"Literatura galega, un fenómeno proteico"

19

Transcript of "Literatura galega, un fenómeno proteico"

08 Dolores Vilavedra_02 3-Bouzada / Lage 14/01/14 10:21 Página 102

Literatura galega

Un fenómeno proteico

D O L O R E S V I L A V E D R A

Calquera ollada retrospectiva que pretenda describir e inter-pretar o desenvolvemento da literatura galega na segundametade do século XX, grosso modo, apreciará de xeito nidio

cando menos dúas etapas ben diferenciadas. Lonxe de min calqueraintención de establecer marcos cronolóxicos nestas páxinas, quepretenden ser máis especulativas ca categóricas, mais ninguén dubi-da que a fin da ditadura sinala un antes e un despois, fíxese esta dataen 1975, ano da morte de Franco ou, como eu prefiro, en 1980,data da aprobación do Estatuto de Autonomía de Galicia, de fondasrepercusións legais e simbólicas, como xa comentei noutras oca-sións (vid., por exemplo, Vilavedra 1999).

Un argumento irrebatible a prol desta división é o avance cuan-titativo que o sector editorial experimentou nas últimas décadas doséculo pasado: entre 1975 e 2003 editáronse máis libros en galegoca en toda a historia anterior do noso idioma, e en 1993 sobarda-mos por vez primeira a simbólica cifra dun millar de novidades edi-toriais por ano (Cabrera/Freixanes 2003: 136), aínda que tamén écerto que esa curva de crecemento se estanca e reduce na últimadécada, cuestión esta sobre a que teremos ocasión de volver. Unhaprimeira conclusión imponse logo, e é que o proceso de institucio-nalización do sistema literario galego se desenvolveu en paralelo áexpansión da súa industria editorial.

Se concordamos con aqueles que opinan (por exemplo, Fusi2000) que Galicia quedou notablemente marxinada do proceso deconstrución da chamada Transición, mentres España era absorbidapola inminente tarefa de construír unha nova identidade posfran-quista, podemos tamén aceptar que esa marxinalidade propiciou aasunción dun certo carácter periférico, non só en termos xeográficos,senón tamén no relativo á posición por nós ocupada na esfera públi-ca estatal. Ante isto, só en aparencia resultaría contraditorio que asociedade galega fixese da necesidade virtude para procurar que esaposición secundaria nos permitise, afastados da presión do centrodo sistema, actuar cunha certa autonomía e desenvolver innova-cións que atendesen a nosa propia singularidade. Congratulémonoslogo de confirmar o dito popular de que “non hai mal que por bennon veña”, e tentemos albiscar cales foron os elementos que aolongo das últimas décadas marcaron o desenvolvemento dese fenó-meno proteico que adoito coñecemos como “literatura galega” (ereparen en que venzo a inercia ao evitar á mantenta utilizar a xamanida expresión “sistema literario”, convertida entre nós en sinó-nimo de “mundo literario” e, polo mesmo, arestora totalmente

Dolores Vilavedra

é profesora do Departamento

de Filoloxía galega da Universidade de

Santiago de Compostela e membro

do consello de redacción de GRIAL

5 0 A N O S D E G R I A L

08 Dolores Vilavedra_02 3-Bouzada / Lage 14/01/14 10:21 Página 103

Editorial ou Urco), e explica o aparente paradoxode, que nestes tempos de crise, a AsociaciónGalega de Editores teña rexistrados eses corenta ecinco socios.

Algunhas mudanzas

Os intentos de profesionalizar os diversos axentesimplicados nos procesos de produción e recep-ción literaria deben ser interpretados como pasoscara a unha institucionalización que semellabaimprescindible para asegurar de vez a autonomíado sistema literario e liberalo da función resisten-te e reivindicativa que ata 1980 viñera desempe-ñando. Xusto nese ano constitúese a Asociaciónde Escritores en Lingua Galega, nun intre en quea profesionalización do escritor se anceiaba comopanacea para os nosos endémicos males. Curiosa-mente, a Federación de Libreiros de Galicia fun-cionaba xa dende 1976, sendo a primeira doEstado en constituírse. Todo un síntoma do valorsimbólico do libro en Galicia.

