A EDUCACIÓN SECUNDARIA OBRIGATORIA : A ESO é una nova etapa educativa que se cursa despois
da EP e que se estrutura en 2 ciclos: 1º ciclo consta de 3
cursos (1º, 2º e 3º ESO) e o 2º ciclo (4º ESO).
AVALIACIÓN NA ESO• Os/as alumnos/as promocionarán de curso cando
superen todas as materias.
• Os/as alumnos/as repetirán curso cando teñan
avaliación negativa en 3 ou máis materias ou en 2
materias que sexan Lingua Galega e Literatura ou
Lingua Castelá e Literatura e Matemáticas de forma
simultánea.
• O alumnado poderá repetir o mesmo curso unha
soa vez e dúas veces como máximo dentro da
etapa.
O 4º da ESO terá dúas opcións:
a) Ensinanzas académicas para iniciar o bacharelato.
b) Ensinanzas aplicadas para iniciar a FP.
Ao finalizar 4º ESO, o alumnado terá unha avaliación individualizada pola opción de ensinanzas académicas
ou pola de ensinanzas aplicadas.
IES PEDRO FLORIANI
Rúa Pedro Floriani nº 2, C.P.: 36800REDONDELA (Pontevedra)Telf: 886 120 416 - 886 120 413
Correo electrónico: [email protected]
2º ESO
Horario 2º ESO
2º ESO
FÍSICA E QUÍMICA 3 h
MATEMÁTICAS 5 h
XEOGRAFÍA E HISTORIA 3 h
LINGUA CASTELÁ E LITERATURA 3 h
1ª LINGUA ESTRANXEIRA (INGLÉS) 3 h
LINGUA GALEGA E LITERATURA 3 h
EDUCACIÓN FÍSICA 2 h
RELIXIÓN OU VALORES ÉTICOS 1 h
MÚSICA 2 h
TECNOLOXÍA 3 h
2º LINGUA ESTRANXEIRA (FRANCÉS) 2 h
TITORÍA 1 h
LIBRE CONFIGURACIÓN DO CENTRO 1 h
Total 32 h
HORARIO: Luns: de 9:00 h ás 14:30 h e de 16:50 h ás 18:30 hResto dos días: de 9:00 h ás 14:30 h
Segunda lingua estranxeira (Francés)
En 2º de ESO non hai materias optativas, polo que todo o alumnado deberá cursar a 2ª lingua estranxeira (Francés). En 2º ESO, soamente poderán quedar exentos de cursar esta materia aqueles alumnos/as con dificultades na área de linguaxe. Esta exención será concedida pola Dirección do instituto, e estará avalado polo departamento de orientación e deberá contar coa opinión dos pais.