Rodríguez

BOCA

Boca ladeada cara á esquerda

Boca ladeada cara á dereita

Sorriso suave

Sorriso con dentes

Boca cara abaixo

Boca moi aberta

Mastigando

TESTA

Posición base

Inclinada cara á esquerda

Inclinada cara á dereita

Inclinada cara arriba

Inclinada cara abaixo

Movementos con volta á base: arriba

Abaixo

Esquerda

Dereita

Arriba esquerda

Arriba dereita

Abaixo esquerda

Abaixo dereita

210a lingüística galega desde alén maretnolingüística e pragmática

OMBREIROS

Dereitos, relaxados

Cargados, erguidos

Ombreiro esquerdo erguido

Ombreiro dereito erguido

Ombreiros caídos

Ombreiro esquerdo caído

Ombreiro dereito caído

Ombreiro esquerdo adiantado

Ombreiro dereito adiantado

Ombreiro esquerdo retrasado

Ombreiro dereito retrasado

Tronco botado cara adiante

Tronco botado cara atrás

Tronco inclinado cara á esquerda

Tronco inclinado cara á dereita

BRAZOS

Movemento circular cara á esquerda e volta á base

Movemento circular cara á dereita e volta á base

Abertura do brazo cara á esquerda

Abertura do brazo cara á dereita

Elevación dos dous brazos cara arriba

Brazo esquerdo estendido e brazo dereito dobrado

Brazo dereito estendido e brazo esquerdo dobrado

Mans detrás da caluga

N. B.1 - A dereita e a esquerda sempre son as do espectador, segundo se ven as imaxes.

211“NO XIMNASIO”: ANÁLISE QUINÉSICA DO RELATO DUN CONTACONTOS

Aitor Rivas Rodríguez

N. B.2 - Cando algún símbolo vai entre parénteses indica que a realización é lixeiramente máis suave.N. B.3 - A maior parte dos símbolos son adaptacións que fixemos de Poyatos (1994: 158), Birdwhistell (1979: 216-220) e Bouvet (2001: 27-29). Os símbolos que non apa-recen recollidos en ningún destes autores, son da nosa colleita.

Referencias bibliográficas

Birdwhistell, Ray L. (1979). El lenguaje de la expresión corporal. Barcelona: Gus-tavo Gili.

Birdwhistell, Ray L. (2005). “Un ejercicio de kinésica y de lingüística: la escena del cigarrillo”, En Gregory Bateson et al., La nueva comunicación. Ed. Yves Winkin. Barcelona: Kairós, 166-97.

Bouvet, Danielle (2001). La dimension corporelle de la parole. Les marques postu-ro-mimo-gestuelles de la parole, leurs aspects métonymiques et métephoriques, et leur rôle au cours d’un récit. Paris: Peeters.

Calsamiglia Blancafort, Helena e Amparo Tusón Valls (1999). Las cosas del decir. Manual de análisis del discurso. Barcelona: Ariel.

Díaz-Corralejo, Violeta (2004). Los gestos en la literatura medieval. Madrid: Gredos.

Duranti, Alessandro (2000). Antropología lingüística. Madrid: Cambridge Uni-versity Press.

Knapp, Mark L. (1992). La comunicación no verbal. El cuerpo y el entorno. Bar-celona: Paidós.

Poyatos, Fernando (1994a). La comunicación no verbal. I. Cultura, lenguaje y conversación. Madrid: Istmo.

Poyatos, Fernando (1994b). La comunicación no verbal. II. Paralenguaje, kiné-sica e interacción. Madrid: Istmo.

Poyatos, Fernando (2003). “Los comportamientos no verbales como contexto y entorno del discurso oral”. Oralia 6, pp. 283-307.

Rivas, Aitor (2006). “A retranca na quinésica dun contacontos”. A Trabe de Ouro 67, pp. 323-342.

Lingüística aplicada

Metodoloxía do ensino de linguas estranxeiras: o caso galego

Noemí Álvarez villar

Universidade de Santiago de Compostela

RESuMO

Neste artigo faise unha análise do ensino de linguas estranxeiras e un repaso das diferentes

metodoloxías empregadas na súa docencia. Ao longo desta revisión valórase a importancia do

enfoque comunicativo e promóvese unha defensa del para o ensino da lingua galega, que xa

se vén mantendo desde o Nivel Soleira. A continuación amósanse as características do ensino

do galego como lingua estranxeira: dentro ou fóra de Galicia, tipo de alumnado e niveis que

se imparten. Paralelamente, analízanse os enfoques empregados no ensino do galego desde a

década dos 70 e coméntanse con detalle dous manuais: curso de galego para non-galegofalan-

tes e o curso dixital (colgado en internet) e-galego.

Palabras clave: L2, linguas estranxeiras, ensino, galego.

1. introdución

Estamos a vivir un momento de suma importancia no desenvolvemento da didáctica das linguas a persoas non-nativas. Aínda recente é a elaboración

A LiNGüíSTiCA GALEGA DESDE ALéN MAR (iSBN 987-84-9887-145-6)

universidade de Santiago de Compostela, 2009

216a lingüística galega desde alén marlingüística aplicada

do Marco europeo común de referencia para as linguas1. Coa elaboración deste documento o Consello de Europa demostrou o seu interese no ensino e a apren-dizaxe das linguas existentes dentro del. A finalidade desta obra é proporcionar unha base común para a elaboración de programas de linguas, orientacións cu-rriculares, exames, manuais e materiais de ensinanza, en Europa, xa que con el se pretende a unificación de directrices para a aprendizaxe e o ensino de linguas dentro do contexto europeo.

A visión que amosa o Marco, do proceso de ensino-aprendizaxe, induce a pensar na necesidade de seguir un enfoque comunicativo ou, aínda con máis precisión, un enfoque por tarefas, ao realizar ese proceso docente.

Para poder explicar en que consiste un enfoque comunicativo teremos que facer un breve repaso dos diferentes enfoques que se seguiron, ao longo dos anos, na ensinanza de linguas estranxeiras (LE) ou segundas linguas (L2). A continuación observaremos as características do ensino do galego como lingua estranxeira2 e a presenza dos métodos mencionados na instrución da nosa lingua, así como a necesidade dun enfoque comunicativo na súa docencia.

2. Análise das metodoloxías da ensinanza de linguas estranxeiras

En primeiro lugar, debemos ser conscientes do que implica elixir un méto-do ou un enfoque determinado. En consecuencia, para empezar, debemos expli-car a oposición entre enfoque e método. O enfoque (Richads e Roberts, 1986) é o nivel en que se especifican tanto as crenzas como as teorías sobre a lingua e a aprendizaxe. Mentres que o método é o nivel en que se pon en práctica a teoría. Polo tanto, cada enfoque terá unha concepción da lingua e unha concepción do proceso de aprendizaxe da lingua. Se a concepción da lingua e do proceso de

1 A referencia orixinal é Common European Framework of Reference for Languages: Learning, Tea-ching, Assessment. Strasbourg: Council of Europe, 2001. Pódese consultar en español no enderezo http://cvc.cervantes.es/obref/marco/. O seu nome completo é Marco común europeo de referencia para las len-guas: aprendizaje, enseñanza, evaluación. A adaptación e tradución foi coordinada pola Dirección Acadé-mica do instituto Cervantes. igualmente temos a tradución en galego: Marco europeo común de referencia para as linguas: aprendizaxe, ensino, avaliación (Lojo & Suárez, 2005).

2 Poderiamos falar de GLE (Galego Lingua Estranxeira, articulado gale) con similitude co español (ELE, Español Lengua Extranjera) e co portugués (PLE, Português Língua Estrangeira). Decidimos non conservar o a de galego, xa que, como acontece en varias palabras, pode lerse como Ga, cando ese G significa Galicia ou galego-galega, como acontece en TVG (Teuvega) ou iLG (ilga). Polo tanto, podemos falar de gale ao escribir GLE.

217metodoloxía do ensino de linguas estranxeiras: o caso galego

Noemí Álvarez Villar

aprendizaxe coinciden, en varios métodos, serán outros aspectos dos cursos de linguas estranxeiras os que motivarán a oposición. Eses aspectos que marcan as diverxencias entre os métodos son: a) a programación dos cursos (para algúns métodos mesmo podería non existir), b) os obxectivos do curso (desde ensinar só gramática ata ensinar a comunicarse en situacións reais), c) o papel do profesor (que flutúa desde a máxima autoridade ata o simple asesor), d) o papel do alum-no (que pode ser activo ou meramente pasivo), e) uso da lingua materna dos es-tudantes (desde a máxima frecuencia ata a non-presenza desa lingua), f) contidos do ensino (contidos gramaticais, léxicos, culturais, nocio-funcionais, expoñentes lingüísticos), g) as destrezas lingüísticas3 que se ensinan, como se ensinan e en que orde, h) os recursos e materiais que se usan na clase, h) as actividades que se fan na clase e fóra dela, i) os instrumentos que se usan para avaliar a aprendizaxe (exercicios, probas, exames), l) o ambiente das clases (disposición das mesas, colocación dos alumnos).

Unha vez vistos todos os aspectos que varían, en función de cada método concreto, imos ir amosando os trazos xerais de cada enfoque ou método.

2.1. Método tradicional

Este método foi o que se empregou no ensino do latín. Un dos obxectivos principais era dominar a gramática desa lingua. Sobre o profesor recaía o peso das clases mentres que o alumno era un ser pasivo. Na clase empregábase a L14 dos estudantes e o erro considerábase un gran problema e debía ser corrixido automaticamente. Os procedementos máis utilizados eran a tradución, o ditado e as redaccións.

2.2. Método directo

Este enfoque nace a principios do século XX e trata de naturalizar a apren-dizaxe da LO, é dicir de facela similar á aprendizaxe da L1. Foi desenvolvido

3 Tradicionalmente falamos de catro destrezas: comprensión oral, expresión oral, comprensión escrita, expresión escrita.

4 utilizamos L1 como lingua materna. Nalgúns casos pódese empregar LM pero pode provocar erros, ao confundilo co significado de lingua meta. Preferimos manter LM co valor de lingua meta xa que se entende que é a lingua que están a aprender os alumnos. Esa lingua pode ser a L2, L3, L4... e pode ser unha LE ou non.un sinónimo de LM sería LO, lingua obxecto.

218a lingüística galega desde alén marlingüística aplicada

nos Estados Unidos polos grandes movementos migratorios que se estaban a producir alí nese momento. Con este enfoque, preténdese que o alumno aprenda axiña a comunicarse na vida diaria, polo que se traballan na aula, sobre todo, as destrezas orais. Foméntase a autocorrección dos alumnos.

2.3. Método audiolingual

Este enfoque desenvolveuse nos Estados Unidos e Canadá na década de 1950 no medio da guerra fría. O método audiolingual parte da visión do estrutu-ralismo e amosa unha preocupación maior polas destrezas orais. Considérase que a LO se aprende do mesmo xeito que a L1, polo que se forza a produción auto-mática e a imitación dun nativo. O estudante imita un modelo ata que o converte nun hábito lingüístico. Neste enfoque teñen máis importancia as destrezas orais debido a esa concepción de que a LO se aprende como a L1. O profesor dirixe a clase e corrixe os erros de forma automática. O habitual é comprobar a aprendi-zaxe cun exercicio de ocos.

2.4. Método situacional

Este enfoque é o enfoque británico por excelencia. De feito, creouse alí e desenvolveuse entre os anos 1930 e 1960. O método situacional tamén está vin-culado ao estruturalismo pero pretende ensinar cada estrutura relacionada cunha situación. Esíxese absoluta corrección gramatical e fonética. A repetición é moi importante, xa que na programación teñen máis peso as estruturas ca as situa-cións, polo que os alumnos memorizan e repiten o que di o profesor e realizan moitos exercicios de substitución, repetición, exercicios estruturais, ditados...

2.5. Método resposta física total

O profesor preocúpase moito pola comodidade dos estudantes e por evitar que sintan ansiedade. De feito, non se realizan exames ou probas que poidan producir esa angustia. A característica principal é a metodoloxía do desenvol-vemento da clase. O profesor dá unhas ordes en imperativo e agarda a que os alumnos as leven a cabo5.

5 Evidentemente, isto implica certos problemas, xa que non todos os contidos se poden explicar con ordes, como acontece por exemplo con: Espero que veñas mañá.

219metodoloxía do ensino de linguas estranxeiras: o caso galego

Noemí Álvarez Villar

2.6. Enfoque natural

Este método dálle unha importancia fundamental, como o anterior, a evi-tar a ansiedade. É un método relacionado cos enfoques comunicativos e está baseado nas teorías innatistas da lingua, polo que establece unha oposición im-portante entre a aprendizaxe e a adquisición6. Chama a atención que non se dean explicacións gramaticais na clase e que non se corrixan nunca os erros dos alumnos. As técnicas que se empregan para ensinar lingua con este método están tomadas doutros métodos: uso de ordes que teñen que levar a cabo os alumnos na clase, uso de obxectos reais, recursos visuais, mímica..., uso de actividades de aprendizaxe (de seleccionar, de completar, de substituír), uso de simulacións, de xogos...

2.7. Aprendizaxe comunitaria ou tutelada

A principal característica é que os alumnos aprenden en comunidade e non de forma individual. Ademais non existe un programa determinado senón que os contidos vannos determinando os alumnos no día a día na clase. Neste método tamén existe unha gran preocupación pola ansiedade, polo que se toman medi-das para evitala, como promover a interacción entre os estudantes, evitando a competitividade entre eles, e permitir o uso da L1 sempre que sexa posible. Este método pon a énfase nas destrezas orais.

2.8. Método silencioso

O máis destacable é que o profesor se converte case nun espectador na aula e ten que falar o menos posible, polo que non hai unha ensinanza oral por parte do profesor. Non se realizan exames e o erro considérase un elemento necesario no proceso de ensinanza-aprendizaxe. A gramática ensínase de forma indutiva7.

6 A adquisición dunha LO é un proceso inconsciente (similar á adquisición da L1 polo neno), mentres que a aprendizaxe é un proceso consciente, polo que se necesita un ensino formal para conseguir tanto un coñecemento explícito da lingua como a habilidade para expresar verbalmente este coñecemento.

7 Enténdese por ensino indutivo aquel en que o profesor amosa primeiro os exemplos e, a partir deles, os alumnos deducen a regra. O profesor pode axudalos nesa dedución. Pola contra, sería ensino dedutivo aquel en que o profesor expón a regra e a partir dela os alumnos realizan as actividades.

220a lingüística galega desde alén marlingüística aplicada

2.9. Suxestopedia

Este método foi ideado por Lozanov (Lozanov, 1971), un psicólogo e psiquiatra búlgaro. O seu principio básico é que as técnicas de relaxación e con-centración axudan a reter grandes cantidades de vocabulario e estruturas. Polo tanto, empréganse técnicas de relaxación e de concentración para favorecer a aprendizaxe e evítase todo aquilo que produza ansiedade. Non hai probas ou exames nin se corrixen os erros formais. Igualmente, permítese o uso da L1, sobre todo ao principio, para evitar a ansiedade.

A teoría da aprendizaxe deste método caracterízase por catro compoñen-tes fundamentais: autoridade, infantilización, dobre fonte de aprendizaxe, en-toación, ritmo e fondo musical. Por autoridade enténdese que se retén mellor calquera información que provén dunha fonte autoritaria. Por infantilización, que a aprendizaxe se ve favorecida se profesor e alumno asumen os papeis de pai e fillo. A dobre fonte de aprendizaxe reside en que o alumno aprende a través da instrución directa e a través do contorno (a decoración da clase, a música de fondo). Por último, considérase moi importante saber cambiar de ritmo, cambiar a entoación, durante a docencia. Para os defensores e seguidores deste método o importante é a lingua e non a forma. Polo tanto, o estudo da gramática é explíci-to pero mínimo e ponse especial énfase no estudo do vocabulario e da expresión oral. As sesións empézanse cun texto que o profesor le cunha determinada músi-ca de fondo, no que se chama concerto activo e concerto pasivo8.

Outra característica importante no desenvolvemento das clases é que o alumno acada unha personalidade ficticia, desde idade, profesións, accións ha-bituais...

2.10. Enfoque comunicativo

Os enfoques comunicativos nacen na década de 1970 en Europa, como resposta a dous métodos empregados naquel momento e baseados no estrutu-ralismo: o método situacional (empregado en Europa) e o método audiolin-gual (empregado en Estados Unidos)9. O principio fundamental dos enfoques

8 Na primeira lectura o profesor chama a atención sobre algún aspecto gramatical e os alumnos teñen o texto na L1 e na LM. Mentres na segunda lectura, a chamada pasiva, os alumnos só escoitan, cos ollos pechados, o que le o profesor.

9 Estes métodos xa foron explicados nas páxinas anteriores.

221metodoloxía do ensino de linguas estranxeiras: o caso galego

Noemí Álvarez Villar

comunicativos é que a lingua se concibe como instrumento de comunicación. En consecuencia, o obxectivo do ensino é que os alumnos acaden unha absoluta competencia comunicativa, polo que as actividades de ensino deben promover a comunicación real en situacións reais, dándolle liberdades ao alumno para empregar os expoñentes lingüísticos que considere oportunos. Por iso, as acti-vidades deben amosar baleiro de información, darlle liberdade ao alumno para que diga o que queira e promover a retroalimentación. Para levar a cabo este tipo de actividades, poténciase o traballo en parellas e en pequenos grupos. A corrección de erros non ocupa un lugar importante nas sesións, aínda que isto non implique a súa ausencia. Hai probas de avaliación que manteñen unha estreita relación co visto nas horas de clase, nas que o alumno debe demostrar a súa capacidade de comunicarse na LO, máis ca unha corrección estrutural e de vocabulario.

Para actuar correctamente nun acto de comunicación é preciso ter unha competencia comunicativa axeitada, o que implica posuír unha alta competencia lingüística, pero ademais saber ter en conta o contexto en que se produce o acto de fala, as características dos interlocutores, as súas intencións...

O Consello de Europa, xa alá no ano 1971, confiou no enfoque comunica-tivo e considerou que a aprendizaxe dunha lingua non é a adquisición do sistema lingüístico en si mesmo, senón que a aprendizaxe dunha LM consiste en capaci-tar o individuo para realizar actos de comunicación concretos na lingua que está aprendendo. O primeiro paso na concreción destes supostos teóricos foi a defini-ción de niveis soleira para as distintas linguas europeas. Nestes documentos espe-cifícanse os obxectivos, en termos comunicativos, de aprendizaxe dunha lingua no nivel máis baixo de dominio da mesma. É dicir, un nivel soleira é unha descrición da competencia xeral mínima de comunicación na lingua obxecto de aprendiza-xe. O primeiro documento deste tipo foi o Threshold level English (Van Ek, 1975) para o inglés, que despois, con certas modificacións foi adaptado a moitas linguas europeas10. O Nivel soleira do galego foi publicado no ano 1993 (Fernández Salgado, Monteagudo Romero e Puga Moruxa, 1993). Este nivel soleira pre-

10 Un niveau –seuil (no ano 1976 para o francés), Nivel Umbral (no ano 1979 para o español), Livello soglia (no ano 1981 para o italiano), Nivell Llindar (no ano 1983 para o catalán), Nível limiar (no ano 1988 para o portugués).

222a lingüística galega desde alén marlingüística aplicada

tende ser unha guía dos obxectivos que deben cumprir os alumnos nesa primeira aproximación á lingua, que contidos deben dominar, que expoñentes lingüísti-cos teñen que coñecer e, en definitiva, en que actos comunicativos deben poder desenvolverse con normalidade. O nivel soleira non é un canon que haxa que seguir, senón só unha orientación para os docentes, pedagogos e mesmo unha referencia para a elaboración de unidades didácticas. Ben é certo que é un documento teóri-co, pero quizais non se lle tirou todo o proveito que se podía obter na elaboración de materiais de ensino da nosa lingua como LE que, como veremos, precisa de moitos avances, xa que non temos aínda moitos manuais para este tipo de ensino- -aprendizaxe.

Se cadra, o nivel soleira é algo extenso para empregar como referencia nun curso de galego para non-galegos. O nivel soleira está pensado, principalmente, para persoas que aprenden galego como LM en Galicia, pensando que saben castelán e que están en contacto co galego11. Polo tanto, hai que readaptalo algo, se o empregamos fóra de Galicia, ou con aprendentes non-galegos e sen coñe-cementos do idioma. En definitiva, para o traballo que aquí presentamos non pode representar o nivel soleira un punto de referencia, sen introducirlle algunha adaptación.

3. características do ensino da lingua galega a non-galegos

A difusión da lingua galega vai sendo cada vez un pouco maior e cómpre analizar a situación en que nos movemos na actualidade. Nalgún caso botaremos man dunha pequena perspectiva histórica que nos axude a entender e explicar a situación actual.

Os cursos de galego para non-galegos podémolos dividir en dous grandes grupos: cursos impartidos dentro de Galicia e cursos impartidos fóra dela12.

11 Os propios autores afirman: “Referencia especial para nós constituíuna o Nivell Llindar [...]. O Nivell Llindar supuxo sobre os precedentes [...] un considerable incremento na introdución de items lingüísticos para as distintas categorías, o que se traduce na elevación do listón do nivel soleira en relación cos conside-rados para a aprendizaxe de linguas estranxeiras”.

12 Moita da información sobre os cursos de formación en galego aparecen na páxina de nova creación http://www.consellodacultura.org/arquivos/cdsg/loia/, concretamente en: http://www.consellodacultura.org/arquivos/cdsg/loia/aterrar.php?idioma=1&seccion=10&id=32#a1222.

223metodoloxía do ensino de linguas estranxeiras: o caso galego

Noemí Álvarez Villar

3.1. Cursos impartidos en Galicia

Dentro de Galicia pódense facer os Cursos de Galego para adultos (non exclusivos para non-galegos), subvencionados pola Xunta de Galicia, os Cursos de Galego de verán de lingua e cultura galegas (para estranxeiros ou españois de fóra de Galicia) e mais cursos que ofrecen as universidades. De feito, a Universidade de Santiago de Compostela ofrece un curso de galego para non galego-falantes, que se desenvolve durante o curso escolar. Os Cursos de Galego para adultos organízaos a Xunta de Galicia e ofrécense dúas veces ao ano. Mentres, os Cur-sos de galego de verán só se organizan unha vez ao ano, no mes de xullo, e son presenciais en Santiago. No ano 2006 apareceu a novidade dun curso (dentro destes mesmos cursos) de tradución, que se imparte en Vigo. Estes cursos están organizados pola Xunta de Galicia (a Secretaría Xeral de Política Lingüística), a Real Academia Galega e as universidades de Santiago e Vigo. Igualmente, pódese aprender galego nas Escolas Oficiais de Idiomas que hai en Galicia.

3.1.1. Niveis. Os cursos para adultos da Xunta de Galicia, só se dividen en dous niveis: Iniciación e Perfeccionamento. O curso da USC tamén está dividido en dous niveis: galego básico I e galego básico II. Mentres os niveis dos cursos de verán están divididos en elemental, medio e superior. A Escola de idiomas ofrece unha división en cinco niveis, moito máis próxima ao que se recomenda desde o Consello de Europa.

O marco europeo de referencia fai unha división en 6 niveis: A1, A2, B1, B2, C1, C2. Parece que se dividen en dúas partes os niveis tradicionais deno-minados: inicial, intermedio e superior. O nivel C2 implica ter un dominio e coñecemento da lingua case como un nativo. Polo tanto, non existe unha ade-cuación dos niveis da nosa lingua que se imparten en Galicia ao que propón o marco europeo de referencia, xa que, como antes explicamos, adoita haber unha división en dous ou tres niveis no canto dos seis propostos desde o Consello de Europa. Así que, apuntamos desde aquí o interese que tería intentar acomodar a distribución en niveis do noso idioma ás que establece o Marco.

3.1.2. Destinatarios. Os alumnos destes cursos tamén varían entre os dis-tintos tipos de cursos. Nos cursos de galego da Xunta atopamos case sempre grupos moi heteroxéneos. Desde xente que non emprega o galego como lingua

224a lingüística galega desde alén marlingüística aplicada

habitual pero é galega, pasando por galego-falantes que non teñen ningún título de galego, ata xente de fóra de Galicia. Varía tamén a formación de cada alumno, pois atopamos desde médicos ou xornalistas, ata xente de certa idade que ape-nas nunca estudou. Paralelamente, os coñecementos do idioma tamén son moi diferentes. Uns teñen máis coñecementos ca outros, uns dominan unhas destre-zas máis ca outras... Mesmo as motivacións non coinciden. Algúns estudan para coñecer a lingua de Galicia, o lugar onde viven na actualidade, outros para saber escribir correctamente na súa lingua pero moitos, simplemente, para conseguir puntos nunhas oposicións. A imposibilidade de asistir ao curso de perfecciona-mento sen realizar o de iniciación, xa que non hai unha proba de nivel, amplifica a heteroxeneidade do alumnado.

Mentres, nos cursos das universidades e nos cursos de verán os grupos adoitan ser un pouco máis homoxéneos. Esta homoxeneidade, normalmen-te, simplifica un pouco a docencia, pois canto máis heteroxéneo é un grupo, máis difícil resulta chegar a todos, adaptarse ás características e necesidades de cada un...

Adoitan ser universitarios ou postuniversitarios, polo tanto, todos cunha alta formación pero con diferentes coñecementos de galego, de aí a súa división en grupos. Na Escola Oficial de Idiomas de novo atopamos unha mestura de idades, procedencias, formación e motivacións.

Unha característica habitual e común a todos os alumnos é que coñecen outra lingua románica. Ademais na maior parte dos casos falan portugués ou español. Isto é unha vantaxe para o ensino-aprendizaxe da gramática pero, se ca-dra, un problema para que acaden un nivel alto de competencia comunicativa. O feito de coñecer outra lingua románica tan vinculada co noso idioma (no caso do portugués por proximidade filolóxica, no caso do castelán por ser lingua cooficial en Galicia) fai que os alumnos sexan conscientes da facilidade que teñen para co-municarse cos galegos, aínda que non falen correctamente o idioma. Saben que falando español ou portugués poden comunicarse cos galegos. As vantaxes para a aprendizaxe da gramática aparecen na facilidade para explicar certos contidos gramaticais, sempre complicados para os que non falan algunhas destas linguas, como a concordancia entre substantivo e adxectivo, a oposición entre ser e estar, o subxuntivo...

225metodoloxía do ensino de linguas estranxeiras: o caso galego

Noemí Álvarez Villar

3.2. Cursos impartidos fóra de Galicia

Fóra de Galicia temos os lectorados13 e os cursos de galego que organiza a Secretaría Xeral de Política Lingüística naqueles lugares onde non hai lectores. Normalmente, existen dous niveis que poden recibir diferentes nomes.

Os destinatarios son universitarios no caso dos lectorados e máis heteroxé-neos nos outros cursos. É dicir, poden ter maior ou menor formación, ser de ida-des moi diferentes... Aínda así, tanto nos casos dos lectorados coma nos outros cursos adoita ser unha característica común que os aprendentes teñan algunha vinculación con Galicia. Ese vencello, normalmente, está relacionado con lazos familiares, que poden ser máis ou menos próximos, polo que en moitos casos xa tiveron algunha relación coa lingua. Con todo, se non tiveron unha relación di-recta co idioma galego, normalmente (do mesmo xeito que acontecía cos alum-nos dos cursos de Galicia) falan castelán ou portugués, cos inconvenientes e coas vantaxes que iso supón e que antes xa mencionamos.

Todos os datos dos alumnos deberán ter sidos en conta para deseñar os cursos para estes posibles discentes, tanto dentro como fóra de Galicia. É impres-cindible ter en conta o tipo de alumnos (idade, formación académica, necesida-des, coñecementos previos, homoxeneidade do grupo...) para organizar un curso o máis axeitado posible a eses destinatarios.

4. Aplicación das diferentes metodoloxías no ensino de galego

Coñecidos os métodos empregados no ensino de linguas e mais os alum-nos típicos deses cursos, cómpre facer unha aproximación aos enfoques empre-gados na docencia de galego.

Precisamos facer unha revisión dos manuais existentes e utilizados ao lon-go da docencia do galego. Temos que lembrar a aparición de manuais de ensino do galego na década de 1970. Ata aquel momento non era posible ningún tipo de achegamento á aprendizaxe do idioma galego. É na década de 1970 cando o

13 No curso académico 2005-2006 existían 39 lectorados, é dicir 39 universidades (entre as españolas e outras de países moi diferentes) nas que se impartía galego, segundo os datos que aparecen na páxina da Secretaría Xeral de Política Lingüística, http://www-edu.xunta.es/portal/index.jsp, e despois entrando na consellería, en Política Lingüística e nos lectorados. A previsión é ampliar a 43 universidades desde o curso 2006-2007, con lectores nas universidades de Bangor, en Gales (Reino unido), Stirling, en Escocia (Reino uni-do), Toulouse (Francia) e Harvard (Estados unidos), segundo unha noticia do 27 de decembro que aparece publicada na páxina da Xunta.

226a lingüística galega desde alén marlingüística aplicada

Instituto da Lingua Galega, dentro da Universidade de Santiago de Compostela, fai os manuais prácticos de galego14. Son tres manuais, un por nivel, dos clásicos, elemental, intermedio e superior15. Estes manuais seguen un enfoque bastante tradicional, pois, de feito, as explicacións veñen en español (no primeiro volu-me), ademais das listas de vocabulario bilingües castelán-galego que aparecen no primeiro volume e as notas ás lecturas nos outros dous volumes. Con todo, percíbese un influxo do método situacional, pois cada unidade aparece introdu-cida por un texto onde se describe unha situación propia da vida diaria e, a partir dela, trabállanse os contidos gramaticais. As explicacións son dedutivas e faise un fincapé moito maior na forma, nos aspectos gramaticais ca nos aspectos comuni-cativos motivados polas situacións.

Realmente, manuais fixéronse bastantes desde eses primeiros e iniciado-res. Non pretendemos facer unha análise exhaustiva e, de feito, eses primeiros manuais xa foron analizados con bastante detalle polos autores do nivel soleira, antes mencionado16. Igualmente, analizaron O galego hoxe, Edigal e Galego co-loquial para demostrar a excesiva atención que se lle daba á gramática e a au-sencia de importancia do plano máis comunicativo. É dicir, fixeron unha análise das primeiras obras destinadas á docencia ou aprendizaxe da nosa lingua. Eles, naquel artigo, criticaban o seguidismo desas obras de certos aspectos de méto-dos tradicionais e a necesidade de seguir un enfoque comunicativo no ensino da nosa lingua. Con posterioridade a esas obras, como dixemos, apareceron un notable número de publicacións destinadas ao ensino da lingua pero poucas que pretendan seguir un enfoque comunicativo, poucas que busquen que o alumno aprenda a comunicarse nesa lingua. Todas esas obras están feitas seguindo enfo-ques bastantes tradicionais e non temos mostras nelas dos métodos que foron aparecendo ao longo dos anos noutras linguas. Falamos de métodos innovadores como o enfoque natural, a resposta física total, a aprendizaxe comunitaria, o mé-todo silencioso ou a suxestopedia. Non temos manuais que sexan mostra deses enfoques, aínda que, de maneira puntual puido haber profesores que decidisen preparar material ou as súas clases seguindo algún deses métodos.

14 Recollidos baixo o nome de Galego 1, Galego 2 e Galego 3. 15 Realmente só se fala de volumes e non de niveis pero sobreenténdense os niveis.16 Foron analizados no artigo titulado Consideracións básicas para a renovación dos métodos de apren-

dizaxe do galego en Cadernos da lingua 1. Vid. X. M. Fernández Salgado.

227metodoloxía do ensino de linguas estranxeiras: o caso galego

Noemí Álvarez Villar

Pero en anos máis próximos á actualidade, si atopamos obras que están fei-tas seguindo un enfoque máis comunicativo, ou iso é o que din na presentación do material. Imos analizar dúas desas obras. Unha en soporte papel, Curso de galego para non-galegofalantes (Núñez Singala, 2000) e outra en soporte dixital, o curso e-galego17, proxecto dirixido e coordenado por Cesga18.

4.1.Curso de galego para non galegofalantes19

Este curso non di explicitamente que siga un enfoque comunicativo, pero na nota introdutoria dános algunhas indicacións que fan pensar nunha orienta-ción comunicativa. Dísenos que con esta obra se pretende unha “aproximación activa á lingua galega” e que “nas vintecinco unidades que desenvolven o conti-do, e nas cinco de repaso, o alumno vai avanzando [...] para progresar con maior rapidez na adquisición da competencia comunicativa”.

Con todo, na organización da obra non nos queda tan claro que se siga un enfoque comunicativo, xa que non aparecen os obxectivos, nin da obra en xeral nin de cada unha das unidades. Só aparecen contidos que figuran mesturados, sen dividilos en gramaticais, léxicos e socioculturais. De feito, os socioculturais non aparecen enunciados.

Imos analizar a primeira unidade, xa que é a que aparece como presenta-ción do manual e que consta de 6 páxinas. A unidade comeza cun diálogo en que se presentan tres persoas. A continuación aparece unha lista das posibles cons-trucións para saudarse, responder ao saúdo e despedirse e despois un exercicio para completar coa forma correspondente das que aparecen no cadro anterior de saúdos.

Falta entón unha explotación do texto, do diálogo, xa que, se non se tra- balla, parece que só serve de presentación dunha situación, como acontecía no método situacional. Igualmente, as formas que aparecen no primeiro cadro como fórmulas usuais de saúdo quizais son excesivas para unha presentación inicial. No

17 Pódese consultar na páxina http://e-galego.cesga.es/.18 Centro de supercomputación de Galicia, http://www.cesga.es/. Ademais este proxecto foi financiado

pola Fundación Caixa Galicia e a Xunta de Galicia. Os contidos foron deseñados e elaborados polo instituto da Lingua Galega da universidade de Santiago de Compostela.

19 Ambos os manuais non están adaptados á nova norma. é realmente unha pena que sexa así, pois, a pesar das críticas que poidan ter estes traballos, resultan moi interesantes.

228a lingüística galega desde alén marlingüística aplicada

ensino dunha lingua debemos ir tratando cada contido pouco a pouco e volver sobre el durante o proceso de ensino-aprendizaxe. Isto favorece a aprendizaxe e a interiorización de cada contido, pois se nun primeiro momento o contido é amplo e complexo resulta difícil interiorizalo. Despois trabállanse os xentilicios (aínda que só se mencionan 10 lugares para indicar procedencia), preséntase o presente de ser e estar, o abecedario, o artigo determinado e indeterminado e adxectivos que indican estados de ánimo. Finalmente, aparecen unha serie de exercicios, nos que chama a atención que se abuse moito dos exercicios de en-cher ocos. Igualmente, é rechamante que non haxa ningún exercicio en que se traballe a interacción oral. Hai xa tempo que se mantén que no ensino de linguas estranxeiras se poden traballar todas as destrezas desde o primeiro día e que a dificultade non reside na destreza senón nas actividades que se propoñan.

Ademais, as ilustracións que aparecen neste manual dificultan o traballo na aula. Son excesivamente simples, as cores son moi claras, sen matices e, en consecuencia, dificultan o traballo, pois mesmo na primeira unidade, no apartado de léxico, onde se traballan os estados de ánimo, non sempre é fácil entender o que representan.

Nesta obra o grupo de destinatarios é amplo pois non se cingue a aqueles non galegofalantes de Galicia, senón a calquera non galegofalante con ganas de aprender o noso idioma. Recoñecen na introdución da obra que coñecer calque-ra outra lingua románica e traballar con este manual permite “achegarse a un ni-vel de conversa e de expresión escrita aceptable”, pero é algo que vai máis alá da aprendizaxe do galego. Calquera persoa que queira aprender outra lingua, terá menos dificultades se xa coñece unha lingua con características similares.

O nivel deste curso é para alumnos iniciais pois, como aparece na nota introdutoria, “está concibido para realizar con comodidade unha primeira in-mersión lingüística”. Parece que a obra se adapta ao que pretenden os autores, aínda que quizais falten actividades para traballar cada contido. Entendo que non se pode presentar un contido, facer unha actividade relacionada e pasar a outro contido, pois non permite a interiorización.

4.2. Curso e-galego

Este curso, do mesmo xeito que o anterior, declárase seguidor dun enfo-que comunicativo, xa que na súa presentación di que se divide en 10 unidades

229metodoloxía do ensino de linguas estranxeiras: o caso galego

Noemí Álvarez Villar

en que se desenvolven distintos motivos comunicativos. Ademais vémolo desde o momento en que os obxectivos son denominados obxectivos comunicativos e temos contidos funcionais e lingüísticos. Os contidos lingüísticos son as formas gramaticais que debe coñecer o alumno para poder participar nunha determinada comunicación e os contidos funcionais son as funcións que debe dominar o alum-no nun acto de comunicación. Así nun acto de comunicación, onde por exemplo coñecemos a unha persoa nova (como acontece na unidade 1 deste curso e-gale-go), traballamos as funcións comunicativas (segundo veñen enumeradas no curso):

Saudar e despedirseDar e pedir información sobre as persoas Describir o aspecto físico das persoasExpresar agradecemento

Mentres, os contidos lingüísticos abranguen os elementos gramaticais que debe dominar o alumno para poder realizar as funcións antes mencionadas. Eses contidos son, segundo o curso e-galego:

Verbos ser e estarPerífrases verbaisPronomes persoaisXénero e númeroContraccións de artigos e demostrativosPosesivosNumerais cardinaisPronuncia de vogais e consoantes

A división en contidos funcionais e lingüísticos é apropiada, aínda que non concordemos estritamente na distribución e secuenciación deses contidos. Con todo, probablemente sería máis axeitado incluír, ademais, os contidos léxicos e contidos socioculturais que cómpren para cada unidade. Dentro dos contidos léxicos poderíanse introducir os que se traballan expresamente no apartado Vo-cabulario de cada unidade e os contidos léxicos que se traballan de xeito algo máis indirecto nos demais apartados de cada unidade, así como nas actividades. É dicir, para poder participar correctamente nunha comunicación precisamos coñecer unhas funcións lingüísticas propias dese tipo de actos, a gramática e o

230a lingüística galega desde alén marlingüística aplicada

léxico precisos para expresar eses contidos e certo coñecemento sociocultural, pois podemos non acadar unha boa comunicación pola falta de coñecemento cultural. Non podemos manter unha comunicación satisfactoria sobre as festas en Galicia cunha persoa de fóra que non sabe nada delas, pois probablemente non entenderá, por exemplo que no San Xoán se deixen flores na auga pola noite para lavar a cara á mañá seguinte.

Este curso está pensado para “usuarios de internet non galegofalantes coñecedores do castelán que estean interesados en adquirir uns coñecementos básicos de galego”. Así mesmo, “as actividades das que consta o curso poden empregarse tamén como materiais de apoio e complemento nos cursos de lingua presenciais e tutelados”. Polo tanto, igual que acontecía co nivel soleira hai unha especial atención ao galego como L2 en Galicia e unha falta de interese polo ga-lego como LE tanto en Galicia como fóra dela. Ben é certo que o curso parece que, a pesar das indicacións que dan os seus autores, serve para alumnos non galegos e sen un gran contacto co idioma, aínda que sería preciso adaptar ou am-pliar algúns apartados. O feito de ter un soporte audiovisual facilita o uso deste curso a alumnos sen un contacto directo co idioma, pois os vídeos e as audicións melloran, notablemente, a aprendizaxe da lingua en calquera contexto.

Nas indicacións sobre o curso dísenos que con el se busca acadar uns co-ñecementos básicos do idioma. A verdade é que iso pode ser posible para os des-tinatarios que eles propoñen, pero non para xente sen contacto co idioma, pois como antes diciamos, para este tipo de destinatarios, precisaría un importante reforzo no número de actividades.

Paralelamente, parece que hai un contraste excesivo entre a dificultade das actividades e as dificultades que presentan os textos que aparecen nos comple-mentos. As actividades son notablemente doadas, aínda que escasas para apren-dentes sen contacto con Galicia e con pouca relación co idioma, mentres que os textos dos complementos son moi amplos.

É evidente que un texto difícil pode ser empregado con alumnos dun nivel baixo, sempre que a explotación do texto sexa a correcta e as actividades non resulten complicadas, senón que estean adaptadas ao seu nivel. Con todo, considero un erro introducir un texto amplo e complicado, sen ningún tipo de actividade, como parte do curso. Ese tipo de texto pode provocar a desespera-ción de moitos alumnos ao ver que non son quen de comprender boa parte del.

231metodoloxía do ensino de linguas estranxeiras: o caso galego

Noemí Álvarez Villar

Non obstante, o comentado ata o momento son detalles menores que se poderían mellorar, igual que a inexistencia do traballo da destreza de expresión oral neste curso. O curso está moi ben artellado para traballar a comprensión oral e escrita e a expresión escrita, pero non se pode traballar a expresión oral.

5. necesidade do uso dun enfoque comunicativo

Vimos xa unha presentación dos métodos empregados no ensino de lin-guas como LE e a aplicación deses métodos no ensino da lingua galega, así como os tipos de cursos que existen. Observamos que hai moitos métodos que non aparecen representados no ensino da nosa lingua, aínda que un dos métodos máis actuais, o enfoque comunicativo, si se emprega en manuais recentes.

Hai varias características dos enfoques comunicativos que nos poden levar a valorar a necesidade de crear manuais, para o ensino da nosa lingua, que sigan ese enfoque. A premisa fundamental dos enfoques comunicativos é formar os discentes para que se poidan comunicar na LO e non pretender darlles unha for-mación centrada na gramática. Igual que acontece en todas as linguas, tamén no galego ten sentido esta idea, pois unha lingua é un instrumento de comunicación e temos que ser capaces de empregala con esa finalidade.

Pero non só neste punto coincidimos cos presupostos dos enfoques comu-nicativos. Tamén concordamos coa necesidade de empregar actividades comuni-cativas, un método indutivo... como antes comentabamos.

Paralelamente, concordamos cos defensores destes métodos na importan-cia que ten combinar na docencia as diferentes destrezas, desde o primeiro día, pois a dificultade non reside na destreza nin na súa combinación, senón na ac-tividade que propoñamos para traballala. Ademais na vida diaria, son poucas as actividades que realizamos sen traballar máis dunha destreza20, polo que traballar as destrezas combinadas constitúe un respecto da realidade.

A consideración do erro como parte do proceso de ensino-aprendizaxe e non como un problema en si mesmo é outro dos puntos básicos dos enfoques comunicativos. Iso non implica que o erro non haxa que corrixilo, pero hai que

20 Podemos encontrar exemplos, sobre todo se vivimos sós, ao ler o periódico, ver a televisión, escoitar a radio, xa que se realizamos calquera destas destrezas acompañados, tendemos a comentar o que vemos, escoitamos ou lemos e xa estamos poñendo en práctica máis dunha destreza.

232a lingüística galega desde alén marlingüística aplicada

saber e pensar ben como docentes, cando debemos corrixilo, cando non, de que forma...21. É evidente que debemos evitar a fosilización dos erros pero tamén debemos evitar corrixir a un alumno e así provocar a timidez ou o medo a inter-vir no futuro. Debemos valorar máis a fluidez que a precisión, pois valoramos a comunicación por riba da corrección gramatical en sentido estrito.

Por último concretamos algún aspecto da avaliación. Consideramos que a avaliación ten que ser continua e valorar os avances de cada alumno no día a día na aula. En moitos casos teremos que facer algunha proba, en que deberia-mos avaliar as catro destrezas que ensinamos e na que deberiamos avaliar con actividades similares ás empregadas na aula. Non ten sentido que empreguemos actividades comunicativas na práctica docente diaria e que fagamos exercicios de encher ocos no exame.

6. conclusións

O galego é unha lingua recente no ensino como LO. Isto fixo que nun primeiro momento se empregasen métodos moi tradicionais e non se innovase na docencia desta lingua, de forma parella a como se estaba a facer noutras. Non debemos pasar por todas as fases que pasaron outras linguas pero si aproveitar as conclusións ás que se chegaron para empregalas na didáctica do noso idioma.

É evidente a necesidade dun enfoque comunicativo por varias razóns. En primeiro lugar, polas características dos estudantes, xa que teñen problemas para falar por razóns de comodidade, polo que saber moita gramática non lles axudará a defenderse mellor na LO, pois, se non empregan esta lingua na rúa por falta de seguridade e por acomodamento no uso doutra lingua, coa que se poden enten-der cos galegos, con menos razón o van facer se non están afeitos a empregala dentro da propia aula. Igualmente, a necesidade deste enfoque está xustificada por todo o apuntado no apartado anterior, o método indutivo, o tratamento do erro, a forma de avaliar...

Sería preciso probar este método aínda que só fose por similitude con ou-tras linguas e por innovar de forma parella para poder descubrir as características positivas do enfoque comunicativo e melloralo coa propia práctica diaria.

21 Abordar este tema implicaría o tempo doutro traballo, polo que deixamos mencionado só un bos-quexo da nosa opinión sobre este apartado da docencia, que traballaremos en detalle noutro momento.

233metodoloxía do ensino de linguas estranxeiras: o caso galego

Noemí Álvarez Villar

Referencias bibliográficas

Fernández Salgado, X. A., Monteagudo Romero, H. & M. Puga Moruxa (1990). “Consideracións básicas para a renovación dos métodos de aprendizaxe do galego”, Cadernos da Lingua 1, 131-144.

Fernández Salgado, X. A., Monteagudo Romero, H. & M. Puga Moruxa (1993). Nivel soleira. Santiago de Compostela-Strasbourg: Xunta de Galicia-Con-sello de Europa.

Instituto da Lingua Galega (1971). Galego 1. Santiago de Compostela: Univer-sidade de Santiago de Compostela.

Instituto da Lingua Galega (1972). Galego 2. Santiago de Compostela: Univer-sidade de Santiago de Compostela.

Instituto da Lingua Galega (19763). Galego 3. Santiago de Compostela: Univer-sidade de Santiago de Compostela.

Labraña Barredo, S. (dir.) (2001). Vencello. Lingua e cultura galegas para estu-diantes de fóra de Galicia. A Coruña: Xunta de Galicia.

Lojo, M. & C. Suárez (2005). Marco europeo común de referencia para as lin-guas: aprendizaxe, ensino, avaliación. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia (Secretaría Xeral de Política Lingüística, Centro Ramón Piñeiro para a investigación en Humanidades).

Lozanov G. (1971). Suggestology and the outlines of Suggestopedia. Sofia: Edición de autor.

Llobera, M. (coord.) (1995). Competencia comunicativa. Madrid: Edelsa.Melero Abadía P. (2000). Métodos y enfoques en la enseñanza-aprendizaje del

español como lengua extranjera. Madrid: Edelsa.Núñez Singala, M. C. (coord.) (2000). Curso de galego para non-galegofalantes.

A Coruña: Xunta de Galicia.Richards J. & T. Roberts (2001). Enfoques y métodos en la enseñanza de idiomas.

Cambridge: Cambridge University Press.

Estilística, sintaxe e semántica

A motivación de unidades fraseolóxicas: a metonimia.

exemplos do galego1

PatriCia BujÁN otero

Universidade de Vigo

RESuMO

O presente traballo ten como obxectivo afondar na cuestión da motivación das unidades

fraseolóxicas como a relación que os falantes perciben entre o significado literal e o significado

figurado ou fraseolóxico da unidade. Esta relación pode ter diferentes fundamentos estrutu-

rais, e de entre eles tratarase en concreto a metonimia. Ofrécense numerosos exemplos de

unidades fraseolóxicas con fundamento metonímico, especialmente somatismos, aínda que

tamén se inclúen unidades en que a metonimia está relacionada co significado simbólico

de lexemas moi presentes na fraseoloxía, como por exemplo o caso de PAN en galego. Final-

mente aplícase o marco teórico bosquexado ao estudo dun campo conceptual concreto, o

da MORTE.

Palabras clave: fraseoloxía, motivación semántica, metonimia, lingüística cognitiva.

A LiNGüíSTiCA GALEGA DESDE ALéN MAR (iSBN 987-84-9887-145-6)

universidade de Santiago de Compostela, 2009

1 Este traballo enmárcase dentro dun proxecto de investigación sobre fraseoloxía contrastiva (FRASES-PAL) financiado polo Ministerio de Educación y Ciencia (código HuM2007-62198/FiLO).

238a lingüística galega desde alén marestilística, sintaxe e semántica

1. introdución

Na fraseoloxía como disciplina de estudo segue a haber discusión sobre algúns aspectos que afectan ao propio obxecto de investigación, como por exem-plo, a posición que as colocacións e as formas nominais compostas teñen den-tro do sistema fraseolóxico, ou en que medida se debe estudar a fraseoloxía de forma combinada coa paremioloxía. Todo isto depende en definitiva de cales consideremos que son os parámetros conforme aos que determinamos se unha unidade plurilexical –aínda que aquí tamén habería discusión– é ou non fra-seolóxica. Estes parámetros básicos son a propia polilexicalidade, a fixación e a idiomaticidade. Durante moito tempo, prestouse atención fundamentalmente aos aspectos de índole morfosintáctica (os dous primeiros), mentres que os es-tudos que atendían ao plano semántico eran de carácter máis ben anecdótico (especialmente no ámbito do contraste das fraseoloxías de diferentes linguas) que a miúdo enraizaban na antropoloxía (malia que en ocasións os estudos se caracterizaban por recibiren un tratamento superficial). No entanto, dende hai unhas décadas estamos a ser testemuñas de numerosos traballos que se centran no plano semántico, e isto agradecémosllo en boa medida ás ferramentas que pon ao noso dispor a lingüística cognitiva para esa análise e que máis adiante comentaremos. De feito, estase a observar que o plano do significado pode afec-tar ao plano sintáctico. Así, por exemplo, Dobrovol’skij indica que a perspectiva cognitiva tamén se presta a outra análise sobre a sintaxe das unidades fraseolóxi-cas (no sucesivo, UF) en relación co isomorfismo2: aparentemente, canto maior sexa o grao de isomorfismo, maior posibilidade de variación sintáctica presenta a UF (v. exemplo de Dobrovol’skij, 2004: 124 a respecto de zwei Fliegen –zwei Ziele– mit einer Klappe treffen vs. jmd. den Garaus machen).

Dado que o presente traballo se centra no plano semántico das UF, cóm-pre comezar falando da idiomaticidade, que hoxe en día se está a impor como característica básica e definitoria dunha UF, sobre todo nos ámbitos de estudo ligados ás filoloxías xermánicas e eslavas. A idiomaticidade refírese á propieda-de semántica que presentan certas unidades fraseolóxicas pola que o significado

2 Neste contexto enténdese por isomorfismo a correspondencia de un a un entre a estrutura formal da

expresión e a estrutura da súa interpretación semántica, no sentido de que existe unha correlación sistemá-tica entre as partes do valor semántico da expresión no seu conxunto e os constituíntes desa expresión.

239A MOTIVACIÓN DE UNIDADES FRASEOLÓXICAS: A METONIMIA. EXEMPLOS DO GALEGO

Patricia Buján Otero

global desa unidade non é deducíbel do significado illado de cada un dos seus elementos. Lonxe de ser unha característica fixa, é unha propiedade gradual, de xeito que a delimitación entre lectura literal e figurada (ou fraseolóxica) é relativa. Esta delimitación vén a miúdo determinada polo propio contexto; por exemplo, a comparación fixa nadar coma a cortiza pode significar tanto ‘saber nadar ben’, onde só é idiomático o segundo elemento da comparación (coma a cortiza), coma ‘saír airoso dunha situación’, en que toda a unidade é idiomática porque tamén o verbo nadar sofre cambio semántico.

A idiomaticidade responde a un proceso de fraseoloxización que garda unha estreita relación cos procedementos de formación empregados; é neste punto onde enlazamos coa motivación:

la idiomaticidad de las unidades fraseológicas guarda una estrecha relación con los procedimientos de formación empleados, de modo que la metáfora, la metonimia, los modelos cognitivos idealizados o la gramaticalización constituyen mecanismos explicativos de esta. (Ruiz Gurillo, 2001: 111)

Xa que logo, existen diferentes procesos semánticos por que unha lectura literal se transforma nunha idiomática, ou, dito con outras palabras, que levan a que unha UF sexa “motivada” (Burger, 2007: 126).

O estudo do concepto motivación ten unha longa tradición nos estudos fraseolóxicos (v. Dobrovol’skij, 1997: 112 e ss.). En xeral, enténdese que a mo-tivación é a posibilidade de extraer o significado fraseolóxico dunha UF a partir do significado literal de toda a unidade ou dos significados (literais ou figura-dos) dos seus compoñentes. Porén, cómpre precisar que a motivación está ligada a diferentes niveis do significado das UF, de xeito que atendendo á creación entrariamos no ámbito dunha etimoloxía diacrónica, e atendendo á recepción entenderiamos a motivación como a interpretación que fai un falante medio do significado dunha UF a partir da imaxe que o conxunto da UF ou un ou varios dos seus compoñentes lle evocan, é dicir, o carácter compositivo da UF e a rela-ción entre os significados illados (literais ou figurados) dos compoñentes. Neste segundo aspecto é no que nos centraremos no presente traballo, porque, como indica Mellado (2005: 80-81):

es interesante señalar que las asociaciones plásticas de los hablantes son indepen-dientes de la motivación histórica diacrónica de los FR, por lo que para este tipo

240a lingüística galega desde alén marestilística, sintaxe e semántica

de estudios es conveniente mantener en todo momento una línea divisoria entre lo cognitivo sincrónico y la motivación diacrónica.

Por exemplo, unha UF como ser coma o porquiño de san Antón, co signifi-cado de ‘andar comendo polas casas dos demais’, está motivada diacronicamente, pois alude a un costume3, pero o feito de que o costume xa non sexa popular non implica necesariamente que a comparación sexa opaca sincronicamente.

2. A lingüística cognitiva e as súas achegas ao estudo da semántica das UF

A lingüística cognitiva ten como obxectivo fundamental explicar a lingua como un fenómeno mental no marco da ciencia cognitiva; as súas principais liñas de investigación atenden tanto á adquisición coma á organización e almacena-mento do coñecemento lingüístico na mente, así como á súa activación tanto de forma produtiva coma receptiva (Schwarz-Friesel, 2004: 83).

Nos últimos anos, dende o ámbito da fraseoloxía estúdase en que medida a lingüística cognitiva pode ofrecer vías de análise para os córpora fraseolóxicos das linguas. Esta perspectiva ofrece unha achega distinta a este feito lingüístico da que se viña empregando até o momento (Ruiz Gurillo, 2001: 111), xa que permite defender, entre outras, a hipótese de que a fraseoloxía ten unha grande importancia na cognición.

Segundo Dobrovol’skij (2004: 118), a investigación fraseolóxica dende a perspectiva cognitiva presenta dúas direccións de análise distintas: a psicolóxica-cognitiva e a lingüística-cognitiva. Sobre a primeira pode encontrarse unha crítica e presentación do estado en Dobrovol’skij (ibid.); na actualidade destacan neste sentido os últimos traballos de Häcki-Buhofer4. A segunda, que é a que aquí nos

3 Así explica Eladio Rodríguez a tradición do porquiño de san Antón: “Porco de San Antón, cerdo cuya manutención hasta la ceba es de cuenta de todos los vecinos, con carácter voluntario. Procede general-mente de una cría que algún devoto de San Antonio dedicó al culto de este santo para que le guardase la lechigada. Recorre todo el pueblo, llevando colgado al cuello una campanilla, como aviso a los vecinos; éstos le dan de comer, y con el concurso de todos se sostiene hasta que bien nutrido y cebado se vende en rifa o subasta. Es una costumbre esta muy común en toda Galicia.”

4 Recóllense a seguir algunhas referencias bibliográficas da autora en que trata esta temática: “Spielräu-me des Sprachverstehens. Psycholinguistische Zugänge zum individuellen umgang mit Phraseologismen”, en K. Steyer (ed.): Wortverbindungen - mehr oder weniger fest. Berlin, New York: institut für Deutsche Sprache, 2004; “Psycholinguistic aspects of phraseology: European Tradition”, en H. Burger, D. Dobrovol’skij et al. (eds.): Phraseologie/Phraseology - Handbücher zur Sprach- und Kommunikationswissenschaft. Berlin: HSK, 2007.

241A MOTIVACIÓN DE UNIDADES FRASEOLÓXICAS: A METONIMIA. EXEMPLOS DO GALEGO

Patricia Buján Otero

interesa, emprega métodos lingüísticos en sentido estrito (análise semántica de UF e análise das UF nos textos, a miúdo botando man de corpus textuais para estudar as restricións de uso) e ten como finalidade entender e describir mellor as particularidades lingüísticas da fraseoloxía empregando análises lingüístico-cognitivas.

Este tipo de análise resulta útil porque, como veremos máis adiante, o principal proceso de motivación das UF está baseado en operacións con estrutu-ras cognitivas, sobre todo de base metafórica ou metonímica, e non lingüístico: a fraseoloxía ten un carácter antropocéntrico, e este carácter ademais é dobre, xa que a fraseoloxía reflicte as vivencias dos humanos empregando como referen- tes os propios hábitos e realidades humanas, polo que resulta lóxico que isto se explique en termos de percepción e inferencia de contidos. En xeral, a fraseo-loxía dá conta do que chamamos mundo naïv, e non do mundo enciclopédico ou obxectivo:

para los cognitivistas, los componentes semánticos forman parte de inventarios abiertos con un cierto estatus de rasgos ad hoc y no son objetivos, sino que se integran en una concepción de percepción “popular” o “ingenua” de la realidad circundante. (Mellado, 2005: 73)

Ademais, permite explicar por que as UF que non teñen unha interpre-tación literal “normal” poden, no entanto, ser percibidas como motivadas: os frame son estruturas conceptuais que non necesariamente teñen unha base real (Dobrovol’skij, 2007: 792). Isto permite explicar por que unidades5 como gañar o ceo (‘obrar ben’), ter os ollos no cu (‘facer unha elección equivocada’) ou pillar o ceo cos pés e non chegarlle coas mans (‘cobizar o imposíbel’) son transparentes en canto ao seu significado, a pesar de remitiren feitos que non se poden dar na realidade.

Os cognitivistas defenden ademais que os compoñentes fraseolóxicos son entes illábeis e non-desemantizados no interior das UF; de feito, se isto non fose así, non serían posíbeis os xogos de palabras que podemos encontrar en diferen-tes tipos de discursos, especialmente nos publicitarios (Mellado, 2005: 81).

5 Todas as uF e os correspondentes significados que a seguir se indican están tirados de López Taboada & Soto Arias, 1995.

242a lingüística galega desde alén marestilística, sintaxe e semántica

Porén, hai que ter en conta que a función da imaxe mental non ten carác-ter preditivo:

[...] der Faktor des mentalen Bildes (d. h. die Berücksichtigung des Quellenkon-zeptes) funktioniert nie prognostizierend, sondern nur als eine Erklärung post factum, weil die metaphorische Inferenz per definitionem keine obligatorische semantische Konsequenz darstellt. (Dobrovol’skij, 2004: 122)

No tocante á base da motivación, a maioría dos autores considera, como xa se mencionou anteriormente, que se debe a fenómenos metafóricos e metoní-micos, así Corpas (1996: 27) indica que:

Los significados traslaticios son producto de procesos metafóricos o metonímicos (o ambos conjuntamente), por lo que se puede hablar de transferencia del signi-ficado literal.

Cumpriría engadir outros procesos, como o da simboloxía, que tan-to levan estudado Piirainen e Dobrovol´skij (valores simbólicos das cores, dos animais, dos números etc.)6. Seguindo a clasificación de Peirce para os signos, Dobrovol’skij (2004: 134) estabelece tres tipos de motivación que nos parecen especialmente prácticos a efectos de análise:

• Motivación indexal, que non é de natureza semántica e que se pode de-ber, por exemplo, a unha semellanza fonética. Sería o caso da UF casar con Pedro Ligón, co significado de ‘morrer’, onde aparentemente se xoga coa semellanza fonética entre ligón e legón.

• Motivación icónica, onde entrarían as metáforas e as metonimias.• Motivación simbólica, que é aquela que se basea en convencións, nor-

malmente ancoradas na cultura.

Estes tipos de motivación poden darse de forma simultánea nunha mesma UF; a UF ovella negra é un bo exemplo deste tipo, xa que nela encontramos unha metáfora (onde o dominio fonte é o do rabaño de ovellas; o dominio meta, o do conxunto de persoas; e o slot, é dicir, a interface entre estes dous dominios, unha característica diferente á da maioría), mais tamén un símbolo: o negro aso-ciado á maldade, ao concepto de negativo.

6 Neste ámbito cómpre salientar as seguintes obras destes dous autores: Figurative Language: Cross-cultural and Cross-linguistic Perspectives. Amsterdam: Elsevier, 2005; Symbole in Sprache und Kultur. Studien zur Phraseologie aus kultursemiotischer Perspektive. Bochum: Brockmeyer, 2002.

243A MOTIVACIÓN DE UNIDADES FRASEOLÓXICAS: A METONIMIA. EXEMPLOS DO GALEGO

Patricia Buján Otero

Burger (2007: 122) estabelece unha serie de requisitos que deben cumprir as unidades fraseolóxicas para poderen ser consideradas metafóricas, requisitos que no meu parecer tamén son aplicábeis a outros tipos de motivación icónica (e, polo tanto, á metonimia):

1) A UF debe presentar unha lectura literal que os receptores perciban como algo real.

