ÍNDICE
Páxina
Editorial………………………………………………………..3
4º Ed. Infantil (3 anos)……………………….………………4-5
4º Ed. Infantil (3 anos) ………………………………………6-7
5º Ed. Infantil (4 anos) ………………………………………8-11
6º Ed. Infantil (5 anos) ………………………………………12-18
Citando a Mº Victoria Moreno……………………………….19
1º A…………………………………………………………….20-21
1º B…………………………………………………………….22-23
2º……………………………………………………………….24-27
3º A ……………………………………………………………28-31
3º B ……………………………………………………………32-35
5º A………………………………………………..................36-37
5º B…………………………………………………………….38-42
Quen foi Mª Victoria Moreno?………………………………43-45
Promoción de 6º A …………………..………………………46-51
Promoción de 6º B ……………………………….……….…51-54
Trazos de Mº Victoria Moreno ……………………………..55
2
Outro curso que remata…
Despois dun mes de xuño “apretadiño”,
chegamos ao ansiado remate do curso.
Este foi, coma sempre, un ano con moitísimas
actividades que movilizaron á toda a comunidade
educativa: profesorado, familias, persoal administrativo
e conserxería. Sen a colaboración deste capital
humano a tarefa educativa sería, cando menos,
bastante máis complicada.
Son moitas patas as que sosteñen a mesa da
educación e, cando todas están niveladas, permiten
que o alumnado siga adiante cunha base sólida e firme.
Éste é o noso gran desafío, dotar aos nosos rapaces e
rapazas das ferramentas máis axeitadas para que
saiban como buscar o seu norte e, se o perdesen
nalgún momento, que saiban tamén como atopalo de
novo.
Queremos tamén agradecer a confianza das
familias que nos encomendaron a educación dos seus
fillos nestes anos. Desexamos que esta nova
promoción que marcha para o instituto, atope alí un
lugar onde, con traballo, poida seguir formándose na
procura do seu norte particular, ninguen sabe o que lles
depara o futuro, pero que éste os colla preparados.
Non nos esquecemos de darlle os nosos
parabéns ás compañeiras e amigas que se xubilan este
ano: Ángeles e Esther. Foi un placer traballar
convosco, sodes un exemplo de vocación e dedicación.
Grazas por tervos dedicado ao ensino!
Agora toca descansar, xogar, cantar, rir e chorar,
experimentar, gozar do aire libre e dos amigos e, sobre
todo, saborear o verán, xa que, todos sabemos que
non hai veráns como os da nosa infancia.
Parabéns a todos e… a DESFRUTALO!!!!
Aquí vos deixamos un
anaquiño de María Victoria
Moreno.
“Saúdan ao día as
gaivotas e o mar ergue a súa
arela sen nome sen cumes
de escuma branca. Un gris
de ceo baixo latexa na auga.
Esperta o vento na xerfa e
vai zunindo a cántiga secreta
do seu errar. A baliza do
peirao, si e non de luz e
pausa, acena xa débilmente,
atenuada polo día que quere
abrir.
- As persoas estamos
feitas para levar adiante os
proxectos máis fermosos.
A voz dela, tan lonxe xa
e tan preto sempre, ecoa
nos meus oídos e mantense
viva ata tal punto que podo
pechar os ollos e confundir
este balbordo do mar co
zoar do seu coche…
Está moi baixa a marea
e a praia é ampla coma a
saudade.
- Vivimos encadeados
ao acontecer do universo.”
(Extraído de Anagnórise)
3
EXTRA EXTRA!!!
SEMANA DA PRENSA! AS NENAS E NENOS DE 5º E.I. LEVAMOS UN ANO DO MÁIS
PRODUTIVO, TANTO QUE ATA NOS CONVERTEMOS NUNS
VERDADEIROS REPORTEIROS E REPORTEIRAS. PARA ISO …
PRIMEIRO, VISITAMOS O “DIARIO DE PONTEVEDRA”
NA AULA: ANALIZAMOS OS XORNAIS E…MANS Á OBRA.
…
8
COMEZAMOS A NOSA ANDAINA COMO XORNALISTAS….
