"Aproximación a muller no Antiguo Exipto"

13
1 APROXIMACIÓN Á MULLER NO ANTIGO EXIPTO María Eugenia Muñoz Fernández Instituto Superior Compostelano de Ciencias Relixiosas (ISCCR) Instituto Bíblico y Oriental (IBO) A figura da muller exipcia sempre estivo marcada polos prexuízos. De feito, se preguntaramos á xente por nomes de mulleres exipcias, a resposta sería clara e tallante: Cleopatra, a femme fatale por excelencia. A raíña exipcia, amante de Xulio César e Marco Antonio, converteuse no arquetipo de muller fermosa e intelixente que utiliza os seus encantos sexuais para manter os restos do seu depauperado “imperio”. Pero antes de que os romanos espallasen por Oriente e Occidente a súa peculiar imaxe da raíña do Nilo, a Biblia xa tiña fosilizada a idea nesgada da muller exipcia no personaxe tipo da “muller sedutora”: a dona de Putifar, o eunuco do faraón e xefe de Xosé; dona intelixente e hábil que tratará, sen éxito, de seducir ao xove, inocente e piadoso hebreo. Este relato, que como veremos de seguido, bebe directamente das fontes exipcias, será alimentado polas diferentes tradicións ata o punto de ser empregado como definición da fémina no Antigo Exipto. Deste xeito algúns autores, dende a óptica occidental, chegan a afirmar que a “muller exipcia era frívola e coquetona”. Pero, ¿era esta a visión que se tiña do feminino no Antigo Exipto? ¿Son os xudeos e romanos quenes crearon o arquetipo da exipcia engaiolante e perigosa ou esta idea xa se reflictía dende sempre no país do Nilo? A estas e outras preguntas trataremos de dar resposta ao longo deste breve percorrido pola historia e sociedade exipcia. A MARCA DO FEMININO NA LINGUA EXIPCIA Cando nos achegamos aos textos do Antigo Exipto o primeiro que diferenciamos é a pegada do feminino. Na lingua exipcia, e segundo a regra, o feminino recoñécese por engadir unha – t ( ) ao masculino. Se o substantivo home se di “se” (s), muller é “set” (s.t). O complexo sistema de escritura precisa ademais que, complementando aos signos fonéticos (aqueles que se len), deben aparecer os signos determinativos (aqueles que non se len), e que sinalan a categoría semántica á que pertence a palabra. Deste xeito aos signos

Transcript of "Aproximación a muller no Antiguo Exipto"

  1

APROXIMACIÓN Á MULLER NO ANTIGO EXIPTO

María Eugenia Muñoz Fernández

Instituto Superior Compostelano de Ciencias Relixiosas (ISCCR) Instituto Bíblico y Oriental (IBO)

A figura da muller exipcia sempre

estivo marcada polos prexuízos. De

feito, se preguntaramos á xente por

nomes de mulleres exipcias, a resposta

sería clara e tallante: Cleopatra, a femme

fatale por excelencia. A raíña exipcia,

amante de Xulio César e Marco

Antonio, converteuse no arquetipo de

muller fermosa e intelixente que utiliza

os seus encantos sexuais para manter os

restos do seu depauperado “imperio”.

Pero antes de que os romanos espallasen

por Oriente e Occidente a súa peculiar

imaxe da raíña do Nilo, a Biblia xa tiña

fosilizada a idea nesgada da muller

exipcia no personaxe tipo da “muller

sedutora”: a dona de Putifar, o eunuco

do faraón e xefe de Xosé; dona

intelixente e hábil que tratará, sen éxito,

de seducir ao xove, inocente e piadoso

hebreo.

Este relato, que como veremos de

seguido, bebe directamente das fontes

exipcias, será alimentado polas

diferentes tradicións ata o punto de ser

empregado como definición da fémina

no Antigo Exipto. Deste xeito algúns

autores, dende a óptica occidental,

chegan a afirmar que a “muller exipcia

era frívola e coquetona”.

Pero, ¿era esta a visión que se tiña do

feminino no Antigo Exipto? ¿Son os

xudeos e romanos quenes crearon o

arquetipo da exipcia engaiolante e

perigosa ou esta idea xa se reflictía

dende sempre no país do Nilo? A estas e

outras preguntas trataremos de dar

resposta ao longo deste breve percorrido

pola historia e sociedade exipcia.