Secomasí, as mudanzas na imaxe e na funciónsocial dos diversos axentes literarios foron lentase non exentas de tensións e contradicións. Supú-ñase que consonte a literatura fose acadando uncerto nivel de institucionalización, o libro deixa-ría de ser un instrumento de normalización polí-tico-cultural para converterse nun obxecto deconsumo, mais a finais dos anos 80 aínda habíaeditores que seguían a considerarse “activistasculturais” e as súas empresas como “culturais,non mercantís” (vid. González-Millán 1994: 82-3), e no III Congreso de Escritores Galegos, cele-brado en 1995, o colectivo seguía a definirsecomo “un revulsivo normalizador” chamado a“evitar toda pretensión de neutralidade”1.

A convicción da necesidade de reformular aimaxe e función públicas do escritor, e de limitaras súas responsabilidades como articulador daidentidade colectiva (na medida en que comezabaa partillar esa responsabilidade con novas axenciassociais, tal a TVG ou a Radio Galega) veuse alen-tada por unha certa conciencia de ruptura xera-cional que se produciría a partir de 1980, tras ossucesivos falecementos dos que ata entón foranreferentes indiscutibles das nosas letras. Entre1976 e 1986 morreron Otero Pedrayo, Luís Seo-ane, Eduardo Blanco Amor, Celso Emilio Ferrei-ro, Álvaro Cunqueiro, Rafael Dieste e Ánxel Fole,o que determinaría acelerados reaxustes na xerar-quía que explican a vertixinosa canonización deautores tan distintos2 como Carlos Casares e X. L.

depreciada no seu significado digamos “técnico”ou conceptual).

A expansión editorial á que antes me referínsupuxo a proliferación de industrias que diversi-ficaron enormemente (estimuladas pola deman-da do mercado escolar) a oferta. En 1979 fun-douse Edicións Xerais, en 1981 Sotelo BlancoEdicións, en 1985 Ir Indo, en 1987 A NosaTerra, e así ata acadar os corenta e cinco mem-bros dos que actualmente consta a moi activaAsociación Galega de Editores. Para un país quenon chega aos tres millóns de habitantes, e cuxosíndices de lectura non se atopan precisamenteentre os máis elevados de Europa, non está nadamal… Os defensores desta proliferación deempresas editoriais alegan razóns de democraciacultural; os seus detractores queixámonos daescasa calidade que ás veces, e por mor desa buli-mia editora, ofrecen os catálogos, e das eivas noacabado material dos libros, a miúdo cativos dedeseño e inzados de grallas. Na actualidade,semella que o mercado tocou teito: a análiseanual dos datos achegados polo ISBN permítelleconcluír a Manuel Bragado que “dende 2004aquel crecemento da edición e das vendas, quesemellaba imparable primeiro, foi minorando e apartir de 2009 interrompeuse” (2013: 12); aopeche destas páxinas, os datos do estudo do“Comercio interior del libro en España” confir-man a tendencia á baixa: en 2012 a edición lite-raria en galego diminuíu o número de títulosnun 7,12 por cento, un 36 por cento o de exem-plares e un 6,69 a facturación. Para Bragado, ascifras confirman que o sector da edición en gale-go non consegue superar as cifras de 2007 e2008, ata agora os mellores anos da súa historia(vid. http://bretemas.com/onte-752-cifras-da-edicion-galega-en-2012-i/).

A saída a esta situación de deterioro paulatinosemella estar na produción especializada de obrasde calidade, tal Kalandraka (referente indiscuti-ble do libro infantil no ámbito estatal) ou Rino-ceronte (que paseniño está a elaborar un exem-plar abano de coidadísimas traducións). Sendooptimistas, no futuro albíscase un escenario noque operarán dúas ou tres grandes editoras (ben,o que en Galicia se entende por “grandes”…), eunha miríade de pequenos obradoiros case uni-personais, nalgúns casos vencellados a empresasde impresión dixital, que desenvolverán proxec-tos singulares destinados a públicos-diana moiben delimitados: isto xa está a acontecer (alén dasxa citadas, velaí casos como Morgante, El Patito

08 Dolores Vilavedra_02 3-Bouzada / Lage 14/01/14 10:21 Página 104

Méndez Ferrín, nacidos respectivamente en 1941e 1938, e a posterior de Suso de Toro e ManuelRivas (nacidos en 1956 e 1957), e rescatados porfin do perigoso limbo das “xoves promesas”.Neste senso, é ben relevante que fosen estes dousescritores os que apostaron con afouteza pola pro-fesionalización na escrita, tras solicitar unha longaexcedencia no seu posto como ensinante no casode Suso de Toro, e combinando a escrita exclusi-vamente literaria (chamémoslle así) coa xornalís-tica no caso de Rivas. Mais en abril de 2010 Susode Toro comunicaba no seu blog (http://susode-toro.blogaliza.org/2010/04/22/despidiendome/)a decisión de deixar de ser “escritor profesional,traballador autónomo” para retornar ao seu postode ensinante. Alén das valoracións individuaisque tal paso puidese inspirar, boa parte da opi-nión pública interpretouno como unha sorte depeche dun ciclo, ou a constatación dun certo fra-caso. Arestora sabemos que, efectivamente, enGalicia é imposible vivir só da escrita literaria,mais se cadra isto non é tan desexable como noloparecía naqueles distantes anos 80, cando case

