Recensión de Política y República, por Angel Pérez

8
Coordina: Xosé Ramón Pena Nº 426 XOVES, 20 DE SETEMBRO DE 2012 ARTE: “DA FANTASÍA Á REALIDADE/ PÁX. III ENTREVISTA CON PABLO PÉREZ DA BANDA CREBINSKY / PÁX.V TEATRO:UN ESPECTÁCULO DE IL MAQUINARIO / PÁX. VIII O Museo doTraxe de Madrid está a celebrar nestes días unha mostra de GianniVersace na que se pon en relación a arte clásica de orde grecolatina co estilo excesivo do crea- dor da Medusa.E é que non se pode pensar na moda dos derradeiros anos do século XX sen mencionar aVersace, alguén que respirou o espírito dos tempos,mesturan- do o eclecticismo postmoderno coa arte pop das superestrelas de videoclip.O italiano fixo un traballo certamente integrado coa tradi- ción de occidente de reinterpretar os estilos doutras épocas, doutros crea- dores. En non pouca medida, a arte transalpina aparece permanente- mente referida ao clasicismo das “Romas”. Cando pensamos no epítome da mestura, os estilos sucédense en cadencia infi- nita,alternando ordes: o xei- to belas artes, o art nou- veau, o neoclasicis- mo...Versace cómpre coa tradición de inspi- rarse no clasicismo gre- coromano, mais non o fai dende as fontes orixi- narias da arqueoloxía gliptoteica. Antes ben, toma inspiración nas versións decimonóni- cas, pesadas e bur- guesas do século XIX. O seu é, pois, un clasi- cismo redundante e acumulativo,secesionista. Así,non son coros de ópera do canal de Panamá os que marcan o ritmo da universali- dade versaciana, senón him- nos de Michael,Lennox,Police, Elton John.Versace tomou prés- tamos da cabeza de medusa ba- rroca para crear un logo;dos atle- tas de academia noucentista para as imaxes publicitarias masculi- nas;dasVenus para recrear con Lin- da,Naomi,Cindy,Tatjana,Claudia... un universo de hiperféminas xacen- tes.Pero no universoVersace,non todo vén ser a imaxe secesionista da casa do lago Como,ou a colección de arte de transvangarda da casa de NovaYork. Hai tamén, e sobre todo, cumprida ins- piración, préstamo doutras casas de moda e doutros universos do luxo:tales a manufactura de virtuoso e mais o de- seño desestructurado.Logo,Versace avanzou tomando prestado de Armani o xenio da xastrería desestruturada.De Hermés, o conxunto de estampacións neobarrocas,que levou a enésima po- tencia.De Paco Rabanne os tecidos pa- ra vestidos en metal.E mesmo de Yves Saint Laurent,o xenio dos traxes de noi- te lixeiros como un suspiro de perfume. Tratábase,e trátase,de fascinar nunha época ecléctica e hipertrofiada de ledi- cia adormecida, onde as estrelas iner- tes. Nin bailarinas, nin cantantes, nin pintoras, nin arqui- tectos, nin deportis- tas, nin esculto- res...soamente mo- delos. A época na que o “hunter gets captured by the ga- me”, contempla o pintor fagocitado pola modelo men- tres todo se reduce a dous arquetipos: o vigor inmóbil do Hércules Farnesio –recreado de cos- tas e nos glúteos de actor porno dos modelos publicita- rios de roupa de home– e mais a fra- xilidade adormeci- da da Venus xacente,recreada espida nos seos operados de modelos femini- nas tan delgadas como un dia de inver- no.Versace foi a porta da hipermoderni- dade,do tempo triste da ansiedade on- de todo é aparencia. Os seus homes vestidos de coiro negro foron traslada- dos da escena gay máis dura ás primei- ras liñas comerciais.As mulleres cheas de imperdibles,con vestidos de escote de vértigo e aperturas provocadoras, saltaron do cabaretVoltaire aos salóns do Ritz.Premonitorio ou dramático,Ver- sace morreu en ritmo de salsa nun Mia- mi caloroso á mans dunha vítima dos vicios mundanos do século.Vexamos enVersace virtude,sobre todo e por en- riba de todo: as cualidades dun crea- dor que escribía e gritaba aos catros ventos unha moda con nome de“ópe- ra, ballet, pintura, escultura, arquitectu- ra,arte”: é dicir,a beleza efémera da car- nalidade. Efémero era tamén o éxito do atleta en Olimpia e mais o xesto convulso de Nijinsky no final do Preludio para a ses- ta do fauno.Versace,coa súa virtude porn chic, forma parte dos anais cultu- rais de Occidente.Medusa eVersace. Versace, a medusa da moda Da beleza efémera da carnalidade ROMÁN PADÍN OTERO

Transcript of Recensión de Política y República, por Angel Pérez

Coordina: Xosé Ramón PenaNº 426 ■ XOVES, 20 DE SETEMBRO DE 2012

ARTE: “DA FANTASÍAÁ REALIDADE” /PÁX. III

ENTREVISTA CON PABLOPÉREZ DA BANDA CREBINSKY /PÁX. V

TEATRO: UN ESPECTÁCULODE IL MAQUINARIO /PÁX. VIII

O Museo do Traxe de Madrid está a celebrar nestes díasunha mostra de GianniVersace na que se pon en relación aarte clásica de orde grecolatina co estilo excesivo do crea-dor da Medusa.E é que non se pode pensar na moda dos

derradeiros anos do século XX sen mencionar a Versace,alguén que respirou o espírito dos tempos,mesturan-

do o eclecticismo postmoderno coa arte pop dassuperestrelas de videoclip.O italiano fixo un

traballo certamente integrado coa tradi-ción de occidente de reinterpretar os

estilos doutras épocas, doutros crea-dores.

En non pouca medida, a artetransalpina aparece permanente-

mente referida ao clasicismo das“Romas”. Cando pensamos no

epítome da mestura,os estilossucédense en cadencia infi-

nita,alternando ordes:o xei-to belas artes, o art nou-

veau, o neoclasicis-mo...Versace cómpre

coa tradición de inspi-rarse no clasicismo gre-

coromano, mais non ofai dende as fontes orixi-narias da arqueoloxíagliptoteica.Antes ben,toma inspiración nasversións decimonóni-cas, pesadas e bur-guesas do século XIX.