A MARCA DO FEMININO NA

LINGUA EXIPCIA

Cando nos achegamos aos textos do

Antigo Exipto o primeiro que

diferenciamos é a pegada do feminino.

Na lingua exipcia, e segundo a regra, o

feminino recoñécese por engadir unha –

t ( ) ao masculino. Se o substantivo

home se di “se” (s), muller é “set” (s.t).

O complexo sistema de escritura precisa

ademais que, complementando aos

signos fonéticos (aqueles que se len),

deben aparecer os signos determinativos

(aqueles que non se len), e que sinalan a

categoría semántica á que pertence a

palabra. Deste xeito aos signos

  2

fonéticos da muller engádeselle unha

imaxe que a representa visualmente :

Home (Se) Muller (Set)

 s

 s.t

 

Nun segundo momento descubrimos os

diversos nomes que refiren a realidade

do mundo feminino. Éste comprende

varios termos: muller (set ), esposa

(hemet ), nai (mut ), filla (sa

) e irmá/amante/dona (senet ).

Cada un destes vocablos reflicte as

diferentes facianas dunha mesma

realidade, a muller no Antigo Exipto.

Dicía Unamuno que toda filosofía é no

fondo filoloxía. Esta idea cobra

auténtico significado na cultura exipcia

xa que, posiblemente, en ningunha outra

lingua se poden percibir tan claramente

as relacións entre escritura e

pensamento. Así o termo máis

empregado para a muller en Exipto,

hm.t (hemet), podería agochar na

súa raíz a idea xenuína que os exipcios

tiñan dela: a muller como orixe da vida,

como útero.

Para facer unha rápida pescuda do

significado de hm.t (hemet) partiremos

tanto da lista de signos de Gardiner,

filólogo e historiador británico do

século pasado, coma das traducións

propostas polos diferentes dicionarios

de lingua exipcia.

Se illamos o signo bilítero que se utiliza

para escribir muller ( hm) e ollamos á

lista de signos de Gardiner, veremos

que aparece clasificado na letra N

(signos do ceo, da terra e da auga) cos

números N 41 ou 42 ( ou ). O

filólogo inglés, ao mesmo tempo que da

una definición xeral do signo coma

“pozo cheo de auga”, sinala o seu

emprego como substituto do órgano

feminino na palabra muller/esposa

( ) e incluso como órgano feminino

en (hm.t), traducido aquí como

“vulva” ou “matriz”. Atopamos as

mesmas definicións nos diferentes

dicionarios: hm.t significa tanto “muller

/ esposa” coma “útero”, “matriz” e

incluso “vulva”.

En síntese, unha das palabras mais

empregadas para referirse á muller no

Antigo Exipto parece estar estritamente

vinculada á súa función en canto

xeradora de vida.

Pero como xa adiantamos, existen

outros termos empregados para referirse

a ela como (ms.t) para a muller

que pare un neno/a; (mt) ou

(id.t) a xeradora e portadora da

herdanza; (mw.t) a que alimenta;

e finalmente (mw.t) a muller como

  3

nai protectora, a que garda e cría o

rapaz.

A MULLER NA ORIXE

Cóntase no mito que no principio, antes

de que naceran a terra e o ceo, antes de

que os homes viñeran á existencia e os

deuses foran paridos, e incluso antes de

que nacera a morte xa existía Demiurgo.

O Deus, tras crearse, emerxe das augas

do caos e delimita o espazo e o tempo

instaurando Maat ou orden universal,

principio feminino que garante o

mantemento do universo. Acto seguido,

ben masturbándose, ben espirrando ou

ben creando coa palabra o que pensara

no corazón, comeza a crear as diferentes

criaturas que poboarán o universo.

Primeiro os deuses e despois, das

bágoas dos seus ollos, a humanidade,

homes e mulleres, grandes e pequenos,

en igualdade:

“Eu realicei catro boas accións no

interior do horizonte. Creei os catro

ventos para que cada un puidera

respirar (…) Creei á Grande Crecida

para que tanto o Grande coma o

Pequeno a aproveitaran (…) Eu creei

todo, o home igual ao seu semellante;

eu non os autoricei a cometer o mal,

pero o seu corazón desobedeceu o que

lles dixen (…) Esta foi unha das miñas

accións, creei aos deuses da miña suor

e aos homes das bágoas dos ollos”

(Textos dos Sarcófagos, 1130).

