O móbil e a construción da identidade: estudo do localismo nas apps móbiles dos cibermedios...

22
1 O móbil e a construción da identidade: estudo do localismo nas apps móbiles dos cibermedios portugueses e galegos 1 Silva Rodríguez, Alba (Universidade de Santiago de Compostela) [email protected] De Mateo Pérez, Rosario (Universidade Autónoma de Barcelona) [email protected] López García, Xosé (Universidade de Santiago de Compostela) 1. Introdución O telefono móbil xorde coma unha das tecnoloxías que conecta máis directamente cos individuos. É o dispositivo persoal e privado do momento e o máis estendido na actualidade entre a poboación. Foi quen de revolucionar a comunicación interpersoal e as súas características e a súa pronta evolución convertérono nun soporte con grandes posibilidades no sector da comunicación e, por conseguinte, nun excelente medio para difundir información local. A intención deste estudo é poder comprender cómo se leva a cabo a estratexia Solomo (social, local e móbil) nos 1 A investigación que da lugar a esta comunicación foi desenvolta no marco do proxecto de investigación financiado polo Ministerio de Economía e Competitividade “Innovación y desarrollo de los cibermedios en España. Arquitectura de la interactividad periodística en dispositivos múltiples: formatos de información, conversación y servicios” da que forman parte os autores do texto [Referencia: CSO2012-38467-C03-03].

Transcript of O móbil e a construción da identidade: estudo do localismo nas apps móbiles dos cibermedios...

1

O móbil e a construción da identidade: estudo dolocalismo

nas apps móbiles dos cibermedios portugueses egalegos1

Silva Rodríguez, Alba

(Universidade de Santiago de Compostela)

[email protected]

De Mateo Pérez, Rosario

(Universidade Autónoma de Barcelona)

[email protected]

López García, Xosé

(Universidade de Santiago de Compostela)

1. Introdución

O telefono móbil xorde coma unha das tecnoloxías queconecta máis directamente cos individuos. É o dispositivopersoal e privado do momento e o máis estendido na actualidadeentre a poboación. Foi quen de revolucionar a comunicacióninterpersoal e as súas características e a súa prontaevolución convertérono nun soporte con grandes posibilidadesno sector da comunicación e, por conseguinte, nun excelentemedio para difundir información local.

A intención deste estudo é poder comprender cómo se leva acabo a estratexia Solomo (social, local e móbil) nos1 A investigación que da lugar a esta comunicación foi desenvolta no marco do proxecto de investigación financiado polo Ministerio de Economía e Competitividade “Innovación y desarrollo de los cibermedios en España. Arquitectura de la interactividad periodística en dispositivos múltiples: formatos de información, conversación y servicios” da que forman parte os autores do texto [Referencia: CSO2012-38467-C03-03].

2

principais cibermedios locais de referencia portugueses egalegos. A partir dun estudo comparativo da sección de local eda xeolocalización nas apps móbiles e nas webs tradicionaisdos medios de comunicación locais pretendemos descubrir arelación que existe entre o uso do novo soporte comunicativo ea propagación das noticias locais.

A constante evolución técnica dos dispositivos móbilesxunto coas melloras nas redes de banda ancha foron algúns dosfactores que desligaron á telefonía móbil do mero negocio dacomunicación por voz no que estivo asentado durante moitosanos. Os móbiles son considerados como a “cuarta pantalla”(Cebrián, 2011: 18 e Aguado e Martínez, 2008), por detrás doshistóricos medios de comunicación de masas coma o cine, atelevisión ou, máis recentemente, Internet. Ahonen consideraque nos atopamos diante do sétimo medio de comunicación demasas despois da imprenta, as gravacións, o cine, a radio, atelevisión e Internet.

Vacas Aguiar chega a afirmar que “o móbil non é so un novosoporte de transmisión senón un novo medio, con novosformatos, sistemas de financiamento e unha nova linguaxeaudiovisual derivada do tamaño das pantallas e do carácterespecialmente interactivo dos terminais (Vacas Aguiar, 2007).

Pero os aparellos móbiles teñen unha nova peculiaridade enrelación a todos os seus precedentes: o seu carácter persoal eprivado. A proliferación destes xunto coa doutros mediosportátiles desafiou as conceptualizacións tradicionais darelación entre as tecnoloxías da comunicación e o propiocorpo. Os dispositivos móbiles son exclusivos, podemos levaloscanda nós a calquera lugar e en calquera momento.

