Compostela na literatura galega contemporánea

22
IDENTIDAD EUROPEA E INTERCAMBIOS CULTURALES EN EL CAMINO DE SANTIAGO (SIGLOS XI-XV) Universidade de Santiago de Compostela, 2013, ISBN 000-00-0000-00-0, pp. 225-246 A CIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA NA LITERATURA GALEGA CONTEMPORáNEA 1 Santiago Gutiérrez García universidade de santiago de compostela Ocasións como a presente posúen o saludable efecto de permitir a reflexión so- bre a condición complexa do fenómeno xacobeo, sobre a súa vixencia e a súa capacidade de propoñer interpretacións constantemente renovadas. Certo é que a perspectiva que se ten do culto ao Apóstolo Santiago e da súa manifestación devocional máis evidente, a peregrinación ao seu sepulcro, non puido por menos que verse transformada nas últimas dúas décadas, dende que en 1993 un e outra recibisen un novo impulso promocional que dura ata os nosos días. As condicións nas que este se levou a cabo, cun forte apoio das institucións políticas, trouxo unha serie de consecuencias, a menor das cales non é a avalancha de literatura xerada arredor do culto xacobeo, ben tomándoo como tema central, ben como excusa oportunista para motivos só indirectamente relacionados con este último. En calquera caso a citada proliferación bibliográfica primou a miúdo o crite- rio cuantitativo sobre o cualitativo, igual que propiciou, en moitos destes traba- llos, unha interpretación do mito xacobeo 2 simplificadora e non problemática. Afortunadamente, estes anos tamén constituíron unha oportunidade para que se 1 O presente traballo forma parte dos proxectos de investigación Textos literarios medievais no Camiño de Santiago (PGIDIT08PXIB204038PR), financiado pola Consellería de Innovación e Industria da Xunta de Galicia, e Santiago Apóstol en la crisis bajomedieval de la Corona de Castilla (FFI2012-37953), financiado polo Ministerio de Economía y Competitividad. Ambos proxec- tos están dirixidos polo prof. Santiago López Martínez-Morás. 2 Tal é a denominación que lle aplica, por exemplo, Márquez Villanueva (2004).

Transcript of Compostela na literatura galega contemporánea

identidad europea e intercambios culturales en el camino de santiago

(siglos xi-xv)

universidade de santiago de compostela, 2013, isbn 000-00-0000-00-0, pp. 225-246

a cidade de santiago de compostela na literatura galega contemporánea1

Santiago Gutiérrez Garcíauniversidade de santiago de compostela

ocasións como a presente posúen o saludable efecto de permitir a reflexión so-bre a condición complexa do fenómeno xacobeo, sobre a súa vixencia e a súa capacidade de propoñer interpretacións constantemente renovadas. certo é que a perspectiva que se ten do culto ao apóstolo santiago e da súa manifestación devocional máis evidente, a peregrinación ao seu sepulcro, non puido por menos que verse transformada nas últimas dúas décadas, dende que en 1993 un e outra recibisen un novo impulso promocional que dura ata os nosos días. as condicións nas que este se levou a cabo, cun forte apoio das institucións políticas, trouxo unha serie de consecuencias, a menor das cales non é a avalancha de literatura xerada arredor do culto xacobeo, ben tomándoo como tema central, ben como excusa oportunista para motivos só indirectamente relacionados con este último. en calquera caso a citada proliferación bibliográfica primou a miúdo o crite-rio cuantitativo sobre o cualitativo, igual que propiciou, en moitos destes traba- llos, unha interpretación do mito xacobeo2 simplificadora e non problemática. afortunadamente, estes anos tamén constituíron unha oportunidade para que se

1 o presente traballo forma parte dos proxectos de investigación Textos literarios medievais no Camiño de Santiago (pgidit08pxib204038pr), financiado pola consellería de innovación e industria da xunta de galicia, e Santiago Apóstol en la crisis bajomedieval de la Corona de Castilla (FFi2012-37953), financiado polo ministerio de economía y competitividad. ambos proxec-tos están dirixidos polo prof. santiago lópez martínez-morás.

2 tal é a denominación que lle aplica, por exemplo, Márquez Villanueva (2004).

226 Identidad europea e intercambios culturales en el Camino de Santiago (Siglos xi-xv)

efectuase unha reactualización, sobre presupostos científicos, dos coñecementos sobre santiago e o seu culto, ademais dunha revisión dalgúns dos aspectos deste menos atendidos pola tradición crítica3.

isto último revélase un labor imprescindible dende o momento en que, como acabamos de dicir, a revivificación xacobea actual constituíu unha iniciativa das institucións políticas, en tanto que a igrexa, sen dúbida ao seu pesar, desempeñou un papel secundario, cando non marchou a remolque dos acontecementos. para ilustrar esta afirmación, basta con lembrar as reiteradas chamadas das autorida-des eclesiásticas en defensa do carácter espiritual do camiño de santiago, pero, sobre todo, a polémica que, a inicios da década dos 90 rodeou a celebración do primeiro dos anos santos da era actual, refundada xusto nesa ocasión. os xor-nais de entón facíanse eco da intención de organizar o ano xubilar de 1993, non na data que lle correspondía, senón en 1992, co propósito de que coincidise cos fastos do v centenario do descubrimento de américa4. o apóstolo viría, pois, a complementar a oferta lúdica e cultural que ofrecían a exposición universal de sevilla e as olimpiadas de barcelona. e, aínda que a igrexa se negou á petición da xunta de galicia de alterar as datas, foi aquela unha victoria defensiva que non contribuíu senón a constatar como a iniciativa pasara ao poder político au-tonómico e como este decidira —e abofé que o conseguiu— cambiar a natureza das celebracións xubilares e, con elas, apropiarse en boa medida da capacidade de representación simbólica da figura apostólica. por non abondar na presente idea, só engadirei que a situación se repetiu, mutatis mutandis, neste mesmo ano, coa suxestión, xurdida así mesmo dende o goberno autonómico, de alongar a celebra-ción xubilar de 2010 durante o vindeiro ano, para que deste xeito se prolongasen os seus efectos benéficos —económicos, claro está, e non espirituais— durante outros doce meses5.

calquera que lese sobre a evolución histórica do mito xacobeo sabe que a dimensión relixiosa deste foi da man, en non poucas ocasións, de intereses secu-lares. non se sorprenderá, por tanto, da toma de iniciativa que a xunta se arrogou nestes últimos anos na promoción do camiño e do apóstolo. porén, a novidade

3 o labor de revisión máis exhaustivo levouno a cabo Rey Castelao (2006).4 vid., sobre este asunto, Álvarez Sousa et alii (2010), onde se remonta o labor de promoción

turística do camiño xacobeo aos anos previos a 1992, en especial ao pulo que acompañou a visita a santiago do papa xoán paulo ii en 1982.

5 así se recolleu na prensa, con data do 20-9-2010. vid., por exemplo, <http://www.elmundo.es/elmundo/2010/09/21/galicia/1285067490.html> [data de consulta: 29-9-2010]

Santiago Gutiérrez García 227 A cidade de Santiago de Copostela na literatura galega contemporánea

da proposta que xorde en 1993 só se explica dende a secularización das princi-pais manifestacións do fenómeno xacobeo, sendo así que o poder político incidiu naqueles aspectos que converten o culto apostólico nun obxecto de consumo. un dos froitos desta redefinición do mito xacobeo foi o baleirado semántico dos seus elementos constituíntes, que quedaron reducidos á dimensión de produtos, de acordo coa lóxica economicista do mercado turístico. así, os símbolos doutrora foron reconvertidos en claves publicitarias, tal e como sucede cos denominados «símbolos oficiais», é dicir, a mascota pelegrín e mais un logotipo formado por catro cunchas de vieiras. Que o modelo que lanzara o goberno autonómico en 1993 segue vixente dezasete anos máis tarde, compróbase na vontade de recupe-rar o primeiro deles, a mascota, tras unha moi recomendable laboura de remoza-do icónico, con vistas ao xacobeo celebrado en 2010. ao respecto da lóxica que guía a tarefa da xunta, en fin, sirvan de exemplo as declaracións do conselleiro de cultura e turismo, roberto varela, publicadas o 16-6-2009, acerca dos acor-dos económicos acadados polo seu departamento coas empresas encargadas da explotación dos devanditos elementos e das tarefas de patrocinio, así como da inconveniencia de cambiar os logos xacobeos, porque favorecían un doado reco-ñecemento por parte dos potenciais turistas6.

durante esta etapa, que se abre en 1993, a cidade de santiago sufriu unha transformación acorde co marco que se vén de describir. por exemplo, no seu casco Histórico, a súa zona máis característica, acentuouse un proceso de par-quetematización7, común ao que se observa noutros centros urbanos de carácter histórico, sometidos aos embates niveladores do turismo de masas. no caso com-postelán, o desembarco masivo de visitantes nesa área do seu entramado urbano coincidiu cun cambio de modelo de cidade, de tal maneira que o papel predo-minante de destino turístico compensou a perda de importancia relativa que pa-deceu como centro universitario. e así, hoxe en día o casco vello está pensado menos para satisfacer as necesidades da poboación estudante, que para as dos visitantes ocasionais8.