Deste modo describen os textos dos

Sarcófagos a creación do xénero

humano sen distinción, sen establecer as

diferenzas que aparecen en outras

culturas: homes e mulleres englóbanse

no mesmo grupo remech, os homes

exipcios, o ganado de Deus para quen

foron creados o ceo e maila terra

(Ensinanza de Mericaré).

A Nebet peret ou SEÑORA DA

CASA

No Antigo Exipto o matrimonio era o

estado ideal, de tal xeito que un home

que se atopara nunha situación

medianamente acomodada debía fundar

unha casa, tomar esposa e ter fillos. Esta

realidade aparece recollida en diferentes

textos dende o inicio ate o final da

historia do país. Dous dos sabios máis

prominentes do Val do Nilo

pronúncianse así sobre o matrimonio:

“Se te atopas en boa posición, debes

fundar una casa, / toma una muller

como dona da casa / e un fillo macho

serache traído ao mundo”(Ensinanza de

Hordjedef)

“Se estás acomodado, funda unha casa

/ ama a túa muller como se debe…”

(Ensinanza de Ptahhotep)

O proxecto de vida das mulleres e

homes de Exipto era formar un fogar; e

  4

para iso o home solicitaba permiso á

familia da moza de cara a comezar unha

vida en común con ela. O matrimonio

non estaría sancionado por ningún acto

relixioso ou xurídico: o futuro esposo,

unha vez adquirida certa folgura

económica, iría á casa da noiva cun

presente para o pai, e a partir dese

momento a moza entraría na casa do

esposo convertida en hemet, esposa.

Poderíamos dicir que o matrimonio en

Exipto sería unha especie de “unión

libre” entre un home e unha muller; e

que esta unión estaría formalizada por

un contrato económico cuxa finalidade

principal era definir as posesións de

cada un dos membros da parella para

evitar problemas nas herdanzas ou

posibles divorcios.

Polo dito, parece compricado falar do

amor romántico na base dos

matrimonios do Antigo Exipto. O

romanticismo nos casamentos, que

algúns investigadores queren ver na

fantástica lírica ramésida, sería unha

excepción, e os fabulosos “versos” dos

antigos textos estarían máis próximos a

un divertimento cargado de

sensualidade que a realidade do

matrimonio. Detrás das suxestivas

líneas poéticas do Papiro Harris 500,

atópanse unha complexa realidade ao

respecto:

(Fala ela:) Ligado a ti esta o meu

corazón. / Quero facer por ti o que (o

corazón) busca. / Estar nos teus brazos

é a pregaria / que suplican os meus

ollos. / Mirarte ilumina os meus ollos /

cando estou preto de ti. Ao ver o teu

amor, príncipe do meu corazón /¡Qué

felicidade que é ese momento: /

alónguese para min eternamente. /

Deitarme contigo eleva o meu corazón /

[que él se lamente ou sexa feliz] /Non

me deixes. (Harris 500, 7,3-7,6)

Fig. 1.: Museo do Louvre. Inspector de escribas Merseanj e 

muller. Reino Antigo. 

E nesta situación ¿onde queda o amor?

As imaxes de pinturas e esculturas

mostran parellas que se profesan amor e

respecto; e os textos, case sempre dende

o punto de vista masculino, sinalan

  5

como debería tratar o esposo á esposa.

Así fala o sabio Ptahhotep:

Ama a túa muller como se debe, / enche

o seu estómago, cubre as súas costas…/

O aceite é a mediciña do seu corpo.

/Faina feliz mentres viva. / É un campo

útil ao seu señor.

Estes preceptos alónxannos do amor

romántico e achégannos á realidade

práctica dos exipcios xa que, se ben o

sabio recomenda tratar ben a esposa,

non deixa de por o acento na utilidade

da muller en canto un campo últil para o

seu marido.