Ahonen enumera sete características ou vantaxas que lleagregan valor ao móbil como soporte informativo (Ahonen,2008):

1. É o primeiro medio de comunicación persoal

2. Permite a conexión permanente

3. É un dispositivo que nos acompaña permanentemente

4. Ten unha canle de pago fixa incorporada

5. O teléfono móbil impulsa a creatividade do usuario,capacitándoo para crear contidos

3

6. Permite ter datos máis fiables da audiencia

7. Captura o contexto social do consumo dos medios

Os teléfonos móbiles supoñen un reto importante para asempresas xornalísticas á hora de producir contidos capaces deser transmitidos nun novo contexto no que a información seconsume en mobilidade. A sociedade precisa acceder áinformación en calquera momento e dende calquera punto,aspecto que poden satisfacer os móbiles grazas á súacapacidade de procesamento e acceso á información dendecalquera lugar e instante (Rojo, 2008: 164). É precisamenteneste ámbito de mobilidade onde teñen cabida as estratexiasinnovadoras en canto a modelos de distribución e de negocio(Aguado, 2012: 8).

Para comprender o impacto dos dispositivos móbiles no eidodo xornalismo debemos situarnos nas diferentes fases detraslación dos contidos informativos na nova plataforma.Canavilhas, Cebrián e Flores Vivar coinciden en apuntar tres(Cebrián e Flores Vivar, 2011: 141-42 e Canavilhas, 2009:10):

1.- ADAPTACIÓN (2003-06): Séguense os parámetros formais eestruturais das edicións web. Nesta etapa popularízanse asalertas SMS.

2.-FASE DE AUTONOMÍA (2007-10): Esta fase coincide coaintrodución da Internet móbil. Comeza a xurdir unha identidadepropia nos contidos e emerxe unha estrutura adaptada aosoporte. Durante este período é importante destacar unelemento que cambiou as percepcións dos teléfonos,principalmente en América, e que foi o lanzamento do iPhone deApple en xuño do 2007. O invento de Steve Jobs marcou unauténtico punto de inflexión e abriu, ademáis, o camiño cara arevolución das aplicacións ou apps. Esto trouxo canda si unhamaior interactividade dos usuarios cos seus dispositivos eunha navegación contraposta á da Web na que, “frente a unhaInternet fixo, articulado sobre a navegación libre baixo alóxica de arquivos e programas, se perfilaba unha Internetmóbil articulada sobre o acceso a servizos baixo a nova lóxicade aplicacións e funcionalidades” (Aguado, 2012: 12).

3.-FASE DE EMANCIPACIÓN (2010-Actualidade): Caracterízase polapopularización dos smartphones , da rede 3G, das aplicaciónspropias para acceder aos contidos dos medios de comunicación edas widgets.

4

A rápida popularización e a notoriedade dos teléfonosmóbiles na vida cotiá dos cidadáns converteunos nuninstrumento inseparable no día a día dos individuos e nunhaferramenta de referencia da Sociedade da Información. Tal foia repercusión que tiveron na poboación as pequenas pantallasque comeza a falarse da “era post pc” (Telefónica, 2011: 1).Os teléfonos intelixentes ou smartphones fixeron posible, engran parte, o éxito xeneralizado que experimentaron os móbilesnos últimos anos. Na actualidade marcan un punto de inflexiónna xestación dunha nova época que os alza como o dispositivomáis relevante ata chegar a sobrepasar á televisión ou aosordenadores persoais.

O valor da mobilidade xunto coa natureza “persoal,privada” (Lorente, 2002:1) e o seu carácter individualista etendente á personalización son algúns dos elementos quedefinen ao teléfono como soporte comunicativo. A partir do ano2004 empézaselle a conferir á tecnoloxía móbil unha novapotencialidade como plataforma xornalística e dous anos máistarde xa comeza a falarse da emerxencia dun novo medio decomunicación.

A tecnoloxía móbil tivo tamén, nun sentido máis global,efectos e consecuencias sociais. A nivel social, os propiosusuarios experimentaron un cambio e convertéronse no queRheingold denominou “multitudes intelixentes”. Segundo esteestudoso “os teléfonos móbiles deron orixe a un novo tipo demultitude con conciencia propia de movemento dirixido a unobxectivo común” (Rheingold, 2004).