O seu é, pois, un clasi-cismo redundante e

acumulativo, secesionista.Así,non son coros de ópera

do canal de Panamá os quemarcan o ritmo da universali-

dade versaciana, senón him-nos de Michael,Lennox,Police,

Elton John.Versace tomou prés-tamos da cabeza de medusa ba-

rroca para crear un logo;dos atle-tas de academia noucentista para

as imaxes publicitarias masculi-nas;dasVenus para recrear con Lin-

da, Naomi, Cindy,Tatjana, Claudia...un universo de hiperféminas xacen-

tes.Pero no universoVersace,non todo

vén ser a imaxe secesionista da casa dolago Como,ou a colección de arte detransvangarda da casa de Nova York.Hai tamén,e sobre todo,cumprida ins-piración, préstamo doutras casas demoda e doutros universos do luxo:talesa manufactura de virtuoso e mais o de-seño desestructurado. Logo,Versaceavanzou tomando prestado de Armanio xenio da xastrería desestruturada.DeHermés,o conxunto de estampaciónsneobarrocas,que levou a enésima po-tencia.De Paco Rabanne os tecidos pa-ra vestidos en metal.E mesmo de YvesSaint Laurent,o xenio dos traxes de noi-te lixeiros como un suspiro de perfume.Tratábase,e trátase,de fascinar nunhaépoca ecléctica e hipertrofiada de ledi-cia adormecida,onde as estrelas iner-tes. Nin bailarinas, nin cantantes, nin

pintoras, nin arqui-tectos,nin deportis-tas, nin esculto-res...soamente mo-delos.A época naque o“hunter getscaptured by the ga-me”, contempla opintor fagocitadopola modelo men-tres todo se reducea dous arquetipos:o vigor inmóbil doHércules Farnesio–recreado de cos-tas e nos glúteos deactor porno dosmodelos publicita-rios de roupa dehome– e mais a fra-xilidade adormeci-

da da Venus xacente, recreada espidanos seos operados de modelos femini-nas tan delgadas como un dia de inver-no.Versace foi a porta da hipermoderni-dade,do tempo triste da ansiedade on-de todo é aparencia. Os seus homesvestidos de coiro negro foron traslada-dos da escena gay máis dura ás primei-ras liñas comerciais.As mulleres cheasde imperdibles,con vestidos de escotede vértigo e aperturas provocadoras,saltaron do cabaret Voltaire aos salónsdo Ritz.Premonitorio ou dramático,Ver-sace morreu en ritmo de salsa nun Mia-mi caloroso á mans dunha vítima dosvicios mundanos do século.VexamosenVersace virtude,sobre todo e por en-riba de todo: as cualidades dun crea-dor que escribía e gritaba aos catrosventos unha moda con nome de“ópe-ra,ballet,pintura,escultura,arquitectu-ra,arte”:é dicir,a beleza efémera da car-nalidade.

Efémero era tamén o éxito do atletaen Olimpia e mais o xesto convulso deNijinsky no final do Preludio para a ses-ta do fauno.Versace, coa súa virtudeporn chic, forma parte dos anais cultu-rais de Occidente.Medusa eVersace.

Versace,a medusada modaDa beleza efémera

da carnalidadeROMÁN PADÍN OTERO

Creador do discursoteórico da Galiza–nación,Manuel Murguía volve es-tar de actualidade. Sen dú-bida, boa parte da “culpa”de tal acontecer radica narecente aparición de im-portantes estudos –tal é ocaso de Murguía (Galaxia,2012), de X.R. Barreiro Fer-nández– acerca da súa vi-da e obra: un labor queconcreta, pois, a presenzadunha figura imprescindi-ble na historiografía de no-so, mentor da poeta máisimportante do século XIX–Rosalía de Castro– e“pai”da Real Academia Galega.

Como é ben sabido, oEstado liberal, e centralis-ta, español tentou reforzarunha interpretación esen-cialista da historia de Es-paña, procurando a lexiti-mación do réxime monár-quico a través do seu (su-posto) exercicio ininte-rrompido desde a épocavisigoda. Cando Murguíaveu publicar o volume I daHistoria de Galicia, no quedefendía que somos unhanacionalidade e que, co-mo tal, temos historia pro-pia, saltaron todas as alar-mas; os intelectuais orgáni-cos da Corte sentíronse naobriga de teimar arreo nasagrada unidade de Espa-ña.A obsesión castelanista–que inspirou, xa no sécu-lo XX, a Menéndez Pidal ea súa escola– levou a granparte dos historiadores es-pañois ao menoscabo e,xa que logo, ao descoidoinvestigativo do reino deGaliza na longa xeira im-perial, máis dun século,que comeza co reinado deFernando I e remata conAfonso VII, e durante a calo noso país deveu hexe-mónico.

Diante de tal, a concep-ción da Historia de Galiciamurguiana mantén todo o

seu valor: e non canto osargumentos concretos alíempregados, mais si en re-lación aos obxectivos, oscales consisten en dotar aGaliza dunha vontade deser.Deste xeito,o conceptode Galiza–nación confor-ma un suxeito históricoclaramente identificadocun pobo que pertence aunha raza, elementoobxectivo diferenciador.

Non obstante, desde aperspectiva de hoxe, o quemáis nos interesa é o feitode que Murguía empregueo historicismo como méto-do de análise.Na xeira queviviu, pular por semellanteopción significaba partirda hipótese de que as co-munidades teñen unhaidentidade propia capazde resistir os influxos ideo-lóxicos e colonizadoresdoutros pobos. O historia-dor pode facer,entón,o se-guimento dunha naciona-lidade desde o berce dei-ca ao presente; en conse-cuencia, trátase de definir-mos o “ser” de Galiza apartir da historia.

O contencioso entreGaliza e os centros de po-der non galegos –que co-meza a perfilarse nos pri-meiros tempos da Recon-quista, aínda que amoseantecedentes na anexióndo reino suevo á monar-quía visigoda–, desenvól-

vese non só en función desi mesmo, senón tamén deacordo coas tensións danosa propia sociedade.Ga-bando os séculos XI e XII–o país brillou máis queninguén daquela–, Mur-guía pregúntase como lo-go dese tempo foi que pui-demos caer na dependen-cia. Segundo el, a causa vi-ría ser dupla: dunha ban-da, está o esquecementopor parte dos monarcascasteláns; doutra, o feuda-lismo. Tal visión chegamesmo a extremos queabraian, como cando che-ga a afirmar que os ReisCatólicos domaron a no-breza galega, o que signifi-ca un balance positivo doreinado de Isabel e Fer-nando.

Porén, arredor de 1890Murguía muda radical-mente todos eses presu-postos.Agora,a causa prin-cipal dos conflitos resideen que os nobres galegosforon desprazados da Cor-te por esoutros casteláns.Desaparece así toda a críti-ca á nobreza do país, insi-nuando que o elementopopular foi encirrado po-los reis casteláns contraeses mesmos aristócratasnos cales parece recaer,polo contrario, a virtudeda conciencia nacional.Dábase inicio,polo tanto,ávisión nacionalista clásicado reinado dos Católicos;unha perspectiva que seprolonga mediante a obra,entre outros, de Risco eCastelao.