Unha vez a moza entra na casa deste

convértese en esposa (Hemet) e polo

tanto comezará a desenvolver o seu

papel fundamental: “dona da casa”

(nb.t pr.t nebet peret). Os seus

cometidos principais serán: ser unha

boa esposa e nai ao mesmo tempo que

xestionar a economía domestica.

A esposa

Unha esposa debía “ter boas carnes,

estar chea de vivacidade, ser coñecida

polos habitantes da vila e comportarse

de acordo á Dobre Lei” (Ensinanza de

Ptahhotep). Se isto é así, ela non debería

ser repudiada e o marido tiña o deber de

alimentala, vestila, darlle todo tipo de

cousas boas e facela feliz, pois a muller,

como xa vimos, é un campo útil para o

seu marido e ben coidada non perde o

tempo chorando (Ensinanza de

Ptahhotep).

Pola súa banda a muller tamén debía ser

eficiente: a capacidade da esposa na

xestión do fogar era valorada e o sabio

Any sentencia:

“Non controles a túa muller na casa /

cando coñezas a súa eficacia. / Non lle

digas “¿Onde está? ¡Trae!”/ xa que ela

o gardou no lugar adecuado ./ Mira,

garda silencio

e verás a súa habilidade. / Qué

alentador é ter a túa man na súa, / e hai

moitos que non saben isto / un home

debe de evitar a perturbación no seu

fogar, / mesmo se non o atopa como o

deixou (…) Non molestes a unha muller/

Non sexas severo reprendéndoa”.

Fig.  2.:  Museo  do  Louvre.  Muller  moendo  gran.  Reino 

Antigo. 

Pero, coidado, advirte o sabio, debes

manter a muller na casa lonxe do poder,

  6

“mantena dócil, pois o seu ollo é unha

tempestade cando mira” ( Ensinanza de

Ptahhotep). Non só a mirada da muller é

preocupante, o home debe de coidarse

das mulleres alleas e estranxeiras, pois

un momento de paixón pode conducir á

morte, xa que a muller é como a auga,

difícil de conter e de coñecer.

As mulleres son perigosas,

especialmente aquelas que non se

someten á maat ou a orde establecida, e

os textos advirten sobre estas femmes

fatales que aproveitan a ausencia do

marido para enredar aos homes

honrados dicíndolles “son libre”, e acto

seguido téndese no leito para atrapar a

súa presa. Exemplos destas condutas

reprobables atopámolas ao longo da

historia de Exipto, dende o conto do

Papiro Westcar coa súa orixe no Reino

Medio ate o máis tardío de “Satni-

Khamois entre os mortos”, sen esquecer

dúas obras mestras do Reino Novo, “Os

Dous Irmáns” e “Verdade ou Mentira”.

En todas as historias aparece unha

muller fatal, casada ou solteira, cuxos

encantos femininos causan a perdición

do home, ben porque este cae na gaiola

da sedutora quedando a súa mercede,

ben porque rexeita os encantos ocultos

da muller.

Na historia dos “Dous Irmáns”,

antecedente claro do relato bíblico

“Xosé e a Sedutora”, temos os dous

casos. Na primeira parte da historia

nárrase como a muller de Impu, o irmán

maior, aproveita a ausencia do esposo

para tratar de seducir o menor, Bata.

Este rexeita a súa cuñada dicindo “mira,

ti es para min coma unha nai e o teu

marido é para min coma un pai. O meu

irmán maior, el crioume. ¿Cal é esa

abominación que me dixeches? ¡non a

repitas e non llo direi a ninguén!”. A

muller ao verse rexeitada polo mozo

trata de protexerse volteando a versión

dos feitos, e pon na boca de Bata as súas

propias palabras: “Ven, pasemos un

momento deitados, ponte a perruca”.

Díxome así, pero eu non lle fixen caso.

¿Non son a túa nai? ¿e o teu irmán

maior no é para ti coma un pai?. Ao

mesmo tempo esíxelle ao esposo a vida

do irmán menor: “Mira, cando volva, no

o deixes vivir porque eu sufro a causa

desa malvada proposición”.