Nesta transformación social cobra especial relevancia amutación espazotemporal. Pódense dicir que as principaistendencias sociais que sufriron cambios por mor dascomunicacións móbiles foron as seguintes (Telefónica, 2011):

-Transformación do tempo e do espazo

- A lóxica do “sempre comunicados” ou do always on

- Atracción polo próximo

- Personalización. O carácter identitario da privacidade quepermite o teléfono contribúe a ese grao de individualismo quecaracterizan as comunicacións móbiles

5

- Relacións sociais máis complexas. Moitos sociólogos apuntana que grazas á telefonía móbil refórzanse os lazos sociais afavor da cohesión

- (Des) igualdade social. Este aspecto está intrinsecamenterelacionado coas habilidades tecnolóxicas dos usuarios nabrecha xeracional

1.1 Cara a estratexia SoLoMo:

O dispositivo móbil é, como vimos de dicir, a tecnoloxíaque máis mobilizou e envolveu á sociedade nos últimos tempos.A estratexia SoLoMo fai referencia ao acrónimo de Social,Local e Móbil. Este neoloxismo, acuñado por John Doerr (Reed,2011), está relacionado coa idea de xerar e compartirinformación a través de dispositivos móbiles entre persoas quecomparten os mesmos intereses e gustos e que se ubican nomesmo espazo xeográfico. A evolución dos contidos móbilesdurante os últimos anos avanza con forza cara este modelo. Ofenómeno de masificación dos dispositivos móbiles estivodeterminado polas melloras tecnolóxicas e polos avances que seproduciron no terreo da conectividade. O feito de que osaparellos inalámbricos, que sempre foran concibidos para aconversación mediante voz, pasaran a converterse en auténticosordenadores portátiles de bolsillo trouxo canda si importantescambios na emisión e na recepción de mensaxes xornalísticas.

As diferentes etapas que propiciou a revolucióntecnolóxica obrigaron aos medios de comunicación a readaptarsee a repensar a súas estratexias de distribución de contidosconforme ao modelo que requirían as novas plataformas. Cosdispositivos móbiles produciuse unha revolución maior, poistrátase do primeiro medio de comunicación que se pode consumiren movemento e, polo tanto, é o primeiro medio que conta coaposibilidade de coñecer en qué lugar exacto se atopa unusuario. Esta vantaxe converteuse nun aliciente para os mediosde comunicación, capaces de aproveitar esta fortaleza paraofertar contidos acordes ás necesidades da audiencia erelacionados coa súa ubicación concreta en tempo real. Osteléfonos intelixentes recoñecen onde se atopan as persoas,quen está conectado con quen e qué está preto deles.

A tecnoloxía móbil entronca dunha maneira moi directa coaidentidade dos individuos. Fidalgo considera que o móbil

6

altera as “capacidades dunha persoa así coma os seuscomportamentos e maneira de ser” (Fidalgo, 2009: 86). Noreferente ás condutas xurde unha tendencia encamiñada áformación de grupos identitarios e de comunidades que fomentanmobilizacións a través desta tecnoloxía. O teórico ErvingGoffman fala neste sentido da improvisación do individuo enactuacións públicas coma un procedemento para construír unhaidentidade na súa propia mente e na dos demais (Goffman,1979). Os efectos das SMS e as eleccións dos destinatariosempréganse na xuventude como materia prima para modelar asidentidades dos grupos. Por outra banda, o teléfono comoobxecto, como representación de estatus e como símbolo de modapara os individuos, acentúa aínda mais se cabe a súa lóxicaidentitaria.

O concepto de proximidade evolucionou con Internet. Antesda chegada dos medios dixitais, tiña un sentido puramentexeográfico: entendíase como próximo aquel acontecementoinformativo que ocurría no propio territorio de difusión domedio, xa fora impreso ou audiovisual. Tal e como apunta Lópezos cibermedios están conseguindo cambiar a nosa concepción dolocalismo. A aparición de cibermedios na última década,ademais de contribuír a ampliar a oferta informativa deproximidade e a establecer novas vías de participación cidadá,abriu novos horizontes para o xornalismo local. A difusiónmundial dos cibermedios supuxo non so a ruptura dunha barreirana difusión e distribución dos produtos, senón que nos obrigoua revisar as nosas reflexións sobre o que debemos entender porlocal nunha sociedade onde a comunicación, ademais datendencia ao local, tamén mostra outra simultánea tendencia aomundial. Agora o local segue sendo próximo, pero hai novoscampos de relación do lugar co seu entorno que debemos ter enconta á hora de medir os ítems- cada unha das partes ouunidades- que miden o preto ou lonxe que está unacontecemento. Ante un escenario tan complexo, con tantasinteraccións, o desafío asumido libremente por moitos destescibermedios de proximidade reside precisamente en reforzar ocompromiso coa súa comunidade mediante a participación, acolaboración e a aplicación de prácticas xornalísticascomprometidas co fortalecemento da cidadanía mediante ainformación que interesa e de interese público. Trátase dunreto con perspectiva próxima e mundial, é dicir, glocal(López, 2008: 8).