6 vid., por exemplo, a publicación destas declaracións en El Correo Gallego: <http://www. elcorreogallego.es/santiago/ecg/xacobeo-rescata-pelegrin-varios-patrocinadores-2004/id edicion-2009-06-16/idnoticia-437763/> [data de consulta: 30-8-2010].

7 sobre este concepto, vid. entre outros Sorkin (1992).8 contrástese esta observación cunha pasaxe dunha das obras que imos analizar, Crime en Com-

postela, na que se afirma que santiago é a cidade do mundo co maior número de estudantes por metro cadrado (Reigosa, 1984: 21). por máis que se trate dunha afirmación hiperbólica, referi-da ademais a hai vintecinco anos, non deixa de ter valor representativo cando se trata de definir un modelo de cidade, así como a percepción que dela teñen os seus propios habitantes.

228 Identidad europea e intercambios culturales en el Camino de Santiago (Siglos xi-xv)

emporiso, non todas as mudanzas que produciu o fenómeno xacobeo, co seu correspondente reflexo na maneira de concibir compostela, apuntan cara ao aproveitamento económico e turístico. ao mesmo tempo tivo lugar un re-forzamento da súa proxección simbólica, ligada ao discurso identitario galego, que se desenvolve de xeito paralelo ao afianzamento das institucións xurdidas ao amparo do goberno autonómico. non fai falta dicir que a capacidade do apóstolo santiago de erixirse como un dos símbolos que aglutina a identidade galega remonta aos inicios do discurso galeguista. porén, a aprobación do esta-tuto de autonomía en 1981 conlevou unha redefinición do papel de compostela no conxunto de galicia. a súa condición de centro simbólico e espiritual viuse refrendada coa ubicación nela da capitalidade política, converténdose daquela en centro material, no que habían de ubicarse a maior parte das institucións admi-nistrativas do novo goberno.

a nova función da cidade de santiago, neste caso, consistiu máis ben en ma-terializar as virtualidades da súa dimensión simbólica previa, na medida en que o que se deu en chamar «normalización política» de galicia, que consistiría no des-envolvemento da capacidade de autogoberno recoñecida polo estatuto, baseou-se a miúdo na organización dun territorio administrativo e político, a partir da reafirmación dun centro que actuase como referente cohesionador. deixando de lado interpretacións políticas diverxentes, xurdidas das diversas propostas acerca de que tipo de entidade política é galicia, non se pode negar que os anos de réxi-me autonómico e o seu proceso de reafirmación identitaria foron da man dunha potenciación do estatus capitalino de santiago. e este reflíctese mesmo en actua-cións tan discutidas como a aínda inconclusa cidade da cultura9, que pretendía apuntalar a función de centro cultural de compostela no conxunto de galicia, á vez que esbozaba un sistema de organización urbana baseado na especialización dos diferentes núcleos cidadáns, a semellanza do que sucede en euskadi10.

9 a vontade centralizadora da cidade da cultura reflíctese, por exemplo, na denominación que está previsto que reciban algunhas das súas instalacións: biblioteca de galicia, arquivo de ga-licia, museo de galicia. vid. <http://www.cidadedacultura.org/> [data de consulta: 3-9-2010]. nótese, en fin, a diferencia cualitativa que separa o nome da última destas instalacións, cando se compara co do museo do pobo galego, fundado, así mesmo en santiago, en 1976 (<http://www.museodopobo.es/index.php> [data de consulta: 3-9-2010]).

10 nesta última comunidade, vitoria posúe o rango de capitalidade oficial, mentras que bilbao se considera o centro económico e san sebastián a capital cultural. no caso galego, santiago reservaríase a capitalidade administrativa e cultural, que contrapesaría o poder financeiro e eco-nómico de vigo e a coruña. por outra banda, na concepción da cidade da cultura pesaría o modelo de centro cultural afectado pola explotación turística, ao xeito do que propuxeran, con

Santiago Gutiérrez García 229 A cidade de Santiago de Copostela na literatura galega contemporánea

agora ben, esta reafirmación da centralidade compostelá non se levou a cabo sen vacilacións, que revelaron a posición de debilidade relativa na que se atopa santiago respecto a outros núcleos urbanos galegos, como vigo e a coruña, con aspiracións a exercer un papel rector no ámbito galaico. as contradicións internas que ocasionou este sistema de hexemonía compartida, con todo, foron máis fortes no que respecta ás tensións xurdidas entre esta segunda cidade e compostela, pois, así como as aspiracións hexemónicas viguesas se circunscriben a miúdo ao espazo meridional da comunidade, no caso coruñés sentiuse como unha ocasión perdida —e unha frustración ás súas supostas aspiracións lexítimas— a ubicación da capital en santiago11. sen ánimo de incidir na vella querela que tal decisión xerou, sobre a que se creou un discurso de agravios non poucas veces tinguido de victimismo oportunista, non deixa de chamar a atención o aprazamento durante vinte anos, e por presións exercidas dende a coruña, da lei que lle outorga a capitalidade oficial a santiago, publicada no diario oficial de galicia (dog) de 25 de xuño de 200212, mentres que xa a lei 1/1982, aparecida no dog do 24 de xuño de 1982, que regulaba a Fixación da sede das institucións autonómicas de galicia, de acordo co artigo 8 do estatuto de autonomía, establecía que tales institucións haberían de ubicarse na cidade do apóstolo. reafirmación do papel de compostela, certo, pero sobre bases pouco sólidas e con algunhas feblezas —especialmente no plano económico— respecto a outras cidades, polo de agora dificilmente superables.

a pesar das sombras que o anterior balance poida mostrar, resulta innegable o desenvolvemento de santiago durante estas últimas dúas décadas, ata o punto de que conseguiu modificar o sistema dual da galicia atlántica en favor dun eixo constituído por tres cidades, con compostela como punto medio. beramendi, que identifica este período cunha fase expansiva no devir histórico santiagués, contrástao coa atonía dos anos inmediatamente precedentes e co estancamento que a cidade arrastraba dende finais do antigo réxime, ao tempo que observa que o dinamismo da urbe se baseou en tres piares de desigual valoración: a uni-versidade, que, como xa indicamos, perdeu importancia a causa do proceso de descentralización do sistema universitario galego; o turismo, ligado á xa citada

anterioridade, o museo guggenheim de bilbao ou a ciudad de las artes y de las ciencias de valencia. sobre este modelo, aplicado ao exemplo bilbaíno, vid. Iñaki (2007).

11 vid., por exemplo, a descrición que sobre tal querela fai Beramendi (2003: 599).12 vid. Boletín Oficial del Estado, nº 224 (18-9-2002), pp. 33086-33090 <http://www.boe.es/

diario_boe/txt.php?id=boe-a-2002-18100> [data de consulta: 31-1-2010].

230 Identidad europea e intercambios culturales en el Camino de Santiago (Siglos xi-xv)

promoción do culto xacobeo; e a implantación da capitalidade autonómica (Be-ramendi, 2003: 543 e 607-612)13.