1. ELABORAMOS AS NOSAS
PORTADAS:
2. REDACTAMOS AS
NOTICIAS PARTINDO DUNHA
IMAXE:
9
3. CREAMOS UNHA NOTICIA ATENDENDO Á
CONMEMORACIÓN DO DÍA DA MULLER TRABALLADORA E
QUEN MELLOR QUE AS NOSAS NAIS.
4. ELABORAMOS A SECCIÓN DE PASATEMPOS.
10
«O corazón, coma as cousas que se saben, como os
cartos que se gañan soamente serve para algo se se
comparte cos demais.»
«Se contas unha vida sempre quedan fíos
pendentes.»
«Non tiveches nunca
a impresión de que
había dentro de ti
algo que quería
escapar?»
«As persoas
estamos
feitas para
levar adiante
os proxectos
mais
fermosos.»
«E que
longas son
as
preguntas
mentres non
teñen
resposta.
Que longas
son...
Medran e
medran,
parten en
cachos e
cada cacho
a fin nunha
pregunta
nova.»
«Por iso non me deteño e vou achegándome os
portelos aos portelos onde asdiversas empresas
venden billetes para viaxar, para fuxir, para voar,
para soñar…»
«—Ai, rapaz, canto
medo gardas
dentro de ti. Así
non se pode ir pola
vida.
19
ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS 5º A
CURSO 2017_2018
No noso cole facemos moitas actividades complementarias dende charlas de
educación vial ata saidas polo sendeiro do Lérez. Os nenos máis pequeños van a
Acuña, Ganapán ou ao castelo de Soutomaior. Tamén hai actividades que son
voluntarias coma os “Maios” nos que xa participamos 3 anos.
As que solemos nos facer (NENOS E NENAS DE 5º ) facémolas os cursos 5º e
6º, ainda que algunhas fixémolas so en 5º.
Góstannos as celebracioóns como entroido ou Samaín porque facemos
actividades divertidas e podemos llevar adornos, podemos maquillarnos e
poñernos caretas, ademais, a mellor festa para nos é Carnaval, porque en vez de
levar caretas podemos levar disfraces enteiros, pero a desventaxa é que a partir de
un curso determinado, nos mandan levar un tipo de disfraces obrigatorios, por
exemplo os de 5º tivemos que levar disfraces de personaxes de Peter Pan.
As mellores charlas foron as de educacion vial,nos falaron sobre a seguridade
vial, no terceiro trimestre iremos a un circuito cerrado donde poremos a proba
todo o que aprendemos. Tamén estivo ben o día que viñeron tres mozos para
falarnos sobre surf e sobre skateboard
36
Na excursión A Coruña
fomos ao acuario, alí vimos
moitos peixes e tamén a un
tiburón chamado Gastón.
Despois fomos á Casa de las
Ciencias, alí vimos inventos
moi chulos, había de axilidade
mental, de rapidez e de tacto.
No planetario tamén vimos
inventos interesantes, había
para medir o calor do corpo, un
columpio que se necesita a
forza de dúas personas, un para
ver a velocidade de unha
canica a máis de cen por hora...
Finalmente, fomos a facer unha ruta dende Barcelos ata Bora, indo, polo camiño de
Lerez .
Andivemos por un camiño bastante estreito e con barro en algunhas partes , pero estivo
ben. Pasamos por unha ponte colgante que nos levou a unha praia fluvial. En total
recorremos 15 km.
Estas actividades gustáronnos moito e esperamos repetir.
37
AMOEDO DOPAZO, Lorena (Pontevedra, 16/05/2006)
Ola, eu chámome Lorena e teño once anos e unha irmá pequena que
se chama Nerea, que está en 3ºA e é unha traste total. Gústame xogar
cos meus amigos e algúns dos mellores son Silvia, Antía, Ángela,
Mauro... Me encanta viaxar e a música. Non teño claro que quero ser
de maior, pero ben podería ser bióloga mariña. Saúdos para todo o
colexio.
AMOEDO FEIJOO, Lucas (Pontevedra, 29/08/2006)
Ola! Chámome Lucas e teño once anos. son alto, delgado, de pelo
negro e ollos marróns escuro. A miña cor favorita é o negro. Gústame
facer “skate”, baloncesto, montar en bici e xogar cos meus amigos.
Os meus mellores amigos son Carlos, Manuel, Mauro e Borja. A
miña comida favorita é a ensalada de leituga con mazá. Na clase de
6º A son o que ten a man máis grande. Adeus e un biquiño.