7

Ademais deste cambio de paradigma hai que ter en conta quecoa proliferación dos dispositivos móbiles o concepto deproximidade adquiriu tamén unha maior significación, pois comoexplica Canavilhas “A proximidade gaña así cada vez máisrelevancia en relación á conectividade, isto é, máis ca estarconectado a Internet, o que prima é a posibilidadade de faceloen calquera lugar” (Canavilhas, 2013: 363). Este feitoconstátano informes coma o do Pew Research Center nunhaenquisa realizada por Rosenstiel e Mitchell na que se indicaque case a metade dos adultos (47%) emprega os dispositivosmóbiles para acceder a noticias e información local. Aimportancia do “local” estriba no feito de que a audiencia sesente partícipe do medio tamén ao contribuír con informaciónpropia ou sumarse a conversas en liña (Rosenstiel e Mitchell.,2011).

Gráfico 1: Hábitos de consumo dos usuarios móbiles

Fonte: Rosenstiel, T. E Mitchell, A. (2011)

O crecemento das tablets e o uso de teléfonos intelixentes trouxo canda si un emprego cada vez maior de apps de noticias. A adopción de aplicacións, pola contra, non é tan rápida coma a de tabletas en si mesmas. Na enquisa que realizou o Pew Research Centerno 2011 concluíuse que 1 de cada 10 propietarios de dispositivos móbiles (13%) dispuñan dunha aplicación que lles axudaba a obter información ou noticias sobre a súa comunidade local. Isto equivale ao 11% da poboación total adulta estadounidense e representa unha cuarta parte (24%) dos consumidores de noticias locales no móbil (Rosenstiel e Mitchell, 2011).

8

2. Análise

O obxectivo do presente traballo é o de exemplificar cales sonos xornais de ámbito local que están traballando para dispositivosmóbiles. Queremos detectar qué modalidade de distribución se escolle(app nativa ou web tradicional) así como determinar qué relevanciaou predominio ten a sección local nas respectivas edicións móbiles.

Partindo da base de que os usuarios sempre amosaron unha clarapredilección pola información local, queremos comprobar se coaemerxencia dun dispositivo coma o móbil, unha tecnoloxía cun fortecarácter identitario e persoal, existe a tendencia ou non de primara distribución de noticias locais a través desta nova plataforma. Onoso obxectivo é coñecer de qué maneira contribúen os móbiles aexplotar o factor da proximidade así coma o de saber cal é arendibilidade da prensa local no novo contexto da mobilidade.

Logo de facer un repaso por todos os cibermedios locaisexistentes nos dous países escollidos para esta análiseseleccionáronse os seguintes: La Voz de Galicia, Faro de Vigo, ElCorreo Gallego e La Opinión de A Coruña en Galicia e Diario deLeiría, Dnoticias de Madeira, Açoriano Oriental, Diário de Aveiro eDiario de Coimbra en Portugal. Ao tratarse dunha análise meramenteformal e descritiva cun obxectivo claro de situar un escenario edelimitar tendencias e liñas de actuación optamos por centrarnos noperíodo comprendido entre o 3 e o 16 de marzo.

A primeira observación tivo que ver co tipo de presenza que os citados cibermedios tiñan no escenario móbil, é dicir, analizouse qué tipo de versión (versión de navegador da web móbil ou app nativa) tiña cada un deles. A primeira das conclusións extraídas indícanos que os principais cibermedios locais portugueses e galegos dispoñen de apps móbiles dos seussitios e algúns deles comparten a aplicación específica cunha versión na web móbil. Ademais, case a totalidade dos xornais estudados distribúen os seus contidos a través da plataforma iOs de Apple, coa excepción tan so de La Voz de Galicia, Faro de Vigo ou o Açoriano Oriental, que posúen tamén unha app paradispositivos Android. A pesar destes datos, hai que sinalar que tan so os cibermedios locais seleccionados teñen presenza nas pantallas móbiles de entre todo o universo de diarios destas características de Portugal e Galicia. Isto indícanos que existe un baleiro importante no que ten que ver coa confluencia do ciberxornalismo local portugués e galego co escenario en mobilidade. Isto supón un forte traba nun contexto no que os dispositivos móbiles, alén de ocupar un lugar moi importante no mercado e supor unha auténtica

9

revolución social, se erixen como potentes plataformas de distribución de contidos.

