Eleccións ao Parlamento de Galicia do 21 de Outubro de 2012 ¿A fin do tripartidismo? (Andavira,...

37
ELECCIÓNS AUTONÓMICAS REFLEXIÓNS SOBRE O SISTEMA ELECTORAL GALEGAS ANÁLISE DAS DO 21 DE OUTUBRO DE 2012 DIRECTOR Antonio Torres del Moral AUTORES Álvaro Xosé López Mira Anxo Lugilde Pardo Fernando Martínez Arribas Antonio-Carlos Pereira Menaut Enrique José Varela Álvarez COORDINADOR Fernando Martínez Arribas Separatas

Transcript of Eleccións ao Parlamento de Galicia do 21 de Outubro de 2012 ¿A fin do tripartidismo? (Andavira,...

ELECCIÓNS AUTONÓMICAS

REFLEXIÓNS SOBRE O SISTEMA ELECTORAL

GALEGASANÁLISE DAS

DO 21 DE OUTUBRO DE 2012

www.andavira.com

ISBN 978-84-8408-733-5

Este libro edita os relatorios do curso “Análise das eleccións autonómicas galegas do 21 de outubro de 2012”, celebrado no Centro Asociado de Lugo da Universidad Nacional de Educa-ción a Distancia (UNED).

A publicación, a través dun enfoque multidisciplinar, achéga-se ao mapa político saído das últimas eleccións, analizando os principais elementos da normativa electoral de Galicia, o seu funcionamento e a súa incidencia nos resultados, facendo un repaso ao acontecido ao longo de máis de trinta anos de autonomía e nove procesos electorais.

Neste senso, o volume aborda aspectos polémicos, como a proposta de redución de escanos do Parlamento; temas com-plexos, como a relación entre representatividade, proporciona-lidade e gobernabilidade; ou a recente aparición de novos actores políticos nos comicios do 21 de outubro de 2012.

ANÁL

ISE

DAS

ELEC

CIÓN

S AU

TONÓ

MIC

AS G

ALEG

AS D

O 21

DE

OUTU

BRO

DE 2

012

DIRECTOR

Antonio Torres del Moral

AUTORES

Álvaro Xosé López MiraAnxo Lugilde PardoFernando Martínez ArribasAntonio-Carlos Pereira MenautEnrique José Varela Álvarez

COORDINADOR

Fernando Martínez Arribas

Separatas

Análise dAs eleccións AutonómicAs gAlegAs do 21 de outubro de 2012:

reFleXións sobre o sistemA electorAl

Antonio Torres del Moral(Director)

Fernando Martínez Arribas(Coordinador)

Álvaro Xosé López MiraAnxo Lugilde Pardo

Fernando Martínez ArribasAntonio-Carlos Pereira Menaut

Enrique José Varela Álvarez

Andavira Editora

SANTIAGO DE COMPOSTELA2013

DIPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGODEPUTACIÓN DE LUGO

1ª Edición: Santiago de Compostela, Outubro 2013

© Os autores

Edita: Andavira Editora, S.L. Praza de Mazarelos, 14 15703 Santiago de Compostela www.andavira.com

Imprime: Tórculo Comunicación Gráfica, S.A.

ISBN: 978-84-8408-733-5

Depósito Legal: C 1847-2013

Índice

Presentación ....................................................................................... 5

Prólogo ................................................................................................... 7

O grao de influencia do sistema electoral nos resultados: hipóteses a partir das eleccións autonómicas do 21 de outubro de 2012 ................................................................................ 17

Fernando Martínez Arribas

Análise das eleccións autonómicas galegas de 2012. Aspectos técnicos do sistema electoral e a súa incidencia na resposta cidadá ...................................................... 55

Álvaro Xosé López Mira

Na procura do mellor sistema electoral para Galicia ........... 77Antonio-Carlos Pereira Menaut

O outono galego: as eleccións autonómicas (1981-2012) ........................................................................................ 107

Anxo Lugilde Pardo

Eleccións ao Parlamento de Galicia do 21 de outubro de 2012. ¿A fin do tripartidismo? .............................. 153

Enrique José Varela Álvarez

Epílogo ................................................................................................... 183

Referencias Curriculares ................................................................ 185

153

eleccións ao Parlamento de galicia do 21 de outubro de 2012. ¿A fin do tripartidismo?

Enrique José Varela Álvarez1

SUMARIO: I. PRESENTACIÓN.- II. PREGUNTA CENTRAL DA ANÁLISE POST-ELECCIÓNS AO PARLAMENTO DE GALICIA DO 21 DE OUTUBRO DE 2012: A. Eleccións ao Parlamento de Ga-licia 1981-2009. B. Eleccións ao Parlamento de Galicia de 2012.- III. FIN DO TRIPARTIDISMO: SEIS CAUSAS E/OU CONSECUEN-CIAS: A. Cambios no sistema político. B. Incidencia atenuada do sistema electoral. C. Alteracións no sistema de partidos. D. Redeseño da campaña electoral. E. Influxo da «ciberpolítica». F. Evolución da cultura política.- IV. ¿CONCLUSIÓNS?: #fintripartidismo

I. PresentaciónA última convocatoria de eleccións ao Parlamento de Galicia, que

tivo lugar o 21 de outubro de 2012, non foi unha convocatoria electo-ral máis… De feito non o é ningunha.

Cada proceso electoral significa unha renovación do pacto entre cidadáns e algúns entes intermediarios da política, como é o caso dos partidos políticos, polo menos no noso modelo de democracia representativa.

1 Tradución feita por Xema Aguiar.

Enrique José Varela Álvarez

154

Cada comicio, no nivel de goberno en que este se produza, impli-ca o reforzo do sistema político, un incremento da súa lexitimidade, que se acentúa coa participación e decrece coa abstención.

Non obstante, e desde hai uns anos, asistimos a un certo ocaso do sistema político no seu conxunto, entendendo por «conxunto» o seu sistema de partidos, así como as institucións políticas, sociais e em-presariais que con el interaccionan. Ocaso, por non denominalo crise aberta, que no caso de España incorpora algunhas das súas causas sociopolíticas desde o tardofranquismo, aínda que hai quen retro-trae esta análise aos albores da nosa «revolución liberal», iniciada nas Cortes de Cádiz de 1812.

«Doutores ten a Igrexa» e científicos sociais a política, a democra-cia e o sistema de partidos no noso Estado, que non nación… razón pola cal a exposición das presentes reflexións non adoptará un for-mato de Tractatus wittgensteiniano; nin sequera un esquema empíri-co aristotélico; moito menos un estudo politolóxico positivista… se-nón todo o contrario. A exposición será abdutiva (revelar unha idea novidosa, non verificar unha hipótese), a lóxica será «dialóxica»2, polo tanto, o proceso converterase nunha intensa busca de pregun-tas, deixando de lado as supostas respostas. Porque como di Richard Sennett, «el mundo en el que me ha tocado vivir como sociólogo está plagado de super-expertos en política cuya carrera profesional con-siste en decir a los demás cómo deben comportarse»3. Por todo isto, no inicio desta reflexión, clamamos ¡Vivat Academia!, pero «Acade-mia.edu»; ¡Vivat profesores!, pero aqueles que de verdade aman a súa profesión4, que utilizan os novos medios como medios (internet e redes sociais)5, non como fins… e denunciamos, coa mesma enerxía,

2 Como dicía Sennet, «la atención y la sensibilidad en relación con otras personas», Sennett, Richard: Juntos. Rituales, placeres y política de cooperación, Anagrama, Barcelona, 2012, p. 30.3 Ibídem, p. 53.4 En palabras de Ramió, «los que deciden jugar al fútbol y no al béisbol», Ramió, Carles: La extraña pareja. La procelosa relación entre políticos y funcionarios, Catarata, Madrid, 2012, p. 45.5 Vid. McCulloch, J. - McIntosh, E.- Barrett, T.: Tweeting for teachers: how

155

Eleccións ao Parlamento de Galicia do 21 de outubro de 2012. ¿A fin do tripartidismo?

aqueles outros investigadores «excelentes», que tan só xustifican a docencia para sobrevivir na Academia.