2) A relación entre a lectura literal e a figurada debe ser comprensíbel para o falante/receptor nativo, é dicir, debe ver a lectura literal como un modelo “na-tural” da lectura fraseolóxica.

3) A relación debe ser convencional, é dicir, común a toda a comunidade ou unha parte concreta dela.

4) A UF debe estar lexicalizada, é dicir, a transferencia metafórica debe presentar unha interpretación fixa.

Algunhas das conclusións que se desprenden destas catro premisas é que as unidades con compoñentes únicos, é dicir, con compoñentes léxicos que non son recoñecidos polos falantes por existiren na fala exclusivamente como elementos lexicalizados nesa unidade, non poden ser metafóricas porque ese compoñente non é transparente, non evoca imaxe ningunha, porque esas UF son demasiado opacas para prestarse a calquera interpretación sincrónica en termos de proxec-ción de dominios. Un exemplo deste tipo sería a UF ir no escano co significado de ‘estar morto’.

Despois desta breve presentación teórica do estado da cuestión a respecto da motivación semántica da fraseoloxía, pasaremos á análise dun corpus de UF galegas. Porén, cómpre antes precisar en que sentido se empregan a seguir os conceptos de metonimia e metáfora.

Como xa se sinalou nos apartados anteriores, tanto a metáfora coma a me-tonimia son procesos que levan implícito un cambio semántico: ambas describen unha conexión entre dúas entidades en que un termo se substitúe por outro. Cumpriría simplemente lembrar que, mentres na metáfora os dous elementos (substituído e substituto) pertencen a distintos dominios, na metonimia estes elementos son do mesmo dominio; mentres a metáfora se fundamenta nunha relación de semellanza de dous conceptos de diferentes dominios (unha proxec-

244a lingüística galega desde alén marestilística, sintaxe e semántica

ción de dominios), a metonimia baséase na relación de contigüidade entre dous conceptos do mesmo dominio.

Dentro da metonimia distinguimos diferentes tipos de contigüidade, en-tre os que cabe sinalar a causa pola consecuencia e a consecuencia pola causa, o todo pola parte e a parte polo todo (tradicionalmente denominada sinécdoque), o contedor polo contido e o contido polo contedor, a substancia polo obxecto e o obxecto pola substancia, o lugar pola institución e a institución polo lugar, o fabricante polo produto e o produto polo fabricante etc.

O cambio semántico baseado na metonimia pode estar presente en toda a unidade ou só nun elemento; neste último caso falariamos de motivación me-tonímica parcial. Algúns exemplos dentro da fraseoloxía galega son cambiar de aires (cambiar mantén o seu significado propio, mentres que aires se emprega no canto de lugares), ou numerosas UF somáticas que adoitan ser transparentes na súa motivación e tenden a formar series fraseolóxicas en torno a un mesmo lexema somático. Serían metonimias parciais os seguintes exemplos isomórficos7: aguzar as orellas, abrir ben os oídos (‘atender, prestar atención’, onde encontra-mos unha relación da parte polo todo, un órgano polo sentido auditivo) e abrir-lle os ollos a alguén. Cómpre ter en conta que o cambio semántico non sempre é obxectivábel, senón que depende das experiencias vitais e mais do grao de forma-ción dos falantes (Dobrovol’skij, 1995: 114-115), que poden recoñecer ou non os referentes e interpretalos dun ou doutro xeito. Así, por exemplo, a expresión gañar o pan presenta diferentes tipos de motivación: por unha banda, hai unha motivación simbólica, xa que se emprega pan co valor simbólico de existencia material; por outra, hai unha motivación metonímica parcial en que o cambio semántico se limita a un único lexema, ao compoñente pan. Neste último caso poderiamos distinguir dous tipos de relación de contigüidade, que podería variar segundo o falante: o todo pola parte e o resultado polo medio. No primeiro caso, pan figuraría no canto de ‘sustento’8, mentres que na segunda relación pan se empregaría en troques de ‘diñeiro’.

A metonimia plena é aquela en que a metonimia afecta a toda a UF, como en botarlle sopas ao leite (‘mellorar moito en saúde’) ou andar facendo eses (‘estar

7 Vid. nota núm. 2.8 Este significado de motivación metonímica xa se recolle no Diccionario Enciclopédico de Eladio Rodrí-

guez: “Lo que en general sirve para el sustento diario, por ser el pan lo principal”.

245A MOTIVACIÓN DE UNIDADES FRASEOLÓXICAS: A METONIMIA. EXEMPLOS DO GALEGO

Patricia Buján Otero

bébedo’). Encontrámola sobre todo nas UF cinemáticas, como baixar a orella/as orellas ou baixar a cabeza (‘humillarse’, ‘obedecer sen ofrecer resistencia’); baixar o lombo, dobrar o espiñazo (‘traballar’), ou abrir a man (‘ser xeneroso’).

3. Aplicación ao estudo dun campo semántico: a morte

A seguir, tentaremos agrupar as UF do campo semántico da morte (target domain) en base a ámbitos conceptuais (source domains) que constitúen a base da verbalización do concepto con medios fraseolóxicos.

Escolleuse este campo conceptual pola súa alta produtividade fraseolóxica. Esta riqueza tense relacionado co tratamento eufemístico que se fai dun tema que se considera tabú. Neste sentido, resulta interesante a observación que rea-liza Piirainen a raíz dun estudo dos fraseoloxismos do alemán para este campo realizado en base a enquisas entre falantes de todo o territorio alemán. Segundo a autora (Piirainen, 2002: 217), adoita afirmarse que a especial rendibilidade fra-seolóxica deste campo en varias das linguas estudadas se explica por tratarse dun tema considerado tabú dentro da sociedade, de xeito que esta procura na fala unha expresión eufemística (igual que ocorre con outros temas, como as rela-cións sexuais ou funcións corporais), xa que mencionalo directamente iría contra as convencións sociais. Porén, a experiencia que a autora tivo a este respecto é que as persoas que participaron na enquisa en ningún momento mostraron reti-cencias a falaren do tema9.

Para crear o corpus de análise recorreuse á única obra dispoñíbel polo momento para o galego cunha ordenación onomasiolóxica: Así falan os gale-gos, de López Taboada e Soto Arias. Dentro desta obra consultouse o campo morte, que comprende un total de 115 unidades; estas refírense non só ao acto de morrer, senón tamén a ‘modos de morrer’ (por exemplo, quedarse coma un paxariño ou darlle un repente a un para ‘morrer de súpeto’), ‘agonizar’ (estar dun día para outro, estar en transo...) ou ‘estar morto’ (estar encoveirado, estar

9 De feito, a autora (Piirainen, 2002: 217) opina que, malia que as particularidades do campo morte non entran dentro das convencións sociais, si teñen unha base psicolóxica máis fonda relacionada co medo e as preocupacións que nos produce a morte (dada a súa inevitabilidade) e a incerteza da existencia, de xeito que como estratexias de superación recorremos a fórmulas con que suavizar a expresión (tanto eufemismos coma disfemismos).

246a lingüística galega desde alén marestilística, sintaxe e semántica

no urco...). Para a análise desbotáronse as que se empregan para referir o acto de matar ou asasinar (arrincarlle a alma a un, despachar deste mundo) ou celebrar os funerais (facer honras, ir detrás da miña caixiña) e as que non son propiamente locucións, senón enunciados fraseolóxicos (en concreto, dous: unha hora para morrer non ha de faltar e xa mandou recado). Xa que logo, o corpus definitivo de traballo contén 94 unidades fraseolóxicas, todas elas locucións verbais.

Entre estas, distínguense basicamente catro dominios conceptuais con base metonímica e que expoñemos a seguir. Apreciaremos ademais as series fra-seolóxicas sinonímicas que se xeran en torno a unha mesma conceptualización do tema.

a) Determinado cambio na aparencia física. Como comenta Piirainen (2002: 226), antigamente era habitual acompañar e coidar o moribundo até que finaba, de xeito que as últimas reaccións fisiolóxicas do corpo se convertían en obxecto de observación. Na sociedade actual, máis urbana, en que cada vez é menos fre-cuente que a xente morra na casa, rodeada dos achegados, séguense encontrando UF que reproducen estas últimas reaccións, sobre todo, os espasmos (1), respirar por última vez (2) e pechar os ollos (3):

(1) facer a carantoña, estirar a perna, estirar o rabo, estirar a pata por falta de alento, recachar o rabo(2) entregar o folgo derradeiro, exhalar o último suspiro, dar as boqueadas/os boqueos/as moqueadas, estar nas boquexadas, estar nas últimas, estar dando as últimas(3) cerrar o ollo, fechar os ollos, chegarlle a alguén a hora de pechar os ollos

Entrarían tamén aquí os primeiros efectos físicos da morte:

(4) parárselle o corazón a alguén, *enfriárselle o ceo da boca a alguén

b) Deixar de realizar unha determinada actividade. Este tipo de relación res-ponde á contigüidade da causa polo efecto, de xeito que todas as UF que se presentan a continuación refiren accións que un non pode facer porque xa está morto:

(5) non dar a pé nin a man, pasar/deixar a ferramenta,*olvidarse de respi-rar, *olvidarse de tirar polo folgo

247A MOTIVACIÓN DE UNIDADES FRASEOLÓXICAS: A METONIMIA. EXEMPLOS DO GALEGO

Patricia Buján Otero

Este último caso enlaza coas UF mencionadas no dominio anterior refe-ridas á correlación entre a respiración e a vida. En relación con este binomio, tamén encontramos unha serie fraseolóxica en que o dominio fonte é o da fala:

(6) non contalo máis, non contar o conto, non o contar, non ter máis que dicir

Dentro deste dominio, tamén debemos incluír dúas UF en que a morte supón deixar de sufrir, xa que con ela rematan os problemas da existencia te- rreal.

(7) deixar de sufrir, devalar as dores para sempre

c) Serie fraseolóxica relacionada co ataúde, a tumba, o enterramento e o cemiterio.

A metáfora da tumba resulta especialmente rendíbel con referencias á terra. (8) comer terra, estar comendo terra, ir á terra/para debaixo dos terróns, repousar debaixo da terra/dos torróns, ter terra por riba

Tamén parcialmente metafóricas son aquelas UF en que a tumba adopta forma de cova, e que teñen un carácter máis tétrico, xa que unha cova é algo es-curo, algo que nun principio produce rexeitamento debido á incertidume sobre o seu contido:

(9) estar cun pé na cova, caer na cova, estar encoveirado, estar no urco, ir para o burato10

Tamén son numerosas as referencias ao cemiterio, malia que a miúdo non se fan de modo directo, senón a través de alusións ao cura (10) e ás plantas (11), conferíndolle un ton humorístico, especialmente no primeiro caso (estes casos constitúen disfemismos).

(10) irlle contar/gardar os pitos ao crego, ir para onda o cura, darlle pro-veito ao cura(11) ir criar malvas/herbas, criar herbas

10 Neste mesmo dominio tamén debemos incluír empurrar á cova co significado de ‘enterrar’.

248a lingüística galega desde alén marestilística, sintaxe e semántica

Ao propio funeral fan referencia outras como: (12) estar entre catro *velas, estar entre o caldeiro e a cruz

d) Dominio fonte formado polas crenzas cristiás. Este dominio é especial-mente rendíbel dentro deste campo conceptual. Algunhas referencias son direc-tas a Deus, con quen segundo esta crenza a alma do ser humano se reencontra despois da morte:

(13) chamar Deus a alguén, levar Deus a alguén, chamar Deus para si a alguén, dar a alma, dar a alma a Deus, entregar a alma a Deus, estar con Deus, estar falando con Deus, ir con Deus, estar con Deus, ser con Deus, en-tregar a alma aos *anxeliños

Tamén o oposto de Deus, o demo, é digno de que o visitemos (14), e a morte tamén nos reúne cos nosos familiares xa finados (15):

(14) irllo contar ao demo, levar o demo a un, comer o demo(15) ir ver a seu pai

Por último, podemos destacar os seguintes dominios en que a transferen-cia semántica está motivada metaforicamente, e que teñen en xeral un carácter máis metafísico, pois nelas subxace a idea de que a morte é un paso a outra vida, un deixar esta vida etc. Na maioría das UF que a seguir se presentan mantémo-nos, en xeral, dentro das crenzas do cristianismo como dominio fonte:

a morte é unha viaxe que non ten volta atrás; emprender esa última viaxe significa abandonar este mundo, e isto á súa vez equivale a deixar a casa propia:

(16) abandonar este mundo, irse da casa, irse desta vida, irse do mundo, irse/marchar para o outro mundo, marchar para o outro barrio11, cambiar de barrio, chegar o tempo de durmir fóra

Ese outro mundo tamén ten connotacións positivas dentro das crenzas cristiás, por iso encontramos UF como:

(17) pasar a mellor vida, ir á gloria

11 Esta mesma metáfora é a que subxace a mandar a mellor vida a alguén co significado de ‘matar’.

249A MOTIVACIÓN DE UNIDADES FRASEOLÓXICAS: A METONIMIA. EXEMPLOS DO GALEGO

Patricia Buján Otero

a vida é un período que finaliza. Esta metáfora baséase na conceptualiza-ción da vida dos seres humanos como un proceso lineal, determinado polo tanto por metáforas temporais; deste xeito, a vida é un intervalo temporal que ten un comezo e un final (Piirainen 2002: 232) e a morte é a última hora.

(18) estar no cabo (dos seus días), irse para sempre, estar descontando, estar dun día para outro, estar dunha hora para outra

Dentro desta metáfora conceptual encontramos outra que enlaza cunha segunda metáfora: a vida é unha candea que se vai consumindo:

(19) acabarse a candea, acabárselle a corta a un, irse o fío da vida

a morte é atravesar unha fronteira; esta metáfora enlaza coa metáfora 16: (20) estar ás portas da morte, estar en tránsito/transo

O campo conceptual estudado pon de manifesto a multiplicidade de for-mas fraseolóxicas sinónimas empregadas para aludir ao acto de morrer12. Porén, apreciamos que esa sinonimia é só parcial, xa que as UF presentan restricións tanto estilísticas coma de rexistro (non empregariamos no mesmo contexto, por exemplo, pasar a mellor vida e darlle proveito ao cura). Aparentemente, a es-colla dunhas ou outras referencias marca a semántica connotativa da UF. Así, por exemplo, as UF con referencias aos curas teñen un ton máis humorístico ca aquelas UF en que se toman elementos de base metafórica da crenza cristiá (p. ex., entregar a alma a Deus) e que denotan certa gravidade, ou que outras que mencionan efectos fisiolóxicos e que poderiamos considerar máis neutras, como parárselle o corazón a alguén. Para estudar as particularidades semánticas que xustifican a existencia de varias expresións que coexisten de forma simultánea pode render bos resultados o emprego de corpus de textos, xa que é neles onde se actualiza o significado desas UF; isto permitiríanos determinar en que medida (de ser o caso) os elementos do dominio orixinal afectan ao significado do domi-nio meta no momento de realizar a proxección de dominios.

12 Naturalmente, este feito non é exclusivo deste campo conceptual nin da lingua galega; chega con comprobar os demais temas recollidos en López Taboada & Soto Arias (1995: 277-278), ou obras fraseo-gráficas con ordenacion semasiolóxica doutras linguas, como o Diccionario temático de frases hechas de S. Rodríguez Vida para o español (Castelldefels: Columbus, 2004) ou o Synonymwörterbuch der deutschen Redensarten de H. Schemann para o alemán (Straelen: Straelener Verlag, 1989).

250a lingüística galega desde alén marestilística, sintaxe e semántica

4. conclusións

Con este traballo esperamos contribuír ao estudo da semántica da fra-seoloxía galega, un campo de traballo en que aínda queda moito por facer. Os resultados que se poidan acadar seguindo esta liña de investigación presentan diversas vantaxes prácticas das que nos gustaría destacar dúas. Por unha banda, sistematizar a conceptualización das ideas na fraseoloxía (avogando xa non só por unha ordenación semasiolóxica das UF en temas, senón mesmo en dominios conceptuais) facilita a aprendizaxe das UF, tanto para os propios falantes coma para aqueles que se acheguen ao galego como lingua estranxeira. Por outra ban-da, presentar elementos que permitan comparar o sistema fraseolóxico galego cos sistemas doutras linguas ofrece vías para a elaboración de materiais que poidan ser rendíbeis para a tradución tanto para coma dende o galego.

5. Referencias bibliográficas

Burger, H. (2007). “Das idiomatische ‘Bild’ – Alte Fragen, neuen Antworten?”. In E. Kržišnik, W. Eismann (eds.), Frazeologija v jezikoslovju in drugih vedah. Ljubljana: Filozofska fakulteta, Oddelek za slovenistiko, 121-36.

Corpas Pastor, G. (1996). Manual de fraseología española. Madrid: Gredos.Dobrovol’skij, D. (1995). Kognitive Aspekte der Idiom-Semantik. Tübingen:

Narr. Dobrovol’skij, D. (1997). Idiome im mentalen Lexikon. Ziele und Methoden der

kognitivbasierten Phraseologieforschung. Trier: Wissenschaftlicher Verlag.Dobrovol’skij, D. (2004). “Idiome aus kognitiver Sicht”. En K. Steyer (ed.),

Wortverbindungen mehr oder weniger fest. Berlin: Walter de Gruyter, 117-43.

Dobrovol’skij, D. (2007). “Cognitive approaches to idiom analysis”. In H. Bur-ger, D. Dobrovol’skij et al. (eds.), Phraseologie/Phraseology. An Internatio-nal Handbook of Contemporary Research. New York: de Gruyter, 789-818.

Feyaerts, K. (1999). “Die Metonymie als konzeptuelles Strukturprinzip: eine kognitiv-semantische Analyse deutscher Dummheitsausdrücke”. In R. Baur, C. Chlosta, E. Piirainen (eds.), Wörter in Bildern, Bilder in Wör-tern. Baltmannsweiler: Schneider-Verlag, 139-76.

251A MOTIVACIÓN DE UNIDADES FRASEOLÓXICAS: A METONIMIA. EXEMPLOS DO GALEGO

Patricia Buján Otero

Feyaerts, K. (1999). “Metonymic Hierarchies: The Conceptualization of Stupi-dity in German Idiomatic Expressions”. In K.-U. Panther & G. Radden (1999). Metonymy in Language and Thought. Amsterdam/Philadelphia: John Benjamin, 309-32.

Hartman, D. (1999). “Zur Phraseologiebildung mittels metonymischer Prozes-se aus der Sicht der kognitiven Linguistik”. In R. S. Baur, Ch. Chlosta & E. Piirainen, Wörter in Bildern - Bilder in Wörtern. Baltmannsweiler: Schneider-Verl. Hohengehren, 219-38.

López Taboada, C. & M. R. Soto Arias (1995). Así falan os galegos. Fraseoloxía da lingua galega. Aplicación práctica. A Coruña: Galinova.

Mellado Blanco, C. (2005). “Convergencias idiomáticas en alemán y español desde una perspectiva cognitivista”. In J. de Dios Luque Durán e A. Pa-mies Bertrán (eds.), La creatividad en el lenguaje: colocaciones idiomáticas y fraseología. Granada: Método Ediciones, 73-96.

Piirainen, E. (2002). “Er zahlt keine Steuern mehr. Phraseologismen für ‘sterben’ in den deutschen Umgangssprachen”. In E. Piirainen e I. T. Piirainen (eds.), Phraseologie im Raum und Zeit. Baltmannsweiler: Schneider Ver-lag, 213-38.

Radden, G. & Z. Kövecses (1999). “Towards a Theory of Metonymy”. In K.-U. Panther & G. Radden (1999). Metonymy in Language and Thought. Amsterdam/Philadelphia: John Benjamin, 17-60.

Rodríguez González, E. (1958-1961). Diccionario enciclopédico gallego-castella-no. Vigo: Edicións Xerais de Galicia.

Ruiz Gurillo, L. (2001). “La fraseología como cognición: vías de análisis”, LEA XXIII/1, 111-32.

Schwarz-Friesel, M. (2004). “Kognitive Linguistik heute – Metaphernverstehen als Fallbeispiel”. In DAF. Zeitschrift zur Theorie und Praxis des Deutschun-terrichts für Ausländer. 2. Quartal 2004/Heft 2. 41 Jahrgang.

introdución a unha estilística da lingua galega.

Algúns trazos de estilo na obra de Manual María

Xosé ramóN FreiXeiro mato

Universidade da Coruña

RESuMO

Após constatarmos que aínda nesta altura non existe unha obra sobre a estilística da lingua

galega, no presente artigo trátase, en primeiro lugar, de sentar unhas bases teóricas para a

súa elaboración. Neste sentido, analízase o concepto de estilo e algunhas focaxes da estilística,

centrando a atención na estilística lingüística e analizando a relación entre lingua literaria,

lingua nacional e estilo, coa obra de Manuel María como base. En segundo lugar, estúdanse

algúns trazos de estilo na obra deste autor pertencentes ao ámbito da estilística da palabra

(substantivos, adxectivos, pronomes e verbos; a tonalidade emotiva das palabras; as relacións

semánticas) e ao ámbito da estilística sintáctica, seguidos dunhas conclusións finais.

Na extensa obra escrita de Manuel María debúxasenos un estilo de base popular que gosta

da sinxeleza e da repetición como substrato básico, para a partir de aí incorporar e aprovei-

tar expresivamente toda a gama de recursos que a lingua contén nos diferentes planos. O

resultado final é unha lingua literaria de grande riqueza e variedade expresiva que converte o

autor nun dos artífices e construtores do galego literario moderno, así como nun mestre de

estilo.

Palabras clave: estilística, expresividade, morfosintaxe, lingua literaria, Manuel María.

A LiNGüíSTiCA GALEGA DESDE ALéN MAR (iSBN 987-84-9887-145-6)

universidade de Santiago de Compostela, 2009

254a lingüística galega desde alén marestilística, sintaxe e semántica

0. Para unha estilística da lingua galega

Resulta evidente que o desenvolvemento dos estudos filolóxicos galegos se produciu con notábel retraso a respecto das linguas do seu contorno, a pesar de nos últimos tempos se daren grandes avanzos. Iso explica que aínda a día de hoxe non teña saído do prelo unha estilística da lingua galega, cando noutras lin-guas próximas obras dese teor xa apareceron a meados do século pasado. Dentro dos dous grandes ramos da estilística, a literaria e a lingüística, a primeira recibiu atención parcial nos estudos sobre autores e movementos concretos, en tanto que a segunda foi transparecendo nalgunhas das gramáticas publicadas, alén de tamén no estudo sobre a lingua de determinados escritores ou escritoras.

No ámbito lingüístico galego-portugués as obras que especificamente es-tán ligadas á corrente da estilística lingüística en que agora nos queremos centrar son a Estilística da Língua Portuguesa (1945) de Manuel Rodrigues Lapa, a Contribuição à Estilística Portuguesa (1952) de Joaquim Mattoso Câmara Jr., a Estilística Brasileira (1964) de Silveira Bueno, o Ensaio de Estilística da Língua Portuguesa (1975) de Gladstone Chaves de Melo, os Aspectos Estilísticos da Lín-gua Portuguesa (1984) de José Brasileiro Vilanova e a Introdução à Estilística (1989) de Nilce Sant’Anna Martins, sen obviarmos tampouco a atención que se lle presta na Nova Gramática do Português Contemporâneo (1984) de Celso Cunha e Lindley Cintra, que, xunto coa varias veces reeditada obra de Lapa, foi talvez a que tivo maior repercusión.

No caso do galego, áchanse interesantes observacións estilísticas xa na gra-mática decimonónica de Saco Arce ou nas notas de rodapé de Pérez Ballesteros á edición do seu cancioneiro popular. Tamén as gramáticas do século XX conte-ñen, en maior ou menor medida, anotacións de carácter estilístico, embora sexa a publicada en catro volumes pola editora A Nosa Terra na transición intersecular (Freixeiro Mato 1998, 1999, 2000) a que dedica capítulos específicos a esa disci-plina. Con todo, aínda hoxe se bota en falta unha obra singular sobre a estilística da lingua galega, que viría a encher ese oco existente nos nosos estudos lingüís-ticos e que de ningún modo se podería considerar anacrónica, pois, a pesar dese retraso a respecto doutras linguas, o papel da estilística no estudo dos fenómenos das linguas continúa a estar de actualidade, como demostran as últimas correntes da lingüística.

255introdución a unha estilística da lingua galega

Xosé Ramón Freixeiro Mato

1. introdución á estilística

1.1. O concepto de estilo

Dentro dos fenómenos da linguaxe, a estilística é unha disciplina que ten por obxecto o estilo. A palabra latina stilus designaba un instrumento utilizado polos antigos para escribir e de aí pasou a designar a propia escrita e o modo de escribir. Existe unha grande variedade de conceptos para definirmos o estilo; así, Georges Mounin (1970) estabelece tres grupos: as definicións que consideran o estilo como desvío da norma, as que o xulgan como elaboración e as que o en-tenden como connotación. Enkvist (1974: 28-29) considera seis grupos: estilo como unha casca ou tona que envolve un núcleo preexistente de pensamento ou de expresión, estilo como escolla de expresións ofrecidas como alternativa, estilo como unha serie de características individuais, estilo como desvío da nor-ma, estilo como conxunto de características colectivas e estilo como relacións entre entidades lingüísticas formulábeis no marco dun texto máis extenso do que o dunha única oración; os criterios dos diferentes grupos non son excluíntes, pois as características individuais, por exemplo, poden incluír escolla, desvío da norma, elaboración, connotación etc., o que mostra a dificultade de clasifica-ción. Spillner (1979: 43-101), por seu turno, trata do estilo como fenómeno inmanente ao texto, como ornato retórico e adición estética, como reflexo da personalidade, como afectividade e connotación, como desviación, como escolla, como contraste no texto ou como elaboración do lector.

Algúns teóricos da estilística só consideran o estilo na lingua literaria, en canto que outros teñen en conta os diversos usos da lingua. Uns relacionan o estilo co autor e outros coa obra, ou inclusive co lector que reaxe perante o texto literario. Así, Riffaterre (1973: 139) afirma que a estilística debe estudar a lingua-xe do punto de vista do decodificador, porque as súas reaccións, as súas hipóteses sobre as intencións do codificador, os seus xuízos de valor, son outras tantas respostas aos estímulos codificados na secuencia verbal. Mounin (1970: 158), por súa parte, considera o estilo como un fenómeno humano de grande com-plexidade que é a resultante lingüística de múltiplos factores (lingüísticos formais, psicolóxicos, psicanalíticos, históricos, sociolóxicos, literarios etc.). Aínda hai estudiosos que concentran o estilo na forma da obra ou do enunciado e outros na totalidade da relación entre forma e pensamento. Para Câmara (1978:

256a lingüística galega desde alén marestilística, sintaxe e semántica

13) o estilo é a definición dunha personalidade en termos lingüísticos e, ao mesmo tempo, é a linguaxe “que transcende do plano intelectivo para carrear a emoção e a vontade”. A esta definición acóllese Bechara (2002: 615) para afirmar que o estilo é o conxunto de procesos que fan da lingua representativa un medio de exteriorización psíquica e apelo; e distingue entre estilística como estudo da lingua afectiva e gramática como estudo da lingua intelectiva, ambas complementares.

1.2. A estilística lingüística

Desde os inicios do desenvolvemento da estilística xorden dúas correntes fundamentais: a estilística da lingua e a estilística literaria, impulsadas por Charles Bally e Leo Spitzer (1982). No entanto, Amado Alonso (1969) presenta a estilís-tica lingüística e a literaria como complementares e non distintas: en canto que a primeira estuda os recursos expresivos de natureza lingüística, a segunda examina como se constrúe a obra literaria e o pracer estético que provoca no lector, inte-resándose fundamentalmente pola natureza poética do texto.

Charles Bally, discípulo de Saussure, a ampliar o campo de estudo deste, pon a súa atención nos aspectos afectivos da lingua falada, viva e espontánea, que está ao servizo da vida humana. Esta modalidade de lingua posúe para el un sistema expresivo cuxa descrición debe ser a tarefa da estilística. Condena Bally (1977) o ensino da lingua baseado só na gramática normativa e nos textos literarios, pois desa forma dáse unha visión parcial dela. Distingue dúas fases da linguaxe, a intelectiva ou lóxica e a afectiva, e estuda os efectos da afectividade no uso da lingua, examinando os medios por que o sistema impersoal da lingua se converte na materia viva da fala humana; de aí o significativo título dunha das súas obras importantes, La langage et la vie, ao lado do Traité de stylistique française. Foi Bally o primeiro en distinguir con precisión o contido lingüístico (a información neutra) do contido estilístico (o suplemento subxectivo a ela acre-centado). Para el a estilística estuda os feitos da expresión da linguaxe organizada desde o punto de vista do seu contido afectivo, iniciando desta forma a estilística da lingua ou da expresión lingüística, que se ocupa da descrición do equipamen-to expresivo da lingua como un todo, a se opor a súa estilística ao estudo dos estilos individuais e afastándose por tanto da literatura.

257introdución a unha estilística da lingua galega

Xosé Ramón Freixeiro Mato

Marouzeau e Cressot, continuadores de Bally, discordan nalgúns puntos da súa posición. Así, Marouzeau (1969) dálle á estilística un enfoque máis in-dividual, pois para el a lingua é un repertorio de posibilidades ou fondo común posto á disposición dos utentes, que o usan de acordo coas súas necesidades de expresión, practicando a escolla (o estilo) na medida que as leis da lingua llo permiten. Tanto este como Cressot (1974) vóltanse para a lingua literaria, que a consideran como o dominio por excelencia da estilística porque nas obras dos es-critores se acumulan os recursos expresivos, ricos e variados. Aínda que analizan os procedementos expresivos literarios, non fan estudos de obras ou de autores. Ofrecen un método de descrición da linguaxe literaria, mais mantéñense máis unidos á lingüística do que á literatura.

Aínda que Bechara (2002: 618), por exemplo, distingue unha estilística fónica, morfolóxica, sintáctica e semántica, o esquema de traballo aquí proposto, co obxectivo xeral de realizar unha introdución a unha estilística da lingua gale-ga, e, máis concretamente neste caso, analizar o estilo na obra de Manuel María, vai adaptar un pouco esta tipoloxía, aproximándose así máis do modelo seguido por Martins (1989), de modo que os aspectos morfolóxicos e semánticos se in-tegrarán na estilística da palabra. As páxinas que veñen a seguir vanse dedicar, a modo de aplicación práctica, á procura dalgúns deses trazos de estilo presentes en moitos casos na obra poética, dramática, narrativa ou ensaística do escritor da Terra Chá. Após algunhas consideracións sobre a lingua literaria do autor en relación co estilo, a orde en que se vai enfocar a análise, de forma necesariamen-te moi resumida, céntrase na estilística da palabra e da oración ou enunciado, prescindindo por razóns de espazo dos aspectos gráficos e fónicos, así como da estilística da enunciación.

2. Lingua literaria, lingua nacional e estilo en Manuel María

O escritor chairego é autor de moitas obras literarias de diversos xéneros, que en conxunto conforman a súa produción escrita. E nela subxace un modelo de lingua literaria que aquí se tratará de analizar. Mais primeiramente tamén nos debemos preguntar o que é a lingua literaria. E para darmos resposta a tal cuestión non está de máis acudirmos a Saussure, quen por lingua literaria non en-tende só a lingua da literatura, mais, nun sentido máis amplo, a lingua cultivada

258a lingüística galega desde alén marestilística, sintaxe e semántica

ao servizo da comunidade enteira; entre os dialectos existentes nesta “escóllese, por unha sorte de convección tácita, un deles para se tornar en vehículo de todo canto interesar á nación no seu conxunto” (Saussure, 2005: 353). Unha vez promovido ao rango de lingua oficial e común, o dialecto privilexiado mestúrase normalmente con elementos dialectais doutras rexións e no transcurso do tempo convértese nun dialecto composto sen perder por iso as súas características orixi-narias. Así explica Saussure a presenza do dialecto da Ile-de-France no francés literario e a do toscano no italiano común.

Pois ben, aplicando as ideas saussureanas ao caso galego e a Manuel María, diriamos que este, a partir do seu dialecto chairego a que se mantén sempre fiel, contribúe á construción dunha lingua literaria común que sirva para a defensa dos intereses nacionais da Galiza. Neste sentido tamén é no que lle resulta acaído o título de poeta nacional, pois o seu modelo de lingua literaria está inserido no esforzo conxunto dos escritores e das escritoras galegas por construíren a lingua común e culta que sirva de panca na construción da nación galega.

Tamén Vítor Manuel Aguiar e Silva (1996: 144) acode a Saussure para fundamentar o concepto de lingua literaria. A lingua, de natureza supradialectal e contractual, constitúe un código social, un sistema de sinais, un modelo co-lectivo, un depósito ou un tesouro de formas existentes en todos os individuos pertencentes á mesma comunidade lingüística, en tanto que a fala é de natureza individual e está constituída polas combinacións a través das que o suxeito fa-lante utiliza o código da lingua para exprimir o seu pensamento persoal. Subliña Aguiar e Silva o feito común de a lingua literaria dun escritor estar constituída pola súa propia lingua materna, mais tamén non deixa de sinalar aqueles casos de influencia cultural e político-social exercida por un país sobre outro, en que o escritor adopta a lingua do país influenciador como lingua literaria, creándose unha situación de “diglosia literaria” onde o autor escribe nunha lingua que non é a da súa nacionalidade. Esta situación foi moi frecuente na Galiza e tamén afectou nun primeiro momento o noso poeta, mais este deseguida vai optar pola adopción do galego como a súa lingua literaria, en consonancia coa defensa do idioma propio como lingua nacional do seu país.

Situados no contexto, polo demais normal e lóxico, de que a lingua natural e a lingua literaria sexan a mesma, neste caso a lingua galega, cabe preguntármonos polas relacións existentes entre ambas, isto é, polas relacións entre a gramática que

259introdución a unha estilística da lingua galega

Xosé Ramón Freixeiro Mato

permite describir e explicar os textos da lingua natural e a gramática que permite describir e explicar os textos da lingua literaria. A resposta máis frecuente tense centrado na noción de desvío, no sentido de que ambas as gramáticas non se po-derían identificar totalmente por a lingua literaria representar un desvío a respecto da lingua normal. Débese considerar que esta, ou se quixermos a lingua estándar, diacronicamente se foi enriquecendo e transformando “em profunda ligação com a língua literária, que constitui, ao mesmo tempo, língua de cultura e de civili-zação”, como afirma Aguiar e Silva (1996: 155), quen, a se apoiar en Coseriu, tira en conclusión que os pretensos desvíos da lingua literaria se configuran como realizacións inéditas ou incomúns das potencialidades do sistema lingüístico, pois a literatura como arte é o lugar da plenitude funcional da linguaxe. Desta forma, a lingua literaria recupera, en contra das teorías desviacionistas, a súa función his-tórica de axente conformador por excelencia da lingua natural correspondente.

Isto fai que non careza de sentido chamarmos o italiano “lingua de Dante”, o inglés “lingua de Shakespeare” ou o galego “lingua de Rosalía”. Estudarmos, por tanto, a lingua literaria de Manuel María non é unha perda de tempo nin unha tarefa que nos distraia do coñecemento da verdadeira natureza da lingua galega falada polo pobo, pois Manuel María, igual que Rosalía, Curros, Pondal, Otero, Castelao e tantos outros, contribuíu tamén a conformar esa lingua que hoxe se fala na Galiza e que o autor, con moitos máis, pretendía que fose normal e común, contribuíndo tamén de paso ao mellor coñecemento das persoas, da sociedade galega e inclusive do mundo desde unha óptica galega. Neste mesmo sentido, Lyons (1990: 254-255) observa que o que se adoita considerar literatu-ra no noso marco cultural é unha simple manifestación de algo que se encontra en todas as culturas, isto é, o recoñecemento de que certos enunciados e textos son máis dignos de conservación, repetición e comentario do que outros debido ás súas propiedades estéticas e dramáticas. A literatura, nesta liña, non só é cul-turalmente universal para Lyons, mais, alén diso, é unha das máis importantes características definitorias das culturas e capaz por si propia de as distinguir entre si. A obra literaria de Manuel María contribúe, por conseguinte, á universalidade da cultura galega e, ao mesmo tempo, a enfatizar a súa singularidade no concer-to mundial. E a súa lingua literaria contribúe tamén á conformación do galego contemporáneo e ao seu afortalamento como principal sinal de identidade da comunidade en que se fala.

260a lingüística galega desde alén marestilística, sintaxe e semántica

3. Algúns trazos de estilo na obra de Manuel María

Para estudarmos algúns trazos de estilo na obra literaria de Manuel María prestarase atención a fenómenos de natureza morfosintáctica e lexical, aínda que de forma moi selectiva e só a modo de exemplo, pois para unha análise máis completa do estilo do autor serían precisas moitas máis páxinas. Así, os trazos gráfico-fónicos, os correspondentes ao ámbito da formación de palabras e os tra-zos textuais, por exemplo, todos eles de grande importancia na obra deste autor, deberán ficar para outros traballos.

3.1. Trazos pertencentes ao ámbito da estilística da palabra

3.1.1. Substantivos, adxectivos, pronomes e verbos. Os nomes propios teñen moita presenza na obra de Manuel María, tanto antropónimos como topónimos, pois o autor quere exaltar tanto persoas e figuras históricas que fixeron algo pola súa terra (Castelao, Roi Xordo, Bóveda, Reboiras etc.) como os propios nomes de lugar, a comezar pola súa querida Terra Chá, desde o máis modesto regato do Cepelo até cidades importantes como Porto, Lisboa, Roma etc. Algunha pa-saxe poética convértese en pura evocación toponímica chea de lirismo, ao estilo doutro grande poeta como Novoneyra; se este enche de resonancias épicas a toponimia do Caurel, Manuel María faino coa da Terra Chá e dos seus arredores: ¡Terras de Vilalba e de Cospeito;/ Castro de Rei e Outeiro de Rei,/ Rábade, Abadín e Pastoriza...! (I 89). Mais tamén constitúe unha marca do estilo do autor a acu-mulación de substantivos para traducir un estado de ánimo desacougado ou unha sensación de convulsión ou incapacidade para definir unha situación concreta: Hai situaciós sutís e inefábeis,/ cousas, casos, intres,/ estados estraños e imprecisos, ledicias, intuiciós, revelaciós,/ sorpresas, medos, escuridades,/ sobresaltos e arrepíos (II 171). Constitúe igualmente un recurso expresivo de carácter intensificador a repetición do mesmo substantivo, incluíndo tamén a fórmula do superlativo hebraico ou xenitivo bíblico: ¡Diñeiro, diñeiro, diñeiro! ¡Quero máis diñeiro! (FB 45); ¡A Tí invoco, Señor, que eres o Rei dos Reises! (FB 25).

Canto á flexión do xénero, un dos recursos que máis chama a atención é a utilización do feminino en substantivos que designan animais do xénero epiceno, a cumprir unha función satírico-burlesco: xílgaros e xílgaras [...]/ paxariños e as paxaras (I 315); pra namorar pazpallaras (I 149). Este procedemento é trasla-

261introdución a unha estilística da lingua galega

Xosé Ramón Freixeiro Mato

dado tamén ao mundo dos seres inanimados, en combinación cos animados, ben forzando unha flexión que non se produce na lingua (testo/testa, besto/besta), ben aproveitando a eficacia estilística da combinación de dúas formas paronomásicas a simularen unha flexión xenérica (vieira/vieiro): Xa me doe o testo/ e máis a testa [...]/ a tanto besto/ e a tanta besta (II 91); Cuncha de vieira con vieiros (II 153). Ou directamente a utilización do masculino cando a forma é feminina, procede-mento humorístico moi rendíbel: ¡Si quere pódeme cachear/ que nin un perro ha de hachar! (FB 45). Posúe igualmente valor expresivo a contraposición de dous termos que, embora só sexa aparentemente, se opoñen pola flexión de xénero: coas súas modas e modos (I 547). Canto ao número, posúen valor expresivo os plurais formalmente duplicados, que o autor utiliza con frecuencia, talvez influí-do tanto pola lingua popular como pola tradición literaria: Reises (I 127), leises (I 495), cafeses (I 686).

O autor tamén acode á adxectivación desbordante, mesmo con series de adxectivos sen coherencia semántica entre si, como recurso humorístico e paró-dico: Señor Director: vostede sabe ben/ que os números son xustos,/ mouros, xeados, abraiantes./ Son unha sociedade limitada/ anónima, triste, mercantil./ Somentes os ceros son humanos:/ tenros, redondos, ben feitiños (I 172). Un trazo de estilo moi destacado na lingua do poeta chairego é a constante utilización de diferentes fór-mulas de intensificación da propiedade sémica expresada polo adxectivo, con ten-dencia ao uso do superlativo. Unha desas fórmulas é a repetición do adxectivo no seu grao positivo: O millo é zugón, zugón (I 128); As terras son malas, malas, ma-las (I 102). O autor gosta moito igualmente do procedemento de intensificación do adxectivo mediante a súa repetición en grao superlativo con moi ou mediante outras fórmulas expresivas após unha primeira ocorrencia en grao positivo: A paisaxe é fermosa, fermosa; moi fermosa (I 410); É que estou leda. Moi leda (BV 48). Tamén gosta do uso do sufixo intensificador -ísimo, formador do superlativo absoluto dos adxectivos, como recurso irónico ou paródico, que utiliza tanto na poesía como na prosa e nas composicións teatrais: a Vosa Ilustrísima tenrísima (I 171), Maxestade Catoliquísima, Ilustrísima e Serenísima (FB 29). O gosto polo -ísimo caricaturizador leva o autor a empregalo tamén con substantivos, recurso de grande eficacia expresiva como demostra o seu uso popular: A hon-rísima é miña... (LE 36); O gustísimo é meu (LE 73); O desgustísimo que papou (HE 38).

262a lingüística galega desde alén marestilística, sintaxe e semántica

No que respecta ao pronome demostrativo, aproveita a expresividade da significación inconcreta da forma de terceira persoa substantivada: o seu aquel mariñeiro (I 139); E téñolle aquel (BV 82). E tamén do composto aqueloutrado (I 21). O autor válese das formas do pronome posesivo para diferentes fórmu-las de combinación expresivas: ¡San Lourenzo, meu señor!/ ¡San Lourenzo, señor meu! (I 257); do meu mundo máis meu (II 49); Meu señor meu da miña mei-rande consideración (HE 7). O pronome identificador indefinido un é utilizado moi frecuentemente polo poeta para se referir a si propio, recurso expresivo que procura evitar a incómoda recorrencia ao eu: Un vai rodando pola vida (I 431). Outro trazo moi característico da lingua literaria do autor é a utilización frecuen-te de cuantificadores definidos en contextos poéticos onde son inhabituais, por veces con valor hiperbólico: A túa fermosura vale/ 20 bicos sinxelos e 12 vasos de wiski (I 39); nunha fonda melancolía/ de 6 billós de km. de anchura (I 43).

Canto ao verbo, é moi frecuente a construción de infinitivo xerundial, tanto en perífrases imperfectivas como en construcións autónomas; o autor tíralle grande rendibilidade expresiva en todas as súas potencialidades: andan as aves a voar (I 93); é frecuente a aparición do infinitivo xerundial como núcleo clausal precedido do suxeito: fírgoa de lúa a tremer (I 105); ¡e toda a noite a ruar! (I 123). Canto ao uso de perífrases, destaca a relativa frecuencia con que aparece a modal obrigativa ter de + infinitivo, hoxe con moi escasa presenza na lingua oral ou escrita, o que vén a demostrar a vontade de estilo do autor: ten de agro-mar (I 207); temos de acender (I 602). O autor domina e aproveita estilistica-mente tanto fórmulas expresivas verbais do ámbito culto e literario como da fala popular; entre estas temos a construción intensificadora veña a + infinitivo, de grande plasticidade, como se pode ver neste exemplo que pon en relevo, máis unha vez, o gosto polas estruturas tripartidas: E un veña a remexer na concien-cia e na lembranza, / veña a avergoñarse, / veña a pensar, a teimar e a cavilar (I 512).

3.1.2. A tonalidade emotiva das palabras. Canto á emotividade e expresi-vidade de vocábulos cunha especial presenza e significación na obra de Manuel María, unha palabra chea de connotacións afectivas, mesturadas coas locais ou rexionais, é señardade, que o autor emprega con frecuencia so variantes formais, e combinada tamén con outras formas fónica e semanticamente semellantes,

263introdución a unha estilística da lingua galega

Xosé Ramón Freixeiro Mato

como soidade, soidoso ou saudade, saudoso, coas súas correspondentes variantes: que se alonga soedoso polas gándaras/ enchen de vaga señardade a nosa alma (I 91); carballos señardosos con saudade (I 533). Como nacionalista comprometido e militante, as propias palabras Galiza, patria, pobo e nación teñen unha especial carga emotiva en toda a produción de Manuel María: ¡Era Galiza o seu norte/ e a patria o seu amor...! (I 720); ¡Galiza enteira acordou!/ ¡O pobo enteiro se erguía! (I 717); Reises alleos e estraños/ están na nosa nación (I 716). Os elementos pai-saxísticos da Galiza, e especialmente da Terra Chá, tanto regatos, ríos, montes, árbores, ou os propios nomes de vilas e aldeas, conteñen na lírica de Manuel María unha grande carga de afectividade, como pon en relevo o poema “Terras da Terra Chá” (I 94), por exemplo. A palabra tribo, aplicada fundamentalmente ao seu Outeiro de Rei natal, ten unha especial carga emotiva.

Por outra parte, o autor utiliza vocábulos disfémicos de grande expresi-vidade como elementos avaliativos moi presentes na fala popular espontánea: o gran cabrón (I 351), mamalós! (LE 26), ¡Caralludo...! (LE 41), ¡Manda cara-llo...! ¡Vaia paridas [...]! (LE 61), conachada (AT 81). Por esta vía o autor chega a empregar disfemismos que, pola súa xeral ausencia da lingua escrita formaliza-da, adquiren unha grande eficacia expresiva: felices e intelixentes, a collós (I 414). Por veces o termo disfémico sofre algunha pequena alteración mitigadora da súa carga pexorativa: de moito carano (FB 32).

Os dialectalismos posúen tamén un grande poder evocativo e unha carga afectiva que dota de expresividade o texto en que se insiren, pois emotivamente trasládannos ao mundo das nosas vivencias máis íntimas e persoais. O poeta da Terra Chá, que fixo da súa condición de chairego e de fillo de labregos unha bandeira de reivindicación continua, nunca quixo renunciar na súa obra escrita, por riba de normas e convencións, a certos trazos caracterizadores da súa fala chairega: mentres millós de seres procuran / unha mao amiga (I 33). Aínda que utiliza por sistema solucións morfolóxicas dialectais do tipo de irmao ou canciós, no entanto, por motivos de rima pode adoptar moi excepcionalmente a solución normativa do galego común.

Na obra do noso autor aparecen, aliás, algúns arcaísmos propios da lingua literaria da época, como ren, vegadas ou conquerir, entre outros: Os mortos non nos din ren (I 40); Anque é, ás vegadas, saudoso (I 131); conquerir a nosa Terra (I 715). Resonancias medievais evocadoras do ambiente trobadoresco teñen os

264a lingüística galega desde alén marestilística, sintaxe e semántica

poemas do Libro de cantigas e algúns máis, con termos e fórmulas repetitivas que poeticamente nos transportan a aquel mundo lírico tan suxestivo para nós, de que a seguinte estrofe é só un pequeno exemplo e onde o potencial expresivo do arcaísmo non só radica en palabras como belida, mais no conxunto da com-posición: Os cervos novos sabían/ o teu amor, belida,/ que ías namorada (I 160).

Na obra de Manuel María é frecuente a presenza de estranxeirismos como recurso expresivo asociado á crítica dunha sociedade burguesa desnaturalizada que se deixa levar polas modas que chegan de fóra, dándolle as costas ao seu pro-pio país: Os nenos dos casinos/ son tan finos,/ tan esnós (I 366); É a hora de tomar o té/ -en inglés, tea- (I 439); no casino, no bar, no club/ tomando o seu vermú [...]/ e bebendo “martinis”, chanqueiros,/ wiskis, cervexas e ribeiros (I 435). A utilización irónica de estranxeirismos, sobre todo anglicismos, vai tamén vinculada á crítica ao imperialismo norteamericano, que con frecuencia o autor realiza na súa obra: Esta miña Musa/ non se engatusa/ cos made in USA (I 549). Porén, en ocasións o estranxeirismo vai asociado a valores positivos por se tratar de voces tiradas de comunidades lingüísticas con lingua oprimida, como o bretón: kavigs (I 537), KENEVÓ (I 541).

O autor bota man da xiria ou de falas particulares como recurso expresivo; son moitas as referencias escritas a Xoán da Coba e Manuel María compuxo na súa memoria un poema en trampitán, “Poema la bolona ferrolona”, que traduce para o galego como “Poema á pomba empombada” (II 92). Tamén acode con afán satírico-burlesco á linguaxe de grupos sociais afastados das clases populares: Seguramente que o pasaban “chachi piruli” como din os “progres” (HE 34); O ga-chó queríase largar (FB 51).

Son igualmente palabras dotadas dunha tonalidade afectiva na obra de Manuel María os substantivos referidos á flora e á fauna da Terra Chá. Xosé Lois García (1995) recompila algúns referidos á flora (abelaira, abeneiro, abidueira, caravel, carballo, carpazas, carqueixa, castiñeiro, caxigo etc.) e á fauna, a distin-guir entre estes os nomes de aves (anduriña, ave fría, capón, corvo, cotovía, cuco, curuxa etc.), mamíferos (boi, cabalo, can, porco, vaca) e insectos (avelaíña, grilo). Todas elas son evocadoras dunha realidade vivida, poetizada e idealizada polo autor, aínda que a capacidade emotiva será maior canto máis singularizador do medio chairego for o termo empregado: Pazpallar, meu pazpallar (I 148).

265introdución a unha estilística da lingua galega

Xosé Ramón Freixeiro Mato

3.1.3. As relacións semánticas. No referente ás relacións semánticas, o au-tor sabe tirar grande rendibilidade do potencial expresivo que posúe a antoni-mia, a combinar diferentes fórmulas de contraposición secuencial entre termos contrarios: claridade xurdida do escuro (I 603); maxicamente vello,/ eternamente novo (I 680); Unha ledicia trae sempre consigo unha tristura (ED 100). Ten gran-de eficacia expresiva a unión ou equiparación de termos antitéticos, de modo que trazos sémicos característicos de un son negados polo outro, producindo sensacións de ruptura da orde natural das cousas: nin pido garimos brutais (I 38); e o claro misterio máis escuro (I 600); O home, tan grande e pequeniño (I 641). A negación simultánea de dous antónimos privativos pode ser un recurso expresivo de grande comicidade: e se non te deixo morto/ tampouco quedarás vivo (BV 79). A este respecto é tamén moi expresivo o título do poema “Análise da máis segura dúbida” (II 654). Ou o primeiro verso de cada unha das estrofes da “Balada aos meus pequenos inimigos”: Doce inimigo meu, pequena cascuda; Tenro inimigo meu, pequena pulga etc. (I 616-7). De grande eficacia expresiva resulta tamén a interrogación retórica sobre esa confluencia dos antónimos: ¿A morte é un ser vivo...? (I 81); ¡É posíbel o imposíbel? (II 453). A antonimia derivativa mediante o uso de prefixos negativos posibilita combinacións expresivas dos termos opostos: nacendo e desnacendo a cada intre (I 613); ¿Qué cantidade de amor e desamor/ no escurísimo peito do suicida? (II 693). A antonimia, para alén de cumprir unha importante función expresiva alí onde aparece, tamén pode servir como elemen-to vertebrador e núcleo temático dunha estrofe ou de toda unha composición: o mundo non pode estar dividido/ en vencedores e vencidos,/ en amos e criados,/ entre os que mandan/ e os que teñen que obedecer (I 538).

Outro tipo de relación semántica de grande eficacia expresiva é a sinoni-mia, que substancialmente se fundamenta en razóns estilísticas para evitar a rei-teración cacofónica dun mesmo termo, na procura da variedade: ¡Olla a saudade miña/ que morro de señardá! (I 118); ¡Agora non podo recoñecer a terra miña!/ ¡Non podo identificar lugares que tripei! (I 153). A utilización de sinónimos é tamén un recurso de reiteración e intensificación emocional: ¡Eu pido un futuro ilusionado,/ un porvir urxente e necesario (I 602); que me fire moi fondo. E que me manca (II 205); a que clama na tebra,/ no deserto,/ no ermo e no baleiro (I 477). Tamén ten moita eficacia expresiva a negación enfática de dous sinónimos: Non. Non morren./ Endexamais perecen (II 183); nunca muda nin troca de roteiro

266a lingüística galega desde alén marestilística, sintaxe e semántica

(I 603). Alén de variación expresiva, a sinonimia é para o poeta un recurso que coadxuva na construción do poema, facilitando as estruturas paralelísticas de que tanto gosta, ou simplemente contribuíndo a encher o verso: ¡se eres perguicei-ro,/ se eres nugallán! (I 275); Eu teño un galo galeiro/ fanfarrón e presumido (I 295). Na acumulación de adxectivos e substantivos en tríades, tan frecuentes, ou mesmo en pares, é habitual a presenza de sinónimos parciais, a xogar o autor estilisticamente coa súa posición a respecto do núcleo no caso dos adxectivos: ¡ouh pequena, delicada,/ fráxil bolboreta voadora (II 165); Non ten odios, rancores nin envexas (II 203). A sucesión de sinónimos, nas pezas teatrais nomeadamente, tamén pode ser máis un elemento de comicidade do texto: eiquí pode suceder,/ resultar e acontecer (FB 11); un poema épico que fai o esprito rexo, forte, valente i esforzado (FB 26); as nosas discusiós, reflesiós, profundaciós, pescudaciós e medita-ciós trascendentes (LE 38).

Aínda que en menor medida do que a antonimia e a sinonimia, a homo-nimia e a polisemia tamén son aproveitados polo autor como recursos estilísticos eficaces. A homonimia, se ben que moi ocasional, resulta expresivamente chama-tiva: Eu son Manuel María,/ un son tan só, lonxano e feble (I 167). Combinada coa paronomasia e o homeoteleuto produce contextos tan sonoros e expresivos como o seguinte: dime o que é unha balada:/ ¿é un val que val ou que non val/ ou é unha ovella vella que non bala? (I 612). O gosto polo xogo de palabras tamén se pon de manifesto no encabezamento dunha carta dirixida a Francisco Pilla-do Mayor: Meu señor meu da miña meirande consideración e queridísimo amigo Maior (HE 7). A polisemia de terra é unha fonte de expresividade ben aproveita-da polo poeta: fala e terra desta miña terra (II 196); A terra da miña terra escoa e berra (I 622). Tamén a de neno e de home: aqueles nenos tan nenos perdidos no ar morno (I 72); Só o home que é home (I 168). Outras palabras polisémicas como mañá tamén posibilitan xogos expresivos como os que se dan no “Proverbio da incerteza do mañá”, baseado na dúbida sobre a propia existencia desa polisemia: ¿Diferenciárase o mañá e máis mañá? (II 438).

3.2. Trazos sintácticos de estilo máis relevantes

Con relación aos trazos de natureza sintáctica, e de forma moi sintética, convén resaltarmos en primeiro lugar o gosto pola sinxeleza nas construcións, con predominio das oracións simples e coordinadas, de acordo coa base popu-

267introdución a unha estilística da lingua galega

Xosé Ramón Freixeiro Mato

lar do seu estilo, dando preferencia á expresividade por riba da estruturación lóxica do pensamento. De aí que na tipoloxía e estrutura das oracións prevale-zan os valores ligados á emotividade, con presenza frecuente de exclamacións e interrogacións, e que os procesos de organización da información mediante focalización e topicalización teñan grande presenza, destacando as construcións clivadas. Ao mesmo tempo, as elipses e os pleonasmos teñen moita relevancia na construción dos enunciados. Na ordenación das palabras na oración cobran grande valor estilístico a colocación dos adxectivos dentro da frase nominal e a posición dos clíticos, demostrando o autor unha grande mestría no manexo e combinación de todas as posibilidades que ofrece a lingua. Tamén na sintaxe se mostra a querenza, de raíz popular, do autor polos procedementos de repetición, con presenza ampla de todos os recursos retóricos con base nela, entre os que se deben destacar o paralelismo e a anáfora. Este gosto polos recursos repetitivos maniféstase igualmente na importancia que ten o procedemento de progresión temática con tema constante.

De todos estes trazos, damos a seguir só algún exemplo a respecto da or-denación de palabras. Un dos maiores logros estilísticos do autor é o manexo dos adxectivos, verdadeira proba de lume para un escritor. Explora e aproveita estilis-ticamente as múltiplas posibilidades de combinación e colocación de adxectivos a respecto do substantivo nuclear. A estrutura máis habitual é adx. + subs. + adx.: cheas dunha doce inxenuidade intocada (I 54), as burguesas canciós sentimentais (I 70), de longas barbas brancas (I 513). É moi rendíbel estilisticamente a combi-nación substantivo + adxectivo con adxectivo + substantivo, a alternar desa forma e de modo secuencial a estrutura da frase nominal: lume abrasador, fértil semente (I 604); folla verde, finos grelos (I 131). Noutras ocasións mantense a estrutura substantivo + adxectivo, que aparece así duplicada: chea de murmurios xeados e albas pobres (I 57). Tamén a acumulación de adxectivos en posición prenuclear nas apóstrofes tan frecuentes na poesía do autor ou en contextos satíricos resulta ser outro recurso de combinación estilística eficaz: Ilustrísima, doce, cursi / e tenra Primavera (I 171). Porén, tal acumulación de adxectivos, por veces algúns deles sinónimos, como modificadores dun substantivo tamén pode producirse en posición posnuclear: palabras humildes e sinxelas, castas, puras (I 58). Con frecuencia, prodúcense combinacións de varios sistemas de adxectivación en que se mesturan tríades con pares de adxectivos en diferentes posicións a respecto do

268a lingüística galega desde alén marestilística, sintaxe e semántica

elemento nuclear: Fuche un home cabal, enxebre e bon, / un enorme poeta verda-deiro (I 252).

Canto á colocación dos clíticos, ao lado das posicións enclíticas máis ha-bituais, áchanse próclises connotadas como máis tradicionais e literarias: Despois de o enfornar (I 130); procura non a ferir (I 132); desexa non as ferir (I 151); ¿E quén eres ti pra llo privar? (LA [8]); ¡Amiga, cánto tempo sen te ver! (BV 56). Aínda que esporadicamente, o autor sabe tamén tirar proveito da interpolación pronominal, recurso de sabor arcaico fortemente expresivo: nun soño de ilusión que se non murcha (I 58); ¡Báculo pra me eu soster! (CO [16]); que eu che non podo mercar? (ED 87).

4. conclusión

Desde a perspectiva dos estudos lingüísticos galegos aínda se bota en falta unha estilística da lingua que sistematice aqueles máis relevantes valores expresivos do idioma que se manifestan tanto na fala popular como na lingua literaria, até ago-ra parcialmente espallados por tratados gramaticais e por estudos lingüísticos sobre determinados autores e autoras. A obra completa do noso poeta nacional Manuel María constitúe un corpus interesante para unha aproximación á construción dun-ha estilística da lingua galega, pois nela combínanse tanto os elementos expresivos máis caracterizadores do galego popular e oral, como aqueles correspondentes ao ámbito culto e literario, visto que na extensa obra do autor se concentran practica-mente todos os xéneros literarios e todos os rexistros lingüísticos.

Non ofrece dúbidas o feito de que o poeta da Terra Chá sentiu unha clara vocación literaria desde moi novo e de que, en consecuenica, vai escoller a lingua escrita como vehículo de comunicación preferente co mundo exterior e tamén como medio de expresión das súas inquedanzas e sentimentos, sempre na procura da beleza artística. Hai en Manuel María, desde o primeiro momento, o desexo e a ambición de alcanzar e transmitir a arte literaria, aínda que, como el mesmo dicía, iso non sempre se consegue no oficio de escritor. O autor vai loitar, pois, durante toda a súa vida por un obxectivo estético, para o que ten de procurar recursos eficaces. Mais tamén é obvio que desde moi cedo o autor se sentiu comprometido coa causa galeguista e que puxo os seus dotes de escritor ao servizo da defensa e dignificación da Galiza, do pobo galego e do seu idioma.

269introdución a unha estilística da lingua galega

Xosé Ramón Freixeiro Mato

Por tanto, o seu obxectivo como escritor vai estar guiado tanto pola procura da beleza literaria como pola busca da argumentación a prol do ideal galeguista e a persuasión dos seus lectores e lectoras para os atraer á mesma causa.

Deberá, por conseguinte, Manuel María achegar recursos á súa lingua li-teraria para que eses obxectivos se vexan cumpridos e, en consecuencia, para que a súa mensaxe sexa eficaz nesa dupla vía, aínda que tamén é perceptíbel ao longo da súa traxectoria literaria e vital que nalgúns momentos e circunstancias puxo a eficacia pragmática do seu compromiso patriótico e social por riba do obxectivo estético, en tanto que noutros momentos este ocupou o primeiro plano. Mais, en todo o caso, o autor tivo de facer escolla de recursos e esforzo de elaboración para atinxir a óptima relevancia da súa mensaxe. Tivo, pois, de construír un estilo literario propio que, lonxe de ser uniforme, se fose adecuando ás diferentes eta-pas e finalidades do seu labor creativo.