Na forxadunhanación

Actualidade de Manuel MurguíaXOSÉ ANTONIO LÓPEZ TEIXEIRA

A aparición (1865) do I tomo da Historiade Galicia supuxo un decisivo punto de rup-tura: frente a formulacións precedentes,pro-cedíase,por vez primeira e con toda radica-lidade, á construción histórico–teórica deGaliza como nacionalidade de seu.Murguíaconceptúa o país como nación porque esteten todos os caracteres propios de tal: deacordo coa definición de nación de Manci-ni, Galiza vén ser unha comunidade naturalde homes unidos nunha vida común polamorada, a orixe, os costumes e a linguaxe,

con conciencia desa precisa comunidade.O resultado non pode ser, pois, senón a

negación da natureza nacional de España,rebautizada como “o Estado español” –re-conducida,daquela,ao ámbito do político eartificial–, mentres o rango nacionalitario éreservado a Galiza, a cal “forma unha na-ción con caracteres propios,distinta de gran

parte das que constitúen o Estado español”(Murguía,1888).“España”sería,en realidade,un ente ficticio, integrado por catro diversasnacionalidades: Cataluña, Pais Vasco, Galizae mais o resto,isto é,a“España”propiamentedita. Sen embargo, malia semellante hetero-xeneidade esencial, o Estado español cons-tituíse, por razóns históricas, como un Esta-do unitario e centralista –e que Manuel Mur-guía combateu arreo–, negador da verda-deira natureza plurinacional que de verasposúe.

Pensar o país

Chama a atención

que utilizase o

historicismo como

método de análise

FARO DE VIGO

XOVES, 20 DE SETEMBRO DE 2012 HISTORIAII

O pasado celta: factor decisivo na historiografía murguiana.

Manuel Murguía (1833-1923).

Da fantasía á realidade.Pintura de 1833 a 1936 é otítulo da mostra de fondosdas coleccións Novacaixa-galicia e Novagalicia Ban-co que se pode contemplarno Centro Cultural Nova-caixagalicia deVigo.Trátasedunha exposición que per-mite un retrato de máis decen anos de arte galegacon obras relevantes e mes-mo, en autores concretos,de calidade ben elevada.

O proxecto, deseñadopor José Manuel GarcíaIglesias, propón un intere-sante percorrido temático,con tres núcleos:“A terra”,centrado na paisaxe;“A xen-te”, coa figura humana co-mo protagonista e“A vida”,co costumismo como eixovertebrador.

O percorrido comezacon obras da primeira me-tade do século XIX e nelasistimos á chegada dunhaarte romántica e costumis-ta que pretende ofrecer un-ha visión burguesa da reali-dade. No caso galego, debi-do a que a burguesía esta-ba lonxe de se asentar co-mo clase dominante, xaque non ostentaba aínda odominio económico, vaiseproducir unha importantedecadencia nas artes. Só apartir de mediados do sé-culo a arte comeza a saírdo seu marasmo e a mani-festar a visión burguesa dasociedade, xusto cando ga-leguismo cultural e políticodá os seus primeiros pasos,que serán decisivos paraaxudar a construír unhaimaxe propia do país.

O pulo romántico estáben representado na figu-ra de Jenaro PérezVillamil,o noso mellor pintor domomento, que realiza unpaisaxismo á inglesa, noque podemos percibir ointerese polos temas exóti-cos: o gusto polo afastado,os monumentos, o mundomedieval, marcadamenteromántico e literario. Osseus cadros de viaxes e assúas mariñas sitúanse en-tre o soño e a fantasía ar-quitectónica,aínda cun péno XVIII, pero xa cun idealde matriz vivencial. Con eldá os primeiros pasos un-ha escola galega de pintu-ra, que devagar se irá con-figurando, tendo comogrande dificultade o am-biente social, a falta de es-colas e a debilísima tradi-

ción da que se parte.Desde mediados do XIX

vaise producir un feito cul-tural con repercusións polí-ticas duradeiras: a recupe-ración da identidade cultu-ral de Galiza que represen-ta o Rexurdimento, con fi-guras como Murguía,Rosalía,Pondal ou Curros.Aplástica galega non será in-mune a este feito,que se in-sire nun marco europeo devalorización das tradicións,linguas e folclore, entendi-dos como referentes de li-gazón na construción dasdiferentes identidades na-cionais..

Unha das manifesta-cións do momento vai sero costumismo, que ten a

ver coa actitude de intere-se pola cultura popular,mais asemade, coa sensibi-lidade burguesa, distancia-da desa mesma realidade.Unha segunda concreciónserá a pintura de paisaxe,un fenómeno relativamen-

te novo na historia da arte,que como tema de debateteórico gañara relevanciano XVIII coa sensibilidadeprerromántica do pintores-co e o sublime,e que atinxeunha nova dimensión noXIX,en especial no ambien-

te artístico e intelectualque o romanticismo favore-ce.A paisaxe convértese eninstrumento para expresarun sentido da relación dohome co mundo externo,non como fora na pinturaanterior, un sistema de abs-tracción, senón como pro-duto dun estado de ánimointerior que se proxecta so-bre unha realidade tanxí-bel.Nesta liña,a pintura ga-lega decimonónica, coassúas limitacións, é reflexoda nosa evolución cultural.As románticas paisaxes deVillamil; o retrato de Mo-desto Brocos e DionisioFierros; o academicismo“oficialista”de Mariano TitoVázquez e o paisaxismo

entre romántico e realistade Serafín Avendaño sonexemplos que sitúan nasúa dimensión e contexto anosa pintura. Este últimoun artista de grande calida-de, como evidencian asobras presentes na mostra,cunha captación da natu-reza a medio camiño entrea concepción romántica eo realismo preimpresionis-ta.Título: Da fantasía árealidade.Pintura de 1833a 1936Comisariado: José ManuelGarcía IglesiasLocal:Centro CulturalNovacaixagalicia deVigoDatas: Até o 25 denovembro

Da fantasíaá realidade

Pintura de 1883 a 1936CARLOS L. BERNÁRDEZ

Varios aspectos da mostra no Centro Cultural Novacaixagalicia (Vigo). // FOTOS: ELI REGUEIRA

A finais do século xorde un conxunto de pintoresque se forman en pleno auxe do realismo e que in-corporan á pintura galega unha renovación temáti-ca.Son chamados“Xeración Doente”porque morrenna mocidade, frustrándose a súa posíbel evolución.A súa pintura supera o academicismo,é máis precio-sista,procurando a modernización da súa linguaxe através do retrato,da paisaxe e do realismo social.

Destacan Ramón Parada Justel e Jenaro Carrero,que insiren na súa obra temas realistas e combinanestas temáticas co retrato social.

