Temario de Literatura 2º BAC

24
literat literat literat literat literatura Grega ura Grega ura Grega ura Grega ura Grega 2º bac 2º bac 2º bac 2º bac 2º bac ALUM ALUM ALUM ALUM ALUMN@: N@: N@: N@: N@: ies de melide ies de melide ies de melide ies de melide ies de melide departamento de grego departamento de grego departamento de grego departamento de grego departamento de grego

description

Temario de literatura de 2º de Bac

Transcript of Temario de Literatura 2º BAC

○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○

○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○

literatliteratliteratliteratliteratura Gregaura Gregaura Gregaura Gregaura Grega

2º bac2º bac2º bac2º bac2º bac

ALUMALUMALUMALUMALUMN@:N@:N@:N@:N@:

ies de melideies de melideies de melideies de melideies de melidedepartamento de gregodepartamento de gregodepartamento de gregodepartamento de gregodepartamento de grego

3

Idade do Bronce1600 a . C. Os aqueos,

primeiros gregos, in-vaden Grecia.

1.400 a. C. esplendor da Cul-tura Micénica. Encla-ves no Peloponeso:Micenas, Tirinte,Tebas, Pilo,Argos...Relacións co-mercias con Troia,Exipto, Sicilia...

1.250 a. C.: Guerra de Troia.Os gregos enfróntaseaos pobos de Asia Me-nor para intentar con-trolar as rutascoemerciais do MarNegro, para asegurar-se a provisión decereais.

1.200 a. C. Declive civilizaciónmicénica.

Idade do Ferro1.100 a. C. Invasións dorias.

aparición do ferro.Desaparición da escri-tura (Época escura).

900 a. C. Xurdimento daspoleis como modeloadministrativo domundo grego.

Época Arcaica800 a. C.: reaparición da es-

critura (alfabética).Poemas homéricos.

1. A ÉPICA: HOMEROOs poemas homéricos son a testemuña literaria máis

antiga en lingua grega .Ilíada e Odisea eran para os antigosunha especie de Biblia, libros básicos para todo, e coa súalectura e comentario educáronse incontables xeracións dehomes de Occidente.

Reflicten un estadio cultural primitivo: o home non éresponsable dos seus actos, está en mans de forzas superio-res como o destino, os deuses, o medo , a fama...Pero estemundo é variado e está matizado mediante unha riqueza deformas. Fronte a outras epopeas, obsérvase unha claravontade de forma e un sentido estético de sobriedade paraadecuar a forma literaria ó tema e ó contido.

A mellor comprensión do legado homérico débese ósdescubrimentos arqueolóxicos e a comprobación de que a gue-rra de Troia foi un feito real na historia grega do segundomilenio a. C.; e tamén ó descubrimento do carácter oral dapoesía homérica, podendo así comparar a épica grega ós can-tares de xesta doutros pobos e épocas.

CARACTERÍSTICAS DO XÉNERO ÉPICO

A denominación de «poesía épica» provén do adxectivo)epiko/j derivado do substantivo e)/poj «palabra», «relato» exa especificamente «poesía narrativa». Pero a súa forma estádescrita nos propios poemas polo uso verbo a)eidein «can-tar» e o substantivo a)oido/j «cantor». Xa no primeiro versoda Ilíada aparece este verbo: Mh=nin a)ei/de, qe/a..»canta, musa,a cólera...».

Os aedos eran poetas orais e, como o seu nome a)oidoi vindica, «cantores», xa que literalmente cantaban sos ou acom-pañados de instrumentos como unha cítara ou lira. A tradi-ción popular atribúelles trazos como a cegueira ou o deambu-lar de corte en corte. Eran profesionais, constituían un gre-mio e gozaban dunha gran consideración social tanto entre oscortesáns dos palacios nos que cantaban, como entre o poboque se reunía nunhapraza pública aescoitar os seus can-tos. Están inspiradospola musa ou por Apolo,polo que son considera-dos dalgún xeito comointermediarios dadivindade. O tema dosseus cantos son asxestas dos guerreiros,a súa misión é inmortalizar as súas fazañas. O aedo canta aa)reth/ ou valor dos heroes, de xeito que o seus poemas épicosmostran unha galería de personaxes dignos de imitación. Son,por tanto, educadores do pobo, xa que transmiten feitos dopasado e unhas normas de conducta. Suponse unha serie decoñecementos sobre o pasado, que tiveron que chegarlle ó

4

autor por vía oral. Non só se refiren estes coñecementos ómito, senón a feitos culturais diversos: asembleas, consellosde personaxes importantes, catálogo das tropas, descriciónde armaduras, palacios, carros de combate...

Ilíada e Odisea presentan características dunha épi-ca anterior e da lingua grega do segundo milenio, reflexo dafase oral, de continua creación e recreación que precedeu ásúa fixación por escrito. As características, propias da épicapopular, son comúns ás dos outros grandes poemas épicos daliteratura universal, e son as seguintes:

- Lingua arcaizante e artificial, que fundamentalmen-te é dialecto xonio, pero con formas doutros dialectos (eolioe ático) ou que desapareceron, palabras transformadas eadaptadas por necesidades métricas.

- Linguaxe formularia: frases feitas que se repiten;como os epítetos dun personaxe (“Aquiles, o dos pes lixeiros”,“Atenea, a de ollos de curuxa”) descrición dunha acción con-creta (toma-la palabra nunha asemblea, o amencer, sentarsea comer ou beber...). O cantor combina á súa vontade estasfrases, que serven de recursos mnemotécnicos e teñen fun-ción ornamental, e improvisa baseándose nos argumentos queaprendeu de outros cantores.

- Uso de tópicos: hai símiles e comparacións xa consa-grados na literatura universal. Hai temas favoritos como asasembleas de personaxes importantes, catálogo de tropas,descrición do heroe na batalla, das súas armas, do seu carro,mencionar as xenealoxías dos guerreiros...

A estructura métrica da poesía épica baséase nohexámetro, na que cada verso está composto por seis pes oumetros, form ados cada un por unha sílaba longa e dúas bre-ves (dáctilo ), se ben as sílabas breves poden substituírsepor unha longa (espondeo ).

HOMERO AUTOR

Sobre da figura de Homero hai diversas teorías: den-de os que cren que non existiu, ou que en todo caso socompoñería un dos poemas, ata os que o consideran personaxereal, autor de ambas obras. A discusión destas teorías deuorixe á chamada “Cuestión Homérica”, na que se enfrontaronbásicamente dúas posturas: os analistas, que dubidaban dafigura de Homero, e en todo caso non admitían que compuxeseos dous poemas; e os unitarios, que aceptaban a existenciadun grande poeta, autor de ambos poemas. Hoxe en día estámáis aceptada a última teoría, aínda que non importen deta-lles como si se chamaba ou non Homero, si era cego, ou sinacera en Quíos ou Esmirna.

O noso poeta viviu no s.VIII a. C., pero a época canta-da nos seus poemas é o s.XII a. C., aínda a Idade do Bronce.Entre ambas datas median os catro séculos da Época Escura,polo que o poeta tivo que recibir dalgún xeito esa informaciónsobre unha época remota para el. A tradición oral, transmiti-

Fresco de aedo, Pilos

Porta dos leóns, Micenas

Reconstrucción de Troia

Restos de muralla, Troia

5

da polos aedos, proporciónalle a Homero ese coñecemento edescríbenos o mundo dos seus antepasados con todo tipo dedetalles, incluso as veces repite epítetos arcaicos que xa noneran ben entendidos pola xente da súa época, e que para nósteñen un significado escuro. Tamén comete pequenas incon-gruencias, como mesturar na súa narración elementos pro-pios da súa época: menciona o ferro, aínda descoñecido polosaqueos e aportado máis tarde polos dorios.

A pesar de todo, na redacción dos poemas recoñécesea man dun artista, que modela o material oral que recibe me-diante unha forma e un estilo, creando unha épica culta quese diferencia da popular polos seguintes trazos:

- Gran extensión dos poemas e organización dramáti-ca, pois desenvolven unha soa acción do protagonista dentrodunha acción colectiva: Aquiles na Guerra de Troia, Ulises naOdisea.