No futuro albíscase un escenario

no que operarán dúas ou tres grandes

editoras e unha miríade de pequenos

obradoiros case unipersonais,

que desenvolverán proxectos singulares

destinados a públicos-diana

moi ben delimitados

Francisco Mantecón. S/t, 1981

1. Vid. a crónica do congreso no semanario A Nosa Terra 693, 28-IX-

1995.

2. Só en aparencia: as súas traxectorias amosan notables concomitan-

cias, como se demostra en Vilavedra 2007a.

08 Dolores Vilavedra_02 3-Bouzada / Lage 14/01/14 10:22 Página 105

todo semellaba ser posible. De novo, toca facer danecesidade virtude.

Nos anos 80 e 90 proliferaron as plataformasespecializadas na crítica e nos estudos literarios(aínda que máis ou menos vencelladas ao ámbi-to académico, como amosaban os consellos de redacción de revistas como Boletín Galego deLiteratura ou Anuario de Estudos Literarios Gale-gos, por citar só un par de exemplos), mais sem-pre foron contados (e inestables, e pouco visi-bles) os espazos dedicados nos medios decomunicación de masas a publicitar e comentaras nosas obras literarias. Esta situación non fixomáis que perpetuar a elitización case endémicada nosa literatura, asfixiada nun circuíto de produción-recepción altamente endogámico eminoritario. As diversas iniciativas xurdidas naRede queren paliar ese déficit informativo, maissen grande éxito cuantitativo, na miña opinión.As bitácoras de Eyré (Ferradura en tránsito),Ramón Nicolás (Caderno de crítica) ou ArmandoRequeixo (Criticalia), así como no seu día a dofinado Marcos Valcárcel (As uvas na solaina), oua utilísima Brétemas, do editor Manuel Bragado,seguen a ser nichos de minorías —máis oumenos amplas— interesadas na materia, peronon resultan eficaces para facer visibles e atracti-vas as nosas letras entre novos sectores sociaisonde poidamos incrementar a base lectora. Paraesta tarefa seguen a ser imprescindibles espazosespecíficos en medios xeneralistas, tal o Diariocultural da Radio Galega ou o suplemento “Faroda cultura”, que semanalmente publica Faro deVigo. Non nos enganemos: só conquistando par-celas nos devanditos novos sectores poderemoschegar ao gran público, un caladoiro no que esta-mos obrigados a pescar se non queremos morrerde esterilidade e autocompracencia.

Boa proba do elevado grao de intervencionis-mo institucional no desenvolvemento da literatu-ra galega foi a proliferación de premios literariosorganizados e financiados por entidades públicasnos anos 80 e 90. Hoxe, xa no devalar daquelamaré, e a modo de balance, pódese afirmar queeses premios foron ben útiles para a proxeccióndas nosas letras, aínda que o elevado do seunúmero fose en detrimento da súa utilidadecomo indicadores da calidade dos textos galardo-ados. Unha análise polo miúdo desa dinámicaresulta moi ilustrativa das tensións que ao longodesas décadas se deron entre os distintos xénerosliterarios pola conquista da hexemonía, sobretodo entre a poesía, ata entón a modalidade fun-

dacional, e polo tanto canónica case por defini-ción, e a narrativa, a grande aposta dos diversosaxentes literarios nesta etapa, xa que se lle atribu-ía un ilusionante potencial para a modernizacióne normalización da literatura galega, e para aconquista dese Santo Grial que parecía ser o granpúblico. Que o Premio Xerais de novela, promo-vido por unha empresa privada, estea a piques decumprir trinta anos (comezou a convocarse en1984), semella case un milagre. E o feito de quese convoque baixo o lema “A forza dos lectores”é todo un síntoma de ata que punto esa figura —a do lector— é imprescindible para que amaquinaria literaria siga a funcionar.