BARROS ENGUÍDANOS, Borja (Pontevedra, 16/09/2006)
O meu nome é Borja, teño once anos e nacín en Pontevedra. Gústame
xogar ao fútbol e ao baloncesto, ver a televisión e ir ao parque cos
meus amigos. Os meus mellores amigos son: Manuel, Lucas, Mauro,
Carlos, Samuel, Silvia e Addis. De maior quero ser policía nacional.
Os mellores profesores son todos os que me deron clase. Sorte para
todos.
CAMPO SANTIAGO, Sara (Pontevedra, 06/02/2006)
Ola!! Chámome Sara e xa cumprín os 12 anos. Os meus amigos
chámanme Sari, Sarita, Zape... Gústame moito bailar, cantar, tocar,
nadar, estar coas miñas amigas... De maior encantaríame ser
fotógrafa ou profesora de música. As miñas amigas/os son: Julia,
Claudia, Marta, Carmen, Sira, Addis, Clareta, Mauro, Carlos... pero,
en si, cáeme ben toda a clase. Eu toco a pandereta, tambor, darbouka,
gaita... Toco nunha banda chamada “Ledicia”. Estes anos foron os
mellores. Con isto marcho do cole ao instituto. ¡Ata pronto!
46
CARRILO y MÉNDEZ, Carlos (Pontevedra, 29/08/2006)
Boas! Chámome Carlos e teño once. Son alto, teño o pelo castaño
escuro. Meu pai naceu en Costa Rica e a miña nai é de Pontevedra; e os
apelidos van primeiro o da miña nai e logo o de meu pai. Gústame o
rugby e xogo de dianteiro; tamén me encantan os videoxogos, en
especial Fortnite. Teño moitos amigos.
CASCALLAR REDONDO, Marina (Pontevedra, 09/02/2006)
Ola, chámome Marina, teño doce anos e me gusta moito a patinaxe e
formo parte dun club de patinaxe artística. As miñas mellores amigas
son Carolina, Julia, Carmen, Claudia, Sara, Addis, Marta e moitas máis.
Me gustaría ser profesora de infantil aínda que tamén me encantaría ser
pintora. Un bico e un abrazo. Adeus.
CASTRO REDONDO, Ariadne (Pontevedra, 22/12/2005)
Holi! Son Ariadne e teño doce anos. O que máis me gusta no mundo
enteiro son os felinos e as serpes ou reptís. Teño dúas gatas chamadas
Mika e Lúa; Mika é só unha cría, é atigrada e de cor branca, cos ollos
azuis; Lúa é a nai de Mika, pero é de cor negra e os seus ollos son
amarelos. Tamén teño seis peixes, e todos teñen nome: Nino, Lyra, Raia
1, Raia 2, Raia 3 e Cristalino; Nino é o peixe máis vello, é de cor
laranxa e sempre ten feridas; Lyra é de cor branca e laranxa
avermellado; Os “Raias” son todos iguais, atigrados e pequenos;
Cristalino é parecido aos Raia, pero máis clariño. Tamén me encanta
xogar coas consolas, co ordenador e o móbil. Ata sempre!
COBOS TREVIÑO, Silvia (Pontevedra, 20/11/2006)
Boas, chámome Silvia e teño once anos. Os meus mellores amigos son
Lorena, Antía, Ángela, Borja, Mauro... Non teño irmáns, pero si un can
chamado Pipo. Encántame o cine, especialmente as pelis de acción e as
comedias; algunhas das miñas películas favoritas son todas as de “Star
Wars”, “A liga da xustiza”, e a serie “Corpo de Élite”, etc. Adoro aos
animais, en especial aos cans. De maior gustaríame ser bióloga. Moita
sorte para a futura clase de 6º. Adeus!
DEL RÍO PRADO, Clareta (Pontevedra, 13/12/2006)
Ola! Chámome Clareta, pero os meus amigos me chaman Clare. Teño
once anos e me apasiona xogar ao tenis, debuxar... De maior gustaríame
ser profesora de infantil. As miñas mellores amigas son Carmen, Marta
e Carolina. Tiven un can chamado Quini. Estes anos foron os mellores
da miña vida. Con isto me despido, ata logo amiguiños.