Ovidio Murguía desenvolve un paisaxismo deacentuado lirismo poético e pouso romántico, encanto que Joaquín Vaamonde responde a un estilomáis preciosista,de inequívoco sabor burgués.

Un dos máis importantes paisaxistas desta altura

é Alfredo Souto –fermosísima a súa Vista de Estribe-la– autor dunha pintura de corte realista con remi-niscencias románticas,moi no espírito da súa xera-ción, interesada en captar por medio da paisaxe aesencia do país.

A exposición insire tamén autores de principiosdo XX herdeiros da estética decimonónica,como Pe-reira Borrajo.Entre eles obrancean Sotomayor,querepresenta unha opción academicista,e Llorens,que

tenta captar a esencia de Galiza na paisaxe e queelabora un paisaxismo de influencias modernistas esimbolistas,moi preocupado pola luz e dunha gran-de calidade,que se converteu no prototipo dunhapintura de paisaxe atlántica,contraposta ao luminis-mo mediterraneísta dominante no seu tempo napintura española.Finalmente están presentes obrasde pintoras académicas como Julia Minguillón e El-vira Santiso e de artistas renovadores como CarlosMaside e Virxilio Blanco,partícipes estes do move-mento d’Os Novos que abren xa un capítulo novoda nosa historia artística.

En resumo unha atractiva mostra para tempos deforzosa austeridade para a cultura mais que non te-ñen que ser unha pexa para o rigor e mais a calida-de das propostas.

Entre dousséculos

FARO DE VIGO

XOVES, 20 DE SETEMBRO DE 2012ARTE:EXPOSICIÓNS III

“De seguir así as cou-sas, a medio prazo queda-rán a metade das compa-ñías teatrais”. Así de con-tundente se amosa un dosveteranos da escena gale-ga,Xúlio Lago,na súa análi-se da situación dun sectorao que os recortes están abater moi forte. Teatro doAtlántico non produciráningunha obra nova esteano.Ata decembro mante-rá en cartel ¡E.R. Algún díatraballaremos xuntas. Edespois decidirá se conti-nuar ou abandonar.“É quefinancieiramente a situa-ción é moi grave: polas dé-bedas de Agadic, pola re-baixa no volume de pro-gramación dos concellose da Rede de Teatros, nasaxudas á produción e dis-tribución...”,explica Lago.

A compañía de ErnestoChao e Rosa Álvarez, La-garta Lagarta, foi das pri-meiras en pechar. Mais ha-berá outras baixas na novatemporada.Teatro de Nin-gures seguirá a distribuírO’7 Molotov, Atra Bile e Oscómicos dell’auto, perotampouco producirá nadanovo este ano.Volverá in-tentalo dentro de dous.“Coas débedas de Agadic,que veñen do 2011, temosque adiantar nós os cartospara pagar novas produ-cións. Por iso as compa-ñías están reestruturándo-se”, salienta Salvador delRío.

Seguir tirando baixo mí-nimos é, deste xeito, nestemomento, a estratexia po-sible.Talía tivo que renun-ciar á Mostra de Cee, peroestreará o 11 e 12 de outu-bro,no FIOT de Carballo,Ométodo Grönholm, metáfo-ra dunha sociedade naque “se pode chegar a ex-tremos que nin imaxina-mos”por conseguir un em-prego, explica Artur Trillo.Teatro do Noroeste segue abuscar comprador para oseu vestiario, mentres pre-para a súa próxima estrea:Linda and Freddy, ilusionis-tas, unha obra que refle-xiona sobre un mundoque non valora a arte.“Sondous ilusionistas retirados.Nun escenario post–crise,desnortado, sen imaxina-ción nin sentido”, subliñaEduardo Alonso. Luma Gó-mez presentará, pola súabanda, o seu monólogo Atixola polo mango en AR-Teria Noroeste, en Santia-go, do 25 ao 28 de setem-bro.

Co tempo de despois dadestrución ten que ver ta-mén Snakizados, a monta-xe que Áncora estreará o

27 e 28 deste mes no Tea-tro Rosalía da Coruña.Trá-tase da terceira parte dos‘Logomonos’ de GustavoPernas.“Tras a gran defla-gración, que tipo de mons-tro pode xurdir dos ana-cos? A terra quere parir unnovo ser, que non querenacer porque non sabe oque é. Só quedan tuiteos,restos...”, apunta Anxela G.Abalo.

Non menos arriscada éa aposta de Espello Cónca-vo, que ten en cartel Tresno Bambán e prevé pre-sentar en marzo a súamontaxe de Azos de es-guello, a obra de EuloxioRuibal que gañou o pre-mio Álvaro Cunqueiro en1989 e que o Centro Dra-mático Galego nunca re-presentou. Levar aos esce-narios este texto,“moi liga-do ao nacemento da auto-nomía galega”, é “repararunha inxustiza histórica”,asegura Arturo López.“Azos de esguello mostra-ba a relación entre a co-rrupción, a construción, apolítica...e por iso resultouincómodo”, indica.

Azos de esguello conta-rá cun reparto duns seteactores.Tamén é ambicio-sa, nese aspecto, –con ca-tro actores: Manuel Man-quiña,Santiago Fernández,Luisa Merelas e Elina Lua-ces–, a montaxe de A fun-ción do tequila, que Teatrodo Morcego levará os días26 e 27 e Compostela. Otexto, de Manuel Guede,parte da historia de MaríaDocampo, a secretaria deCastelao e axente da CIA,para afondar na personali-dade do seu asasino, Jalis-co, e nos abusos de poderda axencia americana.“Aobra crea unha sensaciónde desasosego,de persona-xes dominados polas cir-custancias. E apunta aoxeito no que estamos so-metidos a discursos super-ficiais mentres se nos ago-cha o que pasa por de-baixo, como no caso dosbancos, que ocultaron atrama de especulación exogo cos nosos cartos, asnosas ilusións e o propiofuturo do país”, comentaCelso Parada.

Contra vento e mareaO teatro galego resiste

MONTSE DOPICO

Escena de “A función do tequila” (Teatro do Morcego).