Na procura dun público lector

Cómpre logo preguntármonos quen é ese todo-poderoso lector (iso tentei facer en Vilavedra2007b). Fáltanos un perfil de quen son os quelen libros en galego —alén das persoas que o fanpor obriga no ámbito escolar—, sabemos poucoou nada dos seus gustos, nin do que len noutraslinguas. A do público lector é unha categoríaanalizada sempre, no eido da literatura galega,dende a ansiedade cuantitativa, se cadra porquesempre estivemos máis preocupados por venderlibros ca por fidelizar públicos.

Se botamos un chisco a vista atrás descubri-mos que a mediados do século XIX tivo lugar enEuropa, e nomeadamente no espazo lingüístico-cultural alemán, unha auténtica revolución cul-tural (Wittmann: 438) propiciada pola expan-sión dunha auténtica “epidemia lectora”colectiva. En 1796, o pastor de Erfurt Johann R.Gottlieb Beyer describía deste xeito tan gráficoesa situación:

Lectores e lectoras de libros que se erguen e se dei-tan co libro na man, que con el sentan á mesa, que nin durante as horas de traballo se afastan del, que por el se fan acompañar nos seus paseos eque, unha vez comezada a lectura, non son quende deixala ata o seu remate […]. Ningún afeccio-nado ao tabaco, ningunha adicta ao café, ningúnamante do viño, ningún xogador depende tantoda súa pipa, da súa botella, da mesa de xogo ou docafé coma eses seres ávidos de lectura dependendos seus cartapacios (cito por Wittmann: 438).

Desculpen a extensión da cita, mais seméllameacaída, pois abonda con substituírmos termoscomo “libro” ou “cartapacio” por “dispositivo

08 Dolores Vilavedra_02 3-Bouzada / Lage 14/01/14 10:22 Página 106

electrónico de calquera caste” para termos unhadescrición case exacta do que acontece coa lectu-ra… douscentos anos despois. Secomasí, o inte-rese do paralelismo entre a revolución lectora quetivo lugar na Europa do século XVIII e a Galiciaactual radica no feito de que tras condutas tanrechamantes subxace un auténtico cambio doparadigma lector, que pasa da “lectura repetitivaintensiva durante toda unha vida dun pequenocanon común de textos coñecidos que non dei-xan de interpretarse [a] un comportamento lec-tor extensivo que pon de manifesto dun modomoderno, laicizado e individual, certa avidez porconsumir un material novo, máis variado e, enparticular, por satisfacer o desexo de entreterseprivadamente” (Wittmann: 439). Non lles soaesta conduta? Non se identifican con esa avidezescapista? Cambiaron tanto, ou tan pouco, os suxeitos lectores e as súas actitudes? Perante osnovos modos de lectura, debemos ser apocalípti-cos ou integrados?

Se non é doado saber quen le, tampoucotemos moita información sobre os gustos de quen o fai, alén do que arriscadamente sepoida deducir das cifras de vendas, pouco fiablesnesta cuestión. O desprestixio do galeguismoentre a sociedade civil, en boa medida atribuíbleao reiterado fracaso das opción políticas naciona-listas, afastou o gran público do que se interpretacomo o canon literario dun determinado gruposocial3. Ante isto, a literatura galega optou, benpolo atrincheiramento numantino en células sec-tarias cuxos membros se retroalimentan nun pro-ceso de subsistencia basal, ben pola proliferaciónde proxectos singulares, se cadra de gran valorartístico mais de mínima repercusión social.

A isto hai que engadirlle a perda de funcio-nalidade do tradicional canon literario, poten-ciada polos novos curriculae escolares onde, deprimaria a bacharelato, case desapareceron ostextos de lectura obrigatoria común, substituí-dos en moitos casos por obras máis ou menosbanais, destinadas sobre todo a incrementar acompetencia lingüística e decodificadora doestudantado. As consecuencias deste proceso, entermos de perda de elementos tradicionais decohesión social son evidentes, moi visibles paraos que levamos décadas ensinando na universi-dade disciplinas literarias, mais quero aquíapuntar brevemente un outro efecto colateralque se cadra pode estarnos a pasar desapercibi-do: refírome a que tamén dende a escola se estáa fomentar unha lectura light, dispersa e en boa

3. Isto é perfectamente compatible co éxito dun autor como Manuel

Rivas, visto como un outsider precisamente pola súa non explícita filia-

ción partidista, polo seu vencello con organizacións civís (Nunca Máis,

Greenpeace…) e mesmo pola súa privilexiada posición no ámbito cultu-

ral español, todo o cal o converte en patrimonio común da cidadanía

galega.