Gráfico2: Presenza dos cibermedios locais galegos nos dispositivos móbiles

EL CORREO GALLEGOLA VOZ DEGALICIA

FARO DEVIGO

LA OPINIÓN ACORUÑA

APP MÓBIL x x x xiPhone x x x xAndroid x xBlackberr

ySymbian

OSWEB MÓBIL x

Fonte: Elaboración propia

Gráfico 3: Presenza dos cibermedios locais portugueses nos dispositivos móbiles

DIÁRIO DELEIRÍA DNOTICIAS

AÇORIANOORIENTAL

DIÁRIO DEAVEIRO

DIARIO DECOIMBRA

APPMÓBIL x x x xiPhone x x x xAndroid xBlackber

rySymbian

OSWEBMÓBIL x x x x x

Fonte: Elaboración propia

2.1. Da web ao móbil: as mutacións da sección de local nos cibermedios portugueses

A comparativa que establecemos neste estudo entre a webtradicional, a que ten que ver coa versión de escritorio, e aweb móbil (en calquera da súa dupla modalidade) permitiunosdebullar un mapa contextual acerca das estratexias ou damentalidade coa que afrontan os cibermedios o medio móbil.

O Diário de Aveiro concibe a distribución dos seuscontidos dun xeito moi similar, tanto no que se refire áplataforma móbil como no que ten que ver coa súa webtradicional. A pegada local percíbese en ambos casos sen quese note un xiro de estratexia en función do soporte empregado.

10

Resulta curioso, sen embargo, a estruturación das noticias enportada segundo a proximidade xeográfica dos acontecementos.Na observación realizada comprobouse que a información queaparecía nos primeiros postos da primeira plana da webtradicional do Diário de Aveiro estaba estritamenterelacionada co núcleo central de Aveiro de maneira que asnoticias seguintes se correspondían coas áreas máis afastadas.O factor proximidade é, polo tanto, o que marca a importanciadas novas en portada no xornal portugués. A modo de exemplo, ocamiño que segue a información iría, como se pode observar noseguinte mapa, de norte a sur.

Gráfico 4: O factor proximidade na información local da web tradicional de Diário de Aveiro

Fonte: Elaboración propia a través de Google Maps

No que se refire á app móbil aparentemente non se apreciaunha xerarquización a partir dun criterio meramentexeográfico. Destácanse, ao igual que acontecía na web, 12informacións locais aínda que e muda a primacía das primeirasnovas con respecto ás que se reflectían na web de escritorio.Se nesta última a primeira información tiña que ver cunconcurso literario de nenos ilhavenses, na web móbil o temaque acapara maior atención ten que ver coa viaxe inaugural dedous barcos-hotel que realizan o traxecto Aveiro-Douro.

Gráfico 5: A xerarquización temática na web tradicional e na app móbil de Diário de Aveiro

11

Fonte: Capturas de pantalla das edicións da app móbil e da web tradicional de Diário de Aveiro

Un aspecto salientable é o feito de que a participación daaudiencia nas noticias de Diário de Aveiro segue patrónsdiferentes en función de se se lee na web tradicional ou naapp móbil. Nesta última as cotas de participación son moitomáis baixas. Tanto é así que as recomendacións a través darede social Facebook, a única ferramenta da que dispón o mediopara que os usuarios interactúen, son máis elevadas na web deescritorio.

Gráfico 6: Comparativa da participación dos usuarios na web tradicional e na app móbil de Diário deAveiro

12

Fonte: Capturas de pantalla das edicións da app móbil e da web tradicional de Diário de Aveiro

Esta falta de estruturación das novas xunto coas diferenzas que se perciben no terreo da participación dos usuarios fannos constatar que o cibermedio portugués non aproveita as especificidades que aporta a plataforma móbil para a transmisión de contidos xornalísticos e non se beneficia, polo tanto, do carácter puramente local que brinda a tecnoloxía móbil para chegar dunha maneira máis sinxela e directa á audiencia.

Gráfico 7: Porcentaxe de noticias locais e temática da primeira nova nas portadas da web tradicional e da app móbil dos cibermedios locais portugueses

Nº Noticiasen portada

Nº Noticiaslocais enportada

Temática da primeiranoticia

en portadaDIÁRIO DE AVEIRO(web tradicional)

12 12 Cultura/Local

DIÁRIO DE AVEIRO(móbil)

12 12 Política/ Local

DIARIO DE COIMBRA(web tradicional)

10 10 Política/ Local

DIARIO DE 10 10 Política/ Local

13

COIMBRA(móbil)AÇORIANO ORIENTAL(web tradicional)

31 8 Política/Nacional

AÇORIANO ORIENTAL(móbil)

12 4 Cultura/Local

DNOTICIAS(web tradicional)

42 11 Sociedade/Local

DNOTICIAS(móbil)

10 5 Política/ Nacional

DIÁRIO DE LEIRÍA(web tradicional)