Referencias bibliográficas

Alonso, A. (1969). Materia y forma en poesía. Madrid: Gredos.Bally, Ch. (1977). El lenguaje y la vida. Trad. de A. Alonso. Buenos Aires: Lo-

sada.Bechara, E. (2002). Moderna Gramática Portuguesa. Rio de Janeiro: Lucerna.Bueno, Silveira (1964). Estilística Brasileira. O Estilo e a sua Técnica. São Paulo:

Edição Saraiva.Câmara Jr., J. Mattoso (1978). Contribuição à Estilística Portuguesa. Rio de

Janeiro: Ao Livro Técnico.Cressot, M. (1974). Le style et ses techniques. Paris: PUF.Cunha, C. & L. Cintra (1991). Nova Gramática do Português Contemporâneo.

Lisboa: Sá da Costa.Enkvist, N. E. (1974). “Para definir el estilo: Ensayo de lingüística aplicada”. In

N. E. Enkvist, J. Spencer & M. Gregory, Lingüística y estilo. (Trad. de J. Rodríguez Puértolas & C. C. de Rodríguez Puértolas.) Madrid: Cátedra, 17-74.

Freixeiro Mato, X. R. (1998). Gramática da Lingua Galega, Vol. 1: Fonética e Fonoloxía. Vigo: Edicións A Nosa Terra.

Freixeiro Mato, X. R. (1999). Gramática da Lingua Galega, Vol. 3: Semántica.

270a lingüística galega desde alén marestilística, sintaxe e semántica

Vigo: Edicións A Nosa Terra.Freixeiro Mato, X. R. (2000). Gramática da Lingua Galega, Vol. 2: Morfosinta-

xe. Vigo: Edicións A Nosa Terra.García, X. L. (1995). “Aportacións para un vocabulario da flora e da fauna no

‘Terra Chá’, de Manuel María”. In X. Xiz (ed.), Manuel María da Terra Chá. Lugo: Citania de Publicacións, 95-140.

Lapa, M. Rodrigues (1979). Estilística da Língua Portuguesa. Coimbra: Coim-bra Editora.

Lyons, J. (1990). Introducción al lenguaje y a la lingüística. Versión española de Ramón Cerdá. Barcelona: Teide.

Marouzeau, J. (1969). Précis de stylistique française. Paris: Masson.Martins, N. Sant’Anna (1989). Introdução à Estilística. A expressividade na lín-

gua portuguesa. São Paulo: T. A. Queiroz.Melo, G. Chaves de (1979. Ensaio de Estilística da Língua Portuguesa. Albufeira:

Poseidon.Mounin, G. (1970): Introdução à Lingüística. (Trad. de J. Meireles.) Iniciativas

Editoriais: Lisboa.Riffaterre, M. (1973). Estilística Estrutural. São Paulo: Cultrix.Saussure, F. de (2005). Curso de Lingüística Xeral. (Trad. de X. M. Sánchez

Rei.) Santiago de Compostela: Laiovento.Silva, V. M. de Aguiar e (1996) . Teoria da Literatura. Coimbra: Livraria Alme-

dina.Spillner, B. (1979). Lingüística y literatura. Investigación del estilo, retórica, lin-

güística del texto. Versión española de E. Bombín. Madrid: Gredos.Spitzer, L. (1982). Lingüística e historia literaria. Madrid: Gredos.Vilanova, J. Brasileiro (1984). Aspectos Estilísticos da Língua Portuguesa. Recife:

Universidade Federal de Pernambuco, 3ª ed. revista e melhorada.

Fontes literarias

AT = Hortas Vilanova, M. (1990). Andando a Terra 1977-1987. Escolma ao coidado de M. A. Mato Fondo e M. P. García Negro. Vigo: A Nosa Terra.

BV = Manuel María (1996) [1968]. Barriga Verde. Edición e introdución de S. Esteban Radío. Ourense: Galiza editora.

271introdución a unha estilística da lingua galega

Xosé Ramón Freixeiro Mato

CO = Manuel María (1973). Auto da Costureira. Buenos Aires: Separata da re-vista 30 Aniversario Hogar Gallego para Ancianos [s. p.].

ED = Manuel María (2003). Edipo. Introdución e edición de M. A. Mato Fondo. A Coruña: Biblioteca-Arquivo Teatral Francisco Pillado Mayor.

FB = Manuel María (1991). Farsa de Bululú. Unha vez foi o trebón. Santiago de Compostela: El Correo Gallego, Biblioteca 114, 7-60.

HE = Manuel María (2003). Historias do empardecer. Santiago de Compostela: Laiovento.

LA = Manuel María (1961). Auto do Labrego. Porto: Separata da revista Céltica, nº 4 [s. p.].

LE = Manuel María (1992). A lúa vai encoberta. Vigo: Diario 16 de Galicia. I = Manuel María (2001). Obra poética completa I (1950-1979). A Coruña:

Espiral Maior. II = Manuel María (2001). Obra poética completa II (1981-2000). A Coruña:

Espiral Maior.

Para unha sintaxe do galego

Xosé maNuel sÁNChez rei

Universidade da Coruña

RESuMO

A sintaxe, en tanto que disciplina lingüística que favorece enormemente os recursos estilítico-

expresivos da lingua ao posibilitar a escolla entre diferentes alternativas de construción, tórna-

se, igualmente, nun albo asaz produtivo para lle atirarmos algunhas reflexións sobre algunhas

desas estruturas. Escollemos, para esta finalidade, unicamente tres fenomenoloxías, como son

a próclise con formas verbais infinitas ou amodotemporais, a preposición preludiando o CD e,

finalmente, as estruturas con redobro de clítico. E, a sermos conscientes da complexidade que

agochan estes tres temas, exporemos, nas páxinas a seguir, unhas liñas do que, ao noso ver,

debe ser potenciado nun modelo de lingua culta, estandarizado, sendo tamén sabedores de

que a sintaxe constitúe, por si propia, un ámbito moito distinto ao ortográfico, ao morfolóxico

ou ao lexical para este tipo de reflexións.

Palabras clave: gramática, sintaxe, clíticos, complemento directo.

1. introdución

A sintaxe comeza a ser analizada a serio durante a segunda metade do sé-culo XX, pois épocas anteriores consagraran os seus esforzos á gramática histórica

A LiNGüíSTiCA GALEGA DESDE ALéN MAR (iSBN 987-84-9887-145-6)

universidade de Santiago de Compostela, 2009

274a lingüística galega desde alén marestilística, sintaxe e semántica

ou ao comparativismo, durante o século XIX, ou á morfoloxía ou á fonética e fo-noloxía, nos primordios da seguinte centuria. Se, por un lado, Noam Chomsky é o precursor do xenerativismo, marco teórico que chegará, con notábeis lecturas, a ser unha das máis importantes correntes lingüísticas modernas, por outro lado a lingüística estrutural vai desenvolverse tamén ao longo do XX, ora a se basear no Cours de Linguistique Génerale de Ferdinand de Saussure, ora discordando cos seus ensinamentos.

Este rápido percurso non tenciona deitar ningunha luz sobre temas ben estudados en calquera manual de lingüística, mais pretende servir como contraste coa situación galega e, en particular, coa situación da gramática galega durante esa época. Conforme indicabamos noutro lugar (Sánchez Rei, 2005), a tradición gramatical galega é serodia en relación a outras realidades culturais ou nacionais e xustamente isto determinou unha boa parte das súas características: pouca ou escasa preparación dos autores até aos anos finais do século XX, acusada tenden-cia diglósica, marxinalización de certas disciplinas etc. A sintaxe, como parte fun-damental dos estudos gramaticais, tamén acusou esas consecuencias e, conforme indica Cidrás Escáneo (2005: 338-339), na tradición gramatical galega (embora non só) dominou un certo “morfocentrismo”, que fixo que a sintaxe adoitase “aparecer fragmentariamente, como un apéndice de cada clase de palabra”1.

1.1. A sintaxe na moeda: gramática descritiva e gramática prescritiva

O dito para a situación do galego, lonxe de ser entendido como unha eiva, debe ser percibido en positivo, pois o camiño avanzado en poucos anos ten sido espectacular: a partir da década de 70-80 do século XX, época en que comeza a estudarse a lingua en profundidade cunhas metodoloxías novas, o grao de co-ñecementos sobre o idioma creceu tanto cualitativa canto cuantitativamente. As gramáticas actuais son acordes cos novos tempos, como é o caso do traballo de Freixeiro, voluminosa obra en catro tomos (1999, 2000b, 2003 e 2003b), e de Álvarez & Xove (2002); trátase, así as cousas, de contributos serios, rigorosos e

1 Acrecenta este investigador: “Verifícase así un tratamento da sintaxe nas gramáticas que contrasta fortemente coa súa importancia estrutural e mesmo coa súa relevancia na historiografía lingüística [...]. Sen embargo, na historia da gramaticografía o referido morfocentrismo relega o tratamento da sintaxe á marxinalidade, cando non á pura e simple ausencia” (Cidrás Escáneo, 2005: 339).

275para unha sintaxe do galego

Xosé Manuel Sánchez Rei

completos, harmónicos coas linguas do noso contorno e cientificamente moito superiores ás obras precursoras, o que resulta normal tendo presente a formación filolóxica e lingüística dos autores respectivos de cada traballo.

Igualmente, o labor de estandardización, que tamén principiou por volta de 1970, áchase na actualidade nun relativo estado de definición, ao menos por parte da filosofía lingüística acorde coas normas presentemente en vigor. Desde a última revisión de 2003, ninguén pon xa en dúbida o triunfo de determinadas solucións ou a posibilidade que existe agora de utilizarmos formas como Galiza, ouvir, –bel e aínda outras, que se achaban proscritas ou que non eran recomen-dábeis antes desa data. A normativización centrouse, por tanto, na ortografía, na morfoloxía e algo menos na fonética, de forma que determinados aspectos dou-tras disciplinas gramaticais se encontran, a día de hoxe, sen equivalentes de refe-rencia, como é, en parte, o caso da sintaxe. Neste ámbito de reflexión gramatical, aínda que as persoas galegofalantes dispoñen en xeral de coñecementos que lles permiten distinguiren o que é válido do que o non é ou do que é admisíbel ou tolerábel do que non se pode aceptar, a polivalencia de posibilidades é notábel.

Por exemplo, sabemos que o plural de corazón é corazóns, tanto na varie-dade padrón como na faixa occidental do país, mais tamén somos coñecedores que o clítico pode ocorrer no interior da cláusula en diversas posicións, algunha directamente relacionada coa variabilibade xeográfica ou dialectal, cal é o caso de (1d), detectábel na oriental comarca de Burón:

(1) a. O libro? Tesllo que dar b. O libro? Tes que llo dar c. O libro? Tes que darllo d. O libro? Teslle que dalo etc.

De modo parecido, non ignoramos que unha FN cuxo núcleo for un subs-tantivo como o colectivo grupo obrigará a concordancia do verbo (2a, 2b), mais tamén sabemos que se poden proxectar eses mecanismos cohesivos nalgúns mo-dificadores do elemento nuclear (2c, 2d), posibilitando a concordancia lóxica ou siléptica:

(2) a. Veu un grupo e falou do asunto no nome de todas b. Un grupo chegará hoxe e outro mañá c. Viñeron un grupo de amigos e falaron do asunto no nome de todas d. Un grupo de estudantes manifestaron a súa opinión sobre os exames

276a lingüística galega desde alén marestilística, sintaxe e semántica

E, igualmente, o suxeito dun infinitivo en determinadas construcións adoito causativas ou hipertransitivas pode corresponder a un dativo ou a un acu-sativo:

(3) a. Mandeille saír b. Obrigoulles a comeren o peixe a’. Mandeina saír b’. Obrigounas a comeren o peixe

Entendermos por gramática a descrición morfofuncional dunha lingua nun espazo concreto suporá, orixinariamente, partirmos dos postulados da gra-mática descritiva. Mais tal axioma presenta algunhas singularidades típicas dun país en vías de se normalizar, como é a Galiza: aos consabidos factores que nun idioma poden chegar a determinar o devir da praxe diaria da lingua e mesmo a reflexión gramatical (popularismos, innovacións, reestruturacións funcionais dos paradigmas morfolóxicos, variacionismo nas súas diversas acepcións etc.), únese, na nosa situación, unha outra circunstancia de maior transcendencia e magnitu-de, extrínseca á fenomenoloxía gramatical, como é a presión do español. Por este motivo, para o caso particular do galego a fronteira entre gramática descritiva e gramática prescritiva, isto é, aquilo que é posíbel e aquilo que se considera co-munmente válido, adquire matices singulares2.

É punto asente a afirmación de que a gramática descritiva ten de nos pro-porcionar unha descrición acaída, completa e adecuada dun sistema lingüístico en particular e das diversas posibilidades que ofrecer no ámbito fonético-fonolóxico, morfolóxico, sintáctico etc. Debe ser elaborada cun amplo corpus que permita tirar conclusións significativas acerca dunha lingua, segundo Tusón (1985: 20), e, ao mesmo tempo, debe conceder atención ao que é, mais non ao que debe ser. Contrastivamente, a gramática prescritiva ten de se centrar nas regras que defi-nen a lingua “considerada correcta polo gramático ou por un sentir colectivo”, supondo, “por tanto, un encausamento previo da gramática dunha lingua e, me-todoloxicamente, a preexistencia da gramática descritiva” (Álvarez, 1994: 19).

2 Produtos desa singularidade por marcaren limites precisos entre unha orientación prescritivista e unha outra descritivista son, entre outros, os traballos de Álvarez (1994, 2005), Cidrás Escáneo (1994, 2005) ou Duarte (2005). é tamén de utilidade, aínda que centrado no español, o contributo de Tusón (1985, en espe-cial as páxinas 16-24).

277para unha sintaxe do galego

Xosé Manuel Sánchez Rei

Verdadeiramente, os dous tipos de gramática, como continúa a sinalar Ál-varez, son necesarios e compatíbeis, “sempre que a descrición ou a prescrición se fagan correctamente”. No entanto, asumindo a existencia de ambas as orienta-cións, quizais cumpra recoñecermos que, na realidade, non é frecuente acharmos gramáticas estritamente normativas, como tamén non é habitual encontrarmos traballos exclusiva e unicamente descritivos. De acordo con Tusón (1985: 16), resulta común que nunha gramática normativa figuren descricións puras, ao paso que adoita acontecer que nun traballo descritivo se faga algunha alusión ao que se considera “adecuado” ou “inadecuado”.

1.2. A sintaxe no canto da moeda: gramática preditiva

Considerando, pois, que é necesario un estudo descritivo da lingua para logo se contar cunha gramática de orde normativista, xorde a pregunta de se se poden, dalgún modo, medir as orientacións que están a vigorar nunha lingua ou que están a marcar as súas mudanzas lingüísticas. Tusón (1985: 15-24) fala da existencia, nomeadamente no marco teórico xenerativista, da vontade de traballar nunha gramática “preditiva” no sentido de estabelecer unha serie de regras que diga respecto ao funcionamento da lingua e, igualmente, ao que é posíbel agar-darmos del. Pola nosa parte, a concedermos ao termo “gramática preditiva” un relativo alargamento semántico, podemos tamén entender este concepto como o estudo daquilo que presumibelmente vai desenvolverse no ástrago da lingua. Como é obvio, esta focaxe nortearase cara ás disciplinas lingüísticas que intere-saren o investigador ou a investigadora, quere dicir, cará á fonética e á fonoloxía, cara á morfoloxía, cara á semántica etc., e, do mesmo xeito, cara á sintaxe.

A resposta a algúns interrogantes que dentro da gramática preditiva se puideren formular á volta de determinados aspectos xa é coñecida ou, cando menos, xa se pode intuír con facilidade. Así, por exemplo, o estado actual da lingua decantouse polo esmorecemento do seseo explosivo, reducíndoo a áreas xeograficamente pouco relevantes; de igual modo, o uso dos demostrativos com-postos tipo estoutro, esoutro e aqueloutro semella ir perdendo vitalidade a favor, en exclusividade, dos seus compañeiros de paradigma simples; aínda, temos de notar o progresivo espallamento do pronome tónico suxeito ti sobre o antigo tu, que cada vez vai ficando máis reducido ás rexións orientais da Galiza; igualmente, o galego moderno determinou o recuamento de formas verbais do tipo cantás,

278a lingüística galega desde alén marestilística, sintaxe e semántica

cantá, habituais aínda na Costa da Morte, mais que noutrora aparecían en áreas xeograficamente maiores; etc. Estas casuísticas son exemplos propositados de tendencias evolutivas que se poden constatar na lingua actualmente e nelas a sospeita do españolismo non parece plausíbel3. As propostas estandardizadoras non operaron do mesmo xeito con todas estas tendencias, pois, ao paso que cantás, cantá son atinadamente interpretadas como innovacións dialectais (polo cal non figuran nos paradigmas verbais), en confronto ti, que en orixe supón tamén unha innovación diatópica, figura como a forma pronominal escollida nas Normas.

Dentro do proceso de reposición e rexeneración do idioma, sen saírmos do marco da “gramática preditiva”, parece de relevo reflectirmos sobre que modelo lingüístico se debe potenciar. Estamos a falar daqueles fenómenos que, ao noso ver, teñen de ser salientados por constituíren elementos distintivos da lingua, por corresponderen a casuísticas lingüísticas de marcada autoctonía e por contri-buíren, do punto de vista gramatical, para a expresividade do idioma. Baixo esta perspectiva non se reivindica o arcaísmo fácil, mais construcións e casuísticas tra-dicionais que deben ser discriminadas positivamente para unha normalización real da lingua propia da Galiza. Ao falarse, en ocasións, da “deriva da lingua”, parece estarse a obviar que, desde hai séculos, esa deriva non é senón unha confluencia, cada vez máis acentuada, coa lingua que precisamente condiciona esa derivación, que non é outra que o idioma traído e imposto aquí polos axentes colonizadores a comezos da Idade Moderna; e tamén semella ignorarse que a tal deriva non foi totalmente natural, de forma que moitas evolucións lingüísticas que se verifican hoxe en día, quer xa consumadas, quer aínda emerxentes, non están condiciona-das polas tendencias evolutivas do galego, mais dirixidas cara ao español.

Así, deberemos preguntar en termos de gramática preditiva, pois, por que a “evolución” do galego secundarizou modernamente certos fenómenos mor-fosintácticos en favor daqueles parcial ou totalmente coincidentes co español: cales son as causas, por exemplo, de que a “deriva da lingua” prescindise com-pletamente da utilización do futuro do subxuntivo, coincidindo así cunha liña de evolución constatada no español?; como é que a perífrase obrigativa ter de +

3 Véxanse outras tendencias evolutivas en Álvarez (1994: 28-29), algunhas de presumíbel influxo es-pañol, como a documentación de cláusulas de reflexividade indirecta do tipo Quitouse a gorra, vigorante xunto á construción tradicional Quitou a gorra.

279para unha sintaxe do galego

Xosé Manuel Sánchez Rei

infinitivo, tan común en épocas pasadas, resulta, nos nosos tempos, unha posibi-lidade cunha rendibilidade menor se comparada coa súa situación noutrora?; etc. A resposta a estas cuestións, e aínda a outras que se poderían formular, é a mesma para todas e soamente apunta nunha única dirección, que é o castelán.

Ao falarse de estándar sintáctico, hai voces que, embora nos parecendo totalmente acaídas en termos xerais, semellan discutíbeis nalgún punto no refe-rente ao conxunto de pormenores. Cidrás Escáneo (2005: 353), por exemplo, di avogar por un “prescritivismo minimalista en sintaxe, que levante acta das op-cións socialmente rexeitadas de facto e, en todo caso, faga propostas correctoras para neutralizar interferencias externas”. Mais nótese que algunhas das opcións a que se refire por estaren “rexeitadas de facto” teñen moitas sospeitas razoábeis de corresponderen, precisamente, a certo tipo de “influencias externas”. Non habería acaso galegofalantes que non aceptasen construcións como Vin (o) Uxío ou Calou por te non incomodar e que, en confronto, asumirían sen dubidaren un-has secuencias como Vin a(o) Uxío ou Calou por non incomodarte? Non habería, por tanto, galegofalantes que rexeitarían estruturas sintácticas tradicionais, aínda hoxe con certo uso?

2. A perspectiva sintáctica: necesidade de potenciamento / prescrición dalgunhas construcións

Ao teor dos exemplos apuntados máis arriba, evidénciase a posibilidade de escolla entre varias construcións sintácticas. Xorde, pois, a pregunta de, perante varias opcións que foren semanticamente equivalentes, cal debe ser priorizada. A cuestión non é doada de resolver e non debe reducirse a unha selección entre diversos “tipos facultativos” no sentido en que aparecen en Silva & Koch (2002: 62-70) cando se refiren á existencia de diáteses pasivas face ás activas ou a proce-sos de enfatización de determinados elementos clausais; trátase, en constraste e con independencia do grao de autenticidade que outras construcións sintácticas equivalentes puideren presentar, de discriminarmos positivamente aquelas estru-turas sintácticas máis notabelmente autóctones que, precisamente por ese factor extrínseco antes comentado, a influencia do español, se achan nunha situación delicada: acaso non se fai isto por exemplo no plano lexical, de onde se pode afirmar na actualidade que, grazas a esa vontade de rexeneración, certa sorte de

280a lingüística galega desde alén marestilística, sintaxe e semántica

léxico se acha en vías de restauración? Dentro desa preferencia polas estruturas autóctones, debemos ter en conta que, conforme Álvarez (2005: 360-361), a sintaxe estándar debe alicerzarse en “diferentes variedades territoriais, sociais, estilísticas ou cronolóxicas”.

De entre todas as características dunha lingua, segundo tamén evidencian os casos de (1), (2) e (3), a que fai referencia ao variacionismo constitúe, talvez, a máis evidente, pois existe un tipo de variación en termos rexionais ou xeo-gráficos, históricos, individuais etc. Na realidade, trátase dunha situación que, particularmente en sintaxe, seguindo aquí o exposto en Álvarez (2005: 361), é sentida como “algo positivo, como unha amplitude de recursos que constitúe en si mesma unha riqueza”. E engade esta autora que a existencia de varias opcións “non resulta incómoda ao usuario, que agradece esa liberdade de escolla e a lixei-reza que o cambio de estrutura achega ás súas composicións textuais”. Estamos a falar, como é obvio, de posibilidades sintácticas intrínsecas ao propio galego, todas elas admisíbeis e lexítimas en termos de aceptabilidade.

Cidrás Escáneo (1994: 105-106) fala de dous tipos de variábeis extra-lingüísticas que determinan a existencia de diversas posibilidades de escolla: (i) variábeis inherentes ao emisor, isto é, factores “como a educación, o nivel social, a idade ou a orixe xeográfica do individuo xogan un papel fundamental na va-riación lingüística4; (ii) variábeis inherentes a outros elementos do proceso comuni-cativo, tales como o interlocutor, o tema do discurso ou “do propio medio para a transmisión dese discurso”. E repárese en que, en condicións normais, outra das variábeis que selecciona ou determina a variabilidade lingüística no galego é extrísenca ao emisor, ao interlocutor, ao tema ou ao medio de transmisión, pois trátase dun factor alleo a estas circunstancias, como é o español.

No apartado que vén a seguir imos expor algúns exemplos de casuísticas gramaticais que se achan modernamente determinadas por esoutra variábel ex-trínseca que é o castelán. As páxinas que seguen corresponden á nosa perspectiva persoal de como se debería axir para dar preferencia a estruturacións morfosin-tácticas con relación a outras homólogas.

4 Con todo, talvez sexa necesario matizarmos que, no ámbito da sintaxe, o variacionismo de tipo xeo-gráfico costuma ser pouco representativo, cando menos no galego, lingua en que a diferenciación sintáctica dialectal non resulta tan evidente como a morfolóxica, a fonética ou a lexical: “a sintaxe é un ámbito en que non hai grandes diferenzas obxectivas entre as distintas variedades de galego” (Álvarez, 2005: 369).

281para unha sintaxe do galego

Xosé Manuel Sánchez Rei

2.1. A próclise con formas verbais amodotemporais

Sen dúbida, un dos temas que máis estudos ten xerado na lingüística ga-lego-portuguesa é o referente á colocación dos pronomes átonos no interior da cláusula, xa que inciden na súa disposición tanto causas morfosintácticas como procesos de topicalización ou focalización. Non é o noso interese abordarmos aquí tan complexo tema, mais facermos unha chamada de atención sobre un tipo de colocación, como é aquela que protagoniza o clítico con formas verbais amodotemporais ou infinitas, comunmente rexidas por preposición, conxunción ou outro elemento que posibilite ou exixa a próclise:

(4) a. Para nos falar escolleu un momento tranquilo b. O xantar? Hai que o facer agora c. Non o ler suporalle un grande pesar d. Foime mellor ir a andar que lle pedir que me levase

A carón dos exemplos de (4), existe no galego contemporáneo unha outra colocación, que se vai facendo cada vez máis habitual entre diversos sec-tores de galegofalantes, mesmo chegando a ser a única en determinados grupos de idade5:

(5) a. Para falarnos escolleu un momento tranquilo b. O xantar? Hai que facelo antes das dúas c. Non lelo suporalle un grande pesar d. Foime mellor ir a andar que pedirlle que me levase

De entre os casos de (4, 5), a linearidade máis tradicional, como se indica en Freixeiro Mato (2000b: 175) ou Álvarez & Xove (2002: 567), corresponde aos exemplos de (4), disposición moito ben documentada en niveis de lingua populares ou coloquiais, como o atesta o cancioneiro tradicional:

(6) a. Miña nai por me casar (CPG I, 39) b. Eu paséi o mar á nado, queridiña, por te ver [..],

5 Afirma Álvarez (2005: 362) sobre construcións equivalentes: “Ningún falante adulto e ben instalado no sistema rexeita á énclise como alternativa válida na súa gramática, mais cabe que informantes novos [...] rexeiten a próclise como non normal, ben por pertenceren a un tramo de idade que aínda está en proceso de adquisición da lingua, ben por representaren un novo estadio evolutivo”.

282a lingüística galega desde alén marestilística, sintaxe e semántica

á pique de me perder (CPG II, 11) c. antes de s’ir par’a feira (CPG II, 182) d. ¡paseóu e sen te ver! (CPG III, 17)

Xunto a pronomes proclíticos con relación a infinitivos, tamén se detectan clíticos preverbais a respecto de xerundios, posibilidade igualmente autóctone e igualmente rexistrada, entre outras modalidades textuais, outravolta en textos de transmisión oral:

(7) a. tua nai non ch’o privando eu seréi teu ceruxano (CPG I, 168) b. non me querendo n-hai nada (CPG II, 19) c. as que Dios lle dou non lle faltando nengunha (CPG II, 131)

As gramáticas modernas recollen tanto a posibilidade da próclise canto a da énclise, segundo aparece en Freixeiro (2000b: 170-176), Álvarez & Xove (2002: 567) ou Hermida (2004: 90-91), aínda que só o primeiro dos traballos citados se posicione claramente a favor de potenciar en tales casos a próclise. Neste sentido, Álvarez (2005: 362-365), facéndose eco da grande complexidade que caracteriza a disposición do pronome átono na cláusula, distingue catro situacións de prócli-se en contextos anteriores como os de (4) para o caso de elementos nexuais: (i) o nexo é unha preposición, o que implica que a súa “marxe de aceptación é moi superior á práctica real dos falantes” (De se erguer antes chegaría cedo; etc.); (ii) o nexo é un relativo ou interrogativo ou a conxunción se, co cal tamén hai gran-de acordo entre os falantes relativamente á súa aceptabilidade (Non encontrou ninguén a quen o contar; etc.) (iii) o nexo é unha partícula comparativa, o que fai aumentaren “as dúbidas dos nosos informantes sobre a gramaticalidade” da construción sintáctica resultante (Mellor que lle mandar agora os parabéns sería axudalo; etc.); (iv) finalmente, existen outros nexos que “implican con certeza a énclise”, aínda que se poden achar exemplos nomeadamente procedentes

283para unha sintaxe do galego

Xosé Manuel Sánchez Rei

da lingua escrita que poderían ser, en certa medida, tolerábeis polas eventuais “persoas enquisadas” (Mira que comelo sen avisar! / Mira que o comer sen avisar!; etc.).

Pola nosa parte, coidamos que os exemplos de (4, 6, 7) deben ter un trato preferente nun modelo de lingua culta, concedendo, naturalmente, toda a cau-tela necesaria ao suposto (iv) sinalado por Álvarez, isto é, a aquelas construcións que, aínda podendo seren admisíbeis, parecen situarse nos lindeiros máis escuros da gramática, á marxe de calquera luminosidade que lles proporcionaría o uso. As razóns en que nos baseamos para pensarmos que merecen decididamente ser escollidas esas ordes son as seguintes: en primeiro lugar, e a pesar de coñeceren un uso cada vez menos frecuente, aínda son, na actualidade, relativamente fáciles de seren atestadas na lingua oral, sobre todo na fala das persoas de certa idade, de forma que non se trata de construcións arcaicas ou descoñecidas. En segundo lugar, corresponden á continuación dos modelos medievais para a colocación dos pronomes átonos, alicerzando así o potenciamento de estruturas gramaticais tra-dicionais. Por outro lado, debemos notar que tamén serven para nos achegaren ás ordenacións preferidas pola lingua estándar portuguesa, co cal estariamos a re-gar os eidos desa necesaria confluencia co noso mesmo tronco lingüístico, aínda se tratando dun aspecto moito concreto dentro da sintaxe. E en cuarto lugar, a preferencia de construcións como as de (4), (6) ou (7) fundamenta a reafirma-ción nun modelo de lingua que marque limites precisos co español no sentido de apostar seriamente nas características do sistema galego-portugués; os casos de (5), sendo tamén xenuinamente galegos, converxen coa disposición dos clíticos seleccionada por esa lingua e, precisamente por este motivo, son actualmente os máis doados de seren documentados, en detrimento da orde de elementos máis tradicional.

2.2. A preposición co CD en galego

Un outro aspecto que debe ser comentado obedece a aquelas estruturas en que se observa unha partícula preposicional para introducir o CD na cláusula. Na realidade, ofrecermos unha descrición de tales usos corresponde a un tema tan apaixonante canto complicado, asunto que leva inspirado, no galego e no conxunto en xeral das linguas románicas, unha literatura lingüística relativamente ampla, ora esteando centralmente o tema, ora a tratalo na esfera da transitividade

284a lingüística galega desde alén marestilística, sintaxe e semántica

xunto a outros tipos de elementos actanciais6. Como parece lóxico presupormos, as orixes que se barallan para eses usos preposicionais nos diferentes idiomas e variedades romances son diversas: en canto uns prefiren ver nestas construcións extensións analóxicas desde o CI, que no sistema lingüístico galego-portugués ou no español sempre leva a, outros argúen, do punto de vista histórico, tratarse dun fenómeno que remonta ao latín vulgar; e, ao paso que hai voces que até localizan a súa orixe no castelán, non faltan opinións que o fan retrotraerse xeo-graficamente á península itálica; etc7.

Aínda que se ten perfecta constancia de que, por norma, o CD non leva preposición a e de que só nuns casos moito concretos a admite ou a exixe, o certo é que o avanzo dese elemento preposicional como marca de CD é notábel na situación actual da lingua. A isto debeu de contribuír a presión do español, lingua que, á diferenza do sistema lingüístico galego-portugués, coñece un ren-díbel uso dese nexo para preludiar o obxecto8. Neste sentido, para un estudo da evolución do CD con preposición a en galego é de obrigada referencia hoxe en día o traballo de López Martínez (1993), quen, logo de analizar un corpus de obras literarias medievais, do galego medio e do contemporáneo9, achega unhas interesantes reflexións referíndose aos nomes propios, antropónimos e topóni-mos, a incidir tamén no seu triunfo no galego moderno presumibelmente des-de a lingua imposta: “A xeneralización nos textos actuais pode ser interpretada como unha evolución propia da lingua, pero tamén parece factible considerar un posible influxo do castelán” (López Martínez, 1993: 257).

No tocante á utilización que a antecitada partícula debe ter no galego como marca preludial do CD, a nosa proposta, neste sentido, é dupla: (i) por un lado, débese potenciar decididamente a súa eliminación en todos aqueles casos

6 Véxase, a modo de exemplo, López Martínez (1993, 1998), Cidrás Escáneo (1998), Pensado (1995) ou Freixeiro Mato (2000a).

7 Para as diversas hipóteses sobre a orixe e extensión, así como sobre a súa presenza na Romania actual, véxase Pensado (1995: 15-21) ou Laca (1995). Tamén, referíndose á lingua española, véxase Torrego Salcedo (2000: 1802-1803).

8 Pensado (1995: 11-13) fala sobre este particular dun “hecho característico del español” ou dunha “orginalidad” nesa lingua face a outras da súa contorna.

9 Para a situación do fenómeno en textos do século XiX, véxase tamén Freixeiro Mato, Sánchez Rei & Sanmartín Rei (2005: 603-606), traballo en que se expoñen abondosos exemplos de procedencia tanto individual como tradicional en que figura o CD sen preposición, ao paso que se recollen as impresións dos gramáticos da altura sobre o aparecemento desa partícula relacional.

285para unha sintaxe do galego

Xosé Manuel Sánchez Rei

en que o seu uso non for gramatical, tencionando así non caermos en presumí-beis españolismos sintácticos; (ii) por outro, e tendo aquí moito presente tanto a súa situación no portugués10 como a situación hodierna da lingua, tería de se eliminar toda esa casuística de dúas posibilidades nas súas construcións no sen-tido de, a non ser que for de uso obrigatorio ou que puider implicar mudanzas significativas11, suprimila sen dubidar, até cos nomes propios de persoa:

(8) a. Esta tarde vin o teu pai e tamén vin o Luís b. Non coñezo ninguén capaz de te axudar c. Esa medida do goberno afectou as gandarías d. Encontrei os amigos algo cansos

2.3. A concordancia frásica entre os clíticos e os complementos

O derradeiro dos fenómenos de carácter sintáctico a que nos imos referir consiste nas coñecidas como construcións pronominais con redobro de clítico, consonte Matos & Duarte (1984), en que aquel sinala un certo tipo de concor-dancia entre o verbo e a complementación que exixir, particularmente no con-texto dun CI representado mediante unha FN (embora tamén se detecten para o CD frecuentemente coa orde de elementos da cláusula alterados)12:

(9) a. Dálle o libro ao teu amigo b. Mándalle memorias á familia a’. Dá o libro ao teu amigo b’. Manda memorias á familia

Non se trata, por tanto, dun clítico con función sintáctica, mais cunha responsabilidade cohesiva no interior intraclausal, seguindo aquí Posner (1998:

10 Véxase, a este respecto, o exposto en Vilela (1999: 332-333) ou en Mateus et aliae (2003: 286-287).11 Obviamente, non estamos a falar de construcións actanciais en que a introduce o CPrep ou A4 nunha

FPrep, tales como aspirar a, optar a, proceder a etc. Repárese en que nestes casos a deictización obriga a pre-senza dun pronome como isto isto ou aquilo: Aspira a aprobar o exame de conducir → Aspira a iso; Optaba a unha praza no conservatorio → Optaba a aquilo; Procedeu á execución da sentenza → Procedeu a iso; etc. Nótese, con García-Miguel (1995: 99), que, deixando de parte o particular caso da preposición a con A3 (= Ci) e esporadicamente con A2 (= CD), as partículas nexuais máis frecuentes para introduciren A4 son a, de e en.

12 Na verdade, trátase dunha construción moito habitual no español, especialmente nalgunhas varie-dades dialectais. Neste sentido, sinala Fernández Soriano (2000: 1246) que nese idioma “los pronombres átonos de objeto aparecen en muchos casos junto al verbo en presencia del complemento canónico, en especial si este es pronominal tónico”, chegando a salientar que tal particularidade distingue o español doutras linguas “con las que tiene parentesco directo, como el francés o el italiano, que no admiten nunca la coaparición de un pronombre átono y un sintagma complemento”.

286a lingüística galega desde alén marestilística, sintaxe e semántica

215-216). Repárese, aliás, en que a presenza destas construcións con clíticos “associados a uma posição argumental com realização lexical” (Matos & Duarte 1984: 481) incide no feito de os pronomes átonos teren unha reponsabilidade sintáctica menos importante do que puider parecer, pois trátase simplemente de morfemas verbais que, ás veces e só ás veces, desenvolven esas funcións. Por este motivo, hai autores, conforme salienta Posner (1998: 216), que manteñen que os antigos clíticos están hoxe gramaticalizados como afixos verbais, non faltando romanistas, como continúa a sinalar esta autora, que se refiren a eles en termos de “conxugación obxectiva”. Esta singularidade non tería importancia de non re-pararmos en que os actualmente coñecidos como morfemas de número e persoa (MNP) parecen ter sido, nalgún tempo, pronomes que se aglutinaron ao predi-cado verbal para marcaren, xustamente, un determinado tipo de concordancia en relación ao SUX.

Obsérvese que as estruturas pleonásticas corresponden a un tipo de cons-trución o suficientemente presente na lingua para que na Galiza cláusulas como as segundas posibilidades dos exemplos de (15), en que non figura o pronome átono de dativo, sexan na actualidade pouco representativas, aínda que se co-ñecen exemplos en que non se atesta o clítico, como os seguintes, provenientes outra vez do cancioneiro tradicional:

(10) a. non teño á quen dar as queixas para dar ô meu rapás (CPG III, 20-21) b. O secreto d’o teu peito Non contes ó teu amigo (LPG, 67) c. Vou dicir a miña nai Que andan as vacas n-a chousa (LPG, 99) d. Unha vella dixo a outra Polo burato d’a porta (LPG, 195)

As construcións con pleonasmo de (15a, 15b), vigorantes por tanto no galego actual, parece non acharen un correlato canto á súa posibilidade de uti-lización para o caso da variedade padrón lusitana de hoxe en día, que preferiu estruturacións do tipo das segundas expostas en (15a’, 15b’) ou das recollidas

287para unha sintaxe do galego

Xosé Manuel Sánchez Rei

en (16). Segundo Posner (1998: 217), para o conxunto das linguas e variedades romances a duplicación de clíticos corresponde a unha relativa innovación, de que hai “escasos testimonios antes del comienzo de la época moderna”. Mais o feito de non ser habitual actualmente en Portugal non significa que o non fose noutrora ou que o non sexa en certas variedades de portugués13. A este respecto, contamos, en primeiro lugar, co testemuño de Francisco José Freire, quen, nos anos finais do século XVIII, defendía que as construcións con redobro de clítico, “longe de serem redundancias, são graças da indole da nossa lingua” (Freire, 1842, parte 3ª: 123).

E en segundo lugar, contamos coa lingua dialectal e popular dalgunhas rexións portuguesas, como a documentada no romanceiro trasmontano. Os ca-sos máis evidentes, a que non imos conceder atención por se acharen tamén no portugués normal, corresponden aos casos en que se detecta o pronome tónico oblicuo rexido pola preposición a acompañado do clítico pertinente, segundo se atesta nestes versos de orixe tradicional: também me vendo a mim [...] / nem te vendas a ti [...] / também me condenas a mim (RT I, 184). Ora, xunto a estes poden acharse outros en que o CI vén representado por unha FN con núcleo e adxacentes concordando co correspondente pronome átono, como nos casos que seguen, tirados igualmente da literatura oral:

(11) a. Já lhe deixo vinte contos a essa infeliz, desgraçada (RT I, 50) b. não lhe dou a i-alma a Deus sem me despedir do amor (RT I, 237) c. vai-le ensinar o camino ao ceguinho (RT I, 564) e. de pedir-lhe a filha à condesa (RT I, 879)

A maioría dos estudos portugueses modernos, en xeral, secundariza a exis-tencia das construcións pleonásticas ou dedícalles escuálidos comentarios. Así, en Cunha & Cintra (1992: 300) son identificadas cun “emprego enfático” para

13 Neste sentido, paga tamén a pena citarmos o exposto en Posner (1998: 215-217) cando fala da existen-cia de duplicacións mediante clíticos en diversas variedades dialectais ou populares do francés ou italiano: “Este fenómeno fue condenado por repetitivo y pleonástico por los árbitros del buen tono lingüístico en la época de la estandarización de muchas lenguas (sobre todo en francés y en italiano), y por eso se documen-ta más en el uso dialectal y no éstandar”.

288a lingüística galega desde alén marestilística, sintaxe e semántica

resaltar o complemento, ao paso que en Vilela (1999: 333-335) ou Mateus et aliae (2003: 289-290) non se fai ningunha referencia a elas. Contrastivamente, Bechara (2002: 422) sinala a “possibilidade de poder esse pronome [o clítico] duplicar o complemento indirecto na mesma oração, sem que este termo esteja obrigado a topicalizar-se, isto é, a aparecer antecipado na oração”. E de moito distinta opinión é o parecer de Matos & Duarte (1984: 481-482) cando afirman que unha das condicións para apareceren construcións con pronomes átonos reduplicados corresponde ao feito de que a frase redobrada “não pode ser uma expressão-R [= unha FN do tipo das de 11], mas apenas um pronominal”, parti-cularmente un persoal ou un cuantificador

(12) a. Vi-a a ela no cinema b. O Pedro apresentou-as todas c. Escrevi-lhes uma carta a eles após o jantar

Visto, pois, que as estruturas sen pleonasmo parece seren tan xenuinamen-te galegas como aquelas en que se atesta o redobro de clítico ao ambas se acharen no portugués, e visto tamén que este idioma, aínda a documentar tal sorte de aparentes redundancias morfosintácticas, prefiriu mantelas como construcións enfáticas, adoito identificábeis con rexistros lingüísticos populares, coloquiais ou dialectais, como aconteceu noutras linguas románicas, cabe facermos a pregunta de se, para o caso galego, non se debería ir concedendo preferencia, sempre que fose posíbel, ás estruturacións sen pleonasmo, ou, cando menos, se non deberían ser consideradas tan válidas como aquelas en que se verifica a duplicación. Desta forma, poderían conservarse as estruturas pleonásticas en ámbitos enfáticos ou en contextos en que a linearidade da cláusula puidese resultar modificada, ao paso que se escollería como recomendábel a posibilidade sen pleonasmo.

Así as cousas, contando coas tendencias que parece verificárense actual-mente no galego14 e coa opción preferente da maior parte das linguas románicas nas súas variedades cultas ou estandardizadas, en especial a portuguesa, poderia-mos distinguir dous contextos para clasificarmos cando deben ou poden aparecer as estruturas pleonásticas en condicións normais:

14 Véxase Cidrás Escáneo (1994: 117) cando se refire a “certos usos peculiares dos clíticos, como a ten-dencia ó rexeitamento do redobro do clítico de dativo (v.g., o embaixador entregou unha mensaxe ó presi-dente) que se cadra ten algo de argot internacional dos medios”.

289para unha sintaxe do galego

Xosé Manuel Sánchez Rei

1. Presenza obrigatoria cos pronomes tónicos oblicuos e cos cuantificadores que o exixiren:

(13) a. A nós viunos sempre traballando b. Dixéronme a min que o concerto se desenvolveu ben a’. *A nós viu sempre traballando b’. *Dixeron a min que o concerto se desenvolveu ben

(14) a. Escribiulles a todas un postal b. A algúns vai parecerlles caro ese viño a’. *Escribiu a todas un postal b’. *A algúns vai parecer caro ese viño

2. Ausencia preferente con frases nominais lexicalmente realizadas en casos en que se non altere a lineraridade da cláusula máis habitual:

(15) a. Entregou os exames aos alumnos á hora sinalada b. Pedín aos veciños que tivesen tino coa casa a’. Entregoulles os exames aos alumnos á hora sinalada b’. Pedínlles aos veciños que tivesen tino coa casa

3. cabo

Partindo de que unha das partes centrais da gramática é a sintaxe, e a termos tamén presente que existe certa polivalencia canto á escolla entre diver-sas posibilidades de construción frásica ou clausal, foi o propósito das páxinas precedentes facermos unha chamada de atención sobre a necesidade do poten-ciamento decidido dalgunhas desas posibilidades de estruturación sintáctica. De toda a fenomenoloxía gramatical que podería ser seleccionada para ilustrarmos esa discriminación positiva, concedemos a atención a varias casuísticas asaz repre-sentativas do galego, como son a próclise do pronome átono con formas verbais amodotemporais, a ausencia da preposicón a acompañando o CD e as estruturas pleonásticas con clíticos.

Somos sabedores da complicación que implica marcarmos a orientación no ámbito da sintaxe para a variedade estandardizada, pois a compoñente sintác-tica resulta ser unha esfera de reflexión en que as diversas posibilidades de escolla son, antes ben, percibidas como un trazo positivo. A prudencia aconsella os gra-máticos tracexaren coidadosamente eses norteamentos, nomeadamente naquelas rexións da descrición gramatical máis areoentas, como é o caso, por exemplo, das

290a lingüística galega desde alén marestilística, sintaxe e semántica

formas amodotemporais introducidas por certos nexos (cal a conxunción que en cláusulas valorativas) ou como tamén acontece coa preposición a + CD en deter-minadas situacións. Mais notemos que unha cousa é a atención pormenorizada e cautelosa para os casos de singular problemática e unha outra ben distinta a liña xeral de actuación naqueles contextos en que non existe esa conflituosidade.

Xa como conclusión final, repárese en que as vantaxes subsecuentes dunha reflexión atenta a esas fenomenoloxías tradicionais do idioma non parecen nada intranscendentes: un modelo de lingua que conceder prioridade a trazos idio-sincraticamente galegos sen caer nunha discriminación positiva exclusivista, un galego autóctone, en definitiva, achegará máis a nosa lingua a esoutro galego do sur do río Miño que foi chamado portugués e é falado hoxe en día por uns dous-centos millóns de persoas. Polo contrario, esquecérmonos deses trazos achega inevitabelmente o galego ao español, na “deriva” mesetaria en que se acha arras-trado desde hai tempo, e pon en perigo a súa mesma sobrevivencia no sentido de se poder converter nunha sorte de castelán dialectal con algúns xiros exóticos que lle darían “cor”. Este é, do noso punto de vista, un dos riscos que ten o galego nos tempos actuais, perigo que, en boa medida, vería desalicerzada a súa incidencia se se tivesen en conta todas esas fenomenoloxías lingüísticas tradicio-nais, pois reafirman os trazos distintivos do sistema lingüístico galego-portugués.

Referencias bibliográficas

Álvarez, R. (1994). “Gramática descritiva e gramática prescritiva”, Cadernos de Lingua 10, 19-35.

Álvarez, R. & X. Xove (2002). Gramática da lingua galega. Vigo: Galaxia.Álvarez, R. (2005). “A definición dun estándar sintáctico: problemas, cautelas,

límites”. In R. Álvarez & H. Monteagudo (eds.), Norma lingüística e variación. Santiago: Consello da Cultura Galega & Instituto da Lingua Galega, 359-373.

Bechara, E. (2002). Moderna Gramática Portuguesa. Rio de Janeiro: Lucerna.Cidrás Escáneo, F. A (2005). “A sintaxe na gramática: problemas de descrición e

problemas de prescrición”. In R. Álvarez & H. Monteagudo (eds.), Nor-ma lingüística e variación. Santiago: Consello da Cultura Galega & Insti-tuto da Lingua Galega, 335-357.

291para unha sintaxe do galego

Xosé Manuel Sánchez Rei

Cidrás Escáneo, F. A. (1994). “Modelos de lingua e variación sintáctica”, Cader-nos de Lingua 10, 103-108.

Cidrás Escáneo, F. A. (1998). “Marcaxe preposicional de obxecto en galego. Emer-xencia e vicisitudes dun proceso de gramaticalización sintáctica”. In D. Kre-mer (ed.) Homenaxe a Ramón Lorenzo. Vol. II. Vigo: Galaxia, 569-580.

CPG = Pérez Ballesteros, J., ed. (1979). Cancionero Popular Gallego y en Parti-cular de la Provincia de la Coruña. Madrid: Akal.

Cunha, C. & L. F. L. Cintra (1992). Nova Gramática do Português Contemporâ-neo, Lisboa: Sá da Costa.

Duarte, I. (2005). “Gramática descritiva, língua padrão e variação”. In R. Ál-varez & H. Monteagudo (eds.), Norma lingüística e variación. Santiago: CCG & ILG, 43-60.

Fernández Soriano, O. (2000) [1999]. “El pronombre personal. Formas y dis-tribuciones. Pronombres átonos y tónicos”. In I. Bosque & V. Demonte (dirs.), Gramática descriptiva de la lengua española. Madrid: Espasa, vol. I, 1209-1273.

Freire, F. J. (1842). Reflexões sobre a lingua portugueza, Lisboa: Sociedade Pro-pagadora dos Conhecimentos Uteis.

Freixeiro Mato, X. R., X. M. Sánchez Rei & G. Sanmartín Rei (2005). A lingua literaria galega decimonónica. A Coruña: Universidade da Coruña.

Freixeiro Mato, X. R. (1999). Gramática da lingua galega. I. Fonética e Fono-loxía. Vigo: A Nosa Terra.

Freixeiro Mato, X. R. (2000a). “Algunhas cuestións arredor da transitividade en galego”. In Professor Basilio Losada. Ensinar a pensar con liberdade de risco. Santiago & Barcelona: Xunta de Galicia & Universitat de Barcelona, 387-395.

Freixeiro Mato, X. R. (2000b). Gramática da lingua galega. III. Semántica. Vigo: A Nosa Terra.

Freixeiro Mato, X. R. (2003). Gramática da lingua galega. II. Morfosintaxe. Vigo: A Nosa Terra.

Freixeiro Mato, X. R. (2003b). Gramática da lingua galega. IV. Gramática do Texto. Vigo: A Nosa Terra.

García-Miguel, J. M. (1995). Transitividad y complementación preposicional en español. (Anexo 40 de Verba). Santiago: Universidade.

292a lingüística galega desde alén marestilística, sintaxe e semántica

Hermida Gulías, C. (2004). Gramática práctica (Morfosintaxe). Santiago: So-telo Blanco.

Laca, B. (1995). “Sobre el uso del acusativo preposicional en español”. In C. Pensado (ed.), El complemento directo preposicional. Madrid: Visor, 61-91.

López Martínez, M. (1993). O complemento directo con preposición a en galego. Anexo 36 de Verba. Santiago: Universidade de Santiago.

López Martínez, M. (1998). “A preposición a co complemento directo no ga-lego e no castelán medievais”. In D. Kremer (ed.), Homenaxe a Ramón Lorenzo. Vigo: Galaxia, vol. II, 633-447.

LPG = Saco Cid, Juan Luis, ed. (1987). Literatura Popular de Galicia. Ourense: Deputación de Ourense.

Mateus, M. H. M. et aliae (2003). Gramática da Língua Portuguesa. Lisboa: Caminho.

Matos, G. Ardisson & I. Silva Duarte (1984). “Clíticos e sujeito nulo no por-tuguês: contribuições para uma teoria de pro”, Boletim de Filologia 29, 479-538.

Pensado, C. (1995). “El complemento directo preposicional. Estado de la cues-tión y bibliografía comentada”. In C. Pensado (ed.), El complemento direc-to preposicional. Madrid: Visor, 11-59.

Posner, R. (1998). Las lenguas romances. Madrid: Cátedra.RT = Fontes, M. da Costa (ed.) (1987). Romanceiro da Província de Trás-os-

Montes (Distrito de Bragança). Coimbra: Universidade, 2 vols.Sánchez Rei, X. R. (2005). “Trazos xerais da tradición gramatical galega”, Revis-

ta Galega de Filoloxía 6, 93-121.Silva, M. C. P. de Souza & I. G. Villaça Koch (2002). Lingüística Aplicada ao

Português: Sintaxe. São Paulo: Cortez.Torrego Salcedo, E. (2000). “El complemento directo preposicional”. In I. Bos-

que & V. Demonte (dirs.), Gramática descriptiva de la lengua española. Vol. II. Madrid: Espasa, 1778-1805.

Tusón, J. (1985). Teorías gramaticales y análisis sintáctico. Barcelona: Teide.Vilela, M. (1999). Gramática da Língua Portuguesa. Coimbra: Almedina.

Historia e dialectoloxía

A lingua dos galegos en textos portugueses dos séculos XVi-XiX

rosario Álvarez

Universidade de Santiago de Compostela

RESuMO

Nestes séculos a figura do galego é recorrente ora en vilancicos ora en pezas teatrais destina-

dos a un público portugués. O personaxe está fortemente caracterizado pola súa lingua. Mos-

tramos que nos dous tipos de textos existe unha evolución cronolóxica, desde o inxenuo pastor

inicial a un personaxe paródico, que se vai afastando paseniño do retrato do natural, e como

esta deriva vai acompañada dunha cada vez máis marcada caracterización lingüística fóra da

norma, destinada a provocar a hilaridade do auditorio. Esta evolución acompaña o desprestixio

das variedades do norte na configuración do estándar portugués moderno.

Palabras clave: variación lingüística, prexuízo lingüístico, galego, teatro portugués, vilancico.

A descrición lingüística baséase, de forma natural, nos trazos observables na lingua dos falantes nun tempo e nun territorio dados, e compleméntase cos xuízos e prexuízos que eses mesmos falantes teñen sobre as súas formas, tanto se os dan formulado de forma explícita coma se son inconscientes. Ora ben, o retrato lingüístico, para ser ben completo, debería conter tamén a visión que os pobos circundantes teñen deses falantes e da súa lingua. Nesta contribución

A LiNGüíSTiCA GALEGA DESDE ALéN MAR (iSBN 987-84-9887-145-6)

universidade de Santiago de Compostela, 2009

296a lingüística galega desde alén marHistoria e dialectoloxía

pretendemos camiñar nesta liña, observando os trazos que caracterizan a lingua dos galegos en textos portugueses dos séculos XVI-XIX.

Apoiámonos en dous tipos principais de textos, que gardan varios trazos en común. Dunha banda, textos teatrais en que o galego é un personaxe reco-rrente a partir dun certo momento, como o foron o vilão e o ratinho, e máis tar-de o serían o brasileiro, o saloio ou o algarvío. Doutra, os vilancicos cantados en capelas, igrexas e catedrais portuguesas na Idade Moderna, en que o personaxe do galego pode aparecer só ou acompañado doutras figuras, por veces en textos dialogados que gardan moita similitude co entremés.

Para os vilancicos valémonos da colectánea editada polo lembrado Manuel R. Lapa (1930), co título Os vilancicos. O vilancico galego nos séculos XVII e XVIII. Os textos proceden da Biblioteca Nacional (Lisboa), onde se garda «uma imponente colecção de vilancicos, executados a maior parte dêles na Capela Real de Música» (Lapa: 7). Levado pola curiosidade literaria a follear eses fascículos, o editor escolma 20 pezas cantadas entre os anos 1640 e 1705 nas festividades de nadal ou reis na Capela Real (CR, 10), na Sé de Lisboa (SL, 4), no Convento da Graça de Lisboa (CGL, 1) e na Sé de Coimbra (SC, 5).

Para o teatro valémonos de varios textos escolmados entre mediados do século XVI e o inicio do século XX, con tres cortes temporais. Comezamos polo primeiro galego do teatro portugués identificable como tal, que na autorizada opinión de Paul Teyssier (2005: 209) é a figura do criado de don Simão no Auto de Florença de João de Escovar, unha obra da escola vicentina que se conserva en copia de 15611. O seguinte treito corresponde á obra Os encantos de Merlim, representada en Lisboa en 17412. O terceiro corresponde á segunda metade do

1 Auto de Florença. Auto feyto por Joam de escouar a el Rey dom Sebastiam por Natal, de mil e quinhentos e sessenta e hu annos. As figuras sam as seguintes: Hum Veador, don Simam, dõ Fernãdo, An-drade, Lionisa, Gallego, Floreça, Vilam, Pay de Floreça, Theodora pastora, Martinho ratinho, Ventura, tres sabios cantores. Com licença impresso. Seguimos a edición facsímile de Michaëlis 1930. João de Escovar, logo Frei João de Escovar, foi compositor de motetes, misas, oficios de defuntos e vilancicos, e como tal figura no Index da Livraria de Música de João IV (Michaëlis, 1922: 45); damos esta información por se se puidera establecer algunha relación entre o xénero musical e esta primeira presenza teatral.

2 Theatro comico portuguez, ou collecçaõ das operas portuguezas, que se representaraõ nas Casas dos Theatros publicos do Bairro Alto, e Mouraria. Offerecidas à muito nobre Senhora Pecunia Argentina por ***. Tomo Quarto. Contém Filinto. Encantos de Circe. Semiramis. Encantos de Merlim. Lisboa, na Officina Patr. de Franc. Luiz Ameno. M.DCC.LXi. Com as licenças necessarias. No interior, baixo o título, dise «Opera que se representou na Casa do Theatro publico da Mouraria no anno de 1741»; xa que logo, salvo erro, hai dúas décadas entre a representación e a edición. Outra ficha da BN portuguesa abunda no ano 1741 e atribúea a Alexandre António de Lima (1699-1760).

297a lingua dos galegos en textos portugueses dos séculos xvi-xix

Rosario Álvarez

séc. XIX, alongada ata os primeiros anos do XX, época en que este personaxe é especialmente abundante; dela escolmamos para a exposición dous textos repre-sentativos:

Anónimo (1861): Novo entremez intitulado O Gallego lorpa e os tolineiros. Lisboa: Typ. Mathias José Marques da Silva [reeditado con lixeiras variantes formais en 1879 como O Gallego lorpa. Entremez em um acto. Porto: Casa de A. R. da Cruz Coutinho].Redondella, Juan do (s.d.): Confissão d’um Gallego seguida d’uma cantiga «Os martyrios do aguadeiro». Lisboa: Livraria Popular de Francisco Franco [fundada, como di a capa, en 1890].

A análise da figura en ambos os grupos de textos revelounos que os vilan-cicos e as pezas teatrais son semellantes en dous aspectos: dunha banda, a carac-terización do personaxe do galego reside en boa medida, se non en exclusiva, nas súas características lingüísticas; doutra, a figura evoluciona do mesmo xeito e, grosso modo, nas mesmas coordenadas temporais.

1. Os galegos dos vilancicos

1.1. A maior parte dos vilancicos cantados en Portugal nos séculos XVI e XVII estaban en castelán (89% no Index da Primeira Parte do Catálogo da Biblioteca Real; Cardoso, 2006), pois no dicir de Lapa «Era moda, que vinha já de longe, e fôra naturalmente agravada pela dominação filipina. Não era fácil extirpá-la; os autores escusavam-se, afirmando aos ouvintes que se a língua era castelhana, a alma era portuguesa [...]; era emfim, digamos, como que a língua oficial do vilancico, como no século 13 o galego-português fora a língua oficial do lirismo» (Lapa, 1930: 9). Xunto aos vilancicos en castelán están os chamados portugueses –porque usan o idioma portugués ou invocan intencionadamente o nome de Portugal– e os identificados como galegos, bascos, saiagueses e de negros ou guineos (Cardoso, 2006).

Nun traballo anterior (Álvarez, 2007) quixemos chamar a atención so-bre os textos dos vilancicos «en galego», mostrando que existe unha evolución da figura do galego que se acompaña dunha evolución dos trazos lingüísticos que a caracterizan. Entre os últimos anos do séc. XVI e mediados do séc. XVII transítase dun personaxe literario marcado positivamente, en forma do galego

298a lingüística galega desde alén marHistoria e dialectoloxía

campesiño que acode ao presebe para festexar o nacemento do neno, a un perso-naxe cómico, en aparencia caricaturesco, que só busca o riso do auditorio.

1.2. O personaxe literario inicial comparte os seus atributos de pobreza co neno e a súa nai, pero sobre todo insístese na natureza galega destes. Son moitos os trazos que forman parte da imaxinería que os ligan con Galicia ou coa imaxe que na altura se ten dela: son loiros (isto é, sen trazas de «mourería»), o cativo dorme entre a mula e o boi, a cama e o teito son de palla, anda descalzo, treme de frío cun tempo sempre inclemente, é primo de Santiago (que ten casa en Compostela), é galileo=galego, é de Oriente=Ourense, etc. Nas primeiras com-posicións non hai asomo de trazos paródicos nin características con intención minusvalorativa: os labregos e pastores galegos acoden de xeito natural coas súas gaitas e as súas danzas chouteiras para acoller ao neno que escolle nacer galego nunha corte e do que esperan grandes mudanzas. Chamamos a atención, aínda que sexa de pasada, sobre o feito de que este personaxe contrarresta dalgún xeito a imaxe negativa que se ten do galego, tanto en España coma en Portugal, e que fai dicir a un dos pastores «e son eu galeguiño con perdon» (CR, 1645).

Nos inicios, tampouco é paródica a súa lingua. Os indicios apuntan a que en parte se aproveitan composicións galegas –de orixe relixiosa ou, con maior probabilidade, profana–, que nuns casos se insiren tal e como se coñecen e nou-tras se refán ou modifican para adecualas á ocasión; é obvio que, nun e noutro caso, pode haber problemas de transmisión ou de transcrición, sobre todo ten-do en contra a reiterada participación no proceso de persoas non galegófonas. Outros textos ou estrofas son composicións novas –sen prexuízo de que logo se repitan total ou parcialmente, con maior ou menor fidelidade, en vilancicos pos-teriores–, de autores galegos ou non galegos que desde o punto de vista lingüísti-co se moven entre dous polos: dun lado, a necesidade de garantir a comprensión por parte dun auditorio non galego; do outro, a procura dunha impresión de au-tenticidade que fai presumir unha fidelidade intencional, mais non por iso exenta de ter que cumprir con certos trazos que o público identifica como galegos. Non faltan versos ou estrofas en que podería conxecturarse a existencia de traducións, con distintos niveis de acerto.