Arredor dunha pregunta clave e un contexto dado, propoñé-monos analizar, libre de toda limitación académico-científica, un fenómeno sociopolítico xerador de máis preguntas que respostas, que nos envolve e do que, ata a data, somos incapaces de concluír escenarios de certeza… quizais porque confiamos en que, coma na canción, non «vivimos una vida loca», senón tan só «líquida»; o que nos leva a pensar que o paradigma sociopolítico da democracia libe-ral representativa, hexemónico nos últimos decenios, coma imperio posmoderno, chega á súa fin, tal como expresa Bauman:

«La “vida líquida” y la “modernidad líquida” están estrechamente ligadas. La primera es la clase de vida que tendemos a vivir en una sociedad moderna líquida. La sociedad “moderna líquida” es aquella en que las condiciones de actuación de sus miembros cambian antes de que las formas de actuar se consoliden en unos hábitos y unas rutinas determinadas. La liquidez de la vida y de la sociedad se alimentan y se refuerzan mutuamente. La vida líquida, como la sociedad moderna líquida, no puede mantener su forma ni su rumbo durante mucho tiempo»6.

Ante tanta incerteza, ¿cal podería ser daquela a pregunta central destas reflexións? Unha sinxela para un politólogo acabado de chegar ao mundo das ideas, afastado do «peso» da academia e os seus «mon-jes académicos»7, da presión dos grupos de investigación8, da ditadu-ra das publicacións «indexadas»: tras as eleccións ao Parlamento de Galicia do pasado 21 de outubro de 2012, ¿atopámonos ante a fin do tripartidismo?

O contexto político, a cultura política, as estruturas políticas, son determinantes, e, como se recolle no antecedente da pregunta clave,

can social media support teacher professional development?, Pearson Centre for Policy and Learning, 2011, pp. 1-36 (www.pearsoncpl.com).6 Bauman, Zygmunt: Vida líquida, Austral, Barcelona, 2013, p. 9.7 Ramió, Carles: La extraña…, pp. 46-47.8 Vid. ibídem, pp. 23-48.

Enrique José Varela Álvarez

156

circunscribimos a nosa análise a unha convocatoria electoral recente, anticipada e autonómica (non perdamos de vista estes adxectivos), como é a que ocupou a escolla de 75 representantes do poder lexis-lativo da comunidade autónoma de Galicia (a súa única Cámara de representación popular), o Parlamento de Galicia.

II. Pregunta central da análise post-eleccións ao Parlamento de Galicia do 21 de outubro de 2012

¿Por que comezar unha análise política e electoral cun aserto so-bre a «fin do tripartidismo»? ¿Cales son os motivos para centrar a reflexión nunha realidade circular, en consecuencia sen inicio e fin? Ocórrenseme polo menos tres argumentos.

O primeiro deles ten que ver coa nosa percepción da realidade socio-político-administrativa, que os «axentes do pacto social» (cida-dáns, políticos e empregados públicos) adoitamos construír a golpe de iniciativa, de forma impulsiva e con estratexias corporativistas e curtopracistas9, pero que ten unha longa historia na cultura política española10. É que, se somos capaces de recordar a nosa orixe demo-crática recente11, decatarémonos de que nos inicios do pacto cons-titucional de 1978 (art. 6 da Constitución) o sistema político non definía un modelo bipartidista, nin sequera «tripartidista», que ade-mais non existe como categoría na Ciencia Política «clásica»12. Tan

9 Vid. Berger, Suzanne: “Introducción”, en Berger (comp.), La organización social de los grupos de interés en la Europa Occidental. El pluralismo, el corporativismo y la transformación política, Ministerio de Trabajo y Seguridad Social, Madrid, 1988, pp. 13-39.10 Vid. Botella, Joan: “La cultura política en la España democrática”, en Cotarelo (comp.), Transición política y consolidación democrática. España (1975-1986), CIS, Madrid, 1992, pp. 121-136; e Font, Joan - Navarro, Clemente - Wojcieszak, Magdalena - Alarcón, Pau: ¿“Democracia sigilosa” en España? Preferencias de la ciudadanía española sobre las formas de decisión política y sus factores explicativos, Opiniones y Actitudes 71, CIS, Madrid, 2012.11 Vid. Cotarelo, Ramón: “La transición democrática española”, en Cotarelo (comp.). Transición política y consolidación democrática. España (1975-1986), CIS, Madrid, 1992, pp. 3-27.12 Vid. Duverger, Maurice: Los partidos políticos, Fondo de Cultura Económica,

157

Eleccións ao Parlamento de Galicia do 21 de outubro de 2012. ¿A fin do tripartidismo?

só establecía un modelo multipartidista, que, co tempo (crecemen-to da esfera pública, política e administrativa), o exercicio de mala política (partitocracia) e de peor cidadanía (apolitismo), axudamos a converter en dualismo ou bipartidismo (cando non en réxime de «partido único», en función das maiorías absolutas ao longo e ancho da España autonómica).

O segundo motivo é máis simple e ten que ver coa necesidade de chamar a atención do lector interesado sobre a análise politolóxica (que non política) dos fenómenos que nos conduciron a un escena-rio de crise sistémica e desafección política, sen parangón na nosa democracia recente. Porque xa existía en Galicia o multipartidismo, antes deste tripartidismo imperante nas dúas últimas décadas. Por-que a fin dun modelo de comprensión política, por parte dos po-líticos (que non cidadáns), non é nada máis que o comezo doutro modelo baseado no pacto sociopolítico13 e na renovación dos seus liderados14. Porque, como diría o noso colega Quim Brugué, «¡es la política, estúpidos!»15, é dicir, pacto, interacción, consenso, negocia-ción, deliberación, ruptura, creación, cambio, resolución de conflitos sociopolíticos, en definitiva, boa gobernanza.

O terceiro argumento, e máis substancioso pola proxección que ten no ámbito do debate politolóxico, circunscríbese á dimensión virtual da política, tanto polo lado de oferta16 («internet e política»,

México, 1987; e Offe, Claus: Partidos políticos y nuevos movimientos sociales, Editorial Sistema, Madrid, 1988.13 Vid. Calame, Pierre: Hacia una revolución de la gobernanza. Reinventar la democracia, LOM Ediciones, Santiago de Chile, 2009.14 Vid. Varela, Enrique J.: “Liderazgo “institucional”: motor de cambio para las ciudades del presente”, en Figueiredo - Peña - Varela Álvarez (coords.), Retos de la acción de gobierno para las ciudades del siglo XXI, Eixo Atlántico do Noroeste Peninsular, Vigo, 2012, pp. 455-489.15 Vid. Brugué, Quim: “Es la política, estúpidos!” (Documento revisado o 2 de marzo de 2013, http://aragonparticipa.aragon.es/attachments/799_es_la_politica.pdf).16 Rubio, Rafael: “Internet en la participación política”, Revista de Estudios Políticos, nº 109, (2000), pp. 285-302; Anduiza, Eva - Cantijoch, Marta - Colombo, Clelia - Gallego, Aina - Salcedo Jorge: “Los usos políticos

Enrique José Varela Álvarez

158

«política e internet», «ciberpolítica», ou «tecnopolítica»), como polo lado da demanda («ciberactivismo» ou «hacktivismo»)17; entenden-do que nestes últimos anos de fonda «desafección política»18, a ofer-ta-demanda confundiuse, solapouse, interaccionando de forma in-tensa. Así, o espazo público e privado19 chegou a fusionarse formando un magma inescrutable, nun escenario social sementado de novos valores pos-posmaterialistas20, que están por desenvolver no ámbito das institucións públicas21, e que, máis aló dos medios móbiles (SMS, WhatsApp… ou o que estea por vir) ou internet (blogs, redes sociais, apps), deixa pendente a consolidación doutra sociedade e outra po-lítica22 pola vía dos fins (non dos medios); porque en palabras de Su-birats «internet no es un “martillo” nuevo que sirve para clavar más