Na segunda parte da historia Bata

axudado polos deuses atopa muller. O

aroma do cabelo da súa esposa desata o

desexo do todo poderoso Faraón que

manda unha tropa na procura da

fermosa moza. Bata coa axuda de Impu

marcha na procura da súa muller, agora

favorita do rei de Exipto. Ela, temerosa

da reacción do marido, utilizará os

encantos femininos para desfacerse do

esposo traizoado. Deste xeito proponlle

ao Faraón “pasar un día feliz”. Despois

  7

esíxelle a Súa Maxestade un xuramento:

“Xúrame por Deus, dicindo: O que diga

a Favorita, eu acatareino para ela”. A

Favorita pídelle a vida do esposo, e o

Rei con grande pena, entrégalla en

varias ocasións. Pero máxicamente

Bata, no só se libra da morte senón que

chega a converterse en Rei de Exipto.

Esta imaxe da muller exipcia perigosa e

sedutora, ten a súa orixe na propia

tradición exipcia, e espallarase por todo

o mundo coñecido pasando a formar

parte do ideario occidental da femme

fatale.

A nai

Di a ensinanza de Chety na súa loanza

da profesión de escriba: “farei que ames

aos escritos máis que a túa nai”. O

deber dun bo fillo para a súa nai era

amala e respectala, e de feito, cando o

home se enfronta á morte deixa

constancia por escrito de haber

cumprido con este deber: “Eu son un

amado do seu pai, gabado da súa nai e

ben amado dos seus irmáns”.

A nai é quen xerou, alimentou e vestiu

os fillos sen unha soa queixa: “Ela fixo

moito, encargouse de ti sen dicir:

“¡Basta xa!”/ Naciches tras os meses

de xestación, / e ela continuou atada a

ti, / os seus senos na túa boca durante

tres anos, sen debilitarse. / Os teus

excrementos eran repugnantes, e ela

non sentiu ningunha repugnancia. / Ela

dicía ¿qué podo facer?

A nai é quen propiciou o aprendizaxe.

Ela é a responsable de gardar e criar ao

neno/a: “Ela levoute a escola. / Cando

se ensinan as escrituras, / sempre a túa

beira, / coa comida e a cervexa na súa

casa”

Polo tanto, o fillo/a non debe esquecer

nunca que a nai o trouxo ao mundo e

fixo todo o posible para darlle unha boa

crianza; é por isto que lle debe

obediencia e respecto, para que a nai

“non o reprenda, non levante os dous

brazos cara o ceo e así el (o fillo)

escoite o seu grito” (ensinanza de Ani)

Fig.3.: Museo do Louvre. Muller con neno. 

 

A administradora da casa

A Señora da casa, se ben rara vez era a

propietaria da mesma e dos seus

  8

utensilios, é a responsable final da boa

marcha do fogar. A elaboración dos

alimentos, con especial atención ao pan

e á cervexa (básicos dieta exipcia),

xunto co fiado e a manufactura dos

vestidos, debían de ser as principais

ocupacións da muller casada, que

dependendo da posición social que

ocupase, tería máis ou menos traballo

no fogar.

A muller podía axudar a economía

doméstica con pequenas aportacións

que contribuísen a manter o fogar. O

excedente tanto de produtos da horta

coma da elaboración de téxtiles eran

levados ao mercado onde a muller os

intercambiaba por outros necesarios

para a vida cotiá.

Fig.4.:  Museo  do  Cairo.  Maqueta  de  taller  téxtil.  Reino 

Medio

A muller e o final da vida en parella:

Divorciadas e Viúvas

O final da convivencia pode estar

causada ben polo divorcio, ben pola

morte dun dos cónxuxes. En ámbolos

dous casos a situación da muller

dependerá moito da posición social e

económica que ocupe. Unha muller da

“nobreza” contará con medios propios

para vivir, mentres que a muller do

pobo, dependente do seu marido

económicamente, pode quedar

totalmente desvalida cando desaparece

o esposo.