4. Entre os séculos III e V, cando o cristianismo impuxo o seu canon

fronte ao da cultura pagá, e nos XIV-XV, cando o humanismo rexeitou a

cultura escolástica.

08 Dolores Vilavedra_02 3-Bouzada / Lage 14/01/14 10:22 Página 107

radical inversión de roles nas categorías básicas dacomunicación humana afectará —estao a facerxa— a iso que no futuro chamaremos literatura.

De onde vimos, cara a onde imos?

Cando unha bota a ollada cara atrás para vercomo evolucionaron as letras galegas nas cincoúltimas décadas, non pode facelo sen que lleentren ganas de estarricar o pescozo, ou de probara exercer de sibila, para adiviñar como serán alópolo ano 2063. Existirá daquela algo ao que se llepoida chamar xenericamente así? Cambiará oconcepto de obra polo feito de que se poida acce-der só a fragmentos (que vai ser, por exemplo, dolibro de contos?) ou con arquivos de música eimaxe a un tempo? Faranse maiores os escritoresgalegos e apostarán pola edición dixital?

Certamente, a literatura galega atópase ares-tora en risco de ser diluída pola obrigada decons-trución das antigas categorías que impón a identidade líquida do dixital. Por fin empezaba-mos a gozar da estabilidade que produce amaquinaria sistémica cando funciona ben engra-xada e, xusto entón, todo empezou a mudar.Pouco durou a festa, dixeron algúns. Outros,pola contra, sentiron que a festa de verdade aíndaestaba por comezar. Dende esta miña dúbida,dende unha curiosidade irremediablemente con-denada á insatisfacción, enfío as seguintes consi-deracións e convídoos a que tiren vostedes as súaspropias conclusións.

Pero, houbo algunha vez “buenos tiempos para la lírica”?

Este campo, remiso ás mudanzas estruturais porser tradicionalmente o xénero de referencia iden-titario (pénsese no prestixio case arqueolóxico deque goza a nosa literatura medieval, ou Rosalía entanto escritora fundacional), non experimentounas últimas décadas cambios moito máis radicaisdos que puideron introducir, aló polos anos 70,grupos como Rompente. Neste senso, non seacaba de rachar co modelo de comunicación poé-tica tradicional, que a chamada xeración dos 80tanto fixo por consolidar. Serían os e as poetas dadécada dos 90 os que porían en cuestión os vellosparadigmas, postulando a autoría colectiva fronteao solipsismo autorial, levando o acto poético anovos espazos de difusión e, sobre todo, coa apos-ta masiva das mulleres pola creación poética cunproxecto verdadeiramente revolucionario, que

medida fragmentaria (un poemiña por aquí, uncontiño por alá…), xusto o que lle estamos areprochar á lectura dixital. Nun contexto así, asvellas concepcións de obra, sexa como singulari-dade ou como corpus, empezan a diluírse evaise preparando o escenario para a chegada dasnovas concepcións da textualidade xurdidas aoabeiro dos contornos dixitais.

Ás veces, a perda de relevancia social docanon literario débese á súa desaparición nosnovos programas académicos, máis “abertos” emenos ríxidos ca os de antes; noutros casos, esedesgaste prodúcese por cuestionamento directo,como aconteceu nas universidades dos EstadosUnidos dando orixe á reivindicación das culturasdas minorías que inspiraría os tan deostados (e,con todo, tan estimulantes) Cultural Studies. Sexacomo for, esa perda non ten que ser valoradanecesariamente como un problema, pois non haimal que por ben non veña. Como sinala Petrucci(1998: 537), na historia occidental hai candomenos dous momentos4 nos que o canon coñe-ceu un cuestionamento semellante ao actual, eeses momentos “foron paralelos ao nacemento denovos modos de produción dos testemuños escri-tos, de novos modelos de libro e de novas prácti-cas da lectura”. Cómpre non desbotar a idea deque xusto agora, xusto nós, esteamos a vivir undeses intres.