11 11 Cultura /Local

DIÁRIO DE LEIRÍA(móbil)

11 11 Cultura /Local

Fonte: Elaboración propia

Entre os cibermedios portugueses quizais o AçorianoOriental é o que representa unha maior personalidade no queten que ver coa concepción dos contidos pensados para osdispositivos móbiles. Logo de facer un repaso polas portadasen ambos soportes detectouse que na web tradicional o apartadoque o medio denomina “rexional” adquire unha mínimarepresentación se temos en conta o conxunto de noticias que sepublican na primeira plana. Tan so 8 das 31 informacións queaparecen en portada se corresponden coa temática local.Ademais, a primeira noticia destacada circunscríbese aoapartado de nacional e versa, seguindo a liña do que acontecíaco resto de xornais, sobre política. A temática que máissignificación ten nos cibermedios locais estudados éprecisamente esta última, a política, xunto coa seccióncultural.

Pola contra, Açoriano Oriental, na súa app nativa,decántase por priorizar o local na súa primeira plana. Adoitasituar na primeira posición aquelas información nas que sefale da rexión das Açores en calquera das seccións temáticasposibles. Con todo, cabe destacar que é a sección cultural aque acapara máis espazo no conxunto de novas máis importantesbaixo o paraugas de “últimas noticias”. O seguinte exemplo

14

sobre o ciclo de debates dos “25 anos de Portugal e Açores naUE” ilustra a tendencia que segue o cibermedio portugués.

Gráfico 7: A importancia da sección cultural na portada da app móbil de Açoriano Oriental

Fonte: Captura de pantalla da app móbil de Açoriano Oriental

O caso de DNoticias é especial nesta análise, comodicíamos, xa que é o único dos cibermedios escollidos queaínda non dispón dunha app móbil específica. E é particulartamén porque, a pesar que na web tradicional se primen asinformacións de corte local, na versión móbil perdeimportancia a favor de noticias políticas de ámbito nacional.Aínda así, a pesar de que o primeiro lugar non recaia nainformación local, a nivel porcentual, si que resulta deinterese o feito de que a metade das noticias se reserven árexión de Madeira. Pero sen lugar a dúbidas a distribución dainterface que presenta a web móbil de Dnoticias danos unhaidea da consideración que, para os propios usuarios, ten asección de local. O cibermedio de Madeira distribúe a súaportada a partir de tres parámetros: últimas noticias, máislidas e máis comentadas. A partir do estudo das dúas últimascategorías chegamos á conclusión de que son as noticias locais

15

as máis populares para a audiencia e son polo tanto estasinformacións as que motivan maiores interaccións entre osusuarios. O seguintes exemplos ilustran que os acontecementosque atinxen a temas máis próximos son os que maior eco teñennos consumidores. Aínda así resulta curioso o feito de queDnoticias, a pesar de que amosa unha distribución eestruturación da interface móbil que parece ter en conta aspreferencias do usuario, non dispoña aínda dunha app móbilespecífica.

Gráfico 8: O localismo, factor clave nas noticias máis lidas e comentadas da web móbil de DNoticias

Fonte: Captura de pantalla da web móbil de DNoticias

O Diário de Leiría é xunto co Diário de Aveiro ocibermedio portugués que amosa menos esforzos á hora deempregar con efectividade as vías que ofrecen os dispositivosmóbiles para transmitir información e para chegar aos seus

16

usuarios. A translación de contidos da web de escritorio á appmóbil reflíctese nun mero plaxio de contidos e tamén nunhacopia a nivel visual e organizativo.

2.2. Da web ao móbil: as mutacións na sección de local nos cibermedios galegos

Gráfico 9: Porcentaxe de noticias locais e temática da primeira nova nas portadas da web tradicional e da app móbil dos cibermedios locais galegos

Nº Noticiasen portada

Nº Noticiaslocais enportada

Temática da primeiranoticia en portada

EL CORREO GALLEGO(web tradicional)

67 18 Política/Local

EL CORREO GALLEGO(web móbil)

20 10 Política/Local

FARO DE VIGO(web tradicional)

46 4 Economía

FARO DE VIGO(web móbil)

23 6 Economía

LA VOZ DE GALICIA(web tradicional)

82 6 Internacional

LA VOZ DE GALICIA(web móbil)

32 0 Internacional

LA OPINIÓN DE ACORUÑA(web tradicional)

46 8 Política

LA OPINIÓN DE ACORUÑA(web móbil)