A mediados do séc. XVII o personaxe vai acentuando os trazos humo-rísticos do individuo rústico, parvo ou ignorante, ata facerse paródico, cunha

299a lingua dos galegos en textos portugueses dos séculos xvi-xix

Rosario Álvarez

evolución interna que ademais vai facendo que perda autenticidade lingüística. Nas colectáneas ibéricas que estudamos semella que tamén esta evolución foi exportada da meseta a Portugal, onde se comproba de forma máis lenta e pos-terior, como teremos ocasión de comentar. Así como nos vilancicos do dominio castelán a lingua deste «galego» vai asumindo trazos non prestixiados de distintas procedencias –do castelán «rústico» ou saiagués, e en boa medida asturianos–, no ámbito portugués mestúrase co ratinho (inicialmente beirão), coas variantes dialectais que se saben ou se supoñen do norte de Portugal (desde a óptica de Coimbra-Lisboa) e con trazos percibidos como arcaicos ou rústicos, alleos ao modelo «normal».

1.3. A escolma de vilancicos galegos editada por Lapa reúne 20 pezas cantadas entre os anos 1640 e 1705. Os doce primeiros textos (Lisboa, 1640-1664) corresponden con toda evidencia ao primeiro tipo de personaxe literario. Achegamos a modo de exemplo cadanseu treito:

Beña nora buena / o ceo para a terra. / Beña minha vida / e seja de Galicia. / [...] / Ay, dela miña terra / beño eu contente / porque Deos do Ceo / he já meu parente. (CR, 1640).Al son del Minho y Mondego / bailai, pois Deos nace já, / Galego, que pouco vá / de Galileo a galego; / [...] / Solo un galego qual nós / fizera lo que Deos faze, / pois entre mula e voi nace / como galego, aunque Dios (CR, 1641).Ay dela miña terra veño cá / porque Deos do Ceo veim de lá. / Ay, suas peroliñas coalladas / lagrimiñas foiron choradas. / Ay, galeguiños nobos en Belem, / riense os ceos, folgai bos ben. / Ay dela miña terra he vindo yo / e son eu galeguiño con perdon. (CR, 1645).[estrib.] Como un oiro es o menino: / bastalhe ser, minha fé, galeguinho. / [co-plas. i] Como un oiro tene la risa, / bastalhe ser lo milhor de Galiza. / Como un oyro es la sua madre, / bastalhe ser galeguinho seu padre. / [estrib.] Como un oiro, etc. / Como un oiro es la companha, / bastalhe ser do milhor da montanha / Como un oiro está brincando, / bastalhe ser galeguinho fidalgo. / Como un oiro se adormece, / bastalhe ser galeguinho de Orence. (SL, 1645).Ay repicai, miniña, o pandeiro, / que fazer hu)a festa queiro. / Ay pelo bem da gente galega, / Deos ha nacido de a Virge) bella: / ay, repicai, etc. (CR, 1646).Se entre todas las naciones, / que a Dios buscando se ban, / bamos tambien los gallegos / para o poder festejar, / porque dizen que he nacido / o rei dos galegos já, / he grande bentura a nossa / termos Rey nado acá. / [...] / Ay, pois que cheguei a belo, / a el le tengo de cantar / unas cantigas galegas / para o poder

300a lingüística galega desde alén marHistoria e dialectoloxía

alegrar: / Ay meo Rey, meo Senhor, / meo lindo fidalguinho, / ay morrome por bós, / porque sois galeguinho; / ó meo namoradinho, / ay morrome por bós, / porque sois galeguinho. / Sois o mais donoso, / mais belo e mais fermoso / que de Ourence bino: / ay, morrome por bós, / porque sois galeguinho. (SL, 1646). Galeguiños, galeguiños, / ay, que os traygo que contar, / que o miniño garridiño / ha nacido galeguiño / esta noite em hu) portal. (CGL, 1647).Ay miña nay, o galeguinho nobo / na)o sei que se ten que todo he como u) oiro. (SL, 1647).Ay, ay, he minha vida, / nace en Belen. / ay, repicai, cantay, folijai, tangei! / Ay, galeguinhos, galeguinhos, ay, / festejai e dai saltinhos, / o cordeiro dos arminhos / perdoando pecadinhos / pera a terra dos Ceos bem. (SL, 1648).Ay minha flor que naceis de una estrella, / Ay morrome de amores por vós e por ella. / Queiro darvos musiquiña, / com pandeiro e com frautiña, / com guitarra e rabequiña, / cascavel e churumbela. / [...] Si de frio as lagrimiñas / son, meu ben, as galeguiñas / para fazervos mantiñas / serom martas todas ellas. (CR, 1650).Si o solciño se mostra garrido, / quérole ben poes me quita o frio./ ay, ay, ay. / Si o pastor cordeciño suspira, / quérole ben pois velando nos silva, / ay, ay, ay. / Si o cordeiro ha nascido na terra, / quérole ben por la paz que nos deixa. (CR, 1661).Ay, de aquela vanda, ou desta / falame una Santiaguesa. / [...] / Ay, pela nossa campiña, / tangei sedo a gaitiña. / Ay, tangelde o pandeiro / que ele se fará gale-go. / Ay, si he sua Nay tan bela / solo pode ser galega. (CR, 1664).

Os problemas de transmisión textual e a intertextualidade evidente nesta ducia de textos –polo demais habitual nos vilancicos–, está na base de gran parte da variación e da mestura lingüística que se percibe neles en maior ou menor medida3: hai versos, estrofas, refráns... integramente en galego, pero outros están interferidos polo castelán e/ou polo portugués (es P3, tene, tengo, veñe; gosto, huma); non faltan tampouco algunhas acomodacións á que se supón é a maneira de ser característica do galego (como minho por meu, ben aboada polo cancio-neiro galego-castelán).

3 A intertextualidade facilita que nun mesmo vilancico se combinen estrofas en distintas linguas ou variedades. Valla como exemplo o texto ii da colección, en que están en galego os versos 1-2 do estribillo, os cinco primeiros da copla 1ª (vv 15-19) e parte da copla 2ª, que cambia ao castelán en metade do cuarto verso (vv 22-25). Os outros versos están en castelán.

301a lingua dos galegos en textos portugueses dos séculos xvi-xix

Rosario Álvarez

Hai casos en que as variantes estrañas –por infrecuentes ou por espúreas– semellan forzadas pola rima, do tipo queiro/pandeiro, teirra/pracenteira: así, en «Ay dela miña terra he vindo yo / e son eu galeguiño con perdon» (CR, 1645) o pronome castelán yo seguramente permanece a falta dunha solución mellor que asegure a rima asoante con perdón4. Mais esta doada explicación non vale en varios outros rexistros, pois en xeral parece un exceso de celo na verosimilitude leva a hipercaracterizar a lingua de acordo co tópico: «Já nom queiro mas Galiza / nem suas asperas montañas» (CGL, 1647), «Ay, inda que en a teirra nace, / angeles dos ceos o apracen» (CR, 1664). Noutros casos hai indicios de que se operaron procesos de tradución, pois no texto presentado como galego subxace outra lingua, polo xeral o español: en «Sois o mais donoso, / mais belo e mais fermoso / que de Ourence bino: / ay, morrome por bós, / porque sois gale-guinho» (SL, 1646), non se podería manter a rima asoante aabcb nin coa forma veu nin coa variante dialectal viu, polo que permanece bino. Ese proceso de versión ao galego pode ser deficiente, ben por descoñecemento ben por elu-dir formas que non son transparentes nin recorrentes no xénero, e que por iso poderían dificultar a comprensión do textos: en «Beña o lume, beña, / e fuja)o as tenebras» (CR, 1640), é obvio que o metro pide tebras, moito máis distante de cast. tinieblas, pero a forma galega non se recolle en ningunha das versións que coñecemos desta cántiga (teniebras en CR, 1645; tiniebras en Toledo 1641 [Buezo: 423]).

Fóra destas formas extrañas ocasionais e do hibridismo dalgunhas pezas, a lingua é no fundamental o galego. Hai nela algúns aspectos gráficos interesantes, como a recorrencia de <b> en correspondencia con port. <v> (beña, bos, bontade, nobos, con raros exemplos en contrario, voi), dando conta da equivalencia gal. /b/ ↔ port. /b/:/v/; empréganse adoito as grafías diferenciais <ll, ñ> (palliña, beña, garridiño), sen que falten as equivalentes portuguesas <lh, nh> (que me re-tinha, retinha, retinha / que me retiña, retiña o som); úsanse indistintamente <-n, -m> en posición final, con evidente maior abundancia do primeiro (baijon, foron, son, con perdon, ben, queren xunto a som, parabem). Non é infrecuente atoparmos

4 Lapa suxire en nota outra lectura: «supomos que yo estará por ôy, oi, que seria mais galego, embora na pausa conviesse antes oxe» (1930: 39). O problema permanece, porque é dubidosa a maior galeguidade de oi, con independencia de que exista no NE do noso territorio (ALGa: ii 324).

302a lingüística galega desde alén marHistoria e dialectoloxía

a grafía <n> por /­≠/, sexa por variante formal ben testemuñada historicamente sexa por transmisión deficiente de <ñ> (v.g., <tenen> por teñen): este problema gráfico favorece nuns casos unha interpretación á portuguesa afastada da solu-ción galega, como na interpretación de <ino> como -ino en menino ~ minino (port. menino), que se fai normal nesta colectánea fronte a só dúas ocorrencias de miniño; a interpretación contraria favorece noutros casos a coincidencia co español, como na lectura <nino> como niño5. Canto á nasal velar, oscila entre a representación con <n>, con til ou á portuguesa: una, hũa, huma. En posición de rima asoante, atopamos ditongos equivalendo a vogais medias, como en douro / olhos, parideira / galega, pandeiro / fisemos, pesebreira / festa, deita / eras, terra / deixa, etc. En xeral, estas non son pezas de grande altura literaria e a rima é moi deficiente, pero en todo caso o absoluto descoido da distinción de abertura entre /o/:/O/ e /e/:/E/ pode ser un indicio máis da factura fóra do ámbito galego--portugués6. Nalgúns casos a vestimenta gráfica dálle ao texto unha aparencia volta castelá volta portuguesa, encubrindo trazos característicos de variedades galegas ou explicables desde este punto de vista: así, en <de la miña terra beño eu contente> non é preciso ver o artigo castelán la pois pode ser o alomorfo que en galego corresponde tras a prep. des, e nos ocasionais -ão debe verse a repre-sentación dunha secuencia de vogal e consoante nasal (-an en fujão, festeja)o; -on en não).

A lingua destes textos caracterízase ademais pola recorrencia de -iño como forma do diminutivo (bonitiño, lagrimiñas); polo uso xeralmente diferenciado das terminacións -on e -an, en correspondencia ambas con port. -ão ou -am (foron, biron [port. -am] e som~son, perdon, coraçon [port. -ão] / chaman, fican [port. -am] e tan~tam, ban, han, dan, gran sabença [port. -ão]; pola presenza de formas verbais características (reais ou analóxicas: faga, fun, von ‘vou’), entre as que salientamos o morfo de P5 -des en concorrencia co máis frecuente -is (cho-redes, vades [subx.] xunto a sois, estays, naceis); polo uso xeralmente diferenciado

5 Compróbase que houbo unha lección inadecuada en casos coma o seguinte: en «Ay, beño a ber o niño / que he tam bonitiño; / beño a ber o niño / porque he galantiño» (CR, 1640) atopamos a mesma rima nos catro versos da estrofa, en lugar da rima consoante só nos versos pares presente nas restantes. Non ocorrería isto nin con neno nin coa forma dialectal nino, presente noutros vilancicos.

6 Nalgún deste pares poderiamos conxecturar sobre a monotongación en certas áreas do dominio portugués, mais mesmo así subsiste o problema da rima (como por exemplo, entre port. douro [o] e olhos [O]).

303a lingua dos galegos en textos portugueses dos séculos xvi-xix

Rosario Álvarez

de <oi ~ oy> (noite) e <ou> (ouro, outro), se ben a palabra ouro ~ oiro manifesta ambas as variantes, dando conta da equiparación entre <ou ~ oi> operada en dialectos portugueses7; polo uso da variante le do pronome dativo e contraccións do tipo coelos; pola presenza de léxico característico, como esporteiros, chouteira, mai.

1.4. Nos sete últimos vilancicos da colección obsérvase unha evolución que vai da acentuación dos trazos humorísticos do personaxe (o carácter rural faino un pailán algo parvo) e acaba sendo un arremedo. Os vilancicos máis mar-cados neste sentido son os máis tardíos da colectánea (1696-1705) e, ademais, os que proceden da Sé de Coimbra, polo que non resulta doado sabermos se nese carácter inflúe máis a cronoloxía ou o ámbito de elaboración.

Tamén vai evolucionando a lingua, que paseniñamente abandona a vero-similitude. É a lingua dos vilancicos serodios a que fai dicir a José Luis Pensado (1985: 301), moi sentido, «una lengua distorsionada, esperpéntica, caricatures-ca, espejo de un aprecio social muy bajo, que es posible refleje una realidad lin-güística fruto de un bilingüismo, que el emigrante gallego tiene que afrontar y superar en Castilla». En realidade non é a lingua dos naturais de Galicia, senón a lingua dun tipo teatral coñecido como «o galego».

En «Oh! balhame som Silbestre» (SC, 1701), un portugués sabichón ins-trúe un «galego tonto». O galego ten problemas coas sibilantes e, sobre todo, hiperabundancia de <x> [S] (ex me, xi bus anda; cachoipo e cachoipinho xunto a caixoipinho; donjela; ximpado)8; usa decote <b> (bálhame, bay, bon ‘vou’, boltas, bem, bus, bamos, ber), xunto a esporádicos <v> fóra de lugar (vuscar, vem, voy ‘boi’); moitos ditongos en /i/, como <oy, oi> (escoito, cachoipo, caixoipinho,

7 Segundo Leite de Vasconcellos (1987: 91), en portugués, ademais da monotongación de <ou> ['o] na maior parte do territorio (o ditongo mantense no norte; mapa en Cintra 1983), hai palabras en que alternan de forma xeral <ou, oi> (como dois ~ dous, oiro ~ ouro) e dialectos en que se xeneralizou <oi> (cita Mon-corvo [Bragança]). Segundo Argote (1725, apud Neto: 562), o uso de oi caracterizaba xa na altura os falares da Beira. Todos eses trazos fónicos ou gráficos están presentes nestes textos, e tamén as ultracorreccións conseguintes: presenza de <o> no canto de <ou> (choteira) e de <oi> no canto de <o> (foiron).

8 As realizacións apicais características dos dialectos portugueses do norte e do galego son con fre-cuencia sentidas no resto do dominio portugués cunha sibilancia que as aproxima a realizacións de /S/. Tras describir o modo de articulación destas palatais, como característico dos falantes do Minho e de Trás-os-Montes, Gonçalves Viana (1941: 184) engade: «Cette prononciation est désignée par l’épithète xabancas, chez les habitants de Lisbonne, pour lesquels le mot santo, par ex., prononcé par un habitant du nord, sonne comme xãtu7».

304a lingüística galega desde alén marHistoria e dialectoloxía

estoiro, matoita, oyra, oybirme, cabrioylar, poide, loygar, espoizo, coiraçom...), <ei> (beijo ‘vexo’), <ay> (ayrora) e <ui> (muila), que en boa parte dan variantes im-posibles; <ea> (bosseas); <-om> (som Silbestre, nom sabe, tom sazuda) ou <-am> (tenham mam); <-on, -om> na P1 (bon ber, milhentas boltas dom); <r> epentético (Brelem, contrendas); ocasionais P5 con <-des> (choredes); formas fonéticas e/ou morfolóxicas estrañas (fasguer, fasguem, fasgamos, comprasguer, prasguer); fre-cuentes vulgarismos léxicos (esterlogia, folosufar, sazuda, antremos, de retrempe), que se unen a palabras ou expresións chocantes (es marmelega cá mossos, boa bay a xirinola, me salta por los ilhaes, esbagoandose está) e a arcaísmos (leixe, ca ‘conx. explicativa’). Contrasta ben co portugués, que como representante do país e do público carece de trazos minusvalorativos (usa <-a)o>, é teísta, nunca ten <r> epentético, sempre emprega <ui> ou <ou>, etc.).

2. O personaxe teatral do galego

O teatro portugués do século XVI e seguintes, coma o español no que en certo modo se inspira, explota a introdución de personaxes populares que nun tempo achegan un aire de frescura ás representacións e noutro sosteñen as pasaxes de maior comicidade da obra, facendo máis lixeira e divertida a trama principal. De acordo con Paul Teyssier, no seu clásico estudo da lingua de Gil Vi-cente, na ampla galería de tipos populares que poboan o seu teatro (o saiagués, o parvo, o vilão, labradores e pastores, comadres, xudeus, mouros, negros, xitanos) falta o personaxe do galego, que non obstante aparece na escola vicentina, como nova encarnación da figura do vilán.

O galego é un personaxe teatral, cunhas certas características de xénero que non pretenden un retrato fiel da realidade, pero contribúen a crear un este-reotipo que acaba revertendo sobre a imaxe dos galegos.

2.1. Auto de Florença (1561)

João de Escovar preséntanos o primeiro personaxe dun noso coterráneo, sen nome propio e chamado por todos galego. Aínda que en moitos casos a men-ción do galego alude por igual a naturais de Galicia e a portugueses do norte, as primeiras palabras deste personaxe serven para poñer en claro que se trata dun noso paisano: «Ay sanctos de Põtevedra / mal chebos faga a cruzada». Compar-

305a lingua dos galegos en textos portugueses dos séculos xvi-xix

Rosario Álvarez

te escena con outros tipos de distintos estratos sociais, entre eles un vilam e un ratinho, todos presentados como presuntos retratos do natural e caracterizados como un tanto pailáns, mais buscando os efectos cómicos sen escarnio nin trazos excesivamente paródicos.

O noso galego é un home algo simple ao servizo de dõ Simão, que fala del como o meu galego, expresión que debemos entender como ‘o meu criado galego’. Non lle faltan nin labia nin certo enxeño, e as mencións que os outros fan del contribúen a un retrato que non abunda en aspectos negativos («Em minha vida não vi tal / gallego de tanto gosto / alguem ja o tem em posto / que va seruir seu natural / entrou nesta casa boçal / e vay ja mudando o posto», Lionisa), e de feito, o galego é quen, desobedecendo a orde do seu señor, salva a Florença e posibilita o final feliz. Unha da pasaxes máis divertidas da peza está no diálogo que manteñen a condenada Florença e o seu carrasco (o galego), ela implorando clemencia e el argumentando con frases do tipo «E bos não abies de morrer? / pois milhor he telo feyto / que telo inda por fazer». É ademais o que incorpora as cántigas alegres á peza.

Ignoramos ata que punto o personaxe do galego levaba aparellados unha indumentaria e atributos que o facían recoñecible en escena, pero o que si é se-guro é que o caracteriza a súa lingua. A variedade ficcional empregada nesta obra distínguese polos trazos seguintes:

a) Uso de <b> en correspondencia con <b, v>: bos, bim, loubado, cabalo. Este é un trazo que se observa en todos os textos, pero non é exclusivo dos galegos. Serve tamén para caracterizar todos os dialectos do norte de Portugal, pois é unha variante ben coñecida e recoñecida deste amplo territorio.

b) Terminacións en -om ~ -on: çurujom, barom, pregom. É tamén un trazo reite-radamente citado como característico dos falares interamnenses, non só dos galegos.

c) Uso de morfo nasal na P1 do Ind. Pto., esta si característica do galego fronte ao portugués: bim (port. vi).

d) A forma verbal faga é contrastiva entre galego e portugués. Leite rexistra fago en Trás-os-Montes, polo que non se descarta a existencia de faga en dialectos portugueses.

306a lingüística galega desde alén marHistoria e dialectoloxía

Non hai, xa que logo, grandes diferenzas coa variedade lingüística que mostraría un falante do Minho. Así caracteriza a lingua desta rexión Jeronimo Contador de Argote (1725), en comparanza coa da Estremadura:

Differe na pronuncia, porque a letra V, consoante pronuncia como B, ao Vinho dizem Binho; a letra B, pronunciõ como V, consoante, ao Vento dizem Bento. As letras ãõ pronunciaão om, on Naã dizem Nom, ao Paõ Pom. Diffiere nas palavras, porque à Viração chamaõ Maré, à Alameda chamaõ Deveja. Differem no modo de fallar, porque fazem a alguns nomes masculinos femininos, e aos femininos masculinos. O fim dizem Afim. A febre dizem O febre, e tambem mudaõ em alguns Verbos as terminaçoens das pessoas, Eu estive dizem Eu esteve, Eu fiz disem Eu fez (apud Neto: 562).

Ora ben, si hai un trazo que semella particular dos galegos, a hiperabun-dancia de che/lle e bos/lles como pronomes de solidariedade ou interese, e a de clíticos en xeral: «mal chebos faga a cruzada», «day bos ao demo a donzella / que, por yr ver a janella / bos bim eu redondo no chão» (o significado é ‘vínmevos eu redondo no chan’). Esta vai ser unha constante mantida durante moito tempo, en moitas outras pezas do dominio ibérico, como o Entremés del Portugués (me-diados do séc. XVIII), onde o personaxe do galego sae a escena «con un palo y los zapatos colgados al hombro» e, ás preguntas do francés e do portugués, responde «Eu solles de junto Ourense, / mais acá de Santiajo, / e véñolles de Castilla, / e véñolles muy cansado, / e ya non lles podo andar, / con tanto zango e remango» (Pensado, 1985: 304).

2.2. Os encantos de Merlim (1741)

Nesta obra en dous actos, Merlim válese da súa maxia para se facer invisible ou tomar diferentes figuras para axudar a Polidoro, príncipe de Polonia. Contra o final da escena IV do primeiro acto, a voz de Merlím anuncia «Aqui he preciso valerme das minhas habilidades, e tomar diferente fórma para livrar a Polidoro»; pouco despois a acoutación do texto é ben expresiva:

Sahe Merlim junto a Polidoro vestido de galego, e diz para Polidoro.O público debía recoñecer axiña o disfraz do personaxe, pois na súa primeira intervención –privadamente para Polidoro– non hai elementos lingüísticos que o identifiquen como galego: «Com este anel te pódes encobrir, vaite». Hai, por tanto, unha vestimenta característica do «galego», suficiente para o recoñecer

307a lingua dos galegos en textos portugueses dos séculos xvi-xix

Rosario Álvarez

axiña, pero non se nos di cal é. Ao longo da obra irá disfrazándose de diaño, vella, rapaz e meniño.

Merlín vai só e a pé, coas alforxas ao lombo, camiño da corte do reino de Hungría. Desde o inicio da obra móstrase como un home enxeñoso e con moita labia, gracioso e afeccionado aos xogos de palabras. Tras salvar a Polidoro dun naufraxio e en presenza do Rei, faise o inxenuo e acentúa os trazos lingüísticos de enxeño popular (ao estilo de Sancho e en contraste cos estilos elevados do príncipe Polidoro e do rei de Hungría), facendo crible a afirmación de que é «hum criadinho de v.m.». Mostra igualmente unha gran destreza lingüística no diálogo galante que sostén con Celestina, inzado de retrousos e frases enxeñosas, e así vai andando a obra.

Ante a insistencia do Rei, Merlim di que é «nacidiço de Monson», mais que «lá me bem huma Abó das partes de Lugo»; defínese por tanto como por-tugués raiano con ascendencia galega. O rol de galego leva consigo un cambio nas escollas formais: uso recorrente de <b> (bem ‘ven ou vén’, biemos, loibado, abó, azabiche, boces, bou, bay, bergonha, binhas); abuso do ditongo <oi> (coiza, oitro, soiber, loibado, doi ‘dou’), ligado ao posesivo mei; presenza da nasal final, como en num ‘não’, avijam ‘avejão’, faram ‘farão’ e Monson ‘Monção’; canto e catro (port. qua- / gal. ca-); ocasionais P5 en -des (havedes) e formas verbais características, como som (port. sou / gal. son), quigerem (os outros quizerem, gal. quixeren), trouvemos (dialectalismo miñoto por trouxemos), tuve; epéntese de <r> (brosque) e de -e final (falare); formas de fasquía popular, con variacións no consonantismo ou no vocalismo, como remerencia ‘reverencia’, pelegrinando (os outros din peregrino), cabidal (port. cabedal ‘capital’), antances (por enton-ces), azabiche (port. azeviche), linbransa (por lembrança); voces típicas tamén do xénero dos vilancicos, como samicas; efectos cómicos por confusión de palabras con semellanza fónica (o rei di aborto, região, conduzio e intento; el entende aborco [port. emborcado], avijam [port. avejão ‘pantasma’], consumio, jumento); profusión de diminutivos en -inho («Nós biemos […] da nossa terrinha pele-grinando se bossa remerencia nos désse huma esmólinha muito bem à maõ»). Como se ve, non todas son formas igualmente características, pois mentres unhas poderían retratar un galego real (e só en parte un portugués do norte), outras son dialectalismos do portugués nororiental e, mesmo, invencións analó-xicas.

308a lingüística galega desde alén marHistoria e dialectoloxía

2.3. O galego lorpa (1861)

A finais do séc. XIX o «galego» faise un habitual do teatro. En palabras de Leite de Vasconcellos, que escribe na altura en que se representa adoito este xé-nero de pezas, «De même qu’au XVIe siècle les auteurs dramatiques ont imaginé le Ratinho, le type populaire de l’habitant de la province de la Beira, de même recemment, dans les pièces de théatre, figura à chaque instant le Galego «Gali-cien», le Brasileiro «Brésilien», et surtout à Lisbonne le Saloio» (1987: 41-42; no mesmo lugar faise un repaso bastante minucioso da presenza de personaxes tea-trais con trazos atribuíbles, con maior ou menor verismo, a distintos territorios dialectais portugueses, entre eles os miñotos).

O éxito humorístico da figura é evidente. En O galego lorpa e os tolineiros (Lisboa 1861) funciona como reclamo da comedia desde o propio título, aínda que non é substancial para a trama. O pousadeiro Lambuza d’Arriosca9 é un home de boa fe, farto dun oficio para o que non vale, porque non hai dia «sem que me preguem algum gatazio». Gústanlle os cartiños e goza matinando nas boas contas que lles vai pasar aos xiareiros, pero estes sempre acaban facéndolle algunha gatada: estáfao Gerigoto, que logra comer do melloriño sen pagar, e matinan burlalo Gerifate, Miliante e Peralvilho, mais faltando o amo xóganlla ao galego Alonso. Por todo iso ten présa en arranxar o casamento da única filla (Ju-lia) cun vellouco rico, seu compadre, que se ha facer cargo do negocio, pero non conta con que a moza planea desbaratar os seus plans fuxindo co seu namorado Trifaldino e levando consigo canto ten, coa axuda da criada Labrusca. O tema central está resumido na despedida da escena final:

E vós, Nobilissimos Expectadores, aprendei desta farça a não constranger as vos-sas filhas a tomar estado, se quereis fugir ao que vistes praticar.

A obra consta de 12 escenas e o personaxe de Alonso só aparece en cin-co, nunca en relación coa historia principal. Na escena I fanse as presentacións

9 Coa grafía Lambusa na edición de Porto 1879. «Lambuça s. ‘indivíduo comilão; glutão’; [rexionalismo: Algarve] ‘indivíduo relaxado, indolente, inescrupuloso’» (Houaiss: s.v. lambuça). «Lambuçar ~ lambuzar v. ‘sujar(-se), emporcalhar(-se), esp. de comida, mas tb. de cola, graxa etc.’; ‘deixar nódoas de gordura em’» (Houaiss: s.v.). «Arriosca s.f., m.q. jogo das pedrinhas; [derivação: sentido figurado. uso: informal] ‘atitude ardilosa e enganadora; logro, burla, cilada’; [regionalismo: Portugal] ‘atrapalhação, enrascada’» (Houaiss: s.v.). Tamén os nomes dos outros personaxes teñen significados humorísticos que contribúen a perfilar ca-danseu retrato.

309a lingua dos galegos en textos portugueses dos séculos xvi-xix

Rosario Álvarez

de Lambuza e Alonso, que chega buscando traballo á pousada mandado polo compadre e pretendente a xenro Timotheo; nela queda patente o «problema» lingüístico e déixase ver que parte do contido cómico da farsa virá dese lado. Os dous volven ser protagonistas únicos na escena VI, moi cómica, cando Alonso torna do mercado con todos os recados feitos do revés. Volven estar sós na es-cena IX, en que o amo anuncia que se vai ausentar e lle encomenda o cobro de Gerifate e os seus compinches. Na escena XI, estes encóntranse con Alonso e en-gánano. Na escena derradeira prodúcese unha gran confusión en que participan todos os da pousada, entre eles Alonso reclamando a súa paga.

O galego lorpa10 é un individuo humilde, ben disposto a servir e obedecer sen chistar, ensinado –cun punto de cerimonia–, honrado cos cartos do seu amo e sen temor ao traballo, sexa este do tipo que sexa. A obra non dá indicacións para a caracterización física do personaxe, o que non obsta para que existise un tipo recoñecible como tal asentado no costume11. A caracterización do personaxe baséase, sobre todo, en trazos lingüísticos; a eles únense, como factor de comi-cidade, os equívocos a que dan lugar as dificultades de comprensión e os falsos amigos, que son os que realmente o fan aparecer como un parvo.

Este galego non é tampouco un portugués do norte, pois por se houbese algunha dúbida declara ser «Alonço do Carca Bianna, axima de Tui e par de Bi-gos». Con todo, unha vez máis, entre os riscos verosímiles nun galego, moitos son compartidos polos falantes do norte de Portugal. En liñas xerais, a súa lingua caracterízase do xeito seguinte:

a) Permanecen trazos que xa coñecemos dos textos anteriores. Salienta a corres-pondencia <b> para port. <b, v>. Continúa un uso marcado das consoantes nasais en posición implosiva (som, port. sou) e na terminación -ns, pero com-pleméntase cunha superabundancia en contextos en que non se corresponde coa realidade (angura ‘agora’, xinfariz ‘chafariz’).

10 Adx. ou subst., «que ou aquele que demonstra ser pouco inteligente, que ou aquele que é desprovido de vivacidade, de vigor; imbecil, idiota, palerma / que ou quem se mostra excessivamente ingênuo, tolo, crédulo; que ou quem é bastante simplório / que ou aquele que demonstra falta de cortesia, de urbanidade, de civilidade, que ou quem denota rudeza; grosseiro, boçal» (Houaiss, s.v.).

11 Noutra obra de finais do séc. XiX, o galego preséntase cun saco ás costas e unha cadeira colgada do brazo, saudando moi cumprimenteiro a concorrencia, e séntase a parolar un pouquiño (Um Gallego político, referencia en nota 14).

310a lingüística galega desde alén marHistoria e dialectoloxía

b) Rexorde con forza outro trazo, apenas apuntado nos derradeiros vilancicos, que se fai agora a característica máis presente e definitoria do personaxe. Trá-tase da grafía <x>, nunha tentativa de representar o trazo apical de [s¡], con-trastando co trazo predorsal do portugués centromeridional: ixo, ixto, coixixi-ma, xeu, xenhor. É rechamante que non haxa pegadas do son [T], que debería ser aínda máis característico; antes ao contrario, con frecuencia a grafía <x> implica unha pronuncia seseante: praxa, axima de Tui, antonxes. Con menor frecuencia, a grafía <x> representa tamén a consoante xorda [S] empregada polo galego no canto da sonora [Z], un trazo característico do galego e non compartido cos falares miñotos: xa (port. já). Non tanto neste texto coma noutros contemporáneos, hai un intento consciente de representar a africada [tS], desde que este son se percibe como desviación da norma e característica dos dialectos do norte e do galego.

c) Hai trazos que parten dunha mínima conexión coa realidade, para se converter en paródicos. Así ocorre co emprego continuo do ditongo <ei>, convertido en característico aos ouvidos dun lisboeta, que escoita adoito a monotongación (mapa da redución de ei [e], en Cintra 1983); isto leva a que este trazo se esaxere e se traslade a formas en que é imposible, como hei ‘é’ ou cantèi ‘canté!’. En consonancia co anterior, hai un uso excesi-vo de <oi> por <ou>: dunha banda, aos ouvidos dun portugués resultarían chocantes gal. moito e moi no canto de muito e formas semellantes; doutra, xoga o problema dialectal en port. entre os ditongos <ou/oi> e a monoton-gación (cf. nota 7). Todo iso fai que se atribúan ao personaxe do galego for-mas irreais (como encomendoi, estoi, boi ‘vou’, oixê, oi ‘ou’, nestoitro, coixa), que se prolongan nunha superabundancia abusiva de ditongos decrecen-tes (de todo tipo gadainhos ‘gadaños’, xoicos ‘zocos, port. socos’ ou beijo ‘vexo’.

d) Inclúense no retrato trazos dialectais minoritarios no espazo galego-portu-gués, raros entre os galegos, pero característicos dos tipos populares en todo o teatro portugués (mei ‘meu’, boxa merxê ~ boxas merxêas~mixeas, bofé ~ bofá). Tómanse formas con variación no vocalismo tónico e átono, que seguramente se corresponderían mellor con variedades sociais da lingua ca con varieda-des territoriais; na nosa opinión, algunhas delas non semellan especialmente

311a lingua dos galegos en textos portugueses dos séculos xvi-xix

Rosario Álvarez

caracterizadoras dun galego (im ‘en’, derrangado ‘derrengado’, num ‘non’, angura ‘agora’).

e) Non poucos trazos son alleos ao galego e só se comprenden a través do espa-ñol. Non se descarta que o galego emigrante en Portugal entremease o seu falar de trazos da lingua que funciona como teito en Galicia e no «estranxei-ro» por antonomasia, pero semella pouco probable que este fose o trazo máis relevante entre os miles de galegos que traballaban en Lisboa12. Cremos máis ben que na creación deste personaxe literario, entre os autores e entre o pú-blico, xogou un papel relevante a súa condición de español, unida ao secular descoñecemento da realidade de Galicia e do galego na sociedade do país veciño.

Ora ben, a comicidade da obra reside sobre todo na dificultade de com-prensión de Alonso, que atribúe outros significados ao léxico ou toma en sentido literal certas expresións fraseolóxicas:

a) As súas destrezas lingüísticas son limitadas e descoñece a amplitude de sig-nificados ou construcións de palabras usuais. Por iso, cando Lambuza afirma «Ah, bem sei, queres-te accommodar», Alonso non comprende o sentido figurado de acomodar (‘dar ou obter emprego, ou situação ocupacional ou profissional estável’, Houaiss: s.v.) e responde «A pois tão dexinquieto estoi eu?». Á pregunta tan simple e habitual «como te chamas?», responde preci-sando con prudencia «Eu num som o que me chamo, los oitros mios compan-heiros hei que me chamão a mim»13; e cando Labuza, sen perder a paciencia, insiste «como te chamão os outros?», contesta «De muxas maneiras: uns me chamão com las mano [sic]; axim (chamando com mãos) oitros con la voca xio, xios e muxos, aia cá, aia cá». Cando o amo lle di que vaia «deitar» a cabuxa

12 Vallan como mostra do uso estas formas castelás ou supostamente castelás: ió ‘eu’, mios ‘meus’, traigo ‘traio’, biengo ‘veño’, ermanita ‘irmanciña, irmaíña’, pies ‘pés’, bientos ‘ventos’, quiedão ‘quedan’, cavria xiega (por cabra-cega ‘pita cega’), guesta ‘gusta’, lo e los ~ lhos ‘o, os’, etc. O propio nome do criado Alonso é pouco probable nun galego e semella tirado do teatro español e da figura do saiagués. Quizais haxa que explicar nesta liña o exceso de ditongos crecentes (cavria ‘cabra’, rabios ‘rabos’, encomendiou, dieito ‘deito’) e o uso de ‹g› en castelanismos con ‹j› (trabago).

13 O chiste é vello. Tamén responde así Merlim, antes de se disfrazar de galego: «Em quanto ao como me chamo, respondo: que eu não sou o que me chamo; os outros he que me chamão a mim, e por isso ha varias opiniões (…)».

312a lingüística galega desde alén marHistoria e dialectoloxía

onde a atopou (‘pôr (algo) [em algum lugar]; colocar, deixar’), responde «Num xenhor, num xenhor, aquí la deito que é manxinha como um vorrego» e déitaa alí mesmo no chan; e aínda, máis adiante, ao se queixar Lambuza de «quanto dinheiro me deitou na rua!» (‘tirar’), retruca Alonso todo ofendido «Num xenhor, num xenhor, num lo votei à rua, dio a quiem xem bendio las encommiendas».

b) A fraseoloxía non é o forte de Alonso. Se Lambuza o manda a un recado e lle di «Vai n’um pé, e vem n’outro», sempre disposto a cumprir coa maior obediencia, responde «Xenhor, xim: mas im cual dos piés quiere xua merxêa que ió bá, neste, ou nestoitro?»; e se Lambuza, desesperado, se laia «Se não foses inculcado por meu Compadre, já te mandava pôr ao fresco, maroto, brejeiro», axiña se ispe para se poñer «a lá frescalhota». E cando fai alarde de coñecemento fraseolóxico erra: interpreta de forma eufemística «eu vou fôra ao que me è preciso» en boca do seu patrón, e responde «Apous sua merxêa num puede faxer em caxe, o que lhe hei preciso, aqui estoi io que quando me dá a gana...».

c) Entre os dous protagonistas prodúcese unha situación cómica baseada nun desfase cultural que en primeira instancia oculta a existencia de falsos amigos. Na primeira escena, Lambuza dálle cartos, con esta encomenda:

Lamb. Está bem : aqui tens dinheiro : vai á praça da figueira compra-me Rabãos, Sinoilas, Serrafolho, Pimpinella, e depois vem pela Ribeira do peixe, e vê se achas Cabritas para uma caldeirada : percebes?Alonç. A’s mil marabilhas.

Alonso ignora que hai un peixe chamado cabra e probablemente teña un abano gastronómico moi limitado, así que está pouco familiarizado sexa coas raíces comestibles sexa coa maior parte das herbas aromáticas. Na escena VI, Alonso retorna do mercado cunha cabuxiña atada de pés e mans no colo e sen rastro das cabritas ~ cabriñas ‘escachos’ que lle encargou o patrón (ben é certo que cabra como nome de peixe é rexionalismo en portugués). No can-to de sinoulas ~ cinoulas (Lisboa 1861; cenouras, Porto 1879) ‘cenorias’ trae unhas cirolas (port. ceroulas ~ ceroilas); por rabãos ‘ravos’ trae dous rabos de boi; en vez de pimpinella ‘pimpinela, planta herbácea comestible’ e serrafolho

313a lingua dos galegos en textos portugueses dos séculos xvi-xix

Rosario Álvarez

(cerefolho, Porto 1879) ‘cerefolio, planta parecida ao perexil’, trae unha pane-lla ‘ola’ (port. panela) e un ferrolho (ferrogo segundo Alonso).

2.4. Confissão d’um gallego (fins séc. XIX)

O personaxe preséntase como «Miguel Mourede Quintãs, natural de Re-bordellos, bispado de Tuy ápar de Bigos». O galego é un individuo humilde, de boas maneiras, que trata con respecto e submisión ao xenhor sacriston. O retrato queda feito na propia confesión, con frases como «Eu xou como o oitro que diz una pombiña xem fél». O autor sinala con cursiva as formas lingüísticas desviadas da norma que marcan a súa lingua; aténdonos a elas e aos fenómenos que repre-sentan, podemos facer a seguinte descrición14:

a) O trazo máis recorrente é a imitación das sibilantes, e máis particularmente o uso de <x> no canto de calquera membro do sistema, palatal ou non palatal. A grafía <x>, equivale adoito ás distintas grafías portuguesas para [s], en posición inicial ou medial: xenhor (senhor), penxando (pensando), confexar (confessar), naxem (nascen), bocê (você), oixo (ouço); a presenza de <x> afecta por igual aos descendentes de /s¡/ ou de /s/, que en falares portugueses norteños se manteñen diferenciados e que a maior parte das variedades galegas distinguen (como /s¡/:/s/ ou, mellor, como /s¡/:/T/): dunha banda, ixo (port. isso / gal. iso), éxa (essa / esa), axento (assento / asento) ou mixa (missa / misa), dou-tra trompazo (trompaço / trompazo) ou conxiencia (consciência / conciencia). É coñecido que en galego non existen sibilantes sonoras, polo que non sor-prende que este trazo apareza representado nos textos; ora ben, é rechamante que se perciban do mesmo xeito os sons xordos que pronuncian os galegos en correspondencia tanto con [Z] coma con [z]: xurar (port. jurar [Z] / gal. xu-

14 Na análise desta época analizamos outras tres obras cos mesmos resultados, pois a lingua do per-sonaxe do galego non difire no substancial: A. Feliciano Corrêa (s.d.): Um Gallego político. Monólogo. Desempeñado, com applauso, em differentes theatros de Lisboa e provincia. Lisboa: Livraria Economica de F. Napoleão de Victoria. Anónimo (s.d.): Confissão do Gallego Ramon Pardelhas seguida de uma cantiga «Lamentações d’um Gallego». Lisboa: Livraria Economica. Velloso da Costa (s.d.): Dois Gallegos espertos. Entre-acto comico original representado com grande sucesso em diversos theatros publicos e particulares. 2ª edição. Lisboa: Livraria Popular de Francisco Franco. Tamén se comproban os mesmos trazos, con algúns engadidos, na cántiga «Os martyrios do aguadeiro», que pecha a publicación de Confissão e que por algun-has particularidades gráficas semella doutra man. Toda esta coincidencia dá idea da difusión e aceptación deste retrato lingüístico do personaxe do galego cun epicentro lisboeta.

314a lingüística galega desde alén marHistoria e dialectoloxía

rar [S]), gaxa (port. gaja), inbexoso (invejoso [z] / envexoso [sÁ]), xeito (geito / xeito); rabioxo (rabioso~raivoso / rabioso), mêxes ‘meses’, faxer (fazer [z] / facer [T]), xangar (port. zangar).

O cadro complétase cos intentos de representación da africada xorda, xeral-mente por medio de <tx> e en menor medida por medio de <tch, tj, xh>: txe-guei, txafariz, pequerrutchos, desmantchem, xhegam. Son frecuentes os casos de hipercaracterización, con emprego da africada no canto da fricativa (xorda ou sonora): abaitxo (port. abaixo), arrantxo (port. arranjo e arrancho), an-tjinhos (port. anjinhos), txulga (port. julga), txanella (port. janela), despetxar (port. despejar). Para quen descoñece o galego non sería doado establecer a equivalencia dupla (fricativa↔fricativa/africada), pero non podemos desbotar que aínda tendo ese coñecemento a través das variedades dialectais do norte de Portugal usase este trazo de feito recorrente para provocar a hilaridade do público.

b) Á par do trazo anterior, en importancia, está o uso recorrente de <b> no can-to de <v>: lebam, bezes, haber, boxê...

c) Uso de nasais finais representadas por <n> (non xon, en, xin xenhor), a mesma grafía que se emprega para a nasal velar (una). Na mesma liña, a terminación -ão faise equivaler en todos os casos con -on: religion, enton, non, xon (de ser, P6), perdón, ladron... (gal. -ón); sacriston, ton, mon (gal. -án). E estas formas fan adoito o plural en -ns: malandrons, bofetons.

d) Presenza do ditongo <oi> no canto de <ou>, de onde resultan formas raras ou inexistentes en variedades galegas: boi ‘vou’, estoi ‘estou’, oixo (gal. oio / port. ouço), oitro ‘outro’. É tamén recorrente a monotongación de <ou> na forma xô (de ser, P1), a partir de sou, forma portuguesa equivalente a gal. (eu) son.

e) Formas existentes en variedades non estándares, galegas ou portuguesas de diversos lugares, que presentan variantes no vocalismo: pirmixon (port. permissão), birá ‘verá’, prexebo (port. percebo), Revrendixima, confexonaro (port. confessionário), beijo (port. vejo / gal. vexo), esfragadella (port. esfre-gadela), clubio (port. clube), algibêra (port. algibeira), mêo ‘meu’, pôs ~ pôz ‘pois’.

315a lingua dos galegos en textos portugueses dos séculos xvi-xix

Rosario Álvarez

f) Outros trazos son máis esporádicos, pero non por iso desinteresantes: a conx. pero, o dat. le en concorrencia con lhe, o desenvolvemento nasal implosivo (inducado), formas verbais do tipo faya (‘faga’, un dialectalismo galego do extremo suroccidental, e acaso dos falares portugueses veciños).

g) Formas castelás pouco probables como castelanismos nun aldeán galego: ten-go, niñas, siempre. O gusto polo ditongo <ie> produce formas hipercaracteri-zadas, como resiervas.

3. conclusións

1. Hai un gran paralelismo entre o galego dos vilancicos e o galego per-sonaxe teatral. Ambos evolucionan no mesmo sentido. Pártese do retrato do al-deán inxenuo e sen carga pexorativa, como individuo do pobo que procede dun medio agropastoril, de economía limitada, posición social subalterna, afastado da cultura libresca e con trazos dialectais que desvelan a súa procedencia. Acentúase a rusticidade e falta de cultura como unha característica que busca a comicidade, sobre todo a partir de poñelo en situacións en que non ten recursos para saír ai-roso; é unha caricatura –coma todas, ten algunha base real– que se acompaña de características lingüísticas que non buscan tanto unha descrición dialectal vero-símil coma adscribilo a un grupo social. Finalmente, acaba sendo unha creación literaria, un personaxe cunhas características de xénero que, desde o punto de vista lingüístico, ten escasa base real.

Nos dous son fundamentais os trazos lingüísticos, pero así a todo nos seus parlamentos sempre hai algunhas mencións toponímicas ou xentilicias que des-pexan calquera dúbida. Seguramente este pormenor está xustificado pola proxi-midade lingüística entre galego e portugués, a escasa consciencia das caracterís-ticas diferenciais e contrastivas das distintas variedades diatópicas portuguesas e a afinidade entre o galego e as falas norteñas, que comparten algúns dos trazos máis peculiares aos ouvidos dos portugueses centrais e meridionais.

2. A cronoloxía tamén é semellante. A evolución constatada en textos portugueses non está desconectada da operada no ámbito do castelán, pero non podemos pasar por alto a progresión do modelo lingüístico portugués operado nestes anos, pois ao longo dos séculos XVI e XVII se acentuou o afastamento da

316a lingüística galega desde alén marHistoria e dialectoloxía

norma portuguesa das variedades do norte e a consideración de que os falares do Minho son arcaicos.

Se o gramático João de Barros (1539) defende aínda como un risco posi-tivo o conservadurismo dos termos que se usan entre o Douro e o Miño («con-seruador da semente portuguesa: os quaes alguus indoutos desprezam, por nam saberem a raiz donde nace», apud Leite, 1987: 52), só unhas décadas despois Nunes de Liao condena por igual características arcaicas e populares que compar-ten os falantes de Entre Douro e Minho e os galegos (como -om, /b/ por /b, v/); no séc. XVII aínda hai voces conservadoras que eloxian o falar do Minho como o menos corrupto, un aprecio co que non contan nin Trás-os-Montes nin a Beira, pero esta valoración positiva durará pouco. E no séc. XVIII aínda está en causa se a lingua normal debe practicar ou non a distinción entre /tS/ e /S/, mais tamén se acabaría dando prioridade á neutralización meridional e á consi-deración deste trazo como unha marca moi identificativa do norte e dos galegos.

3. Nos primeiros tempos, a lingua de base é a galega. Hai interferencias e mestura lingüística, pero apenas hai deturpación e en todo caso non hai in-tención cómica nela. En cambio, a lingua das derradeiras composicións non ten valor para o estudo da variación lingüística15, pero si para a das ideas e prexuízos lingüísticos, pois é indubidable que a imaxe negativa que se ten dos galegos e da súa lingua en Portugal está tamén construída con base nestes textos.

Referencias bibliográficas

ALGa = García, Constantino / Antón Santamarina (drs.) (1990-). Atlas Lin-güístico Galego. A Coruña: Fundación Pedro Barrié de la Maza / Instituto da Lingua Galega, vols. I-V [I: 1990; II: 1995; III: 1999; IV: 2003; V: 2005].

Álvarez, Rosario (2007): «Autenticidade, imitación e parodia na lingua dos vi-lancicos en galego do século XVII», en Helena González Fernández / Ma-ría Xesús Lama López (eds.): Actas do VII Congreso Internacional AIEG:

15 «Dans notre littérature de colportage, il y a beaucoup de textes soi-disant galiciens, parce qu’au théatre on adopte quelquefois la langue de Galice pour obtenir des effets comiques. il en est de même en Espagne. Rien de tout cela n’a d’importance philologique» (Leite, 1987: 50n).

317a lingua dos galegos en textos portugueses dos séculos xvi-xix

Rosario Álvarez

Mulleres en Galicia. Galicia e os outros pobos da Península. Sada: Ediciós do Castro / AIEG / Filoloxía Galega (Universitat de Barcelona), 703-719.

Buezo Canalejo, Catalina (1992). «La figura del gallego en los villancicos toleda-nos de los siglos XVII y XVIII». In Ramón Lorenzo (ed.), Actas do XIX Congreso Internacional de Lingüística e Filoloxía Románicas. A Coruña: Fundación Pedro Barrié de la Maza, VI, 417-447.

Cardoso, José Maria Pedrosa (2006). «Da especificidade da música sacra portu-guesa nos séculos XVI e XVII». http://www.geocities.com/ail_br/daes-pecifidadedamusicasacra.html [consulta en 23/05/2006].

Cintra, Luís F. Lindley (1983). Estudos de Dialectologia Portuguesa. Lisboa: Sá da Costa.

Gonçalves Viana, Aniceto dos Reis (1941). «Essai de phonétique et de phono-logie de la langue portugaise d’après le dialecte actuel de Lisbonne (2ª edição)», Boletim de Filologia, VII, 2, 161-243.

Houaiss, Antônio / Mauro de Salles Villar et alii (2001): Dicionário Houaiss da língua portuguesa. Rio de Janeiro: Objetiva [versión electrónica].

Lapa, [Manuel] Rodrigues (1930). Os vilancicos. O vilancico galego nos séculos XVII e XVIII. Lisboa: ed. do autor.

Leite de Vasconcellos, José ([1901] 19873). Esquisse d’une Dialectologie Portu-gaise. 3ª ed. Lisboa: Instituto Nacional de Investigação Científica / Cen-tro de Linguística da Universidade de Lisboa.

Michaëlis de Vasconcellos, Carolina (1922). Autos portugueses de Gil Vicente y de la escuela vicentina. Edición facsímil con una introducción de Carolina Michaëlis de Vasconcellos. Madrid: Junta para la Ampliación de Estudios e Investigaciones Científicas. Centro de Estudios Históricos.

Neto, Serafim daSilva (19702). História da Língua Portuguesa. Rio de Janeiro: Livros de Portugal.

Pensado, José Luis (1985). El gallego, Galicia y los gallegos a través de los tiempos (Ensayos). A Coruña: La Voz de Galicia.

Teyssier, Paul (2005). A Língua de Gil Vicente. Lisboa: Imprensa Nacional-Casa da Moeda.

estudo comparado entre as línguas galega e portuguesa modernas:

o sufixo -aria/-eria

valéria Gil CoNdé

Universidade de São Paulo

RESuMO

O presente trabalho visa a apresentar os resultados parciais desenvolvidos, desde 2004, pelo

grupo de pesquisa intitulado Morfologia Histórica do Português na universidade de São Paulo.

O estudo consiste em uma comparação do sufixo –aria/-eria entre as línguas galega e portu-

guesa modernas com base nas palavras listadas no Dicionário Houaiss da Língua Portuguesa

(2001) e no Diccionario da Real Academia Galega (1997). Não há a intenção de se fazer uma

comparação quantitativa entre os dicionários citados, o que pretendemos é realizar um estudo

de classificação semântica das palavras formadas pelo sufixo –aria/-eria com o intuito de perce-

ber se os campos semânticos ocupados pelo sufixo são os mesmos ou não nas referidas línguas.

Pretendemos também discutir a origem do sufixo, pois não há uma unanimidade quanto a sua

procedência.

Palabras clave: sufixo derivacional, português, galego, origem, classificação semântica.

1. Origem do sufixo –aria

Os processos de formação de palavras das línguas românicas foram her-dados das variedades clássica e vulgar do latim. As línguas românicas, após a

A LiNGüíSTiCA GALEGA DESDE ALéN MAR (iSBN 987-84-9887-145-6)

universidade de Santiago de Compostela, 2009

320a lingüística galega desde alén marHistoria e dialectoloxía

fragmentação do Império Romano, ora preservaram, ora inovaram o seu acervo valendo-se dos processos oriundos da língua latina. Este estudo dedicar-se-á à formação por derivação sufixal, cujas origens nas línguas românicas resultam de formações nas línguas latina e grega, alguns entretanto, sugerem um caminho obscuro e ou controversos. É o que verificamos na formação do sufixo –aria/-eria. Segundo Said Ali (1923: 5), -aria originou-se da junção do sufixo –ia aos derivantes terminados em –eiro. Tekavčic (1972: 40) sugere a redução de –arius, ou seja –ar, com a união do sufixo grego -ía, origem partilhada também por Cunha (1982:66). Interessantes as posições de Maurer Jr (1959: 263) e Väänä-nen (1985: 156), o primeiro, acusa a sua origem a partir do feminino ou do neu-tro plural de –arius; o segundo, sugere que verbos como facĕre “fazer”, comple-mentados pelo objeto e seu complemento, sofreram elipse em latim vulgar, como no exemplo, taberna ou ars agentaria resultando, dessa forma, em argentaria “banco”. A origem pan românica atesta essa formação, sirvam-nos de exemplo, livraria (biblioteca), cuja elipse culminou nas seguintes formas: em português, livraria; em galego e castelhano librería; em catalão, oriental e balear llibreria [ibi], mas em valenciano [ibeia]; em italiano, libreria; em provençal moderno librariá [libaje]; em francês, librairie. Encontramos em Cícero (Fi-lípicas, 2, 21) libraria taberna com sentido de biblioteca. Vale ressaltar que o sufixo francês originado de –aria, que resultou em –erie librairie, foi grafado < airie > para manter a etimologia latina (Lausberg, 1981: 120). O romeno, in-fluenciado pelo francês e italiano, recebeu como empréstimo librǎrie [libie]. Apesar do breve período em que esteve sob o domínio latino entre 106-270 d.C., o romeno, no séc. XIX, sofreu um processo de relatinização e recebeu tanto do italiano como do francês inúmeros empréstimos, ampliando dessa forma o seu acervo de origem latina.

2. deslocamento do acento, perda da quantidade vocálica do sufixo -aria e surgimento de -eria

O latim vulgar operou uma transformação profunda a partir das caracte-rísticas das vogais do latim clássico. Essa remodelação priorizou a oposição de timbre vocálico em detrimento da duração vocálica. Longe de ser unificada, essa mudança ocasionou nas línguas romances sistemas diferenciados e complexos.

321estudo comparado entre as línguas galega e portuguesa modernas

Valéria Gil Condé

As vogais breves latinas, por exemplo, sofreram modificações consideráveis. Em posição tônica, a evolução de [] é o resultado de uma vogal breve latina o, é o caso do latim *solu, cujo resultado em portugués será de [sOlu] ~ [sOlo] e em galego será de *[sOlo]; tal desdobramento resultou na ditongação espontânea em castelhano, veja-se, do latim, **solu >*['swolo] > ['swelo], <suelo>. A vogal breve latina [ĭ], como em dĭgnus não resultou em [e], ao contrário, permaneceu como uma palavra culta: digno, tanto em galego quanto em português. Esse não foi o caso do italiano e do provençal os quais modificaram para degno e denh, respectivamente. No latim vulgar, o timbre vocálico ficou indistinto para o [a] que, além de perder a sua quantidade vocálica não diferenciou a sua abertura, é o que podemos verificar entre as vogais tônicas longas e breves, como em latim, lătus que resultou em português lado; galego lado; romeno lat; castelhano lado; provençal latz; francês arcaico lez; italiano lato. Ou em latim, cabăllus, que re-sultou em português cavalo; galego cabalo; em romeno cal; castelhano caballo, catalão, cavall; provençal caval, francês cheval, italiano cavallo. Não podemos deixar de mencionar que a palatalização de –a em francês é proveniente da sua posição em sílaba livre. Para o problema do deslocamento do acento oxítono de -aria, -eria, sugerimos, ainda que ainda não tenhamos realizado um estudo pormenorizado, o caminho latim culto via francês e que se disseminou para as outras línguas românicas.

Após refletir sobre a origem de –eria, forma mais difundida nas línguas românicas, identificamos a época medieval como o período da sua difusão. O fran-cês, nessa época, foi uma língua que exerceu muita influência na România Oci-dental. Em francês, o [a] tônico em sílaba livre palataliza-se em [e], dessa forma, –aria resultou em –erie e que se disseminou para as outras línguas. Vale lembrar que essa língua de tendência acentual oxítona também influenciou nesse aspecto as outras línguas. Como nos informa o romanista Lausberg (1981:120) essa mu-dança é peculiar do francês, pois a palatalização do a, em posição livre, consiste na principal diferença entre o francês e o provençal (cf. fr. librairie, prov. librariá).

3. O sufixo -aria/ -eria nos dicionários

Tomando-se como fundamento os 89 vocábulos terminados em –ería/-aría listados no Diccionario da Real Academia Galega (1997), 82 terminam em

322a lingüística galega desde alén marHistoria e dialectoloxía

–ería e 7 em –aría. A forma minoritária -aría apresenta os seguintes vocábulos, avaría, comisaría, confraría, ferraría, notaría, romaría, secretaría. Segundo as Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego (1997: 68-69) a forma primitiva –aría cedeu lugar à forma moderna –ería, influenciados pelo sufixo francês –erie. No intuito de aprofundar essa questão, uma análise em corpŏra em diferentes épocas poderá determinar o período em que a forma moderna –ería sobrepôs-se a –aría. Formas variantes, quase não ocorrem no dicionário galego, encontramos apenas uma forma ferrería e ferraría, cuja paráfrase pode ser ex-pressa por “local em que se trabalha o ferro”.

Ao analisarmos o sufixo em português, percebemos que, ao contrário do galego, houve manutenção da forma patrimonial –aria, a exemplo do modelo latino, forma esta mais disseminada, entretanto, também apresenta a variante –eria. Foi possível, a partir dos 658 verbetes listados no dicionário Houaiss (2001) terminados em –aria e –eria, entrever que a forma minoritária é –eria com 88 verbetes, dentre eles, 46 encontram-se datadas. No século XIII, por exemplo, das palavras sufixadas por –aria e –eria do século XIII, a única terminada em –eria é parceria, registrada em 1209. Podemos observar, no entanto, que o su-fixo –eria foi ampliando o seu acervo. Assim, no século XV, temos cavaleria; no XVI, galanteria, altaneria, correria, grosseria, sobranceria, rancheria, bateria; no XVII, registram-se alqueria, poltroneria, lavanderia, vozeria, volateria, galeria; no século XVIII, loteria, calaceria, mamposteria; XIX serralheria, pedanteria, almocreveria, bijuteria, selvageria, almocreveria, bodomeria, no século XX, bilhe-teria, charcuteria, clicheria, carroceria, cristaleria, rotisseria, joalheria, creperia, choperia, bateria, cafeteria, leiteria, biscouteria, peleteria, sorveteria, uisqueria, danceteria, escuderia, lambateria, organeria.

É interessante ilustrar com o gráfico1 subseqüente que demonstra como as formas –aria/-eria apresentam-se ao longo dos séculos. Curioso notar que –aria, forma inicialmente mais disseminada, vem perdendo paulatinamente es-paço. Postulamos, para essa questão, o fato de outros sufixos concorrerem do ponto de vista do conteúdo semântico com –aria. A variante –eria, por ter am-pliado o seu acervo, pode também ter ensejado essa perda. Algumas proposições para essa mudança serão elucidadas a seguir.

1 Gráfico elaborado por Zwinglio Oliveira Filho e Leandro Mariano, pesquisadores do instituto da Física da universidade de São Paulo e integrantes do Grupo de Morfologia Histórica do Português.

323estudo comparado entre as línguas galega e portuguesa modernas

Valéria Gil Condé

A primeira pode ser explicitada pela concorrência de alguns dos campos semânticos ocupados por –aria/-eria e comum a outros sufixos, comparem-se por exemplo:

a) Para a significação de grande quantidade ou conjunto de X: -aria/-eria con-corre com –ura, -agem, –ção, -ada, -ama, -eira, como em roncaria ~ ron-cadura; trocaria ~ troncagem; açougaria ~ açougada; piolharia ~ piolhada, piolhama, piolheira;

b) Para a significação de ação de Xv, vejam-se fuxicaria ~ fuxicação, fuxicada; roncaria ~ roncadura; açougaria ~ açougada ; pilharia ~ pilhagem.

c) Com a significação de propriedade de ser Xp ( base predicativa ou adjetival/ participial) o sufixo –aria/-eria concorre com –agem, -ice, -ada, -ia, -idade, -ez(a), observem em camaradaria ~ camaradagem; bisbilhoteria ~ bisbilhotice; futricaria ~ futricada/ futriquice; futricagem; rusticaria ~ rusticidade/ rusti-quez/ rustiqueza.