Ata tal punto é preciso repensarmos as vellascategorías da comunicación literaria que RoyHarris sostén que, nos novos contornos dixitais,mesmo a distinción entre lectura e escritura ten-derá a desaparecer. “Consonte o que escribe perdeo control exclusivo do espazo gráfico e a lectura seconverte nunha potencial reescritura, os papeis doescritor e do lector fúndense inevitablemente. O texto escrito convértese nunha rede de posibi-lidades semiolóxicas que se deben negociar”(1999: 220). As novas ferramentas teñen talpoder de innovación que, case sen decatármonos,están xa a erosionar “a distinción entre o verbal eo non verbal” e a redefinir “o noso concepto deunidades de comunicación”. Para Harris, e aíndaque poida semellar paradoxal, as novas tecnoloxí-as ofrecen “un xeito de comunicación que refutao mito da escritura como sistema de rexistro anci-lar respecto da fala. Reivindica[n] a concepciónda escritura como modo de comunicación suigeneris e proxecta[n] cara a un futuro no cal aescritura é o proceso esencial, sistematicamentecreativo, e a fala o simple comentario oral sobre ocreado pola escritura” (222). De certo que esta

08 Dolores Vilavedra_02 3-Bouzada / Lage 14/01/14 10:22 Página 108

contemplaba non só a relectura dos mitos (deAntígona a Penélope) co fin de elaborar unhaxenealoxía propia, senón tamén o obxectivo de re-apropiarse dun discurso empregado case en exclu-siva para a expresión masculina e, polo tanto, queprecisaba dunha urxente resemantización para serutilizado como ferramenta de comunicación axei-tada para as novas xeracións de creadoras.

Por se isto non fose abondo, a poesía galegaatópase arestora nunha nova fase expansiva, aoexplorar unha dimensión performativa que a faimáis acaída para os novos soportes, ao tempo quese beneficia das posibilidades hipertextuais que estes lle fornecen. Esta dimensión permítelleademais a estas novas poéticas hibridarse coamúsica, entendida agora non como unha lingua-xe-outra, senón como un ámbito no que de seuestán a acontecer, decote, verdadeiros actos poé-ticos. O textual resulta un xustillo demasiadoabafante para Estíbaliz Espinosa, María Lado,María Ruído ou Xiana Arias.

O certo é que non me sorprende moito acaída sistemática do número de títulos de poesíaque se editan cada ano: se en 2011 as novidadeseditoriais de poesía e teatro eran (contabilizadaspor xunto) 63, en 2012 eran 52. Mais cómprenon alarmarse: sería precipitado concluír que ámocidade non lle interesa a poesía, e vexan antesde clamar ao ceo de quen son algunhas letras deAtaque Escampe. Ou pídanlles ás súas fillas efillos que lles traduzan algunhas letras de gruposcomo Bring Me The Horizon ou The Color

Morale (mesmo Sleeping with Sirens ou All TimeLow, se prefiren algo máis convencional) e fica-rán tranquilos. Só se trata dunha mutación, maisa poesía segue aí, nos seus iPods e teléfonos. Quenon cunda o pánico.

(Sobre)vivimos do conto?

Na historia do teatro galego do último medioséculo hai dous fitos fundamentais: a organizaciónna década dos 70 do concurso de textos e da mos-tra de espectáculos promovida en Ribadavia polaAsociación Cultural Abrente, modelo da eficaciada iniciativa cívica e verdadeira canteira de profesionais, e a posta en marcha en 1984 doCentro Dramático Galego. Este acabou por serunha mala imitación do que podería ser un teatronacional “de verdade”, malia os esforzos dalgúnsdos seus directores, que tentaron convertelo nobuque insignia dunha profesión neonata, moi pre-cisada de plataformas institucionais de articula-ción. Arestora, o buque consegue manterse mila-grosamente a flote, e navegar —amodo, pero conrumbo certo— nas procelosas augas da crise.

A escrita teatral galega chegaría tarde á edi-ción convencional. Entre 1991 e 2005 o plan depublicación sistemática das obras representadaspola compañía institucional vampirizou en certaforma a publicación normalizada de textos tea-trais, e aínda ben que foi así e hoxe temos ao nosoalcance un número non pequeno de clásicos gale-gos e universais: o caso é que nesa etapa a conti-

Biblioteca Fernández del Riego. Fotografía J. Albertos, 2010

08 Dolores Vilavedra_02 3-Bouzada / Lage 14/01/14 10:22 Página 109

procurar un soporte editorial para as súas produ-cións textuais. Ao tempo, consolídase o éxito dasmicrocompañías (que permiten reducir ao máxi-mo os custos) e dos conteiros, esas figuras quenos fan revivir a vella tradición de contar histo-rias e que nas dúas últimas décadas foron deter-minantes, na miña opinión, para un certo reen-contro entre espectadores e escena.

Volve, logo, o teatro a gozar da súa intrínsecanatureza efémera?