Foron, precisamente, os elementos simbólicos que adornan santiago, aque-les mesmos que propiciaron a súa elección como capital autonómica, os que a converteron en peza clave do proceso de redefinición identitaria galega, que se afianza coa instauración de 1981 xa que, por primeira vez, dito discurso identita-rio dispón dunha serie de institucións a través das que expresarse. e unha parte fundamental de tal proceso constitúeo a reescritura do pasado, que se leva a cabo de acordo coas pautas que soen seguir os sistemas culturais minorizados, entre as que se conta a reinvención dun pasado organizado segundo as supostas fases de desenvolvemento, máis ou menos perfectas, da nacionalidade14. este tipo de relatos adoita situar o momento de máximo esplendor nos séculos medievais, de aí que non resulte casual a tendencia a colocar nese período os mitos historiográ-ficos que han funcionar como elementos cohesionadores da memoria colectiva: o reino suevo, o rei don garcía, a coroación de afonso raimúndez, a morte de pedro pardo de cela, as guerras irmandiñas...; e, sobre todo, a serie de mitos aglu-tinados arredor de santiago e o apóstolo, co descubrimento do seu sepulcro e a consolidación de compostela como centro de peregrinación. ata tal punto é así que a historiografía habilitou unha fase do devir de galicia, a chamada era com-postelá15, que se identifica cos séculos xi a xiii, isto é, o momento de apoxeo do poder político e eclesiástico de galicia e que en boa medida coincide coa fase de maior pulo das peregrinacións, pero tamén cos últimos anos en que a nobreza galaica exerce o seu ascendente sobre a monarquía castelá-leonesa. a culminación deste período represéntana, por unha banda, a figura de xelmírez e a consecución da dignidade arcebispal para a sé compostelá e, por outra, a coroación de afonso raimúndez como rei de galicia16. o remate deste período de auxe, que villares (2004: 144) sitúa arredor do ano 1300, coincide, non casualmente, co comezo do declive da cidade de santiago e, dende a perspectiva literaria, mesmo co esgota-mento da lírica galegoportuguesa.

13 este mesmo autor, en cambio, chama a atención sobre a perda de protagonismo da igrexa, que ata os anos 70 do século xx constituía un dos motores económico e ideolóxico da cidade.

14 abordamos estas cuestións en Gutiérrez García (2009).15 vid., sobre este período, Villares (2004: 107-148).16 risco, en cambio, estendería o período de esplendor de galicia, durante o que se manifestaría a

que el denomina como «civilización galega», dende o mandato de xelmírez ata o advenimento dos reis católicos (Risco, 1966: 24).

Santiago Gutiérrez García 231 A cidade de Santiago de Copostela na literatura galega contemporánea

baixo esta perspectiva, santiago funciona como a capital dun reino virtual, cuxa frustrada consolidación política encarnan, por razóns diversas, don garcía e afonso raimúndez. neste sentido, xelmírez actuaría como substituto dos mo-narcas que non puideron ser, tal e como explicita castelao en Sempre en Galiza, onde interpreta que «a galiza medieval convirteuse nunha verdadeira monarquía eclesiástica, rexida por xelmírez» (Castelao, 2000: i, xii, 114). e a interpreta-ción política do seu cargo eclesiástico fai que a veces mereza xuízos críticos por non levar adiante o desenvolvemento político de galicia, a semellanza do que si sucedeu en portugal17. santiago, daquela, funcionaría como a capital do reino, a pesar de que tal pretensión non é senón unha transposición dos esquemas nacio-nalitarios contemporáneos a unha época na que funcionaba o concepto de corte real antes que o de capital. tal inconveniente non resulta impedimento para que vicetto, sen ir máis lonxe, analizando como os nomes dos reinos se derivaron dos das cidades que acollían as cortes, busque a equiparación implícita de tales conceptos, de tal maneira que o territorio viría a identificarse coa cidade que funcionaba como centro político e administrativo. e así, se o rei de castela era chamado tamén rei de burgos, o de navarra érao de pamplona e o de león, érao de león, así mesmo don garcía, como soberano galego, foi chamado tamén rei de compostela, por ser esta a capital de galicia (Vicetto, 1978, iv: 8, iii, 299)18.

noutros autores, en cambio, a cidade do apóstolo actuaría como centro aglu-tinador do territorio grazas á súa condición de foco espiritual e de centro do poder eclesiástico. deste modo exprésase, por exemplo, murguía, para quen compos-tela era a capital de galicia durante os anos de floración trobadoresca, despoxada xa do rango político, polo que non pode por menos que cualificarse de «capital intelectual de galicia» ou, incluso, como «centro de los adelantos intelectuales de galicia» (Murguía, 1985, i: 353 e 361). non sen razón, afirma barros (1994: 252) que santiago, o apóstolo, constitúe «el mayor mito de la historia de gali-cia», ata o punto de que a tradición galeguista o recoñece como un dos elementos máis potentes do seu discurso identitario.

É por todo isto que, en 1919 a asemblea das irmandades da Fala, reunida en santiago, acordou celebrar no 25 de xullo do ano seguinte o día de galicia,

17 tal é o que fai, por exemplo, castelao, para quen «o gran xelmírez (...) por engrandecer a sede compostelán matou o pulo intuitivo de galiza, entregándose á sorte de castela» (Castelao, 2000: ii, xix, 224).

18 o cal non é óbice para que, máis adiante (Vicetto, 1978, iv: 9, iii, 321), afirme que garcía fixou a súa corte en ribadavia.

232 Identidad europea e intercambios culturales en el Camino de Santiago (Siglos xi-xv)

coincidente coa festividade do apóstolo. esta, aínda que estaba pensada como festa nacional, que, como tal, había de implicar a todas as localidades galegas —A Nosa Terra, xornal das irmandades informaba de que a efemérides se celebrou en 1921 «en cuase todol-os pobos da patria»19—, non por iso deixaba de asociar a santiago coa cidade que o acollía. a través da antedita unión, esta última conso-lidaba a súa condición de capital simbólica de galicia, fronte á preponderancia política e administrativa da coruña, dende que en 1833 se realizase a división de españa en provincias20. así, pareceu natural —e fóra de toda dúbida— que a asemblea de parlamentarios de galicia, constituída en setembro de 1977 por to-dos os cargos electos galegos saídos das eleccións xerais de 15 de xuño daquel ano, se reunise en compostela, co que, en palabras de beramendi, «todos os partidos políticos a converteron na capital de facto do país» (Beramendi, 2003: 593-594).

as observacións anteriores demostran que o desenvolvemento actual de com-postela está baseado no protagonismo que lle outorga o discurso historiográfico galeguista e a elección, en absoluto casual, do período medieval como fase de esplendor truncado que, dende os tempos pretéritos, habería de actuar como re-ferente de emulación, espello no que contemplarse para encher os baleiros dun discurso historiográfico discontinuo a causa da posterior minorización.

porén, a pesar da importancia de santiago na construción do discurso nacio-nalitario galego, e a semellanza do que sucedeu con outros mitos identitarios de galicia, a súa valoración non foi uniforme ao longo do tempo, de maneira que se alternan fases de apreciación positiva con outras menos favorables. a lóxica que rixe tal sistema valorativo baséase na aportación de cada un destes elementos ao desenvolvemento da soberanía frustrada, de xeito que os xuízos críticos se dirixen cara a onde se detecta unha posible responsabilidade no fracaso da construción nacional21. algo parecido, en fin, ao que lle sucedía ao xa mentado xelmírez, a

19 A Nosa Terra, ano v, número 145, 1 de agosto de 1921, p. 6.20 a concesión da capitalidade provincial á coruña, en detrimento de compostela, coincidiu co

recente final do privilexio de santiago, que supoñía unha fonte estable de ingresos, tanto para o arcebispado como para a cidade. É por iso que barreiro Fernández comenta que «desposuido o clero do seu poder económico, principal fonte de ingresos da cidade, e non compensado este espolio coa capitalidade provincial, que arrastra consigo unha rede burocrática (...) a economía da cidade de santiago quedou bloqueada» (Barreiro Fernández, 2003: 440).