Teatro do Morcego está atraballar tamén en Fábulas,un percorrido actualizadopola historia deste xénero.Ser compañía residente –enNarón– estálles axudando aresistir a crise. O mesmo lleocorre a Sarabela, que tenno Auditorio de Ourense o seu es-pazo e que, malia as dificultades,–retrasos nos pagamentos de axu-das–, celebrará o FITO do 5 ao 20de outubro. Ademais, o 21 de se-tembro estreará Viaxe a ninguresde Fernando Fernán Gómez,unhahistoria de cómicos ambulantesque serve de metáfora da precaria

situación actual do teatro.Xunto a Teatro do Morcego e

Sarabela, Chévere é outra dascompañías que apostan pologrande formato para esta tempo-rada.O grupo creador da pechadaSala Nasa tivo que emigrar de San-tiago a Teo, e segue a renovar oseu esforzo pola transformación

dos xeitos de facer teatro,como demostrou co seu Ro-meo e Xulieta nas redes so-ciais. Eurozone é o seu pro-xecto para a nova tempora-da. Tamén Ensalle preparaunha nova obra, Impruden-temente Deseé,así como Be-

rrobambán traballa en O refuga-llo, Producións Teatrais Excéntri-cas en Románticos,Kukas en O Ki-kirijote e Teatro do Andamio en Averdadeira historia da cigarra e aformiga. E sen axuda da Agadic,pero coas ganas de sempre,Voa-dora anda a argallar unha novamontaxe.

A axuda dasresidencias

FARO DE VIGO

XOVES, 20 DE SETEMBRO DE 2012 REPORTAXEIV

“Atra Bile”,Teatro de

Ningures.

FARO DE VIGO

XOVES, 20 DE SETEMBRO DE 2012ENTREVISTA V

–Jet Lag non está pensado xa como banda sonora dunha película, senón co-mo un disco independente. Determinou iso se sentisen Vdes. máis libres á hora de compoñer?

–Evidentemente, ao non estar suxeitoa unha imaxe ou situación cinematográ-fica, podes desenvolver aspectos noutraminutaxe e estética puramente musical,pero respectando sempre a estética com-positiva propia.

–Que criterio seguen para seleccionar os temas que lo-go incorporan ao seu reperto-rio?

–Non existeun proceso deselección; abanda non vénser un grupoque se reúnenun local “a verque xorde”, xaque hai un la-bor previo com-positivo. Por isomesmo, os en-saios van enfo-cados a montaro repertorio.

–Para cada un dos músicos da banda, per-tencer a Cre-binsky é un xei-to de hobby musical -que se compaxina coa pertenza a ou-tros grupos máis “stan-dard”- ou real-mente éste é un proxecto musi-cal a longo pra-zo e co obxecti-vo de asentar durante moitos anos?

–Non creoque ninguén nabanda o vexacoma un“hobby”.Canto a que cada músi-co compaxine este traballo con outrosproxectos, iso hai que velo como froitoda inestabilidade laboral do sector. Cre-binsky é un proxecto que en tres anos emedio de existencia leva gravados dousdiscos de temas orixinais (Crebinsky e JetLag); o primeiro foi reeditado nun DVDque leva a película e a B.S.O, máis un di-recto da banda en Pontevedra.Isto dá un-ha pista do esforzo investido e da inten-ción de ser un proxecto duradeiro notempo ou,polo menos, intentalo.

–No repertorio de Jet Lag non hai nin-guna peza galega Por que esta “exclu-sión”?

–Non é unha exclusión, senón que, aoser música propia, non hai ningunha pe-za galega entendida como versión dal-gún tema tradicional; pero tampouco haiversión de pezas turcas ou doutro país.Aúnica licenza neste disco foi incluír unpequeno fragmento dun romance anóni-mo ruso (só a letra,non a música) que di“Cocheiro non apures os cabalos quenon teño présa en ir a ningures”.

–Nos inicios, había unha parte do pú-blico que os tomaba a Vdes. como un grupo, digamos, só para o divertimento, pasalo ben, para facer festa… Co paso do tempo, xa conseguiron convencer a xente que, tras esa aparencia de pura

xolda, de brincadeira, se recoñeza que hai un traballo musical moi serio detrás?

–Unha cousa é intentar facer un pou-co de humor enriba do escenario, taménpara mitigar o efecto da densidade musi-cal, e outra dicir que a música non é se-ria.O traballo feito detrás está acreditadocon premios como o Premio á Mellor Mú-sica Orixinal pola B.S.O. Crebinsky , no16º Festival Du Film Espagnol en Toulou-se ( Francia), en 2011; Premio Mellor Mú-sica Orixinal pola B.S.O da película Cre-

binsky no Festival Internacional de Cinede Oaxaca ( México), en 2011,así comotamén fomos finalistas nos Premios Inde-pendentes de la Música 2012, e diversasnominacións noutros certames.

–Que tal os recibiron no Festival de Ortigueira?

–Foi un dos primeiros concertos comobanda. En Ortigueira ofrecemos o espec-táculo co formato pasarrúas + proxec-cion da película+concerto coa banda; aacollida foi moi boa, demos tres actua-

cións ao día e foi, realmente, algo moi in-tenso.

–Para algún de Vdes., tocar na rúa, é unha experiencia nova. Que se aprende deste tipo de experiencia?

–No caso da Banda Crebinsky,é un for-mato que ofertabamos como “ UniversoCrebinsky”, un pasarrúas, proxección dapelícula e concerto.A idea xurdiu da pro-pia película, na parte da verbena na queos músicos da romaría fan un pasarrúas,ao xeito tradicional dunha festa popular.

–Como acadan compaxinar o feito de ser un grupo ecléctico, canto a estilos musicais, co de conseguir unha identida-de propia?

–Pois, basicamente, cunha unidade es-tética compositiva como a (case) ausen-cia de cadencias e as modulacións nonpreparadas (un pensamento máis mo-dal),a utilización de mantras de acompa-ñamento rotos por compases irregularese melodías bastante rebuscadas, peroaparentemente sinxelas.

–Nos concertos, dan Vdes. unha im-presión de improvisación Até que punto acontece tal neses directos e até onde to-do está realmente máis preparado ou en-saiado do que parece?

–Pois improvisación hai moi pouca, sóo que atinxe a un par de temas que in-clúen solos instrumentais.

“Recorremos aosentido do humor,

pero o noso proxectomusical é moi serio”

Creada nun principio para gravar a música orixinal, composta porPablo

Pérez, para a película Crebinsky, (de Enrique Otero), a banda que leva este

nome decidiu continuar a súa andaina e editar, xa como obra independente, un

novo álbum titulado Jet Lag do que agora nos vén falar o propio Pérez

Banda Crebinsky - MÚSICA

LOURDES VARELA

“Nos nosos

concertos,

improvisación

hai moi pouca”

Os membros de

Crebinsky.

En vías de extinción su-pón un chanzo máis napoética de María Reimón-dez. En obras anteriores, anosa autora apostara porunha escrita cunha impor-tante pegada reivindicati-va: O club da calceta de-mostra como a sororidadeentre as mulleres pode tro-car o mundo;Usha abre un-ha fiestra sobre o volunta-riado internacional e a in-terculturalidade e Piratarecorre ao transformismofeminino para denuciarque converténdonos porfóra nun outro masculino esingular,o poder acadado éradicalmente diferente.