47
ESTÉVEZ MERA, Julia (Pontevedra, 09/06/2006)
Ola! O meu nome é Julia, e teño doce anos. Agora que estamos en
sexto, dámonos conta do activo que é estar nel: temos que preparar o
festival, as invitacións, rematar todos os temas, prepararnos para a
saída fin de curso... Adoro vir e xogar coas miñas compañeiras; na
nosa clase temos moitas nenas coas que xogar, xa que somos
dezaoito, gañamos por goleada. Sorte a todos.
FERNÁNDEZ CASTRO, Leila (Pontevedra, 16/10/2006)
Ola! Chámome Leila e teño 11 anos. Gústame xogar ao baloncesto,
debuxar e ler. O meu libro favorito é “Penny Beny”. Tamén me gusta
cociñar; a miña comida favorita son as croquetas. De maior
gustaríame ser profesora. Apertas.
FERNÁNDEZ KRIVONOSOFF, Mauro ( , 24/06/2006)
Ola!, chámome Mauro, son alto e delgado, teño o pelo e os ollos
castaños. Son simpático e alegre. Os meus mellores amigos da clase
son Borja, Lucas, Carlos e Manuel. Eu xogo ao fútbol no E.F. Villa
de Marín, e o meu equipo favorito é o Real Madrid.
FERNÁNDEZ MONTERO, Esther (Pontevedra, 05/05/2006)
Ola! Chámome Esther e teño 11 anos. Son mediana, delgada, o pelo
castaño e os ollos marrón escuro. A miña cor favorita é a cor laranxa
e a rosa. Gústame a patinaxe, o taekwondo e o ballet. As miñas
mellores amigas son Antía, Candela, Silvia e Lorena. Adeus e unha
aperta.
FILGUEIRA FRANCO, Manuel (Pontevedra, 12/09/2006)
Como estades? Chámome Manuel e teño once anos. Son alto,
delgado e co pelo castaño. Considérome un rapaz divertido, amable e
bo amigo. Os deportes é a miña ocupación favorita; o que máis me
gusta é xogar ao fútbol cos meus amigos pero tamén me gusta xogar
ao baloncesto e ao tenis. Un saúdo para todos.
48
GALLEGO CABANELAS, Addis (Etiopía, )
Ola! Chámome Addis e teño doce anos. O que máis me gusta é o
baloncesto, a ximnasia, a guitarra e o atletismo. As miñas amigas son:
Claudia, Ángela, Marta, Julia, Sira, Sara... Para o ano xa non estarei
aquí, estarei no instituto aínda que botarei de menos aos profes e
compañeiros. Chao.
GARCÍA GÓMEZ, Carmen (Pontevedra, )
Boas, son Carmen e nacín en Pontevedra, fai once anos e estou neste
colexio desde os dous anos. Os meus mellores amigos son Claudia,
Julia, Sara, Mauro... O meu deporte favorito é o baloncesto, xogo nun
equipo de baloncesto (CAB de Pontevedra). Encántame xogar ao
Cachibote, aínda que eu lle chamo “Cachibomba” con Addis, Claudia e
as miñas amigas de baloncesto. As miñas cancións favoritas son Equis,
Perfect e God’s Plan. Teño un irmán que se chama Manuel que ten sete
anos. En infantil me rompín o brazo e toda a miña familia e amigos
viñeron me visitar ao hospital, son os mellores do mundo.
GIRÓN MARIN, Samuel (Pontevedra, 30/03/2006)
Ola! Chámome Samuel, teño 12 anos e nacín un venres ventoso de
marzo. Neste cole hai cousas divertidas. A min o que máis me gustou
foron as excursións; ir a sitios que non sequera coñecías. (...)
Os profesores foron moi bos con nos ofrecendo oportunidades para
poder seguir adiante.
SALCEDO GIRÓN, Carolina (Colombia, 04/11/2006)
Ola! Son Carolina e teño once anos. Adoro o deporte, calquer deporte:
baloncesto, natación, tenis... Remato primaria e creo que foron os
mellores anos da miña vida! Aínda que cando cheguedes a 6º de
primaria comprenderedes o noso estrés... Un abrazo a todos e moita
sorte nos estudos.