21 este último aspecto, o do fracaso do proxecto nacional, que obriga a un esforzo posterior de recuperación, explica a importancia que nos sistemas periféricos adquiren os discursos de perdas e as indagacións sobre as causas que ocasionaron dita perda. vid., para o caso galego, a lista de mitos historiográficos elaborada por Barros (1994: 250-257) e a resolución adversa que, dende o punto de vista nacionalista, tiveron boa parte deles.

Santiago Gutiérrez García 233 A cidade de Santiago de Copostela na literatura galega contemporánea

quen, ao se converter, baixo a perspectiva galeguista, nunha especie de soberano eclesiástico, pasou a esixírselle contas pola evolución política, non do seu arce-bispado, senón de todo o reino de galicia. e, influído pola evolución dispar que protagonizan galicia e portugal nesa época, o mesmo castelao sostén que «a po-lítica deste gran cacique galego fanou irremediablemente a nosa independencia» (Castelao, 2000: i, xii, 114)22.

ou, por poñer un segundo exemplo, como lle ocorrerá a don garcía cos his-toriadores do rexurdimento. estes últimos facíano o máximo responsable de que a independencia política, recentemente adquirida respecto a león, se perdese a causa da imprudencia coa que se conduciu durante o seu breve reinado. o xa citado vicetto (1978, iv: 9, iii, 321-322) censura as «tropelías y violencias» que cometeu contra os seus súbditos, cuxo odio se gañou e que acabaron por propi-ciar a súa caída. «su negra memoria serà siempre repugnante para todo hijo de galicia», sentencia vicetto (1978, iv: 9, xii, 334)23. a súa rehabilitación só se producirá durante o siglo xx e, na literatura galega contemporánea, só adquirirá importancia a partir da súa insistente presenza nas novelas de darío xohán ca-bana, que interpreta a súa figura como monarca mesiánico e, sobre todo, como mártir das aspiracións identitarias galegas, frustradas pola opresión de castela (Méndez Ferrín, 2007)24.

así mesmo, na figura do apóstolo, a miúdo indisociada da cidade homónima —como mostra a personalidade de xelmírez— non deixaron de percibirse as-pectos ambivalentes. por exemplo castelao, que non dubidaba en recoñecer a súa importancia, pois o apoxeo do seu culto situou a galicia como referente doutros pobos europeos. e así, dirá que o camiño de santiago «era o camiño de europa» (Castelao, 2000: ii, xxi, 298), pero tamén lle reprochará a compostela que, «en nome de galiza», cometese o erro de potenciar a reconquista, proporcionándolle

22 vid., en cambio, a alta consideración en que o teñen murguía, que se refire a él como «aquel varón memorable del cual nunca se dirá en su elogio tanto como merece» (Murguía, 1985, i: 372), ou risco, que o considera iniciador do período máis esplendoroso de galicia (vid. supra, n. 16).

23 vid., tamén, as seguintes declaracións: «desgraciada fué nuestra galicia lucense ó actual con un rey tan infausto como don garcía ii» ou «¿Qué gallego habrá, pues, que al abarcar con su pensamiento el reinado de don garcía ii de galicia, no sienta una sensación repulsiva hácia su imágen siniestra?» (Vicetto, 1978, iv: 9, xii, 330-331e 332).

24 resulta rechamante, por exemplo, que a Doutrina e ritual da Moi Nobre Orde Galega do Santo Graal de vicente risco (1998: 41), mencione como monarca mesiánico ao portugués sebastián e non ao galego garcía. sobre a importancia da idade media na narrativa de darío xohán ca-bana, vid. Mejía Ruiz (1995; 1999).

234 Identidad europea e intercambios culturales en el Camino de Santiago (Siglos xi-xv)

a esta empresa o referente simbólico do apóstolo, e, con ela, o desprazamento dos centros de poder cara ao sur da península. ou, tamén, que ao contravir a ruralidade esencial do xenio galego co seu desenvolvemento urbán, concentrase «ao seu derredor a vida suprema de galiza» e malograse a vontade de indepen-dencia que mostraran os galegos durante o reino suevo. de aí que este autor chegue a afirmar que «dispóis de axoenllarnos ante a grandeza pétrea de com-postela, decimos que a alma de galiza non mora no seu recinto» (Castelao, 2000: iii, iii, 337 e iv, 343)25.

a consideración de compostela como pedra angular da identidade galega, pois, non impediu unha revisión crítica do seu papel no proceso de construción nacionalitaria. É a nosa intención, non tanto ofrecer un repaso das vicisitudes que marcan a historia de compostela, así como a interpretación que delas levou a cabo a historiografía galeguista, senón centrármonos nunha desas situacións pouco favorables para a exaltación de santiago. esta sitúase no momento de tran-sición entre a desaparición do réxime franquista e a consolidación da sistema autonómico e adopta como puntos de referencia dúas novelas publicadas a come-zos da década dos 80: O triángulo inscrito na circunferencia de víctor Fernández Freixanes e mais Crime en Compostela de carlos gonzález reigosa. a pesar de que parten de propostas estéticas dispares, ambas as dúas coinciden ao se cues-tionar o papel de santiago no contexto galego, mostrando as incertidumes dun intervalo de cambio e, o que é máis importante, sometendo a crise a idoneidade da cidade para encabezar un período de renovación.

O triángulo inscrito na circunferencia apareceu en 1982, tras ser galardoada co premio de novela eduardo blanco-amor, que ese ano celebraba a súa segunda edición. o seu carácter experimental non pasou desapercibido nunha tradición literaria como a galega, que, por unha parte, case que non conseguira dirixir a súa atención cara a outros asuntos que non fosen os estrictamente galegos (Renales, 1984: 261) e que, por outra, como mostrara o movemento da nova narrativa26, intentaba a adopción de novos modos de relatar, que superasen as eivas do cos-tumismo e o marabilloso cunqueirán, cuxos signos de esgotamento se facían xa

25 vid., así mesmo, Villares (2004: 95 e 138), onde se insiste no carácter urbano de compostela, fronte ao contorno eminentemente rural de galicia e do reino leonés.

26 a etiqueta de nova narrativa emprégase a veces cun sentido máis amplo, que abrangue toda a narrativa en lingua galega publicada entre os anos 1954 e 1974. e isto, a pesar de que tal acep-ción supón incluír nela obras como Memorias dun neno labrego de xosé neira vilas (1961). vid. Noia Campos (1992: 33).

Santiago Gutiérrez García 235 A cidade de Santiago de Copostela na literatura galega contemporánea

evidentes (González-Millán, 1996: 291)27. certo é que o centro de atención da novela de Freixanes non era outro que galicia; porén, a súa resultaba unha proposta inédita, un relato total que reunía nunha soa fábula algúns dos principais fitos da historia galega, diluíndo as coordenadas espazo-temporais e resaltando o seu carácter simbólico: a guerra da independencia, as loitas entre absolutistas e liberais, o apóstolo e o auxe de compostela, as irmandades, a chegada dos fomentadores cataláns...

a de Freixanes non era unha novela histórica, senón unha novela ahistórica ou antihistórica (Renales, 1984: 262), un texto polifónico de difícil clasificación xenérica, que chegou a cualificarse como poema épico28. nela, a Historia fúndese no mito, que, á súa vez, desemboca nunha reflexión sobre galicia e as causas da súa postración e sobre as expectivas do seu rexurdimento. sobre este particular, o paratexto inserto na contraportada do libro informaba que se trataba de «unha ambiciosa metáfora» a través da que se explicaban «algúns dos momentos máis trascendentais de galicia e a súa historia»; en tanto que o da lapela abondaba nesa idea, ao referirse a unha «metáfora sobre a historia de galicia e as súas frustra-cións». o propio Freixanes reafirmaba tales indicacións, cando aclaraba que «la historia de mi novela era, desde el principio, la historia de una larga frustración, un estrepitoso fracaso. pero había que escribirla» (Fernández Freixanes, 1990: 130). sobre tal vontade de reivindicación historiográfica, a través da recuperación do mito e da habilitación do discurso literario como espazo de resistencia simbó-lica, insistía o autor nunha entrevista concedida en 1986. alí expoñía un dos seus principios poéticos: «escribo conscientemente contra a historia, esa manipulación dos vencedores»29. esta dialéctica entre discursos vencedores e vencidos e a con-seguinte revisión do primeiro que leva a cabo será, como veremos, un dos piares sobre os que se constrúe O triángulo.

a novela xira entre dous espazos simbólicos, santiago e vilanova de alba —o nome desta localidade resulta dabondo significativo—, encarnación de dúas actitudes ideolóxicas e das forzas antagónicas, a reacción e o progreso, que de-ciden coa súa loita o destino de galicia. ambas cidades encarnan, así mesmo,

27 sobre este particular, vid., por exemplo, unha declaración de suso de toro que, aínda que emi-tida en 1990, se refire ao momento en que escribía Caixón de sastre, publicada en 1983. nela declaraba que todo «ao meu redor cheiraba a cunqueiro», ao tempo que expresaba o seu desexo de romper con dita tradición literaria (Toro, 1990: 8).