de internet en España”, Revista Española de Investigaciones Sociológicas, nº 129, (2010), pp. 139-146; Cotarelo, Ramón: La política en la era de internet, Tirant lo Blanch, Valencia, 2010; e Toret, Javier: “El “Big data” de la revolución”, en Llámalo Y Periodismo, Internet, movimientos sociales, 2013 (Documento revisado o 2 de marzo de 2013, http://llamaloy.wordpress.com/2013/03/03/entrevista-a-javier-toret/).17 Vid. Vicente, Loreto: “¿Movimientos sociales en la Red? Los hacktivistas”, Revista El Cotidiano, Vol. 20, nº 126, (2004), pp. 1-7.18 Montero, José Ramón - Torcal, Mariano (eds.): Political Disaffection in Contemporary Democracies: Social Capital, Institutions and Politics, Routledge, Londres, 2006.19 Vid. Cotarelo, Ramón: “La dialéctica de lo público, lo privado y lo secreto en la ciberpolítica”, Más poder local Magazine. “Especial septiembre 2012 Redes sociales y gobernanza”, (2012), pp. 4-12.20 Vid. Inglehart, Ronald: “Valores, ideología y movilización cognitiva en los nuevos movimientos sociales”, en Rusell - Kuechler (eds.), Los nuevos movimientos sociales. Un reto al orden político, Edicións Alfons el Magnànim, Valencia, 1992, pp. 71-99.21 Vid. Bennett, W. L. - Howard, Ph. N.: “Evolving Public-Private Partnerships: A New Model for e-Government and e-Citizens”, en United Nations Public Administration Network (UNPAN), 2007, pp 1-24.22 Vid. Subirats, Joan: Otra sociedad ¿otra política?, De “no nos representan” a la democracia de lo común, Icaria Asaco, Barcelona, 2011; e Ballart, Xavier - Vallès, Josep M.: Política para apolíticos: Contra la dimisión de los ciudadanos, Ariel, Barcelona, 2012.

159

Eleccións ao Parlamento de Galicia do 21 de outubro de 2012. ¿A fin do tripartidismo?

deprisa o con mayor comodidad los “clavos” de siempre»23. Só desta forma poden xurdir máis e máis preguntas sobre a crise dos modelos políticos, de partidos e dos propios líderes políticos na súa relación con internet24; a nós ocórrensenos, entre outras moitas, dúas: ¿son útiles as novas tecnoloxías (internet, redes sociais) para resolver con-flitos sociopolíticos?, ¿axudan estes a producir intercambios entre a comunidade política (partidos-partidos; partidos-electores; simpati-zantes-electores; simpatizantes-partidos)?

Tras estes argumentos, ¿parece suficiente xustificación para dar-lle centralidade tanto á pregunta como á proposta?; probablemente non, porque nesta era de turbulencias ata os argumentos racionais perderon o seu valor, entre outros motivos pola irracionalidade dos comportamentos dos «partidos políticos de masas». Porque a crise da política é a crise dos partidos catch all, non daqueles que seguen confiando noutros modelos de democracia (participativa, deliberati-va, outro tipo de «representativa»). Porque na crise da partitocracia non todos teñen as mesmas responsabilidades e contas que saldar cos cidadáns, que moitos anos atrás lles «delegamos», de forma ben irresponsable por certo, o voto, as nosas ideas, prácticas de xestión política, incluso, a nosa «conciencia social» (con axuda, por exemplo, das organizacións non gobernamentais).

A. Eleccións ao Parlamento de Galicia 1981-2009Tras este proemio (probablemente innecesario), procedemos a

argumentar sobre a pregunta central, co fin de iniciar un debate con vostedes.

En primeiro lugar, e desde unha óptica estritamente politolóxica, parece claro que non é posible falar da «fin do tripartidismo», cando este modelo de sistema de partidos nin sequera é estudado pola Cien-cia Política. O multipartidismo contempla formas de alternancia e de

23 Subirats, Joan: “Otra sociedad…”, p. 33.24 Vid. Barrios, Elena: “Políticos en redes sociales: ¿Es posible la conversación?”, Más poder local Magazine. “Especial septiembre 2012 Redes sociales y gobernanza”, (2012), pp. 24-31.

Enrique José Varela Álvarez

160

coalicións, ben é verdade que as tendencias no noso sistema político reforzaron a polarización e, con ela, o «bi» e o «tri» partidismo.

Non obstante, e se analizamos os resultados dos comicios ao Parlamento de Galicia desde 1981 ata 2012, é doado concluír que de 1981 a 1989 a Cámara galega acolleu no seu seo un total de once partidos políticos, repartidos da seguinte forma:

1981 1985 1989

Partidos Políticos25AP, UCD, PSdeG-

PSOE, BNPG-PSG, EG-POG, PCG

CP, PSdeG-PSOE, CG, PSG-EG, BNG

PP, PSdeG-PSOE, BNG, PSG-EG, CG

Total 6 5 5

Fonte: Elaboración propia. 25

Foron tres lexislaturas apaixonantes, á vista da «ensalada de siglas», que non de persoas (xa que moitos parlamentarios foron cambiando de partido a través dun curioso proceso de evolución ideolóxica). O caso é que das oito eleccións ao Parlamento de Galicia no período 1981-2009, nas tres primeiras (1981, 1985 e 1989) coexistiron entre cinco e seis partidos no arco parlamentario; non foi ata os comicios do ano 1993 cando na Cámara autonómica se produce unha «concentración» de forzas políticas que definen de 1993 a 2009 o que mal poderiamos denominar como «tripartidismo», representado por tres forzas políticas que se sitúan no cleavage «esquerda-dereita» (PP e PSdeG-PSOE26) e ao que, desde 1985, se incorpora a forza que aglutina o nacionalismo galego de esquerdas (BNG).

25 As siglas corresponderían ás seguintes formacións políticas: AP/CP/PP (Alian-za Popular/Coalición Popular/Partido Popular); UCD (Unión de Centro De-mocrático); PSdeG-PSOE (Partido dos Socialistas de Galicia-Partido Socialista Obrero Español); BNPG-PSG/BNG (Bloque Nacional Popular Galego-Partido Socialista Galego/Bloque Nacionalista Galego); EG/POG (Esquerda Galega/Partido Obreiro Galego); PCG (Partido Comunista de Galicia); CG (Coalición Galega).26 Coa excepción da lexislatura 1997-2001, na que houbo dous parlamentarios de Esquerda Unida, aínda que elixidos nunha coalición electoral co PSdeG e Os Verdes.

161

Eleccións ao Parlamento de Galicia do 21 de outubro de 2012. ¿A fin do tripartidismo?

Este proceso rómpese nas eleccións do pasado 21 de outubro, e con el ten lugar o inicio da «fin do tripartidismo», tal e como se en-tendeu en Galicia no recente período democrático, e só en clave de análise de comicios ao Parlamento de Galicia27.

B. Eleccións ao Parlamento de Galicia de 2012¿Que dicir entón sobre os resultados obtidos polas forzas políticas

nestas últimas eleccións autonómicas?, ¿como interpretar a «fin do tripartidismo» neste contexto?

No pasado outono, na comunidade autónoma de Galicia, tivemos ocasión de contemplar cómo se rompía un modelo de multipartidis-mo que denominamos «tripartidismo», nun proceso que tivo o seu maior expoñente na entrada no Pazo do Hórreo da coalición electo-ral Alternativa Galega de Esquerda (en adiante AGE), integrada por Esquerda Unida, Anova, Equo e Ecogaleguistas.

Pero non acaban aí as sorpresas que nos deparou o «Día D» do 21-O pasado. AGE conseguiu superar en número de votos totais, porcentaxe de votos e escanos á forza nacionalista hexemónica do sistema político galego nas últimas dúas décadas: 1993-2012. Foron un total de 200.101 votos válidos, un 13,99%28 e 9 escanos, para unha forza política que se presentaba por primeira vez a unhas eleccións ao Parlamento de Galicia, e que o fixo asinando o acordo de coalición en setembro de 2012, ¡un mes antes do inicio da campaña electoral!

Desde logo, o que si se puido confirmar é que algo novo está pa-sando en Galicia, para que un movemento telúrico coma este teña lugar nun territorio xeopolítico tan estable (excluíndo a inestable dé-cada dos 80) coma o da nosa comunidade autónoma.

27 Quedan excluídos desta análise o resto de procesos electorais na comunidade autónoma de Galicia: Cortes Xerais, gobernos locais e Parlamento Europeo.28 Estes serían os resultados sen computar o voto do exterior. Os resultados definitivos de AGE serían de 200.828 votos, o que representaba o 13,9% dos votos.