A través de Mariña/Gaia,percorremos dous micro-mundos complementarios ávez que enfrontados: o uni-verso natural, caracterizadopor xeitos de vida abertos aoque a terra ten que lles dicir;e o universo urbano, no quetodo é perecedoiro e pres-cindible. O primeiro é o ám-bito das seguridades e dosvalores, mais no segundo ha-bitan os medos e a falsidade(como simbolizan os perso-naxes que transitan cada undeles). Entrementres, Gaia –ha-bitante por obriga da cidade–loita por facer agromar nela as car-balleiras rexas das súas conviccións,coas bandeiras do feminismo,ecolo-xismo e lingua por diante. Porque aprotagonista rabuña por ser a muller

que quere ser, por vivir no mundoque soñou e por falar o galego quemamou cando pícara.

Nunha trama que combina deforma intelixente ficción literaria e

discurso ideolóxico ficcio-nalizado, o esquelete argu-mental é moi semellanteao das pólas dunha vizosaárbore, xa que cada unhaleva á lectora ao espazoaberto, no que é obriga pe-char os ollos e observar oque ocorre mentres vivi-mos. Fronte aos programastelevisivos do corazón, oactivismo pacífico de de-fender un idioma, pois é a

casa de todas; fronte á so-ciedade heteropatriarcal , acoraxe e a normalidade deberrar que quen se ama é ou-tra muller; fronte ao poderasoballador do cemento, o es-

parexemento de árbores ceibes easí nun longo elo en que os interro-gantes e as nosas propias respostasxorden insistentemente. Porque Envías de extinción é unha novela queesixe e que non deixa indiferente.Reparen na(s) súa(s) lingua(s).Ta-mén na súa ideoloxía, a pesar de to-do excesiva. Aínda que ninguéndixo que a literatura estivese exentadela.Mais ben ao contrario.REIMÓNDEZ,María,En vías deextinción,Ed.Xerais,Vigo,2012,PVP. 21 €

Con apenas vinte e seis anos,Adelaida Vidal obti-vo o último PremioVicente Risco de Creación Litera-ria pola súa novela Olladas,texto co que se estrea nomundo da narrativa galega.

Animada por unha particular concepción da per-cepción intencional en non poucos sentidos case fe-nomenoloxicamente husserliana, a historia que Vi-dal nos propón arrinca dunha reveladora cita de Mi-lan Kundera,o escritor checo ao que esta nova crea-dora coruñesa devociona de xeito manifesto:“Todosprecisamos que alguén nos mire. Sería posíbel divi-dirnos en categorías, segun-do a ollada baixo a que que-remos vivir”.

O que segue é un xogocalidoscópico, un salón dosespellos no que catro perso-naxes (Nena, Duarte, Joyce eSarah) entrecruzan as súasperipecias vitais coas fías dosamores e desamores que osunen e afastan nun constantecarrusel emotivo.

No fondo, o que se perse-gue non é senón mover á refle-xión sobre a volubilidade, a inestabili-dade na determinación do ser social, sem-pre en dependencia daquilo que proxectamos ser,pois a ollada actúa axudando a configurarnos.

Interesante debut de AdelaidaVidal con este Olla-das. Unha nova voz coa que aprender a oír,e a ver,anosa sempre complexa realidade.VIDAL,Adelaida,Olladas,Ed.Sotelo Blanco,Santiago,2012,PVP.16 €

Novas olladasInteresante debut

ARMANDO REQUEIXO

FARO DE VIGO

XOVES, 20 DE SETEMBRO DE 2012 LIBROSVI

A autora sabe

combinar a ficción co

discurso ideolóxico

A colección“Arte de trobar” reúne, no seu volume19 e baixo os auspicios do Pen Clube de Galicia,a obrade Xosé Conde (Barbantes, 1918–O Porriño, 1990) cosuxestivo título de Ausencias, soños e rebeldías. Creoque este magnífico comezo nos informa dos temasque tratará un autor inxustamente esquecido: o inti-mismo acedo na dimensión existencial e o compromi-so ético coa República e con Galiza.Unha saudade co-mo materia áspera do poema, unberro insubornábel contra todo ti-po e opresión percorren os seustextos. Desde unha idade ceda onoso poeta emigrou a Buenos Ai-res desempeñando diversos ofi-cios e adquirindo,con perseveran-te esforzo,os coñecementos nece-sarios para realizar un camiño lite-rario discreto, tanto na lingua deCervantes como na de Rosalía.

A timidez,a discreción e o pun-donor ocuparon sempre o centroda súa personalidade creadora. O dominiodo ritmo e a sinceridade expresiva foron os alicercessobre os que edificou o seu lirismo:“Está na lombanúa isolado,/lonxe do mar que enfeitiza co bico dasmarusías/lonxe do mar que o abrangue/co garfo do ri-so verde”.O tomo foi exemplarmente editado por Víc-tor Campio Pereira e EdelmiroVázquez Naval.CONDE,Xosé,Ausencias,soños e rebeldías,Ed.PenClube de Galicia,Santiago,2012,PVP.22,50 €

Intimismo ecompromiso

Con sinceridade expresivaROMÁN RAÑA

Contra aindiferencia

Cando as cerdeiras resistenMONTSE PENA PRESAS

Neste ano C.E.F. en que se conmemora o centenario do na-cemento do poeta,Xerais tíñanos preparada unha sorpresa daman do inesgotable Ramón Nicolás.Onde o mundo se chamaCelso Emilio Ferreiro é unha biografía magnífica que debe es-tar nos andeis xa non dos amantes do celanovés, senón ta-mén nos de calquera persoa interesada pola historia da cultu-ra galega.

A obra vai moito máis aló do seu protagonista e achéganosdunha forma case íntima, especial-mente a través de innumerables car-tas,a moitos outros persoeiros permi-tíndonos entender a través da vida docelanovés boa parte da nosa historiarecente.

O volume é froito tamén dunha in-vestigación meritoria por milleiros dedocumentos,tanto privados coma pú-blicos,que nos permite rescatar textoscoma este:“Nós defendemos a língoagalega porque tentamos axudar a re-solución do seu problema.A língoagalega existe; logo, tamén esiste o seuproblema.Manterse neutrales ante iste pro-blema é unha falsedade,que soi conduz á destru-ción inútil dunha cultura.”(CEF,1967).