28 observacións semellantes atópanse en Vilavedra (1994-1995: 233).29 suplemento de El País, 29-5-1986 (apud González-Millán, 1994a: 179).

236 Identidad europea e intercambios culturales en el Camino de Santiago (Siglos xi-xv)

sendos elementos contrapostos, a terra e o mar, a galicia costeira e a interior. a primeira representa o atlantismo, a apertura de horizontes e, a través das nave-gacións oceánicas, enlaza co referente de integración30 que representa portugal. así, os grandes navegantes de vilanova, da liñaxe dos mariño, levan nomes como bartolomeu, Henrique ou sebastián, que remiten a figuras da mitoloxía histo-riográfica lusitana, do mesmo xeito en que o fai o compoñente profético, é dicir, sebastianista, que rodea ao primeiro destes personaxes. ademais, o mar, na súa infinitude, carece de fronteiras, escapa ás xurisdiccións humanas e é, por isto, ámbito de liberdade. os vilanoveses e os seus aliados doutros portos galegos —a liga das sete cidades— asumen os valores do liberalismo e o progreso, sempre vencidos —de aí a postración de galicia—, pero á espera de rexurdir e guiar o país cara ao seu renacemento.

o polo oposto represéntao compostela, a cidade das tebras retrógradas, des-crita como «unha grande fraga de pedra, coma puño omnipotente e ameazador, coma un cancro imposible de arrincar, fondo, solemne» (178), «un monumento xigantesco construído enriba dun enorme sartego, unha necrópole santa» (194) ou mesmo un «cancro de pedra» (226). gobernada pola igrexa, coa súa dinastía de arcebispos á cabeza, a «cidade odiada» represéntase como «a cova do tirano», que encarna a opresión de galicia, non só ideolóxica, polas súas ideas tradicio-nalistas, senón tamén pola procedencia foránea do seu poder. en varias ocasións explícase que foi fundada por xentes chegadas do leste; de terra adentro e de onde vén o camiño francés de peregrinación, certo, pero non esquezamos que esta precisión xeográfica indica tamén a fronteira oriental de galicia con outras zonas de españa.

compostela está asociada á terra: «aquela grande cidade de pedra, torres e campás, solemne, chea de incenso e latíns, dende a que non se vía nunca o mar» (136), é definida noutra pasaxe. e a terra reúne unha serie de valores negativos: o concepto de propiedade, a dominación, a servidume do pobo, a riqueza que se lle nega a este, a inmobilidade. na tradición historiográfica galega boa parte de tales concepcións remiten á explotación por medio do sistema de tributos (décimos, foros, trabucos) ligados ao rendemento agrícola e, asociados á idea de sometemento do país, ocuparon un lugar salientable no imaxinario galeguista da primeira metade do século xx. non en van, o desmo do mar, que o señorío das rías tiña que pagarlles aos señores da terra, descríbese como «a primeira ver-

30 sobre este concepto, encarnado en portugal, vid. Maiz (1997: 317-324).

Santiago Gutiérrez García 237 A cidade de Santiago de Copostela na literatura galega contemporánea

gonza, humillación antiquísima, mesmo anterior a compostela» (199). era «o pago humillante da derrota» (197), que os señores da terra lles inflixiran ás vilas do mar, antes incluso de que aqueles construísen a cidade santa». o pagamento polo dereito ao usufruto da terra identifícase, xa que logo, coa idea de aldraxe, primordial e imprecisa, que domina a visión galeguista da Historia. e, dentro da lóxica que impón a obediencia a través da humillación, a volta mesiánica e vin-gadora do almirante bartolomeu mariño estaba chamada a sacudir o xugo que caera sobre os «devanceiros, humillados e abaixados polos poderes alleos» (228).

pola súa banda, santiago, como representación suprema de tales concepcións, encóntrase firmemente ancorada na terra, de modo que é só o afloramento mí-nimo dun inmenso labirinto subterráneo, «un mundo mil veces maior, mil veces máis poderoso e escuro debaixo da terra», con dous centros: a catedral, coa cripta do apóstolo, e os sotos do edificio da capitanía xeral. polos seus dédalos pululan comerciantes, labregos, a xente toda da vila, das que se salientan a súa dedicación a actividades lucrativas e, xa que logo, ruíns. noutro lugar do relato insistiráse na rapacidade dos habitantes de santiago, exemplificada na voracidade dos seus dirixentes: «eses cabróns de compostela, eses miñatos, xente raposeira que postos a roubar hannos roubar as entrañas» (313), exclamará don Henrique mariño, fi-dalgo de santa cruz. pero ademais, a condición de labirinto e gruta únese co afán de dominio e imperio de santiago. os seus pasadizos espállanse «polas vilas e aldeas, os camiños e as chairas», de maneira que «non hai lugar nin conciencia que libre deles». Finalmente, os habitantes desa enorme tobeira rematan convertidos en insectos, «avanzando polas galerías subterráneas como eses bichocos da terra que camiñan ás apalpadelas», cos ollos substituídos por antenas e as extremidades convertidas en poutas (370-371).

a asociación de compostela coas forzas da reacción permite a súa identifica-ción con aqueles sectores sociais que máis facilmente se relacionan coa represión do librepensamento: a igrexa e o exército, a primeira poñendo o segundo ao seu servizo. de compostela, por exemplo, parten os continxentes que han combater ao exército popular, que, na segunda parte da obra, organizan as cidades mari-ñeiras, recordo dos enfrentamentos decimonónicos entre liberais e absolutistas. É por iso, ademais, que os arcebispos composteláns se describen como señores espirituais, pero tamén terrenais, xa dende o seu primeiro representante, diego xelmírez, «o egrexio e insuperable (…), primeiro metropolitano». deste dise que foi «fundador da armada, sabio e orgulloso, capitán do seu propio exército, señor e emperador da grande cidade de occidente» (262). a súa clarividencia, e a dos

238 Identidad europea e intercambios culturales en el Camino de Santiago (Siglos xi-xv)

seus sucesores, consistiu en comprender «que o reino de deus hai que conquistalo aquí, coas armas, tódolos días. conquistalo, arrequecelo, agrandalo e afortalalo seguido» (ibid.). así naceron compostela e outras cidades santas, como roma e xerusalén, a partir do dobre poder despregado pola igrexa e construídas sobre o sangue e o martirio. por todo iso, cando Quinteiro malvido e Wilson, o inglés, entran de incógnito na cidade, dinos o narrador que «pasearon as rúas compos-telanas, os soportais, as fachadas das igrexas. cruzáronse con soldados e sotanas» (181).