Enrique José Varela Álvarez

162

Pero a estas sorpresas acompáñanas outras de maior calado para o sistema político galego, que implica non só ás organizacións dos partidos políticos, senón tamén aos cidadáns. Na campaña electoral ao Parlamento de Galicia 2012 concorre o maior número de listas electorais de toda a historia da democracia galega: 26 en total. Delas, paga a pena centrar a análise nas forzas que non obtiveron represen-tación parlamentaria por mor da barreira electoral do 5%, pero que sobrepasaron o 1% dos votos, sumando máis dun 4,5% dos sufra-xios. Este amplo «bufete electoral» dá como resultado un menú cos seguintes pratos:

Partidos Políticos29 Votos Válidos Porcentaxe

UPyD 21.335 1,47%

Eb 17.141 1,18%

SCD 15.990 1,10%

CxG 14.586 1,01%

Totais 69.052 4,76%

Fonte: Elaboración propia a partir da páxina web da Xunta de Galicia http://resultados2012.xunta.es/11AU/DAU11999CM_L2.htm29

Observamos nesta simple táboa a evidencia da «ruptura do tri-partidismo» no mercado de votos galego, non só pola irrupción de AGE (que supera en votos e escanos o BNG), senón tamén pola apa-rición de novas «marcas» políticas (SCD, CxG, Eb) que superan o 1% dos votos; xa daquela algo nos podería inducir a pensar nun futuro incremento da fragmentación do voto tradicional.

O que parece evidente é que estes novos actores políticos repre-sentan ¡case un 5%! (4,76%), nunha campaña, como veremos no se-guinte apartado, de baixo perfil político (moi «desideoloxizada») e con grande impacto da abstención, votos nulos e brancos.

29 As siglas corresponderían ás seguintes formacións políticas: UPyD (Unión Progreso y Democracia); Eb (Escaños en Blanco); SCD (Sociedad Civil y Demo-cracia); CxG (Compromiso por Galicia).

163

Eleccións ao Parlamento de Galicia do 21 de outubro de 2012. ¿A fin do tripartidismo?

Os datos anteriores axúdannos a seguir insistindo na pregunta central da análise «¿a fin do tripartidismo en Galicia?», porque, ade-mais das catro forzas políticas do Parlamento de Galicia e aquelou-tras que «case o conseguen», a elas deberiamos «sumar» o resto de «partidos clásicos nun proceso electoral», que poderiamos denomi-nar da seguinte forma: os que representan «o non-voto» ou «Parti-do da Abstención»; aqueloutros que se converten en votos nulos ou «Partido Nulo»; e, por último, os votos en branco ou «Partido en Branco» (que non «Escanos en branco»).

No cadro seguinte vémolo con máis claridade:

Eleccións 21-O Galicia

Votos %

PPdeG 661.281 45,79%

PSdeG-PSOE 297.584 20,61%

AGE 200.828 13,90%

BNG 146.027 10,11%

SUBTOTAL 1.305.720 90,41%

UPyD 21.335 1,47%

Eb 17.141 1,18%

SCD 15.990 1,10%

CxG 14.586 1,01%

SUBTOTAL 69.052 4,76% 2009

Partido da Abstención

1.216.338 45,09% 35,57%

Partido Nulo 37.531 2,53% 0,89%

Partido en Branco 38.448 2,66% 1,66%

SUBTOTAL 1.292.317 50,28% 38,12%

Fonte: Elaboración propia a partir de http://resultados2012.xunta.es/11AU/DAU11999CM_L2.htm

A expresión gráfica deste índice acumulado de resultados de vo-tos aos partidos políticos recóllese nas dúas gráficas seguintes. A es-tes resultados incluímos o que chamamos «outros partidos», porque supoñen a participación activa en urna dun elector cada vez máis «cívico» (si, nós pensamos que a «abstención» e os «nulos» tamén

Enrique José Varela Álvarez

164

poden responder a esta dimensión de voto calculado); que cada vez medra máis (case de 10 puntos máis de abstención de 2009 a 2012; 1,6 puntos de nulos, e 1 punto de votos brancos); o que deixa un pa-norama moi volátil e aberto a novas formas de participación política «desvinculadas» dos partidos tradicionais.

eleCCións GaliCia 21-0: votos Partidos PolítiCos

Fonte: Elaboración propia.

Fonte: Elaboración propia.

A conclusión previa introduce un novo argumento a favor da «fin do tripartidismo», así

como dúas preguntas claves tras o 21-O: ¿quen gaña que? e ¿quen perde que? É que a

torta do mercado político se reparte entre máis actores, con maior impacto na esquerda e

no nacionalismo (número e porcentaxe de votos e escanos), mentres que na dereita

perden votos en número e porcentaxe, non así en deputados polos efectos estruturais do

PPdeG

PSdeG‐PSOE 

AGE

BNG

UPyD 

Eb

SCD 

CxG

94%

3% 3% 

      

Partido  da  Abstención

Partido  Nulo 

Partido  en  Branco 

Fonte: Elaboración propia.

eleCCións GaliCia 21-0: votos Partidos PolítiCos

Fonte: Elaboración propia.

Fonte: Elaboración propia.

A conclusión previa introduce un novo argumento a favor da «fin do tripartidismo», así

como dúas preguntas claves tras o 21-O: ¿quen gaña que? e ¿quen perde que? É que a

torta do mercado político se reparte entre máis actores, con maior impacto na esquerda e

no nacionalismo (número e porcentaxe de votos e escanos), mentres que na dereita

perden votos en número e porcentaxe, non así en deputados polos efectos estruturais do

PPdeG

PSdeG‐PSOE 

AGE

BNG

UPyD 

Eb

SCD 

CxG

94%

3% 3% 

      

Partido  da  Abstención

Partido  Nulo 

Partido  en  Branco 

Fonte: Elaboración propia.

A conclusión previa introduce un novo argumento a favor da «fin do tripartidismo», así como dúas preguntas claves tras o 21-O: ¿quen gaña que? e ¿quen perde que? É que a torta do mercado político se reparte entre máis actores, con maior impacto na esquerda e no na-

165

Eleccións ao Parlamento de Galicia do 21 de outubro de 2012. ¿A fin do tripartidismo?

cionalismo (número e porcentaxe de votos e escanos), mentres que na dereita perden votos en número e porcentaxe, non así en deputa-dos polos efectos estruturais do sistema político e electoral galego, así como polo seu comportamento electoral tradicional30.

Como vemos, polo momento, e transcorridos algúns meses desde os comicios galegos, existen máis preguntas que respostas; aínda que é indubidable que se pode albiscar unha liña de tendencia, reforzada por algún barómetro de intención de voto recente na comunidade autónoma de Galicia, que, independentemente do «voto dual» e da tradicional «volatilidade do voto de esquerdas», pode indicar o inicio da consolidación da cuarta forza política, AGE, e, en consecuencia, da momentánea «fin do tripartidismo» en Galicia.

Sobre esta idea insistimos deseguido.

III. Fin do tripartidismo: seis causas e/ou consecuenciasMáis aló da evidencia que supón a entrada da coalición AGE

no Parlamento de Galicia, tras as últimas eleccións autonómicas, podemos comezar a pensar nunha ruptura do tradicional sistema de voto, repartido desde o ano 1993 entre as tres forzas políticas que representaban o espectro ideolóxico do sistema político galego: dereita (PP), esquerda (PSdeG-PSOE) e nacionalismo de esquerdas (BNG).

Existen algúns sinais que nos avanzan novos escenarios, que non necesariamente cambios de tendencia; e que marcan unha nova for-ma de interpretar o voto por parte dos electores, máis que por parte dos partidos políticos, polo menos dos tres «tradicionais».

Desde o noso punto de vista, seis son as causas e/ou consecuen-cias que nos poden axudar a pensar na «fin do tripartidismo» a me-dio prazo en Galicia, máis aló do resultado electoral do pasado 21-O, entre elas: 1. cambios no sistema político; 2. incidencia atenuada do sistema electoral; 3. alteracións no sistema de partidos; 4. redeseño

30 Vid. López Mira, Álvaro Xosé: Introducción ó sistema político español, Tórculo Edicións, Santiago de Compostela, 2004, pp. 129-139.

Enrique José Varela Álvarez

166

da campaña electoral; 5. influxo da ciberpolítica; e 6. evolución da cultura política.

A. Cambios no sistema políticoO sistema político en Galicia foi bastante estable nos últimos vin-

te anos, superada a fase homeostática dos anos 80. A «selección natu-ral» de siglas e partidos conduciu a un aclarado dos nosos represen-tantes no Parlamento de Galicia e, finalmente, e ata o 21-O pasado, a un modelo de corte «tripartidista».