- Forma narrativa: combinación de acción dramática emomentos dilatorios ou de menos tensión. O drama condénsasee apertase ó final das obras e acaba cun sosego: na IlíadaAquiles devolve o cadáver de Héctor e chora con Príamo asdesgracias dos homes; na Odisea, despois de matar Ulises óspretendentes, reconcíliase cos familiares destes e visita óseu pai.

- Humanización: Hai poucos monstros e elementosmáxicos fronte a outros poemas de outras culturas. Os heroeshoméricos teñen gran forza, pero non monstruosa, son mode-lo para o home común, sofren como el. A principal caracterís-tica é a súa a)reth/ (valor, virtude), que debe exhibir no com-bate. Esta virtude é innata na clase aristocrática e non aperden aínda que cometan accións imprudentes. Os heroesson, en moitos casos, descendentes de deuses e/ou se com-paran con eles. A súa máxima aspiración é o recoñecementopúblico, que se ve reflectido no reparto do botín e que debeser pregoado polos demais homes. Este honor tamén lle pro-porcionará unha fama inmortal para a posteridade.

Homero crea personaxes que son paradigma dalgunhavirtude ou defecto:

- Néstor: prototipo do ancián nobre, conselleiro doexército. é a personificación da prudencia no home.

- Diomedes: cabaleiro sen tacha, valoroso e hospitala-rio e o máis prudente de todos os da súa idade. Por isto é oportavoz da comunidade nos momentos máis graves e sucesorde Aquiles cando se retira do combate.

- Héctor: loita pola súa patria e polo seu pobo e nelxogan un importante papel o amor pola súa esposa e fillo e acomprensión das debilidades do próximo, Paris e Helena. Opoeta configura o seu propio ideal de heroe: o heroe humani-zado non alleo ás grandezas ou debilidades dos demais.

- Aquiles: Non sempre marcha de acordo cos ideaiscabaleirescos, xa que está posuído pola ira. Tampouco mode-ra os seus sentimentos cando morre o seu amigo PatrocloPosúe os maiores atributos heroicos: fillo dunha deusa, assúas armas son fabricadas polo propio Hefesto, o máis fermoso

Taboíña micénica de Pilos

Reconstrucción do palacio de Pilos

Máscara de Agamenón

Rapto de Helena, vaso

6

dos heroes aqueos e os deuses máis poderosos están intere-sados no seu destino. É un heroe demasiado grande para es-tar encadrado e excede e enriquece os ideais cabaleirescos.

- Patroclo: destácase a súa fidelidade a Aquiles. Assúas fazañas no canto XVI son un procedemento indirectopara reflectir a grandeza de Aquiles, con quen o confundenos troianos por levar as súas armas

- Odiseo: Na Ilíada non é unha primeira figura e pa-rece que ten menos trazos aqueos e aristocráticos cos demais.Non sobresae nel a valentía senón a reflexión o cálculo e aastucia e está mellor tratado na Odisea, onde destaca polasúa humanidade.

- A intervención dos deuses antropomórficos na ac-ción dos poemas é continua. A sociedade do Olimpo estáestructurada sobre o modelo da micénica, co pai Zeus comoauténtico pater familias e con vulgares rifas de esposos. Opoeta dispuña de cantos épicos de tema mitolóxico ós querecorre cando é necesario e trata os temas con liberdadepoética, ofrecendo variantes dalgún mito.

O home homérico non está concibido coa plenituderacionalista da época clásica, é previo ó nacemento da filoso-fía. O home non é responsable das súas accións, porque obraposuído por forzas superiores e estrañas. Hai pasaxesque representan as accións humanas motivadas por un deus:o deus da ou quita forza no combate, auxilia ós seus favori-tos. Os personaxes compórtanse obedecendo os designios di-vinos, como sucede cando Patroclo cae no combate no cantoXVI.

A ILÍADA (sinopse)

O tema principal da Ilíada é a cólera de Aquiles, no con-texto da Guerra de Troia (Ilión), xa no seu noveno ano.

Agamenón, o soberano supremo dos gregos, ofende ósacerdote de Apolo, Crises, por negarse a devolverlle a súafilla. Apolo, en represalia, envía a peste o exército grego, poloque se ve obrigado a devolver á rapaza. Enfróntanse Aquiles eAgamenón e este quita a Aquiles a súa escrava Briseida. Aquilesencolerízase e retírase da loita. Tetis, nai de Aquiles, suplica aZeus que desagravie o seu fillo causando unha desfeita entre osgregos. Zeus consinte.

De novo no combate, Paris, premido por Héctor, enfróntasea Menelao nun combate singular e gregos e troianos aceptarán oresultado do do. Cando Paris está a punto de perder, Afrodita líbraoe devólveo ó leito de Helena. O exércitos volven a enfrontarse. Óver ós troianos en apuros, Paris acode á cidade para pediroracións e sacrificios. Glauco (tr.) e Diomedes (gr.) enfróntansee, tras recoñecer os seus lazos de hospitalidade, intercambianas súas armas. Despedida de Héctor e Andrómaca. Paris e Héctorvolven ó combate.

Continúa o combate. Aquiles persiste na súa retirada, apesares da embaixada que lle envía Agamenón. Os gregos comezana retroceder e a sufrir perdas importantes. Héctor disponse aincendiar as naves dos gregos.

Patroclo pídelle o seu amigo Aquiles que lle preste as

7

súas armas e que o deixe ir ó combate. Aquiles acepta, pero soata que rexeite o inimigo das naves. Patroclo, confundido polostroianos con Aquiles, causa estragos no campo de batalla ataque é morto por Héctor.

Loita polo cadáver de Patroclo, que conseguen recuperaros gregos.

Aquiles chora a Patroclo e decide vingalo. Tetis encarga aHefesto unha nova armadura para o seu fillo.

Aquiles reconciliáse cos gregos, Briseida élle devolta e saede novo ó campo de batalla e provoca unha matanza no ríoEscamandro, que se desborda en protesta por tanta violencia e ponen perigo a vida de Aquiles.

Aquiles diríxese a Troia e persigue a Héctor, que queda-ra fora das murallas. Zeus, despois de sopesar os destinos deambos os dous cede o de Héctor. Coa axuda de Atenea Aquilesda morte a Héctor.

Funerais por Patroclo e xogos atléticos no seu honor. Aquiles,sedento de vinganza arrastra o cadáver de Héctor en torno á pirafuneraria de Patroclo. Príamo, guiado por Hermes, acode á tendaAquiles para suplicarlle que lle devolva o cadáver do seu fillo. Aquilesconsinte e concede unha tregua para que os Troianos celebren osfunerais. Canto de Andrómaca, Hécuba e Helena. Funerais deHéctor.

CUESTIÓNS

1. Tema e argumento da Ilíada.2. Principais trazos da poesía épica3. Estimación social dos poetas e da poesía en Grecia.4. Importancia da tradición oral nos poemas homéricos.5. Explica a “ira de Aquiles” do canto I da Ilíada.6. Explica a función do botín no código guerreiro.7. Papel de Patroclo na Ilíada.8. Características do heroe homérico (liñas principais dasúa acción e personalidade)9. Características do heroe homérico na figura de Héctor.10. Características do heroe homérico na figura de Aquiles.11. Papel dos deuses na Ilíada.12. Diálogo de Héctor e Andrómaca: pricipais ideas e carac-terísticas.13. Enfrontamento Héctor – Aquiles: pricipais característi-cas.14. Relacións de amor e amizade na Ilíada15. Causas mitolóxicas e históricas da guerra de Troia16. Fai unha lista cos epíteto máis usuais de- Aquiles- Agamenón- Aqueos- Héctor- Apolo- Atenea- Zeus- Hera- O mencer- Troia- Naves

8

17. Completa as seguintes “ecuacións”:Ítaca /Odiseo = Pilos /................Tetis/ Aquiles = Leto/ .................Aquiles/ Pélida = Agamenón /............... = Zeus /..................Agamenón/ Criseida = Aquiles /..................Palas /Atenea = Febo / ................Clitemnestra /Agamenón = Héctor/.........................= Hera /.............Príamo / Troia = Agamenón /..............Aqueos/Arxivos = Troianos / ................

18. Completa no seguinte mapa o nome dos reis ou basilei=jde cada reino. Sinala cun círculo o reino do a)/nac ou sobera-no.

18. Explica as escenas das páxinas 4, 5 e 6 e di a que cantopertencen.

9

- 800 a. C. Colonización gregapolo Mediterráneo Oc-cidental: Sicilia, MagnaGrecia...