23 4 Economía

Fonte: Elaboración propia

O diario La Voz de Galicia, na súa web tradicional,aglutina ata un total de 82 pezas informativas, unha cifradesorbitada se temos en conta as 32 que aparecen publicadas naversión móbil do mesmo medio. Pero malia facer unha criba paraa distribución das noticias na pantalla móbil constatamos quea selección temática segue exactamente os mesmos criterios daedición de escritorio. A crise en Ucrania e a política

17

nacional son os principais temas dos que se fala na cabeceiraonline do xornal e tamén na súa app nativa. Aínda así, aoigual que acontecía co cibermedio portugués Dnoticias, na webde La Voz de Galicia podemos corroborar que entre asinformacións catalogadas baixo a etiqueta de “o máis visto” seatopan aquelas que afectan á provincia de A Coruña.Gráfico 8: O localismo, factor clave nas noticias máis lidas e comentadas da web de La Voz de Galicia

Fonte: Captura de pantalla da web de La Voz de Galicia

Na app móvil, como se amosa na imaxe seguinte, a sección de local queda relegada a un plano moi secundario sen chegar acontabilizar unha soa noticia destacada en portada que se refira a acontecementos que sucedan na provincia coruñesa.

Gráfico 9: Ausencia de noticias locais na app móbil de La Voz de Galicia

Fonte: Captura de pantalla da app móbil de La Voz de Galicia

18

Faro de Vigo e La Opinión de A Coruña son, dos cibermediosgalegos, os que menor relevancia lle dan ao localismo nas súasnovas en ambos soportes. Faro de Vigo opta por salientar temasde índole económica en primeiro lugar tanto na web tradicionalcoma na súa app móbil e La Opinión de A Coruña combina atemática económica coa política. Gráfico 10: Ausencia do localismo nas webs tradicionais e móbiles de Faro de Vigo e La Opinión de A

Coruña

Fonte: Capturas de pantalla da web tradicional e móbil de Faro de Vigo e La Opinión de A Coruña

El Correo Gallego é o cibermedio galego que recolle máisinformacións de ámbito local de todos os estudados. Un 50% dassúas noticias na app móbil están relacionadas conacontecementos que suceden en Galicia e, máis en concreto, nacidade de Santiago de Compostela. En cambio, na web deescritorio, os datos de novas locais descende de maneiraacusada, pois tan so se publican en portada un 26,86% daspezas xornalísticas de ámbito local.

Gráfico 11: A primacía do local na app móbil de El Correo Gallego

19

Fonte: Captura de pantalla da web tradicional e app móbil de El Correo Gallego

3. Conclusións

A conversión ao móbil resulta clave na sociedade actual. Omóbil é o dispositivo dixital da democratización do acceso aoscontidos e aos servizos. É preciso saber aproveitar o seupotencial tecnolóxico (GPS, xeolocalización, realidadeaumentada) para poder conseguir unha interactividade plena,nun contexto no que o usuario adquire un papel moi relevante.O dispositivo móbil constitúese como o aparello que despregaas capacidades e intereses dos usuarios como cidadáns (através da súa necesidade de manterse informados), consumidores(clientes), produtores (polo seu papel como fonte deinformación) e persoas que comparten (mediante a intelixenciacolectiva e o consumo colaborativo).

Resulta paradigmático que, a pesar de que os datos sinalenque os usuarios teñen predilección pola información local nosseus dispositivos móbiles, os principais cibermedios locaisnon estean facendo esforzos en valorizar esas pezasxornalísticas nas súas interfaces para móbil. Ademais resultatamén significativo o feito de que tan so unha decena decibermedios estean presentes nas plataformas móbiles nuncontexto no que a mobilidade é un rasgo que define á sociedadedesta segunda década do terceiro milenio.

Da observación xeral dos nove cibermedios estudadossacamos como conclusión que a tendencia predominante consisteen reproducir os contidos da web tradicional nas ediciónsmóbiles, en calquera das dúas modalidades predominantes. Pesea isto, existe algunha diferenza entre o que acontece noescenario portugués e o galego. Os cibermedios locaisportugueses decántanse case en exclusiva por empregar a canle

20

da app nativa á hora de distribuír os seus contidos, en contrado que sucede no ámbito galego, no que os cibermedios adoitandispor tanto da web móbil tradicional como da app nativa.Ademais os cibermedios portugueses son os que máis novaslocais publican nas súas respectivas apps móbiles encomparación coas webs tradicionais, algo que en Galicia so faiun medio, El Correo Gallego. Outra diverxencia á hora deestruturar contidos ten que ver co eido temático. Cultura epolítica de ámbito local son as seccións preferidas poloscibermedios portugueses mentres que os galegos, a excepción deEl Correo Gallego, optan por temas de índole económicacircunscritos á área nacional así como de asuntos relacionadoscoa sección de internacional. Podemos sentenciar, polo tanto,que o compoñente local ten maior transcendencia nos diarioslocais de Portugal.