A habilidade narrativa do biógrafo converte o que poderíater sido un árido ensaio nun libro que se deixa ler coma unhanovela sen perder por iso un ápice de criterio científico.Para-béns sinceros,pois,para Nicolás.NICOLÁS,Ramón,Onde o mundo se chama Celso EmilioFerreiro,Ed.Xerais,Vigo,2012,PVP.20,80 €

Un grandeensaio

Para coñecermos Celso EmilioPILAR PONTE

“Se Castelao tan axiña e con tan dilatado abano de xé-neros adquiriu xerarquía de clásico da literatura galegamoderna,o segredo non está soamente na calidade da súaobra escrita.E menos na cantidade.Está máis ben na xerar-quía que conseguiu darlle ao seu ´modus de expresión´,na ´sensibilité linguistique de son groupe´,a beleza formal,o estilo.”

Con estas palabras,describiu Valentín Paz–Andrade,no“Prefacio”,a singularidade do grande autor de Rianxo.Re-ferímonos ao“Prefacio”de Castelao na luz e nasombra, aparecida por vez primeira en Edi-ciós do Castro,1982,e que agora re-cupera felizmente Galaxia.

Moito está escrito, pero moitoresta aínda por escribirse arredordo autor de Sempre en Galiza.Cas-telao adquiriu,por dereito propio,acategoría de mito e de aí que resul-te,ás veces,ben difícil delimitar conrigor a súa verdadeira aportaciónnas múltiples facetas nas que desen-volveu o seu labor.

Non obstante,cando lemos as pá-xinas da obra de Paz–Andrade,nonsó procuramos a puntualidade do ensaio; imos a elas –e,certamente,atopamos nelas– a sensibilidade,a forza dou-tro namorado amante de Galiza:reconforta reler,sentir ledi-cia nos meandros,percorrer o guieiro de estrelas que am-bos,Castelao e Paz–Andrade,foron quen de legarnos.PAZ ANDRADE,V.,Castelao na luz e na sombra,Ed.Galaxia,Vigo,2012,PVP.40 €

Anais deCastelao

Crónica dunha xerarquíaLUCÍA SEOANE

FARO DE VIGO

XOVES, 20 DE SETEMBRO DE 2012FILOSOFÍA/POLÍTICA VII

Política y República.Aris-tóteles y Maquiavelo (Bi-blioteca Nueva, Madrid,2012) vén ser o último títu-lo no longo camiño de Jor-ge Álvarez Yagüe,en defen-sa da concepción republi-cana da política: é dicir, dapolítica a secas.A que pasaespecialmente por nonconfundir “política” con ló-xica do poder, técnica degoberno ou ese tipo decousas que conciben a po-lítica coma un oficio. O li-bro busca a orixe desaconfusión na recepción dopensamento político deAristóteles por parte deMaquiavelo.

A reflexión sobre a ex-periencia política come-zou, na nosa tradición, coaloita das pólis da Greciaclásica nos séculos V e IVa. C., contra as tiranías. Engrego as palabras“política”e“república”son a mesma;cabe,pois,dicir que o fenó-meno “república”, ou “polí-tica”, son contrarios ao de“tiranía”. Hai política, polotanto, se hai liberdade, se-nón o que hai é tiranía oudespotismo. O poder senmáis é tiranía, aínda quesexa benevolente. O poderé político se permite a ex-presión da pluralidade hu-mana, senón impón mo-dos de ser e non remite aunha suposta natureza hu-mana.

Na Política de Aristóte-les “república” significa un-ha orde social baseada na“clase media”.Naqueles ci-dadáns que non son nin ri-cos nin pobres e que, poriso, carecen do desexo dedominar e tamén de serdominados. Gobernan eson gobernados por quen-das. Posúen unha ética daigualdade, en virtude dacal aman máis a liberdadeque a propiedade. A cues-tión, na súa perspectiva,non é aumentar a propie-dade e o poder persoal, se-nón a de atopar a forma depropiedade que faga osmellores cidadáns; paraeles, os máis participativosna política da cidade.

Nos séculos de dominiocristián,o concepto de me-llor cidadán deixou de de-signar amor ao mundo, afelicidade de vivir nun po-bo libre,e pasou a designaros obedientes e temerosospola salvación da súa al-ma. Cóntanos o libro quepara defender a monar-quía papal, en termos aris-totélicos,Tomas de Aquinotivo que cambiar o sentidodo texto en máis dun pun-to. Coñécese ben que tra-duce por “animal social” oque en Aristóteles é “ani-

mal político”. Poñendo “so-cial” como atributo de “ho-me”, ocultouse a esencialpluralidade da acción hu-mana, o seu carácter irre-dutiblemente impredici-ble. Ao contrario do queocorre co gregario com-portamento social.

Maquiavelo aparece ne-se contexto de loita teóricacontra o poder papal.Parteda súa propia experienciana defensa da liberdadede Florencia. Refuga, pormoralizante, a linguaxe domellor cidadán e afirmacon toda claridade a irre-dutiblidade da acción polí-tica e da súa única formalexítima: a República. Ne-ga, con iso, todo patrón ex-terior co que medir a polí-tica, a non ser a políticamesma. Cómpre, dicía Ma-quiavelo, defender a Repú-blica con“honra ou con ig-nominia”. Afirma, igual-mente, que o bo cidadán,como o bo Príncipe, tenque ser quen de facer omal, se a liberdade da Re-pública o necesita. Seme-lla o triunfo brutal da lóxi-ca do poder. Pero Jorge Ál-varez pon en evidenciaque gran parte dos argu-mentos de Maquiavelo xaestán na Política de Aristó-teles.Cabe falar,na súa opi-nión, dun Aristóteles ma-quiavélico.Ademais a mo-ral non desaparece naobra do“sutilísimo florenti-no”, redúcese a unha mo-ral de mínimos. O mal nonse xustifica. Pero aínda así,mesmo que a políticamanteña o resto moral da“economía da violencia”,Maquiavelo descarta a ca-pacidade de autogober-narse do home.O home faimal sempre que pode. Da-quela, a liberdade requireinstitucións fortes que re-sistan a natureza corrupti-ble do ser humano.Velaí o“problema”, a fenda queMaquiavelo abriu na tradi-ción republicana na opi-nión de Jorge Álvarez. Poraí, a “política” pasou a sersinónimo de“poder”e a ac-tuar baixo o ditado da ne-cesidade.

Política eRepúblicaDesde Aristóteles a Maquiavelo

ÁNGEL PÉREZ

Álvarez Yagüe é catedrático de filosofía.Hai dúas décadas que organiza reunións deprofesores da comarca deVigo.O tema domi-nante das sesións é a política:enténdase pen-samento político ou mesmo, no oxímoronuniversitario,“ciencia política”.A listaxe dosprofesores invitados inclúe as autoridadesmáis recoñecidas do ámbito español e gale-go: Javier Mugerza, Gustavo Bueno, JacoboMuñoz,Antonio Domenech e José Luis Villa-cañas,entre os primeiros;dos galegos,Francis-co Sampedro,Alberto Sucasas,Alberto Morei-ras,Arturo Leyte e Felipe Martínez Marzoa.