- 775-570 a. C.desenvolvemento daspoleis. Forma degoberno predominante:tiranía.

- 700 a. C. Aparición da infan-tería pesada (o(pli/thj)que combatía en for-mación cerrada e com-pacta, a falanxe. Aoser a armadura menoscostosa, poden partici-par no exército gruposmedios da sociedadeque reclamarán unhamaior participación navida política.

- 650 a. C. Por influencia dosxonios Grecia adopta aeconomía monetariaxurdida en Lidia. Granmovilidade social:xurde unha nova claseenriquecida polo co-mercio que reclamaparticipación política eestablecemento de leisescritas.Desprazamento do po-der da aristocraciaterratenente aos co-merciantes.

- 594 a. C. Leis de Solón enAtenas. Oslexisladores non consi-guen solucionar ascrises sociais, polo queaparecen as tiranías.Os tiranos, nun princi-pio, facían reformaspara beneficiar aopobo, con poder absolu-to obtido pola forza.

- 561 a. C. Pisístrato tirano deAtenas.- 537 a. C. Tiranía de Polícratesen Samos, florecemento cultu-ral e talasocracia no Exeo.

A poesía lírica é tanantiga como a épica. Os poe-tas líricos continuaron edesenvolveron os temas deHomero e Hesíodo, perodespregaron unha ricaorixinalidade en canto aopensamento relixioso e huma-no, reflexo do florecementocultural(xurdimento do lo/gojen Asia Menor) e económicodesta época (colonización ecomercio polo Mediterráneo).

A lírica florece en Gre-cia entre os séculos VII e V a.C. O nome de “lírica” provén de lu/ra, xa que esta poesía eracantada por un solista ou un coro e acompañada por un ins-trumento musical.

A diferenza da épica, que narra fazañas en terceirapersoa dirixidas a un público; a lírica describe sentimentosen primeira persoa, dirixidos a unha segunda persoa. O poetainvoca a un deus ou ao seu amado/a, ou aconsella a uncompañeiro de banquete, aos concidadáns ou ataca e maldicea alguén.

Outra diferenza coa épica é a extensión dos poemas.Na épica a extensión é impredecible, ao igual que é imprede-

cible a orde na que apare-cen os elementos. Na líricahai unha extensión limita-da e domina a estructuraternaria: nos poemas hai unproemio, un centro e un epí-logo.

Ambos xéneros, épica elírica, coinciden en ser can-tos de festexo.

TIPOS DE POESÍA LÍRICA

- Lírica monódica (< monoj + %)dh/) cantada por un solista.. Alingua utilizada é o dialecto local do poeta: lesbio ou xonioprincipalmente e ático nalgún caso. Pola temática e tipo deverso na monodia distínguese:

- Elexía (< e)/legoj: canto de dó) A súa temática évariada (exhortación á guerra, política, lamento, en-comio ou loanza, epigrama funerario, conmemoración...).O verso usado é o dístico elexíaco (un hexámetro e unpentámetro). Destacan poetas como Calino, Tirteo,Solón, Mimnermo e Teognis.- Iambo (< i)/amboj, tipo de pe ou metro). De contidoburlesco e satírico. O verso usado é o iambo, formado

2. A LÍRICA

Banquete, vaso

Lira de marfil, s. XIII a. C.

10

por . Destacan Arquíloco, Semónides e Hiponacte.- Poesía mélica (< me/loj: música, poesía lírica). Canta ó amor, ó viño e ás mulleres... Otipos de verso son variados. Desenvólvese principalmente en Lesbos, destacando Safo,Alceo e Anacreonte.

- Lírica coral, cantada por un coro. O poeta expresa o sentir colectivo en himnos, cantos deguerra, loanza aos atletas triunfadores...executados en festas públicas das poleis. En dialec-to dorio, destacan Píndaro, Alcmán, Íbico e Baquílides.

O IAMBO: ARQUÍLOCO DE PAROS

Arquíloco viviu arredor do 650 a. C.. Fillobastardo dunha familia nobre, tivo que emigrar egañar a vida como soldado mercenario, intervindoen guerras contra os tracios (os parios tentabancolonizar Tasos). Na súa poesía descríbenos a du-reza da guerra, as traizóns, búrlase do seuexército e de si mesmo cando abandona o escudopara salvar a vida: “pero salvei a miña vida, ¿quéme importa aquel escudo?”, é a antítese do heroehomérico.

Arquíloco amósase irrespectuoso cos principios tradicionais e rexeita a hipocrisía ecorrupción da súa época “Ningún cidadán é venerable e ilustre cando está morto”.

No amoroso Arquíloco foi desgraciado, xa que un tal Licambes negoulle o matrimoniocoa súa filla Neobula. Os ataques a Licambes convertéronse nun tema na súa poesía e foronata tal punto desapiadados, que pai e filla aforcáronse pola vergoña producida. A pesar disto,Arquíloco tamén se nos amosa coma un poeta apaixonado e tenro: “un ansia tal de amorenredou o corazón e derramou nos ollos unha espesa néboa, roubándome do peito docessentimentos”.

Aparece nos seu poemas o tema da fugacidade da vida: “Xa non tes en flor a túa suavepel...”

A MÉLICA: ALCEO E SAFO

Considerada como a lírica monódica en esencia, polo seu ton intimista na descrición dapaixón e afecto. É unha poesía refinada, de gusto aristocráti-co, que valora a sinxeleza sen artificios. É unha poesía indivi-dual e persoal, executada en banquetes privados ou grupospechados, xeralmente de elite.

ALCEO DE MITILENE

O seu floruit é en torno o 600 a. C. Pertencía a unha familiaaristocrática de Mitilene e participou nas loitas das familiasnobres polo poder. Foi desterrado dúas veces e viviu entrega-do á loita política. Na súa poesía reflicte ataques violentos ósseus inimigos políticos, como Pítaco; os sufrimentos dodesterro e, no medio de loitas civís, compara o estado a unhanave en perigo: “ Desconcértame a revolta dos ventos. De aquíchega rodando unha onda e por alá outra, e nós, arrastradosno medio, vémonos na nosa negra nave...”

Pero entre loita e loita Alceo entrégase os praceres dobanquete e ó goce do amor: “ “Baña as costelas en viño, que xaAlceo e Safo, vaso

Falanxe de hoplitas

11

volve a estrela...” e invítanos a aproveitar o momento (carpe diem) “...Mentres sexamosnovos, máis que nunca importa agora gozar de todo aquilo que un deus poida ofrecernos.”

SAFO DE LESBOS

Naceu e viviu na illa de Lesbos cara o 600a. C. Foi contemporánea do poeta Alceo e pareceque entre ambos houbo unha certa relación, xaque Alceo refírese a ela: «Safo, coroada de viole-tas, sacra, de sorriso de mel.»

A súa pertenza á aristocracia da illaposibilitoulle unha educación esmerada e un gustopolo refinamento e a beleza, e o desprezo polamuller rústica. Parece ser que enviuvou cedo e quevivía coa súa filla e os seus irmáns.

Tal vez por motivos económicos, dirixiu uncírculo de rapazas ás que instruía na música, napoesía e no culto de Afrodita, para ela a deusamáis importante.

Nos seus poemas atopamos temas familia-res (súa filla Cleis, os seus irmáns...): “Teño unhafermosa nena, que pode compararse ás flores deouro, miña querida Cleis...”. Abondan tamén as re-ferencias ó círculo de rapazas que acudía a súa casa, falando das súas experiencias, dabeleza, do amor, das unións cos mozos...Estas mulleres, das que coñecemos nomes como Atis,Anactoria, Góngula... son fermosas, provocan o amor: “Parece un deus ese home/que se sentafronte a ti escoitándote moi preto/mentres falas docemente e ris cun xeito encantador./Mais a min o corazón báteme no peito sen parar..” .Pero tamén provocan os celos, a nostalxia: “Fíxoseteodioso, Atis,/ preocuparte por min, e voas caraAndrómeda.”

Safo evoca ó amor como forzatranscendental, é sobria, pero chea de vigor e capazde crear un clima poético a través da expresión es-pontánea dos seus sentimentos:

Arrástrame, outra vez, Eros o que desmaia osmembros,doce animal amargo que repta irresistible.