A esterilidade, as desavinzas entre os

esposos ou o ascenso do marido na

escala social, que esixía unha muller

máis acorde ao seu status, podían

terminar coa vida en parella. Pero serán

as infidelidades as causas fundamentais

das rupturas matrimoniais. As

infidelidades, especialmente as da

muller, son interditas nos textos

sapienciais (“Unha fermosa muller que

non desexa outro [home] na súa familia

é unha muller sabia”), rexeitadas nas

autobiografías mortuorias (“non me

acheguei a unha muller casada, a

abominación de Un-Nefer”) e

condeadas polos textos relixiosos. Na

confesión negativa do Libro dos

Mortos, o defunto que desexa acceder

ao mais aló debe xustificar unha vida

correcta negando ter cometido 42

“pecados”, entre eles o adulterio: “non

copulei cunha muller con esposo”.

A fidelidade conxugal é un requisito

fundamental na vida da parella,

especialmente por parte feminina, xa

que o home tiña certas licencias das que

  9

non parece gozar a consorte: relacións

sexuais con serventas do seu dominio,

concubinas e posibilidade de outras

esposas, sempre e cando a súa posición

social llo permite. O adulterio ou

“Grande falta” sería causa suficiente

para solicitar o pouco recomendable

divorcio.

A situación da muller divorciada é

pouco coñecida ata época tardía xa que

a maioría da documentación refírese aos

homes. Pero podemos intuir que, aínda

que homes e mulleres podían solicitar o

divorcio, as consecuencia da ruptura

conxugal non serían iguais para cada un

deles.

Se o divorcio non era causado por

adulterio perdía a parte solicitante; pero

se a separación era consecuencia dunha

infidelidade, a adultera era botada da

casa sen ningunha compensación e co

estigma da infidelidade. Non obstante o

esposo infiel quedaba na casa e

devolvíalle á muller os útiles e

posesións aportadas ao matrimonio,

pagaballe a dote estipulada, entregáballe

unha terceira parte dos gananciais e

compensábaa cunha indemnización por

divorcio, cantidade duplicada no caso

de que o marido pedira o divorcio para

volver a casar.

Resumindo, o divorcio en Exipto non

era aconsellable pois supuña para o

home unha mingua económica

importante. O mesmo Ptahhotep se

pronuncia sobre este feito e pídelle ao

discípulo “non te separes, suplícocho”.

Polo que respecta a muller, todo

dependía primeiro, da clase social a que

pertencese, unha muller divorciada de

clase alta non debía ter moitos

problemas; e segundo, se era

demandante ou demandada na petición

de divorcio, neste último caso a muller

podía resultar bastante beneficiada da

ruptura da parella.

Se ben a muller divorciada podía

resultar favorecida a causa do divorcio,

a viúva parece ter máis dificultades

pois, se carecía de recursos e non tiña

apoio familiar atopábase completamente

desprotexida. Os textos, especialmente a

partires do Reino Medio, fanse eco

desta situación e mentres a ensinanza di

“Se tratas cunha viúva que atopaches

nos teus campos, / non descoides nada

que ti poidas facer para protexela (…) /

O deus distingue a quen ten

consideración polo pobre” (Ensinanza

de Amenemopé), o rei Mericaré

aconsella “Exerce a Maat e perdurarás

na terra: Consola ao que se lamenta,

non oprimas á viúva” e o defunto, ante a

morte, xustifica a súa conduta na

autobiografía e gábase de axudar aos

desfavorecidos “Eu son un que da de

beber ao sedento, de comer ao famento,

eu protexín á viúva e vestín ao orfo”.

  10

A MULLER FÓRA DA CASA

A realidade da muller exipcia vivíase

dentro da casa e así se expresa tanto na

arte, a muller pintada de branco fronte

ao marido con certo color tostado, coma

na literatura sapiencial onde novamente

Ptahhotep aconsella ao esposo: “O ollo

(da muller) é a súa tempestade cando

mira. Trátase de mantela na casa”.

Pero, se ben é certo que a vida da

maioría das mulleres exipcias se

circunscribía ao fogar, non podemos

esquecer un pequeno número de

mulleres dos sectores máis favorecidos

da sociedade que desempeñaba

diferentes cargos no pazo, no templo e

en menor medida na administración.

As poucas mulleres que realizaban

traballos administrativos estarían máis

ao servizo das mulleres do monarca

(médicos ou escribas das mulleres) que

adscritas a tarefas administrativas de

responsabilidade, reservadas para os

homes. O resto das “profesións” da

muller de clase alta exipcia están

ligadas ás labores “típicamente

femininas” destacando entre todas elas a

de “ama do rei”, cuxa función era criar

ao futuro rei de Exipto.