O teórico multipartidismo que consagra a nosa Constitución foi paulatina e atinadamente corrixido polas elites políticas e as súas es-truturas partidarias, de forma que a concentración de poder en tres partidos resultou un feito consumado.

Nesta competición política, os que claramente saíron perdendo son os cidadáns que viron diminuídas as súas posibilidades de elec-ción no mercado de ideoloxías e marcas partidarias. O decoupling, ou desaxuste, entre electores e elixibles, entre cidadáns e partidos, volveuse así irremediable, e a partitocracia acabou por rexer os nosos destinos.

Únese a iso a crecente «nacionalización» da política autonómica e local, froito da influencia que este proceso, a escala estatal, foi conso-lidando en tres décadas de modelo político en España. Partido Popu-lar e Partido Socialista Obrero Español conseguiron que elección tras elección (aínda que de forma asimétrica, segundo territorios e niveis de goberno) se impoña a «lei de ferro da oligarquía» enunciada por Robert Michels a comezos do século XX. A través dela, conseguiu-se, na mesma medida, uniformizar programas electorais, mensaxes e mesmo, posteriormente, políticas públicas, xa no exercicio da acción de goberno autonómica e/ou local.

¿Quen gañou e quen perdeu que?O PP conseguiu que o decoupling lle fose favorable malia a perda

de máis de 128.000 votos, cos que logrou pasar de 38 a 41 deputados no Parlamento de Galicia. Para iso, deseñou unha estratexia de cam-

167

Eleccións ao Parlamento de Galicia do 21 de outubro de 2012. ¿A fin do tripartidismo?

paña que limitou ao máximo a influencia da clásica «nacionalización da política autonómica» e o efecto da (in)acción do goberno do Es-tado ante a grave crise económica que vive España desde o ano 2008.

Da análise do gañador, pasamos á do perdedor. Este non é outro que o conxunto do sistema político que tocou fondo cun 45,09% de abstención; un total dun millón duascentas mil persoas abstivéronse, non foron votar; mentres que medra, pouco a pouco, a porcentaxe daqueloutras que acoden aos colexios electorais para exercer os seus dereitos en forma de voto branco ou voto «nulo» (máis adiante expli-camos esta «estraña» forma de voto).

Neste desastre sistémico, podemos constatar algunhas gretas a través das cales aparecen novas alternativas, sobre as que é posible repetir o proceso de homeostase que tivo lugar nos anos 80, como é o feito do incremento de listas (partidos, coalicións, plataformas…), así como unha realiñación do voto ideolóxico, sobre todo polo lado da esquerda, como é o caso do «efecto AGE».

B. Incidencia atenuada do sistema electoralEsta é unha dimensión complexa tecnicamente aínda que explica-

da de forma excelente polo meu colega da Área de Ciencia Política e da Administración da Universidade de Vigo, o profesor López Mira; razón pola cal a mencionamos como unha causa e consecuencia máis da «fin do tripartidismo» en Galicia, á luz dos resultados electorais.

Porque aínda que D´Hondt segue favorecendo a estrutura de po-der dos tres partidos «tradicionais» galegos (a uns máis cá outros), o pobre non é o único culpable. Algo teñen que ver as elites políticas cando no exercicio da acción de goberno nos anos 90 modificaron a barreira electoral do 3% ao 5%, cunha lexitimidade máis que cuestio-nable e cun resultado claro de diminución da oferta parlamentaria, e o que é máis grave, da política, para o conxunto dos galegos e os territorios nos que residen (urbano-rurais).

Victor D´Hondt tampouco ten a culpa da «desproporcionali-dade» do sistema político galego. Teremos que mirar cara ao lado adecuado para poder comprobar que estas «correccións técnicas» da

Enrique José Varela Álvarez

168

«barreira electoral», ou as próximas que se aveciñan na presente le-xislatura (segundo se anunciaba no programa electoral do partido gañador), teñen responsables, que ao final serán os vencedores dos futuros procesos electorais: menor porcentaxe de voto, maior núme-ro de escanos; mentres que o resto de forzas políticas quedan fóra destas opcións por efecto da organización das circunscricións electo-rais. Así o PSdeG-PSOE, cun pouco menos da metade dos votos do PP, obtivo 18 escanos, ¡23 menos que o Partido Popular!; AGE, con tres veces menos de votos que o PP, 9 escanos (en lugar dos 14 que lle corresponderían); e o BNG, con catro veces e media de votos menos que o PP, 7 escanos, en lugar de 10.

En definitiva, o que parece claro é que os votos non valen igual en Ourense e Lugo que na Coruña e Pontevedra… e, en consecuencia, que aquilo de «un home, un voto» non só non recolle a nova diver-sidade de xénero, tampouco a propia dunha organización territorial como a galega.

C. Alteracións no sistema de partidosMalia a presenza omnímoda dos partidos políticos na vida polí-

tica, social, económica e cultural do noso Estado multinivel, recen-temente a «partitocracia» foille cedendo espazos á cidadanía; é certo que non de forma voluntaria.

A desafección política, e os casos de corrupción e de incompe-tencia manifiesta na xestión da crise e as políticas públicas do noso Estado do benestar, axudaron moito ao feito de que unha parte da sociedade, organizada ou non, comece a reclamar un espazo político que, no seu momento, delegou nos partidos como entes de represen-tación política.

Esta dimensión é á vez causa e consecuencia da crise, así como a súa posible solución. O redescubrimento do «elector cívico», o «re-empoderamento» sociopolítico, está axudando a cubrir un espazo público e político que os partidos abandonaron, probablemente máis por incapacidade que por falta de estratexia.

169

Eleccións ao Parlamento de Galicia do 21 de outubro de 2012. ¿A fin do tripartidismo?

O resultado, en forma de fractura do «contrato social», deixa ao descuberto un «horror vacui», impensable a finais da década pasada; cunha cidadanía entregada á opulencia, e unhas clases medias que delegaron o seu poder de representación político, social e económico en partidos, sindicatos e organizacións do terceiro sector.

O incremento da abstención en cada cita electoral lastra o conxunto do sistema político, a súa lexitimidade institucional e a lexitimidade das organizacións e políticas públicas que representan os produtos que sociedade e partidos intercambian no mercado da política democrática.

Nesta ocasión, temos dúbidas de que exista un gañador, xa que, aínda que os resultados nunhas eleccións xerais, autonómicas, locais ou europeas favorezan conxunturalmente os dous grandes partidos (goberno-oposición, na dialéctica do sistema de partidos catch all español), a vitoria é pírrica, o rendemento é decrecente e sempre táctico e «curtopracista». Tampouco existen vencedores e vencidos, nin «amigos-inimigos» (segundo a dialéctica dos partidos fascistas de entreguerras); perde a política, non os partidos, e con ela o instru-mento máis útil, xusto, equilibrado e efectivo para conseguir solucio-nar problemas sociais en calquera territorio, conxuntura e sociedade.

Unicamente nos aventuramos a albiscar unha tenue luz de espe-ranza no conxunto do sistema de partidos, que está por chegar. A diversidade das listas que se presentan ás eleccións, a súa natureza «líquida» e desestruturada, o abandono da ideoloxía en clave esquer-da-dereita en detrimento doutra máis innovadora que poderiamos definir como «público-privada», o rexurdimento do «elector cívico» e o ensanchamento da súa actividade política, na rúa, no traballo, en internet… todo iso, e máis, fálanos dunha nova época da política, que non da «apolítica». Formas, texturas, modelos, procesos, tempos… que, coma na «cociña moderna», poden encher de novos «aromas» políticos, prácticas dialóxicas e deliberativas, renovada sociabilidade que provocará redefinicións de consensos e fórmulas de cooperación sociopolítica; no fondo máis política, aínda que lonxe daquela que definiron os partidos políticos na Transición, como entidades mo-nopolísticas do poder nunha sociedade coma a nosa.

Enrique José Varela Álvarez

170

D. Redeseño da campaña electoralA cuarta dimensión de análise é máis unha consecuencia que

unha causa. Explicámonos.