Não poucas vezes, a forma concorrente -eria é proveniente de emprésti-mos recebidos de outras línguas românicas. Para corroborar, vejam-se em selva-geria, proveniente do francês sauvagerie ~ selvajaria; rancheria , do castelhano ranchería ~ rancharia; galanteria, proveniente do francês galanterie ~ galanta-ria; charcuteria, do francês charcuterie ~ charcutaria; loteria, do italiano lotteria ~ lotaria; hotelaria ~ hoteleria, do francês hôtellerie; ladraria ~ ladreria, prove-niente do francês ladrerie;

324a lingüística galega desde alén marHistoria e dialectoloxía

joalheria (com data de registro na língua escrita em 1950) e joalharia (1881), ambas classificadas por Houaiss como empréstimos do francês joailleire (datação francesa de 1434). Vale observar que esses vocábulos foram tomados de emprés-timos das línguas românicas em diferentes momentos históricos como no caso de joalheria ~ joalharia.

O sufixo –eria na língua portuguesa resulta também de substantivos, cuja vogal temática nominal -e na palavra base, deriva em –eria, sirvam-nos de exem-plo, chope ⇒ choperia ou ainda, formas mais usuais como sorvete ⇒ sorveteria; leite ⇒ leiteria que se contrapõem às menos usuais como sorvetaria e leitaria.

Há um grupo reduzido de palavras formadas por –ario/-erio. Trata-se de uma sufixação incomum e o é, tanto em português quanto em galego. O dicio-nário Houaiss registrou cerca de sete verbetes em –ario. Passemos a estudá-las. A palavra casario (séc. XV) deriva de casa- + -r- (consoante de ligação) correla-cionado a –aria com noção de coletivo ou ainda, deriva de casa- + r- + -io. Vale lembrar que o sufixo –io denota noção coletiva. Encontramos em castelhano caserío com a mesma acepção.

Já para desvario (séc. XV), Houaiss vincula a sua origem ao castelhano desvarío.

Em vozario, o A. sugere como variante de vozaria, forma calcada sobre vozaria, cuja significação é “gritaria, ato ou efeito de falar alto”. Encontramos também em castelhano vocerío, “gritaria, confusão de vozes altas e desafinadas”.

Para alfario (séc. XVIII) cuja significação é (cavalo) “que relincha muito e que quando brinca ergue as patas dianteiras para o alto”, Houaiss sugere eti-mologia obscura. Entretanto, ao observar o verbo em castelhano alfar/ arfar (“levantar o cavalo sobre as patas dianteiras ao galopar ou praticar exercícios vio-lentos”), descrita no Diccionario Real Academia Española, poderíamos propor alfar- + -io. Em português encontra-se arfar, assim como no castelhano alfar/arfar, cuja proveniência remonta ao latim vulgar *arafare. Corominas sugere para *arafare “respirar com dificuldade, ofegar, e diz-se dos animais que ficam ofegantes por falta de bebida”.

Encontramos também em Houaiss falario (séc. XIX), com significação de “ruído de vozes de muitas pessoas a falar ao mesmo tempo”, derivado de falar- + -io.

Em tresvario (séc. XVII), Houaiss sugere como formação a regressão de tresvariar, “ato de tresvariar (que significa ausência de lucidez)”.

325estudo comparado entre as línguas galega e portuguesa modernas

Valéria Gil Condé

Finalmente, em Mulherio ( séc. XVII ) encontramos a formação mulher- + -io, cuja paráfrase sugere “grande quantidade de mulheres”. Em castelhano, en-contramos mujerío, “conjunto de mulheres”.

Na língua galega, encontramos o sufixo –erío, com noção coletiva, ao lado de -ería (Regueira et al., 1995: 95). Listados no dicionário da Real Academia Galega (1997) temos os seguintes verbetes: *graderío, forma incorreta segundo o dicionário, o qual sugere bancada. Casarío, “casa de campo com as suas terras e pertenças, ou conjunto de casas que formam um pequeno grupo” e Desvarío, “estado de quem desvaría”.

Podemos entender a confluência de significação entre os sufixos –io e –aria/ -eria, cuja paráfrase é “coletivo, conjunto de X, quantidade de X” (no-mina quantitatis). Determinar se esses vocábulos derivam de –erio/-ario ou –io resulta numa problemática compreensível pela própria origem do sufixo –aria/ -eria/–ario/-erio.O sufixo -ario não pode, portanto, ser considerado um sufixo prolífico em galego ou em português, as exíguas palavras que figuram nos referi-dos dicionários demonstram a sua pouca produtividade. Sugerimos a incursão da língua castelhana tanto em galego quanto em português.

4. Significado do sufixo

Väänänen (1985: 147) afirma que se em latim o sufixo significava “nomes de ofício ou de comércio, usados sobretudo como complemento de objeto de facere ”, nas línguas romances houve uma ampliação de sentido com especial significação de “quantidade de algo ou lugar em que se encontra algo em grande quantidade”.

Analisemos a partir do corpus do Diccionario da Real Academia Galega (1997) as paráfrases2 encontradas:

Local onde há X (base nominal) - (LOC)armería, bixutería, cafetería, carnicería, cervexería, chancelería, chocolatería, concellería, confeitería, consellería, codoería, cristalería, docería, droguería, fe-rraxería, ferrería, froitería, galería, herboristería, lavandería, leitería, lencería,

2 As paráfrases utilizadas fazem parte de um Manual desenvolvido pelo Grupo de Morfologia Histórica do Português a partir dos estudos propostos por Rio-Torto (1998).

326a lingüística galega desde alén marHistoria e dialectoloxía

leprosería, librería, marroquinería, panaderia, papelería, pastelería, peixería, pe-letería, pizzería, portería, reloxería, tesourería, tinturería, comisaría, secretaría.

Local onde se Xv (base verbal) - LOCA (local da ação)barbería, destlilería, gardería, refinería.

Atividade (ofício) associada a X (base nominal) – ATValbanelería, cantería, carpintería, chancelería, ebanistería, hostalería, marroqui-nería, minería, ourivería, perfumería, piratería, repostería, tapicería, xardnine-ría, xastrería, xeadería, xoiería, zapatería, notaría, romaría, secretaría.

Conjunto, quantidade de X (base nominal) – QNT:minería, pedrería, pradería, confraría, romaría, infantería, gandería, enxeñería, cristalería, carnicería, batería, albetería.

Propriedade de (C) ser Xp ou que é Xp ( base predicativa ou adjetival/participial). Onde (C) é o complemento sintático preposicionado da palavra formada) – ESS:beatería, chulería, coquetería, feiticería, galantería, grosería, pedantería, tolería.

Ação de Xv (base verbal), o fato de Xv – REScetrería, piratería, pratería, puntería.

Instrumento (com) que (se) Xv - INScabalería.

A língua portuguesa apresenta basicamente as mesmas paráfrases que a língua galega como atestam as paráfrases descritas a seguir.

Local onde há X (base nominal) - (LOC)Aceria, carniceria, carroceria, amideria, lavanderia, clicheria, joalheria, serralhe-ria, galeria, cristaleria, peleria, creperia, choperia, lamaseria, nurseria, rotiiseria, lambateria, cafeteria, bilheteria, peleteria, sorveteria, leiteria, escoteria, talabate-ria, ebanesteria, charcuteria, luteria, alqueria, coqueria, uisqueria.

Local onde se Xv (base verbal) - LOCA (local da ação):Engraxeteria, danceteria.

Atividade (ofício) associada a X (base nominal) – ATV:Clicheria, joalheria, serralheria, cristaleria, peleria, organeria, altaneria, volateria, encanteria, loteria, talabarteria, ebanesteria, charcuteria, biscouteria, almocreveria.

327estudo comparado entre as línguas galega e portuguesa modernas

Valéria Gil Condé

Conjunto, quantidade de X (base nominal) – QNT:Esnoberia, parceria, tolderia, clicheria, joalheria, serralheria, artilheria, galeria, cavaleria, peleria, hoteleria, frusseria, bateria, contrabateira, volateria, pedante-ria, infanteria, charcuteria.

Propriedade de (C) ser Xp ou que é Xp ( base predicativa ou adjetival/ partici-pial). Onde (C) é o complemento sintático preposicionado da palavra formada) – ESS:Esnoberia, calaceria, sobranceria, terceria, selvageria, altaneria, poltroneria, glu-toneria, grosseria, coqueteria, galanteria, bisbilhoteria.

Ação de Xv (base verbal), o fato de Xv – RES:Carniceria, gaucheria, correria, bateria, barganteria, galanteria, bisbilhoteria, vozeria.

Instrumento (com) que (se) Xv - INS:Minuteria.

Doença associada a X – DOE:Ladreria.

5. conclusão

Apesar de controversa a sua origem, o sufixo –aria/-eria fundamenta-se na latinidade de variedade vulgar, cujos desdobramentos ainda verificamos nas línguas românicas. Ainda que separados pela história política, o galego e o portu-guês, ao apresentarem as mesmas significações semânticas, preservaram a origem galego-portuguesa. Os estudos comparados entre as línguas românicas da Ibéria poderão ampliar essa progênie atestando, dessa forma, a unidade românica.

Referências bibliográficas

Álvarez, R. & X.L. Regueira & H. Monteagudo (1995). Gramática galega. Vigo: Galaxia.

Cunha, A. (1982). Geraldo da. Dicionário etimológico nova fronteira da língua portuguesa. Rio de Janeiro: Nova Fronteira.

328a lingüística galega desde alén marHistoria e dialectoloxía

Houaiss, A. & M. S. Villar (2001). Dicionário da língua portuguesa. Rio de Janeiro: Objetiva.

Lausberg, H. (1963). Lingüística românica.. Lisboa: Calouste Gulbenkian.Maurer Jr, T. H. (1959). Gramática do latim vulgar. Rio de Janeiro: Acadêmica.Real Academia Galega (1997). Vigo: Xerais.Rio-Torto, G. M. (1998). Morfologia Derivacional. Teoria e aplicação ao portu-

guês. Porto: Porto.Said Ali, M. (1923). Formação de palavras e syntaxe do português histórico. São

Paulo: Melhoramentos.Tekavčic, P. (1972). Grammatica storica dell’italiano. Bologna: S. Il Mulino.Väänänen, V. (1985). Introducción al latín vulgar. Madri: Gredos.Williams, E.B. (1975). Do latim ao português. Rio de Janeiro: Tempo Brasileiro.

Sobre algúns sufixos e a súa rendibilidade na Crónica Troiana

XoÁN lóPez viñas

Universidade da Coruña

RESuMO

Este traballo pretende ser unha aproximación a un dos procedementos de ampliación e reno-

vación lexical interna con que a nosa lingua conta para crear novas palabras, a sufixación. En

concreto, neste traballo analizaremos desde unha perspectiva lingüístico-diacrónica aqueles

sufixos que presentan unha grande rendibilidade e expresividade na lingua galega medieval.

O corpus en que baseamos a nosa análise é un dos textos prosísticos máis importantes da época

medieval, a Crónica Troiana. A elección baséase no feito de ser un dos poucos textos en prosa

que presenta unha serie de características lingüísticas que o distinguen dentro do sistema lin-

güístico galego-portugués, aproximándose ao primeiro.

O noso estudo presenta dous eixos básicos: por un lado, a análise lingüístico-estilística dos

sufixos máis produtivos ou rendíbeis na Crónica e, por outro, a reflexión sobre como evoluíron

estes sufixos desde o latín até o romance galego-portugués. Neste texto poderemos ver o

predominio daqueles sufixos que indican acción, ao se tratar dunha narración épica, así como

os de cualidade, propios das descricións. Referímonos, entre outros, aos sufixos –ado, –(d)or,

–(d)ura, –ecer, –eiro, –mento, –oso...

Palabras clave: lingüística histórica, lexicoloxía, sufixación, Crónica Troiana.

A LiNGüíSTiCA GALEGA DESDE ALéN MAR (iSBN 987-84-9887-145-6)

universidade de Santiago de Compostela, 2009

330a lingüística galega desde alén marHistoria e dialectoloxía

0. introdución

A afirmación, convertida xa en tópico, de que a sufixación é un dos meca-nismos máis rendíbeis para a formación de palabras, queda revalidada co presente estudo levado a cabo sobre os sufixos máis produtivos na Crónica Troiana e que imos expor a continuación nas seguintes liñas. Esta rendibilidade ou produtivi-dade non só se vai formular en termos cuantitativos, canto ao número de sufixos e bases sobre as que operan, senón tamén canto á variedade de significados que un mesmo sufixo pode presentar como á adaptabilidade dalgúns para formaren substantivos, adxectivos ou verbos, así como a repercusión estilística que mos-traren.

Así pois, é o noso obxectivo neste artigo estudar, de maneira xeral e desde unha perspectiva lingüístico-diacrónica, aqueles sufixos referenciais (nominais e verbais) que presentaren unha grande rendibilidade e expresividade na lingua galega medieval, a nos basearmos nun dos esforzos textuais en prosa máis impor-tantes do período baixomedieval galego, como é a Crónica Troiana1. A elección deste corpus fundaméntase no feito de ser un dos poucos textos en prosa que presenta unha serie de características lingüísticas que o distinguen dentro do sistema galego-portugués e que o achegan ao primeiro. Deste xeito, ao paso que analizamos a sufixación produtiva no galego-portugués medieval, poderemos observar a súa operatividade no territorio galego. Este estudo virá completado coa creatividade e aproveitamento estilístico que posuíren os termos derivados, así como o efecto que puideren producir.

Deste xeito, o noso estudo artéllase, por un lado, na análise lingüístico-estilística dos sufixos máis produtivos ou máis rendíbeis na Crónica e, por outro, na reflexión teórica sobre como evoluíron estes desde o latín até o romance galego-portugués, a súa significación etc. Ademais, a nosa intención neste rela-torio é mostrar a importancia que a sufixación ten na creación literaria, focado desde unha perspectiva histórica. Con todo, o marco espacial de que dispomos obríganos a ofrecer unha aproximación xeral, mais procurando ser exhaustiva e rigorosa nos datos que fornecemos.

1 As citacións de fragmentos ilustrativos desta obra neste artigo irán acompañados da sigla CT (=Crónica Troiana), xunto co número de capítulo e liña(s) en que se encontraren.

331Sobre algúnS SufixoS e a Súa rendibilidade na crónica troiana

Xoán López Viñas

Así pois, e antes de nos adentrarmos no estudo particular de cada sufixo, consideramos necesario realizar unha sucinta caracterización da sufixación de tipo produtivo.

1. Sufixación produtiva na Crónica Troiana

É comumente sabido que un dos sufixos máis produtivos do galego actual é –eiro, do mesmo xeito que tamén o é na Crónica Troiana, e na lingua galego-portuguesa en xeral. Porén, nesta obra, que é obxecto do noso estudo, achamos que o sufixo que conta cun maior número de recorrencias, malia sincronicamente non ser tan rendíbel, é o sufixo –mento. Esta sentenza, apoiada en datos estatísti-cos, permítenos apuntar e definir xa agora algunhas das características basilares da sufixación e que ten que ver co seu carácter produtivo. En primeiro lugar, o grao de produtividade dun sufixo pode variar ou non segundo a época, isto é, pode acontecer que un sufixo que foi produtivo, logo debilite o seu uso e posterior-mente volte a ser rendíbel; expresado doutra maneira, na sufixación pódese dar o que podemos denominar unha activación ou desactivación morfemática sufixal. Outrosí, o uso cuantitativo dun sufixo estará condicionado polo contexto en que se inserir (texto literario descritivo ou narrativo, histórico, relixioso...). En se-gundo lugar, a proliferación dun sufixo está tremendamente asociada á categoría gramatical, tanto da base como da forma derivada. E, finalmente, a restrición que o sufixo puider impor á base tamén vai limitar, en ocasións, a súa operatividade.

Tomando agora a sufixación como unha fonte de creatividade e estilo, concordamos plenamente con Freixero Mato (1999: 234-246) ou Lang (2002: 58-61), por exemplo, en que a sufixación, e grosso modo a derivación, se converte nun recurso léxico de grande expresividade. Deste modo, a utilización de pala-bras derivadas mediante sufixos adquire un valor estilístico que se nortea cara a unha dicotomía positivo-negativo. É dicir, dun lado, pode presentar unha síntese expresiva, de acordo co principio de economía da linguaxe, e unha afinación ou precisión semántica; do outro, o uso reiterado dun sufixo pode indicar un trazo de coloquialidade e/ou unha falta de estilo.

Após esta breve reflexión, a seguir trataremos de caracterizar cada sufixo individualmente, para finalmente vermos cales son máis produtivos, en que cam-po semántico e sobre que bases actúa. Deste modo, agruparemos os sufixos se-

332a lingüística galega desde alén marHistoria e dialectoloxía

gundo o resultado da derivación for un nome (substantivo ou adxectivo) ou un verbo.

1.1. Sufixos nominais

1.1.1. O sufixo nominal –mento. A comezarmos polo sufixo –mento, é obri-gado reiterarmos que este é o máis produtivo de todos os presentes na Cróni-ca Troiana cun total de 66 derivados2, tendo a súa grande rendibilidade como sufixo formador de substantivos abstractos deverbais. Calquera das tres conxu-gacións verbais é susceptíbel de ser derivada a través de –mento, aínda que se une maioritariamente a verbos da CI. En latín, –MĔNTUM empregábase para crear substantivos abstractos tanto a partir de substantivos (FĔRRĀMĔNTUM

← FĔRRUM) como a partir de verbos (LĬGĀMĔNTUM ← LĬGĀRE) (Väänänen, 2003: 148), mentres que na nosa lingua a operatividade deste ficou restrinxida sobre bases verbais, como se observa na inxente cantidade de formas que reco-llemos con –mento: atreuemento (CT, 23.16) < atrever3; casamento (CT, 51.17) < casar; cobramento (CT, 127.164) < cobrar; encãtamento (CT, 208.25) < en-cantar; juntamento (CT, 52.22) < juntar; mereçemento (CT, 514.4) < merecer; pagamento (CT, 142.12) < pagar...

Como se tivo ocasión de comprobar, as bases verbais de que se parte son simples ou primitivas, aínda que –mento tamén é capaz de se unir a bases verbais derivadas parasintéticas ou por prefixación, como ocorre en acapelamento (CT, 288.16-17) < acapelar; rrecobramento (CT, 179.35) < recobrar etc.

Nótese tamén que as formas sufixais aparecen precedidas da vogal temática da conxugación correspondente: –a– para a CI (pensamento < pensar), –e– para a CII (atreuemento < atrever) e –i– para a CIII (bastimento < bastir); o único caso discordante é o de ardimento, xa que provén dun verbo da CII (< arder). A neutralización en –i– para CII e CIII é o resultado típico do galego-portugués no período trobadoresco (aprox. 1200-1350)4, solución que mantén o portu-

2 Téñase en conta que, canto a este número de derivados, nos referimos ás veces en que o sufixo actúa sobre unha base lexical diferente, e non ao número de ocorrencias da mesma palabra sufixada, que por outra parte sería maior.

3 Para as procedencias de formación romance seguiremos as convencións ortográficas regularizadas para os textos medievais.

4 Sirva como mostra o seguinte verso dunha cantiga profana galego-portuguesa: “e per entendimento e per falar” [B1053/ V643].

333Sobre algúnS SufixoS e a Súa rendibilidade na crónica troiana

Xoán López Viñas

gués fronte ao galego, quen regularizou esta vogal segundo a VT de cada conxu-gación, unha “tendencia apontada no derradeiro período medieval” (Ferreiro, 2002: 134). Certamente, como indica o profesor Manuel Ferreiro a partir da segunda metade do s. XIV, e en territorio galego, o sufixo –mento presenta de modo universal a vogal temática pertinente segundo a conxugación, como po-demos concluír após a nosa análise. É dicir, o feito de que en toda a Crónica achemos un único caso de neutralización en –i– vainos indicar que tal mudanza estaba practicamente consumada.

Por outra banda, o significado inmanente e primario de –mento é o de ‘ac-ción e/ou efecto’: casamento (CT, 51.17) < casar + –mento; enxaltamento (CT, 28.13) < enxaltar, juramento (CT, 154.7) < jurar; outorgamento (CT, 464.10) < outorgamento; pagamento (CT, 142.12) < pagar..., aínda que algúns deriva-dos poden ampliar esta noción e indicar un estado, duradeiro ou non, verbo da acción:

Desý gisárõsse ben de quanto mester aujã et, sen outro alongamento, forõ buscar al rrey Cástor et el rrey Polus, ata que os acharõ (CT, 22.6-7)5

Et tãtas erã y as feguras dos ueados et as outras marauillas que sería grã deteẽça de as cõtar todas et enfadamento de as oýr (CT, 208.10-12)

Et tomarõ tã grande esmayamento que cousa ẽno mũdo nõ podíã entender, et ia quiría leyxar o cãpo et desanpararse (CT, 328.25-27)

En menor medida, noutros podemos ver as nocións de ‘cualidade’ (atreue-mento: CT, 23.16), ‘facultade’ (entendemento: CT, 240.9; pensamento: CT, 85.5) ou ‘dereito’ (herdamento ‘dereito de herdar’: ca eu nõ o teño por herdamento [CT, 248.34]).

Noutra orde de cousas, a produtividade e concorrencia na Crónica Troia-na de formas en –mento é tal que até achamos casos de enumeracións de varias palabras derivadas con este sufixo, como no exemplo que segue:

et, se os troyãos perderẽ, estonçe perderã seu ben et seu esforço et seu mãtẽemento et seu castelo et seu defendemento; et alý peresçerã, et perderã todo o anparamen-to et acostamento et fiança et aujuamento; et alý peresçerã seu ardimento todo (CT, 153.29-32)

5 Neste caso, o carácter durativo vese truncado polo valor negativo da preposición sen, mais esta con-trarrestación afirma, por outra banda, esa durabilidade.

334a lingüística galega desde alén marHistoria e dialectoloxía

Neste caso, tal eclosión de formas que parecen actuar como rimas internas produce escuridade ou ruído no texto, alén de mostraren certa falta de estilo. Pola contra, grande efecto expresivo observámolo cando estes derivados sufixais se moven no terreo dos sentimentos (abaixamento, enxaltamento, empeoramen-to...):

Mays, señor, quérouos dizer hũ cõssello, porque pensso que he bõo: se me creer quixerdes, de tal gisa o cometamos que aiamos ende onrra, que ben sabedes uós que o feyto de armas he mayor de quántoslos outros son, ca este he o mayor enxaltamento que ẽno mũdo ha et o mayor abaixamento (CT, 28.10-13)

Modernamente, unha grande parte destes derivados en –mento fo-ron refeitos ou substituídos maioritariamente por derivados regresivos en –a, –o (med. amparamento → gal. amparo), para alén de veren reducido o seu uso como formadores de substantivos deverbais a prol do sufixo –ción (med. destroimento~destruimento → gal. destrución) (Ferreiro, 2001: 134 e 141)6.

1.1.2. O sufixo nominal –oso, –a

O seguinte sufixo máis rendíbel na Crónica Troiana de tipo nominal é –oso, –a, un dos grandes formadores, xunto co –eiro, de nomes adxectivos. A orixe deste sufixo témola no latín –ŌSUM, onde presentaba os valores de ‘cuali-dade’ e ‘abundancia’ (Meyer-Lübke, 1974: 562), segundo se trataren de bases nominais abstractas ou concretas, respectivamente. En galego, tamén se vai xun-tar maioritariamente a bases nominais substantivas, e en menor medida verbais. Deste xeito, segundo a orixe da base do derivado, podemos estabelecer dous grupos; dunha parte, os procedentes dun nome substantivo e, da outra, os pro-cedentes dun verbo. En suma, obtemos un total de 51 bases sobre as cales actúa.

O primeiro dos casos, a sufixación desubstantiva, é o que se mostra como máis rendíbel na Crónica, fronte á mínima procedencia deverbal. En ambas as sufixacións podemos distinguir varias nocións. A máis numerosa é a de ‘provisto da cualidade’, como corresponde á semántica inherente do adxectivo cualificativo ou caracterizador: aleyuosa (CT, 309.21) < aleive, caualeiroso (CT, 121.144) < cavaleiro7; engeñoso (CT, 68.3) < engenho; enveiosos (CT, 211.11)

6 Noutros casos, foron refeitos co sufixo -nza (herdamento → herdanza).7 Nesta voz a cualidade é ‘propia de’ (‘propia dun cabaleiro’).

335Sobre algúnS SufixoS e a Súa rendibilidade na crónica troiana

Xoán López Viñas

< ĬNVĬDĬŌSOS ← ĬNVĬDĬAM etc. Nalgúns casos, esta cualidade vén acompañada polo significado de ‘abundancia de’: cobijçoso (CT, 60.8) < cobiça, deseiosos (CT, 110.20) < desejo... Vexamos algúns exemplos:

Desý caualgarõ todos a grã pressa perlos chãos cõtra os de Troya, que nõ forõ pre-giçosos pera seýr a elles, ca os acharõ ia estando fora ẽnos cãpos traslas barreyras (CT, 305.14-15)

Et en estas azes deãteyras ýan moytos bõos caualeyros preçados et ardidos et or-gullosos (CT, 305.9-10)

Mays el nõ foy escaso nẽ coydador nẽ triste, ante foy ferament grãado et costuso et amado dos fillos d’algo (CT, 60.5-6)8

Casandra era tã grãde que assaz lle auõdaua, et era uermella et lentegosa et moy sabedor ẽnas artes [d]e negromãçia (CT, 85.2-3)

Como acabamos de observar nos exemplos anteriores, estas cualificacións a respecto do axente dánse de xeito moi abondoso nas descricións (ou “ffeyturas”) das personaxes; nelas practicamente todas as personaxes aparecen cualificadas con este sufixo, para reflectir unha cualidade física ou psíquica, que fornece grande expresividade no retrato descritivo. Porén, a acumulación adxectiva provoca un ritmo lento e cadencioso á narración descritiva:

Mays auja os ollos moy fremosos et moyto apostos et falaua moy ben, et era de moy bõa rresposta et de moy bon donayro et moy graçiosa et moy mãssa et moy vergoñosa (CT, 73.5-7)

Noutros casos vemos o significado ‘que causa o expresado pola palabra pri-mitiva’, como en danoso (CT, 127.170) < DAMNŌSUM ← DAMNUM; door[os]as (CT, 116.29) < DŎLŌRŌSAS ← DŎLŌREM; espantoso (CT, 24.12) < espantar; temoroso (CT, 409.3) < temor... Inclusive, este valor e o cualitativo poden conco-rrer á mesma vez nunha soa palabra, como en uergoñoso (CT, 294.10).

Un outro matiz que podemos encontrar nos derivados en –oso, aínda que en menor medida, é o de ‘semellanza coa palabra base’, que podemos ver cando a forma primitiva é un nome de materia, como en lumeosa (CT, 208.7)~lumiosa (CT, 401.20-21) < LŪMĬNOSAM ← LŪMEN.

8 Este é o único caso que achamos na Crónica en que o sufixo -oso se presenta baixo a variante -uso, diverxencia confirmada coa versión castelá de Afonso Xi (RTC na edición) onde aparece costoso.

336a lingüística galega desde alén marHistoria e dialectoloxía

Produtividade anecdótica é a que achamos nos derivados en –oso a partir dun adxectivo, xa que son moi reducidos, como humildoso (CT, 460.22) < hu-milde, fornecendo unha grande expesividade á cualificación:

Et don Antenor se omildaua a tódoslos daquela terra et daquel rreyno, et sabíaos auer cõmo ome sesudo et de bõo entendemento, et nõ era brauo, nẽ esquiuo, nẽ soberueoso, mais éralles mãso et humildoso (CT, 460.20-22)

Desde unha perspectiva sintáctica ou estrutural, a utilización dun adxec-tivo a modificar un substantivo cando equivaler á construción N + con + N (do tipo aguçoso ‘apurado, con présa’ (CT, 141.72) < aguça) tamén provoca unha magnífica rendibilidade estilística pois, alén de crear un novo termo, reflicte a síntese dunha estrutura máis complexa, para alén de proporcionar unha maior expresividade. Apreciámolo, por exemplo, na seguinte cita:

ca o mar foy tã brauo et tã perigoso (CT, 54.8)

1.1.3. O sufixo nominal –eiro, –a. Outro dos sufixos con máis rendibi-lidade, exactamente sobre 40 bases, ao longo da Crónica Troiana é –eiro, –a, que pode presentar os alomorfos –adeiro, –a / –edeiro, –a / –ideiro, –a. En latín –ĀRĬUM podía designar tanto nomes de instrumentos, de lugar, colectivos ou xentilicios. A súa produtividade en galego tamén é extaordinaria, e actúa tanto na formación de substantivos como de adxectivos, tendo unha cantidade inxente de significacións diferentes.

A noción máis abundante que achamos na Crónica Troiana, como xera-dor de substantivos, é a de axente que realiza un oficio ou profesión: agoyreyro < agoiro; arqueyros < arco; caualeyro < caualo; escudeyro < escudo; marineyro < mariña; messageyro < message(n); monteyros ‘cazadores’ < monte; obreyros < obra... xa que os axentes non profesionais aparecen en menor medida: cõpane-yro ‘persoa que fai compaña, colega’ < companha; herdeyro ‘persoa que herda’ < herdar...

Et, sen falla, se nõ fora porlos arqueiros et baesteyros que estauã ẽnos muros, eles forã estonçe maltreytos et maldesbaratados (CT, 373.22-24)

Ajas Talamõ adusso outras çinquaeẽta de terra de Salamjna, onde le era señor, et trouxo por cõpaneyros Ténçor et Afímacos et Doriõ et Polisenás // et Teseus (CT, 88.8-9)

337Sobre algúnS SufixoS e a Súa rendibilidade na crónica troiana

Xoán López Viñas

Para alén destas significacións, tamén observamos algúns substantivos que presentan un valor ‘locativo’, como carreyra ‘camiño [de carros]’ (CT, 175.8-9) < [VĬA] CARRĀRĬA ← CARRUM; fugeyras (CT, 190.8) < fogo; outeyros (CT, 278.16-19) < ALTĀRĬUM ← ALTUM; e rribeyra (CT, 7.14) < RĪPĀRĬAM ← RĪPAM:

Et tãtos erã ja mortos de cada parte que toda a carreyra era ende cuberta (CT, 175.8-9)

Et fazíã grãdes fugeyras et queymauã aqueles corpos (CT, 190.8)

Este valor de ‘lugar’ ten especial fecundidade na formación dos nume-rais ordinais (primeyro < PRĪMĀRĬUM ← PRĪMUM, terçeyra < TĔRTĬĀRĬAM ← TĔRTĬUM) ou nomes relacionados co ‘posto nunha serie ordenada’ (deãteyra < deante9). En calquera dos casos poden desempeñar tanto unha función adxectiva (Modificador) como substantiva (Núcleo); seguen tres exemplos a este respecto:

Pero tanto uos digo que, do primeyro paaço ata o postremeyro, auja ben dez mo-rada moy ben feytas de moy bõas casas et de moy bõas torres, en que erã pintadas moytas bõas estorias estrañas (CT, 14.22-24)

Et fezeron logo azes das naues et mãdarõ quaes fossen ẽna deãteyra et quaes fos-sen enpós elas (CT, 114.7)

Et en estas azes deãteyras ýan moytos bõos caualeyros preçados et ardidos et or-gullosos (CT, 305.9-10)

O sufixo –eiro/a tamén se habilita para a formación de nomes de ‘obxec-tos ou instrumentos’, como candeeyros (CT, 243.21) < candea; espaldeiras (CT, 243.16-17) < espalda10; gorgeyra ‘peza da armadura que protexe a gorxa’ (CT, 379.195-197) < gorja; saeteyras ‘fiestras estreitas’11 (CT, 361.17-19) < saeta; ou soõbreyros (CT, 99.10-11) < sombra como figura no seguinte exemplo12:

Et leuauã en suas cabeças senllos soõbreyros, que forã feytos en Jndia a Mayor (CT, 99.10-11)

9 Este é o único caso que rexistramos na Crónica en que un substantivo derivado con -ario/a ten como base unha preposición.

10 Trátase dun claro castelanismo que se refire ao ‘cabeceiro’ do leito.11 inicialmente tiña un certo valor locativo, xa que era a ‘abertura estreita nun muro por onde se dis-

paraban setas’.12 Nótese que, baixo esta acepción, este sufixo é especialmente rendíbel na formación de nomes de

prendas de vestir.

338a lingüística galega desde alén marHistoria e dialectoloxía

En menor medida, pode crear substantivos de ‘plantas, árbores’ (pineyro (CT, 99.22-23) < PĪNĀRĬUM ← PĪNUM) ou de ‘cargo’ (cabeçeyra ‘xefe, indi-viduo máis importante dun grupo’ (CT, 457.22-23) < cabeça); neste segundo caso a acepción semántica é moi interesante e de grande efectividade expresiva, ao conlevar un transvasamento da ‘cabeza’ (como parte principal do corpo) cara a unha posición de ‘principalidade dentro dun grupo’:

Mays çerto uos sõo que este uos será padre et guarda et acollemento, et por ende enuiade por el, et rreçebédeo por señor et por uosa cabeçeyra (CT, 457.22-23)

Pola súa parte, os adxectivos formados a partir de substantivos ou verbos denotan unha ‘cualidade’ ou unha característica do individuo a que fai referencia e o resultado é unha carga estilística de maior eficacia expresiva que con outro su-fixo caracterizador: arteyros ‘con arte’, ‘astutos’ (CT, 467.2-3) < arte; consselleyro (CT, 105.14-16) < prazer; uerdadeyro < verdade; uertudeyras (CT, 211.15-17) < vertude...

El rrey Napus auía outro fillo engeñoso et arteyro et rreuoluedor et sabedor de fazer mezclas et de buscar mal (CT, 467.2-3)

Et era cheo de dentro de moytas espeçias preçadas, as mays nobres et as mays uertudeyras que ẽno mũdo auja (CT, 211.15-17)

Mais cando o adxectivo proceder dun outro primitivo, pode indicar un matiz ponderativo: dereyteiro/a < dereito ([Écuba] era moy sábea et moy dereyte-yra [CT, 83.5-6]).

Así pois, a ocorrencia de formas e valores semánticos do sufixo –eiro/a, como se pode observar, é moi alta, o que permite un aproveitamento estilístico notábel, sobre todo nestes últimos adxectivos de tipo cualificativo que acabamos de ver.

1.1.4. O sufixo nominal –nça. O sufixo –NTĬA (> med. –nça13) provén da soldadura de –ĬA á terminación do participio de presente activo en –NTE14 para,

13 A forma culta -ncia tamén se documenta no galego medieval, mais en “vocábulos introducidos tar-diamente desde o latín” (Ferreiro, 2001: 137) (pestilençia, rreuerençia) ou naqueloutros ligados coas ciencias (çiençia, negromãçia) ou a igrexa (penjtençia). Como tivemos ocasión de comprobar anteriormente, na Cró-nica a carón desta última variante erudita tamén se encontra a patrimonial peedença, que non triunfou.

14 Esta é a explicación tradicional máis frecuente, tanto en ámbito latino-románico (Väänänen, 2003:149; Meyer-Lübke, 1974: 604) como galego (Ferreiro, 2001: 135); porén, unha outra hipótese pode ser a prove-

339Sobre algúnS SufixoS e a Súa rendibilidade na crónica troiana

Xoán López Viñas

así, formar substantivos que designen semanticamente ‘acción ou estado’, ao procederen na súa maioría de bases verbais. Vai estar precedido, por tanto, da vogal temática –a– (–ĀNTĬA) cando proveña dun verbo da CI, mentres que para os verbos da CII e CIII a vogal será –e– (–ĔNTĬA).

No galego medieval, e en concreto na Crónica, documentamos moití-simos substantivos derivados polo sufixo –nça. Entre as 36 formas que com-parecen15, a computar tamén as prefixadas, temos algunhas tiradas directa-mente do latín e que derivan dunha base latina verbal, mentres que outras, en maior medida, formáronse no galego-portugués baixo a antecitada forma –nça, de orixe verbal: auĩjnça (CT, 450.9) < ADVENĬĔNTĬA, de ADVENĪRE; creẽça < L.M. CREDĔNTĬA; detẽença (CT, 366.6) < DETĬNĔNTĬA; mãteẽça < MANUTENĔNTĬA; peedença (CT, 279.110) < POENITĔNTĬA; naçença (CT, 359.13) < NASCĔNTĬA; adeuinãça (CT, 390.25) < adevinhar + –ança; andãça (CT, 10.21-2) < andar; asperãça (CT, 24.12) < asperar; bẽquerença (CT, 406.6) < benquerer; folgança (CT, 159.23) < folgar; perdoança (CT, 405.5) < perdoar; tardança (CT, 5.9) < tardar...

Como se pode observar a produtividade deste sufixo é moi alta na forma-ción de substantivos a partir de verbos, onde ao lado de ‘acto ou estado’ (demos-trança, naçença) temos a noción de ‘cualidade’: bõaandança, omildança...

Achiles fezo logo escriuir todo quanto lle aquel deus ouuo dito, et, cõ grãde omil-dança, foy ficar os gẽollos ante o altar (CT, 90.10-11).

Esta forma equivale no texto a ‘humildade’, voz que, por outra parte, non se documenta en toda a Crónica. Esta formación en –ança crea un vocábulo moi expresivo, como tamén o é o recurso á reiteración do sufixo en dúas cláusulas próximas:

Et marauíllome do seu bõo rreçebemento et da sua bõa ensinança, ca sabede que eu aio gram segurança ẽno amor deles (CT, 397.13-14).

1.1.5. O sufixo nominal –ado,–a ~ –ido,–a. O sufixo –ado, –a ~ –ido,–a (con vogal tónica) tamén presenta un considerable número de ocorrencias que,

niencia directa de acusativos plurais neutros dos participios de presente: deteẽça < DETiNĔNTiA, pl.n. de DETiNENS, -ENTiS.

15 Lémbrese que facemos referencia ao número de veces que aparece o sufixo sobre unha base lexical diferente, e non ao número de ocorrencias da mesma palabra sufixada.

340a lingüística galega desde alén marHistoria e dialectoloxía

en total, suman 34. Esta é a evolución patrimonial que o latín –ĀTUS, –A, –UM ~ –ĪTUS, –A, –UM derivou no galego-portugués. O seu uso inicial en latín estaba reservado para a formación dos participios de perfecto pasivo, unidos á raíz me-diante a vogal temática correspondente para cada conxugación; ademais, servían de base temática para a creación dos tempos de perfecto e pluscuamperfecto pasivos, polo que a importancia deles era considerábel. Mais, na orixe, este par-ticipio era un antigo adxectivo verbal en –to– (Väänänen, 2003: 232-234)16, que se declinaba, loxicamente, como os adxectivos latinos de tres declinacións, polo que van recibir mediante a concordancia as incidencias gramaticais de xénero e número inherentes do substantivo, xunto co caso e os graos.

Este carácter nominal é o que vai explicar, en certa medida, o progresivo incremento do sufixo como formador de substantivos, unha transcategorización que xa se producira no latín e que levara a moitos participios de pasado a se em-pregaren como substantivos, coa conseguinte “adaptación semántica da termina-ción de participio” (Ferreiro, 2001: 115-116).

Para explicar esta transcategorización de participio en substantivo, Grand-gent (1963: 47), quere ver o avance deste uso nos participios femininos que tiñan en correlato “un sustantivo feminino sobreentendido, y fueron reforzados por los nombres de la cuarta declinación en –tus, como collectus, narratus”.

É por iso polo que a produtividade do sufixo témola na creación de subs-tantivos a partir de verbos das 3 conxugacións, cuxa noción básica que presenta é a de ‘acto e/ou efecto de’, do mesmo xeito que acontecía con –mento. Observe-mos algunhas formacións nominais deverbais, segundo a VT e o xénero:–ado: coydado (CT, 78.4-5) < coidar; estado (CT, 58.8-10) < estar; mãdado (CT, 9.6-7) < mandar; pecado (CT, 298.12-13) < pecar; pescados (CT, 110.49-50) < pescar...–ada: caualgada (CT, 109.22) < cavalgar; entrada (CT, 118.17-18) < entrar; morada (CT, 20.4) < morar; pousada (CT, 13.15) < pousar; tornada ‘volta’ (CT, 234.20-21) < tornar–ido: sentido (CT, 248.29) < sentir–ida: ferida (CT, 6.53) < ferir; yda (CT, 118.12) < ir; partida (CT, 198.8) < partir; saýda~seýda (CT, 219.7) < saír

16 Este adxectivo tamén se encontra “en osco-umbro [...] y en griego [...], aunque en este último caso sólo como adjetivo verbal” (Beltrán 1999: 177).

341Sobre algúnS SufixoS e a Súa rendibilidade na crónica troiana

Xoán López Viñas

Como se pode observar, na maioría dos casos percíbese unha certa lexica-lización e nalgunhas formas, alén deste valor, o sufixo engade un matiz locativo á palabra derivada, principalmente no xénero feminino. É o caso, por exemplo, de entrada ou morada en que, ademais do ‘acto e efecto de entrar/morar’, tamén é o ‘lugar por onde se entra ou onde se mora’. A pousada é un ‘lugar onde se hospeda (pousa)’ etc. No que ao masculino respecta, tamén se habilitou a noción de ‘axente’ en ocasións como chagado ‘ferido’ (CT, 116.47-48) < chagar; criados ‘vasalos’ (CT, 137.11) < criar; ou priuado ‘persoa de confianza’ (CT, 40.6) < privar que aparece na seguinte citación:

Et fezo moy agiña chamar seus priuados que auj!a (CT, 40.6)

Moito menos produtivo resulta o sufixo masculino –ado cando opera so-bre bases nominais; en prinçipado (CT, 150.2) < príncipe a forma derivada pre-senta a noción de ‘lugar onde se exerce unha xurisdición’:

Pola contra, a forma feminina –ada ten unha especial rendibilidade na formación de substantivos a partir de substantivos, cun total de 6 ocorrencias e que se repiten moitas veces ao longo da narración. A significación que presentan é a de ‘golpe’, como demostran os seguintes derivados: azcũadas < azcũa; espada-das < espada; esporoada < espora; lançada < lança; picada < pico; saetada < saeta. Precisamente nestes podemos observar o aproveitamento estilístico destas formas que permiten plasmar, definir e até sentir os golpes da batalla cunha grande ex-presividade, que ás veces roza o hipérbólico:

Alý ueeriades dar grãdes colpes et moytas lançadas et moytas espadadas et sacar moytas almas dos corpos. Alý veeriades dar tamañas espadadas per çima dos elmos que fendíã as cabeças ata os dentes (CT, 152.95-97)

Et el rrey Serpedóm fuy y muy malchagado, que ouuo duas azcũadas et tres es-padadas perla cabeça, taes que as duas pasarõ o elmo et a cabeça ata o testo (CT, 253.26-28)

que logo, sen tardar, se leuãte et me ueña dar hũa picada ẽno nariz (CT, 248.16-17)

Mais este sufixo tamén pode indicar ‘cantidade’, como en braçada < braço ou soldada < soldo; un ‘período temporal’: tardada < tarde; jornada < IORNĀTAM; uegada < *VĬCĀTAM; e incluso designar unha ‘parte do corpo’: queixada < queixo. A seguir mostramos os contextos para cada caso:

342a lingüística galega desde alén marHistoria e dialectoloxía

Et leixou correr o caualo alý [et], ante que o Éytor uisse, nẽ lle ouuesse tomado nehũa cousa, nẽ sse preçebesse do escudo, foylle dar o duque hũa ferida de hũa azcũa moy tallador que tragía, que lle falssou a loriga et lle poso a azcũa fóra da outra parte mays de hũa grã braçada (CT, 141.110-113)

Et disserõ que nõ fezesse mays tardada, mays que fosse tomar vengança de aquel trahedor, et que desto fosse el ben çerto que nõ auýa y tã alto muro, n[ tã alta torre, que sse lles defendesse et que o elles nõ tomassen, et que destroyríã seus rreynos et todas suas cõpañas (CT, 2.7-10)

Et ueeriades jazer a derredor del cabeças et mãos et pees et queixadas et braços et pernas et caualeyros mortos (CT, 238.87)

1.1.6. O sufixo nominal –(d)or, –a / –tor, –a. De analizarmos agora o sufixo nominal –dor, poderemos comprobar que tamén é altamente produtivo; na Cró-nica Troiana móstrase como un sufixo moi vivo para a formación de substantivos deverbais.

En latín servía para formar nomes de axente ou instrumentos, contando xa cunha rendibilidade tamén alta. O sufixo con que se valía era –TŌREM, onde se pode observar a unión do participio de perfecto pasivo –TUM coa terminación –ŌREM.

Pola súa banda, no manuscrito (en) galego da Crónica achamos un arsenal de exemplos que designan substantivos e adxectivos abstractos e que suman un total de 29 voces diferentes. Estas formas sufixadas contan coa vogal temática de cada unha das conxugacións verbais (–a– para a CI, –e– para a CII e –i– para a CIII) con que se soldan á base léxica, e ao paso que designan ao ‘axente da acción’ caracterízano coma se dun adxectivo se tratar; isto acontece nos casos como:

Et foy prouado caualeyro et ardido et moy bon cõbatedor (CT, 121.19).

Et por ende taes cõpañeyros busca [Paris] que seiã uerdadeyros et leaes et fortes et cometedores (CT, 341.8).

A maioría das voces en –or que rexistramos posúen xénero masculino, mais esta forma tamén se emprega no galego-portugués para o feminino, presentando un sincretismo formal entre ambos os xéneros, como se sabe:

Et tragíã seus escudos enbraçados et suas lanças ẽnas mãos, et moytos deles tragíã hũas azcũas grãdes et anchas de açeyro, linpas et cortadores cõmo nauallas (CT, 171.4-6)

343Sobre algúnS SufixoS e a Súa rendibilidade na crónica troiana

Xoán López Viñas

Casandra era tã grãde que assaz lle auõdaua, et era uermella et lentegosa et moy sabedor ẽnas artes [d]e negromãçia (CT, 85.2-3)

Posteriormente, o sufixo acrecentou no feminino a vogal xenérica –a para romper esa homonimia, acomodando a forma ao xénero e mudándoa en –ora.

Dentro desta noción de ‘axente da acción’ podemos agrupar 5 exemplos rexistrados e que mostran unha especialización na ‘profesión do axente’: adeu-jñador (CT, 32.8-9), agüyrador17, caçador, lauradores, mercadores.

Do punto de vista estilístico, este sufixo ten un grande aproveitamento cando ten función adxectivas, como se aprecia nas descricións das distintas perso-naxes que se dan cita na Crónica Troiana; vexamos os seguintes exemplos:

Et nõ era escarnidor, nẽ vilão, nẽ posfaçador, segundo entẽdj per Dayres. Et en todo o mũdo nõ ouuo home tã sofredor d’armas, nẽ home tã sen medo (CT, 75.12)

Et ben gardaua aqueles que lle quisessen tẽer mẽtes que nõ fossen anoiados, nẽ faladores, nẽ posfaçadores, nẽ desenssynados (CT, 211.9-10)

El rrey Napus auía outro fillo engeñoso et arteyro et rreuoluedor et sabedor de fazer mezclas et de buscar mal (CT, 467.2-3)

Anteposto ao nome, confere unha marca de subxectividade e reforza a caracterización, como se pode ver en sabedor:

Et Colcos, o moy bon sabedor agoyreyro et leterado lles preegaua de cada día, et os cõfortaua, et dezía taes rrazões per que elles erã esforçados et ficauã en seu coraçõ (CT, 181.16-18)

Deste xeito, o sufixo –dor atribúe unhas cualidades adxectivas que repercu-ten sobre o axente da acción e que permite a súa caracterización.

1.1.7. O sufixo nominal –(d)ura / –tura. O sufixo latino –TŪRAM presen-ta dúas variantes diverxentes no galego portugués: por unha banda, –(d)ura e, pola outra, –tura, que mantén a forma latina de que provén. Para explicarmos as evolucións diverxentes –dura / –tura debemos acudir ao proceso lenitivo de sonorización das consoantes xordas intervocálicas en sonoras (Ferreiro, 1999), o que deriva en –dura, mentres que a solución –tura é froito da presenza dunha consoante implosiva que precede ao –T– latino e impide tal sonorización.

17 Cfr. agoyreyro, en 1.1.3.

344a lingüística galega desde alén marHistoria e dialectoloxía

A forma latina –TŪRAM é produto da concorrencia do sufixo –ŪRAM co participio de perfecto –TUM, con que habitualmente se unía (SEPULT(u) + –ŪRA), aínda que tamén se engadía aos substantivos da cuarta declinación terminados en –US (CULTUS → CŬLTŪRA) (Väänänen, 2003: 148-49).

No galego-portugués este sufixo pode formar substantivos deverbais ou denominais, segundo a significación semántica que presentar, achándomos no noso texto de estudo unhas 24 ocorrencias para el. A forma patrimonial –dura preséntase baixo os alomorfos –adura e –idura, segundo a conxugación verbal correspondente. Con –adura rexistramos 4 bases distintas con orixe verbal e cuxa formación é romance: andadura, catadura, debuxadura e mezcladura18, onde podemos ver unha certa intensificación expresiva a respecto da base:

Et en esta çidade auja tres jornadas en andadura (CT, 13.18)

ben semellaua a sua catadura de home fardido et de mesura (CT, 82.5)

Et ẽno mũdo nõ fuj debuxadura nẽ obra que en p(r)intura podese seer laurada que alý nõ fosse (CT, 350.6)

ca el paresçía tã uermello cõmo hũa rrosa moy uermella, outra uez paresçía tã brãco cõmo hũa frol de lilio, outra uez amarelo, outra uez jndio, outra uez preto, outra uez color de çeo, outra uez de tamaña mezcladura et tã fremosa que grã marauilla era (CT, 198.13-16)

Con –dura tamén temos outras dúas voces, mais de formación xa latina. É o caso de armadura (< ARMATŪRAM) e vestidura (< VESTITŪRAM), ambas designando un ‘obxecto de vestir’, aínda que orixinariamente tamén se pode entrever nelas un valor de ‘colectividade’ (‘conxunto de armas (defensivas)’ e ‘conxunto de pezas’, respectivamente):

Mays a justa nõ foy falyda entre elles, ca lle deu Éytor per meo do escudo hũa ferida de tã grã força que logo en essa ora pasou o ferro da lança et o pendón todo perlas costas del, que lle nõ prestou a loriga nẽ armadura que trouxesse (CT, 127.9-11)

Et desý tomarõ hũ pãno muy bõo et muy preçado, a listas d’ouro muy fremosas, et fezerõ del hũa uestidura tã ben feyta que nũca tã ben feyta a trouxera (CT, 243.7-9)

18 Trátase dun claro castelanismo a partir do verbo mezclar, mais o que nos interesa neste caso é o feito de ter orixe deverbal.

345Sobre algúnS SufixoS e a Súa rendibilidade na crónica troiana

Xoán López Viñas

No que se refire aos denominais, este sufixo nominal aparece baixo a for-ma –ura, que se xunta a adxectivos de tipo cualificativo, creando un substantivo abstracto. Concretamente na Crónica Troiana só achamos 8. Nesta derivación habilítanse os trazos semánticos de ‘cualidade’:

Et era tã soberuio que nõ tijña en nada de fazer grã torto a quen sse pagaua, tãto auja de crueza et de brauura et de saña (CT, 23.8-9)

Et souberõ quanto pertẽeçía a rrazõ et a mesura et a justiça et a cordura et a bon-dade (CT, 508.16-17)

Et foy hu estaua a mayor espessura, et desfezo a uolta, et leixou y moytos caualle-yros mortos et malchagados (CT, 127.165-166)

Et agora cada hũa delas ten tal creẽça que deue a auer a maçãa por fremosura, et andan desauĩúdas entre ssy, et quérensse grã mal por aquesto (CT, 29.20-21)

Mays sabede que Deus nõ fezo ẽno mũdo pez nẽ outra cousa que tã negra fosse cõmo era este rrey Perses et seu sobriño, nẽ que sse cõparar podesse aa sua negru-ra (CT, 110.82)

ou ‘propiedade’:

Quando esto acaesçeu, sabede que ja era a caẽtura en aquel tẽpo que as áruores todas son cubertas de follas (CT, 5.15-16)

muytas uezes torno amarelo, et outras uezes en caentura, et (en) outras en grã friúra (CT, 269.35-36)

Et ben ueu que andaua buscãdo sandeçe et grã loucura (CT, 24.4-5)

A respecto de brauura, esta convive na Crónica coa forma sufixada braue-za, sufixo co cal tamén se pode denotar unha cualidade, polo que se pode manter unha certa relación conectiva entre –ura e –eza19.

A estas, habería que engadir máis dúas formas en –ura. Unha delas provén dun nome substantivo e presenta a noción de ‘acto propio de’ (diabrura [CT, 294.81] < diabro), mentres que a outra está unida a un verbo (folgura [CT, 197.7] < folgar20). A respecto desta última, a historia da lingua lévanos a consi-derar que se trata dun castelanismo (< holgura), xa que en galego-portugués o

19 Como en tristura-tristeza ou friúra-frieza, por exemplo.20 A orixe ten que ser obrigatoriamente deverbal, xa que o substantivo folgo se documenta por vez

primeira no s. XVi (Cunha, 1986: 363, s.v. folgar).

346a lingüística galega desde alén marHistoria e dialectoloxía

sufixo –ura unicamente se solda a bases nominais, xa que coas verbais comparece a solución –adura, como se tivo ocasión de apreciar nas liñas anteriores.

Pola súa banda, a forma culta –tura móstrase en 8 voces de formación latina e significacións variadas, entre as que sinalamos: 1. ‘Lugar’: çentura (CT, 69.2)~çintura (CT, 171.134-135) ‘parte do corpo si-tuada á altura do cinto’ < CINCTŪRAM, sepoltura (CT, 168.11)~sopoltura (CT, 108.40) ‘lugar onde se sepulta’ < SEPŬLTŪRAM

2. ‘Acto e/ou efecto de’, ‘arte’: costura (CT, 198.21-23) < *CONSUTŪRA, es-critura (CT, 208.4) < SCRIPTŪRAM, pintura (CT, 121.65-66) < *PINCTŪRAM

3. Obxecto: cobertura ‘prenda para cubrir, manta’ (CT, 6.42-43) < CŎŎPĔRTŪRAM,

Estonçe [Éytor] enderẽçou cõtra el, et alçou a espada, et foylle dar tã grã ferida que lle cortou o braço et os costados ata a çintura (CT, 171.134-135)

Et sóbrelas armaduras [Leomedón] tragía sobresynaes et coberturas de hũa púr-pura uermella (CT, 6.42-43)

1.2. Sufixos verbais

1.2.1. O sufixo verbal –ar. De entre os sufixos verbais máis rendíbeis ou máis produtivos na Crónica Troiana, e que podemos extender a todo o período medieval, destacan as formacións derivadas con sufixo –ar. A abundancia destas formacións verbais (un total de 27) fan, obviamente, que a acción avance, en ló-xica co texto de que se trata. A base sobre a que se forma pode ser un substantivo: cobijçar (CT, 202.42) < cobiça; esmaltar (CT, 245.34) < esmalte... e, ás veces, un participio: saltar (CT, 28.40) < SALTĀRE, de SALTUM; leuãtarõ (CT, 20.2), levantar < *LEVANTĀRE, de LEVANTE; juntar < junto + –ar < IUNCTUM... De forma residual, a base pode ser un adverbio: çerquado (CT, 156.28), cercar < LT. CĬRCĀRE < CĬRCA.

Do punto de vista semántico, non proporciona un acrecentamento signi-ficativo, senón que simplemente reflicte un estado verbal, co cal a rendibilidade expresiva deste sufixo ten un impacto case nulo.

Onde este sufixo se torna extraordinariamente produtivo (superando a barreira dos 40) é na formación de parasintéticos con prefixo a–, en–, des–, es–, re–, mais que non trataremos neste traballo pola pertinencia temática e por seren casos de parasíntese onde actúa o prefixo e o sufixo ao mesmo tempo.

347Sobre algúnS SufixoS e a Súa rendibilidade na crónica troiana

Xoán López Viñas

1.2.2. O sufixo verbal –ecer. Por súa parte, na Crónica Troiana tamén se mostra moi produtivo o verbo –eçer ~ –esçer (solución gráfica latinizante, mino-ritaria no manuscrito). Provén do latín –SCĔRE (–ĬSCĔRE ou –ESCĔRE), onde nun primeiro momento estes verbos posuían un valor incoativo, indicando a acción no seu comezo. Segundo Väänänen (2003: 221), este valor ao inicio apa-recía con verbos intransitivos, mais logo extendeuse aos transitivos, debido á súa expresividade e á súa unidade de acentuación no tempo presente. No paso cara ao romance galego-portugués mantivo esta incoatividade, mais nalgúns casos ou ben desapareceu ou pasou a non ser pertinente.

Este é un dos grandes sufixos formadores de verbos e actúa sobre bases nominais ou verbais (máis de 30 en total), mostrando maior rendibilidade so-bre estas últimas; o proceso derivativo denominal levouse a cabo por medio de prefixación e sufixación de modo simultáneo (entristeçer, enuerdeçer...), co cal tampouco o imos tratar.

Se proviren de bases verbais, o máis habitual é que sexan verbos da CIII en –ir. No período medieval, e en particular na Crónica, observamos unha verda-deira pugna entre as formas verbais derivadas con sufixo –ecer e os verbos en –ir dos cales proveñen, triunfando finalmente as formas con –ecer e desaparecendo practicamente os verbos en –ir. Isto, pola súa banda, vén reafirmar a tendencia a mudar os verbos da CIII para a CII (aínda que florir~chorir – florecer). Por exem-plo, bastir-bastecer → abastecer; escarnir-escarnecer → escarnecer; falir-falecer → falecer; gorir-gorecer → guarecer; gornir-gornecer → guarnecer; esmorir-esmorecer → esmorecer; gradir-gradecer → agradecer etc.

Non obstante, tamén podemos ter verbos base doutras conxugacións aos cales se lles engadiu en latín vulgar este sufixo, que chegou sen o valor incoativo, como en acõtesçer (CT, 94.8) < contecer < *CONTĬGESCĔRE < *CONTĬGĔRE ← CONTĬNGĔRE; padeçerõ (CT, 133.53) < *PATESCĔRE ← PATI...

2. cabo

Foi a nosa intención nas páxinas precedentes tentarmos describir en ter-mos sufixais a Crónica Troiana; após esta aproximación analítica levada a cabo podemos sintetizar os datos máis importantes nos seguintes puntos:

348a lingüística galega desde alén marHistoria e dialectoloxía

– O sufixo máis produtivo de todos é –mento en todos os aspectos. Aten-dendo ao resultado da derivación, o máis rendíbel na formación de substantivos volve ser –mento, mentres que na formación de adxectivos temos –oso e, pola súa parte, na de verbos destacan os derivados co sufixo –ar. Se mirarmos a categoría da palabra base, comprobamos que o sufixo deverbal máis importante é –mento; no entanto, o denominal máis produtivo é –oso. O sufixo verbal máis produtivo é –ar.

– Un nutrido grupo de sufixos presenta a noción de ‘acción ou o resultado dela’, ao carón doutro grupo que denotan o trazo da ‘cualidade’. Son estes dous dos valores semánticos que describen a Crónica Troiana e, ao paso, o tipo de texto de que se tratar: narrativo, épico, mais tamén descritivo.

– En consecuencia, o léxico que predomina é o referente a accións verbais (substantivos e verbos) e o relacionado coa guerra e as descricións físicas e psí-quicas das personaxes.

– Finalmente, puidemos observar ao longo destas páxinas que a sufixación produtiva presenta un grande aproveitamento estilístico e creatividade.

Referencias bibliográficas

Beltrán, J. A. (1999): Introducción a la morfología latina. Zaragoza: Universi-dad de Zaragoza.

Cunha, A. G. da (19862). Novo Dicionário Etimológico Nova Fronteira da Lín-gua Portuguesa. Nova Fronteira: Rio de Janeiro.

Ferreiro, M. (19994). Gramática histórica galega I. Fonética e Morfosintaxe. San-tiago de Compostela: Laiovento.

Ferreiro, M. (20012). Gramática histórica galega. II. Lexicoloxía. Santiago de Compostela: Laiovento.

Freixeiro Mato, X. R. (1999). Gramática da lingua galega. III. Semántica. Vigo: A Nosa Terra.

Grandgent, C.H. (1963). Introducción al latín vulgar. Madrid: CSIC.Lang, M. F. (20023). Formación de palabras en español. Morfología derivativa

productiva en el español moderno. Madrid: Cátedra.

349Sobre algúnS SufixoS e a Súa rendibilidade na crónica troiana

Xoán López Viñas

Lorenzo, R. (1977). La traducción gallega de la Crónica General y de la Crónica de Castilla. II. Glosario. Ourense: Instituto de Estudios Orensanos “Padre Feijoo”.

Lorenzo, R. (1985). Crónica Troiana. A Coruña: Fundación Pedro Barrié de la Maza / Real Academia Galega.

Meyer-Lübke, W. (1974). Grammaire des langues romanes. Vol. II. Morpholo-gie. Genéve: Slaktine.

Väänänen, V. (20033). Introducción al latín vulgar. Madrid: Gredos.