Safo escribiu no seu dialecto local, o lesbio, pertencente o grupo eolio. A perfecciónda súa linguaxe fixo que algúns dos seus textos nos chegasen a través dos gramáticos comoexemplo dese dialecto. Cultivou metros variados, creando a estrofa sáfica.

CUESTIÓNS1. Temas e características básicas da lírica grega2. Tipos ou subxéneros de poesía lírica grega.3. Diferencias entre épica e lírica4. Temas e características principais na poesía de Arquíloco.5. Xénero cultivado principalmente por Arquíloco.6. Compara o concepto de guerreiro en Homero e Arquíloco7. Temas e características principais na poesía de Alceo.8. Ambiente e contexto no que se produce a poesía de Alceo9. Temas e características principais na poesía de Safo.10. Ambiente e contexto no que se produce a poesía de Safo.

Safo, fresco de Pompeia

12

- 490-479 a. C. Guerras Médi-cas: Os gregos,capitanedos por Atenas,vencen ós persas (Bata-llas de Maratón,Termópilas, Salamina,Platea...) e consiguenfrear a expasión do Im-perio Persa cara occi-dente. Atenas asume oliderazgo de Grecia.

- 477 a. C. Confederación Délica:alianza militar para con-trolar o perigo persaliderada polosatenienses, con base nailla de Delos Talasocracia ateniense

- 462 a. C. Reformas democrá-ticas de Pericles yEfialtes que aumentancompetencias daasemblea (e)kklhsi/a).

- 443- 429 a. C. Século dePericles. Florecementocultural, remodelaciónda Acrópole. Democra-cia ateniense

- 431-404 a. C. Guerra doPeloponeso. Esparta ven-ce a Atenas (ver páx. 17 )

- 404 a. C. Tiranía dos Trinta:goberno oligárquicoproespartano. Réxime deterror.

- 403 a. C. Restablecementoda democracia en Atenas.Crises económicas e sociais.

3. O TEATROA representación teatral é un acto:

- Relixioso: forma parte do culto a Dioniso e nel tena asúa orixe. As súas festas anuais eran no mes de xaneiro asLeneas , e no mes de marzo as Grandes Dionisias .

- Social: é un espectáculo popular, de goce do ocio deforma colectiva. Implica a participación do espectador, a súareflexión sobre problemas humanos e temas políticos.

A representación teatral está organizada pola po/lijou Estado en forma de concurso, cun premio para o mellorpoeta tráxico e outro para o mellor poeta cómico.

Os cidadáns ricos costeaban as representacións copago de impostos e recibían honores se a obra era premiada.Estes «patrocinadores» denominábanse coregos (xorhgoi/).

ELEMENTOS ESCENOGRÁFICOS

Tódolos compoñentes da obra teatral levaban másca-ra e disfrace.

- Na traxedia: vestiduras solemnes e luxosas, másca-ras de expresión tráxica e o coturno, un calzado demadeira con sola bastante grosa. Este calzado especialaumentaba a altura dos actores conferíndolles unha «eleva-ción moral».

- Na comedia: disfraces de animais, mulleres e gro-tescos en xeral e máscaras cómicas.

En cada representación teatral interviñan:- actores: ata un máximo de tres, polo que cada un

debía representar varios papeis. Os actores eran semprehomes e desempeñaban papeis femininos cando era necesa-rio. Ás veces podían intervir nenos e personaxes mudos, quenon eran actores profesionais. Os actores recitaban e canta-ban na escena.

- O coro: era fundamental na traxedia. Facía a fun-ción dun personaxe máis que dialogaba cos actores sobre oque estaba acontecendo. Os seu compoñentes denominábansecoreutas; e estaban dirixidos polo corifeo, que é quen toma apalabra cando había que recitar. O coro cantaba e danzabana orquestra.

OS XÉNEROS TEATRAIS

A traxedia trata temas heroicos ou lendarios, é dicir,mitolóxicos. Estes temas agrúpanse en ciclos: o ciclo troiano,ciclo tebano... O tratamento é solemne e a linguaxe maxestosa.Os protagonistas son heroes ou heroínas da mitoloxía.

Na traxedia grega exprésase claramente o sentimentotráxico da vida: céntrase no dolor humano.

Todo xira en torno ó heroe tráxico. O heroe é unpersonaxe que, a pesares de ser moralmente superior ósdemais, non pode evitar cometer unha falta (u(/brij) que alteraa orde moral establecida ou aceptada pola sociedade. Odestino ou a)nagkh/ (lit “o inevitable”), que esta por riba de

Teatro de Epidauro

13

deuses e humanos, equilibrará de novo a balanza. O heroepasa por unha situación de angustia que é compartida polopúblico, espertando nel paixón e compaixón. Ó final o heroeacepta o destino e a xustiza divina que o liberan da súaangustia.

A función da traxedia era a de formar o pobo, darlleunha lección de temperanza e moderación. O público nasrepresentacións liberaba as súas paixóns, producíndose nelunha liberación ou ka/qarsij.

A comedia trata temas de ficción que nun principiocéntranse nos problemas da polis (comedia política) e despoisen temas da vida cotiá (comedia nova). O tratamento édesenfadado e a linguaxe é popular, próxima á fala do pobo.Os personaxes son xentes sinxelas da polis ou ben deusesridiculizados e/ou animais,

A comedia perseguía fins semellantes ós da traxedia:liberar ó home das súas angustias e opresións. O heroe cómicopor medios fantásticos consegue liberar a Atenas dos seusmales: a guerra, os malos gobernantes, as incomodidades, osmalos poetas... chegando a un estado de felicidade.

A TRAXEDIA: SÓFOCLES (496-406 a. C.)

É representante da época de Pericles. De familia nobre,desempeñou importantes cargos públicos e militares, séndollealgúns concedidos polo seu prestixio. Gozaba dunha grandepopularidade e admiración do pobo ateniense.

O seu interese en asuntos políticos reflíctese nas súastraxedias: Antígona e Edipo Rei. Colaborou coa políticademocrática de Pericles, que buscaba:- Favorecer as clases populares, pero manter a concordiacoas clases altas.- Compatibilizar a racionalidade coa tradición relixiosa.- Compatibilizar a liberdade co respecto á lei.

Era demócrata conservador, temía a expansión dopoder do Estado ata converterse nun tirano. Para el, antesque as leis do Estado estaban as leis non escritas ou naturais,que son as defendidas polos deuses.

- Obras: Antígona, Aiax, Edipo Rei, Traquinias, Electra,Filoctetes e Edipo en Colono.

O tema central das súas obras son os sufrimentos,miserias e grandezas do heroe.

O heroe tráxico de Sófocles é un ser superior, dotadode virtude ou a)reth/. Arríscase a todo, ten un exceso deconfianza en si mesmo e cae na súa propia arrogancia,cometendo así unha falta ou u(/brij contra os deuses por crersecase como eles e por isto é castigado.

A vontade divina debe ser respectada sempre, peroás veces ó obedecela non libra ó home de desgracias. Ex:Antígona é castigada por obedecer ás leis divinas antes queas humanas: desafía ás autoridades da polis e enterra ó

Actores, fresco Pompeia

Sófocles

14

cadáver do seu irmán, e cumpre así cos ritos relixiosos. Nistoradica a esencia da traxedia: o inevitable do sufrimentohumano, o heroe non pode escapar ó sufrimento pola súacondición de humano.

Unha das características do estilo de Sófocles é achamada ironía tráxica, que consiste en que un personaxe évíctima consciente ou inconsciente dun discurso con dobresentido. A este dobre sentido tamén contribúen os xogos depalabras e ambigüidade semántica e gramatical. Con istopretende aumentar a tensión do espectador que coñece poranticipado uns resultados que ignora o propio personaxe.

Edipo ReiA acción comeza presentándonos a cidade de Tebas

asolada por unha peste que, segundo o oráculo de Delfos, sódesaparecerá cando se atope e sexa expulsado da cidade oasasino de Laio, anterior rei da cidade. Edipo, actual rei, queconseguiu o trono como premio por descifrar o enigma daesfinxe e casou con Iocasta, viúva de Laio, pon todo o seuempeño en buscar ó culpable.Ó longo da traxedia Edipo vaidescubrindo que el é culpable e que, sen sabelo, matou ó seupai, Laio, e casou coa súa nai, Iocasta.