As campañas electorais nos sistemas políticos con partidos de masas e de representación corporativos foron un medio, non un fin en si mesmas. De aí que a súa falsa tecnocratización desembocase nunha sorte de «videopolítica» sartoriana, nunha «democracia de-moscópica», transformando o zoon politikon nun simple homo vi-dens (xa nun pasivo homo ludens); o que acabou por substituír o de-bate, o consenso, os argumentos, en favor dos efectos, as mensaxes, as luces e o, tan actual e de moda, confeti dos actos electorais.

Ao longo de varias décadas, intentáronnos convencer de que «o medio é a mensaxe» (¡que mal se interpreta a McLuhan!), e ata os gu-rús das campañas electorais e os pobres apparatchiks que sobreviven nas organizacións dos partidos caeron nesa trampa.

En relación con esta sofisticada e «tecnoloxizada» dimensión das campañas electorais, para o caso das eleccións ao Parlamento de Ga-licia do pasado ano puidemos constatar non só que o medio non é a mensaxe, senón que as campañas electorais tradicionais serven de pouco aos seus fins; e con elas, os clásicos mitins, o reparto de publi-cidade electoral «en man» e por correo, os anuncios publicitarios nos medios de comunicación de masas, etcétera.

¿Quen gañou e quen perdeu nos pasados quince días de outubro de 2012?

Nun contexto de crise sistémica (política e financeira), o PPdeG conseguiu o que quixo, rebaixar o perfil ideolóxico e desvencellar as súas mensaxes das do PP no resto de España, e, máis en concreto, das do seu líder e Presidente do Goberno… ao final, incrementando así o número de escanos (ben é certo que coa indispensable colaboración das dimensións explicativas anteriores).

O PSdeG-PSOE naufragou estrepitosamente, igual que o seu compañeiro de «tripartidismo», o BNG, ao presentar, ambos, unha campaña arredor do «voto útil», e sen considerar o fenómeno da

171

Eleccións ao Parlamento de Galicia do 21 de outubro de 2012. ¿A fin do tripartidismo?

«desafección política» e a fuxida de electores do «voto ideolóxico» artellado tradicionalmente sobre o eixe «esquerda-dereita», e que na actualidade poida estar xirando cara a outro máis novidoso que po-deriamos denominar «público-privado».

Novamente o «tripartidismo» rompe en Galicia, porque outras forzas políticas conseguen non só escapar da sangría da abstención, senón ademais posicionar as súas mensaxes en foros e formatos alleos aos propios das campañas tradicionais. Falamos, como non, de AGE, que logra situar unha coalición (liderado difuso, estrutu-ras partidarias con culturas políticas case opostas) no mapa mental dos novos votantes (mozos e non tan mozos, moitos deles «nativos dixitais»), así como daqueles que abandonaron no seu día os for-matos políticos tradicionais («carné», militancia, participación en actos electorais…), e que volveron ao espazo público, iso si, desde as redes virtuais de internet (blogs, redes sociais, whatsapps), desen-volvendo un modelo de «ciberactivismo» ou hacktivismo que está por estudar.

En todo caso, nesta campaña electoral tivo lugar un feito que re-vela a importancia deste cambio de marcos técnicos das campañas electorais: por primeira vez en 19 anos en Galicia, os partidos que forman o modelo «tripartidista» chegan ao acordo de realizar deba-tes electorais na televisión pública; AGE, aínda sen participar neles, consegue superar en votos o BNG, en virtude dunha innovadora campaña en redes sociais, non pola súa participación nos clásicos formatos audiovisuais.

E. Influxo da «ciberpolítica»Seguindo o razoamento anterior sobre o decaemento dos vellos

medios e mensaxes no desenvolvemento das campañas electorais, ¿ata que punto resultou clave o posicionamento dos partidos polí-ticos nas redes sociais virtuais durante este breve período de tempo?

Para responder esta pregunta, non chegan as intuicións, porque as grandes categorías politolóxicas sobre esta nova dimensión do que poderiamos denominar xenericamente «ciberpolítica», como apun-

Enrique José Varela Álvarez

172

tamos na introdución, aínda están en proceso de definición e estu-do31.

Con todo, si podemos enunciar algunhas «luces e sombras» a modo de avance preliminar dos estudos sobre «ciberpolítica» e redes sociais, aplicadas ao caso das eleccións ao Parlamento de Galicia do 21-O:

a) As redes sociais (na actualidade especialmente Facebook e Twitter) son cada vez máis decisivas para elaborar mensaxes e facer chegar información aos posibles votantes (non sempre afiliados e militantes… noutros casos, nin sequera simpatizantes).

b) Ademais das redes sociais, os formatos de comunicación amplíanse a través do uso de medios como os smartphones (cada vez menos «sms», cada vez máis whatsapps ou métodos alternativos Line, WeChat ou Weibo) e outros soportes máis elaborados de internet (blogs temáticos), que expanden as canles de comunicación e de interacción con e entre os electores.

c) A «ciberpolítica» supón un posicionamento renovado dos actores políticos, tanto polo lado da oferta (elixible) como polo da demanda (elector); así como diferentes graos de implicación virtual («ciberactivismo», hacktivismo, Change.org, Avaaz.org) e de mobilización presencial («escrache»).

d) En calquera caso, subsiste o «gap tecnolóxico», tanto polo que se refiere ao uso das redes, como ao acceso ás mesmas; persistindo importantes barreiras en zonas rurais e en sectores sociais urbanos que non dispoñen dos interfaces, nin do acceso a datos, «wifis», ou ben o teñen limitado (tempo, megas, consumo…).

31 Neste sentido, e como parte do equipo de investigación da Área de Ciencia Política e da Administración da Universidade de Vigo: Observatorio de Gobernanza G3, analizamos a participación dos partidos e os candidatos nas redes sociais, tanto nas eleccións ao Parlamento de Galicia, como nas eleccións ao Parlament de Catalunya, nun informe que será presentado nos próximos meses aos medios de comunicación social e ao resto da comunidade investigadora.

173

Eleccións ao Parlamento de Galicia do 21 de outubro de 2012. ¿A fin do tripartidismo?

Neste sentido, e contradicindo o principio de McLuhan e para as campañas electorais estudadas, o medio non fai a mensaxe, xa que dispoñer dun web, un blog ou un perfil en redes sociais non garante un resultado, nin a optimización do esforzo por participar nestes formatos, onde o rendemento se pode estimar como, a maior participación, maior número de «amigos», followers ou «gústame» ou retuits, e en consecuencia, votos. Aínda que é verdade que estes formatos nos achegan a novos «electores cívicos», así como aos po-sibles votantes «nativos dixitais».

Unha conclusión bastante gráfica sobre quen gañou e perdeu nas pasadas eleccións do 21-O extraémola da análise da participa-ción dos principais partidos e os seus líderes nas redes sociais Face-book e Twitter. Segundo a análise realizada polo equipo de investi-gación do Observatorio de Gobernanza G3 da Universidade de Vigo, para o período comprendido entre o inicio da campaña electoral e a súa finalización, o día dos comicios, observamos que:

• Os tres partidos que conforman o modelo «tripartidista» (PP, PSdeG-PSOE e BNG) deseñaron unha campaña mixta en redes de internet, con espazos no web das formacións e perfís en redes sociais dos seus líderes (blogs e/ou contas en Facebook e Twitter).

• O resto de partidos que acadou polo menos un 1% dos votos, UPyD, SCD e CxG, así como AGE (cun case o 14% dos mesmos conseguiu máis de douscentos mil votos), posicionaron as súas plataformas e mensaxes nas redes sociais, sen distinción de perfís entre partido e líder.

Como observamos nos gráficos seguintes, a intensidade, o tráfi-co e as interaccións en dúas das principais redes sociais non se co-rresponden co resultado electoral (nin en votos, nin en porcentaxe, nin, por suposto, en escanos):

Enrique José Varela Álvarez

174

faCebook: Media de «GústaMe» durante a CaMPaña eleCtoral

Fonte: Elaboración propia a partir do informe Observatorio Gobernanza G3 (UVIGO)32.

No primeiro dos casos (Facebook), a media sobre o conxunto da actividade en campaña

correspóndelle a UPyD, que alcanza para Galicia un 1,47% dos votos (algo máis de

vinte e un mil), para 13.290 «gústame».

Twitter: Media de «followers» durante a campaña electoral

Fuente: Elaboración propia a partir do informe Observatorio Gobernanza G3 (UVIGO)33.