este compoñente imperialista e belicoso asúmeo o apóstolo, que é, sobre todo, un santo guerreiro, o Fillo do trono (263), santiago matamouros, que no obradoiro está representado a cabalo e armado de espada (270), «señor e rei de compostela, xeneral de cristiandade, emperador de occidente» (386). e o xeneral nazario eguía será a reencarnación desa esencia imperialista e guerreira. convertido en «xeneral dos soldados de cristo, novo santiago» (383), comba-te ao exército do mar na súa tripla condición de «santo, guerreiro e castiga-dor» (417). ao apóstolo, en cambio, négaselle a condición de santo peregrino. O triángulo... non só minimiza as referencias ás peregrinacións xacobeas, senón que cando as menciona, faino para desacreditalas. por iso —e para negarlle ao apóstolo calquera vinculación co mar— considera falsa a lenda da barca de pe-dra que transportou a occidente o corpo de santiago, ao tempo que lle atribúe a vilanova a condición de república de peregrinos (341). xusto antes de que esta vila fose destruída, dise que «xentes de todas partes, peregrinos (…), viran agora o seu rumbo, deixan os camiños de compostela e buscan as praias e o mar» (392). o símbolo deste abandono das rutas xacobeas será xoán romeiro, o personaxe que, tomado dun relato de alejo carpentier, torceu o camiño de compostela para cruzar o atlántico (225 e 392).

a redención de santiago, pois, só é posible logo das súas destrución e refun-dación, encarnando novos valores, ao xeito en que o foron outras compostelas anteriores, as xa imaxinarias aletsopmoc e saraponte. pero isto mesmo implica invalidar á santiago eclesiástica e xacobea como cabeza da recuperación da sem-pre vencida galicia. o ascenso e a restauración da dignidade perdida haberán de chegar, en cambio, dos portos galegos e do seu acceso á infinitude do espazo oceá-nico, como vía de apertura ao mundo. dentro da complexidade sígnica da obra de Freixanes, reteñamos para os nosos propósitos e como unha das súas conclusións posibles, esta asociación de santiago co reaccionarismo absolutista e arcebispal,

Santiago Gutiérrez García 239 A cidade de Santiago de Copostela na literatura galega contemporánea

lastre para a redención do país e contraposto ao discurso galeguista, que se quere progresista e liberal.

como lle sucedeu á obra de Freixanes, Crime en Compostela, publicada en 1984, recibiu a sanción das institucións literarias galegas, que a fixeron mere-cedora, ese mesmo ano, da primeira edición do premio xerais de novela. nela conflúen, pois, varios aspectos que a converten en peza clave dos novos rumbos que a literatura galega iniciaba na antedita década. iso si, non sen contestación, xa que non faltaron voces que reaccionaron contra a promoción da literatura «de xénero» en lingua galega, por considerala allea aos principios nacionalitarios que debían guiar o cultivo literario da lingua de galicia e por poñer en dúbida a súa capacidade reivindicativa, que a miúdo se identificaba co realismo social, en tanto que reflexo da sociedade galega (González-Millán, 1994a: 31 e 129).

porén, non está de máis lembrar que o citado certame literario xurdiu, dende as institucións, como unha iniciativa que buscaba superar a carencia de grandes novelas que mostraba a literatura galega, eiva esta que se percibía como unha anomalía e un síntoma da súa minorización. por contra, a posibilidade de superar a tradición ruralista da narrativa galega, aclimatando un xénero como o policíaco, que se baseaba en modelos anglosaxóns, era interpretado como unha oportuni-dade para colaborar no proceso de normalización literaria. esta vontade de mo-dernización a partir do cosmopolitismo, xunto coa súa novidade temática, serían argumentos que o xurado tivo en conta á hora de premiar a novela de reigosa, mesmo por enriba da súa máis que discutible calidade literaria, que o propio autor chegaría a cuestionar anos máis tarde 31.

non por casualidade, nesta década, que rodríguez alonso (2004: 120) cualifi-ca de optimista, callaron os primeiros froitos dunha serie de cambios na literatura galega, que comezarían de xeito simbólico en 197532. entre estes se situaría a pro-gresiva autonomización do discurso literario e a súa transformación, en palabras

31 así mesmo, Crime en Compostela constituíu o primeiro best seller da literatura galega. segundo datos recollidos por González-Millán (1994a: 76), en oito anos vendeu máis de vintesete mil exemplares e á altura de 2005 xa se levaban publicadas catorce edicións. vid, así mesmo Rodríguez Alonso (2004: 124).

32 en tal data coinciden as efemérides políticas coas literarias, pois, se no primeiro caso se pro-duce a fin do réxime franquista, no segundo ten lugar a publicación de dous poemarios de indubidable trascendencia no devir das letras en lingua galega: Con pólvora e magnolias, de xosé luís méndez Ferrín, e Mesteres, de arcadio lópez-casanova (Rodríguez Fer, 1989). vid., en cambio, la opinión de Losada (1987), que sitúa tal data en 1973, coa aparición da escolma Os novísimos da poesía galega, editada por mª. v. moreno vázquez.

240 Identidad europea e intercambios culturales en el Camino de Santiago (Siglos xi-xv)

de gonzález-millán, dende un nacionalismo literario a unha literatura nacio-nal (González-Millán, 1994b; Figueroa, 2001: 99-110). parte deste impulso anovador constitúeno experimentos parecidos aos de reigosa e ligados ao cultivo de narrativa de xénero, como a publicación de literatura de quiosco, relatos do oeste, eróticos ou de ciencia ficción (González-Millán, 1994a: 189-199). a moda da novela negra foi menos efémera e deu lugar a un feixe de títulos entre a segunda metade desa mesma década e a primeira da dos 9033, adiantándose nuns anos ao actual renacer dese género.

a novela de reigosa sitúa a súa acción nunha compostela que apenas está estreándose como capital autonómica, cunha administración aínda en estado em-brionario. respírase nela unha mestura de desencanto, ante a suplantación dos ideais de antano pola mediocridade burocrática, o pragmatismo dos partidos po-líticos e o oportunismo dos arribistas que conseguiron sobrevivir ao cambio de réxime e de consignas. «a administración autónoma, coa súa pompa e as súas obras» (20), dirá con ironía un dos personaxes. o protagonista do relato, nivar-do castro, tras converterse en home de mundo —a súa profesión, aventureiro internacional, outórgalle a pátina cosmopolita que se asocia co xénero negro—, regresa á cidade na que pasou a súa mocidade para investigar un asasinato. o personaxe recolle ese escepticismo, aínda que a súa mirada, estrañada e distante respecto á realidade que o rodea, procede precisamente do contraste que establece entre as súas vivencias noutros lugares e a ruindade da sociedade santiaguesa. en palabras postas en boca do seu amigo e mentor, carlos conde, a arte impoñente de compostela convive coas «miserias e sordideces daqueles que viven á conta dela e da fe e das necesidades dos que veñen aquí» (25). este personaxe describe esa sociedade, sobre todo incidindo na especulación inmobiliaria como motor de enriquecimento fácil —e, non en van, a víctima do crime, aurelio xieiro, era constructor—, aproveitando a saturación do mercado da vivenda que causaba a sobrepoboación estudiantil:

«aquí hai canteiros e mestres de obras, estraperlistas e donos de fondas e pensións de mala morte que chegaron a multimillonarios patróns, presidentes de empresas cons-tructoras ou donos de edificios enteiros na cidade. eles, por triste que agora pareza, son en boa parte os herdeiros daquelas sabias irmandades de constructores que no pasado deseñaron compostela e ergueron maravillas como o pórtico da gloria» (21).

33 tres deses títulos, ademáis de Crime en Compostela, saíron da pluma de reigosa: O misterio do barco perdido (vigo: xerais, 1988), A guerra do tabaco (vigo: xerais, 1996) e Narcos (vigo: xerais, 2001), cos que compuxo un ciclo arredor dos personaxes de nivardo castro e carlos conde.