O Atlas Lingüístico Galego e o projeto Atlas Lingüístico do Brasil:

questões metodológicas

jaCyra aNdrade mota suzaNa aliCe marCeliNo Cardoso

Universidade Federal da Bahia/CNPq

RESuMO

A Geolingüística, sem se afastar do seu principal objetivo –o de identificar a variação diatópi-

ca, delimitando áreas dialetais– vem, em certos projetos de atlas lingüísticos, preocupando-se

também com a pesquisa de outras variáveis, como a diastrática, a diageracional, a diagenérica,

a diafásica, etc.

Nesta comunicação, apresentam-se considerações sobre a metodologia seguida pelo Atlas

Lingüístico Galego e a que vem sendo aplicada na construção do Atlas Lingüístico do Brasil,

particularmente com relação aos questionários lingüísticos utilizados para a coleta de dados,

à densidade da rede de pontos selecionados para a realização dos inquéritos e ao perfil de

informantes, com o objetivo de: (i) assinalar os caminhos definidos por esses dois projetos, (ii)

identificar as particularidades de um e de outro, (iii) encontrar evidências de características

próprias de que se deve revestir a metodologia pensada para a România Velha e para a Româ-

nia Nova.

Palabras clave: Atlas Lingüístico Galego, Atlas Lingüístico do Brasil, geolingüística.

A LiNGüíSTiCA GALEGA DESDE ALéN MAR (iSBN 987-84-9887-145-6)

universidade de Santiago de Compostela, 2009

352a lingüística galega desde alén marHistoria e dialectoloxía

1. considerações preliminares

A Geolingüística, como ramo dos estudos lingüísticos voltado para a des-crição da diversidade de usos da língua não só espacial como social, permite o conhecimento da realidade da região considerada e a identificação das variadas influências que possam, na área, existir. Nesse sentido, os atlas lingüísticos vêm desempenhando papel relevante.

Como forma de mapear a realidade de uma determinada língua, seja na amplitude de seu uso, seja na particularidade de uma das regiões onde esteja sen-do falada, a Geolingüística tem procurado descrever uma língua, tomando como referência as diferentes regiões e relacionando a cada uma delas os usos específi-cos. Com tal objetivo, desenvolveu-se esse ramo dos estudos da linguagem com a preocupação bastante nítida com a diversidade de usos e procurando fornecer elementos que permitam a construção da sua história.

A Geolingüística vem, assim, transitando por metodologias diferenciadas. Inicia-se por um caminho definido pela busca da variação espacial. É o que se pode denominar de Geolingüística monodimensional. E esse foi o caminho tril-hado pelos primeiros atlas lingüísticos, realizados numa época em que o isola-mento entre áreas era significativo e a diferenciação decorrente dos distintos ní-veis de escolaridade pouco representativa. Nesse contexto, o espaço se sobrepõe às diferenças sociais e se afirma como: relevante para a variação e a mudança de uma língua; definidor da extensão de usos; instrumento de demarcação do ca-minho que determinadas formas percorrem no curso do tempo. Com o avanço, porém, dos estudos no campo das relações entre a língua e fatores sociais, a Geolingüística busca novas formas de focalizar o mesmo fenômeno lingüístico sem deixar de priorizar o aspecto diatópico, base da sua investigação e princípio da sua teoria. Caminha à procura das relações que se estabelecem entre o espaço e variáveis sociais como gênero, faixa etária, escolaridade, procurando mostrar que à variação diatópica estão correlacionados outros níveis de percepção dos fenômenos da língua. Dessa forma, uma perspectiva diagenérica, uma perspectiva diastrática, uma perspectiva diageracional se constituem em novas maneiras de controlar os dados a serem pesquisados e cartografados. Surge uma Geolingüís-tica pluridimensional que vai acoplar ao enfoque espacial, geográfico, diatópico, enfoques de natureza sociolingüística. Esse redirecionamento metodológico res-

353o atlas lingüístico galego e o projeto atlas lingüístico do brasil

Jacyra Andrade Mota/Suzana Alice Marcelino Cardoso

ponde, também, a uma nova configuração da sociedade de modo geral: os limites entre regiões se tornam tênues, a comunicação entre áreas se intensifica, seja pela presença de maior número de vias de comunicação –ferrovias, rodovias, tráfego aéreo–, seja pelo desenvolvimento dos meios de comunicação, particularmente com a implantação da internet.

Constata-se, portanto, que a Dialectologia/Geolingüística não nasceu pluridimensional, mas, com o passar do tempo, assumiu essa postura. O Atlas Linguistique de la France, primeiro atlas publicado é monodimensional e serviu de modelo a toda a produção que a ele se seguiu. Os atlas pluridimensionais, ou seja, atlas com controle cartográfico de variáveis sociais, vão aparecer na história dos estudos dialetais, respondendo a exigências dos novos momentos históricos. Diante desse quadro, um questionamento se impõe: A mudança operada no método implica uma negação dos princípios adotados nos primórdios da Dialec-tologia? Ou procuram responder a necessidades que se configuram para a ciência da linguagem em função de novos caminhos que se abrem para a humanidade? Obviamente, a primeira pergunta levantada não procede. Não se trata de des-conhecer a importância nem a validade dos princípios inicialmente seguidos pela Geolingüística, pois, nada obstante priorizar-se o dado de natureza diatópica, os primeiros atlas contemplam informantes de várias classes sociais, de idades diferenciadas e dos dois gêneros, ainda que não exponham esses resultados de forma cartográfica, como se vê nos dados coletados para o atlas de Gilliéron. O fato de buscar perspectivas numa linha pluridimensional significa, apenas, que os estudos dialetais foram sensíveis às mudanças operadas no mundo e procuraram, reconhecendo essas mudanças, responder de forma afirmativa com a proposição de novos caminhos para focalizar a diversidade geográfica. No momento em que o isolamento já não se constitui numa característica do mundo atual, as impli-cações de relacionamento entre grupos de diferentes características, entre áreas de situação geográfica distinta se tomam evidentes, justifica-se uma perspectiva de enfoque do fenômeno lingüístico que leve em conta todo esse arcabouço que vai dando cobertura à realidade contemporânea. Tal reflexão conduz à ne-cessidade de responder-se a uma pergunta fundamental para a compreensão do método dialetal na atualidade: Toda a Dialectologia, hoje, terá que ser pluridi-mensional? Essa é uma pergunta cuja resposta não pode ser unívoca, ainda que se reconheçam as implicações entre o social e o espacial. Pode-se, perfeitamente, no

354a lingüística galega desde alén marHistoria e dialectoloxía

contexto atual, pensar-se em atlas monodimensionais e atlas pluridimensionais, considerando-se o objetivo do trabalho, a descrição que se almeja alcançar e a realidade a ser descrita. E exemplos de atlas lingüísticos atuais comprovam essa possibilidade, e, por que não dizer, necessidade, de convivência de dois caminhos metodológicos.

As considerações que nos propomos fazer nesta comunicação têm por ob-jeto mostrar, ao se comparar a metodologia seguida por dois atlas lingüísticos –o da Galícia e o do Brasil–, como diferentes enfoques respondem afirmativamente a descrições geolingüísticas de qualquer língua. Trata-se dos caminhos seguidos pelo Atlas Lingüístico Galego (ALG) e pelo que se tem definido como a metodo-logia do Atlas Lingüístico do Brasil (ALiB), projeto em desenvolvimento.

2. Um confronto de metodologias

Os atlas tomados para confronto referem-se ao galego e ao português, duas línguas que, pela sua origem, apresentam afinidades, e trazem, do ponto de vista do português brasileiro, particular interesse pela presença representativa da imigração galega no Brasil e, particularmente, na Bahia.

Três aspectos são inicialmente considerados: a rede de pontos, o questio-nário e os informantes. Trata-se do tripé básico para o estabelecimento de uma pesquisa de natureza dialetal: o espaço escolhido, o que se quer apurar em ter-mos lingüísticos e o tipo de usuário da língua do qual se buscam os dados.

2.1. A rede de pontos

O ALiB para uma área de 8.511.000 km2 tem uma rede de 250 pontos, distribuídos por todas as regiões geográficas. O ALG tem uma rede de 167 pon-tos que recobrem uma área de 29.575 km2. Para o ALG, a distância entre os pontos está por volta de 20km, tomando-se uma malha mais fina na costa oci-dental, zona de maior densidade de população, observando-se que a densidade média (dados de 1996) é de 92.7 hab/km2. Para o ALiB, a malha é bastante va-riada, considerando-se as diferenças que se observam na densidade demográfica: a Zona Norte figura como a de menor densidade demográfica –16,9–, enquanto a Região Sudeste figura como a mais populosa –108,5– veja-se a densidade de São Paulo, que atinge 55,0.

355o atlas lingüístico galego e o projeto atlas lingüístico do brasil

Jacyra Andrade Mota/Suzana Alice Marcelino Cardoso

A apresentação da rede de pontos evidencia diferenças entre as duas me-todologias. Primeiramente, a relação número de pontos/área recoberta revela maior densidade na área galega do que na brasileira; em segundo lugar, há de perguntar-se o porquê da malha brasileira apresentar-se mais aberta, quando, sabe-se, que maior número de pontos investigados significa maior densidade da informação a ser fornecida.

Põe-se, assim, uma primeira diferença metodológica entre esses dois at-las: o número de pontos para documentação. Tal distinção tem explicação que se torna evidente. Há para esses dois atlas objetivos diferenciados: o da Galícia recobre uma região de Espanha, lingüisticamente definida; o do Brasil procu-ra traçar as linhas gerais da realidade brasileira, cujos limites regionais não são ainda conhecidos com fundamentação em dados empíricos. No caso brasileiro, vale ressaltar que a única divisão dialetal existente, proposta por Nascentes, foi feita no século passado e com base numa realidade de ocupação territorial hoje bastante modificada em função da imigração externa e da migração interna. Se uma parte do oeste do Brasil era para Nascentes um “território incaracterístico” (1953, p. 26) porque se apresentava com baixa densidade demográfica, com vastas regiões desabitadas, a realidade, hoje, mostra um outro panorama com a ocupação feita sobretudo com migrantes da região Sul. Para o atlas galego, a densidade da rede torna-se uma exigência para o conhecimento aprofundado da região. No caso do atlas do Brasil, buscam-se os grandes traços da língua no te-rritório nacional, cabendo aos atlas regionais cumprir a outra face da informação, descendo a detalhes, tarefa em parte cumprida com a realização dos nove atlas regionais já publicados1.

2.2. O questionário

Para o atlas galego, foram previstas, no primeiro esboço de questionário, cerca de 6.000 perguntas, número que foi reduzido a 2.711 questões que reco-brem a fonética, morfologia, sintaxe –perguntas 1 a 527– e o léxico –pergun-tas 528 a 2.711. Trata-se, portanto, de um questionário de certa amplitude e que, por isso, atinge especificidades da área pesquisada. No caso brasileiro, tem-se um total de 410 questões, que se distribuem por três tipos de questionário

1 Cf. referências.

356a lingüística galega desde alén marHistoria e dialectoloxía

–fonético-fonológico, com 159 perguntas; semântico-lexical, com 202 pergun-tas; morfossintático, com 49 perguntas–, a que se acrescentam questões de pro-sódia, de pragmática, temas para discursos semidirigidos, perguntas metalingüís-ticas e texto para leitura. A seleção de perguntas para o caso brasileiro foi ditada pela necessidade de se encontrarem questões que pudessem fornecer uma macro visão do português brasileiro e permitissem a intercomparação entre as diferentes regiões. Para tanto, recorreu-se aos questionários dos atlas regionais publicados e a informações constantes de trabalhos monográficos sobre diversas regiões à busca de um conjunto de perguntas que pudessem oferecer a possibilidade de aplicação, com êxito de resposta, em todo o território nacional. Por outro lado, o número reduzido de perguntas em relação ao atlas galego é também uma con-tingência do que se esboça para o Brasil: ampla área, longas distâncias entre os pontos da rede, necessidade de não distanciamento acentuado entre os momen-tos de coleta de dados e, não se pode fugir dessa realidade, o custo. Tais condi-cionamentos levaram a que se estabelecesse para o questionário do atlas do Brasil um menor número de questões que, no entanto, pela sua natureza, possibilitam a visão geral do português brasileiro que se quer alcançar. E os dados já recolhidos (49% da área já foi documentada) têm apontado para o acerto da metodologia adotada. Dessa forma, as diferenças metodológicas entre os dois atlas considera-dos respondem a exigências da realidade a ser recoberta pela descrição a que se propõe cada um deles.

2.3. Os informantes

O atlas galego buscou o informante “ideal” –iletrado, nativo do lugar e filho de pais da localidade, sem ter prestado serviço militar, sem ter feito viagens, sem defeitos articulatórios. Para o atlas do Brasil, foram selecionados informantes que atendessem a prerrogativas básicas –nativo do lugar e filho de pais da loca-lidade, sem ter feito viagens, sem defeitos articulatórios–, mas foi estabelecido o controle de variáveis sociais, que permite uma visão diageracional, diagenérica e diastrática. No tocante à idade, foram consideradas duas faixas etárias –18 a 30 e 50 a 65 anos. O ideal seria, e disso se tem clareza, que se tomasse, também, a faixa intermediária. A não inclusão se deveu, porém, a condicionamentos de caráter operacional: a ampliação do corpus que implicaria na elevação do custo e no dispêndio de maior tempo, considerando-se a amplitude territorial. No

357o atlas lingüístico galego e o projeto atlas lingüístico do brasil

Jacyra Andrade Mota/Suzana Alice Marcelino Cardoso

tocante ao controle diagenérico, sistematicamente foram documentados homens e mulheres das mesmas faixas etárias e dentro dos mesmos percentuais. Quanto à variação diastrática, nas capitais de estado foram considerados dois níveis de escolaridade –o fundamental (correspondente aos primeiros oito anos de escola-ridade) e o universitário completo– e nas demais localidades, pelas características culturais, o registro se fez apenas de informantes com o curso fundamental.

A diferença básica entre as duas metodologias e no tocante à seleção de informantes reside, pois, nos critérios adotados e nas variáveis sob controle.

3. Para concluir

O confronto entre as metodologias seguidas pelo atlas galego e pelo atlas do Brasil revela caminhos que refletem particularidades das áreas pesquisadas e da natureza da pesquisa desenvolvida. No caso da România Velha, a Galícia, a identificação do pormenor de cada região toma-se uma exigência para que se conheçam os caminhos de transformação da língua. No caso da România Nova, o Brasil, a formação demográfica e a conformação social, com alto grau de mobilidade das massas populacionais, nos diferentes sentidos –interior-grandes centros– requerem que as variáveis sociais sejam controladas, pois é nítida e profundamente significativa a implicação entre os usos lingüísticos e a realidade social.

Referências bibliográficas

Aguilera, V. (1996). Atlas Lingüístico do Paraná. Curitiba: Imprensa Oficial do Estado.

Aragão, M. do S. & C. Menezes (1984). Atlas Lingüístico da Paraíba. Brasília: UFPB/CNPq, Coordenação Editorial.

Cardoso, S. (2005). Atlas lingüístico de Sergipe II. Salvador: EDUFBA.Comitê Nacional do Projeto ALlB (2001). Atlas Lingüístico do Brasil: questioná-

rio 2001. Londrina: Ed. UEL. Cruz, M. L. de C. (2004). Atlas Lingüístico do Amazonas. Universidade Federal

do Rio de Janeiro, vol. I e II. Tese de Doutorado.

358a lingüística galega desde alén marHistoria e dialectoloxía

Ferreira, C., J. Freitas, J. Mota, N. Andrade, S. Cardoso, V. Rollemberg & N. Rossi (1987). Atlas Lingüístico de Sergipe. Salvador: Universidade Federal da Bahia/ Fundação Estadual de Cultura de Sergipe.

Garcia, C. & A. Santamarina (dir.) (1990). Atlas Lingüístico Galego. A Coruña: Fundación Pedro Barrié de la Maza.

Koch, W. & M. Klassman; C. Altenhofen (2002). Atlas Lingüístico-Etnográfico da Região Sul do Brasil. Vol. I – Introdução, vol. II – cartas fonético-fonológicas. Porto Alegre/Florianópolis/Curitiba: UFRGS/UFSC/UFPR.

Mota, J. (2003). “Constituição do corpus do Projeto ALiB: Procedimentos me-todológicos”. In Aguilera, V., J. Mota & G. Milany (orgs.). Documentos 1. Projeto Atlas Lingüístico do Brasil. Salvador: ILUFBA: EDUFBA, 31-44.

Razky, A. (2004). Atlas Lingüístico Sonoro do Pará. v. 1.1. Belém: CAPES/ UFPa/ UTM.

Ribeiro, J. & M. Zágari; J. Passini; Gaio, A. (1977). Esboço de um atlas lingüístico de Minas Gerais. v. 1. Rio de Janeiro: Fundação Casa de Rui Barbosa / Uni-versidade Federal de Juiz de Fora.

Rossi, N. & C. Ferreira; D. Isensee. (1963). Atlas Prévio dos Falares Baianos. Rio de Janeiro: Ministério de Educação e Cultura.

Turgalicia. “Presentación de Galícia. Introducción a su Economia, Historia, Geo-grafia y Política”. www.turgalicia.es/presentacion/europa_P.htm - 17k.

Fontes documentais en galego do s. Xiii –ata 1260– nos arquivos

de Santiago de compostela. descrición e estado da cuestión

raquel rodríGuez Parada

Universidade de Santiago de Compostela

RESuMO

Neste artigo damos conta dun conxunto de documentos notariais en galego do século Xiii que

se custodian nos arquivos, públicos e privados, da cidade de Santiago de Compostela. Como

baliza cronolóxica establecemos os sesenta primeiros anos deste século por producirse durante

este período a emerxencia do galego como lingua escrita. Dado o o interese que teñen os

textos para o estudo da lingua e da sociedade medieval, proporcionamos unha breve nota

histórica e unha descrición dos arquivos composteláns en que se localizan, teléfono de contac-

to, persoal responsable, horarios de apertura, etc. coa finalidade de facilitarlles o traballo aos

investigadores.

Tamén facemos referencia aos documentos galegos que dende a Desamortización de Mendi-

zábal forman parte dos fondos do Arquivo Histórico Nacional, dos cales hoxe podemos consul-

tar unha copia nos arquivos da cidade compostelá; finalmente, nos anexos, recollemos unha

relación de todos os textos citados co correspondente rexesto e información catalográfica de

interese.

Palabras clave: documentación medieval, galego, arquivística.

A LiNGüíSTiCA GALEGA DESDE ALéN MAR (iSBN 987-84-9887-145-6)

universidade de Santiago de Compostela, 2009

360a lingüística galega desde alén marHistoria e dialectoloxía

«...bieron e aga adreçar los almarios de las escrituras por manera que aya en ellos tres llabes las quales tengan tres benefiçiados cada uno la suya y no se puedan abrir sin

todos tres estar presentes, en los cuales dichos armarios mandan que se pongan todos los prebilegios libros y escrituras que estan en el tesoro ansi las escrituras [...] dichas

tres llabes le mandan las trayan a cabildo para que sus merçedes las den a las personass que la ayan de tener en la dicha guardda y confiança»

(1533, petición da Mesa capitular).

Este artigo está en relación coa miña tese de doutoramento, Documen-tos notariais en galego do século xiii. Edición e estudo lingüístico, que a día de hoxe conta cun corpus de aproximadamente un cento1 de documentos de carác-ter xurídico (notariais) éditos e inéditos datados entre os anos 12002 e 1260 e custodiados en arquivos galegos e de fóra da comunidade –como consecuencia da Desamortización de Mendizábal de 1835– fundamentalmente, no Archivo Histórico Nacional (ahn)3. Malia isto, aquí, por cuestións de espazo e tempo, centrarémonos exclusivamente no inventariado dos documentos que durante esta época -os primeiros sesenta anos do século xiii- se localizan nos arquivos composteláns. Ademais, coa finalidade de facilitar o traballo aos investigadores, aproveitaremos para facer unha descrición de todos os arquivos, públicos e priva-dos, que existen en Santiago de Compostela en que se custodia documentación medieval en prosa notarial desta época.

Non quero continuar sen antes indicar que a descrición relativa aos arquivos está feita dende a perspectiva dunha filóloga, con todas as eivas que isto poida ter, pois é a man dunha filóloga e non a dunha historiadora a que vai redactar este artigo.

1 A día de hoxe –ano 2006– coñecemos 116 documentos datados neste período, pero é posible que cunha minuciosa busca nos arquivos acaben vendo a luz máis textos que aumenten esta relación; de feito o número de documentos que rexistramos nós xa aumenta con respecto aos 112 citados por Boullón (2005: 46).

2 Aínda que tomamos o ano 1200 como data de partida do noso estudo, temos que aclarar que o primei-ro texto notarial que consideramos, un híbrido entre latín e galego, data do 20 de febreiro de 1227 (López 1916: 89-90, apud. Boullón 2004: 14).

3 O noso agradecemento a todo persoal responsable dos arquivos e a Francisco Carracedo, que amable-mente nos facilitaron os datos precisos para a elaboración deste artigo; a Déborah González, inma López e Damián Suárez, que nun mes de agosto en que o horario das bibliotecas era incompatible co meu, e abusan-do da súa amizade, me conseguiron algúns exemplares nas diversas bibliotecas de Santiago de Compostela. Tamén a Ana Boullón polas súas suxestións, a Xavier Varela por permitirnos acceder ao TMiLG mentres estaba en construción, a Ricardo Gutiérrez Pichel por facilitarnos información sobre a documentación de Sobrado de Trives e, finalmente, a Maka Pérez por toda a súa axuda.

361fontes documentais en galego do s. xiii

Raquel Rodríguez Parada

1. A documentación notarial durante a idade Media

O motivo da escolla deste marco cronolóxico explícase por ser a data en que se está conformando o idioma galego e en que se incrementa o uso do ro-mance nas escrituras, pois é a partir da segunda metade do século xiii –como se pode ver na gráfica que segue– cando a produción documental en lingua galega se xeneraliza ao poñerse por escrito unha lingua que na oralidade xa estaba con-solidada. En Galicia, esta substitución do latín polo romance cadrou aproxima-damente co pontificado do arcebispo Diego Xelmírez, que se iniciou entre finais do século xi e comezos do xii, e, como apunta Monteagudo (1994: 171), unha das primeiras mostras dese novo romance está precisamente na Historia Compos-tellana –“ex intestinis [...] vaccae quod gallaeco vocabulo duplicia nuncupatur”–, obra custodiada no arquivo da Catedral de Santiago de Compostela, á que nos referiremos máis adiante.

Cómpre destacar que a documentación que se conserva en galego deste período non é moi abundante, pois na inmensa maioría dos textos desta época a lingua de uso habitual é o latín, empregado por notarios e escribáns de acordo

34

11

98

0

25

50

75

100

1220-30

1230-40

1240-50

1250-60

grafico 1Número de documentos notariais en galego do s. XVIII (ata 1260)

362a lingüística galega desde alén marHistoria e dialectoloxía

cos esquemas xurídicos que ata o momento lles eran coñecidos. Coa incursión paulatina do romance percíbese unha fase de convivencia entre as dúas linguas, na cal a nova lingua emerxe, sobre todo, na parte dispositiva dos documentos, dado que é a que presenta maior variación entre uns textos e outros (Lorenzo 2004: 31-2).

A custodia dos fondos aos que nos referimos tena nunha alta porcentaxe o Arquivo Histórico Nacional de Madrid, institución nada en 1866 coa misión de darlles cabida aos fondos documentais espoliados durante a Desamortización de Mendizábal, isto explica que conte con máis do 26,74% da documentación conservada en Galicia (Barreiro Fernández 1988: 119).

Polo tanto, o groso da produción de documentos notariais en galego, salvando un número reducido de textos anteriores4, data da segunda metade do século xiii; unha situación semellante dáse en Portugal, en palabras de Ivo Castro (1991: 3-4):

«A producto regular de documentos em português só é conhecida a partir da segunda metade do século xiii: em 1255 começam a ser escritos em português al-guns dos documentos saídos da Chancelaria de D. Afonso III [...]. Antes de 1255 existiu também uma diminuta produção primitiva portuguesa constituída por do-cumentos de carácter notarial escritos em português, cuja importância é excepcio-nal para o estudo da primeira fase da história da língua: o Testamento de Afonso II (1214), a Noticia de Torto (ca. 1214) e dois documentos do Mogadouro».

Actualmente somos coñecedores do gran volume de documentos redac-tados ao longo da Idade Media en Galicia e verbo disto, Barreiro Fernández (1988: 12) chegou a situar a nosa comunidade entre as que contan con un dos patrimonios documentais máis importantes de toda a Península Ibérica, mais nesa mesma obra tamén facía fincapé en algo que non quero deixar de comentar: a necesidade de que estes traballos de edición de fontes documentais sexan feitos por grupos de traballo e estean apoiados polas institucións. Esta, na nosa opi-nión, será a única maneira de poder facer fronte á edición de moitos dos textos, pois hai que indicar que a meirande parte deles pertencen a fondos privados e,

4 A día de hoxe –ano 2006– coñecemos 19, incluíndo aqueles escritos nun romance híbrido latín-galego (algúns citados en Boullón 2004a: 14-18): 1227-febreiro-20, 1228 (Monteagudo: [2005]), [1228], 1231-agosto-25, 1232-decembro-21, 1233-febreiro-4, 1234-1236, 1240-setembro-14, 1240-decembro-3, 1242-1252, 1242-1252, 1243-marzo, 1243-outubro-15, 1244-xaneiro, 1245, 1247-marzo-8, 1247-abril-6, 1250, 1250-xullo-12.

363fontes documentais en galego do s. xiii

Raquel Rodríguez Parada

case sempre, para facilitar o traballo é preciso solicitar reproducións, que a maio-ría das veces supoñen un custo difícil de asumir por un particular.

2. As fontes documentais nos arquivos composteláns

Os seis documentos en galego que se custodian nos arquivos de Santia-go de Compostela dentro do marco cronolóxico estudado son textos orixinais en pergameo, datados a partir da segunda metade do século xiii e cinco deles pertencen a fondos de sés eclesiásticas, mosteiros ou conventos; isto non é de estrañar ao seren os scriptorios eclesiásticos medievais –non só de Galicia, senón de todo Europa– uns magníficos centros culturais e, polo tanto, lugares idóneos para presenciar o agromar do romance na escrita, motivado pola necesidade de poñer por escrito a lingua empregada pola poboación. A este factor debemos engadirlle que durante a Idade Media o auxe das peregrinacións a Santiago de Compostela convertérona nunha cidade con gran proliferación de centros mo-násticos onde tiñan acollida diversas ordes relixiosas.

Os textos localizados nos arquivos de Santiago supoñen, polo tanto, un 5,17% do total da produción notarial en galego ata 1260 e, tipoloxicamente, son todos documentos xurídicos que teñen que ver coa administración destes centros relixiosos. En total, computamos unha partilla, dúas sentenzas, unha venda e dous foros, que constitúen unha representativa mostra da tipoloxía textual máis abundante no medievo, cando menos, en Galicia.

A seguir recollemos (gráfico 2) o número de textos que se custodian en cada arquivo e indicamos, de existir máis dun, as datas do máis e do menos antigo:

grafico 2Número de documentos nos arquivos composteláns

AA ACS ACSF

(ACSC)

AHDS AHUS

21? 1? 1 1

0

10

364a lingüística galega desde alén marHistoria e dialectoloxía

No cadro pode verse como das décadas estudadas é a de 1250 a 1260 a que concentra a meirande cantidade de documentación en galego.

3. Os arquivos de Santiago de compostela

Tras a revisión de guías, catálogos, artigos sobre fontes documentais e obras publicadas que recollen documentación desta época depositada nos ar-quivos da cidade compostelá, propuxémonos sistematizar esta información por arquivos, públicos e privados, coa intención de facilitarlles aos investigadores o acceso aos fondos documentais cos que traballamos. Para iso, e coas limitacións que pode ter unha filóloga ao serlle alleo o terreo da arquivística e da cataloga-ción, recollemos información sobre os arquivos en que se gardan estes documen-tos e proporcionamos unha breve nota histórica. Os datos de cada institución que indicamos son a localización, enderezo postal, teléfono, fax, persoa respon-sable e/ou de contacto, páxina web e e-mail, de existir, e tamén o horario e días de apertura. A referencia a cadanseu arquivo vai acompañada de información relativa á documentación medieval, sexan coleccións sexan documentos illados, e/ou inventarios, mais aquí só reflectimos a bibliografía das obras que nos foron útiles para o noso traballo e, polo tanto, que se encadran dentro da franxa cro-nolóxica estudada.

3.1. Os arquivos públicos

De todos os arquivos públicos que existen na cidade de Santiago de Com-postela –Arquivo da Igrexa de Santa María de Sar, Arquivo do Consello da Cul-tura Galega, Arquivo do Consello de Contas, Arquivo Municipal de Santiago e Arquivo do Instituto de Estudios Galegos Padre Sarmiento– só no Arquivo

nº de textos máis antigo último ata 1260 Arquivo do San Paio de Antealtares 2 1255 1256

Arquivo da Catedral de Santiago 1? 1250

Arquivo do Convento de San Francisco 1? 12??

Arquivo Histórico Diocesano de Santiago 1 [1253-1254]

Arquivo Histórico Universitario 1 1260

365fontes documentais en galego do s. xiii

Raquel Rodríguez Parada

Histórico Universitario atopamos documentación notarial en romance galego pertencente ao século xiii.

3.1.1. Arquivo Histórico Universitario (AHUS)

Enderezo: Casas Reais 5, 15782Teléfono: 981 55 99 38Fax: 981 57 40 95Persoa responsable (directora): Mª José Justo MartínPáxina web: http://www.usc.es/arquivo/index.phpE-mail: [email protected] ou [email protected]: de 9:30 a 14:00 h e de 16:00 a 20:00 h de luns a venres; en xullo e agosto de 9:00 a 14:00 h.

A orixe do Arquivo Histórico Universitario (ahus) está estreitamente li-gada ao nacemento da Universidade de Santiago, a pesar de posuír documen-tación anterior á súa fundación dende o século xiii. Nel deposítanse todos os fondos documentais xerados pola Universidade ao longo da súa historia e, dende o século xix, tamén acolle os fondos documentais non universitarios adquiridos, doados ou cedidos (segundo se recolle no tít. i, art. 2.2. do Regulamento do arquivo universitario). Posteriormente, encargouse da custodia de fondos rela-tivos á cidade de Santiago e ao seu contorno e é neste momento en que ingresa neste centro a documentación notarial relativa a conventos, mosteiros, cabidos catedralicios, confrarías e outras institucións eclesiásticas que sufriron os espolios da Desamortización.

Inicialmente tivo a súa sé na sancristía do Colexio Fonseca; posteriormente –no ano 1769– trasladouse ao Colexio da Compañía, a onde se conta que che-garon os documentos nunha procesión na que ían todos os graduados coas súas insignias; despois estivo situado no 3º andar da Facultade de Xeografía e His-toria, na Praza da Universidade e, dado que os locais non reunían as condicións necesarias, no ano 1990 trasladouse ao antigo edificio da Casa Simeón, na zona histórica de Santiago, que foi dedicado e restaurado para darlle cabida a todo o volume de documentación. Dos seis andares cos que conta, tres están totalmente dedicados ao depósito de documentos.

366a lingüística galega desde alén marHistoria e dialectoloxía

No que respecta aos textos que custodia, como ocorreu con moitos dos arquivos, nas súas orixes a documentación estaba gardada en arcas e hoxe en día estase inventariando nunha base de datos e os seus fondos estanse dixitalizando, co cal calquera usuario pode ter información sobre eles e consultalos, sen previa petición, usando o nº de identificación e chave webahus1, a través da sección de consulta da súa páxina web [http://www.usc.es/arquivo/fondos/acceso.htm]. Hai que destacar que é un proxecto que se puxo en marcha na meirande parte dos ar-quivos, non só da comunidade, senón tamén no resto de Europa e, en concreto, no ahus comezouse en 1997. Esta mesma iniciativa está sendo levada a cabo polo ahn aínda que os seus resultados, polo de agora, non son moi visibles no que ao tratamento da documentación antiga se refire.

De todos os fondos do século xiii que conserva o citado ahus, do noso interese por estar en galego e ser anterior a 1260 é o pergamiño nº 165 da co-lección Blanco Cicerón5, con data do 13 de maio de 1260. O texto recolle unha “Venda feita por Xoán Eanes e a súa muller Mariña Sánchez a dona, Urraca Fernández da herdanza que tiñan na vila de Condelle, parroquia de San Xoán, por 15 soldos”.

Hai que indicar que entre a documentación coa que conta este arqui-vo atópanse copias microfilmadas dalgúns dos documentos das seccións Clero e Códices custodiados no ahn, xa que foron solicitados á dita institución. Entre a documentación microfilmada do século xiii podemos destacar os documentos de Xubia, de San Martiño Pinario, de San Paio de Antealtares, da Catedral de Santiago, de Monfero, de Oseira, de Toxosoutos, o tombo de Lourenzá e outros moitos. De todos eles, merece especial atención este último, o tombo, -(Cód. ahus 39, Cód. ahn 1044B), pois nel recóllense dous textos anteriores a 1261 escritos en galego, que citamos e inventariamos no anexo ii. O primeiro, de fe-breiro de 1258 é un preito entre “O concello de Ribadeo e o abade de Lourenzá polas rendas do porto de Rinlo en Ribadeo” e no outro, datado o 22 de agosto de 1259, “María Panguil entrégalle a un fillo de Fernán González a manda que este ordenou que se lle dera”. Ademais destes dous, merece mención unha

5 Os fondos pertencentes á colección Blanco Cicerón foron depositados no ano 1974 pola familia Blanco Cicerón, de onde toma o nome a citada colección, e coñécense fundamentalmente pola abundante docu-mentación relativa ao goberno político de Galicia durante o século XiX.

367fontes documentais en galego do s. xiii

Raquel Rodríguez Parada

carta de foro datada o 15 de outubro de 1243, que a pesar de estar escrita en latín presenta moitas partes en galego; nela “Don Álvaro González concédelle un foro aos habitantes de Piñeiro”.

3.1.1.1. Documentación medieval (in)édita

Martínez Sáez, Antonio (1988): El monasterio de Sobrado de Trives. Estu-dio histórico y diplomático. Tese de doutoramento inédita. Universidade de Granada, 82-83, doc. nº 40 [13 de maio de 1260].Rodríguez González, Ángel e José Ángel Rey Caíña (1992): «Tumbo de Lorenzana», en Estudios Mindonienses 8, 126-127, doc. nº 3 [15 de ou-tubro de 1243]; 203, doc. nº 163 [febreiro de 1258] e 148, doc. nº 107 [22 de agosto de 1259].

3.1.1.2. Inventarios

Arquivo Histórico Universitario de Santiago de Compostela (marzo de 1998): Inventario de microfilm da sección de clero e códices do Archivo His-tórico Nacional. Inventario impreso inédito.

3.2. Os arquivos privados (relixiosos)

A cidade de Santiago conta cunha serie de arquivos privados, todos eles relixiosos, de grande interese para o estudo da Idade Media; entre eles merecen atención o da Catedral de Santiago, o do Convento de San Francisco, o do Con-vento de Santa Clara, o do Convento de Belvís, o de San Paio de Antealtares e o de San Martiño Pinario. Actualmente, mentres que algúns xa non custodian documentación antiga, outros contan cuns fondos medievais dignos de mención, tal é o caso do arquivo do convento franciscano, do catedralicio ou do benedic-tino de San Paio.

Hai que destacar o dificultoso que resulta nalgúns casos poder acceder aos fondos documentais destes arquivos de custodia eclesiástica, pois á vez que uns contan cun inventariado da documentación e persoal especializado ou compro-metido, outros, ao non teren persoal dedicado a estas tarefas, descoñecen parte dos fondos que posúen e, como consecuencia, non valoran este material docu-mental. Noutras ocasións este problema vese agravado polos reducidos horarios

368a lingüística galega desde alén marHistoria e dialectoloxía

de consulta, no mellor dos casos, ou por estaren suxeitos á vontade do/a arquiveiro/a ou responsable, o cal dificulta enormemente a investigación.

3.2.1. Arquivo Histórico Diocesano de Santiago de Compostela (AHDS)

Enderezo: Praza da Inmaculada 5, 15704Teléfonos: 981 56 28 00 e 981 58 38 84Fax: 981 56 36 91Páxina web: http://www.archicompostela.org/archivo/memoria.htm E-mail: [email protected] responsable (director): Salvador Domato BúaPersoa de contacto: María Presedo ArnauHorario: de 10:00 a 14:00 h, de luns a venres durante todo o ano.

Este arquivo dende o ano 1975 ocupa o edificio de San Martiño Pinario onde xa se conservaban fondos relacionados coa creación da diocese dende a Ida-de Media; posteriormente en 1994, coa finalidade de buscar mellores condicións, as instalacións víronse ampliadas e habilitáronse máis espazos para acoller os seus fondos. Actualmente o equipo de traballo está dedicado á recuperación e inven-tariado da riqueza documental e á descrición da documentación xa existente.

No que respecta á documentación que custodia, tamén se está traballan-do na súa catalogación e dixitalización e nun prazo breve de tempo poderemos consultalos en rede na páxina que aínda está en elaboración: http://www.archi-compostela.org/archivo/default.htm.

Os fondos documentais que custodia divídense en varias seccións e, en concreto, de todo o século xiii coñécense 279 documentos (Barreiro Fernández 1988: 45). A pesar deste volume de documentación, case todos os documentos están escritos en latín e do noso interese para este estudo só temos noticia dunha sentenza datada en xaneiro, entre os anos 1253-1254?: “Sentenza nun preito entre o abade de Antealtares, Xoán Chambarín e a súa muller María Rodríguez”. Foi editada por López Ferreiro (1901: 182-184) e posteriormente reproduciuna Martínez Salazar (1911: 12-14), quen recolleu a lectura do anterior; con todo, Lucas Álvarez (1999: 541, vol. i) cando o buscou en 1999 non o atopou entre os fondos custodiados neste arquivo. Actualmente no ahds están revisando e

369fontes documentais en galego do s. xiii

Raquel Rodríguez Parada

catalogando toda a documentación relativa a San Martiño Pinario (Cód. ahus 39, Carp. Clero, pergameos 512 a 517), pero nin nos fondos do propio arquivo nin nos custodiados no Arquivo Histórico Universitario se atopa este pergameo.

3.2.1.1. Documentación medieval édita

López Ferreiro, Antonio (1901): Colección diplomática de Galicia Histó-rica. Santiago de Compostela: Tipografía Galaica, 182-183, doc. nº 30 [xaneiro de 1253-1245].Martínez Salazar, Andrés (1911): Documentos gallegos de los séculos xiii al xvi. A Coruña: Casa de la Misericordia, 12-14, doc. nº 6 [xaneiro de 1253-1245].

3.2.1.2. Inventarios

Temperán Villaverde, Elisardo e Antonio Cepeda Fandiño (2000): Arqui-vo Histórico Diocesano. Fondo General (Mosteiro de San Martiño Pinario de Santiago de Compostela). Santiago de Compostela: Xunta de Galicia.

3.2.2. Arquivo de San Paio de Antealtares (AA)

Enderezo: rúa Antealtares 23, 15704Teléfono: 981 58 31 27Fax: 981 56 06 23E-mail: [email protected] responsable (arquiveira): Mª Mercedes Buján RodríguezHorario: 16:00 a 18:00 h, de luns a venres.

Este convento, actualmente feminino, tivo o seu antecedente no mosteiro de San Pedro de Antealtares –logo San Paio– un dos máis antigos da cidade ao ser erixido xunto ao sepulcro do apóstolo e, precisamente, do seu emprazamento procede o nome de Antealtares. A reforma monástica emprendida a fins do sécu-lo xv supuxo o traslado dos monxes ao Mosteiro de San Martiño Pinario e San Paio acolleu dende 1499 a comunidade de monxas benedictinas.

Na actualidade dispón dun riquísimo arquivo –a súa arquiveira dá conta de 417 documentos pertencentes ao século xiii (Mercedes Buján 1988: 57)– en que se recollen fondos de San Martiño e de moitos outros conventos e mosteiros

370a lingüística galega desde alén marHistoria e dialectoloxía

galegos como froito da convivencia dos relixiosos de diversas localidades en San Paio. Este variado fondo, ao que xa se referiron Jiménez Gómez (1973: 114) e Lucas Álvarez (2001: 78), viuse minguado considerablemente por dous incen-dios –un no ano 1659 e outro posterior– pola invasión francesa e pola xa referida Desamortización de 1835. Actualmente hai documentación relativa a este ar-quivo no ahus (Cód. AHUS 54, Carp. Clero, pergameos ahn 520 e 521), que neste caso foi vendida pola comunidade benedictina para poder facer fronte aos problemas económicos que atravesaron tras a espoliación.

Verbo da documentación estudada, custódianse no seu arquivo dous do-cumentos en galego, en concreto, dúas cartas de foro pertencentes aos fondos de Sobrado de Trives; a primeira, datada o 10 de xullo de 1255, coa referencia vii/48, foi editada por Duro Peña (1967: 59-60) e Martínez Sáez (1988: 63-64): “Mariña Rodríguez, abadesa de Sobrado de Trives, afóralles a Vasco Fernán-dez e á súa muller Mariña Pérez a cabana de Cazapedo”. A outra do 1 de marzo de 1256, coa referencia vii/48, tamén foi editada polos citados autores (Duro Peña 1967: 60-61 e Martínez Sáez 1988: 65-66) e recolle o “Foro da herdade de Vilanova feito pola abadesa de Sobrado de Trives, Mariña Rodríguez, a Domingo Míguez e Feveiro Míguez”.

É de destacar que neste arquivo teñen xerocopias dos fondos do mosteiro que se custodian no Arquivo Histórico Nacional (Carp. Clero, pergameos, ahn 520 e 521); trátase de textos de Camanzo, Ramirás e Sobrado de Trives. Preci-samente, na documentación do mosteiro de Sobrado atópase un texto do 22 de xaneiro de 1255 en galego, do que damos conta no anexo ii: “Foro feito por dona Marina Rodríguez, abadesa de Trives, a Xoán Cerdeira do casal que o mosteiro ten xunto á igrexa de Cerdeira”.

3.2.2.1. Documentación medieval (in)édita

Duro Peña, Emilio (1967): “El monasterio de San Salvador de Sobrado de Trives”, Archivos Leoneses 21, 59-60, doc. nº 8 [10 de xullo de 1255] e doc. nº 9 [1 de marzo de 1256].Martínez Sáez, Antonio (1988): El monasterio de Sobrado de Trives. Estu-dio histórico y diplomático. Tese de doutoramento inédita. Universidade de Granada, 61-62, doc. nº 29 [22 de xaneiro de 1255], 63-64, doc. nº 30 [10 de xullo de 1255] e 65-66, doc. nº 31 [1 de marzo de 1256].

371fontes documentais en galego do s. xiii

Raquel Rodríguez Parada

3.2.2.2 Inventarios

Buján Rodríguez, María Mercedes (1996): Catálogo archivístico del Mo-nasterio de Benedictinas de San Payo de Ante-Altares. Santiago de Com-postela: Consorcio de Santiago.

3.2.3. Arquivo da Catedral de Santiago de Compostela (ACS)

Enderezo: Praza da Inmaculada 1, 15705Teléfono: 981 57 56 09Páxina web: http://www.archicompostela.org/web/index_.htm Blog: http://archivium-sancti-iacobi.blogspot.com/E-mail: [email protected] responsable (director): José María Díaz FernándezPersoas de contacto: Xosé Manuel Sánchez (Historia medieval) e Arturo Iglesias (Historia moderna) Horario: 10:30 a 13:30 h e de 17:00 a 20:00 h, de luns a venres.

Este arquivo hai que datalo no descubrimento do sepulcro do apóstolo, momento en que a igrexa compostelá precisaba conservar os documentos inter-nos como forma de defensa dos seus intereses e disto, precisamente, fala o arqui-veiro Bernardo no prólogo que precede ao Tombo A. Inicialmente e ata o século xv o arquivo formou parte do tesouro da sé e durante o mandato de Diego de Xelmírez (1093-1104) viu crecer considerablemente os seus fondos, pero sería despois o arcebispo Berenguel (1317-1330) o que se preocupou pola conser-vación e tratamento dos documentos ao encargarlle esta tarefa aos arquiveiros. Os fondos deste arquivo recolléronse en diferentes dependencias da catedral coa finalidade de buscar un maior espazo e, posteriormente, coa Desamortización pasaron a formar parte da Administración dos bens nacionais.

No que respecta á documentación que custodia, sabemos que é a máis importante de Galicia cun tesouro documental incalculable entre o que se ato-pan o Codex Calixtinus, o Liber Sancti Jacobi, os tombos da Catedral, o Tombo de Iria, A Historia Compostelana e infinidade de documentos ata un total de 1.808 do século xiii, segundo os datos achegados por Barreiro Fernández (1988: 33). Entre os fondos deste arquivo localízase a colección López Ferreiro, antigo arquiveiro da catedral, que conta con 398 unidades documentais, das que 123 pertencen á época medieval.

372a lingüística galega desde alén marHistoria e dialectoloxía

Cómpre destacar que dende hai uns anos o labor do responsable viuse re-forzado pola colaboración de dous historiadores que se dedican á catalogación e organización dos fondos. Ademais, a área de documentación medieval no mes de xullo de 2006 colgou da rede un blog (http://archivium-sancti-iacobi.blogspot.com/) a través do cal podemos coñecer acotío as tarefas que se desenvolven no ar-quivo e outras novas de interese e consultar o catálogo completo dos documen-tos soltos que, recentemente, se verá ampliado cun novo catálogo máis extenso en que se traballa actualmente. O servizo de correo electrónico e a páxina web (http://www.archicompostela.org/web/index_.htm) son algunhas das ferramentas de agradecer por parte dos investigadores.

O noso interese por achegar os datos relativos a este arquivo levounos a citar un documento de 1250, a pesar de estar en romance galego unicamente as fórmu-las de traslado, que se incorporaron cando se copiou o tombo, entre 1326 e 1330 (González Balasch 2004: 25). Trátase dunha sentenza pertencente ao Tombo B da Catedral, datada o 12 de xullo de 1250, escrita nos folios 79r, [79v], 80r, 120v e 121r do dito tombo: “Fernando III sentenza que debe pagarse maniádigo na terra de Santiago e que todos os carniceiros composteláns teñen que tributar ao arcebispado”. Recentemente González Balasch (2004: 235-236) fixo unha edición deste tombo na cal recolleu parcialmente este texto. Ademais do do-cumento citado hai outro texto do mesmo tombo catalogado na colección dos documentos soltos do propio arquivo con data do 15 de decembro de 1223 e, na información que o acompaña, explícase que está escrito en galego; evi-dentemente, esta é unha data temperá para atoparmos un documento escrito integramente en galego e, de feito, é así: o texto non está escrito en galego, senón en latín, lingua en que o edita González Balasch (2004: 130-132).

3.2.3.1. Documentación medieval édita

González Balash, María Teresa (2004): Tumbo B de la Catedral de San-tiago. Santiago de Compostela: Ediciós do Castro, 235-236, doc. nº 111 [12 de xullo de 1250].

3.2.3.2. Inventario

Colección de documentos soltos do Arquivo da Catedral de Santiago de Compostela: http://www.catedraldesantiago.es/archivo/pdf/doc_sueltos.pdf

373fontes documentais en galego do s. xiii

Raquel Rodríguez Parada

3.2.4. Arquivo do Convento de San Francisco (ACSF)

Enderezo: Campillo de San Francisco 3, 15705Teléfono: 981 58 16 00, ext: 350Fax: 981 57 19 16Persoa responsable: José García OroHorario: é preciso acordalo co responsable.

O Convento de San Francisco conta cunha das mellores bibliotecas de Galicia, pois segundo nos comentou o seu responsable é a segunda da comuni-dade franciscana en canto ao volume e valor dos fondos que tutela. A pesar de que o arquivo deste convento a miúdo é tratado como parte da biblioteca, neste caso ímonos referir ao Arquivo da Provincia Franciscana de Santiago, que é o que ocupa o noso interese, dados os fondos que nel se tutelan. O nacemento deste arquivo, aproximadamente no século xvi, estaba destinado a recoller a do-cumentación interna relativa á comunidade franciscana, exercendo como foco de centralización de toda a documentación que posuía a orde. De aí o rico e variado fondo co que conta, entre o que se atopa unha serie de documentos –dos séculos XII ao XVI– procedentes do Convento de Santa Clara de Santiago (Eiján Moya-no 1969?, Rodríguez Núñez 1993), que nos interesan especialmente por estaren algúns en galego e pertenceren ao intervalo cronolóxico en que traballamos.

O decreto desamortizador apenas afectou aos fondos do convento debido a que a documentación relativa á organización da propia orde, que se supuña que existía, non era de interese xeral e, por iso, hoxe só se conservan pezas soltas, que foron recollidas por frades ou persoas que lles deron valor a estas pezas.

Actualmente os fondos do arquivo están estruturados en varios lotes, pero non existe un catálogo que os investigadores poidan consultar e ademais, no que respecta ao arquivo, non se está traballando na organización desta documenta-ción. Barreiro Fernández (1988: 61) contaba 121 documentos do século xiii no arquivo deste convento, polo tanto, non descartamos a posibilidade de que no futuro apareza algún documento máis que nos interese pero, polo de agora, re-ferirémonos a un pergameo orixinal pertencente aos antigos fondos do Arquivo do Convento de Santa Clara (acsc), pois Clara Rodríguez (1993: 22 e 24) só dá o rexesto e Gloria Eiján (1969?: 34) ofrece a lectura na súa memoria de licencia-tura inédita: a priori, poderíamos datalo o 20 de marzo? de 1247? “Partilla entre

374a lingüística galega desde alén marHistoria e dialectoloxía

Rodrigo Rodríguez, Fernán Rodríguez e María Rodríguez en Santa María de Caamaño”, custódiase no acsf e leva a referencia 1/15, pero pertence ao antigo fondo de acsc coa antiga referencia 26/36.

Verbo desta datación, hai que dicir que a primeira liña, onde se sitúa a data, está practicamente ilexible por mor da humidade que borrou as letras; Clara Rodríguez (1993: 22) leu «era de lxxvª» e Gloria Eiján (1969?: 243) refírese ao documento dicindo que «el gallego se encuentra esporádicamente en 1 docu-mento, no compostelano, del año 1243»6. A pesar destas dúas propostas, polo estadio da lingua e o tipo de letra sospeitamos que o documento é posterior, a pesar de que neste momento aínda non somos quen de indicar unha data exacta.

3.2.4.1. Documentación medieval inédita

Eiján Moyano, Mª Gloria (1969?): El Monasterio de Santa Clara de San-tiago. Memoria de licenciatura inédita. Universidade de Santiago de Com-postela, 34, doc. nº 17 [20 de xaneiro de 1247].

3.2.4.2. Inventario

Rodríguez Núñez, Clara Cristela (1993): La colección documental de San-ta Clara de Santiago (1196-1500). Santiago de Compostela: El Eco Fran-ciscano = Liceo Franciscano 136-138, 22, nº 13 [recolle o rexesto dos documentos do acsc que actualmente se custodian no acsf].

3.2.5. Arquivo do Convento de Santa Clara de Santiago (ACSC)

Enderezo: rúa Santa Clara s/nTeléfono: 981 58 38 88Persoa responsable (abadesa): Mª de los Ángeles Couto AnidoHorario: cómpre acordalo coa responsable.

Este convento fundouse durante a baixa Idade Media, probablemente pre-to do río Sarela e posteriormente, como se le nun documento de 1297, sabemos

6 O rexesto que recolle Eiján Moyano (1969?: 34) para este texto é o seguinte: «Carta de plácito e compromiso otorgada entre Gonzalo Rodríguez por si y su mujer, y Fernand Rodríguez, María Rodríguez, hijos de Ruy Muniz, por el que se distribuyen entre si por terceras partes las casas y bienes que tienen en la feligrisía de Santa María de Caamaño con todos los derechos y obligaciones inherentes a dichos bienes». A autora equivócase na referencia ao indicar que pertence aos fondos do aCsF 1/16 no canto de 1/15.

375fontes documentais en galego do s. xiii

Raquel Rodríguez Parada

que as clarisas solicitan o seu traslado a un lugar próximo aos franciscanos (De Castro 1983: 102). Segundo se recolle na documentación conservada, estivo moi vinculado coas familias burguesas da terra de Santiago, que frecuentemente fixeron doazóns.

A colección documental procedente deste arquivo, en palabras de Rodrí-guez Núñez (1993: 10), é probablemente unha das máis importantes das con-servadas para a Galicia medieval e, ademais, os documentos que dende o século xiii se custodiaban víronse ampliados no século xvi con documentación dos fran-ciscanos de Santa María a Nova e da comunidade relixiosa de Santa Cristina da Pena no momento da súa desaparición. Ao igual ca outros centros relixiosos, os seus fondos sufriron diversas vicisitudes dende a Desamortización, o que supuxo a súa dispersión e fragmentación en diversos arquivos e, como consecuencia, o maior volume de documentación do acsc pasou aos fondos do Arquivo do Convento de San Francisco (acsf), ao Arquivo Histórico Diocesano (ahds), ao Arquivo Histórico Universitario (ahus) e ao Arquivo Histórico Nacional (ahn). Polo tanto, no actual Convento de Santa Clara só se conservan unha vintena de libros e 6 mazos de papeis soltos, todos posteriores ao século xvi, pero que con-teñen algunhas copias de documentos medievais que non se atopan nos outros arquivos (Rodríguez Nuñez 1993: 10). Merecen ser destacados os catro libros de Pauta redactados no ano 1757, que dan conta do riquísimo fondo documental co que contaba o convento: exactamente 59 libros enumerados correlativamen-te, outros cinco máis sen numeración correlativa, un caixón de privilexios e pa-peis, oito mazos de papeis soltos e preitos e un tombo redactado no ano 1812, hoxe desaparecido; aínda así cómpre ser cautos porque estes libros presentan, como xa apuntaba Rodríguez Núñez (1993: 10) problemas de datación, pois ás veces toman o ano da era polo ano do nacemento de Cristo e só dan conta da documentación que consideraban máis relevante en caso de preito. Deses 59 libros consérvanse 20, que hoxe están espallados por diversos arquivos –dos que xa falamos– e conteñen 150 documentos do século xiii, pero a meirande parte están escritos en latín. Eiján Moyano (1969?: xl) recolle unha porcentaxe do 85% da documentación escrita en latín sobre un escaso 15% escrita en galego.

Despois de consultar a obra de Barreiro Fernández (1988: 61) sospeita-bamos que algún dos 4 documentos do século xiii conservados neste arquivo podía estar redactado en lingua galega, con todo no dito convento non atopa-

376a lingüística galega desde alén marHistoria e dialectoloxía

mos noticia de ningún deles; en pergamiño só consultamos un orixinal bastante deteriorado, polo que non puidemos saber a data, malia deducir -polo tipo de letra- que pertence aos séculos xiv ou xv. Ademais deste hai outro documento enrolado e datado en 1444 sobre Santa María de Neda, que Gloria Eiján (1969?: xl) define como rolo procesual e data, igualmente, na data que propoñemos. Ta-mén consultamos unha fotocopia dun texto do século xv, que probablemente se trate do pergamiño de 1410 unido á capa dun libro do que falaba Eiján Moyano (1969?: xxvii) «Uno de los libros tiene unido a la portada un pergamino del año 1410, pero las demás escrituras están hechas en papel y cosidas».

3.2.5.1. Documentación medieval

Eiján Moyano, Mª Gloria (1969?): Santa Clara de Santiago. Memoria de licenciatura inédita. Universidade de Santiago de Compostela [transcribe parte da documentación deste convento pertencente a diversos séculos].

3.2.5.2. Inventario

Rodríguez Núñez, Clara Cristela (1993): La colección documental de San-ta Clara de Santiago (1196-1500). Santiago de Compostela: El Eco Fran-ciscano = Liceo Franciscano 136-138, [recolle só o rexesto de todos os documentos do acsc que se custodian no acsf].

3.2.6. Arquivo do Convento de Santa María de Belvís (ACB)

Enderezo: rúa de Belvís 2, 15703Teléfono: 981 58 76 70Persoa responsable (arquiveira): Imelda Alonso IglesiasHorario: cómpre acordalo coa responsable.

Este mosteiro fundouse arredor do século xiv mercé ás doazóns feitas por familias nobiliarias galegas, que non tardarían en formar parte da institución e unirse ás primeiras dominicas procedentes de Zamora.

A través da consulta do inventario dos fondos medievais de Barreiro Fer-nández (1988: 61) coñecemos a existencia de 2 documentos do século xiii gar-dados neste arquivo, que poderían estar escritos en galego. Logo de poñernos en contacto coa arquiveira, comprobamos que o documento máis antigo procedente

377fontes documentais en galego do s. xiii

Raquel Rodríguez Parada

da colección documental e custodiado alí está en galego e data do ano 1305, como así recolle Rodríguez Núñez (1989: 10 e 69) no seu estudo sobre este convento –trátase dunha doazón que dona Teresa González lle fai aos frades pre-dicadores de Galicia. Polo tanto, é posible que os dous documentos aos que se re-fería López Alsina (1988: 61) procedan dos fondos que o mosteiro dominico ten no ahus, pois un data do 29 de xuño de 12917 e o outro do 24 de xuño de 12928.

4. As fontes galegas do Arquivo Histórico nacional (AHn) nos arquivos composteláns

O recente traslado dos papeis de Salamanca a Cataluña non nos deixou indiferentes e, por iso, consideramos pertinente comentar brevemente a presenza de fondos galegos no Archivo Histórico Nacional (ahn), que dende o seu na-cemento en 1866 estivo destinado a conservar a documentación de institucións eclesiásticas desamortizadas en 1835, ata entón custodiada nas contadorías pro-vinciais de bens nacionais e na Real Academia da Historia, segundo dispón unha orde do 1 de outubro de 1899; a pesar de que, por diversas circunstancias, só foi trasladada parte da documentación a Madrid.

Verbo dos documentos de mosteiros galegos que ten baixo a súa tutela, é preciso destacar que na sección Clero, ordenados xeograficamente por provin-cias, recóllense documentos de diversos mosteiros e conventos galegos, entre eles San Paio de Antealtares, San Martiño Pinario, o convento de Santa Clara e o de San Francisco, segundo indica a relación de Sánchez Belda (1953) –Documentos reales de la Edad Media referentes a Galicia: Catálogos de los conservados en la Sección de Clero del Archivo Histórico Nacional. O inventario da documentación galega da sección Clero pódese consultar unicamente na sala de investigadores do propio ahn, pois este volume non está a disposición do público nas bibliote-cas, nin en Galicia nin noutros puntos da Península, sendo un obstáculo para os investigadores, que temos que desprazarnos ata alí para coñecer os fondos cos

7 é unha doazón ao convento de Samos do beneficio da igrexa de San Salvador de Collantres e da ermi-da de San Xulián do Mar (Rodríguez Núñez 1989: 67).

8 Recolle unha confirmación que fai o arcebispo fray Rodrigo da concesión do beneficio de Collantres e da ermida de San Xulián do Mar ao mosteiro de Samos (ibidem).

378a lingüística galega desde alén marHistoria e dialectoloxía

que conta. Tras un intento frustrado por conseguir unha copia deste catálogo, hai un ano nunha visita ao Arquivo Histórico Provincial de Pontevedra (ahppo) descubrimos que teñen unha copia microfilmada do dito inventario, o cal nos pode facilitar enormemente o traballo previo á visita ao ahn en Madrid.

Antes de finalizar, quero reiterar a presenza nalgún arquivo da nosa comu-nidade de fondos microfilmados de documentos galegos custodiados no Arquivo Histórico de Madrid, tal é o caso do tombo de Lourenzá ao que xa nos referi-mos, do cal se conserva unha copia microfilmada no ahus, xunto con outra moita información pertencente ás seccións Clero e Códices: San Martiño de Xubia, tombo novo da Catedral de Lugo, Oseira, San Xusto de Toxosoutos, Sobrado de Trives, Caaveiro, Monfero, entre outros. Tamén engrosan esta lista os documen-tos pertencentes a San Paio de Antealtares: 122 documentos datados entre 968 e 1517, conservados nas carpetas 518 e 523, aos que temos que restarlles 107 documentos que pertencen a mosteiros femininos unidos a San Paio -Ramirás, Ansemil, Santa María de Sobrado de Trives e Chouzán- a partir do ano 1499, cando pasou a ser feminino. Un deles está en galego, a pesar de que o seu estado de conservación non é bo ao estar cheo de marcas de humidade, roturas e estar exposto a varios axentes que o deterioraron.

No seguinte cadro reproducimos estas copias de fondos galegos do ahn presentes nos arquivos composteláns:

Cadro 1Número de documentos galegos custodiados no AHN

Centrándonos no período cronolóxico estudado, volvemos constatar que é a partir de 1250 cando se concentra a maior produción de documentación no-tarial redactada en galego, a pesar de falarmos dun corpus de só 4 textos.