32 Gráfico incorporado ao draft do informe Observatorio de Gobernanza G3, pendente de publicación. 33 Gráfico incorporado ao draft do informe Observatorio de Gobernanza G3, pendente de publicación.

3.386 

9.510

1.261

4.982

391 01.928 956

639

13.290 

1.896

2.0004.0006.000

8.00010.000 12.000 

14.000 

PP

Wpe

rsoal

cand

idato

PP

Wpe

rsoal

cand

idato

PSdeG

BNG

Wpe

rsoal

cand

idato

BNGAGE

Faceb

ook+

Galiza

CxGUPyD

SCD

PSdeG

Fonte: Elaboración propia a partir do informe Observatorio Gobernanza G3 (UVIGO)32.

No primeiro dos casos (Facebook), a media sobre o conxunto da actividade en campaña correspóndelle a UPyD, que alcanza para Ga-licia un 1,47% dos votos (algo máis de vinte e un mil), para 13.290 «gústame».

32 Gráfico incorporado ao draft do informe Observatorio de Gobernanza G3, pendente de publicación.

175

Eleccións ao Parlamento de Galicia do 21 de outubro de 2012. ¿A fin do tripartidismo?

twitter: Media de «followers» durante a CaMPaña eleCtoral

PP

Wpe

rsoal

cand

idato

PP

Wpe

rsoal

cand

idato

PSdeG

BNG

Wpe

rsoal

cand

idato

BNGAGE

Faceb

ook+

Galiza

CxGUPyD

SCD

PSdeG

Fuente: Elaboración propia a partir do informe Observatorio Gobernanza G3 (UVIGO)33.

Algo semellante ocorre na rede Twitter, na que UPyD ten unha gran presenza con 44.355 «seguidores» de media (máis de medio mi-llón en total para o conxunto da campaña), a gran distancia do resto de candidaturas participantes na campaña electoral; aínda que como puidemos comprobar anteriormente o seu «rendemento electoral» resultou escaso.

En definitiva, a relación entre participación en internet (websites, blogs e redes sociais) e resultado electoral aínda non se analizou en profundidade, moito menos o rendemento do labor dos community managers dos partidos (xeralmente freelance ou empresas de comu-nicación). O que si parece claro, polo menos ata agora, é que «non por moito participar se consegue maior número de votos»… A partir deste aserto, queda un mundo novo de análise por estudar.

33 Gráfico incorporado ao draft do informe Observatorio de Gobernanza G3, pendente de publicación.

Enrique José Varela Álvarez

176

F. Evolución da cultura políticaNo 2013 cúmprense cincuenta anos desde que Almond e Verba

definiran de forma certeira qué é aquilo que está na base do sistema político, do voto: a cultura política ou cívica34; que, ademais, nos axu-da a comprender as orientacións dos cidadáns e votantes (e absten-cionistas) dunha comunidade política.

Autores como Almond e Verba, Easton, Inglehart, Lipset, Morli-no, Dalton, Klingemann ou Norris ensináronnos nestas décadas que as eleccións son un proceso primario polo cal os cidadáns se volven situar na centralidade do momentum político… que, por certo, e á luz da «desafección política» dominante, non deberían ter abandonado.

Fonte: Elaboración propia.

Por iso, consideramos que a cultura política non é unha dimen-sión máis para entender causas e consecuencias dun proceso electo-

34 Vid. Almond, Gabriel - Verba, Sidney: “La cultura política”, en Batlle (ed.). Diez textos básicos de ciencia política, Ariel, Barcelona, 2001, pp. 171-201. Para estes autores, «la cultura política se constituye por la frecuencia de diferentes especies de orientaciones cognitivas, afectivas y evaluativas hacia el sistema político en general, sus aspectos políticos y administrativos y la propia persona como miembro activo de la política», p. 182.

177

Eleccións ao Parlamento de Galicia do 21 de outubro de 2012. ¿A fin do tripartidismo?

ral. É o eixe sobre o cal discorren as cinco dimensións anteriormente referidas.

Neste sentido, e seguindo o formato dos «dez mandamentos» cristiáns, atreveriámonos a expoñer que as cinco causas e/ou conse-cuencias, as dimensións anteriores, pódense resumir nunha:

«El estudio de la cultura cívica supone la base para entender el comportamiento de una comunidad política formada por ciudadanos participando en diferentes procesos, electorales y “aelectorales” (ajenos a su período normativo); todo lo demás, partidos políticos, sistema político, sistema electoral, campañas electorales o la “ciberpolítica”, son variables dependientes de dicha cultura política».

Sen a súa comprensión, antóllasenos difícil ser capaces de valo-rar a lenta evolución dun sistema sociopolítico, moito menos as súas crises cíclicas, desde logo, imposible estudar un momento como o actual de «reseteo» sistémico.

Na comunidade autónoma de Galicia, como comunidade polí-tica integrante dun sistema multinivel, este «protocambio» púidose constatar nas eleccións ao Parlamento de Galicia de 2012, cos casos de AGE e «Escanos en branco», así como co incremento da absten-ción e dos votos en branco e nulos.

E esta realidade, tan teimuda, serviulle tanto ao PP de Galicia para seguir gañando eleccións, mesmo con menos votos (número e porcentaxe), como ao PSdeG-PSOE e ao BNG para seguir perdendo espazo electoral e apoio social (presencial e virtual).

IV. ¿Conclusións?: #fintripartidismoAlcanzado o final do noso particular relato sobre o proceso e re-

sultados das eleccións ao Parlamento de Galicia do 21 de outubro de 2012, cremos chegada a hora de resumir a nosa análise… cuestión que procuraremos realizar de forma breve e sintética, seguindo o pa-radigma das novas narrativas sociopolíticas, ou sexa en 140 caracte-res e cuns hashtag que desexamos sexan representativos.

En primeiro lugar poderiamos confirmar a fin do tripartidismo en Galicia, da seguinte forma:

Enrique José Varela Álvarez

178

• #fintripartidismo. Galicia, confirmamos, sen medo a trabucarnos, fin tripartidismo; polo menos o hexemónico nas últimas dúas décadas (1993-2012)… ¿ata cando?

Entre as súas causas e/ou consecuencias, podemos sinalar algunhas como:

• #cambiossistemapolítico. Nalgúns sistemas democráticos do sur de Europa, a desafección política comeza a crebar o modelo de democracia representativa.

• #crisissistemaelectoral. Como comunidade política, Galicia, definiu un modelo electoral que entrou en crise coa chegada de AGE.

• #bipartidismo.vs.pluripartidismo. O cleavage esquerda-dereita esgotouse no modelo de partidos español e galego. Aparecen novas forzas políticas máis «líquidas».

• #campañaslowcost. Sen orzamento e con baixo perfil ideolóxico, a campaña electoral galega deixou paso á imaxinación e ás redes sociais.

• #ciberpolitica.vs.e-democracia. Non nos enganemos, «ciber» non implica máis RRSS, tampouco supón + democracia e/ou participación electoral. O reto está nos «netcitizens».

• #10mandamentosculturapolítica. A base dos sistemas políticos, a súa cultura política. Sen ela descoñecemos qué sente cidadán cando vota, ¿parroquial, súbdito ou participante?

Dános a impresión de que, máis aló do resultado electoral, o mul-tipartidismo en Galicia chegou para quedar. E esta afirmación non ten que ver só coa crise dos partidos, da política ou, incluso, da de-mocracia. Non é o, desexado por algúns, «fin da historia»; tan só un cambio de ciclo.

O que non somos capaces de avanzar é cara a onde cambiará o ciclo sociopolítico; aínda que non é relevante, porque estes cada vez son máis «líquidos», máis curtos no tempo, con estruturas, actores e discursos máis difusos. Bauman resume este argumento de forma

179

Eleccións ao Parlamento de Galicia do 21 de outubro de 2012. ¿A fin do tripartidismo?

maxistral: «…no podemos conocer la forma ni la configuración que finalmente adoptará [la política]. De lo que sí podemos estar bastante seguros, no obstante, es de que esa forma no nos resultará familiar. Será diferente a todo aquello a lo que nos hemos acostumbrado»35.

De aí a importancia de transcender o discurso simplista tech, «e-», «OGov», da «ciberpolítica», cara a outro que nos revele claves relacionadas con valores, actitudes, percepcións… se ben con axuda da «tecnopolítica». De aí a necesidade de comprender a percepción, as actitudes e os valores do cidadán sobre a política e os seus «actores».