Edipo, un dos máis grandes heroes da traxedia grega,aparece coma un personaxe nobre e bo, que por amor á cidadefai todo o posible por liberala da peste e purificala expulsandoó asasino; A pesares disto, Edipo é culpable e convértese nasúa propia víctima. Anque teña erros e defectos, o heroe sofreun castigo desmesurado, porque os crimes dos que se lle acusaforon cometidos sen intencionalidade e isto eximíao daresponsabilidade legal.

O verdadeiro conflicto radica na loita desigual econdenada ó fracaso que o heroe emprende contra o seudestino. Sen pedirllo ninguén Edipo autocastígase provocandoa súa cegueira para expiar o crime. So así,mediante osufrimento e dolor o heroe descobre o máis íntimo de simesmo, sendo o Edipo cego do final o que de verdade ve.

A COMEDIA:ARISTÓFANES (445-388 a. C.)

Ateniense e posiblemente procedente dunha familiade autores cómicos, Aristófanes vive un dos acontementosde maior importancia e repercusión na historia de Grecia: aGuerra do Peloponeso

Na súa obra estará sempre presente a situaciónpolítica do momento: non só a presión externa que exercen osespartanos sobre Atenas, senón tamén as tensións internasque provocan a guerra en Atenas e que desembocan nosintentos antidemocráticos para impoñer gobernos oligárquicose proespartanos. Por tratar os problemas da po/lij estacomedia denomínase comedia política.

Obras: Acarnienses, Cabaleiros, Nubes, Avespas e Paz (1ªetapa: a busca da paz. Comedias autenticamente políticas).Aves, Lisístrata, Tesmoforias, Rás, A Asemblea de Mulleres

15

e Pluto. (2ª etapa: busca a evasión e propón situacións esolucións utópicas

As NubesFoi representada nas Grandes Dionisias en Atenas no

423 a. C. Ó obter só o 3º posto Aristófanes revisouna e a nóschegou unha 2ª versión.

Nesta comedia Aristófanes afastase do tema político,en sentido estrito, e cuestionase a nova educación dos mozos,encarnada na figura de Sócrates e os seus discípulos reunidosno “cavilaterio” ou “pensadoiro”.

O escenario é unha Atenas sumida na guerra doPeloponeso, que loita por sobrevivir e ve como se esboroan osvalores tradicionais. O protagonista, un vello avaro e retorcido,ve como a súa fortuna se acaba por culpa da paixón poloscabalos do seu fillo. Chega ós seus oídos o rumor de que hai enAtenas un home que é capaz de ensinar a defender causasdébiles e inxustas. Este home é Sócrates, polo que decide ir asúa escola para aprender o “argumento inxusto” (ou “discursoindecente”) co que poder vencer os seus acredores. O velloEstrepsíades, prototipo do cazurro e recio ó novo, é rexeitadopor inepto, polo que debe ir o seu fillo Fidípides no seu lugar arecibir as ensinanzas dos sofistas. Estrepsíades consegue queFidípides se converta nun sofista, e sexa capaz de gañar causasinxustas. Un día pai e fillo discuten e o fillo bátelle ó paixustificándoo co argumento inxusto. O pai, ó darse conta deque as ensinanzas se volven contra el, queima a escola socrática.

Aristófanes aparece como representante dunha postura totalmente reaccionaria quecritica ós novos movementos intelectuais, pero tal vez isto non sexa máis que unha esixenciado xénero literario. A comedia reflicte a actitude do home medio que por comodidade erutina prefire “o malo coñecido que o bo por coñecer” e búrlase del.

A primeira vista Aristófanes fai unha identificación errónea entre os sofistas eSócrates: os sofistas practicaban o relativismo moral mentres Sócrates defendía valoresuniversais (vid. páx. 20). Quizais para o espectador da época Sócrates non parecía tanradicalmente distinto dos sofistas. Era un home atípico e algo extravagante, que percorríaas rúas de Atenas rodeado de mozos de boas familias que querían aprender; polo que uncómico podía sacar bo partido caricaturizándoo.

Aínda que Platón na Apoloxía de Sócrates culpe a Aristófanes de crear un mal clima entorno a figura de Sócrates que influiríana súa tráxica morte; píntanolo despoisno Banquete como un compañeiro dofilósofo que comparte con el unhaconversación sobre o amor. Por boca deAristófanes cóntanos Platón neste diálogoo mito do andróxino.

Estilo de AristófanesA linguaxe de Aristófanes é a

lingua viva do pobo: directa, pero moi ricae imaxinativa. Recorre constantemente ósxogos de palabras, a creación de novostermos (como «cavilaterio» oupensadoiro»), ó equívoco e ó dobre senti-

Teatro de Dionisos, Atenas

Morte de Sócrates

16

do. As veces recorre a tópicos como o escatolóxico e o eróti-co e caricaturización de personaxes. Gústalle parodiar atraxedia, utilizando o ton tráxico para asuntos cómicos, esorprende-lo espectador con frases finais non esperadas.

O seu humor basease na parodia, na sátira e ataquecontra os novos movementos intelectuais (os sofistas eSócrates) e os homes destacados no campo da política e dacultura (Cleón, Pericles, Eurípides...). As súas comedias sonunha importante fonte para coñecer o ambiente ateniense dos. V. a. C.

Critica a tódalas clases sociais, pero escolle como pro-tagonistas da súas obras ós personaxes do pobo chan quequeren vivir tranquilos e sen guerras.

CUESTIÓNS1. Diferencias entre comedia e traxedia.2. Principais características do heroe tráxico

EDIPO REI DE SÓFOCLES

1. Tema central de Edipo Rei2. Resumir a argumento da obra en poucas liñas3. Trazos do heroe tráxico en Edipo Rei4. Desenvolvemento do mito de Edipo5. Ironía tráxica en Sófocles con exemplos en Edipo Rei6. Liñas básicas do mito de Edipo e o seu significadotráxico7. Personaxes de Edipo Rei

8. A intervención do sacerdote fai as veces de prólogo. Indi-ca cal é a situación da cidade de Tebas.9. ¿Que imaxe teñen de Edipo os seus concidadáns?10. ¿Cal é a actitude de Edipo ante os problemas da cidade?¿Que medidas adopta para salvala?11. ¿Cal é a proclama de Edipo?. Sinala un exemplo de ironíatráxica.12. Agón Edipo- Tiresias:

- ¿Por que Tiresias se nega a contestar a Edipo?- ¿Que acusación formula o rei contra o adiviño?- ¿É correcta a actitude de Edipo?- ¿Con que profecía resposta o augur?

13. A cegueira é un leitmotiv ou motivo constante na obra.Recolle a lo menos dúas citas do texto que se refiran a ela14. Argumentos que usa Creonte contra as acusacións que llefai Edipo.15. ¿É correcta a actitude de Edipo con Creonte?16. Diálogo Edipo- Iocasta:

- ¿Que oráculo ameazaba a casa de Laio?- ¿Como o interpreta a raíña?- ¿Que efecto producen as súas palabras en Edipo? .- Segundo ás explicacións de Iocasta, explica aetimoloxía de Edipo provén de oi)de/w: inchar + pou/j,podo/j: pe

17. ¿Que noticias trae o mensaxeiro e que dobre efecto pro-

De Edipo de Tebashaciendo memoriaos cuento la historiacon penas y glorias,de Edipo de Tebas.

Le dijo el oráculo,Edipo tu vidase pone movidaserás parricida,le dijo el oráculo.Seguía diciendosi bien yo detestohablarte de esto,se viene, se viene un incesto,seguía diciendo. Sabiendo tal cosa,su padre el rey Layoveloz como un rayole dijo a un lacayo,sabiendo tal cosa. Te irás con mi hijono quiero que crezcahaz tu que perezcacomo te parezca,te irás con mi hijo. Cumplida la orden,el muy desdichadocon los pies atadosquedose, quedose colgado,cumplida la orden. Edipo salvosey a Layo matolo,peleándolo el soloal cielo enviolo,Edipo salvose.