Malia estas solicitudes, sempre esporádicas, de fondos galegos ao ahn, re-centemente o deputado nacionalista Francisco Rodríguez pronunciouse verbo das 4.100 pezas documentais, fundamentalmente da época medieval, que foron

nº de textos máis antigo último ata 1260 Tombo de Lourenzá no AHUS 3 1258 1259

Sobrado de Trives no AA 1 1255

379fontes documentais en galego do s. xiii

Raquel Rodríguez Parada

levadas ao ahn no século xix logo da Desamortización, producíndose así unha grande desfragmentación dos arquivos galegos. Inicialmente a súa proposta so-licitaba o traslado dos fondos galegos á nosa comunidade, pero ao final optou-se por facer un convenio co dito arquivo que permitise microfilmar o material galego que se custodia nos seus fondos para poder consultalo en Galicia dunha maneira cómoda e rápida, sen termos que andar desprazándonos á capital cada vez que queremos ler cun pouco de fiabilidade un documento. Esta proposta foi aprobada na Comisión de Cultura do Parlamento o 21 de xuño de 2006 e actu-almente está sendo sometida a estudo pola Consellería de Cultura. Agora só nos resta esperar a que nun prazo breve de tempo poidamos consultar, cando menos, unha copia dos nosos documentos en Galicia.

A pesar do rigor co que abordamos a busca de documentos deste período é posible que non estean todos os que son e sobre isto hai que facer unha cha-mada de atención ás autoridades competentes, públicas e e privadas, para que o patrimonio documental que chegou ata nós, en moitos casos deteriorado e minguado, non caia en mans da desidia.

5. cabo

Trinta anos despois de que Jiménez Gómez publicara a Guía para el es-tudio de la Edad Media atrevémonos a ofrecer unha panorámica de unicamente sete arquivos coa idea de proporcionar información que permita alixeirar o tra-ballo dos investigadores. Durante estes anos é evidente que a meirande parte dos arquivos avanzaron na mellora do seu traballo, por exemplo, aproveitando as vantaxes que nos ofrecen as novas tecnoloxías ou dotándose de persoal especiali-zado pero, nalgúns deles, aínda falta moito por facer.

Sabemos que dende o século xix houbo un interese pola publicación de documentos medievais que tamén afectou á prosa notarial e dende entón, dende diversas universidades, estase promovendo a elaboración de edicións, máis ou menos rigorosas, sobre estes documentos (Boullón Agrelo 2004b: 709-770). Aínda así cómpre un consenso para que as edicións se fagan uniformemente en-tre todos, coa indicación das abreviaturas e sendo fieis ao que o alí se nos di. Só desta maneira contaremos cun dos principais recursos da investigación histórica e filolóxica.

380a lingüística galega desde alén marHistoria e dialectoloxía

A modo de conclusión queremos facer fincapé na necesidade de prestar máis atención a estas pezas documentais que forman parte da nosa historia dende diversas ópticas: histórica, lingüística, paleográfica, xurídica, etc., de conservalas e facilitarlles, na medida do posible, a consulta ás persoas interesadas. Ao mesmo tempo e sen entrar no debate de se os documentos orixinais deben voltar a Gali-cia ou non, o que si reclamamos é a chegada dunha copia de todos eles, pois son un patrimonio cultural ao que non debemos renunciar.

Outro dos aspectos que cómpre tratar é a necesidade de catalogar e or-ganizar moitos dos fondos que se conservan en arquivos relixiosos e que, por diversas cuestións, permanecen amoreados século tras século sen ningún tipo de atención. Só coa intervención das institucións públicas estes fondos descoñecidos poderán ver a luz e ser catalogados debidamente.

381fontes documentais en galego do s. xiii

Raquel Rodríguez Parada

Anexo I: Inventario das fontes documentais en galego do s. xIII –ata 1260–

nos arquivos composteláns9

Ofrecemos seguindo a orde cronolóxica unha relación de documentos éditos e inéditos, que se custodian nos arquivos santiagueses e que se encadran no período estu-dado. Tras a data e o rexesto indicamos unha serie de datos catalográficos tales como a referencia á(s) edición(s), reedición(s) e/ou reprodución(s) do documento, de existiren, o arquivo en que se custodia coa referencia debidamente cotexada e, cando o considera-mos oportuno, engadimos algunha observación.

1. 12??-marzo?-20: “Partilla entre Rodrigo Rodríguez, Fernán Rodríguez e María Rodrí-guez en Santa María de Caamaño”.

Ref.: Eiján Moyano 1969?: 34, doc. nº 17 -edítao. Rodríguez Núñez 1993: 22, doc. nº 13 –dá o rexesto.

Arq.: acsf 1/15, pertencente aos antigos fondos procedentes de Santa Clara, acsc 26/36. Perg. orixinal: 23,5x12 cm. Estado de conservación regular, xa que hai anacos ilexibles. Minúscula diplomática con tendencia cursiva.

Obs.: Inédito. Rodríguez Núñez datou o texto o día 20 do ano 1237 ao ler «era de lxxvª». A autora equivócase na referencia ao indicar que pertence aos antigos fondos do acsc 1/16 no canto de 1/15. Eiján Moyano (1969?: 34) dátao no ano 1243.

2. 1250-xullo-12: “Fernando III sentenza que debe pagarse maniádigo na terra de Santia-go e que todos os carniceiros composteláns tributen ao arcebispado”.

Ref.: López Ferreiro 1975: 193-194. González 1986: 380, vol. iii, doc. nº 801 -fai a lectura do fol. 120v, pero omite a

fórmula de traslado. González Balasch 2004: 235-236, doc. nº 111 –fai unha edición do texto dos

folios 79r, [79v] e 80r e parcial da fórmula dos traslados; indica en nota que o texto dos folios 120v e 121r «presenta ligeras variantes con respecto al de los fols. 79r-80r.» (2004: 236).

9 Algúns destes textos editareinos en E. Corral Díaz, L. Fontoira Surís e E. Moscoso Mato (eds.) (no pre-lo): A mi dizen quantos amigos ey. Estudos filolóxicos en homenaxe a Xosé Luís Couceiro. universidade de Santiago de Compostela.

382a lingüística galega desde alén marHistoria e dialectoloxía

Arq.: acs cf/33, fols. 79r, [79v], 80r, 120v, 121r. Perg. orixinal: 46,2x32,5 cm. Gótica de privilexios. Bo estado de conservación.

Obs.: Só están en romance galego as fórmulas de traslado, que se incluíron cando se copiou o tombo –entre 1326 e 1330 (cfr. § 3.2.3 deste artigo).

3. [1253-1254?]: “Sentenza nun preito entre o abade de Antealtares (Santiago) e Xoán Chambarín e a súa muller María Rodríguez”.

Ref.: López Ferreiro 1901: 182-184, doc. nº 30 –edítao. Martínez Salazar 1911: 12-14, doc. nº6 -recolle a lectura de López Ferreiro. Boullón 2004a: 27-28 -recólleo no catálogo de documentos. Souto Cabo 2006: 20.

Arq.: ahds (San Martiño). Orix. perdido.Obs.: López Ferreiro (1901: 182) indica que no documento orixinal a data estaba bor-

rosa, pero en 1253 era meiriño maior de Galicia Rodrigo Suárez; Martínez Salazar (1911: 12) engade que Rodrigo Suárez seguía sendo meiriño en 1254. Tendo en conta isto, Boullón (2004a: 27-28) data o texto entre os anos [1253 e 1254], en xaneiro. Posteriormente, Souto Cabo (2006: 20) propón os anos 1251 e outubro de 1256, ao comprobar que o dito meiriño aparece citado xa nun texto de Oseira (acou, doc. nº 662) e a súa actividade prolóngase ata 1256 (ahn, Sigilografia, carp. 11, nº 6).

4. 1255-xullo-10: “Mariña Rodríguez, abadesa de Sobrado de Trives, afóralles a Vasco Fernández e á súa muller Mariña Pérez a cabana do Cazapedo”.

Ref.: Duro Peña 1967: 59-60, doc. nº 8 -edítao. Martínez Sáez 1988: 63-64, doc. nº 30 –edítao e recolle a foto do documento. Boullón 2004a: 29, –recólleo no catá-logo de documentos. Souto Cabo 2006: 65, doc. nº 19 -recólleo no inventario de documentos. Gutiérrez Pichel (no prelo): doc. nº 2 –edítao.

Arq.: AA, Pergamiño. Mosteiro de Sobrado de Trives, doc. nº 474. Perg. orixinal: 18,5x16,5 cm. Minúscula diplomática. Carta partida. Excelente estado de conser-vación.

5. 1256-marzo-1: “Foro da herdade de Vilanova feito pola abadesa de Sobrado de Trives, dona Mariña Rodríguez, a Domingo Míguez e Feveiro Míguez”.

Ref.: Duro Peña 1967: 60-61, doc. nº 9 -edítao. Martínez Sáez 1988: 65-66, doc. nº 31 -edítao. Boullón 2004a: 32 –recólleo no catálogo de documentos. Souto Cabo 2006: 65, doc. nº 28 –recólleo no inventario de documentos. Gutiérrez Pichel (no prelo): doc. nº 3 –edítao.

383fontes documentais en galego do s. xiii

Raquel Rodríguez Parada

Arq.: AA, Perg. Mosteiro de Sobrado de Trives, doc. nº 475. Perg. orixinal: 14,5x15 cm. Minúscula diplomática. Carta partida. Bo estado de conservación.

6. 1260-maio-13: “Venda feita por Xoán Eanes e a súa muller Mariña Sánchez a dona Urraca Fernández da herdanza que tiñan na vila de Condelle, parroquia de San Xoán, por 15 soldos”.

Ref.: Martínez Sáez 1988: 82-83, doc. nº 40 -edítao. Boullón 2004a: 47 -recólleo no catálogo de documentos. Souto Cabo 2006: 70, doc. nº 100 -recólleo no inven-tario de documentos.

Arq.: ahus. Pergameos, Col. Blanco Cicerón, perg. nº 165. Perg. orixinal: 13,5x14,5 cm. Minúscula diplomática. Bo estado de conservación.

384a lingüística galega desde alén marHistoria e dialectoloxía

Anexo II: Inventario de copias microfilmadas de documentos en galego do s. xiii –ata 1260–

nos arquivos composteláns procedentes do AHN

1. 1243-outubro-15: “Don Álvaro González concédelle un foro aos habitantes de Pi-ñeiro”.

Ref.: Rodríguez González e Rey Caíña, 1992: 126-127, doc. nº 86 -edítano. Souto Cabo 2006: 37-38 e 64, doc. nº 3 –recólleo no inventario de documentos.Arq.: ahn. Clero. Lourenzá. Tombo 1044B. Fols. 68r-68v. Perg. orixinal: 23,7x1,55

cm. Gótica humanística. Bo estado de conservación.Obs: Está escrito en latín, pero recollémolo aquí por presentar moitas partes en galego.

Souto Cabo (2006: 37) indica que a datación deste texto é dubidosa e afirma que «(...) podemos situar o documento no día 10 de Outubro de 1232, segundo se propom, ou, se se preferir, no quadro temporal que vai de 1231 a 1238, período em que Sancho Pais foi meirinho». Con todo, no inventariado de documentos do autor (2006: 64) para o mesmo documento a data que se propón é o 15 de outubro de 1232.

2. 1255-xaneiro-22-: “Foro feito por dona Marina Rodríguez, abadesa de Trives, a Xoán Cerdeira do casal que o mosteiro ten xunto á igrexa de Cerdeira”.

Ref.: Martínez Sáez 1988: 61-62, doc. nº 29 -edítao. Boullón 2004a: 29 -recólleo no catálogo de documentos. Souto Cabo 2006: 65, doc. nº 17 -recólleo no inventa-rio de documentos.

Arq.: ahn. Clero. Antealtares. Sobrado de Trives. Carp. 521, doc. nº 4. Perg. orixinal: 15x16,4 cm. Minúscula diplomática. Bo estado de conservación.

3. 1258-febreiro: “O concello de Ribadeo e o abade de Lourenzá preitean polas rendas do porto de Rinlo en Ribadeo”.

Ref.: Rodríguez González e Rey Caíña, 1992: 203, doc. nº 163 -edítano. Souto Cabo 2006: 66, doc. nº 46 -recólleo no inventario de documentos.

Arq.: ahn. Clero. Lourenzá. Tombo 1044B. Fols. 108r-108v. Perg. orixinal: 23,7x1,55cm. Gótica humanística. Bo estado de conservación.

385fontes documentais en galego do s. xiii

Raquel Rodríguez Parada

4. 1259-agosto-22: “María Panguil entrégalle a un fillo de Fernán González a manda que este ordenou que se lle entregase”.

Ref.: Rodríguez González e Rey Caíña, 1992: 148, doc. nº 107 -edítano. Souto Cabo 2006: 68, doc. nº 80 –recólleo no inventario de documentos.

Arq.: ahn. Clero. Lourenzá. Tombo 1044B. Fol. 77v. Perg. orixinal: 23,7x1,55 cm. Gótica humanística. Bo estado de conservación.

386a lingüística galega desde alén marHistoria e dialectoloxía

Referencias bibliográficas10

Archivo Catedralicio: http://www.archicompostela.org/web/index_.htm.Arquivium Sancti Iacobi=Área de documentación medieval do Arquivo da Cate-

dral de Santiago (adm-acs): http://archivium-sancti-iacobi.blogspot.com/.Barreiro Fernández, Xosé Ramón, coord. (1988): Inventario das fontes documen-

tais da Galicia medieval I. Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega.

Boullón Agrelo, Ana Isabel (2004a): «Catálogo dos documentos éditos en gale-go anteriores a 1260», Cadernos de Lingua 26, 5-46.

Boullón Agrelo, Ana Isabel e Fernando R. Tato Plaza (2004b): «Fontes para o estudo da lingua medieval», en R. Álvarez e A. Santamarina (ed.): (Dis)cursos da escrita. Estudos de filoloxía galega ofrecidos en memoria de Fer-nando R. Tato Plaza. [A Coruña]: Fundación Pedro Barrié de la Maza, 709-770.

Boullón Agrelo, Ana Isabel (2005): «Consideracións sobre os primeiros textos escritos en galego na Idade Media», en A. Boullón Agrelo, F. Fernández Rei e X. L. Couceiro (coords.): As tebras alumeadas. Estudos filolóxicos ofrecidos ó profesor Ramón Lorenzo. Santiago de Compostela: Universida-de, 45-68.

Buján Rodríguez, María Mercedes (1988): «Arquivo de San Paio de Antealta-res», Inventario das fontes documentais da Galicia medieval I. Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega, 57.

Buján Rodríguez, María Mercedes (1996): Catálogo archivístico del Monaste-rio de Benedictinas de San Payo de Ante-Altares. Santiago de Compostela: Consorcio de Santiago.

Castro, Ivo (1991): Curso de história da língua portuguesa. vol. i. Lisboa: Uni-versidade Aberta.

Castro, Manuel de (1983): «El real monasterio de Santa Clara de Santiago de Compostela», Archivo Ibero Americano, tomo xliii, nº 169-170.

Colección de documentos soltos do Arquivo da Catedral de Santiago de Com-postela: http://www.catedraldesantiago.es/archivo/pdf/doc_sueltos.pdf

10 Foron revisadas por derradeira vez o 2 de agosto de 2008.

387fontes documentais en galego do s. xiii

Raquel Rodríguez Parada

Corral Díaz, Esther, Lidia Fontoira Surís e Eduardo Moscoso Mato (eds.) (no prelo): A mi dizen quantos amigos ey. Estudos filolóxicos en homenaxe a Xosé Luís Couceiro. Santiago de Compostela: Universidade.

Díaz Fernández, Xosé María (1993): «O arquivo» en X. María García Iglesias, dir.: A Catedral de Santiago de Compostela. Laracha (A Coruña): Editorial Xuntanza, 429-458.

Duro Peña, Emilio (1967): «El monasterio de San Salvador de Sobrado de Tri-ves», Archivos Leoneses 21, 49, 7-86.

Eiján Moyano, Mª Gloria (1969?): El Monasterio de Santa Clara de San- tiago. Memoria de licenciatura inédita. Universidade de Santiago de Com-postela.

González, Julio (1986): Reinado y diplomas de Fernando iii. Documentos (1233-1253). vol. iii. Córdoba: Publicaciones del Monte Piedad y Caja de Aho-rros de Córdoba.

González Balash, María Teresa (2004): Tumbo B de la Catedral de Santiago. Santiago de Compostela: Ediciós do Castro.

Gutiérrez Pichel, Ricardo (no prelo): «O mosteiro de San Salvador de Sobrado de Trives: primeira documentación romance», Murguía. Revista da Histo-ria. Santiago de Compostela.

Jiménez Gómez, Santiago (1973): Guía para el estudio de la Edad Media Galle-ga (1100-1480). Santiago de Compostela: Universidade.

López, Atanasio (1916): Estudios críticos-históricos de Galicia. Santiago de Compostela: El Eco Franciscano.

López Ferreiro, Antonio (1901): Colección diplomática de Galicia Histórica. Santiago de Compostela: Tipografía Galaica.

López Ferreiro, Antonio (1975): Fueros municipales de Santiago y de su tierra. Madrid: Ed. Castilla. [Edición facsímil: Santiago de Compostela: Imp. del Seminario, 1895].

Lorenzo, Ramón (2004): «Emerxencia e decadencia do galego escrito (séculos xiii-xvi)», en R. Álvarez, F. Fernández Rei e A. Santamarina, eds.: A Lin-gua Galega: historia e actualidade: actas do i Congreso internacional, 16-20 de setembro de 1996. Santiago de Compostela: Instituto da Lingua Galega e Consello da Cultura Galega. vol. iii, 27-153.

388a lingüística galega desde alén marHistoria e dialectoloxía

Lucas Álvarez, Manuel (1999): El Archivo del Monasterio de San Martiño de Fóra o Pinario de Santiago de Compostela. 2 vols. Santiago de Compostela: Seminario de Estudos Galegos.

Lucas Álvarez, Manuel (2001): San Paio de Antealtares, Soandres y Toques: tres monasterios medievales gallegos. Sada: Ediciós do Castro.

Martínez Sáez, Antonio (1988): El monasterio de Sobrado de Trives. Estudio his-tórico y diplomático. Tese de doutoramento inédita. Universidade de Gra-nada.

Martínez Salazar, Andrés (1911): Documentos gallegos de los siglos xiii al xvi. A Coruña: Casa de la Misericordia.

Monteagudo Romero, Henrique (1994): «Aspectos sociolingüísticos do uso es-crito do galego, o castelán e o latín na Galicia tardomedieval (ss. xiii-xv)», en E. Fidalgo e P. Lorenzo (coords.): Estudios galegos en homenaxe ó profe-sor Giuseppe Tavani. Santiago: Xunta de Galicia, 169-185.

Monteagudo Romero, Henrique ([2005]): O foro do burgo do Castro Caldelas, dado por Afonso IX en 1228. O documento máis antigo escrito en galego en Galicia. Santiago de Compostela: Sección de Lingua do Consello da Cultura Galega: http://www.consellodacultura.org/mediateca/pubs.pdf/doc_en_galego.pdf#search=%22foro%20do%20burgo%20monteagudo%22.

Rodríguez González, Ángel e José Ángel Rey Caíña (1992): «Tumbo de Loren-zana», en Estudios Mindonienses 8, 11-325.

Rodríguez Núñez, Clara C. (1985): El monasterio de dominicas de Belvís de San-tiago de Compostela. Ferrol: Estudios Mindonienses.

Rodríguez Núñez, Clara C. (1993): La colección documental de Santa Clara de Santiago (1196-1500). Santiago de Compostela: El Eco Franciscano = Liceo Franciscano, 136-138.

Sánchez Belda, Luis (1953): Documentos reales de la Edad Media referentes a Galicia: Catálogos de los conservados en la Sección de Clero del Archivo His-tórico Nacional. Madrid: Dirección General de Archivos y Bibliotecas.

Souto Cabo, J. Antonio (2006): «Inventário dos máis antigos documentos gale-go-portugueses», Agália 85-86, 9-88.

Temperán Villaverde, Elisardo e Antonio Cepeda Fandiño (2000): Arquivo His-tórico Diocesano. Fondo General (Mosteiro de San Martiño Pinario de San-tiago de Compostela). Santiago de Compostela: Xunta de Galicia.

389fontes documentais en galego do s. xiii

Raquel Rodríguez Parada

Siglas citadasaa = Arquivo de Antealtares. Convento de San Paio. Santiago de Compostela.acb = Arquivo do Convento de Belvís. Santiago de Compostela.acou = Arquivo da Catedral de Ourense.acs = Arquivo da Catedral de Santiago.acsc = Arquivo do Convento de Santa Clara. Santiago de Compostela.acsf = Arquivo do Convento de San Francisco. Santiago de Compostela.ahds = Arquivo Histórico Diocesano de Santiago de Compostela.ahn = Archivo Histórico Nacional. Madrid.ahppo = Arquivo Histórico Provincial de Pontevedra.ahus = Arquivo Histórico Universitario de Santiago de Compostela.

Processos de composição nas Cantigas de Santa Maria

aNtóNia vieira dos saNtos

Universidade Federal de Bahia

RESuMO

A língua latina, contrariamente à língua grega, não fazia muito uso da composição. No período

arcaico da língua latina, época em que era significativo o processo de tradução de obras gre-

gas, as tentativas de reproduzir compostos gregos foram constantes. A composição de palavras

em latim era temática, e não léxica –como o é grande parte dos compostos em português–, ou

seja, o primeiro termo do composto podia ser um tema verbal, um tema nominal ou um tema

constituído por partículas (advérbio e preposição) e as marcas de flexão só se davam no último

elemento. Havia em latim, por outro lado, as formas justapostas, resultantes da soldagem mais

ou menos íntima de dois termos unidos por uma relação sintática, conservando integralmente

suas formas e percebidas como uma unidade semântica. A partir dessa visão sobre os compos-

tos em latim, pretende-se neste trabalho, então, verificar que tipos de compostos estão pre-

sentes nas Cantigas de Santa Maria, texto poético redigido em galego-português e localizado

temporalmente na década de 60 do século Xiii, e estabelecer a relação desses compostos com

tipos observados na língua latina.

Palabras clave: palavras compostas, língua galego-portuguesa, Cantigas de Santa Maria.

A LiNGüíSTiCA GALEGA DESDE ALéN MAR (iSBN 987-84-9887-145-6)

universidade de Santiago de Compostela, 2009

392a lingüística galega desde alén marHistoria e dialectoloxía

1. introdução

As Cantigas de Santa Maria, uma das produções literárias do rei Afonso X, o Sábio (1221-1284), são uma coletânea de poesias em louvor da Virgem Ma-ria, redigidas em galego-português, língua lírica convencional de grande parte da Península Ibérica, e reunidas, a pedido do rei, na década de 60 do século XIII. O cancioneiro mariano reúne 420 cantigas, mesclando composições de caráter narrativo (“miragres”) e composições de caráter lírico (“loores”).

Para este trabalho, utilizamos a edição de Walter Mettmann, constituída por três volumes de texto e um volume correspondente ao glossário. A recolha dos compostos levou em consideração, além de aspectos morfológicos, sintáticos e, especialmente, semânticos, a recorrência das formas ao longo da obra.

Na primeira parte, descreveremos a composição na língua latina, e, na segunda, a composição nas Cantigas de Santa Maria, a partir das formas recolhi-das. Na terceira e última parte, serão apresentadas algumas conclusões.

2. A composição em latim

Meillet e Vendryes (1953: 420 et seq.) apontam que a língua latina não fazia muito uso da composição como um processo comum de formação de pa-lavras. Embora presente no indo-europeu, a composição não se apresentou em latim como um procedimento espontâneo e natural, não sendo, conseqüente-mente, produtivo.

De uso restrito, os compostos latinos representavam um recurso expressi-vo da linguagem principalmente literária, servindo, nesse caso, a fins puramente estilísticos. Além disso, os compostos serviam bem à linguagem técnica das ciên-cias, da filosofia, da administração e da religião. Em relação à literatura latina, verifica-se que o uso dos compostos é mais comum na poesia, constituindo, pelo seu caráter “estranho” ou “estrangeiro”, um dos “elementos essenciais da poesia elevada”, colaborando para a métrica adequada do verso e para a expressividade requerida pelo gênero. Aliás, lembre-se que Aristóteles, na sua Arte da Retóri-ca, atribui quatro causas ao que denomina “frieza do estilo”, o que repercute no efeito do discurso, sendo uma delas o emprego das palavras compostas, que diz pertencer ao âmbito da poesia. Como se pode ver, a tradição literária grega

393Processos de comPosição nas Cantigas de santa maria

antónia Vieira dos santos

aponta o uso dos compostos como sendo do âmbito da poesia, e não da prosa, tradição que foi adotada pelos romanos.

Meillet (1912-1913: cclxiv-cclxv), em uma recensão que faz ao trabalho de A. Grenier sobre os compostos nominais em latim arcaico, atribui a escassez de compostos na língua latina à ruptura dos romanos com o passado cultural indo-europeu, fato que teria repercutido na ausência de uma literatura própria e na dependência de outras culturas para a sua construção. Prova incontestável dessa ruptura, segundo o autor, é o abandono dos nomes próprios compostos, característicos das línguas indo-européias e a sua substituição em latim (e em outras línguas itálicas) pelo sufixo –ius (cf. Publius, Seruius, Manius, Tullius, Antonius, Porcius, Liuius, Clodius etc.), formador da categoria de adjetivos em *–yo– (*–ya–) derivados de substantivos.

O desenvolvimento da composição latina ganha impulso justamente com o florescimento da literatura latina, principalmente a poesia, criada sob os mol-des da tradição literária grega. Afinal, a Grécia já estava bastante adiantada no desenvolvimento das artes e da literatura quando Roma iniciou a aprendizagem da escrita.

A tradução dos textos literários gregos para o latim objetivava precisamen-te inaugurar uma prática que distinguisse Roma como uma grande civilização, a exemplo da Magna Grécia. Afinal, uma nação tem a sua superioridade e hege-monia ratificada pela existência de uma literatura própria. No caso de Roma, era inconcebível que o imenso império constituído após ousadas investidas e batalhas bem-sucedidas não expressasse em vernáculo a sua arte, a sua cultura e o seu próprio nacionalismo.

A influência grega nas letras romanas tem o seu marco inicial na tradução que Lívio Andrônico, ele próprio grego de Tarento, faz da Odisséia –tragédia cuja autoria é atribuída a Homero– em versos saturninos. A partir daí, o ofício e a arte da imitação e da tradução obedecem ao cânone literário grego, o que pode ser observado na forma e no conteúdo dos gêneros literários que foram desen-volvidos a partir dos modelos gregos. Embora não se deva ignorar a possível influência de fontes gregas no aparecimento do gênero, admite-se que a sátira, criada por Lucílio, seja o único gênero literário propriamente latino.

No procedimento da tradução, a língua latina se deparava com uma gran-de dificuldade: a deficiência do léxico nacional para designar conceitos presentes

394a lingüística galega desde alén marHistoria e dialectoloxía

nos textos gregos e desconhecidos do pensamento latino. Muitos autores se res-sentiam da “pobreza” vocabular da língua latina frente à riqueza da língua grega. A prática da tradução representou a oportunidade para aumentar o caudal léxico da língua latina, tornando-a tão boa quanto a língua grega, e isso se deu basica-mente através de três formas: empréstimo, neologia e deslocamento de sentido.

No caso específico dos compostos gregos, eles representam um grande desafio para os tradutores, tendo em vista que a língua latina era alheia à compo-sição, enquanto a língua grega a utilizava de forma ativa e abundante, principal-mente na poesia. A tentativa de traduzir compostos gregos em latim é mais co-mum nos poetas arcaicos, fato que recebeu a crítica de Quintiliano1. Os latinos, por não disporem dessa facilidade, em muitos casos traduziram os compostos gregos por palavras simples ou por perífrases (hvmerovkoιτo~ por dormītātor, em Plauto; φusιologiva por nātūrae rātio, em Cícero). Imagina-se que as fontes do latim eram inadequadas para servir à imensa variedade de compostos gregos. Poetas latinos tardios, no entanto, reconheceram o composto como um traço es-sencial do estilo épico e passaram a fazer uso desse procedimento (Palmer, 1964: 102). Em Plauto encontram-se compostos gregos (monotrophus, oenopolium), latinos (sescentoplagos, sociofraudus, urbicapus, turpilucricupidus) e híbridos (ul-mitriba, sacci-perium) (Meillet & Vendryes 1953: 421).

Diante da emergência da necessidade artística, os poetas latinos criaram alguns protótipos, calcados nas formas compostas gregas, mas ao mesmo tem-po nas formas encontradas no indo-europeu. Névio, poeta arcaico, por exem-plo, manifesta em suas obras três protótipos que tiveram desenvolvimentos pos- teriores na criação de compostos: 1) frondifer: dulcifer, frugifer, flammifer, aestifer, florifer, glandifer; 2) thyrsiger: armiger, barbiger, corniger, laniger, naviger, saetiger, squamiger etc.; 3) bicorpor: bipes, bilinguis, trifax, biiugus, tripectorus etc.

É importante dizer que compostos formados por duas bases nominais como dentefabres, levisomnus, mult(i)angulus, omnimodus são muito mais ra-ros, destacando-se os compostos terminados em –pes: alipes, sonipes, capripes,

1 «Sed res tota magis Graecos decet, nobis minus succedit, nec id fieri natura puto, sed alienis fauemus; ideoque cum kurtauvcena mirati simus, incuruiceruicum uix a rixu defendimus», conforme Quintiliano (1, 50, 70), apud Cooper, 1975: 298.

395Processos de comPosição nas Cantigas de santa maria

antónia Vieira dos santos

levipes, mollipes, e, ainda, compostos como magnanimus, grandaevus, primaevus (Palmer 1964: 103)2. Este tipo de composição era restrito a alguns tipos. Segun-do Cooper (1975: 298), essa “pobreza” era questionada pelos próprios roma-nos, que viam, nesse aspecto, o reflexo da inferioridade do latim frente à língua grega.

Observa-se, portanto, que a composição latina difere da concepção mais comum de composição na língua portuguesa, ou seja, de combinação de duas bases autônomas preexistentes na língua para a criação de um novo vocábulo.

É preciso ter-se em conta ainda que os compostos latinos estão fundamen-tados nos processos composicionais do indo-europeu, cujo princípio fundamen-tal é a combinação de temas (ou radicais) e não de palavras. Nessas estruturas, apenas o segundo elemento do composto recebe flexão. Na palavra agricola, por exemplo, distinguimos dois temas ou radicais: agr– e col–, uma vogal de ligação (–i–) e um sufixo composicional (–a). Esses elementos não são reportados como palavras, no sentido de formas não-presas, diferentemente de compostos do por-tuguês como homem-rã ou couve-flor, os quais mantêm a integridade morfofo-nológica dos seus constituintes.

O primeiro termo do composto latino, caracterizado pela ausência de desinências, se apresenta na forma de uma partícula (preposição ou advérbio), de um tema nominal ou de um tema verbal. Além disso, o latim apresenta a tendência a marcar a composição por uma vogal de ligação, no caso, i. Há casos –mais raros– em que essa vogal de ligação é u: locu-ples, auru-fex (depois auri-fex). Tem-se, assim, após temas consonânticos, por exemplo: pac-i-ficus, reg-i- fugium, iur-i-dicus, pecud-i-fer, leg-i-rupa, dent-i-legus (Meillet & Vendryes 1953: 425; 428).

Do ponto de vista semântico, Meillet & Vendryes (1953: 432-33) dis-tinguem compostos progressivos e compostos regressivos por um lado, e, por

2 Cooper (1975: 246-47), no capítulo em que trata da composição, refere que enquanto a “verdadeira composição” foi negligenciada pelas línguas do ramo itálico, os compostos preposicionais sempre foram produtivos, principalmente no sermo plebeius. Eram bastante comuns os verbos compostos com as pre-posições ad-, con-, de-, ex-, a ponto de não se reconhecer mais o caráter compósito desses verbos. Em um certo momento, a língua clássica procura dar “transparência” a essas palavras, tornando clara a presença da preposição, e em muitos casos descartando-a em prol da forma simples do verbo. O latim popular, pelo contrário, já não mais sentindo a ênfase dada pela preposição, opta por adicionar mais uma preposição. Resultam, desse procedimento, formas como: ad-al-ligare, con-col-ligere, per-per-ire, cor-res-sus-citare, co-ad-im-plere.

396a lingüística galega desde alén marHistoria e dialectoloxía

outro, compostos diretos e indiretos (possessivos). Quando o primeiro termo é um tema verbal, a ordem é progressiva, ou seja, o segundo elemento depende do primeiro. A ordem é regressiva nos compostos cujo primeiro termo é um tema nominal, sendo, por isso, mais comum. Os compostos diretos correspondem aos compostos endocêntricos e os compostos indiretos (ou ditos possessivos) equi-valem aos compostos exocêntricos.

Meillet e Vendryes (1953: 422) distinguem a composição da justaposição. Esta última se refere àquelas palavras que são reunidas habitualmente pelo uso e que são percebidas como uma unidade. É o caso de formas como res publi-ca, senatus consultum, aquae ductus, fidei commissum etc. Esses mesmos autores aventam a possibilidade de os compostos em indo-europeu terem se originado da justaposição. Os principais critérios que separam o justaposto do composto são a flexão e a derivação. Os justapostos conservam a natureza flexiva de seus elementos, havendo a concordância do nome com o seu determinante. Os com-postos, por outro lado, adquirem a capacidade de fornecer derivados (Meillet & Vendryes 1953: 422-23), o que os aproximam das chamadas formas aglutinadas, com um único acento fonológico.

Darmesteter (1894: 273 et seq.), no seu tratado sobre as palavras com-postas da língua francesa, apresenta algumas considerações sobre a composição em latim relativamente à composição em francês. Aponta como processo pouco desenvolvido em latim a justaposição (apresenta os exemplos respublica, jusju-randum, foenum graecum, herba impia, labrum Venereum, persicum pomum, rosmarinus) e como processos praticamente desconhecidos a composição de dois nomes por aposição, numa relação coordenativa ou subordinativa (arcuballista, musaraneus, Hibiscum malva3) e a composição com o verbo no imperativo. Por outro lado, assinala que o latim conhece bem a composição por partícula (prepo-sição e advérbio) e com um elemento no genitivo.

A composição por partículas nada mais é do que a prefixação, considerada, por alguns autores, como um processo derivacional, por outros como um proces-so composicional. O segundo termo pode ser um nome ou um verbo.

3 Darmesteter (1894: 139-40), aponta que Hibiscum malva é uma tradução do grego e que os compostos por tradução não podem ser considerados verdadeiras aposições.

397Processos de comPosição nas Cantigas de santa maria

antónia Vieira dos santos

Na composição com genitivo dois nomes se combinam, estando um deles no genitivo e havendo a elipse da preposição. Na construção latina o genitivo ou determinante é representado principalmente pelo primeiro elemento: plebisci-tum, petrae oleum, capripes, caprifolium, auripigmentum, os nomes dos dias da semana: lunaedies, martisdies etc (Darmesteter 1894: 240). Não há exemplos latinos com de no lugar do genitivo (Maurer Jr 1959: 240).

Ainda segundo Darmesteter, a estrutura de substantivo na função de complemento acompanhado de verbo era conhecida do latim, mas, nesse caso, resultavam justapostos, e não compostos, pois obedece-se à sintaxe latina: ma-nusmittere, animadvertere, capite census, auroclavatus, crucifigere, jureconsultus, jureperitos, fidejubere, usucapere, manupretium, manuoperare etc (Darmesteter (1894: 161).

2. Os compostos nas cantigas de Santa Maria: clasificação, descrição e análise

A maioria das formas recolhidas como compostas, com exceção dos aglu-tinados e estrangeirismos, apresenta uma identidade morfossintática e acentual com os sintagmas livres correspondentes. O critério semântico é que parece mar-car a verdadeira distância entre os compostos e os grupos sintáticos paralelos4. Quanto a esse aspecto –o semântico– são maioria os compostos endocêntricos, aqueles que têm o seu significado relacionado com os significados dos seus pró-prios constituintes –nesse caso, o núcleo do composto determina a sua referên-cia. Esses compostos são endocêntricos porque pelo menos um dos elementos –em geral o núcleo– apresenta, em relação ao referente extralingüístico, um sig-nificado transparente ou mais ou menos motivado. Esse elemento nuclear se refere literal ou diretamente ao objeto que designa, tratando-se, no caso, de um composto descritivo. No caso de compostos exocêntricos, verifica-se que é a se-qüência inteira, e não apenas o núcleo da expressão lingüística, que corresponde ao referente extralingüístico. Geralmente nesse caso a seqüência do composto é empregada de forma figurada, metafórica ou metonimicamente. São também exocêntricos os compostos qualificativos ou caracterizadores, que pressupõem como núcleo um referente externo à unidade plurilexemática.

4 Terminologia utilizada por Sandmann (1997: 32).

398a lingüística galega desde alén marHistoria e dialectoloxía

Inicialmente, classificamos os compostos recolhidos das Cantigas de Santa Maria de acordo com a categoria gramatical de seus constituintes, para obser-varmos a sua natureza [±] sintagmática. Observou-se a predominância de formas justapostas e a ausência de modelos que atendessem aos tipos de compostos la-tinos, a não ser no caso de formas com a ordem ADJ + SUBST fixa, que lembra a ordem normal DETERMINANTE + DETERMINADO das línguas clássicas. Essa ordem, invariável, é fixada pelo costume. É o caso das formas Santa Es-critura, Santa Ygreja, Santa Maria, meya noite e meyo dia, que expressam um conceito único, formando uma unidade de significado.

No caso de Santa Maria, co-ocorrem várias outras expressões equivalen-tes, pois denominam o mesmo referente: Virgen Santa Maria, Madre de Deus, Madre de Nostro Sennor, Madre do Salvador, Santa Reỹa, a do bon talan, a do bon prez, etc. Trata-se de perífrases (ou formas antonomásicas), correspondentes a entidades já representadas lexicalmente na língua. Outro exemplo é o composto Padre Santo, perífrase para papa, lexema com o qual co-ocorre nas Cantigas de Santa Maria. Também a expressão Corpo de Deus (com variação no elemento modificador: Corpo de Nostro Sennor e Corpo de Jhesu-Cristo) representa uma perífrase de ‘ostia’, também documentada nas Cantigas.

Os compostos sintagmáticos SUBST + DE + SUBST e SUBST + ADJ não apresentam nenhuma diferença formal dos grupos sintáticos nominais corres-pondentes. Também o aspecto fonológico não é suficiente para diferençar um composto deste tipo do grupo sintático paralelo. O critério sintático, através do teste da determinação global, pode funcionar para distinguir os compostos dos sintagmas correspondentes, mas é o critério semântico, sem dúvida, que afasta a possibilidade de confusão.

Diferentemente, os compostos ifant-abade e Madre-donzela apresentam a estrutura SUBST + SUBST, construção que não está de acordo com as regras da sintaxe da língua portuguesa, fato que distingue o composto de um grupo sin-tático paralelo. Nos dois casos, parece tratar-se de uma coordenação, com elipse do e: ifant(e) e abade, Madre (‘mãe’) e donzela (‘virgem’), simultaneamente5.

5 Veja-se, a propósito, a ocorrência «Vella e Minỹa, / Madr’ e Donzela, / Pobre e Re*ynna, / Don’ e Ance-la» (CSM 180.3), em que Madre e Donzela aparecem explicitamente coordenados.

399Processos de comPosição nas Cantigas de santa maria

antónia Vieira dos santos

Quadro 1 – Formas compostas por justaposição

SUBST + ADJ

Azcõa monteira ‘pequena lança de caça’

Espirito Santo; Esperito Santo; Spirito Santo ‘um dos elementos da Santa Trindade’

agua bẽeita ‘água benzida pelo padre, que serve para uso da Igreja e dos fiéis’

Agua rosada ‘solução de água com perfume de rosas’; ‘água perfumada obtida da infusão de pétalas de rosa’

alcaide mayor ‘comandante’

ciro pasqual ‘vela acendida na vigília da Páscoa’

fogo montês ‘o mesmo que fogo de San Marçal’

maestre mayor ‘mestre de obras’, ‘arquiteto’

Monge branco ‘monge da ordem de Cister’

ome bõo ‘homem da classe dos herdadores, a pessoa mais honrada e respeitada dentro de cada povoado’

Padre Santo ‘Papa’

Panos mẽores ‘roupa interior’

ADJ + SUBST

Sant’ Escritura ‘Bíblia’

Sant’ Espirit’; Santi Spirito (‘o mesmo que Espirito Santo’)

Santa Ygreja; Santa Eigreja, Santa Egreja ‘a Igreja Católica’

Santa Maria ‘a Virgem Maria, mãe de Jesus Cristo’

meya noite ‘hora em que o sol está no ponto oposto ao meio dia’

meyo dia ‘hora em que o sol está no mais algo ponto de sua elevação sobre o horizonte’

ricos-omes ‘nobres de categoria superior’

SUBST + SUBST

ifant-abade ‘infante e abade’

Madre-donzela ‘Mãe e Virgem’

SUBST + DE + SUBST

carta de pẽedença ‘cédula de confissão’

carta de soltura ‘documento em que se declara a remissão de uma dívida ou de uma pena’

Corpo de Deus; Corpo de Jhesu-Cristo; Corpo de Nostro Sennor ‘hóstia’

fogo de San Marçal ‘espécie de doença caracterizada pela sensação de ardência e queimação; também conhecida como fogo selvagem e fogo montês’

mal de pedra ‘mal que resulta da formação de cálculos nas vias urinárias’

400a lingüística galega desde alén marHistoria e dialectoloxía

(1) “Mas aquel ifant-abade | fez-lo de fora chamar, / e pois que sayu a ele, | man-dó-o ben recadar, / e assi o fez per força | do cimite[i]ro tirar” (CSM 164.21)6

(2) “Ali sse desaprendeu / dela log’ a sela / e ant’ o altar caeu / da Madre-donzela, / que sempre quer nosso ben; / e por vee-la ya / gente daquend’ e dalen” (CSM 153.50)

Quanto ao valor endocêntrico ou exocêntrico do composto, destacamos as formas monge branco, panos mẽores, fogo montes, fogo de San Marçal e mal de pedra como de significação relativamente opaca, do ponto de vista da dedução, pelo falante atual, da entidade designada pelo composto através da soma da sig-nificação dos seus constituintes. No primeiro caso, monge branco, o elemento nu-clear monge ‘pessoa devotada à vida monástica e clausural’ tem a sua significação restringida pelo modificador ‘branco’, cuja significação está por metonímia, referindo-se à cor do hábito dos monges da ordem de Cister, em vez de indicar um caráter positivo ou negativo da realidade designada pelo substantivo. Quanto a panos mẽores, panos, no plural, está no sentido de ‘roupa’, e mẽores mantém seu valor de adjetivo comparativo (isto é, das peças do vestuário, esta é a “mais pequena”). No caso de fogo montes e fogo de San Marçal, sabemos, pelos contextos em que ocorrem, tratar-se de espécies de enfermidade, possivelmen-te sinônimas. O primeiro termo do composto é que carrega a significação de ‘doença, enfermidade’, através de uma operação metafórica: os semas ardência e queimação, atribuídos ao lexema fogo, caracterizam essa doença. Os comple-mentos de San Marçal e montes especificam a enfermidade. Já no caso de mal de pedra, a relação parece ser metonímica, uma vez que mal mantém a significação ‘doença’ e o especificador de pedra refere-se aos cálculos ou “pedras” que se for-mam na região do rim ou da bexiga, dificultando o funcionamento da atividade renal.

As formas agua bẽeita, agua rosada, alcaide mayor, azcõa monteira, ciro pasqual, maestre mayor e ome bõo são parcialmente transparentes, pois o primeiro termo do composto mantém a sua significação denotativa ou descritiva. No caso de azcõa monteira, trata-se de um composto redundante, isto é, a qualidade

6 Notação: o(s) algarismo(s) antes do ponto corresponde(m) ao número da cantiga, na edição de Mett-mann; o(s) algarismo(s) depois do ponto corresponde(m) ao número da linha.

401Processos de comPosição nas Cantigas de santa maria

antónia Vieira dos santos

informada pelo adjetivo está implícita no conteúdo semântico do núcleo subs-tantivo. Em alcaide mayor e maestre mayor, o adjetivo comparativo, associado a substantivos que designam cargo administrativo ou função administrativa, deter-mina uma nova significação para o justaposto.

Distinguimos, ainda, as formas ditas aglutinadas, subordinadas a um acen-to único, em que há a perda de algum material morfofonológico, como fidalgo e ricome.

As formas fidalgo e filladalgo co-existentes nas Cantigas de Santa Maria, bem como as formas ric-ome e ricos-omes, representam diferentes estágios do desenvolvimento do composto. Na forma fidalgo, a fusão dos elementos já está completa. Num primeiro momento, têm-se o justaposto filho de algo. Noutro momento, ocorre a aglutinação da preposição com o complemento, seguida da perda da última sílaba do primeiro elemento. No caso de filladalgo, o primeiro elemento apresenta flexão de gênero (filla), não perdendo, portanto, a sua últi-ma sílaba, o que demonstra que, para o usuário da língua, ainda subsiste a noção de uma forma composta. Isso é ratificado também pelo fato de o segundo ele-mento permanecer invariável. Quando se chega à forma fidalgo, é porque se per-deu a noção do composto. O mesmo se dá com a forma pluralizada de ric-ome. A flexão nos dois elementos (ricos-omes) indica que ela ainda é sentida como um composto. Além disso não foi registrada nenhuma forma com flexão de número apenas no último elemento.

(3) “Como Santa Maria guareceu en Vila-Sirga hũa dona filladalgo / de França, que avia todo-los nenbros do corpo tolleitos” (CSM 268.1)(4) “Este de que vos eu falo | era fidalg’ escudeyro, / e foi en hũa fazenda | bõo, ardid’ e ligeyro; / mas foi per un baesteiro / mui mal chagad’ aquel dia” (CSM 408.15)(5) “[C]omo un ric-ome pidia un herdamento al Rey que lle avia a dar / por outro que lle fillara, e nono podia aver dele; e prometeu / algo a Santa Maria, e fez-llo aver logo mui bõo” (CSM 382.1)(6) “Pois passou per muitas coitas | e delas vos contarei: / Hũa vez dos ricos-omes | que, segundo que eu sei, / se juraron contra ele | todos que non fosse Rey, / seend’ os mais seus parentes, | que divid’ é natural” (CSM 235.21)

402a lingüística galega desde alén marHistoria e dialectoloxía

Destacamos, ainda, no corpus, as expressões latinas Corpus Cristi, Corpus Domini, Ave Maria e Salve Regina, constituindo formas ou fórmulas repetitivas habitualizadas e/ou lexicalizadas. No caso de Ave Maria, co-ocorrem os plurais Ave Marias e Aves Marias.

Quanto aos compostos “estrangeiros”, ou seja, formas que já vieram com-postas para o galego-português, destacamos as formas crucifisso, do latim ecle-siástico crucifixus (particípio passado de crucifigere), mayordomo, do latim ma-jordomus, feegres, possivelmente do latim hispânico *filiu ecclesiae, e a forma barbacãa, de origem árabe ou persa, introduzida através do francês barbacane ou do italiano barbacana7. Algumas dessas formas tornaram-se desmotivadas mor-fológica e semanticamente, perdendo-se a noção do seu caráter compósito.

3. considerações finais

A composição latina era temática, sendo marcada morfologicamente pela vogal de ligação –i ou u– e pela flexão no segundo elemento. Os compostos sin-téticos do latim deram lugar, na língua galego-portuguesa, aos compostos analí-ticos ou sintagmáticos. Trata-se de uma conseqüência da perda da flexão casual da língua latina e do desenvolvimento da justaposição como um procedimento produtivo para a formação de novas palavras.

Compostos opacos sintaticamente, como é o caso das combinações homoca-tegoriais, não forneceram muitos exemplos. Por outro lado, compostos sintagmáticos do tipo SUBST + ADJ e SUBST + DE + SUBST foram mais freqüentes. Os compos-tos do tipo ADJ + SUBST remetem à ordem latina e parecem formas habitualizadas, ou seja, fixadas pelo costume. A estrutura VERBO + SUBST não ocorreu.

Quanto aos compostos estrangeiros presentes no texto das Cantigas, o influxo é majoritariamente latino. As formas aglutinadas, por sua vez, represen-tam o desenvolvimento natural da combinação de duas ou mais formas presentes na cadeia sintagmática, as quais, pelo uso freqüente e pela ação do tempo, se soldam, constituindo uma unidade nova, na qual a noção de composição –em muitos casos– foi obliterada.

7 Obviamente, a identificação dessas formas é dificultada quando há perda total da estrutura interna do aglutinado. A forma feegres, aqui incluída por sua referência nas gramáticas históricas, apesar da etimo-logia hipotética, é exemplo dessa dificuldade.

403Processos de comPosição nas Cantigas de santa maria

antónia Vieira dos santos

No que se refere à semântica dos compostos, percebe-se que existem dife-rentes tipos de relações –descritivas, metafóricas, metonímicas e antonomásicas– o que confere a essas formas algum nível de isolamento dos elementos de que se compõem. Isso se reflete no caráter [±] compósito do composto. Pode-se dizer que formas mais transparentes estão mais próximas das locuções e das colocações enquanto as formas ditas opacas apresentam isolamento semântico no seu grau máximo.

Referências bibliográficas

Aristóteles. Arte poética (s.d.). In Arte retórica e arte poética. Trad. de Antônio Pinto de Carvalho. 14ª. ed., Rio de Janeiro: Ediouro.

Cooper, F. T. (1975). Word Formation in the Roman Sermo Plebeius. New York: Georg Olms Verlag.

Cunha, A. Geraldo da (1986). Dicionário etimológico da língua portuguesa. 2ª ed. Rio de Janeiro: Nova Fronteira.

Darmesteter, A. (1894). Traité de la formation des mots composés de la langue française. 2ª ed. Paris: E. Bouillon.

Machado, J. P. (1956 (A-I); 1959 (J-Z)). Dicionário etimológico da língua por-tuguesa. 2 vols. Lisboa: Editorial Confluência.

Mattoso Camara Jr., J. (1970). Princípios de lingüística geral. 4ª ed., Rio de Janeiro: Acadêmica.

Mattoso Camara Jr., J. (1979). História e estrutura da língua portuguesa. Rio de Janeiro: Padrão.

Mattoso Camara Jr., J. (1998). Problemas de lingüística descritiva. 17ª ed. Petrópolis: Vozes.

Maurer Jr., Th. Henrique (1959). Gramática do latim vulgar. Rio de Janeiro: Acadêmica.

MEILLET, A. (1912-1913). R.C. a: GRENIER, A. Étude sur la formation et l’emploi des composés nominaux dans le latin archaïque. Nancy, 1912. Bulletin de la Societé de Linguistique de Paris, Paris, vol. 18, n. 60-61, cclxiv-cclxv.

Meillet, A. & J. Vendryes (1953). Traité de grammaire comparée des langues clas-siques. 2e éd. revue et augmentée par J. Vendryes. Paris: Librairie Ancienne Honoré Champion.

404a lingüística galega desde alén marHistoria e dialectoloxía

Palmer, L. R. (1964). The Latin Language. London: Faber & Faber.Pizzorusso, V. Bertolucci (2000). “Cantigas de Santa Maria”. In G. Lanciani

& G. Tavani, (org. e coord.) Dicionário da literatura medieval galega e portuguesa. 2ª ed. Lisboa: Caminho, 142-146.

Sandmann, A. (1997). Morfologia lexical. São Paulo: Contexto.

TEXTO DO CORPUSAfonso X. Cantigas de Santa Maria. Editadas por Walter Mettmann, 4 volumes.

Coimbra: Acta Universitatis Conimbrigensis, vol. I (1959), vol. II (1961), vol. III (1964), vol. IV (Glossário) (1972).

Lingua e estudos galegos no exterior

Os estudos galegos no Rio de Janeiro

maria do amParo tavares maleval

Universidade do Estado do Rio de Janeiro

RESuMO

Desde comezos da década dos noventa os estudos galegos no Estado do Rio de Janeiro veñen

recebendo un forte impulso, coa creación do Núcleo de Estudos Galegos (NuEG) na universi-

dade Federal Fluminense (uFF) e do Programa de Estudos Galegos (PROEG) na universidade

do Estado do Rio de Janeiro (uERJ), oficializados polos seus reitores respectivamente en 1994

e 1996. Trátase de dous produtivos centros académicos que, no seu labor en prol da difusión

da lingua, da literatura e da cultura galegas, promoven actividades nos ámbitos do ensino,

da investigación e da extensión universitarios. Neste sentido, veñen realizando eventos, ofre-

cendo cursos e desenvolvendo pesquisas cuxos resultados teñen sido mostrados en congresos

e livros. Fruto do esforzo compartido entre o NuEG e o PROEG, crearónse tres series de publi-

cacións: Estudos Galegos1, Raízes2 e Estante Medieval3. Nelas acóllense non só os produtos das

pesquisas efetivadas na uFF e na uERJ, senón tamén estudos galegos ou galicistas efetivados

por pesquisadores doutras varias universidades do Brasil e da Galiza, promovendo desa forma

un san diálogo académico. A estas engadese a serie Estudos Galegos-brasileiros4, resultante de

convenio de cooperación entre a universidade da Coruña e a uERJ.

Palabras clave: Lingua galega, literatura galega, cultura galega.

A LiNGüíSTiCA GALEGA DESDE ALéN MAR (iSBN 987-84-9887-145-6)

universidade de Santiago de Compostela, 2009

1 Xa no quinto número.2 Xa no sétimo número.3 Recén inaugurada: un número publicado.4 Dous números publicados.

408a lingüística galega desde alén marlingua e estudos galegos no exterior

1. introducción

O estudo da lingua, da literatura e da cultura galegas encontrou solo fértil para o seu cultivo nos Institutos de Letras da Universidade Federal Fluminense e da Universidade do Estado do Rio de Janeiro. Situados en cidades ás marxes da bahía de Guanabara, respetivamente Niterói e Rio de Janeiro, transformáronse en portos para os cuais chegan sistemáticamente intelectuais e libros que nos traen da Galicia non apenas leccións sobre unha lingua á que nos ligamos pola orixe, senón tamén sobre unha literatura e unha cultura particularmente fecun-das e nas cuais nos recoñecemos en muitos trazos. Por tanto, das rías ao Rio, usando a expresión do poeta carioca de ascendencia galega Reynaldo Valinho Alvarez, estableceuse un produtivo diálogo, sobre o que falaremos a seguir.

2. O núcleo de estudos Galegos (nUeG) da UFF

Comezaremos pola Universidade Federal Fluminense, onde todo come-zou. Baixo a coordenación da Profa. Maria do Amparo Tavares Maleval, reali-zouse en 1991 un curso de extensión sobre Lingua e Literatura Galegas a cargo da Profa. Teresa Fandiño Barreiro, enviada pola Consellería de Educación e For-mación Universitaria da Xunta de Galicia; e para pechar o mesmo, as Xornadas de Cultura Galega, sendo publicadas as conferencias en Cadernos de Letras 5 - Aspectos de Cultura Galega, publicación do Instituto de Letras da UFF, Niterói. Foi, a partir de entón, proxectada a creación dun Núcleo de Estudos Galegos, oficializado pola Norma de Servicio n. 400/94 do Magnífico Reitor da Uni-versidade Federal Fluminense, Prof. José Raimundo Martins Romeo, de 10 de Xaneiro de 1994.

Sediado no Instituto de Letras da UFF, sala 216 - Campus de Gragoatá, baixo a dirección dos Profesores Maria do Amparo Tavares Maleval e Fernando Ozório Rodrigues e coa colaboración de alumnos-bolsistas, o NUEG vén rea-lizando eventos, cursos e publicacións, de carácter interdisciplinar, relacionados con Galicia.

En 1994 foi asinado un Convenio de Colaboración entre a UFF e a Con-sellería de Educación e Formación Universitaria da Xunta de Galicia, coa finali-dade de fomentar e realizar atividades para a divulgación da lingua, literatura e cultura galega en xeral. En comemoración, neste mesmo ano realizáronse as II

409os estudos galegos no rio de janeiro

Maria do Amparo Tavares Maleval

Xornadas UFF de Cultura Galega, e os seus Anais foron publicados en Santiago de Compostela pola Xunta de Galicia no ano 1995.

Ademais de proporcionar a ida de alumnos e profesores a Galicia para participar nos Cursos de Verán de Galego para Estranxeiros, entre os principais servizos prestados polo NUEG podemos citar:

2.1. Ofrecemento de Cursos de Extensión sobre a lingua, a litera-tura e a cultura galega en xeral

2.1.1. No Instituto de letras da UFF, impartidos polos seguintes profesores:

• Prof. Dr. Carlos Paulo Martínez Pereiro (Universidade da Coruña): “Litera-tura Galego-Portuguesa Medieval” – abril-maio de 1995.

• Prof. Francisco Singul (Consellería de Cultura da Xunta de Galicia): “O Ca-minho de Santiago: História, Arte e Literatura em torno à Peregrinação ‘Oci-dental’” – setembro de 1996 .

• Profa. Dra. María Sol López Martínez (Universidade de Santiago de Com-postela): “Curso de Extensão Universitária sobre a Língua Galega”. Outubro de 1997 (curso ofrecido tamén no Instituto de Letras da UERJ).

• Profa. Lydia Fontoira (Universidade de Santiago): “A Lingua e a Literatura Galega na Idade Média” – setembro de 1998 (curso ofrecido tamén no Insti-tuto de Letras da UERJ).

• Profa. Beatriz Gradaílle (Lectora de Galego da UERJ): “Algúns aspectos da lingua literaria galega”. 1999.

• Prof. Dr. Fernando Ozório Rodrigues (Universidade Federal Fluminense): “Leitura e comentários filológicos de textos medievais galego-portugueses”. Xuño-xullo de 2002.

• Prof. Dr. Manuel Pedro Ferreira (Universidade Nova de Lisboa): “A música na Idade Média e no Renascimento”. Decembro de 2002 (evento organizado en colaboración co Departamento de Difusão Cultural da UFF, tendo como idealizadores os membros do Conjunto de Música Antiga da UFF).

• Prof. Dr. Xoán Carlos Lagares Diez (Universidade da Coruña): “A Literatura Galega Contemporânea e o Processo de Emergência Cultural da Galicia”. Outubro-novembro de 2002. “O galego contemporâneo: gramática e discur-so”. Xuño-xullo de 2003.

410a lingüística galega desde alén marlingua e estudos galegos no exterior

• Prof. e Poeta Reynaldo Valinho Alvarez (Pen Clube do Brasil): “Poesia Gale-ga Contemporânea”. 2005.

• Prof. Baltasar Pena Abal (Lector de galego da UERJ): “Curso de Extensão de Língua, Literatura e Cultura Galegas”. Xuño-xullo de 2006.

2.1.2. No Instituto de Língua Portuguesa do Liceu Literário Português (Rio de Janeiro), impartidos polos seguintes profesores:

• Profs. Drs. Fernando Ozório Rodrigues e Xoán Carlos Lagares; poeta Rey-naldo Valinho Alvarez: “O galego e o português: estudo comparativo” – no-vembro de 2003.

• Profa. Mestra Susana Álvarez Martínez (UFF): “Rosalía de Castro e a herança céltica”. Setembro-outubro de 2004.

• Prof. Dr. Fernando Ozório Rodrigues (UFF): “Leitura e comentários de tex-tos medievais galego-portugueses”. Novembro de 2004.

• Prof. Baltasar Pena Abal (Lector de Galego da UERJ): “Curso de Extensão de Língua, Literatura e Cultura Galegas”. Xuño-xullo de 2006.

2.2. Produción de CDs (coa colaboración do Programa de Estudos Galegos da uERJ):

2.2.1. En 1995: Cánticos de amor e louvor, con cantigas de Martin Codax e Alfonso X, polo Conxunto de Música Antiga da UFF.

2.2.2. En 1999: Annua Gaudia, con música do Camiño de Santiago, que era cantada por trobadores e peregrinos xacobeos, polo Conxunto Longa Florata.

2.2.3. En 2005: Medievo Nordeste, con cantigas de Santa María e outras pezas medievais, coas que se relacionan cantares do folclore brasileiro, tamén interpretados no CD, polo Conxunto de Música Antiga da UFF.

2.3. Publicacións

2.3.1. Publicación da Serie Estudos Galegos, en colaboración co PROEG-UERJ, pola EDUFF, con catro números publicados (1996-1998-2000-2004), máis o quinto que se encontra no prelo. Os libros da serie son compostos de textos de diversas autorías: estudos, antoloxía, reseñas e noticias. Ven tendo entre os seus colaboradores escritores renomados, como Nélida Piñon, e profesores-

411os estudos galegos no rio de janeiro

Maria do Amparo Tavares Maleval

investigadores de relevantes centros universitarios do Brasil e da Galicia. Ábrese tamén a xoves investigadores, coa condición de que sexan recomendados por compone

2.3.2. Publicación, en colaboración co PROEG-UERJ, do libro Das rias ao mar oceano -poemas de Reynaldo Valinho Álvarez (Rio de Janeiro, 2000), poeta brasileiro de orixe galega. Neses poemas, o poeta reférese ás súas orixes galegoportuguesas, á diáspora galega, a aspectos do territorio e da cultura de Galicia, xunto a profundas reflexións sobre a existencia humana. Trátase do quin-to volume da serie Raízes da Editora Agora da Ilha / H. P. Comunicação, que ten por finalidade a publicación de ensaios e textos ligados aos fundamentos da cultura brasileira, principalmente galegoportugueses.