Malia todo, hai que dicir que se percibe a ausencia dunhaestratexia claramente definida e orientada ao localismo non sono tocante á relevancia da propia sección de local na primeiraplana ou aos resultados cuantitativos de noticias locais quese publiquen nos diferentes medios. Advírtese dita carencianun senso máis amplo xa que o modelo de actuación que estánseguindo os diferentes cibermedios estudados obvia, dalgunhamaneira, aspectos esenciais como a xeolocalización e o pago através do móbil á hora de implementar novos modelos denegocio. Combinadas, estas dúas tecnoloxías, poden chegar arevolucionar tamén o mercado da publicidade de negocioslocais.

Estamos a referirnos a que é preciso, máis ca nunca, uncambio de mentalidade que pase por saber que un dos aspectosclave neste momento é conseguir conxugar o factor local através da xeolocalización. Dito doutra maneira, acadar unmellor equilibrio e unión entre o local e o social ou poñer enpráctica a estratexia SoLoMo da que se falou conanterioridade. O camiño cara unha planificación estratéxicaque combine os tres eixos que vimos de mencionar é, sen lugara dúbidas, o que vai definir o futuro dos cibermedios en xerale dos diarios locais en particular.

4. Bibliografía

21

Aguado, J.M (2012). Los gigantes, los ratones y el pastel: Lasindustrias culturales y el entorno de la movilidad. EnMobileCommunication 2012. Experiències i recerquessobrecomunicació mòbi. Vic: Universitat de Vic. Grup deRecerca. URL [http://es.scribd.com/doc/91859208/Comunicacion-movil-2012-experiencias-e-investigaciones] 15 de febreiro do2014

Aguado, J.M., e MARTÍNEZ, I. (2008). “La cuarta pantalla:industrias culturales y contenido móvil”, en Aguado, J.M. yMatínez, Biblioteca Nueva

Ahonen, T. (2008). Mobile as 7th of the Mass Media:Cellphone, cameraphone, iPhone, smartphone. Londres:FuturetexT

Canavilhas, J. (2009). Contenidos informativos para móviles:estudio de aplicaciones para iPhone. En: RevistaTextual&Visual Media, nº.2, Madrid. URL[http://www.bocc.ubi.pt/pag/canavilhas-joao-contenidos-informativos-para-moviles.pdf] 13 de febreiro do 2013

Canavilhas, J. (2013). Noticias e mobilidade: o jornalismo na era dos dispositivos móveis. Portugal: Labcom

Cebrián, M. e FLORES, J. (2011). Periodismo en la telefoníamóvil. Madrid: Fragua

Fidalgo, A. (2009). O celular de Heidegger – comunicaçao ubíqua e distância existencial. En Revista MatrizEs. URL: http://www.matrizes.usp.br/index.php/matrizes/article/view/121/197. Consultado o 20 de febreiro do 2014

Goffman, E. (1979 [1971]): Relaciones en público. Madrid: Alianza.

López, X. (2008): Ciberperiodismo en la proximidad. Sevilla-Salamanca-Zamora: Comunicación Social.

Lorente, S. (2002). Juventud y teléfonos móviles: algo más queuna moda. En Revista de Estudios de Juventud, nº 57, INJUVE, Ministerio de Trabajo y Asuntos Sociales. Madrid. URL: http://prueba2012.injuve.es/sites/default/files/numero57completo.pdf#page=56

22

Reed, R. (2011). The Solomo Manifesto. Recuperado o 10 de febreiro do 2014, de http://momentfeed.com/wp-content/uploads/solomo.pdf

Rheingold, R (2003). Multitudes inteligentes. Barcelona:Gedisa

Rojo, P.A. (2008). El acceso a la información en la eradigital: situación actual y perspectivas

Rosenstiel, T. E Mitchell, A. (2011). The State of the News Media. Survey: Mobile News&Paying Online. Pew

Research Center Report. http://stateofthemedia.org/2011/mobile-survey/Telefónica, 2011. La Sociedad de la Información en España2011. Ariel, FundaciónTelefónica.Dispoñibleen:http://elibros.fundacion.telefonica.com/sie11/aplicacion_sie/ParteA/datos.html.

Vacas, F. (2007). Telefonía móvil: la cuarta ventana. En:Revista ZER, vol. 23, pp.199-217.URL[http://www.ehu.es/zer/hemeroteca/pdfs/zer23-10-vacas.pdf]5 marzo de 2014