Epopeya de Edipo de Tebas(cantar bastante de gesta)

Les Luthiers

17

ducen no rei?18. ¿Porque Iocasta lle impide a Edipo continuar coas súasindagacións?19. ¿Que datos aporta o servo pastor para a solución defini-tiva do conflicto?20. Comenta a opinión do coro sobre a felicidade humana.21. ¿Cal é a función do relato do segundo mensaxeiro?22. ¿Que simboliza a visión e a cegueira na obra?23. ¿Que significa o complexo de Edipo?. ¿Paréceche apro-piada esta expresión de Freud?24. ¿Que importancia teñen os oráculos e o destino nestedrama? ¿Pódese evitar a traxedia?

AS NUBES DE ARISTÓFANES

1. Cal é o tema que trata Aristófanes nas Nubes.2. Resumir o argumento en poucas liñas3. Personaxes tratados nas Nubes.

4. Función do monólogo de Estrepsíades, no comenzo da obra.5. Comentar as actitudes contrapostas do pai e do fillo na

primeira escena.6. ¿Cales son as primeiras impresións de Estrepsíades acer-

ca do «cavilaterio» ou «pensadoiro» e da figura deSócrates?

7. A comedia recibe o seu nome polo coro de nubes que apare-ce na obra. ¿Que simbolizan as nubes? ¿Cal é o papeldo coro na obra?

8. ¿Cales son, segundo a comedia, os principios relixiosos deSócrates?

9. Os sofistas ensinaban o arte de falar ben (retórica), pois ocontrol da linguaxe era necesario para triunfar nunhasociedade democrática, na que se convencía mediantea palabra. Buscar críticas de Aristófanes a estemovemento.

10. ¿Como é a educación ideal para o «Argumento Xusto» ou«Discurso Decente»? ¿Que modelo de homes propón?

11. ¿Cales son as virtudes que alcanzará Fidípides se segue o«Argumento Xusto» ou «Discurso Decente»?

12. ¿En que se basea o «Argumento Inxusto» ou o «DiscursoIndecente» para botar abaixo o que dixo o «Argu-mento Xusto»?

13. Cando Fidípides sae da escola dálle ó seu pai un argumen-to para escaquear ós seus acredores ¿Cal é? ¿Da re-sultado?

14. A educación sofística de Fidípides é tan «completa» queacaba prexudicando ó propio pai ¿como? ¿Como reac-ciona Estrepsíades?

15. Buscar na obra trazos do humor de Aristófanes.16. Le a parte final do Fedón de Platón e capítulo «Mi apolo-

gía» do libro Perfiles de W. Allen e compara a imaxede Sócrates segundo os tres autores (Aristófanes,Platón e Allen)

Semanas mas tarde,a Tebas avanzaresolver alcanzacierta adivinanza,semanas mas tarde. La Esfinge de Tebas,al ser derrotada,se ofusca, se enfaday se hace, y se hace pomada,la Esfinge de Tebas. Y sin darse cuentacasado el estácon quien saben yasu propia mamá,y sin darse cuenta. De sus propios hijoshay larga secuelay aunque esto le duelaYocasta es abuela,de sus propios hijos. Edipo al saberloen una entrevistacon su analistase quita, se quita la vista,Edipo al saberlo. Al ver a una esfingeplanteando un dilema,huid del problemacambiando de tema,al ver a una esfinge. Madres amantes,tomad precaucionescon las efusionesde hijos varones,madres amantes. Por no repetirla historia nefastade Edipo y Yocastalo dicho, lo dicho ya basta,por no repetir.

18

4. A PROSAAs primeiras manifestacións literarias gregas, ó igual

que nas outras culturas, aparecen en verso. Non só os poetas,senón tamén os filósofos expuñan o seu pensamento en formapoética. A prosa nace co desenvolvemento dunha mentalidaderacionalista, que intenta despoxar as lendas herdadas dosdevanceiros dos elementos fabulosos ata chegar a un núcleoverdadeiro. Xunto coa física e a filosofía, que intentan expli-car racionalmente o mundo, xurde a historia, que intenta ex-plicar feitos xeográficos, históricos e étnicos pola vía empí-rica e da investigación. Para estes novos xéneros literarios aforma máis adecuada é a prosa, pois é capaz de organizarseen formas lóxicas, non é repetitiva como a poesía e é un ins-trumento máis frío da razón fronte ó carácter emocional dapoesía.

A HISTORIOGRAFÍAÓ igual que a filosofía e a ciencia, as orixes da

historiografía están en Xonia no século VI a. C.O termo i(/stori/a (< oi(=da saber, por ter visto); significa “narración doque se veu e por tanto coñécese”. Así o seu obxecto ven sendonarrar as experiencias e sucesos vividos ou indagados polopropio autor. Este concepto primitivo foi evolucionando atachegar a Tucídides.

XENOFONTE (430-354 a. C.)

Aristócrata ateniense, discípulode Sócrates, admirador de Esparta, eque axudou a Ciro o Novo no seu intentode arrebatárlle-lo trono ó seu irmánArtaxerxes. A súa colaboración cosespartanos en contra da súa patriaocasionoulle o desterro. Oslacedemonios compensáronoregalándolle unha vila en Escilunte(Olimpia), onde redactou a maior partedas súas obras.

Obra- Obras filosóficas: Memorables, Apoloxía de Sócrates

e Banquete, de influencia socrática. Pódese incluír neste gru-po o Económico, porque un dos seus interlocutores é Sócrates;pero polo tema que trata, a administración doméstica, pódeseencadrar dentro das obras técnicas.

- Obras técnicas: Constitución de Esparta, de carác-ter político; sobre a equitación: Hipárquico, Sobre a equita-ción; sobre a caza: Cinexético; sobre política e economía: Asrendas.

-S. IX-V a. C. Esparta (capi-tal de Lacedemonia ouLaconia):. estado militar cunréxime oligárquico.- 900 a. C fúndase pola unión

de aldeas rurais,seguindo a constitu-ción dictada polo míti-co Licurgo. Osprincipais órganos degoberno son:

Diarquía: dous reis de distin-tas dinastías conpoucos poderes.

Éforos (e)/foroi): cinco funcio-narios de maior poderque dirixían a políticaexterior, o exército eos órganos degoberno.

Xerusía (gerousi/a): consellode 28 anciáns quexunto cos dous reiscooperan cos éforos.

Apella (a)pella/): asamblea decidadáns (espartiatas)maiores de idade quepodía vetar aspropostas da xerusía eos éforos, pero nonten capacidad de de-cisión.

- s. VIII-VII a. C. expándeseconquistando e sometendo aosseus veciños do Peloponeso:Mesenia, Argos e Arcadia.- 550 a. C. Fúndase a liga doPeloponeso: os estados doPeloponeso quedan obrigadsoa prestar axuda militar aEsparta- 443- 429 a. C. Século de

Pericles. Florecementocultural, remodelaciónda Acrópole. Democra-cia ateniense, ospricipais órganos degoberno son:

Boulé (boulh/): Consello forma-do por 500 membroselixidos por sorteo deentre asemeblea por unano. Deliberan sobre osasuntos xerais que de-cidirá a asemblea, pre-paran as leis eaconsellan á ekklesía.

19

- Obras históricas:

As Helénicas é a súa principal obra histórica. Dividida en setelibros nárranos a historia de Grecia dende o ano 411 ó 362a.C.. Continúa o relato de Tucídides ata chegar o fin dahexemonía tebana. O ser a continuación da obra de Tucídides,sufriu menoscabo na súa apreciación literaria; sen embargovalóranse nela o bo coñecemento das cuestións militares, aboa caracterización dos personaxes principais, eficazdescrición de escenas illadas e a sinxeleza de linguaxe.

A Anábase é unha especie de diario militar que nos relata afracasada expedición de axuda a Ciro o Novo, aspirante ótrono persa. Xenofonte trabara amizade con este príncipepersa e sentía admiración por el, afirmando que era «o homemáis apto para reinar e o más digno de gobernar entre ospersas que sucederon a Ciro o Vello» e engadía «xuzgo queninguén foi amado por máis personas nin entre os gregos ninentre os bárbaros».

Ekklesía (e)kklhsi/a): Asembleaformada por tódoloscidadáns (varónsmaiores de 21 anos, li-bres e fillos de pai e naiateniense) que vota eaproba leis, declara apaz ou a guerra e de-creta desterros (ostra-cismo).