2.3.3. Publicación, en colaboración co PROEG-UERJ, de Maravilhas de São Tiago: narrativas do Liber Sancti Jacobi - Codex Calixtinus, de Maria do Amparo Tavares Maleval (Niterói: EdUFF, 2005). Trátase de estudo sobre as orixes da peregrinación a Santiago de Compostela seguido de Antoloxía bilíngüe (latín-portugués) con narrativas do Códice do século XII sobre a traslación do corpo apostólico da Palestina a Galiza, a apertura dos camiños xacobeos por Car-los Magno e os milagres de Santiago considerados auténticos pola Igrexa.

2.3.4. Publicación, em colaboración co PROEG-UERJ, de As Cantigas de Santa Maria: un estilo gótico na lírica ibérica medieval, da autoria de Bernardo Monteiro de Castro(2006). Estudo dos trazos definidores do estilo gótico nas cantigas marianas alfonsinas como unha consecuencia de mudanzas profundas, no nivel da visión de mundo, en que o espazo, o tempo, a natureza, Deus e o “si mesmo” apreséntanse concebidos nunha nova forma, diferindo esencialmente da arte románica anterior. Côa colaboración do NUEG.

2.4. Doazóns

Veñense facendo doázons frecuentes, á Biblioteca Central do Campus de Gragoatá, da UFF, de libros e xornais galegos, enviados pola Xunta de Galicia e por outras entidades galegas e de fóra de Galicia, obras que compoñen a Estante Galega da Biblioteca. Este acervo, desta forma, se encontra en constante amplia-ción e atualización.

412a lingüística galega desde alén marlingua e estudos galegos no exterior

2.5. Realización de eventos

Realizacións de sesións anuais conmemorativas do Día das Letras Galegas, 17 de maio, ben como de Xornadas de Cultura Galega, Mostras de Cine Gale-go e conferencias illadas ou relacionadas a outras datas importantes da Galicia, como o 25 de xullo, día de Santiago e da Patria galega. Nesas oportunidades, ten contado coa participación dos seguintes docentes: Maria do Amparo Tavares Maleval (UFF-UERJ), Fernando Ozório Rodrigues (UFF), Xoán Carlos Lagares (UDC-USP-UFF), Beatriz Gradaílle (UERJ), Edmundo Moure Rojas (Univer-sidade de Santiago do Chile), Reynaldo Valinho Alvarez (Pen Clube do Brasil), Ângela Vaz Leão (PUC Minas), Jane Valle da Silva e Baltasar Pena Abal (UERJ). Tamén son realizadas presentacións de libros e CDs, con conferencias e concer-tos dos Conjuntos Longa Florata e Música Antiga da UFF.

2.6. Colaboracións

2.6.1. Colaboración na organización de eventos organizados ou apoiados polo Programa de Estudos Galegos da UERJ, como o III Encontro Internacional de Estudos Medievais da ABREM, relizado na UERJ do 7 ó 9 de Xullo de 1999, o Seminario Actualizações da Idade Media, realizado na UERJ o 23 e 24 de Outu-bro de 2000 e o I Encontro do GT de Estudos Medievais da ANPOLL e X Mostra UERJ de Cultura Galega, realizados na UERJ de 28 a 30 de novembro de 2005.

2.6.2. Colaboración coa Secretaria de Cultura da Prefeitura Municipal de Niterói no evento “Niterói – Encontro com Espanha” (abril de 2006), a través da organización de dúas mesas redondas, en 27/04, coordenadas por Maria do Amparo Tavares Maleval, coa participación dos escritores galegos Cesáreo Sán-chez Iglesias, J. Carlos Quiroga Díaz e Marta Dacosta Alonso, nas cuais os refe-ridos escritores presentaron os seus pontos de vista sobre a cultura e a literatura galega contemporánea.

3. O Programa de estudos Galegos (PROeG) da UeRJ

A este frutífero labor do Núcleo de Estudos Galegos da UFF xuntáronse as igualmente fecundas atividades realizadas no Instituto de Letras da UERJ, coa creación do Programa de Estudos Galegos nesta universidade.

413os estudos galegos no rio de janeiro

Maria do Amparo Tavares Maleval

O Programa de Estudos Galegos (PROEG) foi oficializado por Ato do Magnífico Reitor Antônio Celso Alves Pereira, o 23 de Xullo de 1996, e está sediado na sala 11.020 - bloque A do Instituto de Letras da UERJ, Campus de Maracanã. Coordenado pola Profa. Maria do Amparo Tavares Maleval, que con-ta coa colaboración de alumnos bolsistas, ten como obxetivos primordiais desen-volver e estimular atividades relativas ao ensino e á investigación relacionadas coa lingua, a literatura e a cultura galegas en xeral; así como promover o intercambio cultural con Galicia.

En 1998 asinouse o convenio de colaboración entre a Consellería de Edu-cación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia e a UERJ para a creación dun Lectorado de Galego no PROEG, que tivo como primeira Lectora a Beatriz Gradaílle Martínez (1999-2004), sucedida por Baltasar Pena Abal (2004-...).

O PROEG está transferindo centenas de volumes de libros e revistas gale-gos, que adquiriu ou recebeu da Xunta de Galicia, á Biblioteca do CEH (Centro de Educación e Humanidades) da UERJ, buscando ofrecer un mellor servizo de empréstimo e consulta á comunidade universitaria. Alén de proporcionar esta fonte de coñecimento aos que se interesen académicamente pola comunidade autónoma galega, ten proporcionado a ida de alunos e profesores a Galiza para os Cursos de verán de Lingua Galega para Estranxeiros.

E, no cumprimento dos seus objetivos, ven realizando sistemáticamente atividades de ensino, extensión e investigación, a saber:

3.1. Actividades de ensino

3.1.1. No nivel da Graduación, desde 1999 disciplinas de Lingua e Litera-tura Galega integran o currículo do Curso de Letras da UERJ como disciplinas optativas. Ofrécense catro cursos por semestre, impartidos polo(a) lector(a), se-guindo atualmente aos seguintes programas:

– Lingua Galega I - Lingua e cultura galegas: Historia da lingua – Das orixes á atualidade.

– Lingua Galega II – Lingua e sociedade: bilingüismo e diglosia. “normaliza-ción” e “normativización”. Introducción ao universo cultural galego: Antro-poloxía, Geografía física e humana, feitos históricos e políticos máis relevan-tes, manifestacións artísticas.

414a lingüística galega desde alén marlingua e estudos galegos no exterior

– Literatura Galega I - A prosa medieval xacobea. As cantigas trobadorescas atribuídas a autores galegos ou que se referen á xeografía galega. A importan-cia de Santiago de Compostela na Idade Media como centro aglutinador e xerador de cultura.

– Literatura Galega II - O primeiro Rexurdimento da Literatura Galega: Eduar-do Pondal, Rosalía de Castro, Manuel Curros Enríquez.

– Literatura III - Principais autores desde o Segundo Rexurdimento (Grupo Nós) ata a atualidade.

3.1.2. No nivel da Pósgraduación, a Profa. Dra. Maria do Amparo Tavares Maleval vén ensinando nos cursos de Mestrado e Doutorado sobre a literatura medieval galegoportuguesa e sobre literatura comparada, incluíndo aí a literatura galega, principalmente a que se desenvolve na atualidade a partir de temas e/ou personaxes e/ou formas medievais, vista en relación coa cuestión identitaria.

3.2. Actividades de extensión

Alén da docencia, o lectorado de galego do PROEG vén promovendo a difusión da lingua, literatura e cultura galegas mediante a realización de diversas atividades tanto dentro como fóra da UERJ. Entre elas, destacamos:

3.2.1. Todos os anos realízanse atividades conmemorativas do Día das Le-tras Galegas (conferencias, recitais poéticos, exhibición de filmes, contadores de historias, exposicións de imaxes e textos, etc.) tanto na UERJ coma no Instituto de Letras da UFF, en Niterói, en colaboración co Núcleo de Estudos Galegos da UFF (NUEG).

3.2.2. Véñense facendo, tamén con carácter anual, Mostras de Cultura Galega – mostras gastronómicas, mostras de cine, de danza e música galega, ben como presentacións de libros e CDs, publicados ou producidos polo PROEG ou en colaboración co NUEG, coa participación das “Peñas Galegas” do Rio (da Casa de España do Rio de Janeiro e do Clube Español de Niterói).

3.2.3. O PROEG tamén ten participado da organización de eventos pro-movidos por otras entidades como a ABREM (Associação Brasileira de Estudos Medievais), o Pem (Programa de Estudos Medievais da UFRJ) e a ANPOLL

415os estudos galegos no rio de janeiro

Maria do Amparo Tavares Maleval

(Associação Nacional de Pós-Graduação em Letras e Lingüística), a saber: o III Encontro Internacional de Estudos Medievais, celebrado na UERJ do 7 ó 9 de Xullo de 1999; o Seminario Atualizações da Idade Média, realizado o 23 e 24 de Outubro do 2000; as Semanas de Estudos Medievais do Pem-UFRJ, sendo a VI Semana realizada de 25 a 27 de outubro de 2005; o I Encontro do GT de Estudos Medievais da ANPOLL, realizado na UERJ de 28 a 30 de novembro de 2005; e o I Encontro Regional da ABREM, de 7 a 9 de novembro de 2006 na UERJ.

3.3. Actividades de investigación

Xunto ao PROEG véñense desenvolvendo os seguintes proxectos de in-vestigación:

3.3.1. Um mar no meio: o discurso de imigrantes galegos no Rio de Janei-ro é o traballo de investigación desenvolvido pola ex lectora Beatriz Gradaílle Martínez e que constituiu a súa tesina de Mestrado en Lingüística (UERJ). Tivo como corpus relatos de historias de vida – recollidos mediante entrevista - de in-migrantes galegos anciáns residentes no Rio. A investigación ancórase nos presu-postos teórico-metodolóxicos da corrente de estudos da linguaxe coñecida como Análise do Discurso de base enunciativa, tendo como obxetivo principal refletir sobre a construción discursiva de posibles sentidos para a noción de identidade cultural, así como identificar a que tipos de identidade eses sentidos apontan. Foi publicada polo PROEG en 2004.

3.3.2. “Atualizacións da Idade Media”, proxecto de investigación que vén sendo desenvolvido póla Profa. Dra. Maria do Amparo Tavares Maleval no Insti-tuto de Letras da UERJ, rastrexando: na súa primeira etapa, influencias ou atua-lizacións da lírica trobadoresca na poesía brasileira contemporánea; na segunda, as atualizacións do medievo na prosa luso-galaico-portuguesa; e na terceira, esas atualizacións no teatro (luso-galego-brasileiro). Os resultados foron publicados en libros de 1999, 2000, 2002 e 2005 (ver abaixo), alén de en numerosos artigos en revistas especializadas no Brasil e na Galicia. Participaron da pesquisa alunos de Iniciación Científica, Mestrado e Doutorado, resultando, entre outras, para só relacionarmos as que diretamente inciden sobre a literatura galega, nas seguintes teses e tesiñas:

416a lingüística galega desde alén marlingua e estudos galegos no exterior

3.3.2.1. A releitura da tradição artúrica en Galván en Saor – tesiña de Mestrado de Maria Carolina V. Vieira, defendida en 29/08/05.

3.3.2.2. A ‘matéria de Bretanha’ en narrativas de Álvaro Cunqueiro e Mendez Ferrín (título provisional) –tesina de Mestrado de Caroline Moreira dos Reis– a ser defendida ata marzo de 2007.

3.3.2.3. Traços de cantigas ‘de fonte’ medievais en cantigas brasileiras de lavadeiras (título provisional) – tesina de Mestrado de Sâmara T. de Ataíde – a ser defendida ata marzo de 2008.

3.3.2.4. O erotismo nos Carmina Burana e nas cantigas dos trovadores me-dievais dos trovadores galego-portugueses (título provisional) – tese de Doutorado de Henrique M. Samyn, en andamento. Obs.: A atual bolsista de Iniciação Cien-tífica, Juliene K. Zanardi, traballa co tema “Inês de Castro”, a súa documenta-ción na historiografía e as posteriores atualizacións en textos para o teatro en Portugal, na Galicia e no Brasil.

3.3.3. “O proceso de emerxência lingüística e literária na Galicia e no Bra-sil”, investigación sobre a literatura fundacional galega e brasileira, a súa relación cos modelos colonizadores, o papel da oralidade nesa constitución, as atualiza-cións do medievo, a descrición das linguas galega e portuguesa do Brasil. Trátase dun Proxecto de Cooperación Internacional entre a UERJ e a UDC, subven-cionado no Brasil pola CAPES/MEC e en España polo MECD. Participantes da UDC: Francisco Salinas Portugal (coordenador do grupo galego), Carlos Paulo Martínez Pereiro, Manuel Ferreiro, Laura Tato, Teresa López, Goretti Sanmartín Rei, Xosé Manuel Sánchez Rei, Xosé Ramón Freixeiro Mato, Carme Fernández Pérez Sanjulián, Iolanda Ogando, María Pilar García Negro. Parti-cipantes da UERJ: Maria do Amparo Tavares Maleval (coordenadora do grupo brasileiro), José Carlos Azeredo, Delia Cambeiro, Carlinda F. P. Nunez, João César de Castro Rocha, Nadiá Paulo Ferreira, Sérgio Nazar David, Maria Helena S. Fontes, Flávio Garcia, Marcus A. Motta. Produtos: dous Seminarios (realiza-dos o primeiro na UERJ, de 30 de xuño a 1 de xullo de 2003, e o segundo na UDC, de 24 a 26 de novembro de 2004) e dous libros (publicados un no Brasil, en 2003, e outro en España en 2006).

417os estudos galegos no rio de janeiro

Maria do Amparo Tavares Maleval

3.3.4. “O ser e o devir: o problema da Paisagem em Ramón Otero Pe-drayo”, investigación de Posdoutorado desenvolvida por Josias Abdalla Duarte, no período de 01/10/04 a 30/09/06, supervisada pola Profa. Doutora Maria do Amparo Tavares Maleval. Trátase de un desdobramento de tese doutoral, sobre Pedrayo e Murguía, defendida en decembro de 2003 no Programa de Comunicação e Semiótica da Pontifícia Universidade Católica de São Paulo. O acervo do PROEG tornou posible a ampliación da bibliografia, así como retomar discusións anteriormente iniciadas, dando como resultados: a comunicación ‘Pai-sagem e lonxanía das notas de Ramón Otero Pedrayo para a Poética de Rosalía de Castro à teoria da Paisaxe Galega’ apresentada no VII Congresso da Associação Internacional de Lusitanistas ocorrido na cidade de Santiago de Compostela de 18 a 23 de jullo de 2005; o artigo “A eleição do arcebispo dom Diogo Gelmíres a fundador da Galiza na historiografia de Manuel Martínez Murguía” a ser pu-blicado en Estudos Galegos 5; ben como un texto máis abranxente, inédito, a ser apresentado en aula-conferencia conclusiva do período de Posdoutorado.

3.3.5. A retórica das hagiografias medievais galego-portuguesas – investiga-ción que será desenvolvida a partir de outubro de 2006 pola Profa. Dra. Maria do Amparo Tavares Maleval. Comezará polo exame da retórica no Liber Sancti Jacobi (Codex Calixtinus) do século XII, a concepción de santidade que esa retó-rica vehicula, partindo daí ao cuestionamento sobre os límites dese xénero litera-rio a través do confronto con outros textos haxiográficos e crónicas, relixiosas e laicas, producidos na Galicia e en Portugal nos séculos XIV, XV e XVI. Entre eles os Miragres de Santiago, a Crônica de Santa Maria de Iria, a Crônica de D. João I de Fernão Lopes e o Flos Sanctorum en lingoagen, de 1513.

3.4. Publicacións

As investigacións mencionadas deron como produtos, alén de artigos pu-blicados en xornais especializados no Brasil e no exterior, comunicacións e con-ferencias en encontros científicos etc, diversos libros, alguns deles publicados en colaboración con outras instituicións académicas (como a UFF e a UDC):

3.4.1. Estudos galegos 1, organizado por Maria do Amparo Tavares Maleval (1996). Reunión de textos de escritores, pesquisadores e profesores universitá-rios brasileiros sobre a Galiza e súa cultura, particularmente a Idade Media e o

418a lingüística galega desde alén marlingua e estudos galegos no exterior

Trobadorismo, o Rexurdimento, o Neotrobadorismo e a literatura da diáspora. En colaboración co NUEG-UFF.

3.4.2. Estudos galegos 2, organizado por Maria do Amparo Tavares Maleval (1998). Reunión de textos de escritores, pesquisadores e profesores universita-rios brasileiros e galegos sobre a Galiza e sua cultura, notadamente o Trobado-rismo, o Camiño de Santiago, a Galiza sueva, a literatura galega contemporanea e a da diáspora, etc. En colaboración co NUEG-UFF.

3.4.3. Peregrinação e poesia, da autoria de Maria do Amparo Tavares Maleval (1999). Estudo de algúns aspectos do Trovadorismo medieval galego-portugués e as súas atualizacións no chamado Neotrovadorismo, en poesías de autores galegos, portugueses e brasileiros. E tamén da peregrinación a Santiago de Compostela como tema da poesía novecentista.

3.4.4. O Caminho de Santiago, da autoria de Francisco Singul (1999), con traducción ó portugués de Maria do Amparo Tavares Maleval. Historia das orixes do culto a Santiago o Maior e da peregrinación a Santiago de Compostela: os costumes dos peregrinos, os ritos, a catedral, a arte, a música, a literatura, etc., do Camiño de Santiago, enfatizando o papel do arcebispo Diego Xelmírez na construción da Era Compostelana.

3.4.5. Atualizações da Idade Média, organizado por Maria do Amparo Tavares Maleval (2000). Libro de un Seminário co mesmo título, realizado no Instituto de Letras da UERJ de 23 a 24 de outubro de 2000. Reúne estudos in-terdisciplinares de profesores de varias universidades brasileiras, sobre o medievo e as súas atualizacións, ben como testemuños de escritores que retoman a Idade Media nos seus escritos.

3.4.6. Das rias ao mar oceano, da autoria de Reynaldo Valinho Alvarez (2000), poeta carioca de orixe galega. Poemas inspirados na diáspora galega, que convidamnos a descobrir o universo de quantos partiron das rias e atravesaron o mar oceano, movidos pola forza inesgotable da esperanza. En colaboración co NUEG-UFF.

3.4.7. Poesia Medieval no Brasil, da autoría de Maria do Amparo Tavares Maleval (2002). Estudo sobre o Trovadorismo e o Neotrovadorismo, seguido de

419os estudos galegos no rio de janeiro

Maria do Amparo Tavares Maleval

Antoloxía de cantigas e romances medievais e poesias brasileiras que os retoman no século XX.

3.4.8. Estudos galegos 3, organizado por Maria do Amparo Tavares Maleval (2002). Reunión de textos e estudos interdisciplinares da autoria de escritores, profesores e investigadores brasileiros e galegos sobre a história, a lingua e a literatura galegas, da Idade Media á contemporaneidade. En colaboración co NUEG-UFF.

3.4.9. Estudos galego-brasileiros 1, organizado por Maria do Amparo Ta-vares Maleval e Francisco Salinas Portugal (2003). Reunión de estudos inédi-tos realizados por profesores-investigadoes da UERJ e da UDC, no ámbito do Proxecto de Cooperación Internacional sobre “O processo de emergência lin-güística e literária na Galiza e no Brasil”. Son, na súa maioría, reflexións sobre a lingua e a literatura relacionadas coa cuestión da identidade nacional.

3.4.10. Un mar no meio, da autoria de Beatriz Gradaílle Martinez (2004), lectora de galego na UERJ de 1999 a 2004. Estudo lingüístico dos discursos de anciáns galegos residentes no Rio de Janeiro e a(s) identidade(s) por eles construída(s).

3.4.11. Estudos galegos 4, organizado por Maria do Amparo Tavares Male-val (2004). Reunión de textos e estudos de escritores, profesores e investigadores brasileiros e galegos sobre a lingua, a literatura, a história galegas, etc, da Idade Média à atualidade. En colaboración co NUEG-UFF.

3.4.12. Maravilhas de São Tiago. Narrativas do Liber Sancti Jacobi (Codex Calixtinus), da autoría de Maria do Amparo Tavares Maleval (2005). Trátase de un estudo sobre as orixes da peregrinación a Santiago de Compostela seguido de Antoloxía bilingüe (latín-portugués) con narracións do Códice do século XII so-bre o traslado do corpo apostólico da Palestina a Galiza, a apertura dos camiños xacobeos por Carlos Magno e os milagres de Santiago considerados auténticos pola Igrexa. Coa colaboración do NUEG-UFF.

3.4.13. Poesia peregrina, de Domingo González Cruz (2005). Antoloxía bilíngüe de poemas do poeta galego residente no Rio de Janeiro, traducidos para o galego por Gonzalo Armán, tamén galego. Mostra os desdobramentos

420a lingüística galega desde alén marlingua e estudos galegos no exterior

do encontro de culturas, da Galicia ao Rio de Janeiro, redundando en cuestio-namentos existenciais expresados en linguaxe poética que prima pola contención e pola fina ironía.

3.4.14. Estudos galego-brasileiros 2, organizado por Maria do Amparo Ta-vares Maleval e Francisco Salinas Portugal (2006). Reunión de estudos inéditos que posúen a mesma característica dos que se presentaron no número 1 da serie, inscritos no ámbito do mesmo Projeto de Cooperação Internacional côa Univer-sidade da Coruña, xa citado. Publicado na UDC.

3.4.15. As Cantigas de Santa Maria: un estilo gótico na lírica ibérica me-dieval, da autoría de Bernardo Monteiro de Castro (2006). Estudo dos trazos definidores do estilo gótico nas cantigas marianas alfonsinas como unha conse-cuencia de mudanzas profundas, no nivel da visión de mundo, en que o espazo, o tempo, a natureza, Deus e o “si mesmo” apreséntanse concibidos nunha nova forma, diferindo esencialmente da arte románica anterior. Coa colaboración do NUEG-UFF.

3.4.16. Chao galego de Renard Pérez (2006-2007: en fase final de editora-ción). Coletánea de contos bilingües, escritos en portugués polo autor e traduci-dos para o galego por Baltasar Pena Abal. A obra deste galego residente no Rio de Janeiro, Renard Pérez, pódese encadrar dentro da denominada literatura de viaxes. Nos dez capítulos que compoñen a obra, ao lado da descrición da paisaxe, dos usos e costumes galegos, así como das grandes e pequenas cidades polas que vai pasando o protagonista da obra, o autor narra o romance do conflito que se estableceu entre el e o pai. Percorrendo o Chão Galego dos seus antepasados, e collendo testemuños de parentes sobre o seu proxenitor, o viaxeiro refai a imaxen paterna e redescobre un mundo que lle parecía perdido.

4. Otras producións

Outros traballos académicos sobre a lingua e a literatura galega, realizados no Rio de Janeiro, non xa no ámbito do PROEG e do NUEG, pero indirecta-mente con eles relacionados, poden ser citados, como por exemplo, na área de Letras:

421os estudos galegos no rio de janeiro

Maria do Amparo Tavares Maleval

4.1. Interferência do léxico galego no português falado pelos imigrantes ga-legos no Rio de Janeiro - tese de doutorado de Alfredo Maceira Rodríguez, de-fendida en 1995 na Universidade Federal do Rio de Janeiro. Dela foi publicada polo autor unha síntese, titulada “O galego hoje” en Maleval, Maria do Amparo Tavares (Org.). Estudos Galegos 2. Niterói: EdUFF, Rio de Janeiro; EdUERJ, 1998, p. 171-188.

4.2. O ‘realismo maravilhoso’ na Ibéria atlântica: a narrativa curta de Mário de Carvalho e Mendez Ferrín. Tese de Doutorado de Flavio Garcia de Almeida, defendida na Pontifícia Universidade Católica do Rio de Janeiro en 28 de abril de 1999, participando do Tribunal Examinador a coordenadora do PROEG, Maria do Amparo Tavares Maleval (de quen, por outra parte, o referido profesor foi orientando na UFF e colaborador do NUEG, no inicio da década de 90). Desdobramentos desa tese encontranse publicados en Maleval, Maria do Amparo T., SALINAS, Francisco (Orgs.). Estudos galego-brasileiros 1 e 2, xa citados, respetivamente: “Tendências da narrativa de Murilo Rubião e Méndez Ferrín”, p. 547-558 e “Tendências da narrativa de Murilo Rubião e Méndez Ferrín: percursos estéticos aproximativos”, p. 209-224.

4.3. Publicacións Dialogarts, projeto de extensión universitária da UERJ codirigido por Flavio García, que inclúe periódicos, colecións e títulos avulsos. Nestes, destacase o título Ler Ferrín, ler Galiza, con estudos de Laura Tato, Francisco Salinas, Flavio García, etc.

4.4. “A força do legado celta na obra de Rosalía de Castro” - Tesiña de Mestrado de Susana Álvarez Martínez, defendida na Universidade Federal Fluminense en febreiro 2003, participando do tribunal examinador o Professor Fernando Ozorio Rodrigues, director en exercicio do NUEG. Foi publicada pola autora unha versión resumida en Maleval, Maria do Amparo Tavares (org.). Es-tudos galegos 4. Niterói: EdUFF, 2004, p. 209-230.

5. conclusión

Cremos que ficou suficientemente demostrado o que afirmamos ao início deste relatorio: que no Rio de Janeiro os estudos galegos encontraron solo fértil

422a lingüística galega desde alén marlingua e estudos galegos no exterior

para a súa proliferación. No Núcleo de Estudos Galegos da UFF, as atividades son principalmente (mais non soamente) de extensión universitaria, ofrecendo con éxito cursos e eventos ás comunidades interna e externa á UFF, alén de fomento ás publicacións de libros e producións de CDs dos conxuntos Música Antiga da UFF e Longa Florata. Xa no Programa de Estudos Galegos da UERJ, alén das atividades de extensión –eventos nos que coparticipan a Universidade e as Peñas Galegas do Rio de Janeiro e de Niterói–, as atividades docentes se inte-gran no Currículo do Curso de Letras, nos niveis de Graduación e Posgradua-ción. E as atividades de investigación, sistemáticamente desenvolvidas, presentan produtos concretos, en forma de teses, tesinas, conferencias, libros, etc.

Importa destacar, para concluirmos, que a estreita e constante colabora-ción existente entre o NUEG e o PROEG, somando esforzos, torna posíble esa produtividade que acabamos de relatar.

Referencias bibliográficas

Alvarez, R. Valinho (2000). Das rias ao mar oceano. Rio de Janeiro: Agora da Ilha. (Série Raízes, número 4).

González Cruz, D. (2005). Poesia peregrina. Rio de Janeiro: H. P. Comunicação (Série Raízes, número 6).

Gradaílle Martinez, B. (2004). Un mar no meio. Rio de Janeiro: H. P. Comuni-cación. (Série Raízes, número 4).

Maleval, Mª do A. Tavares (org.) (1992). Cadernos de Letras 5 - Aspectos de Cul-tura Galega. Niterói: Instituto de Letras da UFF.

Maleval, Mª do A. Tavares (org.) (1995). Actas da II Xornadas UFF de Cultura Galega. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia.

Maleval, Mª do A. Tavares, org. (1996). Estudos galegos 1. Niterói: EdUFF.Maleval, Mª do A. Tavares org. (1998. Estudos galegos 2. Niterói: EdUFF; Rio

de Janeiro: EdUERJ.Maleval, Mª do A. Tavares (1999). Peregrinação e poesia. Rio de Janeiro: Agora

da Ilha. (Série Raízes, número 1). Maleval, Mª do A. Tavares (2002). Poesia Medieval no Brasil. Rio de Janeiro:

Ágora da Ilha. (Série Raízes, número 5).Maleval, Mª do A. Tavares, org. (2002). Estudos galegos 3. Niterói: EdUFF.

423os estudos galegos no rio de janeiro

Maria do Amparo Tavares Maleval

Maleval, Mª do A. Tavares org. (2004). Estudos galegos 3. Niterói: EdUFF.Maleval, Mª do A. Tavares (2005). Maravilhas de São Tiago. Narrativas do Liber

Sancti Jacobi (Codex Calixtinus). Rio de Janeiro: EdUFF. Maleval, Mª do A. Tavares, org. (2000). Atualizações da Idade Média. Rio de

Janeiro: Agora da Ilha. (Série Raízes, número 3).Maleval, Mª do A. Tavares & F. Salinas Portugal, orgs. (2003). Estudos galego-

brasileiros 1. Rio de Janeiro: H. P. Comunicação Editora.Maleval, Mª do A. Tavares, orgs., 2006. Estudos galego-brasileiros 2. A Coruña:

Servizo de Publicacións da Universidade da Coruña. Monteiro de Castro, B. (2006). As Cantigas de Santa Maria: um estilo gótico na lí-

rica ibérica medieval. Niterói: EdUFF. (Série Estante Medieval, número 1).Pérez, Rr (2006). Chao galego. Rio de Janeiro: H. P. Comunicação. (Série Raí-

zes, número 7 - en fase final de editoración.Singul, F. (1999). O Caminho de Santiago. Traducción ó portugués de Maria do

Amparo Tavares Maleval. Rio de Janeiro: EdUERJ.

Os estudos galegos mar por medio: os estados Unidos e as illas Británicas

GaBriel rei-doval

University of Wisconsin-Milwaukee

RESuMO

Esta achega trata o desenvolvemento dos Estudos Galegos nos países do ámbito anglófono, en

particular o Reino unido, irlanda e os Estados unidos. Remontándose ós períodos iniciais do mo-

vemento que se denomina galicianismo, trátase de analiza-los patróns de estudo e interese pola

lingua, a literatura e a cultura galegas nos centros académicos universitarios dos ditos países.

Analízanse tamén as motivacións deses estudos, así como que estratexias seguiron os académicos

galegos e/ou interesados en temas galegos na promoción de Galicia neses ámbitos.

Neste traballo analízase tamén a importancia e conexión do hispanismo e lusitanismo cos estudos

galegos, e por que e como se conectaron as temáticas galegas nos programas relacionados co

estudo do español e o portugués tanto nas illas Británicas coma no contexto norteamericano.

Palabras clave: estudos galegos, galicianismo, hispanismo, lusitanismo, promoción de Galicia.

Este traballo pretende contribuír a un mellor coñecemento da tradición académica galicianista1 no ámbito académico dos Estados Unidos, o Reino Uni-do e Irlanda. Desde o comezo, e incluído o mesmo título desta achega, quixera

A LiNGüíSTiCA GALEGA DESDE ALéN MAR (iSBN 987-84-9887-145-6)

universidade de Santiago de Compostela, 2009

1 utilizarei o termo ‘galicianista’ para referirme ós estudosos de temas galegos que traballamos fóra de Galicia. Paréceme que o termo ‘galeguista’, ó ter sido utilizado con tanta frecuencia para referirse ós acti-

426a lingüística galega desde alén marlingua e estudos galegos no exterior

así render homenaxe ó traballo realizado por diferentes estudosos e investigado-res en temas galegos nestes países nas últimas décadas, e en particular ó labor des-envolvido desde Inglaterra por John Rutherford, profesor do Queen’s College da Universidade de Oxford2.

Así mesmo, paréceme necesario salientar que foi nas Illas Británicas onde comezaron a espectacularizarse –se se me permite o neoloxismo– os estudos ga-legos no exterior, con ocasión da celebración do IV Congreso Internacional de Estudos Galegos na Universidade de Oxford, baixo a dirección precisamente de John Rutherford.

En certo sentido, este traballo será pois un intento de visibilización das actividades desenvolvidas ós dous lados do Atlántico para configurar e dar corpo ós estudos galegos no mundo académico anglófono, así como deitar algunhas reflexións sobre a situación actual da promoción académica de Galicia neses te-rritorios.

1. O galeguismo norteamericano anterior á Galicia autonómica

Tense afirmado que foi en Inglaterra onde se creou o primeiro Centro de Estudos Galegos fóra de Galicia. Mais esta afirmación precisa ser matizada. Sen dúbida, foi en Inglaterra, concretamente na Universidade de Oxford, onde en 1991 comezou a traballa-lo primeiro lector de lingua e cultura galegas fóra de Galicia (Benigno Fernández Salgado), trala creación do Centre for Galician Stu-dies no Queen’s College desa Universidade. Mais, en sentido estrito, o primeiro Centro académico –alí chamouse “Cátedra”– de Estudos Galegos foi o creado no Graduate Center da Universidade da Cidade de Nova York a comezos da década dos 80, en tempos “albores” da Galicia autonómica, por iniciativa do his-panista galego Emilio González López. Porén, en Nova York –igual ca no resto dos Estados Unidos– nunca ata agora existiu un “lector de galego” propiamente dito, como acontece en Oxford, mais si profesores visitantes que impartiron cur-

vistas culturais e políticos en Galicia, podería non resultar apropiado para esta acepción. Ademais, o termo proposto resulta paralelo ós de ‘hispanista’ ou ‘lusitanista’ que aparecen noutras tradicións.

2 En 1992, o profesor John Rutherford fundou en Ribadeo as Xornadas Mar por Medio, co fin de co-nectar e visibiliza-lo traballo dos interesados por temas galegos no exterior. Ata 2004, Rutherford seguiu dirixindo as ditas xornadas, pero certos intereses políticos decidiron afastalas de tan egrexio académico a partir de entón. Espero que a sensatez permita corrixir tan lamentable erro.

427os estudos galegos mar por medio: os estados unidos e as illas británicas

Gabriel rei-doval

sos de doutoramento ó longo dos últimos anos. En todo caso, tanto de Estados Unidos coma de Inglaterra procede a avangarda do primeiro galicianismo nas institucións universitarias de fóra de Galicia.

Con certeza, este período dos estudos galegos precisa unha análise máis pormenorizada, que desde logo non poderei afrontar neste traballo. Con todo, e só para situa-las orixes do fenómeno, cómpre referírmonos á presenza de exi-liados galegos nas universidades norteamericanas trala Guerra Civil Española e as súas terribles consecuencias, que levaron a un importante éxodo, e non só de galegos, cara a diferentes destinos, entre eles os EEUU.

Así, e sen obvia-la pegada galega en Europa ou o exilio latinoamericano de Castelao e tantos outros galeguistas, coido atinado propoñer que, desde o punto de vista académico, foron os Estados Unidos os que acolleron máis intelectuais galegos de dedicación universitaria. É certo que Xosé Rubia Barcia escolleu Cuba para o seu primeiro exilio, e que Ramón Martínez López utilizou Portugal para a súa fuxida da barbarie franquista. Mais ámbolos dous, e algúns outros, acabaron tomando os Estados Unidos como país final de acollida. En efecto, nesa altura da historia norteamericana, comeza a producirse unha importante inmigración hispana –aínda incipiente– e iso favorece a entrada de persoal académica e in-telectualmente cualificado en departamentos, aínda non de Español, mais si de Linguas Estranxeiras ou Modernas. Os galegos eran vistos como candidatos idó-neos, fronte a unha Latinoamérica que en moitos países aínda estaba a forma-las súas elites académicas3.

Este contexto contribuíu á incorporación de académicos galegos exiliados á constitución mesma do hispanismo, e nalgún caso tamén do lusitanismo, nor-teamericano. No terreo dos estudos lusófonos, Ernesto Guerra da Cal obtivo un importante recoñecemento profesional. Neste mesmo sentido, debemos lembra-la contribución de Ramón Martínez López desde a prestixiosa Universidade de Texas-Austin, do antes mencionado Emilio González López na Universidade da Cidade de Nova York e do mugardés Xosé Rubia Barcia na Universidade de California en Los Angeles. Os catro compartían a condición de exiliados e mailo sentimento galego –e nalgúns casos tamén galeguista.

3 Entre as cales, con todo, tamén haberá achegas importantes desde España. Lembremos, por exemplo, a contribución de J.M. Lope Blanch á constitución da lingüística mexicana a través do seu labor na uNAM e no Colegio de México.

428a lingüística galega desde alén marlingua e estudos galegos no exterior

Non vou mergullarme na análise polo miúdo da achega destes catro autores, que de certo precisa aínda un estudo pormenorizado4, e quixera ademais salientar que outros académicos galegos traballaron e contribuíron tamén a esta historia aínda non escrita. En todo caso, tentarei trazar, aínda que só sexa de xeito só impresionista e telegráfico, o seu lugar dentro do ‘galeguis-mo’.

Os catro, acubillados en universidades de prestixio, compartiron cando menos unha preocupación por esa entidade diferenciada que chamamos Galicia. Quizais fose Ramón Martínez López quen catalizase estes intereses nunha visión máis claramente nacionalista. Non en van estivera implicado na constitución do Partido Galeguista antes de 1936, e sintomaticamente tamén trala súa xubilación na Galicia preautonómica. E foi tamén o máis “galeguista” nos seus intereses aca-démicos: como profesor de Austin editou varios textos medievais galegos, entre outras contribucións. Mais non creou escola nin deixou, que eu saiba, “descen-dencia académica galeguista” nos EEUU. Por outra banda, Rubia Barcia, instala-do primeiro en Nova York e despois consolidado en California, amosou interese por Galicia en múltiples aspectos, tanto na creación literaria –puntual, é certo– en galego, coma na análise de diversos escritores galegos. A súa visión, sempre vinculada á perspectiva da esquerda española, deu certa visibilidade ás cuestións galegas e espertou interese por elas mesmo entre hispanistas non galegos máis novos, como o madrileño Víctor Fuentes.

Ernesto Guerra da Cal, que acadou unha importante consideración como lusitanista nos Estados Unidos e fóra deles cos seus estudos sobre Camões, tivo unha importante repercusión na Galicia das últimas décadas, en boa medida pola súa adscrición á órbita reintegracionista galega5.

Finalmente, Emilio González López posibilitou, como dixen, a creación da primeira “cátedra de estudos galegos” estadounidense a comezos dos 80, can-do non existían aínda plans semellantes noutros lugares do mundo. Don Emilio non profesaba un galeguismo precisamente ‘canónico’ (como queira que defi-namos tal cánon), mais as repercusións de crearse a dita Cátedra serían impor-

4 Malia as contribucións aparecidas nos últimos tempos. Cfr. o iluminador traballo de Víctor Fuentes (2004)

5 Neste sentido, quizais poidamos dicir que Galicia era importante para Guerra da Cal na medida en que a nosa cultura era parte da “lusofonía” e o seu impacto no mundo.

429os estudos galegos mar por medio: os estados unidos e as illas británicas

Gabriel rei-doval

tantísimas, non só por estar adscrita á emblemática cidade de Nova York, senón tamén porque –andado o tempo– tería como sucesor na dirección da cátedra a Xoán González Millán, o gran renovador dos estudos literarios galegos contem-poráneos na transición entre os séculos XX e XXI.

E deixo aquí esta cuestión dos antecedentes do galicianismo norteameri-cano, tan necesitado dunha análise máis detida e pormenorizada, para referirme, tamén brevemente, ó período autonómico.

2. Os estudos galegos no período autonómico galego

No proceso de “espectacularización” do galicianismo académico nor-teamericano cómpre mencionar tamén outro feito fundamental: a creación na década dos 80 da Asociación Internacional de Estudos Galegos (AIEG) na costa leste estadounidense, onde se celebraron os tres primeiros Congresos, chamados “congresos galegos” ou “congresos de estudos galegos”, sen utilizar aínda a etiqueta ‘internacional’, que chegou no terceiro congreso, celebrado en Nova York6. Desde entón e ata agora, o Congreso non retornou a Norteamérica. En realidade, a existencia destes congresos e o feito mesmo da fundación da AIEG nos Estados Unidos foi tamén posible grazas á vitalidade que, en particular trala transición democrática española, tivo nos departamentos de linguas dos Estados Unidos a “cuestión autonómica” española, na que Galicia encaixaba perfecta-mente, axudando así a impulsar unha imaxe máis moderna e plural de España, e polo tanto a supera-la resesa e lamentable pegada da ditadura franquista, que en nada beneficiaba a imaxe do hispanismo norteamericano.

Como dixen, o congreso de Nova York de 19917 foi o primeiro realmente internacional, e supuxo un auténtico ‘turning point’, na medida en que atraeu máis ca nunca estudosos do outro do Atlántico, e asemade porque o grupo im-pulsor deixou de estar localizado unicamente nos Estados Unidos para incluír investigadores doutros países. Resultado desa re-conexión entre as dúas beiras do

6 Eses “Congresos Galegos” foron organizados por: Kathleen March, na university of Maine-Orono (1º Congreso, 1985); Antonio Carreño, na Brown university (2º Congreso, 1988) e Xoán González Millán, na City university of New York (3º Congreso, 1991).

7 Entre os celebrados, o único do que, lamentablemente, non posuímos actas.

430a lingüística galega desde alén marlingua e estudos galegos no exterior

Atlántico, é o IV Congreso, celebrado en Oxford en 1994, que encarna como poucas o referido espírito “mar por medio” impulsado por John Rutherford, en colaboración con Xoán González-Millán.

Este proceso de espectacularización dos estudos galegos coincide tamén no tempo co inicio das devanditas Xornadas Mar por Medio, organizadas por Rutherford en Ribadeo a partir de 1992, nas que, ano a ano, van pasando por Galicia diferentes profesores e investigadores, sobre todo do mundo anglófono, para comparti-las súas reflexións e investigacións sobre Galicia.

Por outra banda, e volvendo á creación de Centros de Estudos Galegos, cómpre recoñecer que o proceso se viu favorecido polo feito de que a comezos dos anos 90 a Dirección Xeral de Política Lingüística, por iniciativa do harmónico Manuel Regueiro, estaba a potencia-la masiva creación destes centros no mundo, política expansionista que se prolongou baixo sucesivos gobernos populares ata a destitución do equilibrado Regueiro.

Neste contexto, e inmediatamente despois da creación do Centre oxonien-se, tamén en 1991, o profesor David Mackenzie funda o Seminario de Estudos Galegos na Universidade de Birmingham. Máis adiante, tralo traslado de Mac-kenzie á irlandesa Universidade de Cork en 1996, créase un terceiro centro nas Illas, mais nesta época están xa a funcionar moitos outros arredor do mundo. Mediada a década dos 90, xorde tamén o Centro de Estudos Galegos na Uni-versidade de California en Santa Bárbara, tralas sempre eficaces xestións de Xoán González Millán desde Nova York.

Como feito recente, e cando digo recente refírome ó ano académico 2006-07, cómpre salientar que se acaban de crear dous novos Centros de estu-dos galegos nas Illas Británicas, na escocesa Universidade de Stirling, dirixido por Craig Patterson, e na galesa University of Wales en Bangor, dirixido por Helena Miguélez Carballeira.

E non se pode esquece-la contribución realizada desde outras universida-des, tanto británicas como norteamericanas, onde segue a expandirse o ensino da cultura e os estudos galegos, entre os cales eu destacaría a iniciativa de Kirsty Hooper na University of Liverpool ou o traballo que vimos realizando nos úl-timos anos na University of Wisconsin-Milwaukee. E a lista, afortunadamente, non acaba aquí.

431os estudos galegos mar por medio: os estados unidos e as illas británicas

Gabriel rei-doval

3. O ensino da lingua, a literatura e a cultura galegas nos programas académicos das illas Británicas e os estados Unidos

A pesar de existiren diversas universidades onde se poden realizar estudos galegos, a situación non é en absoluto homoxénea, nin no contexto británico nin no norteamericano. Referireime brevemente a esta cuestión.

Na Universidade de Oxford, Lingua e Cultura Galegas son materias pre-sentes no plan de estudos, mais na maior parte dos casos non contan para o expediente académico nin se realizan exames delas; por iso, o número de alum-nos adoita ser reducido. Porén, Oxford é a Universidade na que máis teses de doutoramento de tema galego se defenderon desde 1990 no mundo anglófono (concretamente 4), e ademais funcionou como polo de atracción de estudantes doutras universidades, tanto británicas coma norteamericanas.

A Universidade de Birmingham formou en temas galegos varias ducias de alumnos de licenciatura nos últimos quince anos, mais só unha alumna galega acabou e outro está a acabar alí a súa tese de doutoramento8.

En canto ó University College de Cork, en Irlanda, as clases de lingua e cultura galegas (que comezaron hai a penas 10 anos) son relativamente popula-res, e no último lustro superáronse mesmo os 10 alumnos por grupo. En canto á produción de investigación, realizáronse arredor de media ducia de teses de licenciatura, e nestes momentos Martín Veiga está a piques de defender nesta universidade (sen dúbida, estará xa defendida cando este traballo se publique) a súa tese de doutoramento baixo a supervisión de David Mackenzie, director do Irish Centre for Galician Studies.

Entrementres, nos Centros de Estudos Galegos existentes nos Estados Unidos (Nova York e Santa Bárbara), a situación é sensiblemente diferente. En primeiro lugar, porque non existe a figura de lector/a de lingua galega e, en parte relacionado con isto, porque non se imparten de xeito regular cada ano cursos de lingua, cultura e/ou literatura galegas como parte dos programas de licenciatura. No caso de Nova York, na cátedra de estudos galegos impártense unicamente clases de doutoramento ou ó nivel graduado, normalmente sobre temas de corte literario, ó esta-la Cátedra neoiorquina adscrita ó Graduate Center (centro uni-

8 Non computo aquí aquelas persoas que realizan a súa investigación sobre autores galegos da litera-tura española como Valle-inclán.

432a lingüística galega desde alén marlingua e estudos galegos no exterior

versitario dedicado ós estudos graduados e de doutoramento) e non a un College ou Universidade con programas de licenciatura. Nos últimos anos defendeuse alí a tese de doutoramento de Álex Alonso, dirixida por Xoán González Millán, e al-gunhas outras teñen incorporado temática galega en visións comparadas. Porén, a capacidade de atracción desta universidade e de González Millán, converteron o Graduate Center da CUNY nun centro de referencia para a investigación en Literatura galega nos anos 90 e nos comezos da presente década.

No que se refire á Universidade de California en Santa Bárbara, optouse por impartir materias dos últimos anos de licenciatura (‘upper division courses’) creados con etiquetas tipo “temas hispánicos”, nas que (se, como sucede agora, existe o profesorado propio suficiente) poidan ensinarse temas monográficos de literatura e cultura galegas. En canto á produción académica, ademais da achega de profesores desta universidade como Silvia Bermúdez, Víctor Fuentes ou Tim McGovern, algúns estudantes de doutoramento veñen realizando e publicando traballos sobre cuestións literarias galegas diversas.

En definitiva, nas Illas Británicas os resultados son relativamente mode-rados en canto a estudantes de licenciatura, mentres nos EEUU neste nivel a situación é aínda máis modesta. Entrementres, no caso dos estudos graduados a situación é relativamente equiparable nas dúas bandas. Se cadra, poderíase dicir que Oxford conseguiu crear máis doutores con especialización galega ca ningun-ha outra universidade, dous dos cales (Craig Patterson e Kirsty Hooper) abriron ademais novos camiños para os estudos galegos en Inglaterra, incrementando a rede de galicianistas das Illas británicas.

Outra das diferencias entre a situación británica e a norteamericana radica na importancia do español como lingua da docencia nesa área curricular. Nos programas de español das universidades estadounidenses, as materias impártense case sempre en castelán, tanto na área de lingua coma nas de lingüística, litera-tura, estudos culturais, etc. Unicamente aquelas clases que non contan para o ‘major’ ou programa de español, e que pretenden captar estudantes de fóra dos programas (pex. Estudos Internacionais, Arte, etc.), son impartidas en inglés. Entrementres, en moitos dos programas de español ou ‘modern languages’ das Illas británicas esas mesmas materias son impartidas en inglés cando os profesores son anglofalantes nativos (unha parte considerable do corpo docente), e só os nativos imparten as súas clases en español. Isto supón que mentres nos Estados

433os estudos galegos mar por medio: os estados unidos e as illas británicas

Gabriel rei-doval

Unidos ensinar unha materia en galego iría en contra das políticas docentes de boa parte dos departamentos de español do país, nas Illas este non é ningún problema.

En relación en parte con isto, nas Illas Británicas existen materias per-filadas como ‘lingua e cultura/literatura galegas’ (I, II, III), mentres no caso norteamericano os cursos deben estar claramente perfilados ben como lingua/lingüística ben como estudos literarios/culturais. Por iso, o modelo híbrido lin-gua/literatura/cultura aplicado nas universidades británicas sería dificilmente exportable ós Estados Unidos.

4. Algunhas consideracións sobre a adscrición académica dos estudos galegos ás áreas de español e portugués

Outra cuestión relevante é a qué área deberían adscribirse as materias gale-gas nos programas académicos anglo-norteamericanos, e en qué departamentos adoitan traballa-los docentes interesados por elas.

En canto ó perfil dos galicianistas no exterior, e moi especialmente nas Illas Británicas ou os Estados Unidos, paréceme que non existen moitas opcións. O (case) único lugar son os Departamentos universitarios de español e portugués. Son fabas contadas os casos de galegos contratados en departamentos de, poña-mos por caso, Filosofía ou Economía. E, nos contados casos en que iso sucede, tales profesores asumen que non encaixa no seu perfil académico ensinar temas do estilo de Filosofía Galega ou Economía de Galicia. En realidade, practica-mente nunca acontece isto fóra do ámbito da lingua, a literatura e os estudos culturais9.

A razón disto está relacionada coa percepción existente nesas universida-des: Galicia para eles constitúe politicamente o extremo noroeste de España. E esta reflexión conecta a análise dos estudosos coa dos estudos. Un académico anglo-norteamericano só aceptaría unha materia perfilada como “galega” nun departamento de linguas. Semella difícil, a día de hoxe, que un departamento norteamericano (diferente dos de linguas) chegase a aprobar unha “Historia de Galicia”, ou que un británico ou irlandés aceptasen nos seus programas cursos de

9 Por moito que existan eminentes xeógrafos preocupados por Galicia en irlanda ou especialistas en arte galega nos Estados unidos.

434a lingüística galega desde alén marlingua e estudos galegos no exterior

“Cine galego” ou “Música galega” (salvo que nalgún momento a industria au-diovisual galega comezase a rivalizar coa hollywoodense ou que a música galega competise co pop anglófono). E, con certeza, as posibilidades fóra das humani-dades son inexistentes.

Nun traballo destas características non me podo estender con máis detalle sobre esta cuestión, mais quixera referirme, cando menos brevemente, á visibi-lidade e posibilidades de proxección que nos pode ofrecer ós galegos a área dos estudos lusófonos neste contexto anglo-norteamericano.

Na miña experiencia profesional, tanto nos Estados Unidos coma nas Illas Británicas, só encontrei dificultades para ubicar materias de lingua, literatura e cultura galegas nos programas de portugués. Entre as causas desta situación en-cóntranse as seguintes: en primeiro lugar, con frecuencia os estudos luso-brasi-leiros perciben como unha ameaza calquera intento de etiquetar como galegos fitos culturais que eles consideran portugueses (na Universidade de Oxford, por exemplo, os galegos non podemos ensina-los cancioneiros medievais, porque ese é territorio do Departamento de portugués, que alí é diferente de Español, a onde está adscrito o galego); en segundo lugar, en moitas universidades –nomea-damente as norteamericanas– con estudos luso-brasileiros, a parte peninsular na que encaixarían Galicia, ou é testemuñal ou non existe; terceiro, existe un sen-timento de compartimentación e blindaxe das áreas académicas, favorecido con frecuencia por un descoñecemento total da conexión lusófona de Galicia e da súa importancia no mundo ibero-americano contemporáneo. En cuarto lugar, para os estudantes resulta difícil atopar conexións entre Galicia e o mundo lusófono máis aló do período medieval, e o entusiasmo reintegracionista non adoita resul-tarlles substancial no conxunto da lusofonía nin supón ningún tipo de contrapeso que lles axude a adscribirnos ós galegos claramente a esta área. Finalmente, o ensino do galego, for como variedade for como lingua de seu, supoñería outro elemento máis de discordia, xa que os profesores de portugués probablemente o percibirían como unha pexa na aprendizaxe dese idioma: na planificación das aulas de lingua portuguesa impartidas no ámbito anglófono xa existe a non sempre doada decisión de optar pola variedade brasileira ou a portuguesa10.

10 Existen manuais, como Ponto de Encontro (2007), que mesmo ofrecen a posibilidade de que o profe-sor escolla, dentro do mesmo libro de texto, entre a variedade brasileira ou a peninsular.

435os estudos galegos mar por medio: os estados unidos e as illas británicas

Gabriel rei-doval

Persoalmente, coido que esta negativa a ensina-la nosa lingua produciríase tanto se propuxésemo-lo galego como unha variedade do portugués (por conflito coa variedade peninsular e brasileira) coma se o ensinásemos como lingua de seu (para moitos supoñería unha ameaza á aprendizaxe eficaz e sen interferencias do galego).

Por outra banda, non estou certo de ata qué punto sería rendible para os galegos termos como primeira adscrición un programa (o de portugués) que é claramente minoritario respecto ó de español, tanto nos Estados Unidos coma nas Illas Británicas, e que polo tanto ofrecería unha menor visibilidade no coxun-to da universidade correspondente.

Malia a ser consciente de todos estes inconvenientes, na nosa universi-dade aprobamos en 2005, por iniciativa miña, unha materia de Cultura galega para estudantes do programa de portugués (tentando tamén atraer estudantes de Estudos Celtas). Mais a clase acabou cancelándose por falta de alumnos. Como dixen, os números dos programas de portugués son baixos e o galego non forma parte dos seus intereses principais.

En todo caso, cos argumentos anteriores non pretendía varre-los estudos galegos das áreas de portugués das universidades anglo-norteamericanas, senón simplemente deitar un pouco de realismo sobre un posible “reintegracionismo académico exterior”. Porque, por outra banda, situar materias sobre Galicia nos programas de portugués, alomenos nos Estados Unidos, supón poder imparti-las aulas en inglés e, polo tanto, visibilizarnos e permitir que esas materias poidan escollerse tamén desde outras titulacións nas que o inglés é a única lingua da docencia. O ideal sería introducir temáticas galegas nos dous programas (español e portugués), avaliando que é máis estratéxico en cada caso e, se for posible, combina-las dúas opcións.

Existen, sen dúbida, outras cuestións relevantes que merecerían atención nun traballo destas características, en particular a proxección internacional dos estudos galegos a través de áreas curriculares como a latinoamericana, estudos celtas e atlánticos, estudos culturais, postcoloniais e algúns outros. Tamén resul-taría de interese analiza-las estratexias para incrementa-las redes de galicianistas nos EEUU, as actividades do Grupo González-Millán de Estudos Galegos, fun-dado en 2003 no seo da AIEG, ou os problemas relacionados coa creación de lectorados de galego nos EEUU. En todo caso, esta breve descrición de temas

436a lingüística galega desde alén marlingua e estudos galegos no exterior

aínda pendentes posiblemente permita intuí-la amplitude e relevancia destas aná-lises mar por medio, que agardo poder seguir ampliando e matizando nun futuro próximo.

Referencias bibliográficas

Fuentes, Víctor (2004). “Constantes galegas do desterro intelectual en Nortea-mérica”, Grial 163, 38-49.

Klobucka, Anna, Clémence de Jouët-Pastré, Patrícia Isabel Sobral, Maria Luci de Biaji Moreira & Amélia P. Hutchinson (2007). Ponto de encontro: Portu-guese as a World Language. Nova Jersey: Prentice Hall.

437a lingüística galega desde alén mar

Relación de autores/as de A lingüística galega desde alén mar

Noemí ÁlvAREz vIllARTeléfono: +34 657333262Enderezos electrónicos: [email protected], [email protected]

Carlos Caetano BISCAíNHO FERNANDESEnderezo: Camiño da Regueira nº 23, Portal 4, 1º A – 15009 A Coruña Teléfono: 625 682425. E-mail: [email protected]

xurxo FERNÁNDEz CARBAllIDORúa do Galleiro, 139. Vilar de Infesta. 36815 Redondela (Pontevedra) Universitat Oberta de Catalunya Av. Tibidabo 39-43 – 08035 BarcelonaTeléfono: +34 678553552 E-mail: [email protected]

María Pilar gARCíA NEgROAvenida de Arteixo, nº 67-5º, porta I. 15007 A CoruñaTeléfono: 981 235650 E-mail: [email protected] e [email protected]

Rosa virgínia MAttOS E SIlvAInstituto de Letras/UFBA/CNPq. Av. Geremoabo, Ondina, Brasil Av. Sete de Setembro, 1070, apt. 41, Mercês, CEP 40060-002, Salvador, Bahia, Brasil. Teléfono: (71) 3329-4529 E-mail: [email protected]

Mª Soraya DOMíNguEz PORtElAPontellas, Outeiro, Cruz nº 8. 36412 O Porriño (Pontevedra) Teléfono: 986 335702 E-mail: [email protected]

Eloi gEStIDO DE lA tORREUniversidade de Vigo. Facultade de Filoloxía e Tradución, Campus universitario das Lagoas, Marcosende, E-36200 Vigo Teléfono: +34 986 812 358 E-mail: [email protected]

Ana ACuñA tRABAzOUniversidade de Vigo. Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte, Campus universitario de Pontevedra. Teléfono: +34 986 801 709, fax +34 986 801 701 E-mail: [email protected]

438 a lingüística galega desde alén mar

Aitor RIvAS RODRíguEzUniversidade de TübingenCentro de Estudos Galegos. Romanisches Seminar. Tübingen Universität. Wilhelmstraβe, 50. 72070 – Tübingen (Alemaña)Teléfono: +49 17627430158/ +49 70712975754E-mail: [email protected]

Patricia BuJÁN OtEROUniversidade de Vigo. Facultade de Filoloxía e TraduciónCampus das Lagoas-Marcosende. E-36200 Vigo, GaliciaTeléfono: +34 986 812369. Fax +34 986 812380 E-mail: [email protected]

xosé Ramón FREIxEIRO MAtORamón y Cajal 3-4º esqda. 15006 A CoruñaUniversidade da Coruña, Facultade de Filoloxía, Campus da Zapateira s/n15071 A Coruña Teléfonos: +34 981 292160 (particular), +34 981 167000 ext. 1736 (Universidade) Fax: +34 981 167151 E-mail: [email protected]

xosé Manuel SÁNCHEz REIRúa Pascual Veiga, nº 48-50, 4º esquerda. 15011 A CoruñaUniversidade da Coruña Facultade de Filoloxía. Campus da Zapateira, s/n15071 A Coruña Teléfonos: +34 607 948 232 (particular)/ +34 981 100 700, ext. 1753 (traballo)E-mail: [email protected]

Rosario ÁlvAREzInstituto da Lingua Galega. Universidade de Santiago de Compostela15782 Santiago de Compostela Teléfono: 981 563100, ext. 12810. Fax. 981 572770 Correo electrónico: [email protected]

valéria gil CONDÉUniversidade de São Paulo, Faculdade de Letras, DLCV. Rua Luciano Gualberto, 403. Cidade Universitária. 05508-900. São Paulo, S.P. Brasil Teléfono: +55 11 3091 4294 E-mail: [email protected]

xoán lóPEz vIñASR/ Ría de Ferrol, 2 - 3º. 15142 Arteixo (A Coruña)Universidade da Coruña. Facultade de Filoloxía. Campus da Zapateira, s/n15071 A CoruñaTeléfonos (part.): 665 261 040 / 981 602 541 – Tel. UDC: 981 167 000 E-mail: [email protected]

439a lingüística galega desde alén mar

Jacyra Andrade MOtA Universidade Federal da Bahia/CNPqTravessa Aimoré, 13. Itapuã. Salvador. Bahia. Brasil. CEP: 41.610-490Universidade Federal da Bahia – Rua Barão de Geremoabo, s/n – Campus de Ondina 40170-290 Salvador. Bahia. Brasil Teléfono: +55 71 3375 2586 E-mail: [email protected]

Suzana Alice Marcelino CARDOSORua da Curva Grande, 44. Garcia. Salvador. Bahia. Brasil. CEP: 40.100-340Universidade Federal da Bahia – Rua Barão de Geremoabo, s/n – Campus de Ondina 40170-290 Salvador. Bahia. Brasil Teléfonos: +55 71 3328 4062; 55 71 328 3062 E-mail: [email protected]; [email protected]

Raquel RODRíguEz PARADARúa Xesteira 21, 3ºI. Bertamiráns. 15220 Ames (A Coruña). Praza da Universidade 4. 15782 Santiago de Compostela Teléfono: 617 81 76 42 E-mail: [email protected] / [email protected]

Antónia vieira dos SANtOSInstituto de Letras, Universidade Federal da Bahia, Rua Barão de Jeremoabo, 147Campus Universitário de Ondina, 40.170-290 – Salvador – BA Teléfono/Fax: +55 (71) 3263 6256 E-mail: [email protected]

Maria do Amparo tavares MAlEvAlRua 15, Quadra 82, Lote 10. Camboinhas. Niterói, RJ, Brasil CEP 24.358-00Universidade do Estado do Rio de Janeiro. Rua São Francisco Xavier, 524, sala 11.131, bloco F. Rio de Janeiro, RJ. Brasil CEP 20.550-013Teléfonos: (+55 21) 2619 4946 e 9829 6908 Teléfono/Fax (UERJ): (05521) 2587 7701 E-mail: [email protected]

gabriel REI-DOvAlUniversity of Wisconsin-Milwaukee. Department of Spanish and Portuguese. Curtin Hall, 709PO Box 413. Milwaukee, WI 53201-0413 (USA) Teléfono: +1 414 229 4912. Fax +1 414 224 4857 E-mail: [email protected]