GONZÁLEZ ARIAS, Antía (Pontevedra, 03/11/2018)
Ola! O meu nome é Antía. Faime moita ilusión cociñar, facer rir aos
meus amigos, debuxar e escoitar música; as miñas mellores amigas son
Esther e Ángela. A miña disciplina favorita é Ciencias Naturais, adoro
as plantas e os animais; sempre intento esforzarme ao máximo. Cando
sexa maior quero ser cómica, bióloga ou estudar Belas Artes. A miña
comida favorita son as patacas fritidas e o churrasco; e o xadrez e a
natación sincronizada os meus deportes favoritos.
49
GRANDE DUARTE, Marta (Pontevedra, 18/11/2006)
Son Marta, e estudo na aula de 6º A. O pasei moi ben estes seis
anos en primaria: nas excursións, no patio, na biblioteca... se
puidera o repetiría, pero por desgraza non pode ser, así que ¡a por
novas experiencias! Gústame moito xogar e quedar cos meus
amigos, e facer manualidades – todo o mundo di que son moi
creativa -. No meu tempo libre fago fotos de paisaxes: encántame a
fotografía! Aínda non sei que quero ser de maior, pero pronto me
decidirei. Un bico e unha aperta para todos de Marta
JUSTO FORTES, Candela (Pontevedra, )
Ola! Chámome Candela e teño 11 anos. Gústame facer deporte:
vou a baile, piscina e taekwondo. Tamén me encanta quedar coas
miñas “mejas” Esther e Leila. Son fan das redes sociais.
LAGO COBAS, Ángela (Pontevedra, 19/09/2006)
Ola! Chámome Ángela, teño once anos e me encanta xogar cos
meus amigos/as, tamén tocar o baixo e a guitarra; os meus músicos
favoritos son: Randy Rhoods e Zakk Wylde. O pasei moi ben estes
anos, un saúdo. Deica logo.
FERNÁNDEZ LASTRA, Sira Ziqui (Sichuang,27/02/2006)
Ola! Chámome Sira, pero hai xente que me chama Siri ou Xin yí.
Teño doce anos e as miñas disciplinas favoritas son: música,
educación física e plástica. De todos os meus compañeiros lévome
mellor con: Carolina, Julia, Sara, Leila, Addis e Carmen, pero,
resumindo, me levo ben con todos. O curso que máis me gustou foi
3º de primaria, porque foi o máis fácil. Agora vou falar de min,
seguramente xa polo meu segundo nome vos destes conta de que
nacín en China. O meu aspecto físico é de ollos rasgados; eu son
unha das máis altas, pero, como estou en 6º de primaria, cando
estea na ESO serei máis ou menos coma todas; eu non me vexo
gorda nin fraca, véxome normal coma calquera nena da miña idade.
As miñas cores favoritas son o verde e o negro, encántanme os
deportes (o baloncesto, o tenis e a equitación) e debuxar – as miñas
amigas din que eu debuxo moi ben e a min encántame. Xa remato
con moitísimos bicos para todos/as.
50
ALONSO MARTÍNEZ, Uxía (Ourense, 23/03/2006)
Ola, chámome Uxía e teño doce anos; estudo 6º de Primaria no CEIP
Barcelos e os meus amigos do colexio son Mara, Miri, Alba, Xela, Julia,
Ana, Fani, Lucía, Anira, Martín... O meu profesor titor é Carlos, e as
miñas disciplinas favoritas son as matemáticas, plástica e música.
Gústame xogar cos meus amigos, nadar e tocar o clarinete. Espero que
me recordedes no colexio.
ÁLVAREZ RODRÍGUEZ, Lucía (Madrid, 03/08/2006)
Ola, chámome Lucía e teño once anos. Eu empecei neste colexio en
2015, que é cando cheguei a Pontevedra. Teño o pelo castaño escuro e
os ollos marróns. Vivo moi preto do colexio e pola mañá veño coa miña
compañeira Ainoha. A miña cor preferida é o rosa e a miña materia
favorita son as matemáticas.
LENDOIRO PAZOS, Claudia (Pontevedra, 16/10/2006)
Ola! O meu nome é Claudia e teño once anos. teño o pelo liso e castaño
e son moi alegre. Xogo ao baloncesto no CAB PONTEVEDRA coa
miña amiga Carmen. Os meus compañeiros dinme que estou tola!, será,
porque paso o día rindo... Gústame quedar cos meus amigos, correr,
andar en bici... Teño moitos amigos e amigas nesta clase. Moitas grazas
compañeiros por ser tan divertidos. Xa me despido... Ata logo!