Maxistrados: Dez arcontes(a)rxo/ntej) elixidos porsorteo executaban asdecisións da asemblea.Dez estrategos(strathgoi/) elixidospor votación dirixíanapolítica interior e ex-terior.- 431- 404 a. C. Gue-rra do Peloponeso:Atenas e Espartaenfróntanse polasseguintes causas:- Oposición dos seus

reximes políti-co-económicos.

- Presión sobre Espartade cidades comerciasque non formaban par-te da Liga Délica, comoCorinto e Megara.- Rivalidade entre Ate-

nas e Espartapola hexemoníade Grecia.

- Desexo de Esparta defrear a expan-sión de Atenas.

- Liberación dos esta-dos sometidosao poderateniense

- 431-421 Guerra“ A r q u i d á m i c a ” ,comezada polo reiespartano Arquidamo.Victorias igualadas:Atenienses por mar,espartanos por terra.

- 429 Peste de Atenas: morrePericles.

- 421 Paz de Nicias: tratado por50 anos.

- 415 Expedición a Sicilia: obelicista Alcibíadesconsegue permiso daAsemblea para axudara colonias ateniensescontra Siracusa.

20

A obra quizais foi escrita para xustificar a súa labor comoestratego, polo que en moitos momentos pode faltar aobxectividade. Destaca, sobre todo, pola súa descriciónxeográfica e etnográfica.

A Ciropedia é unha historia noveladada vida de Ciro o Vello, creador do ImperioPersa. Trata os feitos históricos con gran-de liberdade e abundan os discursos de ca-rácter moralizante. Para a descripción deCiro o Vello, Xenofonte basáse napersonalidade de Ciro o Novo.

O Hierón consiste nas conversaciónsdo poeta Simónides co tirano Hierón acer-ca da tiranía.

O Agesilao é un eloxio do reiespartano Agesilao.

Xenofonte destaca máis como narrador que coma crí-tico. Se como filósofo Xenofonte é un pensador superficial,que non resiste a máis mínima comparación con Platón, comohistoriador está tamén moi lonxe do rigor de Tucídides.Xenofonte é un historiador parcial que non oculta a súa sim-patía por Esparta, carece do rigor de Tucídides ó encararsecos feitos históricos, non chega as causas profundas destesfeitos, chegando a explicacións non racionais como a cóleradivina ou vinganza dos deuses. É un escritor ameno, pero poucoprofundo.

Tucídides (460-396? a. C.) explica aHistoria partindo do home e das cir-cunstancias que o rodean, dende un pun-to de vista racional que exclúe a in-fluencia divina e as explicaciónsrelixiosas. Quere facer unha obraimperecedoira: nas súas propias pala-bras, kth=ma e)j ai)ei/, kth=ma e)j ai)ei/, kth=ma e)j ai)ei/, kth=ma e)j ai)ei/, kth=ma e)j ai)ei/, «posesión parasempre». Para conseguilo non só des-

cribe feitos concretos e particulares senón que analizae relaciona as diferentes situacións históricas, concluíndoque a natureza humana, to\ a)nqrw/pinonto\ a)nqrw/pinonto\ a)nqrw/pinonto\ a)nqrw/pinonto\ a)nqrw/pinon, sempre aspiraó poder e ó proveito particular. Esta constante docomportamento humano fai que a Historia, sempre fielá realidade, ensine non só cousas do pasado, senóntamén do futuro (estructura cíclica da Historia). Ve-mos en Tucídides un claro antecedente do materialismohistórico.

Alcibíades, desterradopor acusación desacrilexio, abandoa aexpedición e refúxiaseen Esparta. Esparta acu-de en axuda de Siracusa.Fracasa a expedición.

- 413 reanúdase a guerra.Esparta pide axuda aPersia e equipa a súaflota. Na batalla deDecelia Esparta cerca aAtenas por terra.

- 411 Triunfo da oligarquía enAtenas: Consello (boulé)de 400 membros eAsemblea (ekklesía) de5.000 membros. Suble-vación do exército e pro-clamación de Alcibíadescomo xefe supremo.

- 406 Batalla das Arxinusas:anque vence Atenas, osxenerais son condena-dos por non socorrer ósnaúfragos.

- 405 Batalla de Egospótamos:derrota definitiva deAtenas.

- 404 Atenas derriba os muroslongos e entrega a súaflota. Tiranía dosTrinta: réxime de terrorcun goberno oligárquicoproespartano.

- 403 restablecemento da de-mocracia en Atenas- 401 a. C. Batalla de Cunaxa:

morre o príncipe persaCiro o Novo, en rebelióncontra o seu irmánArtaxerxes. Retiradadas tropas mercenariasgregas (anábasis) baixoo mando de Xenofonte.

Relevo de Ciro oGrande,

Pasagarda

21

- 399 –394 a. C: Novosenfrontamentos entreEsparta e Persia,baixo o rei Axesilao IIde Esparta.

- 395 a. C. Guerra de Corinto:Atenas, Corinto,Tebas e Argos,apoiadas por Persia,atacan a Esparta.

- 394 a. C. Os persas,dirixidos poloateniense Conón, ven-cen aos espartanos enCnido. Os espartanosderrotan aosatenienses e tebanosen Queronea. Persia eEsparta volven a en-tenderse ao intentarrestablecer osatenienses a LigaDélica.

- 387 a. C. Paz entre Espartae Atenas (Tratado deAntálcidas), mediadopolos persas

- 377 a. C. Creación da 2ª LigaDélica para defender-se das violacións dotratado de paz porparte de Esparta.

- 371- 362 a. C.: Hexemoníatebana co xeneralEpaminondas.

A filosofía xorde na Xonianos s. VII-VI a. C, ao mostrarseinsuficientes para a explicación domundo as crenzas mitolóxicasexpostas nos poemas de Homeroou Hesíodo. A filosofía substitúe,polo tanto, o mu=qoj polo lo/gojpara intentar buscar o principio(a)rxh/) das cousas e acadar unhaexplicación racional da realidade.

As diferentes tendenciasfilosóficas agrúpanse en tres pe-ríodos tendo a Sócrates como re-ferencia:

- Presocráticos ou períodocosmolóxico (s.VII-VI) : tentanexplicar o mundo (ko(smoj). Consérvanse moi poucos fragmen-tos, gran parte do seu pensamento chéganos a través deAristóteles e Teofastro. Empregan a prosa sentenciosa(Escola Mileto, Pitagóricos, Heráclito...) ou o versohexamétrico (Parménides) para expor a súa doutrina. ConDemócrito (atomista) culmina a prosa xonia, que pronto serásubstituída pola ática.

- Socráticos ou período antropolóxico s. V-IV a. C: céntranseno estudio do home. Coa maior participación das masas navida pública, xurde a necesidade de saber rexeitar e conven-cer. Representan a plenitude da prosa ática: sofistas, Platóne Aristóteles.

- Postsocráticos o período ético (s. IV- III a. C.): céntrasena busca da felicidade e no comportamento humano paraconseguila. Hai tres escolas: Estoicos, Epicúreos e Cínicos

SOCRÁTICOS OU PERÍODOANTROPOLÓXICO (s. V-IV a. C.)

- SOFISTAS:Os cambios políticos acontecidos en Atenas no

s. V a. C., como o establecemento da democracia, im-plican unha maior participación das masas na vida pú-blica. Para facer carreira política ou defenderse nunxuízo era necesario saber falar ben en público. Anecesidade de saber convencer e argumentar provo-can a aparición dunha nova arte: a retórica ou orato-ria.

Os primeiros en introducir esta nova arte ouciencia en Atenas foron os sofistas. Os primeirossofistas procedían de Sicilia, donde se desenvolvera aretórica entre os cidadáns libres que, tras a caída dos

A FILOSOFÍA

22

tiranos, debían preitear para recuperar as súas propiedades. A meta da retórica éfacer máis forte o argumento máis débil, dotar de forza persuasiva a un discurso,anque sosteña teses e puntos de vista insostibles.

Os sofistas centran a súa investigación no home co fin de formar dirixentespolíticos. Pensan que a virtude (a)reth() pódese adquirir, non é innata. Defenden orelativismo: o home é a medida de todas as cousas (o( a)/nqrwpoj pa/ntwn xrhma/twn me/tron e)sti/). Destacan Protágoras e Gorxias.