O que vale para un roto, vale para un descosido

Como xa se comentou máis arriba, a narrativasemellaba, a comezos daqueles anos 80 nos queaínda todo era posible, a canle máis axeitada paraabrir o noso panorama literario a novos públicos. A diversificación da oferta temática incluíu unhaaposta decidida polo policial, sobre todo a partirdaquel 1984 en que o primeiro Premio Xerais foipara Crime en Compostela, de Carlos G. Reigosa,nunha ousada aposta canonizadora que foi xulgadaexcesivamente transgresora en certos sectores que aconsideraban “un exercicio de mimetismo alienan-te” (e cito de memoria, pero case textualmente).Aínda que para algúns a novela policial dos anos 80e primeiros 90 non parecía ofrecer a dose impres-cindible de enxebrismo que debía caracterizar aliteratura galega, en xeral o policial semellaba apanacea, de aí a proliferación de textos de calidadedesigual que o público acabou por aborrecer. O xénero esmorecería ata coñecer, xa por volta doano 2000, un novo medrío grazas a autores comoDomingo Villar, Miguel Anxo Fernández ouDiego Ameixeiras. Malia as diferentes estéticas quecultivan cada un deles, hai unanimidade no entu-siasmo receptor de crítica e público.

A necesidade de fixar certos momentos histó-ricos como claves dunha cronoloxía autóctona, ede reescribir esta, explica a fortuna da que nosprimeiros anos 80 gozou a novela histórica. O carácter hipermemorialístico da cultura gale-

nuidade e calidade das coleccións promovidaspolo Centro Dramático Galego serviu de coarta-da a algunhas editoriais para non sachar esa leira,na que medrarían pouco máis que algunhas floresventureiras. Aínda que dende 2009 o protagonis-mo institucional como motor da edición teatralen Galicia pasa a corresponderlle á ESAD, os clá-sicos que aparecen nas súas coleccións veñencubrir os sempiternos ocos do noso patrimonioliterario, con autores como Camus, Genet, Ché-khov ou Heiner Müller, e en principio a súaselección non depende da realidade escénica dopaís, co que a colección pouco parece contribuírao reencontro entre literatura dramática e prácti-ca teatral.

Mentres, íase producindo un cambio na con-cepción canónica do propio fenómeno teatral,que relegaba a un segundo plano o tradicionaltextocentrismo: pouco a pouco afixémonos a esesespectáculos nos que a dimensión verbal ocupaclaramente un plano secundario (o labor deMatarile Teatro sinalou nesta cuestión un verda-deiro punto de inflexión), unha transgresión doparadigma escénico convencional aínda máisrechamante nunha cultura como a galega, logo-céntrica por principio.

O caso é que a edición convencional de textosteatrais foise atopando, cada vez máis, arrombadaen vía morta; ao tempo, o teatro non acabou deasumir que se cadra é a modalidade literaria quemáis se pode beneficiar das infinitas alternativasque ofrece o contorno dixital: por exemplo, aposibilidade de preparar unha edición “integral”con enlaces a música, escenografía, vestiario, etc.Claro que isto presenta tamén un risco, que é ode que a accesibilidade ao espectáculo completoon line fomente o consumo teatral individual esolitario, en detrimento do que por definición é unha experiencia colectiva, co conseguintebaleirado das salas.

Mentres, algúns dos mellores profesionais dapalabra escénica (Quico Cadaval, Cándido Pazó)empezan a despreocuparse de xeito ostentoso de

A narrativa semellaba, a comezos daqueles anos 80 nos que aínda todo era posible,

a canle máis axeitada para abrir o noso panorama literario a novos públicos.

A diversificación da oferta temática incluíu unha aposta decidida polo policial,

sobre todo a partir daquel 1984 en que o primeiro Premio Xerais foi para Crime

en Compostela, de Carlos G. Reigosa, nunha ousada aposta canonizadora

que foi xulgada excesivamente transgresora en certos sectores

08 Dolores Vilavedra_02 3-Bouzada / Lage 14/01/14 10:22 Página 110

unha antoloxía de relatos (de desigual calidade,todo hai que dicilo) de autoría feminina planifi-cada como estratexia de visibilización do labordesas escritoras, e dende que en 2001 MarilarAleixandre se converteu na primeira muller engañar o Premio Xerais, a bóla de neve non deixoude medrar. Hoxe, a continua presenza de RosaAneiros e Inma López Silva, entre outras, norma-lizou a aparente excepcionalidade que parecíacaracterizar o labor de pioneiras como MaríaXosé Queizán ou Marina Mayoral.