PRADO BARROS, Clara (Pontevedra, 30/10/2006)
Ola! Son Clara e teño once anos. Gústame moito ler, os meus libros
favoritos son os da colección de “Junie B. Jones” e tamén ver series en
Netflix como “iZombie” ou “Pretty little liars”. As miñas disciplinas
preferidas son matemáticas e plástica. O lugar no que máis disfruto do
colexio é a biblioteca. Teño de mascota a dous peixiños, Melocotón e
Mandarina. Eu quero ter un can, pero no piso non pode ser.
Cos meus avós gústame xogar á “Brisca” e á “Escoba”; e facer
musical.lys coa miña mellor amiga Mara. Sempre que podo vou ás casas
dos meus avós nas aldeas, unha en Rebón e a outra en Marcón, para
axudar na vendima e a plantar patacas. Encantaríame viaxar arredor do
mundo como Amelia Earhart.
51
BENÍTEZ CALBERTO, Estefanía(Pontevedra,27/07/2005)
Ola! Chámome Estefanía, teño doce anos. Son alta, máis alta cos meus
compañeiros. Teño o pelo rizo, os ollos negros. Xogo ao baloncesto no
equipo Arxil, xunto con dúas amigas máis Ana e Alba. Son destra como
case todos os da miña clase. O meu signo do zodíaco é leo.
JUSTO CABALEIRO, Asier (Pontevedra, 13/12/2005)
Boas, o meu nome á Asier e teño doce anos. Son baixo, delgado,
moreno, co pelo liso e curto e os ollos verdes. Me encanta rir moito,
facer deporte e andar en bicicleta. Os meus deportes favoritos son o
atletismo e o ciclismo. Pero o que eu prefiro é estar cos meus amigos/as.
Teño dúas cadeliñas que se chaman Luna e Perla.
MARTÍNEZ LOSADA, Julia (Pontevedra, 28/08/2006)
Ola! Eu son Julia e teño once anos. Estudo no CEIP Praza de Barcelos
desde os tres anos, onde fixen moitos amigos: Ana, Xela, Alba, Lucas...
Teño un irmán chamado Pedro que tamén estuda neste colexio e ten
oito anos. No meu tempo libre, gústame bailar, cantar, tocar a guitarra e
xogar. A miña disciplina favorita é Plástica e a que menos me gusta é a
Relixión. En xeral, levo boas notas. O pasei moi ben estes anos no
colexio, tiven bos mestres que aínda que me fixeron estudar tamén
fixeron as clase divertidas. Teño moi bos recordos dos cursos de infantil.
MUÑIZ LOSADA, Ana Belén (Pontevedra, 08/10/2006)
Ola!! Son Ana, aínda que todo o mundo me chama “Anita”, e teño once
anos. Os meus mellores amigos son Xela, Alba, Julia, Uxía, Lucas e
Javier; e dentro deses os máis importantes son Xela, Alba e Julia, coas
que formo o “Club Z”. Durante o meu paso polo CEIP Barcelos os meus
profesores foron, por este orden, Mariluz, Rosa, Conchi, Cristina,
Leticia e Carlos. Eu xogo ao baloncesto no Arxil, como Alba e
Estefanía. Tamén me gusta o fútbol,e estar cos meus amigos. Chao!!!
PAZ OTERO, Xela (Pontevedra, 19/01/2006)
Moi boas, chámome Xela, teño doce anos e son alta e delgada, co pelo
marrón escuro con media melena, os meus ollos son, igualmente, da
mesma cor, e os meus mellores amigos e amigas son Julia, Alba, Anita,
Lucas, Uxía, Javi e Anira. Cociñar, ir de compras e debuxar son as
miñas preferencias. Os meus profesores dende infantil ata agora foron
Mariluz, Rosa, Cristina, Conchi, Leticia e, este curso, Carlos.
52
PEÓN PENA, Mara (Monforte de Lemos, 06/07/2006)
Ola, son Mara, teño once anos, o pelo castaño que acostumo levar solto,
e algunhas veces facendo trenzas ou coletas. Teño moitos amigos, como
Clara, Ainoha, Antonio, Anira, Miriam, Xisela, Helena, Uxía, etc. Adoro
a patinaxe, o teatro, a natación, e facer manualidades. Encántanme os
xeados, ummm! Paseino moi ben estes anos en Barcelos e vos
recomendo que disfrutedes e aprendades moito no colexio.