- SÓCRATES (470-399 a.C.):Non deixou nada escrito e coñecemos a súa filosofía por medio da comedia ática, Xenofonte,Aristóteles e, sobre todo, polo seu discípulo Platón. Seguindo o mandato délfico gnw=qiseauto/n (coñécete a ti mesmo), tentaba por medio dun interrogatorio que o seu interlocu-tor recoñecese a súa propia ignorancia e así puidese coñecer o Ben ou Verdade, fundamen-to de todas as demais virtudes.

Partía duns principios elementais: obedecer ás leis do estado (po/lij) e servilo coascualidades de cada un, xa que so se pode conseguir a felicidade en consonancia co ben dacomunidade.

Pola súa forma de actuar atraeu o odio dos seus concidadáns, que promoveron unproceso contra el acusándoo de impiedade por non crer nos deuses da cidade, introducirdeuses novos e perverter á xuventude. Foi condenado a beber a cicuta.

- PLATÓN (427-347 a. C.):

De familia aristocrática, nace nun momento de crise e desintegraciónsocial de Atenas. Tivo unha educación esmerada e coñeceu a Sócratesdende moi novo. Viaxou a Mégara, Sicilia, Exipto...Trabou amizade conDión, parente de Dionisio I, tirano de Siracusa, a quen converteu á filoso-fía. Non tivo a mesma fortuna co seu sucesor, Dionisio II, polo que fraca-sa no seu intento de levar a Sicilia a República Ideal que describe na súaobra. De regreso a Atenas fundou unha escola, a Academia, e puxo porescrito a súa doutrina. Pero, herdeiro dunha tradición que consideraba alingua escrita pouco importante e simple colaboradora do acto da comuni-cación, abandona a forma de expresión dos presocráticos -poemas, sen-

tencias e discursos- e adopta o diálogo como forma de expresión. No diálogo agrupa unhagalería de personaxes da súa época: Sócrates, Critón, Alcibíades, Hipias, Protágoras...e através dos seus discursos e contradiccións expón as súas ideas filosóficas.

O diálogo platónico ten unha forma similar á do drama, pero organízase en torno afigura dun narrador que presenta a escenografía e os personaxes. Ex: no Fedón Equécratesfai o papel de narrador, que nos describe a prisión de Sócrates, os personaxes que estiveronpresentes e que falou o mestre. As intervencións teñen formas e extensións moi variadas epoden ser directas ou indirectas, cando son referidas polo narrador.

A lingua de Platón e unha mestura de culta e popular, con elementos da poesía e daprosa, moi achegada á dos poetas cómicos, que era a lingua do pobo ateniense.

ObraConservamos a obra completa de Platón: a Apoloxía de Sócrates, 41 diálogos, 13 Cartas, e asDefinicións. Tradicionalmente, os diálogos divídense en etapas:

- Diálogos socráticos: Caracterízanse pola súa ironía e interese polo humano. Utiliza unestilo directo nun diálogo entre Sócrates o interlocutor que da nome ó diálogo. Ión, HipiasMenor, Protágoras, Laques, Lisis, Cármides, Eutifrón, Apoloxía, Critón.- Diálogos de transición: Influencia dos órfico -pitagóricos. Gorxias, Eutidemo, Crátilo,Menón.- Diálogos de madurez: emprega unha forma máis narrativa. Fedón sobre a inmortalidadeda alma, Fedro sobre a beleza, Banquete sobre o amor, República sobe o estado.- Diálogos de vellez: Achégase á realidade empírica. Teeteto, Sofista, Timeo, Parménides,Político, Filebo, Critias, Leis.

23

Pensamento

Teoría das ideas: a verdade atópase fora do mundo dos senti-dos, nun mundo intelixible e inmaterial constituído polas Ideas.O mundo que percibimos polos sentidos é só un reflexo destasIdeas, que son inmortais e inmutables. O home que consiga nestemundo contemplar as Ideas está en posesión da verdade. A dia-léctica é o proceso que usa o home para chegar ó coñecementodo mundo intelixible (Ideas) a partir do mundo real. Ilustra estateoría co mito da caverna.

Política: Platón desconfía dunha democracia que condena ó seumestre Sócrates, exemplo de vida xusta. Considera que o home é un ser social, que só alcanza asúa perfección na vida comunitaria da cidade. A súa República ideal está composta por tres clasessociais: os filósofos, clase gobernante caracterizada pola súa sabedoría; os guerreiros, caracte-rizados pola fortaleza, velan pola orde e a defensa; e os artesáns, o pobo chan traballador carac-terizados pola temperanza.

Educación: Platón continúa a idea socrática de que o obrar mal é consecuencia da ignorancia. Aeducación do home e, en concreto a do gobernante, é o único camiño para alcanzar esa sociedadexusta. Esta educación debe ser estricta e destinada a formar unha élite intelectual e correría acargo da polis. Para conseguir a armonía e xustiza da cidade platónica o individuo debe ser educa-do dende neno na Música e na Ximnasia para a formación da alma e completarse cos saberes«exactos», como a Aritmética, a Xeometría e Astronomía. Ten especial relevo, sobre todo naformación dos políticos, a Dialéctica, método para chegar á verdade por medio de preguntas erespostas na análise dunha hipótese. Rexeita a Retórica, ou a arte de persuasión pola palabra, xaque critica o relativismo propio dos sofistas.

Pensa que a virtude ou a)reth/ pódese ensinar e aprender, é materia de coñecemento supe-rior á mera opinión. Pero o verdadeiro coñecemento, o das ideas, está reservado a unha minoría,que será a élite intectual destinada ao goberno da polis. Platón proscribe as artes, coma a poesíalírica e épica, a traxedia e a comedia; xa que as estima perigosas para a comunidade, xa queperxudican a educación do home e o seu comportamento. Platón é un dos modelos das sociedadescerradas e totalitairas da tradición política occidental.

CUESTIÓNS

1. Principais obras de Xenofonte e características do autor.2. Argumento da Anábase3. Cales foron as bases da hexemonía ateniense?4. A Atenas do s. V a. C.: liñas principais da súa política5. Causa, bandos belixerantes, marco cronolóxico e desenlace da Guerra do Peloponeso.6. De que guerra protagonizada por Atenas se ocupa Xenofonte?7. O conflicto entre Esparta e Atenas.8. Quen era Alcibíades?9. En que guerra participou Alcibíades e que desenlace tivo esa guerra?10. Que relación tivo Xenofonte con Sócrates e en que obras fala de esa relación?11. O rei Ciro na obra de Xenofonte.12. Define brevemente cales eran as funcións da e)kklhsi/a ouasemblea e a boulh/ ou consello atenienses.13. Proceso de Sócrates: causas e desenlace.14. Biografía e escritos de Platón15. Trazos fundamentais do pensamento de Platón.16. Principios básicos do ideario ético e político de Platón17. Liñas principais da biografía de Platón en relación co seuideario ético e político.18. Principais características do estilo literario de Platón19. Importancia da educación na Filosofía e na Política de Platón Prisión de Sócrates, Atenas

Academia de Platón, Atenas

○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○

○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○

TEMARIO GREGO 2º DE BAC

1. A ÉPICA: HOMERO- Principais características do xénero épico- A figura de Homero- Lectura: Ilíada, cantos I, VI, XVI, XXII

2. A LÍRICA- Principais características da poesía lírica grega- Safo, Alceo e Arquíloco- Lectura: fragmentos de Safo, Alceo e Arquíloco.

3. O TEATRO- Principais características do teatro grego:traxedia e comedia- Trazos da traxedia centrados en Sófocles- Trazos da Comedia centrados en Aristófanes- Lecturas: Edipo Rei de Sófocles As nubes de Aristófanes

4. A PROSA- A Historiografía: Xenofonte- Traducción: textos seleccionados de Xenofonte- A Filosofía: Platón- Traducción: textos seleccionados de Platón

Bibliografía- Historia de la Literatura Griega, López Férez, J. A. (ed.), ed. Cátedra.- Introducción a Homero, R. Adrados e outros, ed. Labor- Antología de la Ilíada y la Odisea, Ruipérez, Martín s., Fundación Pastorde Estudios Clásicos.- Atlas Histórico Mundial, Kinder & Hilgemann, ediciones Itsmo.- Introducción das obras de Platón e Xenofonte, publicadas na ed.Gredos.- Introducción das obras de Aristófanes publicadas na ed. EstudiosClásicos.

WEB- Wikipedia- http://ciug.cesga.es- www.culture.gr