Dende as orixes do Exipto histórico ate

comezos do Reino Novo as mulleres

desempeñaron diferentes cargos

vinculados ao culto de certas deusas,

especialmente Hathor e en menor

medida Neith. Se ben estas mulleres,

esposas de altos dignitarios, ocupaban

cargos destacados nos templos,

“servidoras do Deus” ou “sacerdotisas

puras”, a supervisión do templo e do

culto estaba sempre en mans dun home;

mesmo certos postos, como o de

“sacerdote lector”, eran masculinos. A

partires do Reino Novo, momento no

que o cargo de sacerdote era a xornada

completa, as mulleres da nobreza

limitaranse a ser “instrumentistas” do

templo; isto é, acompañaban aos ritos

con sistros e colares menit.

Fig. 5.  :Museo do Louvre. Preparación do perfume. Século 

IV a.C 

 

Respecto as mulleres do pobo, o pouco

tempo libre que lle deixaban as funcións

de dona da casa, podíano empregar

traballando para outros, realizando, ben

tarefas propias do sexo feminino

(coidado e servizo da dona e mulleres

da casa), ben tarefas reservadas ás

mulleres, moenda do gran ou talleres

téxtiles.

  11

En liñas xerais podemos dicir, que se

ben a señora de clase alta podía

desenvolver cargos propios do pazo e o

templo, a maioría dos traballos das

mulleres no Antigo Exipto estaban

relacionadas con labores “típicamente

femininas”.

A MULLER E OS CÍRCULOS DO

PODER

Muller e poder en Exipto son dúas

realidades que poucas veces van da

man, pero que paradoxalmente

remantan uníndose nun Exipto

idealizado. Cleopatra, Nefertiti ou

Hatchepsut son iconas da muller

fermosa e poderosa que controla os

destinos dos habitantes do Val do Nilo.

Pero esta imaxe dista moito da realidade

en Exipto.

A muller dispuña dun poder relativo

circunscrito, en primeiro termo á corte

(“Muller do rei” e a “Nai do rei”) e en

segundo ao templo, espazo dende onde

as “Esposas de Amón” irradiaban

autoridade.

A primeira esfera de poder é o pazo,

especialmente o harén real, lugar onde

conviven as diferentes mulleres do

círculo do monarca: nai, esposas, fillas e

fillos xunto con concubinas e outros

servidores e servidoras.

Neste eido o papel da muller está

supeditado a figura do home, primeiro

como esposa, a “raiña” denominaríase

“Grande Esposa do Rei” ( hm.t

wr.t nswt) e segundo como nai, é dicir,

como un útero, receptáculo pasivo

escollido polo Demiurgo para depositar

a semente do futuro monarca. Será está

última posición a que aproveite a raíña

para achegarse ao poder, xa que ser a

nai do monarca favorece a esta fronte ás

outras esposas do rei.

O rol da “raíña” é limitado, e inda que

portaba insignias reais (coroas e cetros)

e incluso tiña dereito a facer uso dun

cartucho, estaba lonxe do poder. As

relacións das mulleres da realeza co

poder estiveron maioritariamente baixo

a sombra dun home, ben marido ben

fillo, e serán poucas as mulleres que

ocuparon o trono coma auténticas

monarcas (Uadjenes, Nitocris,

Hatchepsut ou Tauseret), xa que a

maioría das mulleres que “gobernaron”

Exipto fixérono non como rei senón

como corexentes dos seus fillos.

É neste ambiente no que se entenden as

intrigas palatinas. As diferentes esposas

do rei conspiraban contra o marido para

favorecer o ascenso dos seus fillos ao

poder e así deixar de ser esposas para

converterse en nai do rei. A realidade da

vida cotiá rompe un mito mais, o do

“matriarcado” na transmisión da

realeza, de tal xeito que é a nai a que

  12

necesita do fillo para ocupar un posto

prominente e non o fillo o que precisa

da nai para lexitimar o trono.

Fig.6.: Raiña Maatkara, Hatshepsut. 