PERDOMO BARRÁN, Gaspar Andrés (Pontevedra,
28/11/2006)
Ola! Son Gaspar, aínda que os meus amigos chámanme “Aires
Femininos” ou “Renoir”. Teño o pelo curto e castaño e os ollos marróns.
Os meus amigos din que son moi alegre e gracioso. Os días que chove
sempre os paso en casa xogando a PS4 e os días que fai sol saio a xogar
ao parque cos meus amigos. As miñas series favoritas son “Los
Simpson” e “Gym Tony”. Gústame a música no colexio, e por iso quero
ser músico.
PÉREZ FRANCO, Alba (Pontevedra, 10/03/2006)
Olaaa! Chámome Alba, aínda que algúns me chaman “Arbita”. Teño
doce anos, e nacín en Pontevedra. Tamén teño moitas pecas e encántame
o baloncesto, cantar, bailar, “Operación Triunfo”, cociñar... Os meus
mellores amigos son Xela, Anira, Julia, Lucas, Javier e Uxía. Cando
eramos pequenas Xela, Anita, Julia e máis eu formamos un club
chamado “Club Z”. De maior gustaríame ser profesora, arquitecta ou
periodista. Botarei de menos o colexio. Ata logo!
PESQUEIRA ACUÑA, Miriam (Pontevedra, )
Ola! Son Miriam e teño once anos. As miñas series favoritas son “Aida”,
“La que se avecina”, “Siete vidas”... Eu amo aos animais e fago bolas
antiestrés. Os meus mellores amigos/as son Uxía, Xisela, Mara, Xela,
Antonio, Pablo T., Iván e Xavi. Que teñades un bo día e ata a próxima.
Chao!
RIOS IBÁÑEZ, Ainoha (Pontevedra, 16/12/2006)
Ola! O meu nome é Ainoha, teño once anos e son de Pontevedra.
Gústame xogar coas miñas amigas; as mellores son Lucía, Mara, Julia,
Anira, Miriam... De maior non sei moi ben o que quero ser pero teño a
idea de ser perruqueira. Teño dous irmáns: un irmán que se chama Aitor
e ten vinteún anos, e unha irmá que se chama Andrea e ten dezasete
anos. Tamén teño dous cans: un chamado Codi e, outro, Fai; son moi
bos e cariñosos. Adeus e biquiños.
53
ROEL CID, Yeray (Pontevedra, 14/06/2006)
Ola, chámome Yeray, teño once anos e catro irmáns, dous da parte da
miña nai e outros dous da parte de meu pai. O meu deporte favorito é o
fútbol e o meu equipo preferido é o Barcelona. Apaixónanme as
matemáticas e de maior quero ser enxeñeiro naval.
SÁNCHEZ VILLEGAS, Pablo (Pontevedra, 10/08/2006)
Bos días! Chámome Pablo, aínda que todos os meus amigos me din
Sánchez. Teño once anos e os ollos e o pelo de cor marrón; e un irmán,
Álvaro, de dezaseis anos. Gústame moito xogar ao fútbol, de feito
xogo no equipo E.F. Villa de Marín. Os meus mellores amigos son:
Clareta, Mauro, Lucas, Borja, Javi, Yeray e Pablo Taboada (algúns son
de 6º A). Un bico e non vos esquezades de min.
TABOADA LOIS, Antonio (Pontevedra, 30/09/2006)
Ola a todos! Chámome Antonio, aínda que como teño moitos amigos,
teño moitos alcumes. Os meus mellores amigos son Ruth, Víctor,
Mara, Miriam, Ainoha, Uxía, Lucía, Iván, Javicho, Antía... e moitos
máis. En sexto tiven uns profesores que me axudaron e ensinaron
moito; son Carlos e Esther. Neste curso paseino moi ben e fixen
moitos amigos. Gústame os “Pokemon” e xogar ao “Skylanders” na
miña Xbox. O meu deporte favorito é a natación. Un bico a todos os
nenos do cole!