Con este último Álvarez Yagüe mantivo undiálogo que ten claro eco no libro que co-mentamos. En República y Política afírmaseque a coacción non proporcionan base sufi-ciente ás leis políticas;estas precisan dun ele-mento de aceptación voluntaria,ao que só se

chega mediante a participación.A repúblicaé inviable cunha cidadanía pasiva. En Martí-nez Marzoa lemos algo distinto. Non importase o home é corruptible ou virtuoso. Simple-mente cómpre que as mesmas condutas reci-ban o mesmo trato da lei. Para iso a únicacondición imprescindible é que a máquinada Estado resulte suficientemente coactiva.Daquela,Maquiavelo tería axudado a Hobbesnon xa como enterrador do republicanismo,papel que lle asigna o libro, senón coma par-teira da modernidade política.O debate con-tinua.

Filosofíana cidade

Alexandre Magno, un rei educado por Aristóteles.

Platón e Aristóteles na Escola de Atenas, de Rafael (1510-1512).

Destacaba Peter Brook,por volta de 1968, naquelamarabilla titulada The Emp-ty Space, a necesidade deapostar por un teatro inme-diato, quizais porque el sa-bía, como sabemos agora,que a maioría da xente po-de vivir perfectamente senningún tipo de arte,mesmosen ánima.E imaxinaba unteatro capaz de estar á alturadas necesidades da socieda-de do seu tempo, é dicirdunha sociedade que preci-saba referentes novos, quefose capaz de transformarsea si mesma, na procura da-quel ideal humanista quetanto alentou coa Revolu-ción Francesa e coa Moder-nidade.

Viñeron despois os tem-pos da posmodernidade epúxose en marcha a maqui-naria infernal do todo vale,ao punto de que DamienHirst enchía con cabichasun cinseiro denominadoobra de arte,Olvido Gara re-clamaba o legado de Mano-lo Escobar, e os artistas dapresentación escénica de-claraban a morte do teatro,enchendo a escena simplesaccións cotiás e outras oco-rrencias que non deixabande ser un retrato intelectuale artístico dos seus execu-tantes.Mediocridade en es-tado puro.E a posmoderni-dade prendeu en Galicia co-mo os lumes no verán.

Non hai dúbida que to-dos eses apóstolos da fin doteatro partillan un medo co-mún,cal é o de enfrontarsea un texto para armalo,paradicilo,para falalo,para crearcon el un mundo escénicosubstantivo, para facer delun artificio sonoro e visual,para conformar un espectá-culo que deixe no especta-dor una pegada non superfi-cial. Por iso mesmo HaroldPinter é un autor tan difícil epor iso provoca tanto des-dén ou anoxo entre presen-tadores escénicos e acom-pañantes. Con Pinter nonserven os simulacros.

Quizais o que se propu-xeron estes mozos e mozasde Il Maquinario Teatro,conesta proposta primeira, foseprecisamente facer un tea-tro substantivo e necesario,un teatro a favor do teatro econtrario polo tanto a esadimensión mediática tanpopular na actualidade,abeirada ao populismo,aosefectos especiais e á pólvoramollada. Un teatro a favordo público, considerandoque o público tamén ten de-reito á intelixencia, nunmundo en que se asentacon forza o pensamento dé-bil, como denunciaba nonhai tanto Susan George en Opensamiento secuestrado.

Destaca neste espectácu-lo de Il Maquinario,o traba-llo de composición do seu

director,Tito Asorey,e a adecuada cons-trución dos perso-naxes que ofrecenMelania Cruz, Fer-nando González,Laura Míguez eFran Lareu.E hai nasúa actualizaciónna escena un certopouso daquela di-mensión lúdicaque Brook reclama-ba para o teatro,cando sinalabaque non era máisque un xogo,sendo

o xogo unha das actividadeshumanas máis complexas.Un traballo que se realizadesde una comprensióncerta dos elementos de sig-nificación da escena,e poriso o espectáculo ten unhacoherencia notable, cousapouco común na nosa esce-na. Hai que destacar, certa-mente,ese gusto polo rigor,pola precisión,que fai que oespectáculo acabe por terunha dimensión sistémicaconsiderable pois todo nelacaba por cadrar, aínda re-coñecendo que haxa ele-

mentos prescindibles,comaun espazo sonoro que porveces se volve interferencia.

Agroma este primeiro es-pectáculo de Il Maquinariodun texto de Martin McDo-nagh que nos fai lembrar aoPinter primeiro,autor de tex-tos enigmáticos coma TheRoom, A festa de Aniversarioou The Homecoming, queprovocan no lector unhamanchea de preguntas senresposta posible.E Tito Aso-rey,na versión que fai do tex-to orixinal,acerta a recollera esencia dun texto tan duro

como difícil, para construírunha proposta escénica enboa medida marcada porunha tonalidade cruel,asen-tada en palabras que cortancoma coitelos.E aí de novodestacamos o traballo deactores e actrices tan novose tan notables,que xogan avontade coa palabra paraelaborar un pesadelo atroz,tamén a través das magnífi-cas historias que van debu-llando aquí e acolá.Non seperdan o espectáculo.Real-mente,crean que si que pa-ga a pena asistiren a el.

Recrea Martin McDonagh,neste texto enorme, a peripeciade dous irmáns que viven unavida estraña nun universo a pe-nas recoñecible, a pesardas aparencias, e polotanto indeterminado, in-definido, innomeable,sen limites precisos, senningún tipo de certezas. Pois to-do canto se conta e todo cantose di carece de posibilidades deser contrastado, de ser verifica-

do. Só sabemos que un dos ir-máns escribe historias arrepian-tes mentres que o outro semellaxogar con elas,como se xogaba

antes ás películas en rúas e ruei-ros. E son historias que remitena un mundo inhóspito, a unhaterra baldía,coma en T.S.Eliot.

Dous policías investigan a de-saparición de varios nenos entanto reconstrúen a historia sór-dida e macabra dos irmáns,deti-

dos na comisaría. Nese tempoteremos ocasión de escoitar asincribles historias de Katurian,como a do porquiño verde ou a

do home almofada, e que enboa medida acaban por ser me-táforas poderosas do mundoque habitamos nós. Mais, final-

mente, xamais sabere-mos da natureza verda-deira dos irmás, dos po-licías, nin tampouco sa-beremos da natureza

verdadeira dos feitos que se nospresentan.E entón chega o tem-po do desasosego.Coma en Pin-ter.Magnífico.

O home almofada

Poéticadun

desacougoatroz

Un espectáculo de IlMaquinario

MF VIEITES

FARO DE VIGO

XOVES, 20 DE SETEMBRO DE 2012 TEATROVIII