A outra esfera de poder para as mulleres

da nobreza, especialmente mulleres e

fillas do rei, era o templo, lugar no que

desempeñaron o cargo de “Esposas do

Deus Amón” tamén chamadas “Divinas

Adoratrices” ou “Man do Deus” (este

título fai referencia a unha das función

do cargo, ser a man que masturba ao

Demiúrgo para que o proceso creacional

se puxera en marcha).

Este título nace na XVIII Dinastía e será

ostentado por esposas ou nais de reis:

Amosis-Nefertari, Meritamón,

Hatsechsut e a súa filla Neferura.

Durante o Reino Novo as funcións

fundamentais das Esposas de Amón

eran sacerdotais e administrativas pois o

cargo estaba dotado con terras e persoal.

Co ascenso ao poder de Tutmosis III

desaparece a Esposa de Amón e haberá

que esperar aos últimos ramésidas,

momento de aguda crise e cambios

históricos, para recuperar o título, agora

totalmente renovado.

No Terceiro Período Intermedio e coma

consecuencia da crise económica xorde

unha nova ética que desembocará nunha

concepción novidosa do poder, a

“Teocracia” segundo a cal o Deus

goberna directamente o país a través do

oráculo. Deste modo prodúcese un

transvasamento de poder do rei ao Deus

Amón, facendose co poder en Exipto o

clero encargado do seu coidado.

Neste contesto emerxe con forza a

Esposa de Amón, filla solteira do rei

gobernante, quen a través desta figura

tratará de controlar o imparable poder

do clero amonita. A Esposa de Amón

exercerá o poder en Tebas como unha

autentica soberana: dobre cartucho,

privilexio de dedicar edificios, dirixir o

culto e consagrar ofrendas colocarana

case ao mesmo nivel que o rei.

CONCLUSIÓN

Comezabamos o artigo preguntándonos

pola realidade da muller exipcia;

queríamos saber canto había de

realidade e canto de mito na idea de

muller poderosa e sedutora, e

descubrimos que se ben é certo que a

  13

muller exipcia dispuña dunha liberdade

e unha igualdade xurídica que non terán

as mulleres do seu arredor, liberdades e

igualdades máis vinculadas á clase

social que ao sexo, non é menos real

que a vida da muller estaba supeditada á

do marido e en función da maternidade.

A filoloxía faise eco desta verdade

plasmando no signo máis utilizado para

escribir muller ( ) a súa función de

xeradora de vida: ela era como un

recipiente destinado a ser enchido pola

semente, ben divina, se era para xerar a

un Rei, ben humana, para concibir ao

resto dos mortais.

Así pois, en liñas xerais, a muller era

esposa e estaba destinada a ser nai. Se

cumpría cos seus cometidos e se

axustaba a Maat, sería una boa muller,

respectada polo marido e gabada dos

seus fillos; se pola contra non se

axustaba á orde establecida polo

Demiurgo, ao serlle infiel ao esposo,

tería que asumir as consecuencias.

Desta última imaxe e da súa proverbial

liberdade alimentaranse parte dos

contos tradicionais do país que sentarán

as bases do mito da femme fatale

exipcia.

PARA SABER MÁIS:

DESROCHES NOBLECOURT, C.,

(1986) La femme au temps des

Pharaons, Paris.

FISCHER, H. G., (2000) Egyptian

women of the Old Kingdom, Nova York.

ROBINS, G., (1996) Las mujeres en el

Antiguo Egipto, Madrid.

VERNUS, P., (2009) Dictionnaire

amoureux de l’Égypte pharaonique.

Paris.

SELECCIÓN DE TEXTOS :

LEFEBVRE G., (1988) Romans et

contes Égyptiens, Paris.

LOPEZ, J., (2005) Cuentos y fábulas

del Antiguo Egipto, Barcelona.

MUÑOZ FERNÁNDEZ, M.E., (2005)

“Del buen comportamiento o los

fundamentos de la ética egipcia en el

tercer milenio” Homenaxe á Profesora

Lola Ferro, pp. 355-375, Universidade

de Vigo.

MATHIEU, B., (1996) La poésie

amoureuse de l’Égypte Ancienne, BdE

115, Institut Français d'Archéologie

Orientale.

VERNUS, P., (2001) Sagesses de

l’Egypte pharaonique, Paris.