Porque se non somos capaces de avaliar o rendemento en forma de lexitimidade que os cidadáns perciben do sistema político, elec-toral, das políticas públicas; se non entendemos cal é a verdadeira razón pola cal un cidadán decide exercer o seu dereito de «elector cívico», ou ao contrario, desaparecer do sistema político (absten-ción) ou votar contra el (votos en branco ou nulos)… por moitas leis, pantallas de plasma e acceso wifi que sexamos capaces de construír como «infraestrutura política», seremos incapaces de comprender as auténticas motivacións (¿emocionais vs./+ racionais?) polas cales un nativo analóxico ou dixital se mobiliza en internet ou nas rúas, se despraza a unha sede electoral ou vota a través de procedementos telemáticos (e-vote).

En consecuencia, se non comprendemos as seis causas e conse-cuencias, as dimensións hard e soft, técnicas e culturais da política, seremos igualmente incapaces de responder a pregunta sobre por qué en Galicia concluímos unha etapa política dominada por tres partidos, mentres se abre outra na que serán catro as formacións po-líticas do futuro inmediato. Neste sentido, tampouco teremos res-postas sobre se estamos ante unha etapa refundacional da Sociedade, a Política e o Estado que avanza un verdadeiro cambio de modelo sociopolítico, electoral e de partidos que aínda está por escribir.

¿Complexo, verdade?... só é Ciencia Política.

35 Bauman, Zygmunt: Vida…, p. 201.

Enrique José Varela Álvarez

180

BibliografíaAlmond, Gabriel - Verba, Sidney: “La cultura política”, en Bat-

lle (ed.). Diez textos básicos de ciencia política, Ariel, Barcelona, 2001, pp. 171-201.

Anduiza, Eva - Cantijoch, Marta - Colombo, Clelia - Galle-go, Aina - Salcedo Jorge: “Los usos políticos de internet en España”, Revista Española de Investigaciones Sociológicas, nº 129, (2010), pp. 139-146.

Ballart, Xavier - Vallès, Josep M.: Política para apolíticos: Con-tra la dimisión de los ciudadanos, Ariel, Barcelona, 2012.

Barrios, Elena: “Políticos en redes sociales: ¿Es posible la conver-sación?”, Más poder local Magazine. “Especial septiembre 2012 Redes sociales y gobernanza”, (2012), pp. 24-31.

Bauman, Zygmunt: Vida líquida, Austral, Barcelona, 2013.

Bennett, W. L. - Howard, Ph. N.: “Evolving Public-Private Part-nerships: A New Model for e-Government and e-Citizens”, en United Nations Public Administration Network (UNPAN), 2007, pp 1-24.

Berger, Suzanne: “Introducción”, en Berger (comp.), La organiza-ción social de los grupos de interés en la Europa Occidental. El plu-ralismo, el corporativismo y la transformación política, Ministerio de Trabajo y Seguridad Social, Madrid, 1988, pp. 13-39.

Botella, Joan: “La cultura política en la España democrática”, en Cotarelo (comp.), Transición política y consolidación democráti-ca. España (1975-1986), CIS, Madrid, 1992, pp. 121-136.

Brugué, Quim: “Es la política, estúpidos!” (Documento revisado o 2-III-2013, http://aragonparticipa.aragon.es/attachments/799_es_la_politica.pdf).

Calame, Pierre: Hacia una revolución de la gobernanza. Reinventar la democracia, LOM Ediciones, Santiago de Chile, 2009.

181

Eleccións ao Parlamento de Galicia do 21 de outubro de 2012. ¿A fin do tripartidismo?

Cotarelo, Ramón: “La transición democrática española”, en Co-tarelo (comp.), Transición política y consolidación democrática. España (1975-1986), CIS, Madrid, 1992, pp. 3-27.

- La política en la era de internet, Tirant lo Blanch, Valencia, 2010.

- “La dialéctica de lo público, lo privado y lo secreto en la ciber-política”, Más poder local Magazine. “Especial septiembre 2012 Redes sociales y gobernanza”, (2012), pp. 4-12.

Duverger, Maurice: Los partidos políticos, Fondo de Cultura Eco-nómica, México, 1987.

Font, Joan - Navarro, Clemente - Wojcieszak, Magdalena - Alarcón, Pau: ¿“Democracia sigilosa” en España? Preferencias de la ciudadanía española sobre las formas de decisión política y sus factores explicativos, Opiniones y Actitudes 71, CIS, Madrid, 2012.

Inglehart, Ronald: “Valores, ideología y movilización cognitiva en los nuevos movimientos sociales”, en Rusell - Kuechler (eds.), Los nuevos movimientos sociales. Un reto al orden político, Edi-cións Alfons el Magnànim, Valencia, 1992, pp. 71-99.

López Mira, Álvaro Xosé: Introducción ó sistema político español, Tórculo Edicións, Santiago de Compostela, 2004.

McCulloch, J. - McIntosh, E.- Barrett, T.: Tweeting for teachers: how can social media support teacher professional development?, Pearson Centre for Policy and Learning, 2011, pp. 1-36 (www.pearsoncpl.com).

Montero, José Ramón - Torcal, Mariano (eds.): Political Disaf-fection in Contemporary Democracies: Social Capital, Institutions and Politics, Routledge, Londres, 2006.

Offe, Claus: Partidos políticos y nuevos movimientos sociales, Edito-rial Sistema, Madrid, 1988.

Ramió, Carles: La extraña pareja. La procelosa relación entre políti-cos y funcionarios, Catarata, Madrid, 2012.

182

Rubio, Rafael: “Internet en la participación política”, Revista de Es-tudios Políticos, nº 109, (2000), pp. 285-302.

Sennett, Richard: Juntos. Rituales, placeres y política de coopera-ción, Anagrama, Barcelona, 2012.

Subirats, Joan: Otra sociedad ¿otra política?, De “no nos represen-tan” a la democracia de lo común, Icaria Asaco, Barcelona, 2011.

Toret, Javier: “El “Big data” de la revolución”, en Llámalo Y Perio-dismo, Internet, movimientos sociales, 2013 (Documento revisado o 2 de marzo de 2013, http://llamaloy.wordpress.com/2013/03/03/entrevista-a-javier-toret/).

Varela, Enrique J.: “Liderazgo “institucional”: motor de cambio para las ciudades del presente”, en Figueiredo - Peña - Varela Ál-varez (coords.), Retos de la acción de gobierno para las ciudades del siglo XXI, Eixo Atlántico do Noroeste Peninsular, Vigo, 2012, pp. 455-489.

Vicente, Loreto: “¿Movimientos sociales en la Red? Los hacktivis-tas”, Revista El Cotidiano, Vol. 20, nº 126, (2004), pp. 1-7.

ELECCIÓNS AUTONÓMICAS

REFLEXIÓNS SOBRE O SISTEMA ELECTORAL

GALEGASANÁLISE DAS

DO 21 DE OUTUBRO DE 2012

www.andavira.com

ISBN 978-84-8408-733-5

Este libro edita os relatorios do curso “Análise das eleccións autonómicas galegas do 21 de outubro de 2012”, celebrado no Centro Asociado de Lugo da Universidad Nacional de Educa-ción a Distancia (UNED).

A publicación, a través dun enfoque multidisciplinar, achéga-se ao mapa político saído das últimas eleccións, analizando os principais elementos da normativa electoral de Galicia, o seu funcionamento e a súa incidencia nos resultados, facendo un repaso ao acontecido ao longo de máis de trinta anos de autonomía e nove procesos electorais.

Neste senso, o volume aborda aspectos polémicos, como a proposta de redución de escanos do Parlamento; temas com-plexos, como a relación entre representatividade, proporciona-lidade e gobernabilidade; ou a recente aparición de novos actores políticos nos comicios do 21 de outubro de 2012.

ANÁL

ISE

DAS

ELEC

CIÓN

S AU

TONÓ

MIC

AS G

ALEG

AS D

O 21

DE

OUTU

BRO

DE 2

012

DIRECTOR

Antonio Torres del Moral

AUTORES

Álvaro Xosé López MiraAnxo Lugilde PardoFernando Martínez ArribasAntonio-Carlos Pereira MenautEnrique José Varela Álvarez

COORDINADOR

Fernando Martínez Arribas