Santiago Gutiérrez García 241 A cidade de Santiago de Copostela na literatura galega contemporánea

a anterior pasaxe revela unha das claves da novela, pois, se ben por esixen-cias do xénero, reigosa paséanos, xunto ao seu protagonista, polos baixos fon-dos composteláns, descubrindo esa cara oculta que, como explica carlos conde, os guías turísticos nunca mostran (25), non é menos certo que a mesquindade, cando non a sordidez, se enseñorea de calquera manifestación de modernidade que ofrece santiago. así, o barrio do ensanche, a zona nova, preséntase «rechea de edificios modernos, monótonos e vulgares e tan falidos de gusto coma os de calquera outra cidade moderna» (29); o edificio xieiro, construído polo defunto aurelio xieiro, era «vulgar na súa modernidade» (77); e o clube macario, un dos tugurios que visita nivardo nas súas pescudas noctívagas, amósaselle a este «coma case tódalas barras americanas que tiña visto, só que máis tristoña e cotrosa» (78). porén, reigosa non é quen de renunciar ao potencial descritivo que lle ofrece a parte histórica da cidade. acaso nun intento, a todas luces fallido, de facer de compostela un personaxe máis da súa obra, intercala no medio da acción longas e a miúdo bastante forzadas descricións dos recantos da urbe e dos seus edificios emblemáticos. o resultado é unha convención pouco verosímil: a do detective tu-rista, que percorre as rúas cunha guía de monumentos na man, mentres persegue aos asasinos de aurelio xieiro. o interesante do caso reside, precisamente, nesta elección da parte histórica para darlle vida á ambientación novelesca, porque tal escolla implica unha toma de postura por parte do autor. para este, santiago só ten sentido polo seu casco vello e pola dimensión histórica que nel se atopa. isto impón sobre a cidade unha mirada necesariamente retrospectiva, nunca voltada cara ao futuro e ás expectivas de desenvolvemento que este poida traer.

decididamente, a modernidade resulta incompatible co modelo de cidade que representa santiago e é por iso que o autor establece unha dialéctica entre o pasado glorioso que testemuñan as súas pedras centenarias e a ruindade do seu presente: «o tempo de compostela era outro», dirá o narrador, «alleo a toda clase de urxencias e precipitacións e alleo tamén a certo racionalismo» (77). se algo re-dime a compostela é precisamente o encanto dos seus monumentos e das ruelas do seu casco vello, impregnado dunha atmosfera máxica que sorprende a nivardo á súa chegada: «o seu encontro con compostela causáballe un certo abraio, un pasmo, un asombro inesperados. era, de certo, o encontro cunha cidade á que nunca pensara en ir, simplemente porque, a pesares de ter estado antes nela, non cría que existise» (35). construída á medida do home, fronte á barafunda des-humanizada doutras capitais do mundo, nas que habitara o protagonista, o seu modo de vida harmónico e pausado, como detido no tempo, acaba por producir o

242 Identidad europea e intercambios culturales en el Camino de Santiago (Siglos xi-xv)

rexeitamento daquel, que, como bo antiheroe do xénero negro, séntese incapaz de encaixar nela. de feito, o propio nivardo castro, que se recoñece atrapado pola voráxine da vida moderna, identifica os males dos que esta última é portadora. e, ao mesmo tempo, confésase desconcertado porque un crime como o que investiga tivese lugar na calmada compostela: «eu coidaba que estas historias de crimes, de mortes, soamente eran posibles en nova iork, en parís, en marsella, en lon-dres (…) sei que é unha parvada, pero cústame aceptar que nunha cidade como esta, onde todo semella harmonía, poidan cociñarse delitos dese calibre» (28).

agora ben, esta incapacidade de santiago para se adaptar con proveito aos tempos modernos, máis alá da visión mítica do seu pasado pétreo, explica boa parte do sentimento de decepción que transmite o relato. porque precisamente a encrucillada histórica en que se desenvolve Crime en Compostela chega a ser definida por un dos seus personaxes como «unha grande oportunidade para que galicia chegue a vivir verdadeiramente (…) este é o noso gran momento, a nosa gran oportunidade» (147). baixo este punto de vista, santiago asume o papel de representante de toda galicia, acaso na medida en que, a través do seu estatuto capitalino, recentemente estreado, encarna as carencias de toda a autonomía, o atraso en que esta se atopa sumida no seu conxunto, e as incertidumes que suscita o seu futuro. así se entenden, sen ir máis lonxe, as críticas que o narrador lle dirixe á xuventude universitaria que poboa as rúas de compostela, á que cualifica, lem-bremos, como «a cidade europea con máis estudiantes por metro cadrado» (21). nivardo sorprenderase de que os universitarios —«mozos indolentes, despreocu-pados, aparentemente deshinibidos e narcisistamente individuados» (160)— en-chesen bares e cafeterías, pero, por contra, non emprendesen ningunha iniciativa cultural, a semellanza do que si observara en parís ou, incluso, en madrid: «nada disto entrevía en santiago, onde crer que había unha universidade convertérase-lle nun acto de fe». e conclúe: «sempre imaxinara a universidade (…) como algo máis dinámico» (160).

Finalmente, nivardo castro abandona con alivio compostela —e galicia— e só dende a distancia do seu retiro en madrid contempla a resolución do caso que o levou ata ela. cidade da harmonía, o recato e o comedimento, estática no seu pesado sono de pedra, santiago no é quen de asumir, por tanto, o papel de me-trópole aberta e febril que, elevada á categoría de capital, encabece o despertar de galicia no novo escenario que trazan os primeiros anos de democracia34. neste

34 Hai que ter en conta que a imaxe que reigosa ofrece de a coruña tampouco é especialmente favorable, por moito que a recoñeza como máis adiantada que santiago e que a contemplación

Santiago Gutiérrez García 243 A cidade de Santiago de Copostela na literatura galega contemporánea

caso, o profetismo rexenerador de O triángulo..., impregnado dunha interpreta-ción do país laicista e nacionalista de esquerdas, transmútase nun escepticismo nacido do pesimismo, tras as experiencias, vese que decepcionantes, dos primeiros anos de autonomía.

conta x. r. barreiro (2003) que o factor que máis pesou para que o goberno de isabel ii elixise a coruña como capital de provincia, por enriba de calquera outro —como por exemplo, a súa condición portuaria—, en detrimento de san-tiago, foi o apoio declarado que a burguesía daquela localidade lle prestara aos levantamentos antiabsolutistas, que tiveran lugar durante o reinado de Fernando vii. deste xeito non só se quixo premiar a súa contribución ao asentamento do réxime liberal, senón que as institucións políticas e administrativas do novo goberno —Fernando vii morrera había pouco máis dun mes, o 29 de setembro dese ano— marcaron distancia co poder que parecía dominar en compostela. en efecto, a pesar de que o mesmo autor enumera os méritos proisabelinos acu-mulados por esta última poboación, estes non foron dabondo para cambiar a percepción da súa vinculación coas forzas reaccionarias, que non moito máis tarde haberían de apoiar o levantamento carlista. Fronte á coruña comercial, burguesa e liberal, a levítica compostela perdía o seu papel protagonista no devir histórico de galicia. e esta perda de relevancia política, como recordaba barreiro, produ-cíase xusto a continuación do quebranto económico que lle ocasionou a anulación do voto de santiago.

medio século máis tarde, murguía (1985, i: 352) recoñecía a importancia pre-térita de compostela, cando afirmaba que «de las ciudades gallegas fué de las que más hizo y más pronto por el hombre del trabajo y sus primeras libertades», así como que «fué desde un principio y durante siglos la metrópoli (sic) religiosa,

do mar reconforte a nivardo castro. esta incapacidade das cidades galegas para se erixir en referentes da recuperación de galicia atópase implícita en O triángulo..., onde as dúas principais, vigo e a coruña, desempeñan un papel moi secundario, fronte a outras vilas mariñeiras máis pequenas ou mesmo inexistentes, como a propia vilanova de alba. neste último caso, ademais, a heterotopía propia do discurso metafórico convértese en lugar de resistencia simbólica (Gon-zález-Millán, 1991: 33 e 59), explicitada na declaración de que vilanova non se atopa nos mapas ou naqueloutra na que se di que as «cidades secretas, cidades malditas e ignoradas, en-terradas unhas, asulagadas outras, cidades-pantasma... son o verdadeiro mapa da nosa historia» (p. 421). daquela, é posible que a epopea de Freixanes centre a súa atención en poboacións que, por ter unha relevancia moi relativa na galicia contemporánea, fosen consideradas periféricas respecto aos centro de poder. isto enlazaría coa falta de atención que ata o de entón merecera o mar e a galicia mariñeira na narrativa galega, polo que a crítica se apresurou en saudala como a primeira novela galega do mar (González-Millán, 1996: 228).