TABOADA LOIS, Pablo (Pontevedra, 30/09/2006)
Ola, son Pablo. Teño moitos amigos: Javichu, Pablo Sánchez, Iván,
Martín, Asier, Gaspar, Lucas, Manuel, Carlos, Mauro, Lucas (de B),
Borja, Mara, Xela, Ainoha... En sexto o meu titor foi Carlos. Paseino
moi ben durante todo o curso e fixen moitos amigos. Gústame xogar
ao “Fortnite” e ao “FIFA”. O meu deporte favorito é o fútbol. Os meus
programas favoritos son “O intermedio” e “Gol”. Adeus, ata outra, xa
nos veremos no instituto ou nas canchas.
TUVILLA CASTROMÁN, Iván (Pontevedra, 10/12/2006)
Holi ravioli, chámome Iván e teño dez + un anos. Nacín en Pontevedra
pero son a metade sevillano. Considérome “un pouco” bromista e
bastante imaxinador. Gústame o “judo” e a música, e tamén os
videoxogos pero, eh, só os de Nintendo, que para iso quero traballar alí
de maior. Eu fágome amigo de todo aquel que o desexe e, por iso teño
“contactos por todo o mundo mundial”. Vou a mencionar a algúns dos
meus mellores amigos: Antonio, Xavi, Mara e Miriam. Así é como me
despido: Chao bacalao!
54
VEGA LAMADRID, Martín (Pontevedra, 08/10/2006)
Ola! Son Martín e teño once anos. Son alto e teño o pelo de cor “rubia”
e os ollos azuis claros. A miña cor favorita é o azul. Gústame debuxar e
ver a televisión; as series que máis me gustan son “El hormiguero”,
“Chiringuito de jugones”, e “Los Simpson”. Adeus.
VEIGA CASTIÑEIRA, Javier (Pontevedra,13/12/2006)
Boas, o meu nome é Javier. Me gustan todos os deportes e son un forofo
total do fútbol, e os xogadores que máis me gustan son Messi, Iniesta,
Hazard e Dybala. Os meus mellores amigos son Martín, Pablo T.,
Alejandro, Gaspar, Yerey e Asier. Os meus profesores favoritos son
Esther, Conchi e Carlos. Un saúdo para todos.
VILABOA CAGIGAO, Anira (Pontevedra, 05/03/2006)
Ola, chámome Anira, teño doce anos e nacín en Pontevedra. Levo dende
os tres anos na escola; a miña primeira profesora foi Mariluz, estiven
con ela ata que entrei en primeiro; logo, en primeiro e segundo tiven a
profesora Rosa; en terceiro, Cristina; e, en cuarto, a Conchi; en quinto, a
Leticia; e, agora en sexto, están os profesores Carlos, Esther, Ángel, José
e Claudio.
VILLAR MUÍÑOS, Lucas (Vigo, 14/10/2006)
Ola! Chámome Lucas, e vouvos falar sobre o meu paso polo CEIP Praza
de Barcelos. Neste traxecto tiven moitísimas alegrías e disgustos. Estes
profes foron os meus titores Mariluz, Rosa, Cristina, Conchi, Leticia e
Carlos. Xa falei do meu paso polo cole, agora toca falar un pouco de
min: eu son un neno normal e corrente (non pensedes que son un
extraterrestre), son moreno e alto, co pelo negro; son bastante trasto ......
e testarudo. Practico dous deportes: o baloncesto e o atletismo. As miñas
series de TV preferidas son “Os Simpsons”, e de “Big Bang”.
VILLAVERDE PUENTE, Alejandro (Pontevedra, 01/03/2006)
Bos días! Son Alejandro, teño doce anos, son de estatura media, pelo
negro e ollos marróns. A miña irmá chámase Andrea e tamén estudou no
cole, agora está en 4º da ESO; ademais temos unha cadela chamada
Pequi (imaxinades por qué). Adoro ver pelis de terror como IT; as miñas
series favoritas son “Big Bang Theory”, “Teen titan Go”, “Los
Simpson”, etc. O meus mellores amigos son Lucas (o mellor), Javi,
Asier, Martín, Gaspar nos rapaces, e Alba, Anita, Xela, Julia e Uxía nas
rapazas. Eu quero ser CIENTÍFICO!!! Moitos bicos ao cole a chao.
55
Top Related