En todo caso, a novela segue a ser o xéneroprivilexiado da edición en galego, tanto ennúmero de títulos, como de exemplares e factu-ración (vid. Bragado 2013). Semella que, candomenos, unha das metas que se fixou a nosa lite-ratura —a de chegar a un número máis amplo delectores— xa foi acadada. Non se consola quennon quere ��

Bibliografía

Bragado, Manuel (2013): “O sector do libro, na UCI”, TemposNovos 191, abril 2013: 12-16.

Cabrera, Mª Dolores; Freixanes, Víctor F. (2003): “Algunhas refle-xións arredor do libro galego”, Grial 160, 2003: 136-143.

Fusi, Juan Pablo (2000): La evolución de la identidad nacional.Madrid, Temas de Hoy.

Gonzalez-Millán, Xoán (1994): Literatura e sociedade en Galicia(1975-1990). Vigo, Xerais.

Harris, Roy (1999): Signos de escritura. Barcelona, Gedisa.Petrucci, Armando (1998): “Leer por leer. Un porvenir para lalectura”, en Historia de la lectura en el mundo occidental, G.Cavallo e R. Chartier (dirs). Madrid, Taurus: 519-549.

Vilavedra, Dolores (1999): Historia da literatura galega. Vigo,Galaxia.

— (2007a): “De, en, sobre… La literatura gallega y la Transi-ción” en Memoria literaria de la Transición española, J.Gómez-Montero (ed.). Madrid-Frankfurt, Iberoamericana-Ver-vuert Verlag: 173-183.

— (2007b): “O lector galego, ¿un proxecto de futuro?”, Grial174: 134-39.

— (2011): “La obra literaria de Manuel Rivas: notas para unalectura macrotextual”, Romance Notes 51, I: 87-96.

Wittmann, Reinhard (1998): “¿Hubo una revolución en la lecturaa finales del siglo XVIII?”, en Historia de la lectura en elmundo occidental, G. Cavallo e R. Chartier (dirs.). Madrid,Taurus: 435-472.

ga, ao que non é allea a súa condición xeronto-crática, ten moito que ver coa nosa condición depioneiros no tratamento do tema da GuerraCivil, xa no exilio (de 1957 é Non agardei porninguén, de Ramón de Valenzuela), mais, sobretodo, na imprescindible abordaxe do asunto porparte duns netos que medraran entre desacou-gantes silencios e medias verdades. Alén de con-verter a cronoloxía nunha carreira polo mérito,cómpre subliñar, por aternos, só as obras que aca-darían a condición de best-seller, que Que me que-res, amor? data de 1995 e O lapis do carpinteiro de1998, mentres que Soldados de Salamina nonaparecería ata 2001. En certa forma, a precocida-de amosada pola literatura galega neste aspectopermitiunos recuperar o pulso histórico comúnco resto do Estado que perderamos na Transi-ción, monopolizada por un madrileñismo ao quemalamente se lle soubo facer fronte dende aquícon iniciativas de curto percorrido, como a tancacarexada “movida” viguesa.

O inesperado e prematuro pasamento de Car-los Casares, e o moroso ritmo de publicación deMéndez Ferrín, foron factores que puxeron tantoa Manuel Rivas como a Suso de Toro nesa incó-moda posición de líderes do pelotón, candomenos en aparencia, ante a opinión pública.Como xa comentei noutras ocasións (por exem-plo, Vilavedra 2011), o consenso social que sus-cita a obra de Rivas débese á súa capacidade paraofrecernos sínteses orixinais do que poderían seralgunhas das valencias identitarias que hoxe com-piten no espazo público galego, e que a súa pro-dución nos presenta como harmonizables. Namiña opinión, a narrativa de Rivas convídanos acrer na posibilidade de vertebrar unha nova iden-tidade colectiva, na que convivan en permanentetensión dialéctica valores tradicionais e alternati-vos, e iso explica o seu éxito. Pola súa banda,Suso de Toro apareceu, sobre todo na primeiraetapa da súa carreira literaria, como continuadordunha xinea rupturista permanente activa nanarrativa galega, cando menos dende a apariciónda Nova Narrativa Galega alá contra finais dosanos 50; no seu ronsel, pódense recoñecer taménoutros nomes como os de Anxo R. Ballesteros,Margarita Ledo, Xosé Cid Cabido ou XurxoBorrazás.

Secomasí, un dos cambios máis radicais expe-rimentado polas nosas letras nos últimos temposfoi a consolidación dun grupo estable de narra-doras que apostaron con convicción polo xénero.Dende que en 2000 Xerais publicara Narradoras,

08 Dolores Vilavedra_02 3-Bouzada / Lage 14/01/14 10:22 Página 111