244 Identidad europea e intercambios culturales en el Camino de Santiago (Siglos xi-xv)

política é intelectual de nuestras cuatro provincias», para de inmediato recordar que, por contra, na súa época constituía o «baluarte de las viejas ideas».

esta asociación co pensamento reaccionario foi unha das causas do estanca-mento de santiago, prolongado durante cento cincuenta anos. pero, ao mesmo tempo, o marasmo no que se afundiu dificultou o axeitado renovamento das súas estruturas cidadás e tal estatismo perpetuou a imaxe de compostela como lugar alleo ás transformacións que sacudían o mundo e que necesitaba galicia para rexurdir. non debe estrañar, xa que logo, que á altura de 1980 santiago fose a quintaesencia das eivas seculares do país do que era capital e que as dúbidas que suscitaba daquela fosen as mesmas que percorrían toda galicia ante os retos de tan grande envergadura como os que esixía a modernidade. se tales incertezas se demostraron, finalmente, certas ou erradas non lle quita peso ao protagonismo que, contra as perspectivas máis pesimistas, acadou santiago nestas últimas déca-das de historia de galicia.

dende o dobre apoio que lle ofreceron a potenciación xacobea e o desenvolve-mento institucional da xunta de galicia, compostela non só foi quen de desfacer o sistema polarizado vigo-a coruña, sobre o que basculara galicia durante os tres primeiros cuartos do século xx, senón que ademais foi quen de promover certas aspiracións hexemónicas. estas basearíanse tanto na súa posición xeográ-fica como tamén na centralización administrativa, ao xeito do que provocou, en toda españa, o desenvolvemento do sistema autonómico. o resultado foi, ata o de agora, un incipiente centralismo compostelán, perceptible dende o punto de vista discursivo e non sempre exitoso na consecución das súas aspiracións, que se reflicte, por exemplo, nas disputas locais xeradas arredor do sistema aeroportuario ou no proceso de fusión das caixas de aforro, que tivo lugar entre os anos 2009 e 2010. en ambos casos a opción defendida dende santiago tinguía o localismo de interese común, ao ofrecerse ben como solución intermedia entre os antago-nismos entre o norte e o sur, ben como encarnación de toda galicia, polo seu estatuto de capital. noutras ocasións, máis exitosas, a comuñón de intereses coa coruña permitiu, como no trazado do ave galicia-madrid, a consecución dos seus fins, mesmo a costa de decantarse, na polarización entre o norte e o sur gale-go, pola primeira destas opcións en detrimento da segunda —algo, polo demais, xa constatable no debate das caixas de aforro—. pero tales contradicións son as consecuencias das eivas acumuladas por compostela durante século e medio, non sempre superadas polo novo papel que lle tocou desempeñar na galicia contem-poránea.

Santiago Gutiérrez García 245 A cidade de Santiago de Copostela na literatura galega contemporánea

BibliografíaÁlvarez Sousa, a. et alii (2010): «estructura organizativa e imagen promocio-

nal del camino de santiago», Rotur. Revista de Ocio y Turismo 3, pp. 11-38.Barreiro Fernández, x. r. (2003): «da tutela eclesiástica aos inicios da andai-

na burguesa (1808-1875)», in e. portela silva, coord. (2003: 433-475).Barros, c. (1994): «mitos de la historiografía galleguista», Manuscrits 12, pp.

245-266.Beramendi, J. (2003): «da dictadura á democracia», in e. portela silva, coord.

(2003: 559-630).Castelao, a. r. (2000): Sempre en Galiza, ed. H. monteagudo, vigo: galaxia.Fernández Freixanes, v. (1990): «todos somos el mismo», in m. mayoral

(coord.): El personaje novelesco, madrid: cátedra-ministerio de cultura, pp. 127-13635.

Figueroa, A. (2001): Nación, literatura, identidade. Comunicación literaria e cam-pos sociais en Galicia, vigo: xerais.

Freixanes, v. F. (1987): O triángulo inscrito na circunferencia, vigo: galaxia.González-Millán, x. (1991): Silencio, parodia e subversión. Cinco ensaios sobre

narrativa galega contemporánea, vigo: xerais.— (1994a): Literatura e sociedade en Galicia (1975-1990), vigo: xerais. — (1994b): «do nacionalismo literario á literatura nacional. Hipóteses de tra-

ballo para un estudio institucional da literatura galega», Anuario de Estudios Literarios Galegos, vigo: galaxia, pp. 67-81.

— (1996): A narrativa galega actual (1975-1984), vigo: xerais.Gutiérrez García, s. (2009): «la reescritura del pasado en la novela históri-

ca contemporánea en lengua gallega», in J. ll. martos – m. garcía sempe-re (eds.): Vigència de l’Edat Mitjana: cinema i novel·la històrica. Col·loqui de la AHLM (20, 30 i 31 d’octubre de 2008), alacante: universitat d’alacant, pp. 293-310.

Iñaki, e. (2007): El efecto Guggenheim. Del espacio basura al ornamento, barcelona: anagrama.

Losada, b. (1987): «literatura gallega», in Letras españolas 1976/1986, madrid: castalia, pp. 261 -282.

Maiz, r. (1997): A idea de nación, vigo: xerais.

35 víctor Fernández Freixanes asina a súa obra O triángulo inscrito na circunferencia cunha orde distinta dos seus apelidos. creamos dúas entradas deste autor para respeitar a súa vontade.

246 Identidad europea e intercambios culturales en el Camino de Santiago (Siglos xi-xv)

Márquez Villanueva, F. (2004): Santiago: trayectoria de un mito, barcelona: be-llaterra.

Mejía Ruiz, c. (1995): «aproximación á obra narrativa de darío xohán caba-na», Grial 127, pp. 371-382.

— (1999): «recreación medieval en la obra de darío xohán cabana», in s. For-tuño lloréns – t. martínez romero (eds.): Actas del VII Congrès de l’Associació Hipànica de Literatura Medieval (Castelló de la Plana, 22-26 de setembre de 1997), castellón de la plana: universitat Jaume i, ii, pp. 471-480.

Méndez Ferrín, x. l. (2007): «a sombra literaria do rei don garcía», A Trabe de Ouro xviii / 1, nº 69, pp. 33-44

Murguía, m. (1985): Galicia, santiago de compostela: edicións sálvora.Noia Campos, mª. c. (1992): A nova narrativa galega, vigo: galaxia.Portela Silva, e., coord. (2003): Historia da cidade de Santiago de Compostela,

santiago de compostela: concello de santiago-consorcio de santiago-uni-versidade de santiago de compostela.

Reigosa, c. g. (1984): Crime en Compostela, vigo: xerais.Renales, J. (1984): «algunas claves histórico-míticas para una novela gallega»,

Revista de Filología Románica ii, pp. 261-267.Rey Castelao, o. (2006): Los mitos del Apóstol Santiago, vigo: nigratrea.Risco, v. (1966): Teoría do Nacionalismo Galego, buenos aires: centro galego.— (1998): Doutrina e ritual da Moi Nobre Orde Galega do Santo Graal, santiago de

compostela: xunta de galicia.Rodríguez Alonso, m (2004): «a literatura galega no remate do século xx

(1975-2000): intento de sistematización», Revista de Lengua y Literatura Ca-talana, Gallega y Vasca 10, pp. 119-133.

Rodríguez Fer, c. (1989): Poesía galega. Crítica e metodoloxía, vigo: xerais.Sorkin, m. (1992): «see You in disneyland», in Id. (ed.): Variations on a Theme

Park. The New American City and the End of Public Space, new York: Hill and Wang, pp. 205-232.

Toro, s. de (1990): Caixón de sastre, vigo: xerais.Vicetto, b. (1978): Historia de Galicia, lugo: alvarellos [reimpresión da edición

facsímile de Ferrol, 1871].Vilavedra, d. (1994-1995): «la narrativa gallega de los 80. una década de bús-

queda», Revista de Lenguas y Literaturas Catalana, Gallega y Vasca 4, pp. 231-236.

Villares, r. (2004): Historia de Galicia, vigo: xerais.